Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

Guillermo Taboada Infante, pintor e ilustrador tudense

$
0
0

Poucos datos temos do tudense Guillermo Taboada Infante (nado nesta cidade no ano 1909). Comezou a súa formación artística en Granada co pintor Morcillo (Trátase de Gabriel Morcillo Raya, pintor e copista que dende 1922 é o director da Residencia de Pintores da Alhambra e posteriormente profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade en que nacera en 1887e na que morrería en 1973).
En 1926 solicita unha pensión á Deputación de Pontevedra e envìa varios retratos á exposición previa de artistas que aspiraban a bolsa. No mes de febreiro concédenlle a pensión, de tres mil pesetas anuais, para estudiar pintura na especialidade de figura, na Academia de Belas Artes de Madrid, onde durante o curso 1926-1927 preparou o ingreso que aprobou. En febreiro de 1926 comeza a colaborar no “Faro de Vigo”, con viñetas que lembran ás que, polas mesmas datas, se publican na revista madrileña Buen Humor. Guillermo Taboada sumábase a unha longa lista de importantes ilustradores do diario vigués, entre os que figuraban Federico Ribas, Carlos Sobrino, Castro Gil, Cebreiro, Ignacio Senra e Torres.
No mes de marzo de 1926 expón nos escaparates da Libreria Española da rúa do Príncipe de Vigo “Mariñeiro de Teis”, “Un marino” e os retratos de Andrés Amor, Joaquin Pesqueira e Manuel Lustres Rivas todos pintados ó óleo.

Retrato de Andrés Amor Pereira, 1925

En 1927 solicita a prórroga da pensión pero denéganlla, o mesmo que volve suceder ao ano seguinte. Durante o curso 1927 – 1928 continuou estudiando na Escola de San Fernando, pero non hai constancia de que finalizase os seus estudios; probablemente o feito de quedar sen a pensión debeu se-lo motivo polo que os abandona. Aqui pérdese a pista deste pintor, pero a aparición da sinatura “Guillermo Taboada” en varios artigos de arte galega da revista “Galicia Emigrante” publicada por Seoane en Bos Aires durante os anos 50, indúcenos a pensar que se trasladou a Arxentina onde se dedicou á crítica de arte.”

Podemos completar estes apuntes biográficos con dúas noticias breves. Por unha banda que Taboada Infante completou os seus estudios pois no ano 1933 se incorpora como Profesor a través dos cursos de selección e perfeccionamento convocados ao abeiro do Decreto de 23 de xuño de 1933 e que logo non chegou a exercer posiblemente por razón políticas, pois por un Orde Ministerial de xaneiro de 1978 Guillermo Taboada Infante é integrado como Profesor Agregado dos Institutos Nacionais de Ensino Medio na especialidade de debuxo. O que encaixaría con enunciado anteriormente sobre a súa estadia en Arxentina.
Por último morre en Madrid o 17 de decembro de 2006 aos 97 anos de idade.


Bibliografía:
"Os pensionados da Deputación de Pontevedra (1864-1933)". Pontevedra, 2003

As Fillas da Caridade en Tui

$
0
0

Temos abordado en Tudensia una achegamento á historia de diversas comunidades relixiosas instaladas en Tui, algunha cunha vida alongada en máis de cincocentos anos –as Clarisas- e outras que cumplen nestes tempos o centanario da súa presenza entre os tudenses (Maristas, Hospitaleiras e Doroteas). Restaba comentar algunha notas sobre a historias das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl (as “Monxas Milagrosas”) que chegaron á esta vella cidade episcopal no ano 1908.
A presenza na cátedra episcopal de Valeriano Menéndsez Conde, dende 1894, non parece allea á acollida na nosa cidade deste abano de congregacións relixiosas coas que pretende reanimar á vida cristíá na nosa cidade e diocese.
Cun amplo donativo dun tudense residente en América o crego tudense e daquela bispo de Ourense, Florencio Cerviño, promover a fundación da popular “Cocina económica”.
Ao ano seguinte abren un centro de ensinanza co nome de “Colegio de la Inmaculada Milagrosa” na petición de numerosos veciños de Tui por non exisitir daquel nengún colexio dirixido polas relixiosas sendo o seu fundador D. Valentín Covisa, coengo e Secretario de Cámara do Bispo.
Apunta González Santiso que este “Colegio de la Milagrosa se instaló oficialmente en una casa del Obispado que fue Rectoral y las clases se impartían en los locales donde hoy está la Comisaría de Policía. Hacia 1963 se contruye el actual colegio frente a la Catedral y ocupa, por su parte trasera, una casa solariega”.
Pero o labor educativo das Fillas da Caridade continúa na nosa cidade e en 1928 fundan unha “Escola dominical” con un cento de alumnas onde se imparte cultura xeral, corte e confección para aquelas mulleres que polo seu traballo non podían asistir a diario.
Tamén neste ano se abre na nosa cidade ao abeiro desta congregación un internado para a acollida de fillas de emigrantes, especialmente para aquelas que carecían de centros de ensinanza nos seus lugares de residencia. Esta residencia de mozas estivo funcionando ata inicios dos anos 1980.
A partires de 1936 o Colexio da Milagrosa imparte primeira e segunda ensinanza, bacharelato elemental e superior e mesmo maxisterio, coa autorización da Universidade de Santiago chegando ata 1952. Dende 1986 ata 2003 imparten educación infantil.
Paralelamente a este importante labor docente promoven unha actividade devocional e caritativa de amplo calado. En 1919 fúndase a Asociación da Medalla Milagrosa, con acada ata 26 coros que visitan a innumerables familias tudenses.
No ano 1986 promoven a creación do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paúl, onde as Fillas da Caridade xunto a numerosas voluntarias promoven a atención aos máis desfavorecidos. Salientar, entre outras medidas, a creación do albergue para transeúntes no barrio do Arrabal.
Tamen por estes anos promoven a creación na finca Val de Flores dun centro vacacional.
Sirvan estes sinxelos apuntes para lembrar a centenaria presenza das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl na nosa cidade e que xuntamente coas Relixiosas de Santa Dorotea e as Irmás Franciscanas Hospitaleiras (ás que dedicamos anteriormente senllos post en Tudensia) recibiran este sábado unha merecida homenaxe coa entrega da medalla de ouro da cidade por acordo da nosa Corporación Municipal.

As Fillas da Caridade en Tui II

$
0
0

"Rúa da Misericordia" de Alfonso Álvarez Pazo


Este blog naceu coa vocación de promover o coñecemento da historia e da vida tudense e por tanto congratúlome que os lectores de “Tudensia” enriquezan coas súas achegas os contidos que publicamos. Construirmos entre todos o coñecemento do noso pasado é unha noticia certamente positiva.
Reproduzo, en consecuencia, o comentario que o amigo Julio Viñas envia a “Tudensia” onde realiza unhas precisións de grande interese sobre a chegada das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl a Tui, que temos que retrotraer a medio século antes.
El hecho de asignar la fecha de 1908, como le momento de asentamiento de las Hijas de la Caridad en Tui, según datos aportados por el cronista oficial de Tui D. Ernesto Iglesias Almeida y en cierta medida corroborados por Alberto Estévez Piña ,es una fecha errónea. Se debe considerar que según, el Sr. Iglesias Almeida, ya en 1844-45 estas monjas habían desempeñado una gran labor en una epidemia maligna que había asolado Tui. También en su exposición, sobre lo erróneo de la fecha de 1908, dice que: "el día 25 de marzo de 1882, se hacen cargo del Hospicio e Inclusa del Obispado". Es obvio que hay un error en la fecha, que se confunde con el que en 1908 viniesen de Madrid, más Hijas de la Caridad, para hacerse cargo de la Cocina Económica, instaurada en Tui por el Magistral Don Florencio Cerviño. Además de Iglesias Almeida, el tudense Alberto Estévez Piña, en comentario, sobre este asunto, cita dos fechas anteriores al año 1908, en que en la Capilla de las Hijas de la Caridad, se celebran oficios por parte de D. Manuel Lago González. Creo que es fácil subsanar el error de fecha cometido. Gracias.
Por Julio Viñas Martínez 
Anteriormente nunha carta ao director en Faro de Vigo do 18 de xaneiro, Ernesto Iglesias Almeida, comentaba o seguinte: El 25 de marzo de 1882 nueve de estas hermanas procedentes de Madrid y bajo la dirección de Sor Paula Cuena, se hacen cargo del Hospicio e Inclusa del obispado. Durante la gran epidemia de los años 1844-45 se toman medidas para proteger a los expósitos y montan una escuela bajo la dirección de una de las Hijas de la Caridad con entrada desde la calle para los niños pobres
Publicamos pois en “Tudensia” o que naquel momento nós coñeciamos e afortunadamente agora vemos como a colaboración doutros estudosos completa aquela información, enriquecendoa coas súas noticias. amosando unha antigüidade das Fillas da Caridade en Tui que nos leva a 1844.. Curiosamente a actual comunidade de Fillas da Caridade tudense toman como referencia da súa presenza en Tui a data de 1908.
Achegamos finalmente, como complemento, as crónicas que o diario tudense “La Integridad” publicou no mes de xullo de 1908 co gallo da apertura da Cociña Económica atendida polas Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl e que xentilmente nos proporciona o historiador Suso Vila.

LA INTEGRIDAD

8-07-1908
Por temor a herir en lo más mínimo la modestia del principal organizador de una obra benéfica de tanta utilidad en esta población próxima ya a ser inaugurada- pues nos consta el desagrado que le produce todo elogio y que había de disgustar le el anticipo de la noticia- nada hemos querido decir hasta ahora del proyecto, que muy en breve va a ser convertido en realidad, de establecer en Tuy una Cocina económica, en la que la clase obrera pueda encontrar en las condiciones mejores de economía el medio de atender a las apremiantes necesidades de la alimentación, y las personas que deseen ejercer la Caridad sin temor a ser mal aplicada la limosna un recurso poderoso, en los bonos para esta cocina, con que poder hacer participantes a los mendigos de las ventajas de esta institución, de gran trascendencia e importancia para la regeneración social.
Más hoy, que ya esta en vida de ser un hecho dentro de muy poco tiempo, no queremos resistir al deseo de participar al público, a quien nos debemos, que han llegado ya a esta ciudad varias Hijas de la Caridad, a cuyo cuidado correrá el servicio de esta obra, y se esta efectuando la instalación de la cocina, recibida de una de las principales fábricas de Vitoria, yendo ya muy adelantados los trabajos, en términos tales, que dentro de muy pocos días se efectuará la inauguración con gran solemnidad.

18-07-1908
Mañana domingo, fiesta de San Vicente de Paúl, se celebrará en esta ciudad la solemne inauguración de la Cocina económica que desde mañana quedará instalada en la antigua Casa Asilo de la Misericordia en beneficio de los pobres y obreros de la localidad. Le precederá á las diez de la mañana un acto religioso en la iglesia de San Telmo.

20-07-1908
LA COCINA ECONÓMICA
Altamente simpático y digno de todo elogio ha resultado ayer en esta ciudad el acto de la inauguración de la grandiosa y benéfica obra de caridad de la cocina económica.
A las diez de la mañana celebrose con toda solemnidad en la iglesia de San Telmo una misa en honor el glorioso fundador de las obras de caridad y beneficencia S. Vicente de Paul. En ella oficio de preste el muy ilustre Sr. D. José Otero Mariño, maestreescuela de la S. I. C., sorbiéndole de diácono y subdiácono, respectivamente, los señores beneficiados D. Antonio Fernández y don José Miranda.
Después del evangelio, ocupó la sagrada cátedra el elocuente e inimitable magistral de nuestra S. I. Catedral D. Florencio Cerviño, á cuyas iniciativa  y perseverante labor se debe el que sé haya inaugurado en Tuy tan beneficiosa obra. En breves pero elocuentes frases demostró la necesidad que hay de favorecer al pobre y al obrero instituyendo obras benéficas, en las cuales se tenga por base y principio la fe que Cuatro enseñó en el mundo, y que podemos alcanzar imitando a innumerables mártires de la caridad  que citó y sería imposible enumerar, pero en especial al ínclito P. Vicente de Paul, el cual murió mártir de la caridad auxiliando al pobre y aconsejando al rico para que favoreciese al desvalido.
En asientos colocados en uno de los lados laterales de la iglesia encontrábanse el Excmo. E Ilmo. Sr. Obispo de la diócesis acompañado del muy ilustre señor Probador D. Victoriano Serrano y el Fiscal del Tribunal Eclesiástico D. Vicente S. Coronas, el alcalde D. Manuel F. Valdés, el gobernador militar D. Yodo Sancho Miñano, el general Excmo. Sr. D. Leopoldo Caula, el jefe de la guarnición de Ceriñola teniente coronel D. Mariano Briones, el comandante de la dotación del Perla D. Juan Cervera Valderrama, el diputado provincial D. Venancio Lorenzo, el juez de 1 instancia D. Antonio Fente, el registrador de la propiedad D. José Herraiz , el administrador de Aduanas D. Pio Arines, el juez municipal don Manuel Pinto, el ingeniero agrónomo D. Rafael Aéreas y otras innumerables personalidades de las cuales no nos fue posible tomar nota.
Después de terminado este acto, subieron a la antigua Casa Asilo de la Misericordia, donde queda establecida la nueva Cocina Económica, el excelentísimo Sr. Obispo acompañado de todas las autoridades atrás mencionadas y numeroso gentío ávido de presenciar la bendición de la Casa. Dió esta nuestro Rvdo. Prelado, que, revestido de los ornamentos sagrados recorrió las dependencias del edificio, bendiciéndolas todas.
En seguida se sentaron en el comedor, lujosa y artísticamente adornado, 50 pobres de ambos sexos, que más tarde fueron reemplazados por otros 50, sirviéndoles distinguidas señoras y señoritas de esta localidad una suculenta y abundante comida condimentada por las infatigables hijas de la caridad, dudando todos estos actos hasta cerca de las tres de la tarde.
Gratos son los recuerdos que en los corazones de los habitantes de esta ciudad deja la inauguración  de la Cocina Económica, porque grandes son también los frutos que ella ha de reportar al desvalido pobre y al sufrido obrero.
Mil plácemes al Sr. Magistral, iniciador y favorecedor de tan grande obra y a las beneméritas Hijas de la Caridad de la ciudad de Tuy.
Qué el Cielo conceda un éxito continuado a esta nueva y difícil empresa.

Gracias todos polos súas achegas.

Rafael Sánchez Bargiela

A Eurocidade Tui-Valença, herdeira da veciñanza baixomedieval

$
0
0

Valença e Tui no Livro das Fortalezas de Duarte D'Armas 

O pasado venres, 10 de febreiro, o Alcalde de Tui xunto ao Presidente de Cámara Municipal de Valença asinaron oficialmente o protocolo de creación da eurocidade Tui-Valença ou Valença-Tui. Unha vella aspiración das administracións locais valenciana e tudense que finalmente foi acadada.
A creación desta entidade de cooperación resposta a unha histórica necesidade de ambas poboacións que, a pesares de atoparse na máis antiga fronteira europea, nunca se sentiron afastadas e historicamente comprobamos como a interrelación entre ambas comunidades locais foron de sempre intensas. A posición periférica de ambas cidades favoreceu que as directrices gobernamentais, emanadas das capitais do Estado, chegasen ata estas ribeiras cunha reducida efectividade.
Di o historiador Carlos Barros que esta fronteira mantivo un caracter medieval, non tanto pola súa conformación no século XIII, senón porque sempre conservou unha mobilidade social, cultural e económica, similar á existente na Galicia altomedieval. Unha condición que, con avatares diversos, temos conservado ata os tempos contemporáneos. Moitos exemplos poderiamos aportar como ao longo dos séculos perdurou esta intensa comunicación entre os miñotos galegos e portugueses, da que esta eurocidade que agora enceta o seu camiño é herdeira directa.
Citaremos un dos exemplos mais sobranceiros cando xa, a finais da Idade Media, a fronteira “legal” era nidiamente recoñecida por todos os habitantes das terras miñotas. Sen embargo, as políticas xa de caracter “nacional” que promoven as monarquías de Castela e Portugal, levan a que en 1455 o rei lusitano Afonso V ordeáselle ao Marqués de Valença e ao Conde de Ourém que dispoñan gardas fiscais que impidan a entrada en Portugal de mercancías prohibidas como era  caso do gando, cabalos, armas, moedas, etc.
As protestas das vilas das ribeiras do Miño conseguiron que aos poucos anos, en 1462, o mesmo monarca conceda á cidade de Tui e as vilas galegas da fronteira do río Miño a posibilidade de comprar e vender nas feiras de Caminha, Cerveira, Valença... sen pagar tributos, como se fosen portugueses... Así o outorga o propio rei Afonso V na súa visita a Valença, do 30 de xuño ao 3 de xullo de 1462, permitindo a comercialización do pan, carne, viño e peixe procedente de Tui, confirmando un privilexio que, afirman os valencianos, era un costume xa antigo. Son as chamadas cartas ou costumes de veciñanza que o monarca lusitano concede ás vilas da ribeira do Miño, que intentan deste xeito subtraerse da presión dos axentes fiscais da Coroa, aínda que sen moito éxito.
Xa no ano 1459 o procurador de Vila Nova de Cerceira, Lourenço Guilham, proclamaba nas Cortes de Lisboa: “Senhor vosa alteza (saberá) que antre os moradores desta villa e termo com os galegos ha o rrio en meyos conversamos huus com os outros como irmaaos seendo casados huus com outros”.
Hoxe seguimos sendo herdeiros, as xentes de Valença e Tui, daquelas afirmacións. Esta conciencia dunha mesma identidade, dunha mesma condición está contida, por exemplo, no documento do acordo asinado en 1485, superados os dificiles tempos da “ocupación” dos Soutomaior sobre a cidade de Tui e das guerras de sucesión, sobre as barcas de pasaxes entre ambas cidades. Neste documento sinalase como “estrangeyro o (que) non seia vezinio da dita cidade nen vasalo do dito Sr. Obpo. nen vizinio de Valença nen do seu termo (...pois...) compre aboa vezinages de uns e dos outros”.
As positivas expectativas que agroman coa sinatura deste acordo de creación da eurocidade Tui – Valença oxalá poidan desenvolverse axeitadamente e non resulten frustradas, como nos tempos de finais da Idade Media, pola presión dos Estados e polas circunstancias históricas.

Parlamentarios tudenses nas Cortes de Cádiz (I)

$
0
0

Nos vindeiros días se conmemora o bicentenario da proclamación na cidade de Cádiz da Constitución Española de 1812, a primeira constitución liberal, no seu proceso de redacción a nosa cidade estivo representada por tres parlamentarios aos que queremos lembrar con este “post”. Pero cómpre antes unha pequena contextualización destas Cortes de Cádiz.
Durante a Guerra da Independencia, iniciada en 1808, as revoltas populares contra a invasión francesa levaron á creación de Xuntas Locais e Provinciais ou Rexionais para artellar a resistencia e ocupar o baleiro de poder derivado da abdicación de Fernando VII e a súa retención en Baiona (Francia) e a negativa recoñecer a José I, popularmente chamado “Pepe Botella”, como monarca lexitimo.

Estas Xuntas, en xeral, integradas por funcionarios, membros da nobreza e do clero, nomeadamente de caracter conservador, deron o poder a unha Xunta Suprema Central que acordou a celebración de Cortes. Como sinala o historiador Antonio Elorza “prevaleció un policentrismo de una revolución juntista, donde en las principales ciudades cada junta era suprema en su territorio, con la vocación de formar una Junta Central, encargada a su vez de convocar Cortes Constituyentes”, que, ao final, foron convocadas polo Consello de Rexencia, constituído tras a disolución da Xunta Suprema en 1810. Desta Xunta Central formou parte, como vocal en representación da Xunta galega, entre o 12 de outubro de 1808 e o 30 de xaneiro de 1810 o tudense Manuel María Avalle, señor de Fiolledo e rexedor da cidade.

As Cortes comezaron as súas sesión o 24 de setembro de 1810 na Real Illa de León (hoxe San Fernando) trasladándose á cidade de Cádiz o 20 de febreiro de 1811. Cando se reúnen só se presentan 95 deputados dos 240 previstos, porque moitos non puideron chegar polo impedimento francés ou non tiñan sido elixidos; 42 eran titulares, elixidos polos seus cidadáns; 53 eran suplementarios, persoas que procedían dos territorios que non tiñan acudido ninguén, e vivían cerca ou arredor de Cádiz e asumían así a representación da súa circunscrición.

Galicia estará representada nestas Cortes por representantes de cada una das antigas provincias do Reino e amáis enviou dous representantes: un pola Xunta Suprema de Galicia e outro pola representación das sete ciudades de Galicia que, tradicionalmente e de xeito rotatorio, enviaban un deputado ás Cortes. Ao convocar o Consello de Rexencia aos representantes das ciudades, correspondialle a Tui facer o nomeamento, o que explica que o deputado tudense Benito María Mosquera e Lira representa nas Cortes de Cádiz á cidade de Tui e non a súa provincia.

A moitos deputados foilles imposible nun país en guerra chegar ata Cádiz e os elementos estamentais, en xeral, non participaron no proceso. Por esta razón son escollidos deputados entre as persoas que residían en Cádiz, das provincias non representadas pois moitos burgueses, funcionarios, etc tiñanse refuxiado na cidade gaditana, único reducto libre das tropas francesas e protexida pola mariña inglesa.

Nas reunións tomaron parte representantes das provincias españolas e dos territorios americanos e de Filipinas, identificados con tres tendencias: os absolutistas, que defendían a volta da monarquía dos Borbón; os ilustrados defensores das reformas, e os liberais, que preconizaban cambios máis radicais.

“Las Cortes de Cádiz, sinala o historiador Pierre Vilar, resulta unha representación artificial; no hay verdaderas elecciones; abogados, intelectuales, negociantes, “americanos”, en su mayoria liberales, legislan en nombre de España. Pero sin ningún contacto, desde Cádiz sitiado, con el pueblo de las guerrillas. En las guerrillas actos sin ideas; en la Cortes, ideas sin actos (...). El liberalismo español no vacila en referirse a la tradición y respeta la fidelidad religiosa. Pero ataca al poder material eclesiástico, suprime la Inquisición, impulsa la desamortización de los bienes de la Iglesia. Políticamente la Constitución de 1812 transpone los principios franceses: soberania nacional, división de poderes, libertades fundamentales, cámara elegida por dos años por sufragio indirecto y que debe votar obligatoriamente los presupuestos, rey constitucional provisto del derecho de veto, organización uniforme de los municipios y provincias. Y sobre todo el 6 de agosto de 1811, las jurisdicciones de señorío son abolidas (...). Pura apariencia: la separación entre las Cortes y la nación tuvo sus consecuencias; la obra constitucional quedó ignorada. Pese a la reunión de las Cortes ordinarias, las muchedumbres se impresionaron sobre todo por la derrota francesa y el regreso del rey (...) las aclamaciones populares de Valencia y Madrid autorizaron a Fernando a anular por completo la obra gaditana en mayo de 1813. Y a confundir en la represión afrancesados y liberales patriotas. Fue este el fracaso no sólo de unos cuantos años, sino de todo un siglo (...). Por último, la guerra había comprometido los fundamentos económicos, y la reacción, los fundamentos jurídicos que hubiesen llevado a España al siglo económicamente capitalista y políticamente liberal”.

Esta longa cita historiador francés explica as luces e sombras do labor desenvolvido polas Cortes de Cádiz que proclaman unha Constitución novidosa que é considerada coma o primeiro código politico da liña constitucionalista europea contemporánea, pero que só moi serodiamente será asumida pola sociedade española coma referente da súa vida política.

Pero xunto a esta visión alongada da Constitución de Cádiz de 1812 tampouco podemos renunciar a reivindicar o labor daquelas Cortes que desmontaron enramado do Antigo Réxime e que, a pesares dos posteriores intentos absolutistas de Fernando VII, abriron un camiño irreversible consonte aos tempos. Foi un labor excepcional do que agora ceebramos o se bicentenario.

O Reino de Galicia está representado por vinteseis deputados que formaron parte das Cortes entre 1810 e 1813. Deputados como o avogado compostelán Benito Ramón Hermida Maldonado, que foi o primeiro presidente provisional do primeiro parlamento español e iberoamericano e que estivo especialmente activo nos debates sobre a abolición do tormento, a lei de señoríos e sobre a Inquisición; o avogado coruñés Antonio Payán, que participou en debates tan cruciais como o do proxecto de Constitución, Tribunais especiais, Honor e Agricultura; o ferrolán José Alonso López, liberal radical e autor de numerosos proxectos lexisativos; o betanceiro e oficial da Mariña, Luis Rodríguez del Monte de grande prestixio e que chegou ser presidente das Cortes ou o tudense Agustín Rodríguez Bahamonde.

A provincia de Tui estará representada xunto ao devandito Rodríguez Bahamonde e por Antonio Duran e Castro e Benito María Mosquera e Lira representa á cidade. Lembrar os seus nomes é un acto de xustiza pola súa participación neste intenso proceso político que culmina coa proclamación da Constitución de Cádiz o 19 de marzo de 1812.


DURAN DE CASTRO, Antonio


Natural de Tui, cursou latinidades no colexio do convento franciscano de Tui, co frade Álvaro Estévez, e primeiro de Filosofía, pasando de seguido á Universidade de Santiago, onde remata Filosofía e logo Leis. Avogado da Real Audiencia da Coruña e Alcalde maior e rexedor decano do Concello de Tui e das súas tierras, foi elixido deputado pola provincia de Tui polos seis electores o día 21 de febreiro de 1810 na cidade de Tui, dacordo coa Instrucción particular para as eleccions de diputados de Cortes polo reino de Galicia.


Outorgouselle o seu poder o mesmo día da súa elección que foi ratificada polas Cortes o día 20 de septiembre. Formou parte da comisión de “supresión de empleos públicos”, composta por catro deputados e creada na sesión do día 1 de abril de 1811, sendo substituido por Quiroga y Uría tres meses despois.

Pertenceu á comisión de prebendas eclesiásticas, compota por cinco deputados e creada na sesión do día 21 de maio. Votou a favor da liberdade de prensa na sesión de 19 de outubro de 1810. Concedéronlle catro meses de licencia para regresar a Tui por motivos de saúde. Non sabemos se regresó, pero o certo é que as Cortes non accederon a unha solicitud súa na que, atopándose en Santiago de Ribarteme, pedía que se lle excusara de presentarse ante elas. Voltou conseguir prórroga polo mesmo motivo o 30 de novembro de 1812 e, posteriormente, comunicou ás Cortes que se atopaba sumamente enfermo e, por conseguinte, ata que non se restablecera, no podería trasladarse a Cádiz


Sen ser liberal apoiaba as reformas, pois posuía xunto a abondosos coñecemento xurídicos a convicción da necesidade destas reformas.

 


MOSQUERA e LIRA, Benito María

 
Deputado por Galicia, pola cidade de Tui. Nalgunhas obras e documentos aparace o seu segundo apelido modificado como “Lera”. Caballero Maestrante e Rexedor da cidade, membro dunha familia fidalga da antiga provincia tudense, un irmá seu, Antonio Mosquera e Lira, foi un dos caudillos das Alarmas de Achas na Guerra da Independencia.


Elixido o día 6 de agosto de 1810 polos seis electores correspondentes no concello de Tui polo procedemento para as cidades con voto en Cortes, segundo a Instrución de 1º de xaneiro de 1810 e a Instrución particular para as eleccións de Deputados polo reino de Galicia. Entregóuselle o seu poder o mesmo día da súa elección, sendo aprobado pola comisión de Poderes, o 20 de setembro de 1810, xurando e tomando posesión o día 24.


Non tivo ningún tipo de participación activa, supoñendo que estaría en Galicia neste tempo. De carácter absolutista en correspondencia coa súa orixe como se reflicte ao votar en contra da liberdade de prensa. Con todo, foi un dos asinantes da Constitución. Despois, marchou a Tui, a restablecer a súa saúde. En Cádiz, aloxouse na rúa de Sacramento, núm. 160.


Deixaremos para un novo post a figura egrexia de Agustín Rodríguez Bahamonde un dos más destacados parlamentarios naquelas Cortes de Cádiz e persoeiro de grande significación para a historia tudense.

Parlamentarios tudenses nas Cortes de Cadiz (e II): Agustín Rodríguez Vaamonde

$
0
0


A celebración ao longo deste ano do Bicentenario da proclamación da Constitución de 1812 ten contribuído a recuperar a memoria deste importante acontecemento e dos parlamentarios que teñen participado na elaboración da primeira constitución liberal española.
Entre os parlamentarios que representan a Galicia destaca a activa participación do avogado tudense Agustín Rodríguez Bahamonde. Nace en Ponteareas sendo bautizado na súa parroquial o 10 de xuño de 1769, fillo de Don Agustín Rodríguez, cunhas orixes familiares en Valeixe, e de Dona Luisa Vaamonde, cuxos pais eran oriúndos de Santa María de Xermar (Cospeito – Lugo). Aínda que carecemos de noticias sobre a situación social da familia, esta debia ter recursos dabondo para enviar ao seu fillo a estudar tres anos de Filosofía no convento franciscano de San Antonio en Tui (1786-1788) e logo cursar Leis e Cánones na Universidade de Santiago de Compostela. Recibe o grao en Leis o 11 de xuño de 1791 “precedido para ello el riguroso examen, prevenido en Real Cédula del que salió aprobado némine discrepante”. De inmediato o recen licenciado comeza as súas prácticas no despacho de D. Pedro Fernández Vaamonde e Sanjurjo (¿será parente seu?), avogado da Real Audiencia do Reino de Galicia, con exercicio na ferigresia de Santa Cristina de Bugarín. Unhas prácticas que van do 15 de xuño de 1791 ao 18 de abril de 1795. Neste momento trasládase a Madrid para realizar, e superar, os exames establecidos para o exercicio da avogacía.
Posteriormente casa en Tui con Xoana Roca Portela, establecéndose xa na nosa cidade, daquela, capital provincial e centrando nela a súa actividade no ámbito xudicial e político. Segundo nos informa Manuel Fernández-Valdés (1958), en 1807 era xuíz maior real da cidade e xurisdicción tudense. Tras a ocupación francesa, en 1809, foi de novo xuíz e organizou “os servizos de defensa da provincia ata a constitución da Xunta de Armamento e Defensa da provincia tudense, da que foi secretario” e tivo un destacado protagonismo na organización do sitio da cidade fronteiriza. Consecuentemente foi electo, o 21 de febreiro de 1810, como representante da provincia tudense nas Cortes de Cádiz.
A súa actividade nas Cortes foi tan intensa que podemos asegurar que foi o deputado galego máis traballador, aínda que non gustaba de pronunciar longos discursos, quizais porque como recoñecía un cronista ‘fala a trompicóns como falamos os galegos’. En Cádiz residía no barrio de San Felipe, na rúa de Santa Inés, número 32.



Sinatura de Agustín Rodríguez Vaamonde



Tivo unha participación moi activa na vida parlamentaria, formando parte da comisión de once deputados encargada de elaborar un proxecto de arranxo e organización das provincias; integrouse tamén nas comisións de Exame de documentos e Reformas do Exército. Presentou na comisión de Constitución unha serie de proposicións relativas á unha nova demarcación dos correxementos en Galicia. Apostaba por unha Rexencia de cinco membros e amosase partidario da abolición das matrículas do mar, formando parte da comisión de Guerra.
Na sesión do 5 de febreiro de 1812 solicita o recoñecemento aos patriotas que loitaron en Tui fronte aos mariscais Ney y Soutl para a reconquista de Vigo, proposta que resulta aprobada.
Ideoloxicamente, Rodríguez Vaamonde era liberal pero moi moderado. As actuacións máis destacadas nas Cortes sempre tiveron que ver cos intereses ou a defensa de Galicia. Unha das súas primeiras propostas parlamentaria, que non pasou da tentativa, propuña a supresión dos vasalaxes e contribucións feudais, e estaba precedida dunha breve introducción onde aludía á dobre dirección da loita que o pobo español sostiña naqueles momentos: pola independencia e a liberdade. Independencia fronte ao estranxeiro pero liberdade tamén fronte as relacións feudais de dependencia verbo dos señores xurisdiccionais, cabidos, mosteiros e os seus administradores e apoderados (Hernández Moltaban, 1999)
Continua a súa actividade con novas propostas así o 1 de marzo de 1812 solicitou a suspensión dunha onerosa contribución porque entendía que Galicia xa non podía pagar máis. El foi quen solicitou constituir en Cádiz un batallón formado por residentes galegos (sesión do 18 de xullo de 1812). Foi quen na sesión de 13 de febreiro de 1813 presentou en representación da cidade de Vigo o cambio do símbolo representativo da cidade. Antes era unha cuncha,que facía referencia aos dereitos que o arcebispo de Compostela posuía sobre a cidade viguesa, e por iso se muda o símbolo e pasa a ser un ramo de oliveira. Na sesión do 14 de febreiro de 1813 denunciou o xefe político de Galicia, marqués de Camposagrado, por entender que se excedía nas súas funcións contra os veciños de Domaio e de Moaña, polo que o marqués foi destituido (Barreiro Fernández 2001).
A Agustin Rodríguez Vaamonde cábelle a honra de ser un dos asinantes da Constitución Española de 1812 e foi logo elixido, substuindo ao deputado canario Santiago Key y  Muñoz, como secretario das Cortes o 24 de xaneiro de 1813, testemuñándose o prestixio do que gozaba naquel parlamento. Remata o seu mandado o 24 de maio, sendo reemprazado polo deputado de Jaen, Juan Manuel Subrié Martínez. En Cádiz reside no barrio de San Felipe, calle de Santa Inés, n 32
A restauración absolutista supuxo o seu abandono temporal da vida política e padeceu persecución polos seus ideais de caracter liberal. O seu nome figura nun informe presentado por Caballero del Pozo en 1814, impreciso e con probas moi fracas, sobre un intento de golpe de Estado liberal que querería proclamar unha república e tentaba prolongar o período de sesións das Cortes Extraordinarias.
No trienio liberal (1820-1823) retornan ás Cortes os deputados liberais entre eles Agustín Rodríguez Vaamonde, agora como representante do reino de Galicia ao non existir distritos máis cativos. Tivo unha destacada actividade política nas Cortes de 1820, formando parte de numerosas comisións parlamentarias e promovendo múltiples iniciativas.
Formou parte das seguintes comisións: de poderes, do tribunal para xulgar aos deputados, de persecución de malfeitores, de infraccións á Constitución, da división provincial, da que promove unha lápida no Congreso ao xeneral Porlier, etc. Resaltar a súa defensa das capitais provinciais: A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra ou Tui, aínda que prefería unha quinta provincia para Santiago; ou o seu proxecto sobre a normativa legal para a navegación entre España e Portugal e o seu apoio á supresión dos señoríos eclesiásticos e civís. Agustín Rodríguez Vaamonde destacou especialmente no medio da mediocridade da representación galega nas Cortes de Cádiz e do Trienio (Barreiro Fernández, 2001)
Ao longo da década onminiosa (1823-1833) en que sofre de novo represalias pola súa posición política de caracter liberal, seguramente foi privado, cando menos, de calquera emprego público. Asi o seu fillo Florencio para facer fronte aos pagamentos da súa licencia universitaria nestes anos xustifica "por medio de varios certificados que seu pai era avogado pero debido a conflictos y trabajos estaba nunha moi mala situación económica ata a punto de que Florencio, di o correxidor de Tui, pode chamarse pobre desgraciado" (Barreiro Fernández, 2001). A situación familiar chega pois a unha situación dramática por mor da represión política que sofre polo réxime absolutista de Fernando VII.
En 1833 ao recuperarse o réxime liberal, tornan as circunstancias, e será nomeado “oidor” ou maxistrado da Real Audiencia de Galicia, na Coruña, da que chegará a ser decano e rexente interino. Algúns autores sinalan que xa ocupara un posto na Audiencia de Valladolid no último ano do trienio liberal, en 1823, sendo posteriormente cesado na conseguinte etapa absolutista.
Finalmente, nas eleccións de 2 de outubro de 1836 retorna ao parlamento Agustín Rodríguez Vaamonde, agora deputado pola provincia de Pontevedra; renunciando ao escano por enfermidade o 22 de novembro de 1836 culminando así unha intensa actividade política. Ao pouco tempo morre na cidade da Coruña sendo soterrado no cemiterio de San Amaro. Pero axiña os seus fillos, o tudense Florencio, do seu primeiro matrimonio coa tudense Xoana Roca, e logo Teófilo, da súa unión coa ribadavense Juana Portela continuarán, especialmente o primeiro, unha intensa carreira política.
Co gallo do bicentenario da proclamación da Constitución de 1812 lembramos a esta egrexia figura tudense que tivo un papel destacado na súa redacción e que traballou intensamente por establecer en España un réxime liberal que respostara aos novos tempos.


Bibliografía:
Barreiro Fernández, Xosé R.  Coord. (2001): Parlamentarios de Galicia. Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia e Real Academia Galega.
Fernández-Valdés Costas, Manuel (1958): “Familias antiguas de Tuy”. Pontevedra.
Hernández Moltanbán, Franciso J.(1999): La abolición de los señorios en España, 1811-1837. Universidad de Valencia.
Sánchez Bargiela, Rafael (20109: "Agustín Rodriguez Vaamonde" en Pregón, Concello de Pontereas.




Camilo Bargiela e Valle Inclán, por Valentín Paz Andrade

$
0
0
A figura de Camilo Bargiela xa foi abordada en Tudensia co gallo da edición do seu libro “Luciérnagas” que conta cun esplendido estudo introdutorio de Emilio Gavilanes que nos ofrecía, por vez primeira, unha achega á sua traxectoria vital e literaria e que posibilita que comezamos a coñecer a súa figura literaria integrada no que vimos en denominar “xeneración do 98”.
A estravagante vida de Bargiela nos seus anos de estadia en Madrid compartindo tertulias, vivencias e escritos cunha longa nómina de escritores que participaban da efervescencia literaria daqueles anos, é a principal referencia do escritor tudense.
Para sobrevivir naquel Madrid finisecular Bargiela realizou numerosos traballos de tradución de obras principalmente do francés, de adaptación de libretos para obras de teatro ou de vodevil..
De tal xeito que Azorin chega a escribir referíndose á actividade de Camilo Bargiela: “¿Existe concomitancia entre Galicia e Irlanda? ¿Es el humor galaico hermano del humor irlandés?".
Rememorar a figura deste escritor nado en Tui confiamos contribúa a recuperar a súa figura de grande interese literario.Con esta vontade achegamos agora un breve texto que dedica ao autor tudense Valentín Paz Andrade no seu libro “La anunciación de Valle-Inclán”. Paz Andrade é o escritor homenaxeado na celebración do Día das Letras Galegas deste ano 2012, pero a sua figura egrexia non é exclusivamente literaria, senón que esta actividade forma parte, como o seu labor empresarial ou xurídico, da súa tarefa a prol de Galicia e a súa identidade. 
Entre as múltiples obras de investigación que realiza Paz Andrade está esta obra sobre Ramón del Valle Inclán, cuxa primeira edición data de 1967 en Buenos Aires auspiciada polo mundo galeguista da emigración. No percorrido sobre a figura de Valle Inclán, Paz Andrade fala súa relación con Camilo Bargiela. Un personaxe que, de seguro coñecia ben, pois Paz Andrade levada a defensa como avogado do xornalista galego José Signo que fora demandado por escribor no periódico vigués "La Concordia" un artigo titulado "Cría cuervos..." no que afirmaba que Pérez Lugín tiña escrito "La Casa de la Troya" valéndose de notas, follas e capítulos esbozados por Camilo Bargiela. Esta acusación deu lugar a un longo proceso legal que culminou, moitos anos despois, a favor de Pérez Lugín.
A relación entre Bargiela e Valle non foi nunca fácil e mesmo o autor do esperento dedicoulle afiadas críticas ao tudense, ao que non lle daba categoria literaria. Así, segundo recolle Emilio Gavilanes, en "La cara de Dios", unha novela por entregado do Valle dos primeiros tempos figura un personaxe, un inspector de Policía, chamado Bargiela e alcumado "Bigotes", que Zamora Vicente nos ten ensinado que é unha bulra de Camilo Bargiela. Ambos coincidiran na súa estadia estudiantil en Compostela e colaboraron no semanario satírico "Cafe con gotas". Bargiela, pola súa banda, sempre considerou altamente a Valle-Inclán. 
Polo seu duplo interes reproducimos estas liñas de Paz-Andrade.

El testimonio de Bargiela

Valle-Inclán y Camilo Bargiela, compañeros de aulas en Compostela, se reencontraron años más tarde en Madrid. Frecuentaban la tertulia del Ateneo, donde don Ramón pontificaba. A veces, ironizando sobre el atuendo del tudense, según ha contado después Diego San José:
.... La mordacidad del autor de las Sonatas solía cebarse en su paisano, al cual le daba por presumir de elegante y conquistador usando como anzuelo su bien cortado “mack-ferland”, sus empinados bigotes y el bastón...
Pero bajo aquella aparente frivolidad, caricaturizada por Leal da Cámara y por Sancha, las cosas se tomaban en serio. Especialmente las del espíritu. Como si estuviera despertando en los hombres de pluma un sentido de responsabilidad muchos más activo y trascendente.
Sobre el tema escribió Camilo Bargiela en 1899 un curioso ensayo. Se titula “Modernistas y anticuados”. Lo incluye en las páginas finales de Luciérnagas, un librito que en el año 1900 se editó en Madrid.
Bargiela denuncia allí a la “literatura fofa y sin ideal” legada por la generación precedente. Algunos párrafos defienden el evangelio modernista, a cuyos adeptos reputa como “espíritus expansivos, abiertos a todas las corrientes científicas y artísticas”. Llega a afirmar que “en el fondo de las letras españolas se nota un espíritu marcadamente revolucionario, y nace esta tendencia sana y provechosa contra el estado de injusticia en nuestra vida social”. El aliento regeneracionista del 98 está operando ya.
Cuatro años antes de había publicado Femeninas. Dos años antes de Epitalamio. Sin mayor caudal de obra lograda, Bargiela coloca ya a Don Ramón en la vanguardia de aquel movimiento. Con Benavente y con Baroja. Y cuando se siente amenazado por la “pleamar de la vulgaridad”, temeroso de que las olas lo ahoguen en el aburrimiento clama:
En tales ocasiones, pido a Dios que mi antiguo condiscípulo Valle-Inclán nos cuente alguna de sus fantásticas aventuras con Tierra Caliente, actúe de piadoso Benavente o nos descubra algún genio Pío Baraja...
No se trata de una mención esporádica, que pudiera dictar la amistad. En otros párrafos enhebrados con el hilo de la misma idea, dice:
...¿Que no tiene valor la juventud actual? ¿Que es decadente? ¿Anodina? Compadezco la miopía intelectual de los que así opinan. ¿No significa nada Benavente, autor dramático de enjundia? Leed sus comedias y a través del diálogo nervioso y flexible veréis satirizada la burguesía con implacable crueldad.
.................................................................................................................
Y a continuación de Benavente, pueden citarse numerosos nombres: Valle-Inclán, descendiente artístico de Bocaccio o el Arentino, que con santo horror al elemento céltico de la lengua, declara la guerra a las preposiciones, y hace cuentos modelo de galanura y buen decir: Pío Baroja.
No hace falta nayor justificación para dar por admitido que el “primer puesto de la literatura del país” a que se refiere el presagio de Murguía se adjudicaba a Valle-Inclán, incluso desde antes de comenzar a producir las series fundamentales de su obra.

En: Paz-Andrade, Valentín: “La anunciación de Valle-Inclán”. Madrid, Akal, 1981. (corresponde con una edición ampliada de la primera edición publicada en Buenos Aires en 1967).


A lenda do túnel baixo o MIño

$
0
0

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar.
Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas tentaban separar e mesmo enfrontar. Resulta, neste mesmo sentido, esclarecedor que tamén nas terras de Valença, máis concretamente de Ganfei, existan tradicións orais e lendas que, con certas variantes, recollen o mesmo feito: a existencia dun túnel por baixo do Miño que comunicas ambas beiras do río.
Pero non é esta a única lenda que reafirma estas relacións. Poderíamos citar a de San Xián e os seus sete irmáns que corresponden con outras tantas advocacións das terras miñotas: Virxe da Peneda, do Faro, da Franquiera, San Oido, etc.  Ou a da Virxe do Camiño que as xentes de Rebordáns colocaban na súa Capela mirando ao Monte Aloia e que cada día aparecía vendo cara Portugal, ata que abriron unha porta para que Nosa Señora ollara aquelas terras alén do Miño.
Pero voltando á nosa primeira lenda,un pequeno texto sen asinar publicado no Boletín Informativo do CIT tudense, en marzo de 1963 recolle a tradición do túnel nos seguintes términos:

Realidad o fantasía?: El túnel entre Tuy y Valença do Minho
Viejas leyendas narran la existencia de un gran túnel que comunicaba el Claustro de la S. I. Catedral con las vetustas murallas, que bordeando la orilla del río Miño, ceñían las fuertes defensas de la calle de Abajo, comprendidas entre el baluarte “del Carballo” y la Puerta del Arco. Según otras versiones el mencionado pasadizo subterráneo alcanzaba el Monasterio de Ganfei ya en tierras portuguesas.
No hay forma de discrimnar en todo esto la parte que corresponde a la realidad y lo que producto de la fantasía de las gentes.
El reciente descubrimiento o redescubrimiento –al decir de ciertos “técnicos”- de una puerta subterránea localizada con motivo de las actuales obras de pavimentación que se están llevando a cabo en el Claustro, ha motivado un evidente interés para despejar esta incógnita, procediendo a la exploración de dicha comunicación secreta.
Lo que si está suficientemente claro es que uno de los trazados del pasillo conduce a través de una escalera de piedra de forma espiral hasta las almenas del Torreón del Palacio Episcopal., contiguo a la hermonsa galeria; pero, de momento, nada se puede aventurar sobre la dirección y longitud del tramo descendente, por encontrarse el suelo cubierto por numerosas piedras y abundantes tierras, procedentes quizás de las anteriores obras realizadas en el Claustro. (Este “túnel” é o actual acceso ao torreón de Soutomaior, no extremo sur do Claustro da Catedral tudense, que comeza nun nível inferior ao do Claustro, de aí á mención ao treito descendente)
El investigador D. Joaquín Fernández de la Granja en su obra “Recuerdos Históricos de Occidente” impresa en Vigo durante el año 1882, refiriéndose a tal pasadizo dice:
“Estas dos fortalezas de Tuy (Castellum Tyde) y Valença se comunicaban en los tiempos antiguos por un túnel que salvando el Miño las ponía en comunicación; habiéndo sido mandado explorar a principios de este siglo (XIX) por el dignísimo Obispo de Tuy, D. Juan García Benito, el cual se valió de doce hombres, quienes llevando otros tantos faroles bajaron hasta seis mil escaleras, no pudiendo continuar el reconocimiento por apagarse las luces repetidas veces debido a un aire frío y húmedo que circulaba”
Tambien en la ciudadela y en edificios anejos al Palacio, concretamente en la antigua Cárcel Vieja, existe otra sima de profundidad y dirección ignirada, provista de una escalera regular de bajada cuya terminación no se conoce. (Sobre este posible segundo “túnel”, lembro que haberá máis de vinte anos, cando se estaban realizando as obras de adaptación do actual edificio da Delegación de Facenda, un grupo de persoas entre as que se atopaban Ernesto Iglesias Almeida, o Plácido Méndez Cruces e quen asina este blog, puidemos comprobar estas escaleiras que baixan anexas ao muro que limita a zona da Catedral co edificio de Facenda e o Carcere Vello; tras descender pouco máis dunha ducía de peldaños o material de derrube alí depositado impedía continuar o acceso e conxeturar, por conseguinte, sobre a súa función ou cando menos a súa orientación).

Rematamos, este “post”, lembrando que tamén estas lendas conforman o noso patrimonio e que a súa conservación e transmisión forma parte da nosa propia identidade e memoria colectiva.




Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

$
0
0
Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario)
De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem;
sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas


Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares.
Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura de Ezequiel Ordoñez, deputado polo distrito tudense dende 1880 continuando, sen maiores problemas, o seu fillo Mariano dende 1903 ata a chegada da Dictadura de Primo de Rivera. Máis de 40 anos de control ordoñista da vida política do Baixo Miño!.
Neste panorama e nun contexto histórico cambiante verbo da política impulsada pola Restauración o societarismo, primeiro de obreiros pero de inmediato dos agricultores, xorde como a principal forza de oposición.. Así aparece en Tui en torno ao cambio de século a primeira organización obreira, concretamente en 1897 se crea unha Sociedade de resistencia que agrupaba aos carpinteiros, carpinteiros, albaneis e pintores da cidade diante da folga convocada no sector da construcción, e xa en 1900 fúndase a Federación Obreira Local de orientación socialista.  De inmediato arredor de 1901-1902 a primeira sociedade de labregos, a Sociedade de Agricultores de Guillarei, impulsada polo canteiro Ramón Castiñeira, o seu fundador e primeiro presidente, e como sueceda tamén con Marcelino Tajes e Manuel Afaya, tamén canteiros, e directivos nas sociedades agrarias de Areas e Randufe respectivamente. Como sinala Hervés “o seu exemplo espallaríase de contado polas parroquias veciñas: entre 1903 e 1905 outras trece entidades foron fundadas no municipio tudense e nos veciños Salceda de Caselas, O Porriño e Tomiño, que maioritariamente tomaron o título con evidentes resonancias socialistas de Sociedades de Obreiros Agrícolas (SOA). O primeiro de maio de 1904 remataban as xestións principiadas había cinco meses  para agrupar ás sociedades tudenses legalmente constituídas na Unión General Agrícola, con residencia na parroquia de Areas e manifestas pretensións de manter vencellos co obreirismo local”.
Así nas eleccións municipais de 1903 as forzas opositoras ao ordoñismo dominante logran 3 dos 8 postos en xogos: Ignacio Nogueira, da Cámara de Comercio; o avogado e redactor de La Integridad Emilio Sías, apoiado pola S.O,.A. de Pazos de Reis e o tendeiro Manuel Chaguen, primeiro presidente la S.O.A, de Randufe.
Vemos pois como dende os inicios do movemento agrarista Tui tivo un papel importante neste proceso, pois amáis de contar con sociedades de agricultores en todas as parroquias, e posue a capacidade de acoller en xullo de 1922 o Congreso Rexional Agrario no que acordouse fundar a Confederación Rexional de Agricultores Galegos baixo a presidencia de Basilio Álvarez. A este congreso asisten delegados de 133 entidades parroquiais, das Federacións Provinciais Agrarias de Pontevedra e Ourense e de 7 federacións locais, en representación entre todos de case 60.000 labregos.
Neste intre de forteza do movemento agrario a resposta ás accións xudiciais e gubernativas contra os labregos-foreiros morosos será moi efectiva. Pouco tempo despois é detida toda a directiva da sociedade de Ribadelouro, polo que comeza unha folga xeral en todo o sur de Galicia, que en Tui coincide – aquí abrimos o debate sobre a unidade de acción entre obreiros, agora xa dirixidos pola CNT que será o principal sindicato tudense ata a Guerra Civil,e os agrarios- cunha folga xeral ao longo do mes de novembro, que provoca detencións de destacados sindicalistas ou a clausura de locais.
Neste ambiente de tensión se chega ao 27 de novembro de 1922, no que o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo-Guillarei para lle embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros ao rendista tudense José Sarmiento, representante do ordoñismo e que mesmo fora Alcalde de Tui. Unhas dúas mil persoas acuden en solidaridade co embargado e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, de Guillarei, Joaquín Estévez, dirixente agrario de Budiño, e Venancio González, de Guillarei, morren e outras sete persoas resultaron feridas e moitas detidas.
A movilización que se produce en toda Galicia é moi importante, mesmo no Congreso do Deputados en Madrid abrese un debate por mor destes tráxicos sucesos. Estes acontecementos de Sobredo expresan un conflito social existente na nosa localidade. Pero esta folga significou tamén un aumento da represión sobre obreiros e labregos, se clausuran locais, a detención de moitos dos seus dirixentes, entre eles un dos protagonistas dos acontecementos que é desterrado: Severino Estevez, un emigrante de Guillarei forxado no sindicalismo portuario de Buenos Aires e de orientación anarquista que, tras o seu retorno, impulsará o movemento asociativo. Pero esta represión non logra rematar coa conflictividade no campo que non rematará ata a completa redención do foros, xa na Ditadura de Primo de Rivera.
Sirva esta longa introducción para contextualizar axeitadamente un moi inhteresante documento que ilustra esta conflictivdade social existentes nestes anos 1922 e 1923 nas nosas parroquias, en concreto na de Paramos. Tratase dun artigo publocado en “El Agrario: órgano oficial del Centro protección agrícola del distrito de Salceda”.
Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario»
posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados  agraristas.
No ano 1924 “El Agrario” publica un número extraordinario ao cumprirse o seu sétimo aniversario e que corresponde có número 85 da publicación no que se publica o seguinte artigo que polo seu interese reproducimos.


LA VOZ DEL CAMPESINO
La situación de los agricultores en Tuy


Aun cuando tenemos que volver a lo que tantas veces se ha dicho del problema caciquil en Galicia, hoy lo haremos con el mayor laconismo posible, dejando nuestro blanco al campesino que con toda la rudeza de su expresión lanza chispazos de odio contra los que a mansalva roban el pan cotidiano amasado con la penuria más indescriptible y a la vez preparada por los mismos que, a más de privar al campesino del elemento más necesario para hacer asi mejor llevadera la vida productora, están con las garras para apoderarse de las vidas, honras y productos del pobre labrador.
El tener que consignar hechos como los que describen nuestros campesinos nos causa repugancia y más nos horroriza aún el pensar que alli hemos nacido, teniendo en cuenta que aún en los países donde la gente se cubre con pieles no existen semejantes atropellos. Y para no entrar en calificativos que rebajarían mucho nuestra propia personalidad, damos la palabra nuestro informante:

“Les mandamos algunas referencias de las persecuciones de que somos objeto:
En noviembre de 1922 es detenido nuestro compañero presidente Hermenegildo Alem y lo tienen elegido 32 días. En el mes de diciembre del mismo año, son detenidos Peregrina Suárez, de 65 años, Josefa Pérez Muñiz y José Castiñeira González. Estos estuvieron ocho días detenidos y al preguntar las causas de esta detención, la guardia civil contestó que era porque “coaccionaban”. En Enero de 1923 son detenidos Manuel Besada Pérez, Paulino Rodríguez Muñoz y Cándido Muñoz Pérez por una cuestión que tuvieron hace más de 8 años. Estos sufrieron arresto de 10 días. En Abril del mismo año son detenidos José Rodríguez Gándara, Luis Núñez Ledo y Cándido Martínez Castiñeira. Estuvieron 21 días en la prisión. En el acto de las elecciones es detenido Benigo Alem Bernárdez. Este solo estuvo un día. En Mayo, un cazurro llamado José Castiñeira (a) “O Demo”, insulta a Benigna Estévez Pérez, Rosa Pérez Alonso y Brígida Bernardinez Marquez todas casadas. La primera con el marido en Norte América y la segunda id. en Buenos Aires. Y como estas no se dejaron burlar, previas instrucciones de otro cacique, fue a Tuy y dió parte de estas indefensas mujeres. Son detenidas y encarceladas por tres días. ¡Esto es la inquisición!
En Junio es detenido Hermenegildo Gandara Bernárdez, permaneciendo arrestado 43 días. El 12 de Agosto, con motivo de una riña que tuvo lugar en la fiesta de San Cayetano son detenidos 16 hombres y es hoy el día que siguen en la cárcel y la mayor parte ni estaban en dicha fiesta. “Esta es la injusticia más grande que se comete en España”.
El 20 de septiembre es detenido nuestro apreciable maestro D. José María Dios Busto, habiendo dado clase con anterioridad en Caleiro, en el partido de Cambados, y en el día del suceso de Paramos estaba en Cordeiro (La Estrada), su pueblo natal.
No obstante fué llevado a declarar a Tuy, quedando detenido 11 días. Cuando sus discípulos se presentaron al juez para solicitar su libertad, éste contestó que había que tener en cuenta que era enemigo político de Bugallal.
Hay que tener en cuenta este detalle: “¡un juez haciendo política y no justicia!”.
El día 6 de diciembre es detenido el presidente de esta sociedad de Paramos, Hermenegildo Alem y el secretario de la misma Manuel Alem. Los tienen detenidos y después los mandan, y es hoy el día que no se sabe porque fueron presos.
Por último, el 18 de Diciembre, clausuraron el local de nuestra sociedad, el de Baldranes y el de Caldelas, ignorando la causa de tal resolución.
Les adjuntamos las fotografías de los compañeros sobre quienes se ha desprendido con mayor intensidad la furia de los fracasados Bugallal, Ordoñez y toda la corte celestial.
Esto es sólo una parte de los que aquí ocurre y de como se trata de aniquilar a una parroquia que no se quiere humillar a este funesto caciquismo.




Agrarios da parroquia de Paramos detidos no cárcere de Tui
En pose para El Agrario - fotografia tomada no cárcere de Tui
De ezquerda a dereita (en pé), cidadáns Cándido Muñoz Pérez, Manuel Martínez Aros, Benigno Alem Bernárdez (por omisión do noso corresponsal ignoramos o nome de quen segue), José Pérez Besada, Evaristo Rodríguez Fernández, Benito Muñiz Pérez e José Pérez Alonso: (sentados) José Fernández Martínez, Rafael  Pérez González. Jesús Rivas,  Rafael G. Besada (fillo) procurador e avogado respectivamente dos procesados, Felicisimo del Barrio e Florencio Rodríguez González; última fila, José Rodríguez Gándara, José Muñiz Pérez, José Gándara Muñoz e Telmo Múñoz Pérez


Esta sociedad desea mucha prosperidad a los camaradas de América y se congratula de que en esas Américas haya hombres que piensen que nosotros y como nosotros, ya que muchos de los que hay por aquí merecían estar arrastrando cadenas en un presidio.”

El Presidente, Hermenegildo Alem
El Secretario, Benedicto Pérez
Paramos (Tuy), 21-1.1924.



Que el Directorio Militar haya arrebatado con todo el poder civil no es de extrañar en un país como España, donde los galones y cruces ostentados por fantoches encandilan a las masas populares.
Lo que si es de extrañar, es que los poderes judiciales se cruces de brazos ante numerosos expedientes judiciales. Y decimos numerosos expedientes dada la cantidad de labradores que son encarcelados en el distrito de Tuy. Creemos efectivamente que la labor de los jueces debe ser  muy ardua, máxime cuando están rodeados de abismos y en cualquier descuido, ya profesional como moral, se caía es inevitable.
La consecuencia de esta inercia, ¿quien la sufre?. El pobre labrador que por la sencilla razón de defender su pan y muchas veces su honor se ve enredado en las iras del cacique y con expedientes que si favorecen al campesino no tienen curso alguno. No sucede lo mismo cuando estos pesan sobre él, pues sin piedad se baja la espada de la justicia.
Con este último párrafo estamos en perfecta concordancia. Con lo único que no estamos de acuerdo es que a nuestros compañeros se les encarcele sin causa justificada, y los jueces se hagan solidarios de semejante ultraje a la justicia.

Por la liberación de la tierra gallega
Una víctima de la tragedia de Sobredo (Guillarey)

Venancio González Romero, que al sucumbir era Presidente del “Sindicato de obreros y agricultores de Budiño” (Salceda).

Respecto a los expedientes sería curioso buscar aquellos de la tragedia de Sobredo (si los hubo). Al publicar la fotografía del compañero Venancio González Romero, una de las víctimas de dicha tragedia, rendimos así un homenaje a los caídos de Guillarey.El compañero Venancio González Romero fue alcanzado por el plomo de Ordoñez en su puesto de honor, pues era presidente del “Sindicato de Obreros y Agricultores de Budiño” (Salceda).






Propulsores da "Sociedad Protectora del Labrador" de Entenza
De esquerda a dereita (en pé) cidadáns Antonio Silva, Benedicto Bernárdez, Remigio Bernárdez., Modesto Rodríguez e Ponciano Cabaleiro (en cículo); Alberto Estévez; (sentados) Rogelio Martínez, Jorge Corral e Angel Caballero




De Budiño (Salceda)










Ás voltas co Camiño de Santiago

$
0
0

Lemos estes días que a asociación “Iacobus Tui xunto con Espaço Jacobeus, organiza unha nova edición de Lugares do Camiño. Esta actividade, que se realiza coa colaboración do Concello de Tomiño e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, está incluída dentro das actividades a realizar para a recuperación e revitalización do Camiño Portugués do Norte a Santiago, que ven dende Barcelos e pasa por Cerveira e Tomiño e se une en Redondela ao Camiño”. De novo agroman en iniciativas, de seguro realizadas dende a mellor intención, que crean confusión sobre o tema dos camiños xacobeos.

Neste mesmo blogue escribimos vai para dous anos e medio, que segundo o Consello de Europa e a Lei de protección dos camiños de Santiago “reciben o nome de Camiño de Santiago todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente”, pois a historicidade dos roteiros é un elemento consubstancial á propia definición de Camiño de Santiago. Furtar esta condición histórica é unha irresponsabilidade, e ata agora carecemos de datos documentais verificados que acrediten neste roteiro esta realidade nos séculos pasados. Xa hai anos que a “Asociación de Amigos de los Pazos” estivera pulando por este “camiño” que dende Cerveira e Goián achegábase as terras de Tomiño -por Hospital e Tebra- Gondomar e Vigo ata enlazar en Redondela co camiño portugués. Unha iniciativa que logo abandonaron para crear o chamado “Camiño da costa”. E xa daquela tampouco houbo documentos que testemuñasen a presenza histórica de peregrinos.

Por tanto, reiteramos o que diciamos neste blogue en decembro de 2009, resulta imprescindible conservar e promover as rutas históricas de peregrinación a Compostela, favorecendo o paso dos peregrinos contemporáneos sobre os vellos roteiros medievais, que deste xeito reviven. Pero unha cousa é revitalizar estas antergas rutas e outra moi distinta é “inventar” novos camiños que carecen de referencias documentais precisas, de datos históricos que avalen o paso secular e regular de peregrinos por eses lugares. Deste xeito estamos traicionando o espírito do Camiño, estamos esmagando a súa veracidade histórica.

Diciamos estas consideracións sobre o chamado “camiño portugués da costa” e o seu tantas veces anunciado recoñecemento oficial, que, por certo, nunca chegou. E a realidade logo de todo apoio oficial -tanto dos concellos implicados como da Xunta de Galicia- é que no pasado ano 2011 segundo a información oficial da Oficina de Atención aos peregrinos da Arquidiocese de Compostela iniciaron o camiño na Guarda 28 persoas e en Vigo 161, namentres que nos outros concellos implicados non comezou ninguén. Un total de 189 peregrinos, namentres que só en Tui comezaron 7.720 ou en Valença 2.815.

Agora os amigos de Iacobus Tui e Espaço Jacobeus teñen a ocorrencia de “recuperar e revitalizar” unha ruta de peregrinación que, repito, carece de calquera referencia documental que avale a súa existencia en tempos medievais como ruta de peregrinación. Cómpre non confundir os camiños medievais cos camiños xacobeos, son dúas realidades parellas pero non equivalentes. Recuperar estes vellos camiños é absolutamente imprescindible para coñecer como se organizada ese territorio nos tempos pasados, pero non é prudente confundírmonos os términos ligando estes vieiros ao fenómeno da peregrinación.

Pero é de xustiza recoñecer o importante esforzo que ambas asociacións están realizando arredor da peregrinación xacobea, por manter o seu espírito, por revitalizar o seu aspecto relixioso consubstancial aos peregrinos. Nese aspecto parabéns. Pois o que asistimos nas últimas décadas é a unha transformación do fenómeno xacobeo, convertido agora, para moitos, nun fenómeno de turismo.. Existe un difícil equilibrio que necesitamos manter. O Camiño de Santiago é un patrimonio cultural recoñecido en diversos ámbitos pero o que converte a este Camiño nun patrimonio vivo é a existencia de peregrinos; estes camiñantes cara a Santiago dánlle vitalidade e actualidade a este itinerario, en consecuencia é imprescindible coidar aos peregrinos para que exista un turismo cultural arredor deste fenómeno patrimonial, pero sen que este tipo de turismo afogue ou solape completamente á peregrinación que está indisociablemente vencellada á fe, á devoción, á relixiosidade, á procura interior. En consecuencia, paga a pena investir na acollida e no apoio aos peregrinos porque son eles os que promoven o turismo, sen ser eles mesmo turistas; pois os propios peregrinos son o patrimonio vivo.

Non me resisto a reiterar unha longa cita do profesor Xose Luis Barreiro Rivas publicada hai un par de anos na revista Grial que introduce un importante elemento de debate sobre o que reflexionar neste longa década en que estamos á espera dun novo Ano Santo Compostelán: "Compre lembrar tamén que as motivacións que tiveron os peregrinos para faceren o camiño foron sempre plurais e, na maior parte dos casos, compatibles entre si (...) O único que non cabe é desnaturalizar a peregrinación nin o seu destino, e no canto de manter as raíces históricas e culturais dun feito nacido ao abeiro da formación da cultura occidental –que era tamén unha cultura cristiá-, instaurar no seu lugar unha panoplia de ocorrencias que, abeiradas ao éxito secular do Camiño, van facendo esquecer que a autenticidade da peregrinación a Compostela –o que lle dá singularidade e pervivencia secular- é un feito relixioso que non pode nin debe ser adaptado ás esixencias dun turismo masificado que depreda ou destrúe os símbolos e virtudes do Camiño (...) Porque iso equivalería, incluso para os que cren na andrómena do PIB milagroso, a matar á galiña dos ovos de ouro ou, dito en termos máis solemnes, a collermos unha grandiosa herdanza da historia dos nosos pais, para transmitírllela aos nosos fillos convertida nunha confusa feira de bixutería e autobús".


Ultreia!

Francisco Sánchez "desahuciado"

$
0
0


Unha das figuras máis salientable que teñen nado na nosa cidade ao longo dos tempos é o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A recente edición das súas obras na chamada “Biblioteca dixital Francisco Sánchez” póla Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui é a mais recente testemuña da transcendencia que este tudense nado en 1551 posúe para a historia do pensamento moderno, realizando unha achega filosófica que logo de cinco séculos segue suscitando interese e admiración. Francisco Sánchez “O escéptico” ou “O tudense” está na orixe da filosofía moderna da que aínda hoxe tomamos os seus prantexamentos.
Certamente ata principios do pasado século (1907) era descoñecido o berce tudense do “Esceptico” o descubrimento polo investigadro francés H.P. Cazac do seu manunscrito de inscrición da Universidade de Toulouse, onde foi profesor, de ““Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis”. Alonxou todas as dúbidas sobre o seu lugar de nacemento anulando as teses que pretendían a súa nacionalidade lusitana. Salientar o traballo de investigación desenvolvido polo médico e humanista tudense, Darío Álvarez Blázquez, que lle dedicou a Francisco Sánchez a súa tese de doutoramento.  Posteriores descubrimentos do cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, sobre a presenza do seu pai, Antonio Sánchez, como medico do Cabido tudense en 1558 consolidan a infancia tudense de Francisco Sánchez.
Foi a súa ascendencia xudía a que está na orixe da marcha da súa familia pola presión inquisitorial en Galicia e en Portugal cara a cidade francesa de Burdeos onde no prestixioso colexio da Guyenne comezou a súa formación. A súa principal obra filosófica foi De multum nobile et prima universali scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal saber. Que nada se sabe) que saíu do prelo en Lyon no ano 1581 e supón unha aportación de grande trascendencia á historia da filosofía.
Sirva este longo “proemio” para amosar o meu asombro –por non empregar outros términos- ante o anuncio, que publica onte o Diario Oficial de Galicia, polo que, seguindo o acordo do seu consello escolar, o Instituto de Educación Secundaria “Francisco Sánchez”, que levaba o seu nome dende hai varias décadas cabéndolle á honra de ser dos primeiros en reivindicar publicamente esta figura tudense, pasa a chamarse IES “Indalecio Pérez Tizón” en lembranza e homenaxe a quen foi o seu director nos últimos anos. Francisco Sánchez, docente ao longo da toda a súa vida, é privado así do único recoñecemento público que posuía na sua cidade
Temos así que dende onte o máis importante tudense da nosa historia volta ser “expulsado” da nosa casa, borrada a súa memoria e a súa lembranza da súa terra natal. Volta ser como un “desahuciado”, sen casa, sen rúa, sen lembranza, sen instituto... Quen logo de décadas de expulsado das terras miñotas seguía reivindicando a súa memoria e o seu berce –reclamándose tudense- non é merecente de ficar, logo de tantos séculos, sen un testemuño dos cidadáns de Tui cara a súa egrexia personalidade. É unha inxustiza que cómpre reparar axiña. Francisco Sánchez, a súa memoria, reclama que os tudenses lle dediquen unha rúa e unha estatua, que nos sintamos orgullosos de ser a patria dun dos máis senlleiros filósofos da Europa Moderna.
Para quen quera achegarse a súa figura e traxectoria neste mesmo blog hai varios “post” dedicados a Sánchez ou pode acceder á súa biblioteca virtual en http://www.larramendi.es/francisco_sanchez/i18n/micrositios/inicio.cmd




A casa dos Maceira

$
0
0

Na pasada semana o Concello de Tui procedeu, tras a pertinente autorizacion xudicial, á limpeza dunha propiedade sita no barrio do Arrabal da nosa cidade. Trátase dun amplo edificio que foi a residencia dunha importante familia tudense do século XIX: os Maceira. Neste casa naceu o que logo chegou a bispo de Tui, Telmo Maceira Pazos, polo que esa rúa aínda hoxe leva o seu nome: Rúa do Bispo Maceira.
Na súa residencia esta familia deixou mostra da sua capacidade económica e social. Agora convertida nunha ruina rememorar estas páxinas da historia local outorgalle a esta propiedade un valor engadido que cómpre resaltar.
Como sempre a ampla sabiduria sobre a historia tudense de Manuel Fernández-Valdés nos informa amplamente sobre esta linaxe no seu libro “Familias antiguas de Tuy”, a quen seguimos, con algunhas correccións ou achegando novos datos ao respecto.
Destacaremos só duas das principais figuras desta familia tudense. En primeiro lugar Telmo Maceira Pazos, que amais de ocupar a cátedra episcopal será senador por Pontevedra en 1843 e senador vitalicio no ano 1850. Telmo Maceira nacera en Tui o 12 de febreiro de 1798, fillo dunha familia de fidalgos enriquecidos. Tras estudiar Humanidades cos franciscanos tudenses, Filosofia cos benedictinos de Poio e de novo en Tui dous anos de Teoloxía, incorporouse á Universidade de Santiago acadando o doutoramento en Teoloxia e o bacherelato en Dereito Canónico (titulos que tivo de revalidar en 1827 ao considerar Fernando VII que as titulacións obtidas no Trienio Constitucional carecían de valor).
Foi ordenando sacerdote en 1823 e nomeado párroco de Vide, sendo tamén Maxistral da Colexiata de Padrón. Pero axiña gañou, en 1828, a canonxia de Maxistral na Catedral tudense e nomeado logo Deán do Cabido en 1851. Foi tamén, en 1846, o primeiro director do Instituto de Segunda Enseñanza de Tui, creado naquel ano e que durou ata a fundación do Seminario diocesano en 1850.
Designado bispo de Coria non chegou a tomar posesión pois entre tanto foi nomeado bispo de Mondoñedo (1852) e finalmente bispo de Tui, en 1855, a pesar de certa oposición polo que significaba de fortalecemento do poder familiar. Foi senador, posuía  a Cruz de Carlos III e a condición de predicador da Súa Maxestade. Morreu en Tui o 9 de agosto de 1864. Do seu episcopado salientan as obras de reforma no Seminario ou no Pazo Episcopal, a construcción da Capela de Frinxo e salienta especialmente a doazón da súa ampla biblioteca persoal ao Seminario coa condición de que tivese a condición de pública e, finalmente, financiou do seu peto a construción, na rúa Sanz, dun edificio que logo cedería ao Concello para Escola (onde hoxe está a Casa da Xuventude).
No proceso electoral do ano 1853 aparece como deputado polo noso distrito o seu sobriño Manuel García Maceira, nado en Tui o 21 de decembro de 1816. Foi Colexial de Fonseca en Compostela, doctorándose en Teoloxía na Universidade de Salamanca, onde o seu irmá Lucas era Catedrático de Dereito. Manuel García Maceira acadou asemade as catédras de lingua hebrea nas Universidades de Salamanca e Madrid, foi correspondente da Real Academia da Historia en Tui, doándolle a aquela institución en 1860 diversas moedas antigas procedentes da nosa bisbarra. 
Tivo de retornar á nosa cidade para facerse cargo das industrias familiares, que dirixia o seu tio Juan García Maceira, especialmente a sociedade “Andrés Maceira Hermanos”, que abranguía numerosos negocios: cambio e bolsa, fábricas de aserrar madeira, de curtidos, de lencería, transporte de vapores polo río, obras públicas, etc. Mantivo unha grande amistade con Antonio Cánovas del Castillo, que en 1884 pernoctou no seu domicilio no Arrabal cando voltaba de tomar as augas en Mondariz, e co seu paisano Frei Rosendo Salvado. A familia Maceira tiña unha inmensa fortuna e controlaba o poder social e político na bisbarra, consolidándose o mesmo tras o nomeamento de Telmo Maceira como bispo tudense en 1855. 
Manuel García Maceira oi deputado polo distrito de Tui no 1853, retornando ao Congreso tras o Bienio Progresista en 1857 e 1858, pero neste útimo comicio enfrontase ao que fora ministro de Gracia e Xustiza, José María Fernández de la Hoz Gómez, natural de Madrid e sen relación con Tui. Foi derrotado por este politico “cuneiro” aínda que as eleccións foron anuladas polas mútiples irregularidades realizadas por ambos candidatos.
Diversos autores, como Manuel Fernández-Valdés, sinalan a outros membros desta familia como deputados: Juan Gregorio Maceira Pazos e o seu sobriño Lucas García Maceira, ainda que na documentación do Congreso dos Deputados non existe constancia da súa elección ás Cortes Españolas.
Con Rosendo Salvado proxectara realizar en Tui un Seminario ou Noviciado de misioneiros benedictinos para Australia, que foi finalmente establecido na abadía de Montserrat, aínda que xa Garcia Marceira tiña adquirido numerosas propiedades no barrio das Cháns en Randufe.
Asi pois a positiva intervención municipal deixa ao descoberto esta importante edificación que nos rescata do esquecemento estas páxinas da historia local protagonizadas pola familia Maceira que tiñan nesta casa o seu solar.

Os altares de San Xoán

$
0
0


A festa de san Xoán é unha das festividades cíclicas que reúne ao seu arredor numerosas manifestacións da cultura popular. Tamén nas terras tudenses esta festividade goza dunha alongada tradición, o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés, un dos escasos estudosos da nosa cultura popular, escrebe ao respectop no ano 1961:
El llamado ciclo “san juanero” comprende el período que media antre San Juan y San Pedri; des el solsticio de verano, cuando el sol slcanza su mayor elevación sobre el horizonte,
Los pueblos primitivos celebraban con diversas ceremonias eswte triunfo del sol. Elementos tan opuestos como el agua y el fuegio se conjugan en este rito. Era, sin duda, una fiesta de prurificación, porque lo mismo el agua que el fuego, en todas las religiones y mitologias, son elementos purificadores.
En Tuy se practican abluciones en el Miño, al filo de las doce de la noche. Rondas de mozos y mozas corren a beber el agua de las nueve fuentes. Otros, para evitar enfermedades cutáneas, especialmentela sarna, se lavan en agua que lleva en infusión diversas hierbas aromáticas.
Las hogueras de San Juan –“cachelas”-congregan a jóvenes y viejos a su alrededor; se canta, se baloila y se salta sobre las llamas.
La noche de San Juan era noche de gamberrismo; se arrastraban los bancos de la Corredera al Campo de la Feria, se arrancaban y cambiaban klas muestras de los comercios y aquellos almacenistas que dejaban pipas o bidones en la vía pública, a veces tenían que ir tras ellos hasta el río.
En honor a San Juan se hacían grandes altares en las calles, en las que los niños con bandejas, pedían a los transeúntes “Alumbrar a San Juan Bautista”.
Na actualidade boa parte destas antergas tradicións  do San Xoán se manteñan, en maior o menor medida, entre nós: lavarse na mañancina coa auga de san Xoán co arrecendo das herbas aromáticas que ao longo da noite ficaron ao repouso, as fogueiras –agora unidas ás sardiñas- ou o “roubo” de carros, portas, portalóns... que son transportados a outros lugares, nomeadamente espazos públicos... seguen existindo na actualidade, con maior o menor forza e popularidade.
Pero querería hoxe lembrar unha vella tradición desaparecida por completo dende hai anos, da que fomos testemuña directa pois posiblemente a miña xeneración foi a última en eleborar os altares de San Xoán. A tradición mandaba que na mañá do San Xoán, logo de lavarse a cara coa auga de herbas aromáticas –que os rapaces tiñan recollido por campos e xardíns veciños- nos portais das casas os nenos montabamos uns pequenos altares decorados con sabas ou colchas, ramos, flores e especialmente estampas de santos, os “altares de San Xoán”. O altar estaba composto por varios escalos e a imaxe ou estampa de Sa Xoán ocupaba o lugar máis preeminente acompañada dun amplo abano de santos e virxes, segundo as estampas que había na casa. Logo os rapaces nos dedicabamos a pedirlle a todo aquel transeúnte que pasara por diante una esmoliña para San Xoán, un auténtico aguinaldo a costa de familiares e veciños.
Unha tradición tamén repetida no remate do “ciclo sanjuanero”, na festividade de San Pedro, como recolle a imaxe de Ruth Matilda Anderson de 1925 que acompaña a este post.
Aínda na actualidade se conserva esta tradición en numerosos lugares da Península, salientando lugares como Palencia ou Sigüenza e, especialmente Funchal (Madeira) onde estes altares son un atractivo turístico nas festas de San Xoán naquela illa atlántica.

Os inicios da Banda de Música de Tui (I)

$
0
0
Banda de Música de Tui, 1919  Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui

A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses.
Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870.
En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionados, y con el fin de evitar los cuantiosos gastos que demanda, buscándola fuera del distrito para las funciones que están a cargo de la municipalidad, por unanimidad se acordó aceptar en principio la creación de una banda municipal, comisionándose a los señores Presidente, Martínez, Curty y Perez-Cividanes para estudiar y proponer las bases sobre que aquella ha de girar”.
Como o tema resultaba apremiante na sesión do 13 de maio o Alcalde presenta unha proposta para consignar no “presupuesto próximo la cantidad de 1500 pesetas para la adquisición de instrumentos, que sin perder el carácter de propiedad del Municipio podrían entregarse a jóvenes que se someterían a un director al efecto nombrado, dotando este con la módica retribución de una peseta diaria con lo cual además de  la economía que el Ayuntamiento obtendría se consigue dar educación a los niños de Beneficiencia y otros de clases menesterosas de la población”. Os concelleiros aceptan a proposta presidencial e designan unha comisión integrada polos señores Morais e Pérez Cividanes para a redacción do regulamento da banda de música municipal. Bases presentadas ao Pleno do 15 de xuño onde se someten a información dos concelleiros.
A aprobación definitiva chegará o 29 de xuño de 1880, cunha única modificación “de que el importe de los instrumentos que se entreguen ha de descontarse por los interesados por cuenta de los productos de las funciones a cuyo efecto éstos serán depositados en poder de la Comisión, quien hará trimestralmente la liquidación, distribución y deduciones de acuerdo con el director”. As importantes dificultades económicas que padecía o Concello tudense por aqueles anos pasan factura nas decisións dos responsables municipais.
 “En seguida se procedió al nombramiento de la persona que ha desempeñar este cargo (dirección) y por unanimidad fue elegido D. Severiano Castillo de esta ciudad”. Contrato que demorou algún tempo en formalizarse, pois na sesión plenaria do 22 de setembro se urxe a súa contratación.
O señor Castillo xa debia realizar funcións similares noutras agrupacións musicais pois na sesión plenaria do 15 de agosto, apróbase o pago de “sesenta pesetas a Severiano Castillo por la orquesta con que fue obsequiado a su llegada el Senador Sr. Cuenca”, don Lourenzo quen tanto traballou pola construcción da ponte internacional e que dalle nome oficial á popular “Rúa de Abaixo”.


Publicado parcialmente en “Faro de Vigo”  13 de outubro de 2006

Os inicios da banda de música de Tui (e II)

$
0
0
Banda de música de Tui, 1931
Foto Bugarín - Museo Diocesano de Tui


Teremos que agardar ata inicios do 1881 para que se proceda á adquisición do instrumental da banda de música municipal, e asía na sesión plenaria do 5 de abril se informa que o Alcalde, Padín, xunto ao Concelleiro Perez Cividanes, o director e un músico adquiriron na cidade de Vigo no almacen de D. Andres Gaos (outro insigne músico galego) o seguinte instrumental:

Número de los instru
mentos
Sus nombre y precios por unidad
Total
Reales
Des-
cuento
reales
Líquido
Reales
2
Trombas a 280 reales una..
560
34
526
3
Bastabas a 600 id.  Id….
1.800
108
1.692
7
Clarinetes ébano a 300 id id
2.100
126
1.974
1
 Requinto id.
300
18
282
6
Cornetines a 240 reales uno
1.440
86
1.354
2
Fliscronos a 200 id  id
400
24
376
4
Trombones a 300 id  id
1.300
72
1.128
2
Bombardinos á 360 id id
720
44
676
1
Par palillos
340
21
319
2
Sax-trombas á 275 id   id
550
30
520
8
Limpiadores clarinete á 3 id
24
24
18
Cañas clarinete á 1,50 id id
27
27
6
Idem requinto a 1,50 id id
9
9


9.410
563
8.907

O prezo final superaba o orzamento previsto e o Pleno acorda “que se haga figurar el resto en el adicconal próximo”, ainda que a documentación conservada acredita as numerosas reclamacións de Andrés Gaos ao Alcalde en relación ao pago deste instrumental.
Forman parte desta primeira agrupación municipal baixo a dirección de Severiano Castillo os seguintes músicos:
Tiburcio Rodríguez (requinto); Casto Rey (flautín); Adolfo Novás. Rosendo Bugarín, Francisco Barreira, Manuel Barbosa, Telmo Bugarín, Severo Areal, Bleodoro Barreira (clarinetes); Crisanto Castillo e Evaristo Martínez (fliscorno); Antonio Castillo, José Muñoz, Germán Castillo, Genaro Rey, Serafín Rey e Arcadio Rey (cornetín); Melchor Rey e Elías Barreira (trompa); Telmo Barrio, Telmo Méndez, Saturnino Gil e Constantino Fernández (trombón); Enrique e Evaristo González Morais (bombardino); Juan Ocampo, Carlos Casal e Balbino González (baixo); José Álvarez (bombo); Cándido Dorado e Camilo Rey (caixa) e Teofilo Lara (platilleiro).

No xa comentado informe da Comisión municipal existen outras interesantes noticias sobre a agrupación musical. Ésta tiña a obriga de asistir gratuitamente as funcións promovidas polo Concello en “Viernes Santo, Impedidos, Corpus y su octava y San Telmo”. Ao longo do primeiro ano o director, para poñer en marcha a banda, recibía dos orzamentos muncipais unha gratificación mensual de 100 reais y nos tres anos seguintes o 25% dos ingresos polas funcións, do que outro 15% era para “piezas de música, alumbrado, efectos y demás material” e o 60% restante respartíase entre os integrantes da banda.

As dificultades de funcionamento deben ser importantes pois no ano 1886 prócedese a unha reorganización da banda. No arquivo municipal de Tui consérvase un pequeño balance de ingresos e gastos correspondente ao primeiro trimestre do ano 1888 que nos informa sobre a actividade da nosa banda de música. Así neses meses realizaron as seguintes actuacións: “una serenata a D. Juan Francisco Pimentel, por otra al Iltmo. Sr. Obispo con motivo de la festividad de Reyes”. Na mesma xornada realizaron senllas serenatas a D. Juan Areses e ao Sr. Xuiz do Partido. Outras actuación foron co gallo das festividades da S. S. León XIII, ao Reitor do Seminario Conciliar, D. Miguel Vallejo, ou as procesións do Santo Enterro, do Encontro, do Sto. Viático ou “las dianas de San Telmo y jura de bandera”. Acadan os ingresos 1480 reas, namentres que os gastos (velas para as serenatas, arranxos de instrumental, etc.) chegan a 42 reais, ficando 1438 reais que son repartidos entre os músicos: 100 reais para o director Severiano Castillo e dende os 70 reais que cobra o “clarinete” Adolfo Novás aos 12 reais que reciben os educandos Ezequiel Alban e Donato Romero.
No ano 1890 o Concello de Tui, presidido daquel por Rafael María Rubial, procede á dotación de traxes aos membros da Banda de música municipal, sacando a pública subasta este subministro. Os 40 uniformes estaban compostos de “guerrera, pantalón, ros y gorra (…) el paño ha de ser edredón negro punto azul: la guerrera con tres hileras de botones de siete cada una en el pecho y cordones negros de lana en el mismo y en los hombros con botones. Cuello azul celeste y filetes en la manga, del mismo color, así como la franja proporcionada en el pantalón (…) el ros ha de ser como el de la tropa de ocho centímetros de alto y vivo azul y la escarpela también azul con fondo blanco y al frente el escudo de armas del pueblo, han de llevar además un plumero o llorón azul o blanco (…) toda la botonadura será proporcionada y blanca con lira en el centro y el cuello de la guerrera dos liras”. Realizada a correspondente subasta foi adxudicada ao tudense Tiburcio Rodríguez pola cantidade de 2.500 pesetas.
A documentación conservada ofrece a posibilidade de coñecer as pezas que a nosa banda de música interpretou nas festas de San Telmo do ano 1896, pois foron mercadas no establecemento vigués de Felipe Paz as seguintes partituras: “Clavel, vals”, “Reina de las flores, mazurka”, “Marica de todos, muiñeira”, “Aurora, diana”, “Olé salero, jota”, “Viva la libertad, americana” e “¡¡Flores del cielo!!, tanda de valses”.


Publicado parciialmente en “Faro de Vigo, 8 de decembro de 2006


A procesión fluvial do Carme en Tui

$
0
0

Celebrouse hoxe na nosa cidade a tradicional festividade de Nosa Señora do Carme, patroa da Armada e dos mariños e mariñeiros, que culmina coa procesión fluvial que anualmente percorre as augas do río Miño. Un cortexo procesional por un cauce fluvial que non ten moitos paralelos en Galicia
A presenza dun buque da Armada Española na nosa cidade data de arredor do ano 1868 cando se formaliza oficialmente o Tratado de Límites entre España e Portugal. Ata o ano 1899 esta misión de vixianza e policía estivo a cargo da canoneira “Segura”, ano en que foi substituído pola nova canoneira “Perla” ata 1928 en que chegou a lancha “Cabo Fradera” que foi reemplazada por un novo buque en 1963 e que aínda continúa na actualidade.
Pero, en resposta a unha consulta efectuada esta mesma tarde, descoñecemos cando comezou a realizar esta procesión fluvial e aínda que na miña memoria sempre está asociada á presenza da imaxe de Nosa Señora na patrulleira militar, non sempre foi asi.
No breve artigo do cronista tudense, D. Manuel Fernández Valdés, do ano 1961 comprobamos que ata aquela a imaxe de Nosa Señora do Carme era transportada  nunha barcaza, das que se dedicaban ao transporte fluvial. Por tanto a incorporación da lancha da Armada ao cortexo procesional é posterior a aquela data, poucos anos despois en paralelo coa desaparición definitiva daquelas barcazas do noso río.

FIESTAS DEL CARMEN

Tuy es una ciudad de prosapia marinera por su caudaloso rio navegable hasta Caldelas y por ser fondadero desde tiempo inmemorial de un guardapescas de nuestra Armada de Guerra.
El día de la patrona –Nuestra Señora del Carmen- se celebró siempre con gran solemnidad: músicas, fuego volador y acuático, regatas internacionales, bailes populares y por la tarde la solemne procesión fluvial.
Va la Virgen sobre un trono y bajo un dosel en una barcaza de gran tonelaje, impulsada por un remolcador; en la misma barca van clero, autoridades y música. Numerosas embarcaciones menores engalanadas dan escolta a la Madre de Dios.
Todo el pueblo de Valença do Minho se asoma a las murallas para presenciar el pintoresco desfile. En el Puente Internacional se vuelcan sobre la imagen verdaderas cascadas de flores.
Aquí dan vuelta las embarcaciones y regresa la procesión hasta el muelle de Tuy. este regreso, ya de noche, permite todo el lucimiento del maravilloso fuego acuático que atrae a todos los vecinos de las dos orillas y a muchos forasteros. En tierra de organiza la procesión y la Virgen del Carmen, con su escolta de devotos es conducida a la Iglesia de Santo Domingo.
Después del copioso rancho extraordinario a la marinería, comienza el baile en el prado a la orilla del Miño y al terminar la fiesta se retiran mozos y mozas en grupos cantando las coplas que se renuevan todos los años, pero nunca faltan la que dedican nuestras menegildas a los marineros:
            “La cañonera de Tuy
            todo lo tiene bueno,
            buenos palos, buenos remos,  
            buenos chicos marineros”


Manuel Fernández-Valdés
Boletin del CIT de Tui, julio 1961.

A historia dun piloto tudense da Escuadrilla Azul : Alfonso Ruibal Sabio

$
0
0


A biografía das persoas é sempre un relato cheo de interese, ata a máis anónima ou anódina, contén no percorrer do tempo elementos que, co paso dos anos, suscitan, cando menos, a nosa curiosidade. Achegamos hoxe unha pequena semblanza dun tudense, cuxa desaparición no decurso da II Guerra Mundial en Rusia ten suscitado numerosas especulacións, polo que podemos falar da lenda de Alfonso Ruibal Sabio.

Alfonso fora nado en Tui o 24 de xaneiro de 1915 membro dunha familia de alongada traxectoria na nosa cidade. Fillo de Rafael Ruibal e Ángela Sabio y David, sendo o cuarto de cinco irmáns. Con 21 anos ao producirse a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, evidenciando as súas inclinacións políticas, se presenta na Escola de Tiro Naval de Marín coma voluntario e pasa a integrarse na dotación do cruceiro “Baleares”, onde embarca no Ferrol o 1 de decembro.

Como tripulante deste cruceiro participa na toma de Málaga o 18 de xuño de 1937 e posteriormente se incorpora no aeródromo de Tablada (Sevilla) para formarse como piloto. Na Guerra Civil realiza xa as súas primeiras accións aéreas, chegando a ser tenente provisional. Remata a Guerra recibe como destino a Academia de Aviación de León.

Posteriormente se incorpora á “Escuadrilla azul” no seu primeiro grupo. Trátase de varios grupos de pilotos, todos de experimentada traxectoria que se suman ás forzas militares que España envía en apoio as tropas de Hitler na súa campaña en Rusia. Namentres que na “División Azul” se alistan numerosos falanxistas xunto a aventureiros e militares, no caso da “Escuadrilla Azul” se procura enviar a un grupo selecto de pilotos que formándose xunto a máis prestixiosa forza aérea existente daquela, a “Luftwaffe” hitleriana, fosen logo a elite da forza aérea española. Namentres que a “División Azul” loitaron na zona de Leningrado, as forzas da “Escuadrilla” foron dirixidas ao fronte central co obxectivo de avanzar cara Moscú. Estes grupos de combate testemuñan o apoio do réximen franquista que, nos primeiros momentos da II Guerra Mundial, presta ao réxime hitleriano con quen comparte bastantes prantexamentos ideolóxicos e como pago ao apoio recibido na Guerra Civil. 


Esta Escuadrilla Azul parte de Madrid o 25 de xuño de 1941 integrada por 17 pilotos que eran veteranos da Guerra Civil ao mando do comandante Ángel Salas Larrazabal.

O 27 de outubro de 1941 Ruibal participa nunha operación contra o aeródromo soviético de Klin. Durante o desenvolvemento das operacións e o ametrallamento da base o Messerschmitt 109 que pilotaba foi alcanzado polas baterías antiaéreas polo que comunicou por radio ao comandante Salas –xefe da escuadrilla- que se paraba o motor. Ao pouco informou de novo que estaba só a cen metros de altura, a uns doce quilómetros do lago Staubecken, tras o que non se voltou ter contacto con él, desaparecendo naquel territorio ser ter noticia algunha do piloto nin do seu aparato o Bf109 E W.Nr 1341. O tenente Ruibal foi a segunda baixa desta Escuadrilla.

“O lugar no que se perdeu o seu rastro fixo que Ruibal fose o aviador do Exército alemán caído máis preto de Moscú, marcando un fito. O notable avance logrado polo Exército alemán nas semanas posteriores ao combate de Klin, fixo que o comandante Salas se prantexase a búsqueda do avión de Ruibal, co fin de comprobar se tiña sobrevivido ou, alomenos, atopar os seus restos persoais.

O 3 de decembro, o tenente médico Álvarez Salas-Morris partiu con dous mecánicos cara o lugar onde sospeitaban tiña caído o avión de Ruibal. As indagacións efectuadas cos campesiños rusos levaron aos militares ata un avión derribado cerca dun lago xeado. Cando chegaron alí comprobaron que se trataba dun Junker 88 e non o Messerschmitt de Ruibal. Os paisanos afirmaron que outro avión tiña conseguido aterrar nun punto situado ao Sur, pero que os militares soviéticos tíñano levado, logo de ter apresado ao piloto”.

Os españois nunca foron capaces de corroborar esta versión xa que Alfonso Ruibal non figurou entre os prisioneiros de guerra rexistrados polos soviéticos. Ao comprobar que o lugar onde supostamente tiña tomado terra era axeitado para un aterraxe de emerxencia, os rumores se dispararon entre os membros da “Escuadrilla Azul”. Foi así como chegou a dicirse que Ruibal tiña logrado salvarse da morte pasando ao inimigo, amais de que tiña casado cunha rusa. A súa familia chegaron noticias da súa supervivencia e mesmo se tiña perdido as súas pernas. As dúbidas eran tan grandes que mesmo un dos seus irmáns tramitará os permisos, moi difíciles naqueles anos do primeiro franquismo, para viaxar a Rusa na súa procura, aínda que ao final parece ser que non chegou a emprender esta viaxe.

“Ao longo da súa participación na campaña rusa, Ruibal efectuou 14 servizos e participou en catro combates aéreos, nos que derrubou un avión soviético. Cando foi confirmada a súa desaparición foi ascendido a capitán sendo condecorado tanto polo exército alemán como polo español”.

Proba da alta cualificación que en materia de aviación acadou o piloto tudense foi a patente que rexistrou ao seu nome en agosto do ano 1940: “procedimiento de mando automático del paso, para hélices de aviones que lo tienen variable y en los que se emplean como medio de accionamiento de aquel una dínamo motor”. A concesión data de xaneiro de 1941 non sendo publicada esta ata xuño de 1942, por mágoa meses despois da súa desaparición.

Temos pois que a biografía deste tudense pérdese en territorio ruso, como unha víctima anónima mais daquela terrible II Guerra Mundial na que participaba. Coa súa improbable supervivencia naquela caída comezou outra historia que descoñecemos, toda un lenda sobre Alfonso Ruibal.



Bibliografia: Gutierrez, José M.: “Pilotos gallegos para Hitler: la División Azul aérea” en El Domingo – Suplemento de La Opinión de La Coruña, 25 de marzo de 2007.

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns

$
0
0
A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese.


No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a súa conservación.
 Sobre esta campaña de escavacións publicaron os seus responsables un pequeno traballo en “Noticiario Arqueológico Hispano” do ano 1976. Do seu contido imos extractar varios parágrafos e o plano desta intervención para achegarnos ao coñecemento do que hoxe conservamos, e podemos contemplar, no subsolo da Igrexa de San Bartolomeu.



Los trabajos realizados que fueron comenzados ya en los primeros meses del verano de 1970 no defraudaron (...) Da descrición dos traballos que realizan neste traballiño podemos apuntar a existencia de varios niveis arqueolóxicos ou momentos de ocupación deste terreo.
Inicialmente, después de levantar un primer nivel de tierras partiendo del asiento del pavimento, dejó al descubierto los basamentos del primitivo templo prerrománico, en los cuales aparecen empleados abundantes elementos romanos, sillares y ladrillos. Un segundo nivel ou estrato dejó a la vista una primitiva organización constructiva formada por largos muros que acusan la existencia de crujias, las cuales enlazan, según permiten apreciar claras responsiones, con los basamentos de espaciados pilares. Cabe suponer que estos vestigios constructivos corresponden a la existencia de un claustro o de un amplio peristilo romano, que podemos interpretar coma unha estructura doméstica. Recentemente o arqueólogo Fermín Pérez Losada concretiza estes achados como de tipo mais netamente urbán concretamente un pórtico ou soportal pilastrado disposto sobre unha rúa. Os paralelos son múltiples no ámbito urbano galaico-romano
Continuando co relato de Chamoso e Filgueira: Ligando con el nivel así obtenido, se descubrió una necrópolis formada por grandes tumbas construidas con enormes piezas de granito procedentes de edificaciones romanas, y, entre estas, y como cabecera de una de las sepulturas, una bien tallada pila. Otras tumbas son de grandes ladrillos romanos, otras están construidas con finas y largas placas de caliza, cuidadosamente recortadas, lo que hace suponer se trata de piezas utilizadas como revestimiento de jambas. Los fondos de las tumbas son siempre de grandes ladrillos romanos y una de ellas cierra en los pies con una tégula. En el mismo nivel se halló un gran sarcófago de granito cuya tapa luce, aunque bastante gastada, la decoración de “stola”(...) 


Una de las tumbas hallada en la zona de la nave central tenia en cabecera una estela de granito que presentaba en su frente grabada una figura femenina, estela que puede calificarse como de época tardo-romana.


Podemos, como conclusión, establecer a existencia de varios niveis de ocupación. O máis antigo correspondería coas estructuras domesticas ou habitacionais de época romana, posiblemente un edificio porticado sobre unha rúa. A un momento posterior corresponde a necrópole que abrangue dende o tardorromano ata época altomedieval, como evidencian os restos atopados e as propias estructuras sepulcrais. Como sinala Pérez Losada a necrópole obviamente é intrusiva no nivel romano anterior pero respecta as estructuras murais e adáptase á súa orientación (ONO-ESE) implicando en consecuencia que as ruínas romanas aínda eran obvias e visibles nos inicios da utilización do lugar como cemiterio A súa cronoloxía estaría en época imperial ou baxorromana. Finalmente en época altomedieval, nese período que adoitamos chamar xermánico que corresponde coa dominación sueva e visigótica do século V aos inicios do VIII, se erguen os alicerces dun templo prerrománico, precedente do que actualmente conservamos.


Completáronse os traballos arqueolóxicos cunha sondaxe no adro do templo: Una amplia cata abierta en el atrio a partir de dos metros de la puerta principal del templo, dejó al descubierto una extraordinaria edificación con muros de espesor de 1,20 metros. Se trata de una organización constructiva absidial, desarrollada en semicirculo, pero mostrando unos extraños contrafuertes, a la vez que, al finalizar el desarrollo semicircular, se recoge la construcción como si se estrechase la nave que debe seguir a tan poderosa edificación. Os nosos autores identifican estes restos como vestixios do antigo mosteiro de época medieval existente neste lugar.

Sirvan esta pequenas notas tomadas dos autores citados para promover o coñecemento e comprensión dos restos arqueolóxicos do templo de San Bartolomeu que como sinalan Chamoso e Filgeira: La importancia de lo aqui hallado solamente puede ser comparado hasta el presente a lo descubierto en las excavaciones efectuadas en la Catedral de Santiago de Compostela.

Bibliografia:
Chamoso Lamas, Manuel e Filgueira Valverde, José: “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolome de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” en Noticiario Arqueológico Hispano, nº 4, 1976, pp.323-333.
Pérez Losada, Fermín: “Entre a cidade e a aldea: estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia” en Brigantium, vol. 13, A Coruña, pp. 61-87.

Fotografías do arquivo gráfico da Real Academia de Bellas Artes “Nuestra Señora del Rosario” de A Coruña.







"Um dia como os outros" un filme sobre a ponte metálica

$
0
0

A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro.
Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.
Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença.
Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link.



Um Dia Como os Outros
Nos 125 anos da ponte rodoferroviária de Valença-Tui.
Imagem: Dario Silva e Pedro Miranda
Edição: Pedro Miranda
Assistente: Hugo Gomes
Música: De Ushuahia a La Quiaca - Gustavo Santaolalla
Conceito: Geofotografia.pt
Agradecimentos: CP, CP CARGA, REFER


Apuntes para unha cronoloxia da restauración da igrexa de San Bartolomeu: precisións aos comentarios de Alberto Estévez Piña

$
0
0
Retablo central da igrexa de San Bartolomeu ata1966

Publicaba hai unhas semanas un “post” sobre as intervencións arqueolóxicas efectuadas na igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns dirixidas por Manuel Chamoso Lamas e Jose´F. Filgueira Valverde.  No artigo  da súa autoria “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolomé de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” publicado en “Noticiario Arqueológico Hispánico” do ano 1976,e que seguimos naquel "post· indicaban o seguinte: “Los trabajos realizados fueron comenzados en los primeros meses del verano de 1970 (... y) quedaron totalmente finalizados el día 21 de noviembre de 1970” abranguendo a escavación das tres naves do templo e unha intervención no adro. Con base ás afirmacións deste artigo, ás propias lembranzas persoais e á lóxica que leva a que unha actuación arqueolóxica sexa previa ao proceso de obras, afirmaba na introducción daquel “post”: No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica.

Posteriormente os amigos de “Tui ruegos y preguntas” me informan que a través de Facebook o amigo e erudito tudense Alberto Estévez Piña cuestiona estas datas reclamando unha rectificación “en favor del rigor histórico” por medio dun amplo comentario onde mestura as súas lembranzas con datos xornalísticos. Evidentemente o amplo coñecemento de Alberto Estévez levoume a afondar neste tema sobre a cronoloxía das obras de restauración deste templo histórico.
Cómpre resaltar que nos dous comentarios aos que tiven acceso, Aberto Estévez comeza falando que estas obras de restauración se iniciaron no ano 1966 e logo retrotrae as mesmas a 1963 indicando “para la buena comprobación de todo lo referido se puede consultar el Boletín de Información y Turismo de Tui de fecha 1 de agosto, página 3, y 1 de octubre, página 3 de 1963 donde se encuentra referido todas mis manifestaciones”. Consultado o Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui (ese é o seu nome correcto) nas datas indicadas sorprendentemente non figura noticia algunha ao respecto. Podería pensar nun erro de datas pero é que nos comentarios figura citado o ano 1963 máis de dez veces e o ano 1966 unicamente nunha ocasión. O rigor reclamado non aparece nesta oportunidade.

Pola miña banda, manteño unha lembranza persoal ao respecto, pois no ano 1968  efectuaba naquel templo a miña Primeira Comuñón, non estando por tanto afectado por obras que impedisen o seu normal funcionamento. Será no ano 1970 cando pase a empregarse a igrexa de San Domingos como templo parroquial arredor de tres anos, pois ali fun confirmado no ano 1971 polo bispo Delicado Baeza, que ocupaba a cátedra tudense dende outubro de 1969. Estes recordos encaixan cos datos achegados por Chamoso e Filgueira.
Na procura de datos mais concretos fixen un seguimento das informacións publicadas no Boletín do CIT (editado entre os anos 1960 e 1968) e podemos establecer a seguinte cronoloxía, coa salvedade dunha consulta aos expedientes conservados no Arquivo Diocesano de Tui que poderían aportar algunha precisión. Temos pois as seguintes secuencias cronolóxicas:

-         En decembro de 1960 o Boletín do CIT informa de recente visita a Tui do Comisario de Zona do Patrimonio Nacional que tras percorrer os diversos monumentos da cidade, solicita que a Deputación Provincial recoñeza como monumentos provinciais diversos bens, entre eles a Igrexa de San Bartolomeu.

-         O párroco de San Bartolomeu, Francisco Xavier González Vázquez, promoveu tras a súa toma de posesión, unha intervención na cabeceira deste templo para retirar os retablos existentes e rebaixar o seu chan ata alcanzar o nivel orixinal do templo. Así no Boletín do CIT de xaneiro de 1964 aparece na páxina 10 a foto dunha capeliña lateral de San Bartolomeu co seguinte texto: “La foto representa la capilla lateral izq. recientemente restaurada, sin ningún tipo de subvención, por el actual Abad. Rvdo. D. Francisco Xavier González Vázquez”.

-         En agosto do mesmo ano 1964 figura no Boletín do CIT outra foto da capela lateral esquerda na que parece no ter existido aínda ese proceso de restauración.

-         Sera en xullo de 1966 cando ese proceso de intervencións promovido polo abade aborde a ábsida central do templo. Na devandita publicación figura unha noticia titulada “Hallázgos arqueológicos en San Bartolomé” onde detalla o proceso: o abade decide retirar o “extemporáneo retablo neoclásico” (sic) que presidía este templo deixando ao descuberto a ventá románica da ábsida cos seus capiteis, un friso axadrezado, unha cruz de consagración e as pinturas murais do século XVI. En días posteriores, informa a crónica, inspeccionaron os achádegos o Director do Museo do Prado, Dr. Sánchez Cantón, e o representante da Junta Provincial de Monumentos, Sr. Filgueira Valverde. Aos poucos días achegárase ao templo o Comisario de zona do Patrimonio Histórico, Sr. Chamoso Lamas.

-         Segundo o Boletín de setembro de 1966 o 14 de agosto visita Tui e nomeadamente San Bartolomeu o Director Xeral de Bellas Artes, D. Gratiniano Nieto, acompañado dos especialistas antes citados, do alcalde de Tui (José Casal Aboy, que ocupaba o cargo dende o ano anterior) e representantes do Cabido, citando agora xa a imaxe pétrea de San Bartolomeu achada no chan da ábsida ao procurar o seu nivel orixinal.

-         O proceso seguido ata agora é claro: retirada dos retablos e posteriormente rebaixe do chan ata o nivel orixinario, pero sen que exista unha escavación arqueolóxica propiamente dita. É amplamente coñecido como o descubrimento da imaxe de San Bartolomeu é efectuada polos propios obreiros que afondaban no chan daquel templo co evidente risco de non apreciar axitadamente os restos arqueolóxico que poideran existir.

-         No Boletín de outubro de 1966 se informa que dende finais de agosto unha equipa de restauradores da Dirección General de Bellas Artes, dirixida polo Sr. Ballester, procedeu á restauración das pinturas murais. E continúa esta nota sinalando o seguinte: “esperamos (que esta intervención) sea continuada con alguna subvención al objeto de devolverle su primitivo suelo y proporcionar a todo el conjunto una mayor esbeltez. Tenemos además la casi seguridad de que a favor de esta liberación de tierras, que constituiría una verdadera excavación, puede proseguir la interesante labor de hallazgos importantes, dada la solera histórica de esta antigua iglesia y sus relaciones con el viejo y desaparecido monasterio”. Por tanto no outono de 1966 non tiñan comezado as obras de restauración propiamente ditas desta igrexa agás as puntuais intervencións realizadas anteriormente, en 1964 e nese mesmo ano, polo abade daquela parroquia e que abranguían unicamente á cabeceira do templo coa retirada de retablos e rebaixe do chan.

-         Corrobora esta afirmación unha nova nota do Boletín do CIT de febreiro de 1967 ao referir unha nova visita de Chamoso Lamas ás obras da Catedral na que falouse tamén de que existía unha proposta “a la Dirección General de Bellas Artes de dos subvenciones de cien mil pesetas: una para proseguir las excavaciones y la restauración del piso primitivo de la iglesia de San Bartolomé y otra, probablemente, para la urbanización de la Plaza de la Misericordia”.

-         Ningunha nova referencia figura no Boletín a estas posibles intervencións de San Bartolomeu nos seguintes números editados ata a súa desaparición no verán de 1968. Resultaría extrano que esta publicación tan atenta a estes temas patrimoniais silenciase estas posibles obras.

-         Completamos estas informacións coas vivencias persoais xa referidas. Ata 1970 non se traslada o culto parroquial á Igrexa de San Domingos ao iniciarse o proceso de restauración deste templo románico promovido pola Dirección General de Bellas Artes, concretamente segundo referencias orais de veciños foi a misa de San Brais, o 3 de febreiro de 1970, a última efectuada naquel templo. Un proceso de restauración que signifca, en primeiro lugar, unha intervención arqueolóxica previa coa escavación das naves da igrexa -onde descobren o que resumimos no noso anterior "post"- e a continuación unha intervención arquitectónica coa reposición do piso primitivo do templo, etc. Rematan as mesmas no ano 1973 cando se reabre de novo ao culto esta igrexa parroquial. 

-    Certamente os datos cronolóxicos aportados por Chamoso Lamas e Filgueira Valverde e que recollímos en Tudensia se axustaban á realidade, pois a auténtica obra de restauración do templo de San Bartolomeu foi a realizada pola Dirección General de Bellas Artes a partires de 1970. Esta restauración tivo o seu precedente e elemento motivador nas obras promovidas polo párroco Francisco Xavier González Vázquez, pero que polo seu alcance non impediron en ningun momento o desenvolvemento do culto  que evidencia a súa escasa dimensión no que atinxe á obra que non aos achádegos ocasionados. 
     Amaís Chamoso e Filgueira dirixen as escavacións arqueolóxicas e nunca "toda la obra de la nueva solera del templo" como afirma Alberto Estévez pois non eran arquitectos. Tampouco escavan "alrededor de todo el atrio de la iglesia" senon exclusivamente fronte á porta central de acceso dando continuidade ao escavado no interior do templo. E finalmente non é en 1970 cando publican o seu traballo senón ao cabo de seis anos, en 1976.

-         Aos poucos anos haberá unha nova e importante intervención, que tamén obriga ao traslado do culto a San Domingos, para proceder á restauración da cuberta que deixou á vista un novo axedrezado ata daquela oculto por un falso teito de madeira.

Con estas notas, que por falta de tempo non podo facer mais amplas e concretas, espero fiquen clarexados os principais fitos na cronoloxía das obras de restauración da igrexa de San Bartolomeu, que non concordan exactamente coas que refire Alberto Estévez Piña nos seus comentarios onde mestura datos e datas, baseados unicamente nas súas lembranzas persoais e, evidentemente, sen contrastar as citas que emprega para rebater as afirmacións contidas en Tudensia. Tamén no noso "post" omitíamos as obras promovidas nos anos 1964 e 1966 precedente do auténtico e completo proceso de restauración iniciado no ano 1970 ata 1973, único que pode recibir este nome de restauración.

Agradecemos a Alberto Estevez Piña as súas achegas e comentarios, sempre de interese. Todos agardamos que este caudal de coñecemento sobre a nosa cidade e as súas xentes chegue a plasmarse nunha publicación para que non fiquemos privados destas amplas lembranzas e datos que, axeitadamente contrastados, a todos nos enriquecerían e que corren o risco de perderse coa súa persoa.

Velaí, fronte as numerosas vantaxes, os riscos das novas tecnoloxias da comunicación e da información que pola súa inmediatez, caso das redes sociais, non posibilitan unha análise tranquila e axeitada. Cando se aportan nos nosos escritos e comentarios datos erróneos sen un labor rigoroso de investigación e contraste contribuimos á confusión dos nosos lectores 

Finalmente, aproveito esta ocasión para reclamar que a imaxe pétrea de San Bartolomeu colocada na actualidade na ventá románica da ábsida central (que segundo Alberto Estévez Piña "encaja a las mil maravillas, coadyugando para aumentar el singular arcaismo de la iglesia...") ocupe outro lugar máis axeitado neste templo, pois os vanos non  foron construidos para acoller imaxes e non é prudente alterar a linguaxe arquitectónica cando existen outras alternativas máis idóneas para a contemplación desta excepcional talla.

Viewing all 229 articles
Browse latest View live