No ano 1999 a Unesco proclamou o 21 de marzo como “Día Mundial da Poesía”, dende aquela nesta data agroma, como na primavera que tamén hoxe comezamos, numerosas iniciativas que tratan de valorizar e visibilizar a arte poética, que é unha ferramenta para a comunicación, a transmisión de valores e afirmar a identidade propia e colectiva. Naquela declaración a Unesco proclamaba
La poesía es una manifestación de la diversidad en el diálogo, de la libre circulación de las ideas por medio de la palabra, de la creativ Xosé idad y de la innovación. La poesía contribuye a la diversidad creativa al cuestionar de manera siempre renovada la forma en que usamos las palabras y las cosas, y nuestros modos de percibir e interpretar la realidad. Merced a sus asociaciones y metáforas y a su gramática singular, el lenguaje poético constituye, pues, otra faceta posible del diálogo entre las culturas (…). El principal objetivo de esta acción es apoyar la diversidad lingüística a través de la expresión poética y dar la oportunidad a las lenguas amenazadas de ser un vehículo de comunicación artística en sus comunidades respectivas.
Hai unha ampla relación de poetas que, ao longo dos tempos, teñen escrito versos sobre a nosa cidade, as súas xentes, a súa paisaxe e vivencias. Cabe citar nomes como Ramón Cabanillas, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Teodosio Vesteiro Torres, Prudencio Areal, Camilo Bargiela, Manuel Lago González, Antonio Rotea, Marga do Val, Manuel Prieto Marcos, Tirso Lorenzo, Manuel María, Manuel Forcadela, Manuel Rivas, Roque Cameselle, Samuel Solleiro tamén ou o portugués Eugenio de Castro…
Vista de Tui, debuxo de Martín Rodríguez
Unha cidade como Tui precisa de poetas, de escritores que saiban descubrirnos novas visións da nosa realidade, novas perspectivas para achegármonos ás vellas pedras das nosas rúas e canellas, ás augas silentes do Miño, as arbores que se erguen nas abas do Aloia e, sobre todo, ás vidas que compartimos sobre este territorio que nos engaoila e poidan aprendernos a percibir a través das súas palabras novos xeitos de diálogo cos outros, cos nos mesmos e co noso entorno.
Hoxe dende Tudensia queremos sumarnos a este evento publicando dous breves poemas dedicado as terras tudenses. Un da autoría de Emilio Álvarez Blázquez, o máis descoñecido dos irmáns Álvarez, pero que era tamén un requintado poeta cunha obra escasa pero de grande interese. Trátase dun poemiña que ben podería se aprendido polos nosos escolares. No caso de Manuel Rivas, que residiu hai anos entre nós, pouco se pode engadir sobre un dos mais afamados escritores contemporáneos de Galicia.
TERRA DE TUI
O Monte de San Xulián,
coa Cruz, coa ermida, coa fonte,
co Ceo case na man.
Verdes panascos de Frinxo,
onde se deitou o sol
a ver pasar o camiño.
Terra baixa de Baldráns,
O río, ao pasar, levouse
A primavera pra o mar.
San Mamede de Guillarei
Que ten a paisaxe rota,
Ai, miña nai, polo tren.
San Miguel de Pexegueiro,
Tan, lonxe, que se me esquece
Que estiven alí de neno.
Festa no Monte, ai, lalá,
A man dereita da alma
Ao subir como ao baixar...
Emilio Álvarez Blázquez
En“Poemas de ti e de min” (1949)
DIAS DO BAIXO MIÑO
Ti fuches o neno.
Era teu o laranxo
e o limón que queimaba como amores de cedo.
Túas as canicovas da cidade da lúa
e as guedellas da néboa
do cabalo das beiras.
Así foi que miramos os osarios do bosque
devalar polo río,
a sombra montesía das baleas soñadas
en fume de barcazas.
Así foi que os nosos pasos bravos
abrangueron toda a terra do merlo
e a doce corrente da súa fala.
Foi así que os ecos da cinza,
o sol doente do día dos fuxidos,
tiña corpos vizosos
que hedraban engado no altarelo dos mares.
Na vella lei,
todo se sostén, todo apodrece.
A meia lúa dorme e acoitela.
O río baixa calmo, entolecido.
E nós, da man, nenos
grandes, reis, vencidos.
Manuel Rivas
En “Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003)”. Espiral Maior, 2003. O poema está incluído en “Baladas nas praias do Oeste” (1985).