Conmemoramos hoxe, 16 de novembro, o CDI aniversario do falecemento do humanista Francisco Sánchez na cidade francesa de Tolosa. Esta localidade acolleu a Sánchez arredor de 1580 a onde chega dende Montpellier, tras o seu fracaso no acceso á docencia universitaria e a presión anticatólica dos hugonotes. En xaneiro de 1581 comeza a traballar no hospital de Santiago. No ano 1585 gracias ao seu traballo e a súa valía persoal é nomeado profesor de filosofía na facultade de Artes da Universidade desa cidade. Finalmente no ano 1610, logo dunha brillante oposición, acada o posto de profesor de medicina nesta Universidade tolosana, na mesma facultade na que estudara medicina e dereito Miguel Servet entre 1528 e 1530 e tiña a cátedra Giordano Bruno dende 1579 a 1581. Foi profesor ata a súa morte o 16 de novembro de 1623.
Detalle do retrato de F. Sánchez no Museo do Medicina de Toulouse |
A
máis do “Quod nihil scitur” (1581) o seu principal escrito, Francisco
Sánchez publicou en vida outra obra de carácter filosófico: “Carmen de
cometa” (A canción do cometa) editada tamén en Lyon no ano 1578, en que
combate, con gran erudición, as supersticións relacionadas coa astroloxía.
Os
seus fillos e o seu discípulo R. Delassus publicaron varias das súas obras
agrupadas na publicación “Opera medica. His iuncti sunt tractatus quidam
philosiphici non insubtiles”, editada en Tolosa en 1636, aos trece anos da
súa morte. Nesta obra se inclúen os seguinte libros: “De longitudine et
brevitate vital liber”, tamén “In librum Aristotelis Physiognomicon
commentarius” e “De divinatione per somnum, ad aristotelem”. Contiña
amais o “Quod nihil scitur”. Pola súa banda, os tratados filosóficos de
Sánchez aparecerán editados, excluídos os libros médicos, en Rótterdam no 1649.
Portada da "Opera médica" de F. Sánchez (1636) |
Hai que engadir á relación das súas obras, unha carta atopada no 1940 titulada “Epistula ad C. Clavium”, asinada co pseudónimo de Carnéades, e dirixida ao matemático Cristóbal Clavio. No ano 1982 o Museo Diocesano tudense publico a tradución do texto “Sobre la duración y brevedad de la vida” a cargo do profesor Carlos Mellizo
Outros
libros de carácter filosófico foron anunciados polo autor pero nunca saíron do
prelo: “Examen retum”, “De anima”, “Libri naturae” e o que
posiblemente sería máis importante: “De modo sciendi, methodus sciendi”.
A
súa principal obra filosófica foi “De multum nobili et prima universali
scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal primeiro saber.
Que nada se sabe),” editada en Lyon no ano 1581 aínda que a obra fora
redactada, segundo informa o propio autor, varios anos antes. No seu limiar o
autor declárase inimigo do aristotelismo e do argumento de autoridade (aceptar
unha idea por ser dun autor recoñecido) propugnando o exame directo de calquera
realidade, sometendo os datos da experiencia á análise e á crítica do xuízo.
Francisco
Sánchez foi un vigoroso filósofo de transición no Renacemento europeo: a
Descartes forneceu elementos que permitirían a formulación do novo método e a
filosofía do cogito, e a Bacon os pilares do coñecemento experimental. A
principal característica da súa filosofía, moitas veces esquecida, ven do feito
de que Francisco Sánchez foi o primeiro en empregar o concepto de “método
científico”. Non só empregará este termo, que tanto éxito tivo na historia da
filosofía, senón que tamén propuxo un modelo de método para a ciencia, anos
antes que Francis Bacon.
Francisco
Sánchez foi astrónomo, xeómetra e médico, observador infatigable da Natureza,
auténtico prototipo de home do Renacemento legando unha obra que foi o inicio
da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII.
Con
todo en Galicia e España Francisco Sánchez continúa esquecido e postergado como
un dos principais referentes do pensamento hispano. Non sucede o mesmo en
Portugal onde a reivindicación da súa nacionalidade levou parello un importante
traballo de investigación e difusión da súa personalidade que aínda perdura.
Estamos
diante dun importante erudito e filósofo do Renacemento europeo cunha
importante achega á historia do pensamento. Esta dimensión europea da súa
figura, a súa dobre condición de tudense e bracarense, a súa dialéctica entre
fe e razón, o interese que na actualidade suscita a súa obra filosófica... fan
de Francisco Sánchez un tudense e un galego excepcional.
Xa
en 1906 Manuel Murguía, recollendo os descubrimentos de Cazac reivindica a
condición galega de Sánchez. En 1922 a revista “Nós” inicia a publicación da
tradución ao galego da súa obra “Quod nihil scitur”, a cargo de Xan Aznar, e mesmo Castelao inclúe ao
noso filósofo na relación de personalidades galegas da historia no seu discurso
“Alba de gloria” pronunciado en Buenos Aires en 1948. Anteriormente o Centro
Galego de Montevideo promovera unha conferencia de Luis Gil Salguero, “El
escepticismo de Francisco Sánchez”, e figura referenciada e publicada na
revista do propio centro en 1930. Un labor a cargo do mundo emigrante e
galeguista continuado coa edición en 1944 dunha tradución ao español de “Quod
nihil scitur” na colección “Camino de Santiago” que promove a editorial “Nova”
de Buenos Aires fundada e dirixida por Luís Seoane e Arturo Cuadrado.
En
Tui haberá que agardar aos traballos de Juan Dominguez Fontela (1937), Manuel
Fernández-Valdés (1956) ou Darío Álvarez Blázquez (1960) para comezar a súa
reivindicación e a divulgación da súa obra e traxectoria. Completados mais recentemente
coas achegas de Ernesto Iglesias Almeida ou Suso Vila e as traducións ao galego
das dúas obras publicadas por Sánchez realizadas por Laureano Alonso.
Con
todo, a figura de Francisco Sánchez continúa escasamente coñecida, aínda menos
estudada e non reivindicada como unha das figuras egrexias que ten aportado
Galicia ao desenvolvemento do pensamento europeo. A celebración no pasado ano
do cuarto centenario do seu falecemento promovido polo Concello de Tui agardamos
constitúa unha semente que agrome paseniñamente nesta reivindicación.
Monolito en lembranza de F. Sánchez, na antiga rúa Triparia de Tui |
Achegamos
de seguido, para lembrar -como diciamos ao principio deste post- esta data, un
breve traballo xornalístico publicado no ano 1926 no xornal coruñés “El Orzán”.
Este xornal de información local foi publicado na Coruña dende xaneiro de 1918 a
xullo de 1932. Subtitulado “Diario independente”, estivo dirixido por Xosé Pan
de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde 1924) e Victoriano Fernández Asís. De tendencia monárquica e conservadora, foi escola de
xornalistas coruñeses. Entre os seus colaboradores podemos citar a Picadillo,
Alfredo Tella, José Luis Bugallal Marchesi, Eduardo Pérez Hervada, Joaquín
Freyre de Andrade, Sebastián Naya e Dámaso Calvo Moreiras.
A
este último autor débese esta columna dedicada ao noso filósofo que agora recuperamos
como testemuña do interese que naquelas décadas iniciais do pasado século
suscitaron os achados de Cazac que documentaban a súa condición tudense e
galega.
Dámaso
Calvo (Celanova, 1880 – Madrid, 1954) avogado, político e xornalista tivo unha
dilatada traxectoria que os interesados poden coñecer neste enlace: https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.8065.php
.
Dámaso
Calvo mantivo unha ampla vinculación con Ortigueira, onde se instalou a súa
familia, e alí foi o director de “El Eco Ortegano” ata a súa desaparición en
1913. Asentado como avogado na Coruña formou parte, co seu pai, do consello de
goberno e administración de La Voz de Galicia durante moitos ano mantendo unha
columna de opinión neste xornal, que compatibilizaba con colaboracións noutros
medios xornalísticos galegos. De tendencia conservadora e monárquica, participou
puntualmente na vida política e foi un colaborador asiduo de D. Juan de Borbón
ata o seu pasamento.
Damaso
Calvo está recoñecido pola súa ampla cultura e recolle neste columna unha
reivindicación da figura de Francisco Sánchez logo da omisión do seu nome nun
acto cultural promovido en Madrid polo Instituto Francés. Resulta unha mágoa
que achegas como esta de Dámaso Calvo non calasen na vida intelectual galega
recoñecendo a este senlleiro humanista do século XVI.
FRANCISCO
SÁNCHEZ, EL ESCEPTICO
Recientemente se ha
conmemorado en el Instituto Francés de Madrid un aniversario de la Universidad
de Montepellier. En el acto organizado por el Colegio de doctores de la Corte
se habló de tan ilustre centro de enseñanza describiéndose minuciosamente la
vida académica en los años de mayo florecimiento de la Universidad: usos
escolares, costumbres científicas de la época, colación de grados, polémicas
doctorales, desfile de cortejos universitarios…
Todo ello muy pensado, muy
digno de alabanza, pero manchado con un grave lunar, la preterición de un
hombre verdaderamente esclarecido por su ciencia profesional, el olvido de un
maestro que se adelantó a su tiempo, propugnando las excelencias docentes del
método experimental, en un siglo extremadamente difícil para enseñar de un modo
práctico la medicina. Este olvidado de tal fiesta académica, se llama Francisco
Sánchez, el escéptico. De su vida y de alguna de sus obras vamos a decir unas
breves palabras, para salvar de tan lamentable silencio un nombre
particularmente grato a los gallegos.
El maestro Menéndez Pelayo
-siempre hay que partir de este nombre cuando se escribe sobre la historia
literaria de nuestro país como enseña Menéndez Pidal- recoge en uno de sus
discursos los pocos datos conocidos acerca de la existencia y de la obra filosófica
y docente del famoso médico que matriculado como alumno de la Universidad de
Montpellier obtuvo a los veinticuatro años de edad, en reñidas oposiciones, una
de las principales cátedras de aquel gimnasio.
Francisco Sánchez, español,
oriundo de Tuy, enseñó en aquella escuela de Medicina durante once años, hasta
que las guerras de religión le obligaron a refugiarse en Tolosa de Francia, en
donde residió hasta su muerte, ocurrida en 1623, cuando contaba sesenta años.
En la Universidad de Tolosa, de la cual fue regente, explicó filosofía
veinticinco años, medicina durante doce y dirigió el hospital de Santiago en un
período de treinta años. Erróneamente, aseguró Menéndez que Francisco Sánchez
se graduara doctor en 1573, cuando consta -Astruc: “Memorias para servir a la
facultad de medicina de Montepellier”- que en esa fecha precisamente aparece
por primera vez inscrito su nombre en los registros de matrícula.
Montpellier, gravado de G. Braun e F.Hogenberg, 1572 |
Francisco Sánchez, hombre de
ciencia positiva, médico de los más famosos de su tiempo, matemático y
astrónomo que no dudó medir sus fuerzas con el mismo Cristóbal Calvio, si
atacaba la ciencia de su siglo era para preparar los caminos a una concepción
científica que él tenía por más racional y elevada. En este paraje, concreta el
polígrafo montañés, como la actividad intelectual del célebre profesor se
extendió a las disciplinas más variadas: solo un cerebro poderosamente
constituido podía abarcar con fruto pensamientos tan distantes.
Lo característico en la obra
profesional de Sánchez, fue la enseñanza del organismo, actuando sobre el mismo
con el cuchillo anatómico de Vesalio, en una época en que la investigación
experimental verificábase secretamente con el profundo misterio de un rito solo
conocido por poquísimos iniciados. Así se explica la formación de una sociedad
secreta, dirigida por el propio doctor, para hacer la disección de los
cadáveres del Hospital de Tolosa (Dum secreto conclavi deferucta nossocomii
Tolosani corpora dissecavit.)
El profesor que estudiaba de
una manera experimental la anatomía humana, procurando descubrir el origen de
males desconocidos y averiguar las razones de fenómenos inexplicables en la
concepción científica de su tiempo, elaboró un sistema filosófico basado en la
duda ante la contemplación del universo. Cuanto existe en el mundo exterior
puede comprenderse empíricamente si el espíritu se desliga de prejuicios de
escuela, de imposiciones rutinarias y de la sarcia ancestral de creencias
milenarias.
Sánchez duda de todo: nada
sabe, ni aún esto mismo, que parece el índice del escepticismo. El examen
atento de los hechos, la apreciación subjetiva de mundo circundante, engendra
en el alma inquieta del médico gallego el ansia de descubrir si los conocimientos
científicos de su siglo son suficientes para explicar satisfactoriamente la
razón de existencia. Dudando de si, sin creer en el testimonio ajeno, sin dar a
los conceptos metafísicos la importancia de preceptos inmutables, Sánchez
piensa que solamente son dignos de fe los conocimientos demostrables mediante
el método experimental.
Ante el mundo exterior la
posición del maestro es de duda, de vacilación: no cree más que lo aprendido
por su inteligencia en un rápido proceso de asimilación; dice don Marcelino que
nuestro eximio paisano puede ser considerado como el precursor de Descartes,
que duda cartesiana está contenida, como principio dogmático inspirador de un
sistema en la filosofía de Sánchez, y que este ideó las bases en las cuales
descansa el criticismo.
Leyendo la obra capital del
médico tudense y la fundamental de Descartes se observa un verdadero enlace
entre ambas: “Que nada se sabe” y el “Discurso del método” tienen verdadera
analogía y su examen justifica la presunción expresada. Quod nihil scitur
se publicó en 1581, o sea cincuenta y seis años antes de aparecer el “Discurso
del método”. De suerte que el libro de Francisco Sánchez es, no solo un
antecedente ilustre de la filosofía Cartesiana, sino su fundamento.
Francisco Sánchez pregunta si
es posible saber alguna cosa, y apartándose de lo afirmado como cierto en su
tiempo, trata de averiguar si el procedimiento seguido entonces para inquirir
la verdad, conducirá a organizar la nueva ciencia que él adivina. Al propio
tiempo Descartes pretende aportar a la inteligencia humana un instrumento de
investigación y medios de comprobación, enteramente desconocidos hasta él. La
ciencia, si hay que creerle, no ha sabido aún encontrar su regla; se ha
desarrollado al azar; se ha edificado reuniendo sin orden materiales informes.
Concretamente: la duda
cartesiana tiene en “Que nada se sabe” este precedente: “Me encerré dentro de
mí mismo y concluí a poner en duda todas las cosas como si nadie me hubiese
enseñado nada y empecé a examinarlas en si mismas, que es la única manera de
saber algo”.
Si el cartesianismo ha
contribuido poderosamente al adelanto filosófico de Europa poniendo los
cimientos del criticismo de Kant y si ambos se basan en Quod nihil scitur,
¿es lícito omitir el nombre de Francisco Sánchez, varón doctísimo en las
principales ciencias cultivadas en su época, en la fiesta académica aludida”
DAMASO CALVO
“El Orzán: diario
independiente”, domingo 19 de diciembre de 1926