Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 230

Tirso Lorenzo, un tudense xornalista na Arxentina

$
0
0
Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX numerosos tudenses tiveron de emigrar lonxe destas terras miñotas; moitos deles tiñan como destino á República Arxentina. Carecemos aínda dun achegamento a este proceso migratorio que nos permita coñecer a magnitude deste movemento e as súas consecuencias. Sabemos que en 1917 foi fundada a “Casa de Tui” en Buenos Aires coa presidencia de José San Martín Fernández, e aos poucos anos, en 1922, a“Sociedad Caldelas de Tuy” (hoxe reunificadas, xunto a outras agrupacións, na Asociación Mutual, Cultural y Recreativa Tuy Salceda) testemuñando a capacidade deste colectivo que ven de cumprir cen anos de traxectoria.

Son numerosos os nomes de persoeiros de orixe tudense que realizaron, andando os anos, unha significativa aportación a aquela terra de adopción. Nomes como Manuel Prieto Marcos, Martín Spuch Martínez, Prudencio Areal Alonso, Manuel Pérez y Pérez ou Tirso de Lorenzo… merecen ser lembrados dende esta vella cidade tudense da que eran oriundos.

Tirso Lorenzo Rodríguez naceu en Tui o 15 de febreiro de 1877, fillo de Manuel Lorenzo e María Benita Rodríguez. “Soy hijo de Galicia, escribirá, con la lealtad de quien siente respeto acendrado por la condición de su origen y un cariño entrañable por la naturaleza y los fervores íntimos que presidieron sus primeros pasos en la vida. Mi infancia se acusó en aquella hermosa tierra aromada por las resinas de los pinares y por el tónico penetrante de algas y mariscos”.

Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Amadeo, Benigno e Venancio Lorenzo Rodríguez, éste último destacadoo dirixente politico local en Tui –foi alcalde entre 1894 e 1896 e logo en 1909- como representante dos intereses de Ezequiel Ordoñez, o deputado conservador do distrito tudense durante décadas.

Estudou no Seminario tudense aínda que consta que o seu título de bacharelato foi expedido polo Instituto de Pontevedra, na especialidade de artes e letras. Nalgunhas biografías se indica que tras a súa saída do seminario emigrou para a outra beira do Atlántico, pero posiblemente antes estivo na capital de España, pois temos noticias de que en 1896 era membro da redacción de “El Nacional” e “La vida comercial “en Madrid, testemuñando xa dende a mocidade a súa dedicación ao mundo do xornalismo.


A primeira información que posuimos de Tirso Lorenzo nas terras arxentinas é a fundación e dirección do xornal “El Heraldo” da cidade de porteña de Lincoln en 1902, perdurando neste proxecto nove anos ata o 1911. Posteriormente pasa a colaborar na redacción de “La Argentina”, “La mañana”, “La tribuna” e “Mundo Argentino” de Buenos Aires.

Foi especializándose como critico literario, colaborando en diversos medios como “La Nación”, “Caras y caretas”, “Novela semanal”, etc chegando a editor xefe da revista literaria “El Hogar”

Ao longo da súa traxectoria foi membro do  Circulo de la Prensa, Ateneo Ibero-americano, Sociedad Argentina de Editores, Biblioteca y Museo América, etc.

Ten editado diversos libros, moi ben acollidos en xeral pola critica: “Antología de motivos poéticos” (Paris, 1928) onde realiza una escolma temática de poemas mesmo figurando cinco composicións propias, “Acción hispanista” (1932) que recolle unha conferencia no Ateneo Ibero-americano o 4 de xullo de 1931, “El celibato del Dr. Adonis”(1932) unha colección de contos;  “El crimen de aquella mujer” (1933); “Nuevos horizontes del idoma” (1936), onde reflexiona sobre o idioma español en América.  Outras obras son: “Santos laicos”, “Categoria artística del dibujante”, “El ajedrez en el tablero y en la vida” (1935), “Los valores de la raza” o “Los eternos motivos poéticos”.

Foi Presidente da primeira Casa de Galicia, que deixa para dedicarse á vida xornalística. Participa, xunto a tantos outros emigrantes na vida social e política arxentina colaborando, por exemplo, no “Comité hispano argentino" que propiciou a candidatura de Hipólito Irigoyen – lider da Unión Cívica Radical-  para a presidencia de la República no seu segundo mandato no ano 1928. Froito desa campaña é o folleto “El doctor Hipólito Irigoyen y el ideal hispanoamericanista” que recolle unha das súas conferencia en aopoio ao lider da UCR.

Ao estoupar a Guerra Civil española retoma a vida societaria e asume a defensa da causa republicana, sendo un dos responsable do Centro Republicano Español, cuxa presidencia asumiu accidentalmente, colaborou activamente no Ateneo Pi y Margall, que dirixia Luís Jiménez de Asúa, e  foi responsable da dirección de “España Republicana”, neste xornal redactaba a sección fixa “Fuego graneado”, dende a que se destacou como un dos maiores defensores da democracia española na capital arxentina.

A súa sinatura aparece en numerosos manifestos no marco das campañas de apoio á República ou de denuncia das actuacións das tropas franquistas co apoio de Italia e Alemania. Asi nun publicado no xornal “El Diario” o 25 de xullo de 1937 asina xunto a Maruja Mallo, Margarita Xirgu, Basilio Álvarez, Eduardo Blanco-Amor,

Faleceu o 12 de xullo de 1943 na cidade de Buenos Aires sendo soterrado no cemiterio do Oeste

No seu libro “Antología de motivos poéticos” publica ata seis poemas da súa autoría, entre eles o seguinte:

Enigma
¿Por qué bajo el velo de los desaliños
de almitas exentas de penas y agobios
en un instintivo placer de los niños
juegan a los novios?

Extraño desvío del infantil candor...
¿Será por las mismas razones obscuras
que siempre los novios que ofusca el amor
parecen criaturas?

En vano de tales pueriles desvíos
remueve el secreto la ajena impaciencia;
para los del alma, locos desvaríos,
nunca hallaron clave ciencia ni experiencia.

Hay un raro enigma en tales empeños
que nunca el ingenio logró descifrar
¿Por qué asi trastuecan grandes y pequeños
los graves papeles del juego de amar?

¡Oh la fascinante ingenua obsesión
que edades complica y almas compromete!
¿Será que en la vida no es más que un juguete
nuestro corazón?


Viewing all articles
Browse latest Browse all 230

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú