Banda de Música de Tui, 1919 Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui
A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses.
Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870.
En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionados, y con el fin de evitar los cuantiosos gastos que demanda, buscándola fuera del distrito para las funciones que están a cargo de la municipalidad, por unanimidad se acordó aceptar en principio la creación de una banda municipal, comisionándose a los señores Presidente, Martínez, Curty y Perez-Cividanes para estudiar y proponer las bases sobre que aquella ha de girar”.
Como o tema resultaba apremiante na sesión do 13 de maio o Alcalde presenta unha proposta para consignar no “presupuesto próximo la cantidad de 1500 pesetas para la adquisición de instrumentos, que sin perder el carácter de propiedad del Municipio podrían entregarse a jóvenes que se someterían a un director al efecto nombrado, dotando este con la módica retribución de una peseta diaria con lo cual además de la economía que el Ayuntamiento obtendría se consigue dar educación a los niños de Beneficiencia y otros de clases menesterosas de la población”. Os concelleiros aceptan a proposta presidencial e designan unha comisión integrada polos señores Morais e Pérez Cividanes para a redacción do regulamento da banda de música municipal. Bases presentadas ao Pleno do 15 de xuño onde se someten a información dos concelleiros.
A aprobación definitiva chegará o 29 de xuño de 1880, cunha única modificación “de que el importe de los instrumentos que se entreguen ha de descontarse por los interesados por cuenta de los productos de las funciones a cuyo efecto éstos serán depositados en poder de la Comisión , quien hará trimestralmente la liquidación, distribución y deduciones de acuerdo con el director”. As importantes dificultades económicas que padecía o Concello tudense por aqueles anos pasan factura nas decisións dos responsables municipais.
“En seguida se procedió al nombramiento de la persona que ha desempeñar este cargo (dirección) y por unanimidad fue elegido D. Severiano Castillo de esta ciudad”. Contrato que demorou algún tempo en formalizarse, pois na sesión plenaria do 22 de setembro se urxe a súa contratación.
O señor Castillo xa debia realizar funcións similares noutras agrupacións musicais pois na sesión plenaria do 15 de agosto, apróbase o pago de “sesenta pesetas a Severiano Castillo por la orquesta con que fue obsequiado a su llegada el Senador Sr. Cuenca”, don Lourenzo quen tanto traballou pola construcción da ponte internacional e que dalle nome oficial á popular “Rúa de Abaixo”.
Publicado parcialmente en “Faro de Vigo” 13 de outubro de 2006