Banda de música de Tui, 1931
Foto Bugarín - Museo Diocesano de Tui
Teremos que agardar ata inicios do 1881 para que se proceda á adquisición do instrumental da banda de música municipal, e asía na sesión plenaria do 5 de abril se informa que o Alcalde, Padín, xunto ao Concelleiro Perez Cividanes, o director e un músico adquiriron na cidade de Vigo no almacen de D. Andres Gaos (outro insigne músico galego) o seguinte instrumental:
Número de los instru mentos | Sus nombre y precios por unidad | Total Reales | Des- cuento reales | Líquido Reales |
2 | Trombas a 280 reales una.. | 560 | 34 | 526 |
3 | Bastabas a 600 id. Id…. | 1.800 | 108 | 1.692 |
7 | Clarinetes ébano a 300 id id | 2.100 | 126 | 1.974 |
1 | Requinto id. | 300 | 18 | 282 |
6 | Cornetines a 240 reales uno | 1.440 | 86 | 1.354 |
2 | Fliscronos a 200 id id | 400 | 24 | 376 |
4 | Trombones a 300 id id | 1.300 | 72 | 1.128 |
2 | Bombardinos á 360 id id | 720 | 44 | 676 |
1 | Par palillos | 340 | 21 | 319 |
2 | Sax-trombas á 275 id id | 550 | 30 | 520 |
8 | Limpiadores clarinete á 3 id | 24 | “ | 24 |
18 | Cañas clarinete á 1,50 id id | 27 | “ | 27 |
6 | Idem requinto a 1,50 id id | 9 | “ | 9 |
9.410 | 563 | 8.907 |
O prezo final superaba o orzamento previsto e o Pleno acorda “que se haga figurar el resto en el adicconal próximo”, ainda que a documentación conservada acredita as numerosas reclamacións de Andrés Gaos ao Alcalde en relación ao pago deste instrumental.
Forman parte desta primeira agrupación municipal baixo a dirección de Severiano Castillo os seguintes músicos:
Tiburcio Rodríguez (requinto); Casto Rey (flautín); Adolfo Novás. Rosendo Bugarín, Francisco Barreira, Manuel Barbosa, Telmo Bugarín, Severo Areal, Bleodoro Barreira (clarinetes); Crisanto Castillo e Evaristo Martínez (fliscorno); Antonio Castillo, José Muñoz, Germán Castillo, Genaro Rey, Serafín Rey e Arcadio Rey (cornetín); Melchor Rey e Elías Barreira (trompa); Telmo Barrio, Telmo Méndez, Saturnino Gil e Constantino Fernández (trombón); Enrique e Evaristo González Morais (bombardino); Juan Ocampo, Carlos Casal e Balbino González (baixo); José Álvarez (bombo); Cándido Dorado e Camilo Rey (caixa) e Teofilo Lara (platilleiro).
No xa comentado informe da Comisión municipal existen outras interesantes noticias sobre a agrupación musical. Ésta tiña a obriga de asistir gratuitamente as funcións promovidas polo Concello en “Viernes Santo, Impedidos, Corpus y su octava y San Telmo”. Ao longo do primeiro ano o director, para poñer en marcha a banda, recibía dos orzamentos muncipais unha gratificación mensual de 100 reais y nos tres anos seguintes o 25% dos ingresos polas funcións, do que outro 15% era para “piezas de música, alumbrado, efectos y demás material” e o 60% restante respartíase entre os integrantes da banda.
As dificultades de funcionamento deben ser importantes pois no ano 1886 prócedese a unha reorganización da banda. No arquivo municipal de Tui consérvase un pequeño balance de ingresos e gastos correspondente ao primeiro trimestre do ano 1888 que nos informa sobre a actividade da nosa banda de música. Así neses meses realizaron as seguintes actuacións: “una serenata a D. Juan Francisco Pimentel, por otra al Iltmo. Sr. Obispo con motivo de la festividad de Reyes”. Na mesma xornada realizaron senllas serenatas a D. Juan Areses e ao Sr. Xuiz do Partido. Outras actuación foron co gallo das festividades da S. S. León XIII, ao Reitor do Seminario Conciliar, D. Miguel Vallejo, ou as procesións do Santo Enterro, do Encontro, do Sto. Viático ou “las dianas de San Telmo y jura de bandera”. Acadan os ingresos 1480 reas, namentres que os gastos (velas para as serenatas, arranxos de instrumental, etc.) chegan a 42 reais, ficando 1438 reais que son repartidos entre os músicos: 100 reais para o director Severiano Castillo e dende os 70 reais que cobra o “clarinete” Adolfo Novás aos 12 reais que reciben os educandos Ezequiel Alban e Donato Romero.
No ano 1890 o Concello de Tui, presidido daquel por Rafael María Rubial, procede á dotación de traxes aos membros da Banda de música municipal, sacando a pública subasta este subministro. Os 40 uniformes estaban compostos de “guerrera, pantalón, ros y gorra (…) el paño ha de ser edredón negro punto azul: la guerrera con tres hileras de botones de siete cada una en el pecho y cordones negros de lana en el mismo y en los hombros con botones. Cuello azul celeste y filetes en la manga, del mismo color, así como la franja proporcionada en el pantalón (…) el ros ha de ser como el de la tropa de ocho centímetros de alto y vivo azul y la escarpela también azul con fondo blanco y al frente el escudo de armas del pueblo, han de llevar además un plumero o llorón azul o blanco (…) toda la botonadura será proporcionada y blanca con lira en el centro y el cuello de la guerrera dos liras”. Realizada a correspondente subasta foi adxudicada ao tudense Tiburcio Rodríguez pola cantidade de 2.500 pesetas.
A documentación conservada ofrece a posibilidade de coñecer as pezas que a nosa banda de música interpretou nas festas de San Telmo do ano 1896, pois foron mercadas no establecemento vigués de Felipe Paz as seguintes partituras: “Clavel, vals”, “Reina de las flores, mazurka”, “Marica de todos, muiñeira”, “Aurora, diana”, “Olé salero, jota”, “Viva la libertad, americana” e “¡¡Flores del cielo!!, tanda de valses”.
Publicado parciialmente en “Faro de Vigo, 8 de decembro de 2006