Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Aos nosos seguidores....

$
0
0

Dende o 23 de marzo Tudensia, neste período de confinamento pola pandemia do Covid19, ven publicando practicamente unha entrada diaria dedicada aos seguidores desta sinxela bitácora sobre Tui e os tudenses. Unha cita só interrompida polo descanso semanal, a Semana Santa e recentes circunstancias persoais que impediron cumprir co compromiso adquirido de acompañar cos artigos deste blog este tempo de obrigado confinamento.



Agora ao iniciarse este luns, 11 de maio, unha primeira fase da chamada “desescalada” e ir recuperando paseniñamente unha relativa normalidade nas nosas vidas (me parece que máis como unha aspiración que unha realidade, que, por mágoa, aínda tardará) recuperamos tamén neste blog un ritmo máis pausado nas nosas entregas.

Neste tempo de confinamento foron un total de 39 entradas publicadas, dende o 23 de marzo pasado, con máis de 5.200 consultas ao blog ao longo deste tempo. Espero que dende Tudensia teñamos contribuído a facer un pouquiño máis levadío este confinamento nos nosos domicilios e proporcionásemos o achegamento a aspectos pouco coñecidos ou divulgados da historia e da vida tudense ao longo dos tempos.

Vaia pois a gratitude a todos os que consultaron o noso blog neste período dende Tui e dende tantos outros lugares, xunto, como non pode ser doutro xeito, a nosa lembranza a todas as vítimas do Covid19 e os seus familiares e amigos, a nosa homenaxe a todos os que dende o seu ámbito profesional ou de traballo contribuíron, e seguen contribuíndo tantas veces con risco persoal, a superar esta pandemia e o recoñecemento a toda a cidadanía, pois neste tempo tan difícil que nos tocou vivir a sociedade foi quen de saber agromar o mellor de si mesma cunha lección de solidariedade, de unidade e de cooperación.

Unha lembranza tamén aos nosos irmáns miñotos de Valença que comparten tamén con nós este momento tan dramático.

Remato copiando un fermosísimo poema dun gran poeta portugués, Miguel Torga (Trás-os-Monte, 1907 – Coimbra, 1995), unha das máis grandes e universais figuras da literatura portuguesa do século XX. Algunha vez definiuse como “un portugués hispánico”. Adolfo Correia Rocha, seu verdadeiro nome, era tamén un escritor da fronteira; da fronteira con Galicia, o seu berce, S. Martinho da Anta está a poucos quilómetros da Baixa Limia galega, e das fronteiras literarias, “Orfeo rebelde, insumiso e intransixente ante todas as formas de reximentación" que dixo del o poeta e político Manuel Alegre. O noso autor dicía que escolleu o seu pseudónimo en homenaxe a dous Miguel: Cervantes e Unamuno, e á torga, “unha planta trasmontana, un breixo do campo, con raíces que se agarran á terra metidas entre as rochas, como eu”.

Miguel Torga ten un fermosísimo poema titulado “Fronteira” que fala tamén da forza que nos une a todos máis aló das fronteiras políticas, administrativas, sociais, persoais e que me resulta idóneo para rematar esta liñas de gratitude a todos os seguidores de Tudensia, tamén xentes de fronteira:

 

Fronteira

De um lado terra, doutro lado terra;

De um lado gente; doutro lado gente;

Lados e filhos desta mesma serra,

O mesmo céu os olha e os consente.

O mesmo beijo aqui; o mesmo beijo além;

Uivos iguais de cao ou de alcateia.

E a mesma lúa lírica que vem

Corar meadas de uma velha teia.

Mas uma força que não tem razão,

Que não tem olhos, que não tem sentido,

Passa e reparte o coração

Do mais pequeno tojo adormecido.



Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú