Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Guillermo Taboada Infante, pintor e ilustrador tudense

$
0
0

Poucos datos temos do tudense Guillermo Taboada Infante (nado nesta cidade no ano 1909). Comezou a súa formación artística en Granada co pintor Morcillo (Trátase de Gabriel Morcillo Raya, pintor e copista que dende 1922 é o director da Residencia de Pintores da Alhambra e posteriormente profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade en que nacera en 1887e na que morrería en 1973).
En 1926 solicita unha pensión á Deputación de Pontevedra e envìa varios retratos á exposición previa de artistas que aspiraban a bolsa. No mes de febreiro concédenlle a pensión, de tres mil pesetas anuais, para estudiar pintura na especialidade de figura, na Academia de Belas Artes de Madrid, onde durante o curso 1926-1927 preparou o ingreso que aprobou. En febreiro de 1926 comeza a colaborar no “Faro de Vigo”, con viñetas que lembran ás que, polas mesmas datas, se publican na revista madrileña Buen Humor. Guillermo Taboada sumábase a unha longa lista de importantes ilustradores do diario vigués, entre os que figuraban Federico Ribas, Carlos Sobrino, Castro Gil, Cebreiro, Ignacio Senra e Torres.
No mes de marzo de 1926 expón nos escaparates da Libreria Española da rúa do Príncipe de Vigo “Mariñeiro de Teis”, “Un marino” e os retratos de Andrés Amor, Joaquin Pesqueira e Manuel Lustres Rivas todos pintados ó óleo.

Retrato de Andrés Amor Pereira, 1925

En 1927 solicita a prórroga da pensión pero denéganlla, o mesmo que volve suceder ao ano seguinte. Durante o curso 1927 – 1928 continuou estudiando na Escola de San Fernando, pero non hai constancia de que finalizase os seus estudios; probablemente o feito de quedar sen a pensión debeu se-lo motivo polo que os abandona. Aqui pérdese a pista deste pintor, pero a aparición da sinatura “Guillermo Taboada” en varios artigos de arte galega da revista “Galicia Emigrante” publicada por Seoane en Bos Aires durante os anos 50, indúcenos a pensar que se trasladou a Arxentina onde se dedicou á crítica de arte.”

Podemos completar estes apuntes biográficos con dúas noticias breves. Por unha banda que Taboada Infante completou os seus estudios pois no ano 1933 se incorpora como Profesor a través dos cursos de selección e perfeccionamento convocados ao abeiro do Decreto de 23 de xuño de 1933 e que logo non chegou a exercer posiblemente por razón políticas, pois por un Orde Ministerial de xaneiro de 1978 Guillermo Taboada Infante é integrado como Profesor Agregado dos Institutos Nacionais de Ensino Medio na especialidade de debuxo. O que encaixaría con enunciado anteriormente sobre a súa estadia en Arxentina.
Por último morre en Madrid o 17 de decembro de 2006 aos 97 anos de idade.


Bibliografía:
"Os pensionados da Deputación de Pontevedra (1864-1933)". Pontevedra, 2003

Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú