A Catedral de Burgos é un dos mais sobranceiros espazos artísticos da Península Ibérica, tanto pola súa arquitectura gótica como noutros elementos mobiliarios, como a escaleira dourada, que singularizan a este templo. Unha visita pola súas naves levaranos á contemplar, entre outros espazos, a súa sancristia e a inmedita Capela das Reliquias.
Esta obra plenamente barroca foi realizada na segunda metade do século XVIII para acoller ao importante número de reliquias que conservaba a Catedral burgalesa e que dotaban de gran valor engadido a este templo.
Frei José de San Juan de la Cruz foi un afamado arquitecto do século XVIII e forma parte do grupo que se ven chamando “frades-arquitectos” que tiveron un grande recoñecemento nos século XVII e XVIII; na cidade de Tui temos a Igrexa de San Telmo que foi concebida tamén por un integrante deste grupo de profesionais que ao tempo eran membros dunha orde monástica, como foi o frade portugués Frei Mateo de Jesús María “religioso lego de la Orden de nuestro padre San Francisco en el reyno de Portugal, hijo de vezino de este ciudad”.
Frei José de San Juan de la Cruz acadou unha notable sona. Membro da Orde do Carmen, posuía unha sóilda formación humanística e científica xunto unha recoñecida capacidade no oficio construtivo. Nado en Logroño no 1716, co nome de José de Agreda Ruíz de Alda, tomou a hábito carmelita en Corella (Navarra) no 1734, profesando solemnemente en Villafranca (tamén Navarra) no 1740. Morre no convento de Logroño no ano 1794, con fama de “gran talento y hablidad en el oficio de tracista y escultor”.
Desta habelencia deixou numerosos exemplos tanto arquitectónicos (Convento das Carmelitas de Lesada en Navarra, San Gregorio Ostiense en Dorlada ou na Catedral de Burgos, como de seguido veremos), como escultóricos ou gravados, etc. pero tamén noutras disciplinas como a enxeñeria, construindo un enxeno hidráulico para a extracción de auga en Alfaro.
Tomado de http://www.minube.com/rincon/capilla-de-las-reliquias-a701241
Frei José realiza entre 1760 e 1767 a sancristia da Catedral burgalesa e, case en paralelo, entre 1760 e 1765 a Capela das Reliquias deste templo. Ambas obras salientan polo seu caracter ornamental, pois mais aló da estrutura arquitectonica o que destaca nestas obras é a decoración en estuco policromado, un recurso decorativo moi habitual na súa producción.
A Capelas das Reliquias, de estilo barroco, conta cunha preciosa cúpula policromada con numerosas figuras en relieve; nas pechinas, xeserías con representacións de Virtudes e Alegorías xunto ás representacións iconográficas de San Juan de Sahagún, San Julián, San Indalecio e San Telmo.
Os tres primeiros santos posúen unha acreditada devoción na sede burguense, pero descoñezo a orixe da presenza do santo oriundo de Frómista (non moi alonxada de Burgos).
A figura de San Telmo presenta unha curiosa iconografia. Non leva o seu tradicional hábito dominico, de túnica branca e capa negra, senón que figura cos ornamentos litúrxicos dunha dignidade catedralicia con roquete por baixo da capa dominicana, en alusión, posiblemente, a súa condición de Deán da Catedral de Palencia.
Se aparta tamén do canón normal santelmiano, a súa disposición en genuflexión, portando un libro na mán esquerda, en referencia ao seu caracter de evanxelizador, e coa man dereita erguida en actitude de bendición.
Recupera a tradicional simboloxia coa presenza dun velero detrás da figura de San Telmo, alusiva a súa condición de patrono dos navegantes, cuxo culto esta amplamente extendido polas costas do Atlántico.
A amplitude das representacións iconográficas de San Telmo son evidencia da extensión do seu culto e os múltiples aspectos da súa biografia que suscitan o interese e devoción: o seu caracter de evanxelizador itinerante (bastón e libro), protector de navegantes (barco xa na man esquerda ou xunto ao santo e a vela na man dereita en alusión ao fogo do seu nome), con tres candeas na mán (que lembran a súa defensa e dos dominicos do misterio da Trinidade fronte aos albixenses que o negaban), bendecindo coa mán, caendo do cabalo, etc.
Unha multiplicidade de representacións que testemuñan a extensión e popularidade do seu culto. Neste caso da Catedral de Burgos comprobamos nunha nova oportunidade a alongada estela de devoción de San Telmo xa nunha época histórica avanzada, século XVIII, cando o seu patronazgo das xentes do mar era cuestionado polo importante impulso que a Orde do Carme realizaba da advocación mariana de Nosa Señora do Carme e que andando o tempo substituirá ao Corpo Santo ou San Telmo na devoción das xentes do mar en tantos lugares.