Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Francisco Sánchez "desahuciado"

$
0
0


Unha das figuras máis salientable que teñen nado na nosa cidade ao longo dos tempos é o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A recente edición das súas obras na chamada “Biblioteca dixital Francisco Sánchez” póla Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui é a mais recente testemuña da transcendencia que este tudense nado en 1551 posúe para a historia do pensamento moderno, realizando unha achega filosófica que logo de cinco séculos segue suscitando interese e admiración. Francisco Sánchez “O escéptico” ou “O tudense” está na orixe da filosofía moderna da que aínda hoxe tomamos os seus prantexamentos.
Certamente ata principios do pasado século (1907) era descoñecido o berce tudense do “Esceptico” o descubrimento polo investigadro francés H.P. Cazac do seu manunscrito de inscrición da Universidade de Toulouse, onde foi profesor, de ““Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis”. Alonxou todas as dúbidas sobre o seu lugar de nacemento anulando as teses que pretendían a súa nacionalidade lusitana. Salientar o traballo de investigación desenvolvido polo médico e humanista tudense, Darío Álvarez Blázquez, que lle dedicou a Francisco Sánchez a súa tese de doutoramento.  Posteriores descubrimentos do cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, sobre a presenza do seu pai, Antonio Sánchez, como medico do Cabido tudense en 1558 consolidan a infancia tudense de Francisco Sánchez.
Foi a súa ascendencia xudía a que está na orixe da marcha da súa familia pola presión inquisitorial en Galicia e en Portugal cara a cidade francesa de Burdeos onde no prestixioso colexio da Guyenne comezou a súa formación. A súa principal obra filosófica foi De multum nobile et prima universali scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal saber. Que nada se sabe) que saíu do prelo en Lyon no ano 1581 e supón unha aportación de grande trascendencia á historia da filosofía.
Sirva este longo “proemio” para amosar o meu asombro –por non empregar outros términos- ante o anuncio, que publica onte o Diario Oficial de Galicia, polo que, seguindo o acordo do seu consello escolar, o Instituto de Educación Secundaria “Francisco Sánchez”, que levaba o seu nome dende hai varias décadas cabéndolle á honra de ser dos primeiros en reivindicar publicamente esta figura tudense, pasa a chamarse IES “Indalecio Pérez Tizón” en lembranza e homenaxe a quen foi o seu director nos últimos anos. Francisco Sánchez, docente ao longo da toda a súa vida, é privado así do único recoñecemento público que posuía na sua cidade
Temos así que dende onte o máis importante tudense da nosa historia volta ser “expulsado” da nosa casa, borrada a súa memoria e a súa lembranza da súa terra natal. Volta ser como un “desahuciado”, sen casa, sen rúa, sen lembranza, sen instituto... Quen logo de décadas de expulsado das terras miñotas seguía reivindicando a súa memoria e o seu berce –reclamándose tudense- non é merecente de ficar, logo de tantos séculos, sen un testemuño dos cidadáns de Tui cara a súa egrexia personalidade. É unha inxustiza que cómpre reparar axiña. Francisco Sánchez, a súa memoria, reclama que os tudenses lle dediquen unha rúa e unha estatua, que nos sintamos orgullosos de ser a patria dun dos máis senlleiros filósofos da Europa Moderna.
Para quen quera achegarse a súa figura e traxectoria neste mesmo blog hai varios “post” dedicados a Sánchez ou pode acceder á súa biblioteca virtual en http://www.larramendi.es/francisco_sanchez/i18n/micrositios/inicio.cmd





Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú