Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

$
0
0



Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas.

Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos en Tui documentada xa en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo.


As escenografias relacionadas con antergos dramas litúrxicos ou autos sacramentais, como os que podemos contemplar no Sermón do Encontro, coa sorberba imaxinería articulada do Cristo caendo da cruz ou a Dolorosa de Augustín de Querol –que logo percorren as vellas rúas tudenses-  ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro que reunía e reúne a xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Disfeles procesionais que finalizan co percorrido de Nosa Señora da Soidade na alborada do Sábado Santo, acompañada exclusivamente por mulleres.  


Temos de engadir algo tan excepcional como a Horta das Oliveiras que xa se realizaba no ano 1818 na Capela da Misericordia, que revelan a riqueza da relixiosidade popular na nosa cidade. Tradicións conservadas e promovidas pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542.



Peza tamén excepcional é o “Monumento” da Catedral, retablo que se montaba anualmente para a función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canóninas ca Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luis Pereira, de Santo Adrian de Cobres, realizado no ano 1775 e que na actualidade é unha peza de mobiliario litúrxico única en España, e que agollá no futuro poida ser montado na súa totalidade, pois na actualidade non é colocado o seu primeiro tramo.



Nos últimos anos estes días da Paixón se enriqueceron coa recuperación dunha anterga expresión da sensibilidade destas datas: a carraca ou matraca da Catedral, cuxo son marca estas xornadas de Semana Santa coa súa rexa acústica.

Esta enriquecedora combinación de fe e cultura, de relixiosidade e tradición son un tesouro que os tudenses conservamos como legado secular e que conforman un excepcional atractivo que enriquece o noso patrimonio cultural, que abrangue no só os monumentos materiais senón tamén estas manifestacións efémeras ou intanxibles.

Xorden estas reflexións ao rematar en chuvia esta Semana Santa tudense e que, de novo, semella os propios tudenses non acabamos de ter conciencia das potencialidades destas xornadas. Cando numerosos municipios valorizan expresións desta semana de paixón que carecen de tradición histórica e que reproducen estereotipos doutras zonas de España, en Tui posuímos esta tradición que reclama unha maior valorización e explorar a súa capacidade de atractivo tanto espiritual como turístico.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 229

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú