Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

"Pulcher Pelagius" unha lectura teolóxica e patrimonial da exposición

$
0
0



Admirar os iconos, e en xeral os grandes cadros da arte cristián, nos conduce por unha vía interior, unha vía de superación de un mesmo e, nesta purificación da mirada, que é purificación do corazón, revélanos a Beleza, ou alomenos un raio do seu esplendor. Precisamente desta xeito nos pon en relación coa forza de la verdade. A miúdo  teño afirmado a certeza de que la verdadeira apoloxía de la fe cristián, a demostración máis convincente da súa verdade contra calquera negación, atópase, por un lado, nos seus santos e, por outro, na beleza que la fe xera. Para que actualmente a fe poida medrar, tanto nos como os homes que encontramos, debemos dirixirnos cara os santos e cara o Belo.(Mensaxe enviado polo cardeal Joseph Ratzinger aos participantes no «Meeting» de Rímini (Italia) celebrado do 24 ao 30 de agosto de 2002 por iniciativa del movemento eclesial Comuñón e Liberación sobre o tema «A contemplación da beleza»)

Esta cita do actual Papa Bieito XVI escrita anos antes da súa elección como bispo de Roma introduce adecuadamente este comentario arredor da exposición organizada pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui, na Capela das Reliquias, que baixo o nome de  “Pulcher Pelagius” dedicada á conmemoración do MC aniversario do nacemento do mártir San Paio. É dabondo coñecida a súa historia, o neno deixado como refén polo seu tío, o bispo Hermioxio, en Córdoba na corte de Abderramán III e que logo de tres anos e diante do rexeitamento ás insinuacións de caracter político e logo sexual do califa é martirizado á idade de trece anos, estendéndose axiña o seu culto. San Paio é posiblemente a figura máis salientable do santoral tudense e na nosa cidade están baixo o seu patrocinio dúas institucións educativas (o Seminario e o Instituto) con máis de cento cincuenta anos de traxectoria.
No percorrido por esta exposición, sinxela na súa montaxe pero rica polo seu contido e os materias expostos,  podemos vislumbrar como a vida de San Paio resulta moito máis rica se a situamos nos seu contexto histórico. Paio nace no ano 912, segundo as biografías da época, en Tui, aínda que unha tradición conservada ata os nosos días sitúa este natalicio na parroquia de Alveos, en Crecente. Paio era membro dunha importante familia da alta aristocracia galaica que xogaba naquel momento un papel protagonista na vida social e política do reino de León. Velaí a razón pola que o seu tío, o bispo Hermoixio, participa na batalla de Valdejunquera (Navarra) xunto as tropas do rei sendo tomado prisioneiro xunto o bispo de Salamanca Dulcidio polos musulmáns e trasladado á capital do califato, Córdoba.
Como era práctica habitual naquel tempo, para a liberación do bispo tudense é solicitado un elevado rescate que o propio interesado ten de xestionar na súa terra e deixa cono refén no cativerio cordobés ao seu sobriño, Paio, daquela un neno de arredor de dez anos de idade. A estadía carceraria de Paio, pola súa condición nobiliaria, posúe certos privilexios, como era habitual naqueles tempos. Paio que xa comezaría a súa formación en Tui prosegue agora con ela, e así o seu biógrafo Raguel sinala que era casto, sobrio, apracible, prudente, atento á oración e asiduo á lectura, non esquecía os preceptos do Señor e promotor de boas conversas. Podemos conxecturar que Paio mantivese relación coa comunidade mozárabe cordobesa, que dalgún xeito tutelaría ao rapaz, o que explicaría a actuación destes cristiáns logo do seu martirio (ao recoller os seus restos e custodialos como reliquias martiriais)
Non sabemos concretamente as razóns, posiblemente ligadas a unhas negociacións sobre o seu rescate que se dilatan en exceso, polas que Abderramán chama ao mozo á súa presenza. A corte cordobesa daquel tempo era un dos lugares de mais elevada cultura do mundo, e o califa promovía as artes, as letras, o pensamento... nunha corte onde ocupaban altas responsabilidades na xestión escravos e criados ennobrecidos que garantían a súa fidelidade ao califa, e onde existía, xunto aos eunucos do harén califal, unha tradición de practicas homosexuais con mozos. Considerando ambos elementos entendemos o diálogo entre Abderramán e Paio, que para acceder á sala califal debe mudar de indumentaria. Alí élle ofrecida unha alta dignidade naquela corte que rexeita, xunto ao convite a adherirse a fe en Mahoma –este era un costume preceptivo establecido para os cristiáns-. Logo de certas insinuacións sexuais de membros daquela corte e do propio califa Paio proclama, aínda con máis forza, a súa negativa provocando a súa condena a morte. Para os cristiáns a morte de Paio é un martirio glorioso, para os musulmáns unha execución xusta
Froito do relato de Raguel e da utilización posterior do seu culto a figura de Paio estivo de sempre vencellada á súa castidade, entendida como absterse do goce sexual, realzando asi a acusación de homosexualidade dos musulmáns nun contexto de Reconquista. Esta acusación era unha poderosa arma de propaganda que explicaría, en parte, a difusión do seu culto. Pero hai outra acepción de casto que abrangue mellor a condición vital de Paio; casto é aquel que se axusta ao que considera licito, neste caso á lei divina, á lei natural. Neste contexto unha persoa xusta é tamén unha persoa casta. Velaí como a castidade de Paio é expresión dunha condición máis profunda, da vida de alguén que procura vivir, como sinala Raguel, nos preceptos do Señor. Este biógrafo expresara que a beleza exterior de Paio –que atrae ao Califa- é expresión dunha beleza interior proporcionada por unha vida baseada na fe en Cristo. É o exemplo do “miles” cristián, unha imaxe recorrente na representación iconográfica de Paio, un mozo adornado pola beleza da cultura, do coñecemento e mesmo pola súa beleza física pero sobre todo da beleza da súa vida interior e de oración que explica que desbote os ofrecementos do Califa por ficar con aquelo que Paio estima superior.
Esta condición de Paio, cunha vida de valores alternativos aos do mundo no que vive, que é feliz coa súa condición, coa súa vivencia chegando a preferir o martirio á renunciar a súa identidade, posúe, logo dun milenio, unha vixencia certamente sorprendente. No contexto actual, dunha cultura globalizada que tentan uniformizarnos e mesmo dunha Igrexa e dunha fe reducidas a ámbitos cada vez mais minoritarios, lembrar a figura de Paio é comprender como a afirmación da propia identidade, neste caso, a súa condición de cristián plenifica as persoas ata convertelas en alternativa ao seu entorno que, tantas veces, nos envolve e atorde.
O propio titulo da exposición “pulcher” relaciona a figura de Paio coa súa condición de persoa fermosa, pero que tamén podemos traducir por glorioso, excelente, bo... Esta beleza, interior e exterior, de San Paio é transmitida pola Igrexa ao longo dos séculos a través da arte, vehículo privilexiado dunha comunicación que ten coma obxectivo conmover ao espectador. As modernas teorías da comunicación foron sempre empregadas pola Igrexa que comprendeu que a comunicación por medio das emocións, da sensibilidade é moito máis eficaz que simplemente a verbal. Os elementos patrimoniais que integran esta exposición procedentes da nosa Catedral evidencian este papel de transmisores dunha experiencia de fe.
Na mostra “Pulcher Pelagius” podemos contemplar tres lenzos do século XVI, de escola italiana, que o Cabido encargou a Roma para ilustrar o santoral tudense, e onde figuran dous ascendentes de San Paio, o bispo Hermoixio e o bispo San Vimara, xunto co lenzo do martirio pelaxiano. Conservados na Sancristía estes óleos conforman un conxunto de grande categoría artística.
O “Pasional tudense”, outra das pezas expostas. é manuscrito do século XII que recolle a copia más antiga conservada da “Passio Pelagii” realizada polo presbítero cordobés Raguel a poucos anos do martirio de Paio. Este “Pasional” é unha expresión do culto e da liturxia catedralicia que testemuña a continuidade da fe.
Culmina a exposición coa reliquia que hai agora cen foi entregada polo Mosteiro de San Paio de Oviedo á Catedral tudense e que expresa, ata fisicamente, a memoria dunha vida que nos ten transmitido unha experiencia de fe que nos enriquece e afirma a través do seu culto público.
Unha magnifica talla en madeira de San Paio, do século XVIII, procedente da Capela de Santa Catalina da nosa Catedral centra o espazo expositivo cunha representación do mozo San Paio como “miles Cristi” acompañado da palma símbolo da súa condición de mártir.
Completan a mostra outras representacións iconográficas pelaxiana e unha alusión as festas celebradas en Tui no ano 1925 co gallo do milenario do seu martirio, recollidas nunha serie fotográfica realizada pola fotógrafo norteamericana Ruth Mathilda Anderson, nunha das súas xiras por Galicia financiadas pola Hispanic Society.
Singulares pezas artísticas conservadas na Catedral tudense pero non especialmente coñecidas e que con esta mostra revelan a riqueza patrimonial que atesoura este templo, exemplo sobranceiro desta sabia combinación de arte e de fe, expresión da nosa singularidade.
Recuperando as palabras de Ratzinger, que abrían este post, esta exposición realiza unha ollada á beleza da fe expresada na traxectoria de San Paio e na producción artística realizada para a transmisión desta vida exemplar. Convidamos a visitala ata o vindeiro 20 de outubro.


A documentación histórica da cidade retorna ao Arquivo Municipal logo de 69 anos

$
0
0

Vista parcial da documentación histórica do Concello de Tui
no depósito provisorio para o seu tratamento técnico

O Concello de Tui aparece como un órgano de goberno da cidade dende que Fernando II de concedeulle á cidade o seu “Foro”. Esta institución tivo sempre unha dependencia directa do bispo e señor da cidade, que controlaba o seu funcionamento e os nomeamentos, orixinando diversos conflictos ao longo da Idade Media. Será o bispo Diego de Muros quen, en 1484, promova unha nova ordenanza que regulan o funcionamento do Concello tudense onde a preeminencia episcopal continúa sendo absoluta. Na mesma liña están as Constitucións sinodais do bispo Diego de Avellaneda de 1528.
O goberno municipal tudense estaba encabezado por un alcalde maior, un xuíz anual e catro xurados de nomeamento episcopal xunto a un procurador elixido polos veciños e confirmado polo bispo. Andando o tempo se incorpora a figura do rexedor, imposta pola monarquía, cargo público que, cando as dificultades económicas do reino no século XVII, será enaxenado. Na Idade Moderna existe tamén unha patrimonialización destes cargos por parte de familias fidalgas ou da nobreza. Nesta época o Concello tudense asume a representación da provincia de Tui nas Xuntas do Reino de Galicia ata que a nova configuración administrativa do Estado que xorde no século XIX remata con esta realidade de tradiciñon medieval.
O funcionamento do Concello é a orixe da documentación histórica que  agora retorna á nosa cidade: documentos administrativos, acordos e actas capitulares na que reflíctese a relación co bispo e señor da cidade, a actividade municipal nos diversos ámbitos da súa competencia. Esta documentación conservouse no arquivo municipal, na propia Casa do Concello de Tui, ata que en 1943 por mor das dificultades polas que atravesaba a vida municipal e paralelamente pola política cultural das novas autoridades españolas que impulsan un centralismo que terá a súa transposición no ámbito provincial, con medidas como o traslado á capital da provincia da documentación histórica dos diversos arquivos municipais, entre eles o tudense.Así o 25 de febreiro de 1943 o director do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Enrique FernándezVillamil, asina o correspondente recibí del Ayuntamiento de Tuy la documentación antigua de su archivo, para ser depositada en este archivo.
A recuperación da vida democrática nos Concellos a partir da Constitución de 1978 levou aparelladas novas dinámicas na vida local. Neste aspecto, a cultura agroma como un dos principais eixes da vida municipal, tamén na cidade fronteiriza. Nesta liña a Xunta de Goberno Local, a proposta do alcalde Antonio F. Fernández Rocha,  na súa sesión  de 13 de abril de 2005 acorda “solicitar a transferencia ó Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra da documentación municipal tudense pertencente ó Arquivo Municipal de Tui”. Comezou así un proceso legal no que o Concello tudense houbo de acreditar os medios materiais, técnicos e humanos que garantan a custodia e tratamento deste patrimonio documental. E logo dos preceptivos informes técnicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia enviados ao Ministerio de Cultura, como organismo titular do Arquivo Histórico Provincial –cuxa xestión compete á Comunidade Autónoma-, resolveuse definitivamente, con data de 21 de decembro de 2011, a devolución deste legado documental á cidade de Tui e que agora dende o pasado luns 1 de outubro está xa definitivamente no seu lugar, no arquivo municipal da nosa cidade.
Esta documentación consta de 145 libros, de entre os anos 1597 e 1834, en soporte papel e encadernados en pergameo. Deles, 115 corresponden aos acordos e catas ordes de 1597 – 1775; 5 libros co documentación varia de 1705-1771; 16 libros de copias das actas da Xunta do Reino de Galicia entre os anos 1608 e 1834 e 3 libros Reais do Catastro do Marqués da Ensenada da cidade de Tui e da freguesía de San Xurxo de Saiáns.
Esta documentación será custodiada no arquivo municipal tudense e conforma un conxunto documental de grande interese pois posibilitará que os investigadores poidan achegarse ao coñecemento da historia da nosa cidade ao longo dos século XVI ao XVIII, un período ata agora escasamente coñecido. Con esta recuperación vemos enriquecido o patrimonio tudense que está integrado no só polos nosos monumentos, mobles e inmobles, senón tamén pola documentación que testemuña a nosa historia e a nosa vida colectiva.
Coa documentación eclesiástica conservada no Arquivo da Catedral e con este arquivo histórico municipal, Tui aumenta o seu caracter de referencia para o coñecemento da historia de Galicia e enriquece o seu patrimonio cultural.

Publicado parcialmente en "La Voz de Galicia" (edición Vigo)  do 18 de abril de 2012, 

O xogo do trompo

$
0
0


A cultura tradicional adoptada nas súas diversas expresións os ritmos cíclicos do ano, existindo un amplo abano de manifestacións anuais que respostaba, en xeral ás diversas festas e celebracións relacionadas coa climatoloxía e os ritmos da produción agrícola. Neste tempo de inicio de novembro, logo da colleita e da vendima, chegaban os magostos e a proba do viño novo, as manifestacións vecenlladas ao mes dos Santos e Defuntos.
Unha expresión desta cultura cultura popular, hoxe en día practicamente perdida ou transformada, son os xogos infantís. E cando chegaba o frío e a chuvia os nenos de Galicia, e tamén os tudenses, comezabamos a xogar ao “trompo”. Curiosamente era un xogo de tempada, que conforme avanzábamos neste de mes de Santos ou xa en Decembro ficaba esquecido ata o vindeiro ano.
Moitos dos lectores deste “post” lembramos as “partidas” que cos nosos trompos desenvolvíamos os rapaces arredor das “fochas” realizadas nos patio do colexio ou nas rúas e parques, onde sempre aparecía algún xogador co trompo “millorado” dotado dun “ferrote” cunha alongada punta que “nicaba” aos contrincantes de xeito despiadado.
Rememoramos hoxe este xogo tradicional que xa hai anos que non ocupa o tempo de lecer dos nosos rapaces, cun texto do erudito tudense Manuel Fernández Costas, que tamén asinaba coma Manuel Fernández-Valdés, onde descrebe con precisión este pasatempo infantil nun fermoso e interesante traballo de investigación sobre os xogos infantís tudenses publicado no ano 1952:

El trompo, es también juego de acción, propio del invierno. No tiene formulilla especial, pero su nomenclatura es gallega.
El pivote de hierro, sobre el que gira, se llama “ferrote”, y la cabeza “cogote” o “cocote”. La cuerda se llama “baraza” (tal vez por el tamaño aproximado de una braza), y de ahí los verbos “embrazar” y “desembrazar”. “Nica” es la huella que deja el “forrote” al incidir sobre otro trompo.
Entre los varios juegos de trompo, el más vulgar es el de “As sere nicas”.
Para echar mano se hace un círculo en la tierra y todos los jugadores van echando su trompo. El que queda más alejado del centro, “apanda”. El objeto del juego es arrastrar el trompo del que apanda (suele emplearse un peón de mala calidad, que se llama “pandote”) hacia una pequeña cueva, que se llama “focha” o “fochanga”. Para eso, todos los jugadores procuran impulsarlo con sus trompos, con excepción  del paciente, que le imprime un movimiento contrario para retrasar l caída en la “focha”. Todos los jugadores tienen que tocar el “pandote” con sus trompos bailando, bien el momento de echarlo o cogiéndolo en la mano. Si algún jugador falla, pasa a ocupar el lugar del “pandote”.
Cuando el “pandote” entra en la “focha”, todos los jugadores tienen el derecho de darle siete “nicas”; son raros los trompos que resisten la prueba, y lo general es que se abran en dos, lo que produce general entusiasmo.

Manuel Fernández Costas: “Juegos infantiles en la comarca de Tuy” en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VIII, cuaderno 4º, 1952, pp. 646-647.

Dous poemas "inéditos" de Xosé María Álvarez Blázquez

$
0
0

Revisando antigos programas das festas de San Telmo, ollando o correspondente ao ano 1934, cando foron trasladadas aos inicios do verán –coincidindo coas festas de San Xoán- , no xeitoso programa editado descubrimos, con sorpresa, senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez: “Cohetes” e “Yo quiero”. A figura de don Xosé María que abrangue múltiples aspectos no ámbito cultural (“poeta, narrador, dramaturgo, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador da literatura, e a historia e a etnografía” enumera o seu fillo Xosé María, “infinito curioso e infinito amador de todos os saberes” subliña Darío Xohán Cabana) tamén, na expresión poética, acada un relevancia indiscutida.
Conservase o que se ten como o seu primeiro poema, “Queixas”, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota o xa citado D. X. Cabana este poema “non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos”. Tamén o propio autor no “Inquérito” que formula Filgueira Valverde no ano 1935 escrebe: “Lin na miña vida dúas novelas de aventuras, pero en troques dinme enchentas de versos malos na miña nenes. Eu mismo fixen o pirmeiro aos 10 anos”. O seguinte poema conservado data do 22 de xuño de 1928, “A campana da miña igrexa” onde xa evidencia a súa querencia pola lírica popular e o seu coñecemento dos versos do pobo.
Como sinala Luis Alonso Girgado “como poeta a súa traxectoria coñece, en alternancia lingüística galego – castelán, un estadio inicial, de primeiros exercicios líricos e tentativas durante a década de 1930. Rexistramos, nese período, un libro primeirizo como Abril  (1932), froito da paixón poética de anos de adolescencia. Do bienio 1932-34 son as composicións que conformarán a parte de Poemas de ti e de min pertencente a don Xosé María. Con posterioridade na mesma década, poemas soltos na pontevedresa, requintada, amadocarballista (e lorquiana) revista Cristal (1932-33)-que funda co seu amigo e poeta Xoán Vidal- onde publica unha ducia de poemas breves, tres deles en galego “O merlo poeta”, “Inmensidade” e “Romance do afiador”. Poemas da súa autoría témolos así mesmo en Númen (Vigo, 1943), algúns deles na órbita do neotrobadorismo e con anterioridade en Spes (Pontevedra, 1934).”
Os poemas agora atopados neste libriño das festas de San Telmo do ano 1934 corresponden pois a esta primeira etapa da súa produción lírica. Certamente naquela altura, con escasamente 19 anos, Xosé María estaba xa acreditado xa como un fecundo poeta e honraba coa súa sinatura o programa editado nas festas patronais aportando estes dous poemas: “Cohetes” e “Yo quiero…”.
Postos en contacto co seu fillo e tamén poeta Xosé María Álvarez Cáccamo nos comenta, coa xenerosidade de sempre, o seguinte: O poema COHETES soábame. Consultei a Poesía Galega Completa e aí topei FOGUETES, versión galega evidentemente posterior, e non só por datas de publicación senón pola feitura, máis lograda e madura que a de COHETES, que foi incluída en “Poemas de ti e de min”(1949).
O outro poema comeza moi ben (aínda que concibido desde unha estética algo atrasada para 1934) pero vai perdendo vigor e remata nun desmaio expresivo que nos deixa expectantes, como agardando pola súa conclusión. Non hai, que eu saiba, versións posteriores, nin en galego nin en castelán.
Achegamos pois ambos poemas, escritos en castelán, que testemuñan a habelencia literaria que xa tan precozmente amosaba Xosé María Álvarez Blázquez.



COHETES

Cohetes en la noche azul,
florecida de añoranzas;
cohetes sobre los campos,
cohetes sobre las aguas,
cohetes sobre los cuerpos,
cohetes sobre las almas.

Quien fuera fugaz cohete
que en la noche reventara,
después de subir lo ansiado
para no esperar ya nada.
¡La caña a la tierra: el cuerpo,
y el humo al espacio: el alma!...

Tuy, 1934



YO QUIERO...

Yo quiero que me entierren donde haya habido un árbol,
en ese hueco amigo que ha dejado al marchar;
que mi carne dé savia a las raíces mustias
y mis huesos, con ellas, formen un solo haz.

Y así, a la primavera, tengan nuevos retoños,
con esa fuerza invicta de todo cuanto nace.
¡Yo quiero el sepulcro inhóspito y sombrío
en donde vanamente se haga vida mi carne!.

Tuy, 1934


Próximo centenario do Dr. Francisco Comesaña e de Choncha Concheiro

$
0
0

Este blog ten, entre outros obxectivos, recuperar para a memoria da nosa cidade feitos, costumes e persoas vencelladas ao espazo tudense. Hai nomes abondosamente reiterados e outros que, coñecidos en diversos segmentos de idade ou condición, fican aínda practicamente descoñecidos para grande número dos nosos veciños. Un destes nomes é o de Francisco Comesaña Rendo, Paco Comesaña, e da súa muller Asunción Concheiro García, Choncha. Certamente aínda hai moitos amigos e coñecidos seus que poden achegar unha biografía con mais coñecemento e profundidade, pero a circunstancia de que no vindeiro ano cúmprase o centenario do nacemento de ambos xustifican este esbozo biográfico,  Francisco Comesaña morreu no ano 1997 pero Chonchiña aínda vive, agora dende hai escasamente dous anos en México. Estas notas están centradas especialmente na figura do doutor Comesaña baseándose nalgunhas lembranzas persoais e sobre todo na consulta de diversa bibliografía, que curiosamente é escasa.

Francisco Comesaña Rendo nace en Cienfuegos (Cuba) no ano 1913; fillo de emigrantes galegos, regresou a Galicia cando contaba seis anos de idade. Os seus pais eran tudenses e nesta localidade contaban con casa e tamén en Compostela. Estudou Medicina na Universidade de Santiago, foi alumno interno do catedrático de Fisioloxía daquela Universidade, José García Blanco y Ogarzabal. Nalgunhas publicacións se indica que non completou a súa carreira polo estoupido da guerra pero non é certa esta afirmación. No depósito do seu titulo como médico figura unha nota, redactada en plena represión franquista, que versa: el interesado está inhabilitado para ejercer la profesión en España conforme al Decreto de 7 de octubre de 1938.

Afiliado ás Xuventudes Socialistas compostelás das que foi secretario xeneral, así como presidente das Juventudes Socialistas Unificadas trala fusión coas Juventudes Comunistas, tiña, a pesar da su mocidade, unha intensa actividade política nos anos da II República.No ano 1931 coñecerá na Ferradura compostelá a unha moza natural de Ordes, onde nacera o 1 de maio de 1913. Con Ascensión Concheiro García (Chonchiña), que estudaba Maxisterio, iniciará un longo noivado, como era norma daqueles anos, e unha fermosa vida compartida. Choncha vive dende o pasado ano 2011 en México onda a súa filla.

Ao triunfar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou na defensa de Ordes (A Coruña) e logo foi detido en Compostela. Conchiña relata a súa detención na mesma xornada en que vez primeira ía xantar a parella coa familia dos Comesaña, en Santiago na rúa das Rodas, onde residía Francisco. Unha patrulla da Garda Civil, posiblemente chegada de Ordes, detén violentamente a Comesaña Rendo sendo encarcerado na cadea coñecida como Falcona nos baixos do Pazo de Raxoi. Alí permanece ata o mes de decembro en que se inicia o Consello de Guerra contra Paco Comesaña e os outros quince compañeiros que detiveran canda él polos sucesos de Ordes, sendo condenados a morte por “rebelión militar contra el  Alzamiento Nacional” en sentenza do 22 de decembro de 1936. Consta que tivo de facer fronte, en concepto de responsabilidade civil, a unha sanción de 500.000 pesetas por “los prejuicios sufridos por la revolución” así o recolle a Causa 230/36 de Santiago do Tribunal Militar Territorial IV da Coruña.

Dada a dobre nacionalidade de Francisco Comesaña, a súa familia (especialmente a súa nai e a súa noiva) comezan as xestións para lograr o indulto apoiándose nesta condición de cubano. Varios xornais da illa recollen esta campaña con titulares como “el médico cubano condenado a muerte” que acada unha dimensión internacional, recibíndose numerosas mostras de apoio e moitas cartas de recomendación sobre o doutor que a súa nai e noiva achegan persoalmente a aquelas persoas que podían promover o indulto diante das autoridades do novo réxime.

O 11 de febreiro de 1937 son fusilados os seus compañeiros descoñecendo que tiñáselle concedido o indulto ata momentos antes. Un estremecedor testemuño de Isabel Ríos, presa tamén na Falcona, recolle este momento:
Comesaña, un campañero de Tuy, sabe que está indultado. Cuando se entera o cuando se encuentra con Choncha y sus familiare, sufre una crisis de llanto horrible; yo en mi vida  había visto llorar a nadie como él. No podía tolerar la idea de ser indultado y que doce compañeros de su mismo proceso fueran ejecutados

Segundo referencias de Choncha a intervención do médico falanxista Manuel López Sendón, tisiólogo e daquela Director do Sanatorio Antituberculoso da Choupana en Santiago, evitou que Comesaña fora “paseado” pois “as súas respectivas nais eran viciñas e amigas”. Gracias tamén ao apoio dun maxistrado, Choncha consegue o traslado de Paco á cadea da Coruña, onde permanece ata tres anos, sendo posteriormente enviado ao sanatorio penal da serra de Valencia, chamado “Porta Coeli”. No ano 1941 deciden casar por poderes: Choncha en Ordes acompañada dun dos seus irmás e Francisco no devandito sanatorio penal.
Ao cabo do pouco tempo é trasladado de novo a Galicia, en concreto a Vigo, onde son agrupados todos os presos de orixe cubana. O tren pola neve queda parado en León varias semanas e namentres Francisco consegue unha recomendación para viaxar xunto á súa esposa dende Monforte a Vigo. Ao paso por Guillarei, agardaban o tren a súa nai, a súa irmá, que os acompañará ata Vigo, e numerosos amigos aos que saúda dende o vagón a través dos vidros. Seguimos o relato que recolle:
Tras pasar Redondela Francisco abandona á súa irmá que subira en Guillarei, e a súa muller para ir fumar e emprende unha longa conversa cos gardas. Choncha estaba verdadeiramente desilusionada ante a reacción do seu home, pois, despois de tantos meses, en lugar de quedar con ela, vaise coa garda civil. Ela non entendía de ningún xeito esta reacción.
Cando xa entraban na cidade de Vigo, Francisco volve ao vagón das dúas mulleres e pregunta cal era o mellor hotel da cidade. A súa irmá contéstalle que é o Universal. Entón, Comesaña failles un aceno que lles permite entender as dúas mulleres que dende Redondela estaba tramando unha argallada, polo que a partir destes momentos ámbalas dúas déixanse levar. Francisco convencera ós gardas para que lle deixaran  pasar con Choncha aquela noite en Vigo pois ó chegaren tan tarde ninguén se ía decatar de se chegaran no último tren da noite ou no primeiro da mañá. A única condición que os gardas lle impuxeran era que, se alguén coñecido os recoñecía en Vigo, el tería de entregarse (…) ‘llegamos allí, ibamos los dos muy elegantes, entonces llegó allí se registró: ‘Por favor, una habitación para mi y otra para mi escolta’. Entonces, pensaron allí que era un personaje, que tenía escolta… se volvieron locos y no sabían que hacer … otra habitación para la señorita, mi hermana, y, por favor, nos sirven la cena en la habitación’ (1)
Esta fermosísima, e á vez dramática, historia inspirou o libro “O lapis do carpinteiro” do escritor –que residiu en Tui varios anos- Manuel Rivas.

No cárcere de Vigo estivo tres anos, pois houbo unha revisión do seu proceso e foille rebaixada a condena de trinta anos a seis anos e un día, saíndo en liberdade condicional no agosto do ano 1943. Comesaña tenta retomar o seu traballo como médico pero tamén presta apoio sanitario a escapados e á guerrilla cun evidente risco para él a súa familia, que axiña ía medrar coa chegada do seu primeiro fillo. No ano 1944 parten dende Vigo no trasatlántico “Marqués de Comillas”, xunto a outros cubanos expulsados de España polo franquismo, exiliándose na illa do Caribe.




En Cuba comeza unha ampla campaña antifranquista, e na Habana nacerá o seu primeiro fillo, sendo apadriñado polo seu camarada comunista e amigo Julian Grimau (a quen de seguro coñecía de Galicia onde Grimau, que militara primeiro na Orga, era o delegado na Coruña de editorial La Fe en cuxo local se reunían intelectuais e artistas, logo regresará a Europa dirixindo dende Francia a resistencia antifranquista, sendo detido e fusilado pola ditadura no ano 1963). Os exiliados en México reclaman a presenza de Comesaña para desenvolver unha nova campaña de propaganda naquela nación, onde recibe unha oferta de traballo e deciden instalarse en México DF ocupándose da dirección médica dun laboratorio farmacéutico e participando con outros médicos nun hospital, financiado por varias sociedades, que ofrecía asistencia gratuíta aos exiliados.

Na capital azteca vive no mesmo edificio no que residen outros exiliados (entre Luis Soto e Cesar Lombardía) e participa en numerosas actividades do exilio. Foi fundador do Padroado da Cultura Galega, e na súa revista “Vieiros” publica en 1968 un artigo titulado “Cavilando…” sobre a celebración do Día da Patria Galega. Dende aquela o seu ideal comunista fica vencellado ao nacionalismo galego. “Choncha” pola súa banda, coida dos seus filla e participa na “Asociación de Mulleres Españolas Mariana de Pineda” dedicada a apoiar aos presos nas cadeas de España. En 1957 reciben autorización para viaxar a España e apadriñar a un sobriño de Paco, unha visita de quince días sempre baixo vixianza policial.

Aínda que a súa muller viaxaba periodicamente a España para visitar a súa familia, Comeseña non retornará definitivamente ata trinta e tres anos despois, no ano 1977 instalándose na casa familiar de San Bartolomeu. Nunha entrevista en El Pais de 2008 Choncha lembra este regreso cunha fermosa anécdota: Cuando regresamos, en Tui nos hicieron una fiesta. Era el día de San Bartolomé (algun informante local corrixe é di que era San Roque) y cuando la procesión pasó por delante se cayó la cabeza del Santo. Todo el mundo dijo: "Se bajó a saludar al comunista".

Paco Comesaña amosa a súa querenza tudense nunha entrevista publicada no suplemento das Festas de San Telmo no “Faro de Vigo” de 18 de abril de 1977, ao pouco tempo do seu regreso a Tui, onde declara ás preguntas do correspondente, Alberto Estevez Piña, sobre as súas lembranzas no tempo de exilio:
Hay una doble preocupación, por un lado, la “morriña” del gallego, acentuada, en mi caso, por la “morriña” de tudense, ya que durante los treinta y tantos años de exilio no logré apartar en ningún momento de mi mente las imágenes  fuertemente grabadas en mi cerebro de las orillas del Miño, del grandioso paisaje que admiré de niño desde el Aloya, de las piedras milenarias, de los carballos fuertemente enraizados en el río Louro, en mis tiempos limpio, puro y sin contaminar, y “a ponte da veiga” muy cerca del cual aprendí a nadar en el “Cañoto”. Por otra parte, también dentro de la misma “morriña” un penetrante sentimiento político gracias a cuya concepción pensé siempre que un día regresaría a mi querido e inolvidable Tuy con una visión de libertad y democracia, en la cual los nacidos en este rincón maravilloso podamos vivir sin angustias, sin temores ni odios, pensando que una organización pública justa hará posible que jamás en nuestra tierra tengan que producirse nuevos mártires por defender privilegios universales de justicia y libertad.
Tampoco olvidé nunca a maestros de mi época de juventud, como Don Daniel Alonso Bernárdez, director de la “Pasantía X” gracias al cual un buen número de estudiantes tudenses aprendimos el hábito de estudiar y el orgullo que nos hacía sentir nuestro querido maestro, cuando decía que sus alumnos eran de los mejores cuando nos examinabamos por libre en los institutos de Pontevedra y Orense

Aínda que regresou cunha saúde delicada, logo de varios infartos, agravada cunha doenza respiratoria, Comeseña mantivo unha intensa actividade e converteuse dende a súa casa tudense nun símbolo da nova democracia que agromaba daquela no noso país, da superación do conflito civil sen renunciar as súas ideas. Morre en San Bartolomeu, no seu bario polo que sentía unha especial querencia, no ano 1997.

A inmediata celebración do centenario do nacemento de ambos é unha axeitada circunstancia para lembrar na nosa cidade a Francisco Comesaña, a Chonchiña Concheiro e a súa familia que amosaron dende sempre un grande agarimo por esta vella cidade á que se sinten tan intimamente xunguidos. Otougar o seu nome á rúa que circunda a súa casa e finca (e que comunica San Bartolomeu con Palláns) mantería merecidamente acesa a súa lembranza entre os tudenses.

(1) En Graña Pérez, Beatriz: Voces da memoria, galegas exiliadas, emigradas e resistentes. Universidade de Santiago, 2003. Hai unha extensa biografia de Choncha Concheiro de grande interese e da que tomamos numerosos datos para este post asi como as imaxes e pode consultarse en http://books.google.es/books?id=iudbUcbPV_cC&pg=PA44&lpg=PA44&dq=francisco+comesa%C3%B1a+rendo&source=bl&ots=8sI-mBTxho&sig=mdvUUj7LatVUh0W4NJPCwWU_liI&hl=es&sa=X&ei=7smTT8OeEurJ0QWypYXcAQ&ved=0CC4Q6AEwAjgK#v=onepage&q=francisco%20comesa%C3%B1a%20rendo&f=false)

O Castro do Alto dos Cubos

$
0
0



Este enclave xeográfico, na parroquia de Pazos de Reis, nas abas do Monte Aloia e integrado hoxe na superficie do seu Parque Natural, é un espolón avanzado no macizo montañoso do Aloia, unido por unha lingua de terra estreita que xunto ás abruptas pendentes converten a este lugar nun espazo de grande interese estratéxico. O propio topónimo “Cabeza” ou “Alto” fai referencia directa a este carácter do lugar, dende onde contemplamos unha impresionante panorámica do val do Miño.

Neste espazo coñecido como “Cabeza de Francos” ou “Alto dos Cubos” temos documentados diversos momentos históricos vencellados á historia da terra tudense e que o dotan dun valor engadido constituíndo un intenso testemuño histórico para Tui e as súas xentes. Centrarémonos hoxe no ámbito da prehistoria, ao coñecer o anuncio de que este xacemento castreño está incluído nun programa que promove a Deputación Provincial de Pontevedra para a posta en valor de diversas enclaves da cultura galaico-romana na nosa provincia.

Este castro do “Alto dos Cubos” esta estruturado en tres niveis ou recintos, un superior e mais elevado que está defendido por una muralla pétrea que delimita o seu perímetro, e outros dous recintos situados en dúas terrazas en pendente cara ao noroeste, magnificamente defendidos polas condicións naturais do terreo. Estamos diante dun exemplo dos chamados, castros de ladeira de monte.

Na Idade do bronce este lugar foi ocupado por unha comunidade humán do que hoxe coñecemos como cultura castreña. Diversas escavacións foron realizadas neste lugar: nos anos 1933-1935 polo grupo “Ultreya” tudense, dirixido por Manuel Fernández-Valdés Costas, coa colaboración de Xosé María Álvarez Blázquez, logo continuadas no ano 1954 baixo a dirección do Comisario Provincial de Excavacións, José Filgueira Valverde, e finalmente no ano 1997 unha nova intervención pola Escola Obradoiro de Restauración tudense coa dirección do arqueólogo tudense Juan José Perles Fontao, recuperando e consolidando os restos anteriormente descubertos.

Das primeiras intervencións realizadas no anos trinta foi publicado en 2008 un manuscrito de Xosé María Álvarez Blázquez no que recolle nun breve artigo unha pequena memoria e inventario daquela intervención e dos avatares daquela colección arqueolóxica que integraba o Museo de Tui, creado no ano 1935 nas dependencias do Institito tudense no convento de San Domingos, e que tras a súa desaparición logrou recuperar en boa medida e que logo depositou no Museo Municipal “Quiñones de León” de Vigo.

Aínda hoxe podemos contemplar diversas estruturas habitacionais deste castro, en concreto no cume existe un sector consolidado de 190 m2 con tres vivendas circulares, dúas delas con vestíbulo, e parte da muralla defensiva deste castro.

Entre os achágedos máis interesantes está un “phalus”, descuberto no ano 1934. É un cilíndro de granito de 165 mm que foi obxecto dunha investigación por parte de Manuel Fernández-Valdés Costas publicada no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Neste traballo sinala que “podemos suponer que se trata del númen tutelar de una vivienda, amuleto doméstico, que protegía a la familia contra hechizos y espíritus adversos”. O erudito tudense indica que estaba no seu poder, descoñecendo na actualidade o seu paradoiro. 


Álvarez Blázquez subliña entre os materiais atopados, unha moeda de bronce romana, o fragmento dun esencieiro de vidro e abondoso material cerámico castreño e romano, entre eles, un fragmento decorado con palmas e cruces posiblemente de época posterior.

A adscrición cronolóxica é ampla; dende o século VII a.C. ata os primeiros tempos da nosa era, pero podemos valorar como o momento temporal de maior ocupación deste castro o situado entre os séculos II a C. ata o III d. C.  pois o material arqueolóxico atopado posue ampla influencia romana: tegullas, sigillata

O enclave castrexo do Alto dos Cubos parece ter cobrado un certo protagonismo a partir do século II a.C. coa ampliación do seu espazo habitacional que estaría en correspondencia coa existencia, na nosa demarcación, dunha estrutura social prerromana, un “populus”. Este xacemento do Alto dos Cubos asumiría, segundo Perles Fontao, ata a chegada dos romanos, un papel de cabeceira de comarca concentrando á poboación en detrimento doutros enclaves, como o situado no outeiro tudense.

Este “populus” prerromán ocuparía o espazo xeográfico asignado ao territorio dos “Grovii” ou grovios que posteriormente á época Flavia se constitúe como “civitas”. Falaremos entón dunha “comunidade politicamente autónoma e territorialmente definida que pouco a pouco vai perdendo os seus carácteres étnicos en favor dunha organización e articulación interna máis xenuinamente romana” sendo Tui a súa capital. Xa que logo Tude sería a “polis”, ou núcleo urbano, dun extenso territorio de preto de 2000 km2, entre o Lima e o Verdugo.

Manuel Fernández-Valdés apunta unha teoría sobre a posible ocupación deste outeiro no século III por unha comunidade franca, e así recolle as teorías do historiador Pierre David que lembra como nos anos 253 e 258 houbo na Hispania senllas invasión dos francos, perdurando ata doce anos. “Este nome de Francos permite pensar que grupos de invasores fixáronse en certos cantóns” e deste posible asentamento derivaría o seu topónimo. A falla de evidencias materiais ao respecto dificulta a aceptación desta hipótese.

Estamos diante do principal enclave da cultura castreña nas terras de Tui pero arredor do cambio de era acollía, posiblemente, a maior concentración de poboación desta contorna, decaindo posteriormente en favor do asentamento romano de "Tude".

Bibliografía:
Álvarez Blázquez, Xosé María: “El castro de Cabeza de Francos. Vigo, 27 de maio de 1948” en Sánchez Bargiela, Rafael, ed.: Xosé María Álvarez Blázquez e Tui, da vella casa do corazón aberto. Tui, Concello, 2008, pp. 87-95
Fernández-Valdés Costas, Manuel: “El ‘phalus’ de Cabeza de Francos” en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos e Orense, vol. XX (1959-1960), pp 267-275.
González Soutelo, Silvia: O Tui antigo: unha aproximación histórico-arqueolóxica. Noia, Toxosoutos, 2007.
Perles Fontao, Juan José: “Castellum Tyde ou a existencia dun xacemento castrexo no conxunto histórico da cidade de Tui. Elementos de valoración” en Castellum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses, nº 1 – 2007, pp. 21-39.
Perles Fontao, Juan José: Rutas arqueolóxicas no Parque Natural do Monte Aloia. Tui, Fundación Comarcal Baixo Miño, 2009.

Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote repoboadores de Tui

$
0
0

Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170.
Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I

A conquista musulmán
Tui formaba parte  das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provincia de Gallaecia, namentres que Braga posuía a sede episcopal metropolitana. A invasión musulmán prodúcese logo do acceso ao poder de Rodrigo que orixina un conflito civil contra os tres fillos de Vitiza e os seus partidarios, chegando as tropas árabes en apoio deste sector. Esta función capitalina converte a Tui, de seguro, en obxectivo preferente para a conquista polos musulmán. Aínda que para outros historiadores se estes musulmáns veñen en auxilio dos vitizianos e antirrodriguistas resultaría innecesaria a súa intervención na provincia da Gallaecia, controlada por este sector, que en connivencia coa España musulmán,  mantiñan o seu poderío.
Da información acreditada, que hoxe se acepta pola historiografía, so podemos afirmar que no sur da actual Galicia a presenza musulmán foi pouco duradeira. Tradicionalmente se adoitaba aceptar que “ademais das incursións militares da primeira época dirixidas por Tarik, Muza e Abdelaziz, tivo lugar, entre o Douro e o Miño, o asentamento de continxentes berberiscos. Pero permanecerán alí moi pouco anos, porque no 714 vémolos abandonando estas posicións norteñas para reclamar a súa instalación nas márxenes do Gualdalquivir”. Este xeneral Abdelaziz, antes mencionado, conquistou Lisboa, Coimbra, Porto e Braga, chegando ata Tui. Apunta Ávila y Lacueva que os tudenses buscaron refuxio nos cumes do Aloia. Os árabes se apoderaron da cidade “causando en ella y su país grandes estragos y ruinas con que lo redujeron todo a un estado de suma miseria”. Como comprobamos moitas conxecturas e escasas realidades contrastadas.
A presenza dos invasores musulmáns e do conseguinte clima bélico provoca a fuxida da poboación, cos conseguintes danos sobre o tecido produtivo, o abandono dos cultivos, etc pero sobre todo, provoca a desintegración das estruturas de goberno. O bispo, un dos referentes da organización de poder, -que algunhas tradicións sinalan era San Adelfio (que aparece como asinante no XV Concilio de Toledo no ano 688 e no seguinte concilio no ano 693)- fuxe cara a Iria –a única que permanece “allea” a estes acontecementos- onde é acollido polo seu bispo que lle concede unha dotación territorial para o seu sustento. En concreto, se trata dos territorios de “Nemitos, Faro, Brecantinos e Somnaria” que se atopan situados na zona norte da diocese. Todos estes acontecementos agravan o baleiro de poder na cidade e en todo o territorio circundante, pois era a estrutura eclesiástica quen unificaba estas entidades territoriais e administrativas dun xeito máis efectivo.

A reconquista e a repoboación
Con todo, esta fuxida e ruptura parece afectar mais aos cumes do poder que reflectir unha despoboación real da nosa bisbarra. Cómpre lembrar que o sistema viario herdado de época romana segue completamente operativo e que Tui segue sendo lugar de paso obrigado neste itinerario; amais pese á desorganización, que as escasas fontes documentais existentes traducen, se manteñen minimamente as estruturas organizativas; así P. David documentou como os límites diocesanos de Tui mantéñense perante séculos a pesares da ocupación musulmán. Abofé que algún magnate local seguiría, en base ao seu poder territorial ou a súa forza militar, detentando un feble poder sobre a cidade, moi afectada pola breve ocupación árabe, e a súa comarca.

Alfonso I

Paralelamente nace no norte da Península o reino astur, unha organización política e territorial, que se basea na tradición belicosa dos pobos cantabro-astures e a chegada dalgúns dirixentes hispano-godos. Un reino que inicia o seu despunte no centro de Asturias. Será Alfonso I (739-757) quen tras consolidar o seu poder no territorio astur inicia unha serie de incursións, que moitos identifican con expedicións de saqueo, polos territorios que os sarracenos tiñan abandonado debido as loitas internas que sofre. A crónica Rotense sinala que recupera as cidades de Lugo, Tui, Porto, Braga, etc pero non parece factible que tivese de loitar moito para “conquistar” estas cidades, máis ben se trataría de expedicións de control e limpeza, pero non de ocupación real e efectiva destas zonas, en concreto da nosa cidade. A nacente monarquía astur carecía nesta altura de capacidade para administrar un territorio tan amplo. Tui ficaría feblemente poboada e sometida ao control dalgun magnate local.
Haberá que esperar case un século para que en tempos de Ordoño I (850-866) a monarquía asturiana estea en condicións de levar adiante unha “repoboación” de signo oficial de Tui e a súa bisbarra. “Civitates antiquas desertas. Id est Legionem, Astoricam, Tudem et Amaquiam patriciam muris circumdedit…” Esta relación de Ordoño I coa repoboación da nosa cidade aparece tanto nas dúas versións da Crónica de Alfonso III como na Crónica Albeldense. Neste proceso repoboador o monarca encomenda a unha persoa da súa confianza, normalmente un membro da aristocracia, a repoboación dunha bisbarra con amplos poderes para distribuír terras, a creación dunha xerarquía de poderes locais, o establecemento de centros eclesiásticos, etc- Este delegado rexio, que moitas veces aparece citado nos documentos como “comes” ou conde lembrando ás vellas institucións do reino visigodo, se establece nun centro urbano dende onde dirixe esta tarefa repoboadora. Desta forma, se acadaba a plena e efectiva integración dun espazo territorial, neste caso o tudense, nos dominios da monarquia astur.

Ordoño I

Os repoboadores de Tui
A repoboación de Tui será o fito máis importante desta xeira. A cidade permanecía seimi-abandonada, sen xerarquía eclesiástica, co seu bispo aínda acollido na diocese de Iria. A súa repoboación estará encomendada a dous aristócratas do mais alto rango en torno aos anos 860/865. Trátase de Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote. Dende Tui levan adiante a reocupación do vello territorio tudense, asi está documentado como Alfonso Betote se apropia da vella poboación de “Borbene”. Tamén ambos nobres aproveitarán a estratéxica situación de Tui para iniciar a ocupación do territorio ao sur do Miño (o actual Minho portugués), labor que continuarán os seus fillos, antecesores do posteriores monarcas portugueses.
Paga a pena lembrar a personalidade deste aristócratas, que tan importante papel desenvolven na historia tudense, e que seguen agochados nos acubillos do pasado permanecendo descoñecidos para a inmensa maioría dos tudenses. Ermenexildo Gutiérrez, casado con Ermesinda Gatóñez (filla do conde Gatón repoboador de Astorga e “comes” do Bierzo) proven da zona meridional da actual provincia de Lugo e aparece citado na documentación como “comes” ou conde de Tui, Coimbra e Caldelas (territorio da zona meridional ourensá) asi como doutras xurisdiccións de Galicia; está emparentado coa familia real pois a súa filla Elvira casará con Ordoño II, e él mesmo aparece citado na documentación como maiordomo real no no ano 883. En torno ao 895 aporta as súas tropas para acabar coa rebelión do conde Witiza e recibas as posesións do derrotado. Anteriormente, no ano 878 conquista e repoboa as terras de Coimbra. Os seus descendentes formarán un dos grupos aristocráticos máis poderosos da Galicia do século X, por exemplo o seu fillo Guiter Menéndez é o pai de San Rosendo, namentres que outros dos seus fillos acadarán o condado portucalense.
Pola súa banda, Alfonso Betote tamén tomará parte nestas tarefas figurando como conde do territorio do Deza e logo tamén de Tui. Actúa como representante dos intereses do bispo de León, aspecto que coñecemos por un diploma do ano 878 do bispo Mauro, que lle encomenda as igrexas que lle foran concedidas por Alfonso III entre os ríos Eo e Masma, no norte de Galicia, así como os posibles dereitos desta sede leonesa no bispado de Tui e en toda Galicia: “sive etiam et fe omn(ia)… a plebe ubicumque inveneris sancte Maie Tudensis sedis”. Posiblemente estamos diante dun intento de integración da diocese tudense, e outros territorios galegos, na sede de León, pero que non debeu perdurar no tempos pois carecemos doutra noticia algunha ao respecto. Os descendentes de Alfonso Betote estarán tamén intimamente ligados ao goberno do condado de Porto, en concreto o seu neto Menendo González, e foron repoboadores doutras zonas do norte do actual Portugal.

Ordoño II

Esta vaga repoboadora, que asegura unha certa estabilidade, leva ao rei Ordoño II (914-924) a restaurar no ano 915 a sede tudense, retornando o bispo do seu refuxio nas terras de Iria. Neste ano asume a cátedra Hermoxio, quen posteriormente, no ano 921, será apresado polos musulmáns na batalla de Jorquera e levado cativo a Córdoba, onde foi rescatado entregando como refén ao seu sobriño Paio, de dez anos, que será martirizado no 925, esténdese axiña o seu culto polo reino astur-leonés.
A reocupación do territorio seguramente coa chegada de poboadores procedentes doutras zonas do reino astur, aseguran unha certa revitalización da vida socio-económica de Tui e a súa bisbarra. Sen embargo esta vida é efémera , pois novos ataques musulmáns unidos ás continuas incursións dos viquingos, levan a un novo esmorecemento da cidade que de novo perde ata a súa condición episcopal sendo agregada á de Compostela por Alfonso V no ano 1024.


Nova edición corrixida do artigo co mesmo título publicado no libro das festas de San Telmo do ano 2003.

As Candelas e San Brais

$
0
0
De cando en vez recollemos neste blogue referencias as tradicións festivas da nosa localidade e a súa contorna que testemuñan a pervivencia dun calendario festivo secular e que expresan elementos substancias da identidade colectiva. Na actualidade transformadas, ou mesmo esquecidas en boa medida, a lembranza destes vellos costumes contribuirá a pervivencia e valorización deste legado propio do noso patrimonio inmaterial ou intanxible, o que máis risco corre de perderse.


AS CANDELAS


Fotografía tomada do libro de Suso Vila"Antiguas fiestas, 
romerías y procesiones en el Bajo Miño". Foto Vila, 1959.

"El día 2 de febrero, escribe Manuel Fernández Valdés no ano 1961, celebra la Iglesia la Purificación de Nuestra Señora. Es la fiesta de las Candelas o de la Candelaria. El vasto templo  de Santo Domingo sirve de escenario a este culto muy arraigado en Tui.
Se celebra la Misa de las Candelas, con asistencia de todas las autoridades, porque la Candelaria es Patrona de nuestra Corporación Municipal. Tras la solemne Misa tiene lugar la procesión; concurren a ella las autoridades y numeroso público, portando todos candelas encendidas que después ofrecen a la Virgen.
En el momento de salir de la iglesia la imagen de la Virgen se da suelta a gran cantidad de palomas. Después se celebra una comida de hermandad de los empleados municipales de toda categoria con el Alcalde.
Dice un refrán gallego:
“Si a Candelaria chora,
inverno fora”
La misma paremia se repite en Italia, en Cataluña y en otras regiones, y asimismo es conocida en todas partes la réplica:
“Que chore, que deixe de chorar
a mitá do inverno está por pasar”

Pola súa banda o historiador tudense Suso Vila apunta o seguinte "Este día era celebrado en la Catedral con el reparto de las velas, encendidas por un capellán y entregadas al obispo que se encargaba de repartirlas a las dignidades y prebendados del coro; a seguir se repartían entre el pueblo allí reunido y la justicia y regimiento (entiéndase Ayuntamiento) que recibían los dichos cirios de rodillas pasando a continuación a realizarse una corta procesión por el Claustro. No sabemos exactamente de donde proviene el voto del Ayuntamiento aunque podemos suponer que un hecho histórico provocase tan antigua celebración municipal", ainda que apunta un suceso de 1543 non semella ser esta a orixe deste compromiso municipal, pois como era o caso do voto da cidade a San Sebastián -xa perdido- ou a San Roque -aínda hoxe é a procesión mais concurrida da cidade- está motivado por rogativas por mor das pestes que asolaban periodicamente á poboación tudense. Posiblemente por este mesmo motivo son moi numerosas as cidades e vilas onde a Corporación Municipal recoñecía como patrona á Candelaria. aínda que a secularización levou ao esquecemento desta tradición, que na actualidades se conserva en numerosas localidades españolas.
No caso tudense o testemuño da anterga costume municipal fica na celebración por parte da Policia Local desta festa das Candelas, ou da Purificación de Nosa Señora, á que tomaron como a súa patrona. Unha tradición máis nova é á "presentación dos nenos" en lembranza da festividade litúrxica do día, que acolle nesta xornada á Catedral tudense.


SAN BRAIS


"Andores" en San Estevo de Budiño

Citando de novo a Fernández Valdés "la primera romería de la comarca que merezca este nombre, es la de San Blas, el día 3 de febrero. Hay antes la de San Mauro o San Amaro en Porto y la de San Julián en el Monte Aloya. Se celebra la de San Blas en el santuario de este santo en San Esteban de Budiño, entre Tui y Porriño, lo que le asegura un gran contingente de romeros.
Cuando Dios quiere amanece un día espléndido, marco indispensable para el lucimiento de una romería. Un sol de primavera, que ya calienta y empuja la savia de los árboles.
Por todos los senderos y corredoiras afluyen grupos de romeros, muchos con sus mortajas: van a cumplir sus promesas consistentes en cirios, gargantas de cera y otros exvotos, porque San Blas es el Abogado de los males de garganta.
Después de la Misa sale la procesión con sus “andores” y mucho acompañamiento. Estallan bombas durante todo el recorrido.
Y después de cumplir con el Santo hay que cumplir con las exigencias de estómago: todos buscan posiciones para comer, al aire libre, en el atrio y en el robledal circundante bajo la fronda de los añosos árboles. O bien en los muchos fogones que rodean el campo de la fiesta.
Sobre los albos manteles, la policromia de las viandas; hay, como en todas las romerias, gran surtido de empanadas. En esta época del año, no puede faltar el lacón. Corre el vino y pronto se templan los ánimos. Suenan gaitas, suben voladores, se canta y se baila y el bullicio ensordece.
A la caída de la tarde todos regresan a las aldeas. Mozos y mozas cantan con gran algazara, y desde luego con afinación, si no miente una de sus coplas:
“Budiño xa ten a sona.
Budiño xa a sona ten,
Budiño xa ten a sona
De cantar e bailar ben".

Tamén en Tui a festa de San Brais posuía unha alongada tradición como é a bendición do pan. San Brais é avogado das enfermidades de gorxa, debido a un miragre que fixo ao sanar a un mozo que tiña unha espina cravada na gorxa. O pan que se come, logo de bendicido, nos defende dos males da gorxa.
Na actualidade aínda numerosas tudenses mercan o pan de San Brais na entrada das misas que se celebran nesa xornada para que forme parte da alimentación dese día ou para conservar este alimento bendicido nas súas casas ao longo do ano como elemento protector fronte as doenzas da gorxa.

Bibliografia:
Fernández Valdés, Manuel: "Las Candelas y San Blas·" en Boletín de Información del Centro de Inicitivas y Turismo de Tui, enero 1961, p. 3.
Vila, Suso: "Antiguas fiestas, romerías y procesiones en el Bajo Miño", 2003

Por unha alternativa ao polígono industrial no Camiño de Santiago

$
0
0

Na rúa coengo Valiño - Tui


Hai algunhas datas se publicaban os datos correspondentes ao pasado ano da presenza de peregrinos polo camiño portugués que acadaban a significativa cifra de 25.628 peregrinos que percorreron esta vía portuguesa, marcando un novo máximo, moi superior ao último ano santo por poñer un exemplo. Deste xeito o camiño portugués se consolida como o segundo itinerario de peregrinación, logo do camiño francés.

Amais a cidade de Tui se confirma, nun ano mais, como o primeiro lugar de partida de peregrinos fóra do camiño procedente de Francia, con  8436 peregrinos que escolleron a cidade tudense para comezar a súa andaina cara ao sartego do apóstolo Santiago.

Estes datos permiten extraer varias conclusións e unha consideración. Como conclusión, ante todo, a pervivencia, aínda que mellor diriamos a progresión, da peregrinación como un fenómeno, en principio, cun carácter relixioso ou espiritual indisociable, pero cunha dimensión cultural e turística primordial. Pero tamén cómpre non esquecer a consideración da peregrinación como un elemento patrimonial de primeiro orde, tanto polos testemuños materiais que se conservan arredor do itinerario de peregrinación como pola propia consideración dos peregrinos como elementos patrimoniais; sen eles non existiría peregrinación, con eles a peregrinación é un patrimonio vivo.

En segundo lugar, resalta a consolidación do camiño portugués que transcorre historicamente polas cidades de Valença e Tui, con mais de 25.000 peregrinos, fronte a pretendidas alternativas que abren novos alternativas de peregrinación carentes dunha tradición histórica acreditada. Os datos estatísticos abondan: non suman 200 os peregrinos que se achegaron a Compostela dende o chamado “camiño portugués da costa”.

Como vimos apuntando o grande interese que suscita a peregrinación deriva da consideración de reproducir un itinerario histórico, revivindo unha experiencia de carácter histórico. Os valores patrimoniais e naturais supoñen un gran valor que aos peregrinos suscítalles anovado interese. Pero para quen ten realizado este camiño portugués, ou para aquel interesado que se achegue a algún dos numerosos foros existentes sobre a peregrinación xacobea, coñece como un dos momentos menos intensos ou interesantes do itinerario portugués é unha parte da etapa entre Tui e Porriño, xustamente o treito que discorre polo polígono industrial das Gándaras no municipio de Porriño. A construción deste equipamento industrial deturpou dramaticamente non só un espazo natural de grande interese ecolóxico senón os antigos camiños que dende época romana percorreron os viaxeiros e tamén os peregrinos. 



Na actualidade os peregrinos transitan por varios quilómetros entre naves industrias que alteran de xeito substancial o contido deste vieiro de peregrinación. Procurar unha alternativa que realizando este percorrido cara ao oeste levase aos peregrinos por camiños menos alterados resulta unha necesidade que beneficiaria a cantos percorren este camiño portugués. Evidentemente, non estaríamos diante dun roteiro histórico pero cómpre adaptarse as esixencias que derivan da presenza do polígono industrial, informando desta alternativa que evitase este treito que altera a percepción da peregrinación e o seu carácter.

A inmediata delimitación da camiño portugués é unha oportunidade idónea para adecuar esta alternativa que partindo de Orbelle achéguese ata Atios, recuperando nesta parroquia o itinerario actual por diante da capeliña de Nosa Señora da Guía xa nas proximidades da vila de Porriño.

Dende “Tudensia” só pretendemos lembrar unha vella reclamación de numerosos peregrinos e colectivos que en varias oportunidades teñen promovido a creación deste camiño alternativo sen que ata o momento chegase a concretarse definitivamente. A sinalización deste percorrido alternativo suscitaría o agradecemento dos peregrinos que “sofren” o actual trazado entre as naves industriais e o tráfico pesado que xeran e redundaría nunha mellor imaxe deste roteiro cara a Compostela e na imaxe turística deste camiño portugués.


“Os pícaros de Tui” unha pequeña reflexión sobre a devoción santelminana

$
0
0


Antoni Guerra le jeune (1666-1711) Saint Elme, 1701 Perpignan, Musée Hyacinthe Rigaud 

(en depósito nos Archives Municipales) - Foto : Michel Castillo 

en www.portugaldominicano.blogspot.com.es




Achegámonos no calendario ás festas patronais de Tui, na honra de San Pedro González Telmo, que nos albores da primavera rexurde dende a tradición e a devoción. Resulta certamente fermoso e case sorprendente que esta celebración se conserve logo de oito séculos. A lembranza de San Telmo sorteou nas diversas etapas históricas os cambios sociais e de mentalidade con inusitada solidez. Na actualidade estamos tamén en procesos de mudanza en innumerables ámbitos da vida pública e social e cómpre preguntarnos como a devoción santelmiana pode garantir a súa continuidade no tempo, afondando na súa identificacións coas xentes de Tui ás que prometeu a súa protección…
Os valores que encarna a figura do frade dominicano que fenece en Tui superan as barreiras do tempo pola súa transcendencia: entrega, solidariedade, xenerosidade, integridade, fe… tamén hoxe en día son auténticos guieiros para calquera persoa independentemente da súa condición e mesmo crenza.
Pero cábenos a todos a responsabilidade de transmitir a nosa devoción ou qerenza polo San Telmo, como un elemento do noso patrimonio inmaterial que nos identifica como tudenses; una transmisión que debe adaptarse aos tempos, ás novas realidades sociais, aos parámetros da nova evanxelización… superando vellos estereotipos e formas que non resultan axeitados para estes novos tempos, para achegarense aos homes e mulleres do século XXI. As fórmulas dos séculos pasados xa non permiten máis que un prantexamento conservador que difícilmente pode asegurar o mantemento desta devoción.A Igrexa, nomeadamente no pontificado de Benedicto XVI, úrxenos a todos a procurar novos vieiros dende unha óptica de evanxelización convocándonos, por exemplo, á celebración do “Ano da fe”
Aportamos hoxe dende Tudensia un artigo de hai máis de cincuenta anos do polígrafo tudense Xosé María Ávarez Blázquez arredor da devición santelminana ao que non lle falta actualidade e que ofrecemos no noso desexo de propiciar unha reflexión, dende a propia sociedade tudense, sobre os novos xeitos de promover a continuidade da devoción e culto ao beato Pedro González Telmo.


Los “Pícaros” de Tuy

Acaso nadie consintiese hoy en Tui apodarse “Pícaro”. Y, sin embargo, es título que por derecho propio conviene a todos los que aquí han nacido. O, digámoslo más claramente, todos los tudenses son “pícaros” de nacimiento.
“Pícaro” una voz gallega que significa niño. Un voz deliciosamente coloquial, que en labios de la madre se torna con frecuencia en “picariño”, algo de tan honda delicadeza que tal vez no posea palabra semejante ningún otro idioma de la vieja Romania. Ya veis de qué hontanar de ternura mana esa alarmante voz, que, dicha así de pronto, bien puede provocar un repeluco de susto. Aclarado el concepto, estoy por creer que ya nadie rehusará el apelativo. ¡Ojalá Dios! Como en redundante exclamación se oye decir.
Pero conviene deslindar los campos. Sabéis muy bien  que las voces cobran  a menudo rumbos extraños, y por algo la alarma es justificada  cuando, como en este caso, la evolución semántica les ha otorgado un doble filo. El “pícaro” gallego transmontó un día las lindes de Quereño y fue a asentar sus reales en la docta Salamanca, donde, por una vez, fallo el adagio, y Salamanca dio lo que la naturaleza no prestaba. Quiero creer que ello aconteció allá por las remotas calendan en que “Estabanillo González”, hombre de buen humor, gallego de nacimiento y de paternidad literaria, aunque anónima, contribuyó por modo ejemplar al afincamiento de un nuevo género en la literatura castellana: el de la novela picaresca, que no es picante, ni siquiera verde, como un vulgar pimiento de Herbón.
“Pícaros” eran, porque eran niños, los lazarillos de ciego que tradicionalmente hendían los serenos ámbitos de Salamanca, de Valladolid, de Alcalá de Henares, con la aguda chispa de su donosa ciencia de vivir, no aprendida en Digestos y Nebrijas, en Titelmanos o Piccienellos, sino a la sombra prieta de los robledales nativos, por imperio exigente de la sangre. Fue de todos los tiempos esta angustiosa necesidad del hombre gallego de ganarse el pan desde niño. Cuando la tierra no daba, la aventura trashumante –trashumar es dejar atrás el “humus” o tierra natal, que vale tanto con el propio “humus” de donde el nombre le viene al hombre-, la aventura, digo, se ofrecía varia y arriesgada: poner el mar por medio, o tomar el zurrón y la cacha, la rueda de afilar, o bien las simples manos limpias, prestas a encallecerse en la mancera o afinarse en juegos de truhanería. Era la cotidiana exportación de pícaros que Galicia ofrecía a la desierta meseta.
He aquí por qué la voz, en su origen delicada como un verso de cuna, se transformó al paso de una lengua a otra, en expresión de picardía. La culpa nuestra no es, sino de quienes allá nos la cambiaron. Por que aquí, en Galicia, la palabra conserva para los limpios de corazón su pureza original.


Pues, como íbamos diciendo, hubo un tiempo en que  todos los tudenses se les llamaba “pícaros”, no igual que a cualquier otro gallego niño, sino, diríamos, por nativo derecho de asociación. Y era que, no bien nacidos y cristianados, siendo “pícaros” aún, se les inscribía con todos los honores en la piadosa Congregación de San Telmo de la que –triste mutación de los tiempos- ni el nombre se recuerda.
Fue quizá la época de su máximo esplendor el último tercio del siglo XVIII. De entonces data un raro impreso, del que es preciso dar aquí puntual noticia en previsión de que no exista más ejemplar
METRICO / REVERENTE MEMORIAL, / con que clama a la fervorosa piedad / de los Ylmos. Sres. Obispo, Cabildos Eclesiástico y Secular / y de otros zelosos Devotos / la Congregación de S. Pedro Telmo / de hijos y naturales de la M.N. y M.L. Ciudad de Tuy. / Para que contribuyan con sus limosnas a la conclusión de la principiada Capilla del Santo, su venerado Patrono  y especial / Protector, Antorcha viva de la Iglesia Católica y de / toda navegación humana”. En 4º de 32 pp. Al final: “Madrid, MDCCLXXVI / Por D. Joachín de Ybarra Ympresor de Cámara de S. M. / Con las licencias necesarias”.
Dos datos evidencian el cuidado de los congregantes en vestir honrosamente esta rara publicación: haber encargado la estampa de San Telmo que va al principio al célebre grabador Minguet y confiado la impresión del texto a don Joaquín Ibarra, el más pulcro maestro de cuantos en su tiempo manejaron los tórculos en España. No se paraban en barras los pícaros congregantes deseosos de honrar a su santo patrón. Lástima que al atildado continente no correspondiese el contenido, unas ripiosas décimas de vate anónimo, que a pesar de todo, nos vienen ahora a cuento para cimentar nuestra teoría sobre el origen de la popular denominación de los cofrades de San Telmo:
“De Pícaros se nomina
Congregación tan piadosa;
y a  Pìcaros cualquier cosa
serás cosa muy divina.
su Picaresca doctrina
vociferando a las puertas
de la piedad, nunca cierta
relaxaciones contiene;
solo a un Santo que no tiene
pide las bolsas abierta.”
Que el petitorio tuvo éxito nos lo demuestra el impulso dado a las obras de la iglesia que culminó con su consagración en el año 1805. De un curioso libro de “Memorias” que, Dios mediante, me propongo editar (*), está tomada la siguiente nota:
El día 29 de septiembre (de 1803) consagró nuestro Ilmo. D. Juan García Benito la nueva Capilla de nuestro Patron Santhelmo, en cuio día celebró en ella Misa Pontifical, y predicó el R.P.M. Fr. Nicolás Losada, del Orden de Predicadores; al siguiente día tuvo en la Capilla su función el Cabildo, con Misa solegne (sic) y predicó el Canónigo, Caballero de la Orden de San Juan, D. Jaime Alemán, Secretario de dicho Cabildo; el día tercero tuvo su función en la misma Capilla la Ciudad, esto es, los señores de Justicia, también con Misa solegne, en la que predicó el Abad de Fornelos de la Ribera, y en día cuarto de su consagración, tuvo su función la hermandad de dicha Capilla, que se titula de los Pícaros; en los tres días primeros salieron por días en cada día su gremio danzando, como fué el de Sapateros, Sastres y Texedores; hubo muchos fuegos, gigantes con otros festexos; hubo comedia pública a las noches en la Plazuela de las Monjas; por último, en una noche se echó un globo que estaba preparado para la tercera noche y como en esta no subiese se suspendió la echada de él y se executó en otra después que subió muy bien y causó gran contento a quantos le vieron subir...
Ahí queda, incluso, la nota pintoresca de ese globo gigantesco  que se perdió en las nubes del pasado. Al evocarle, es imperioso un sentimiento de nostalgia por el muerto esplendor de aquellos viejos burgos gallegos, hoy reducidos a sombras. Sin duda no fueron proféticos los versos iniciales del “Métrico Reverente Memorial” que decían:
Los hijos de Tuy prolijos
la piedad cristiana invocan
y a los Devotos provocan
a que sean buenos hijos”.
¿Por qué no resucitar la hermandad de los “Pícaros”? Por ellos tiene preferencia el Señor. Si así lo hiciereis, El os lo premie...

José María Álvarez Blázquez
En “Tuy: publicación del Instituto Laboral”. Año 3, nº 5 - 15 diciembre 1954, Pág. 3

(*) E que finalmente foron publicadas co título de Memorias de un menestral curioso na revista El Museo de Pontevedra (T XII- 1958).

Tui, 1893 de Juan Miguel González Fernández

$
0
0

Temos a honra de contar, nunha nova oportunidade, coa colaboración en Tudensia do historiador Juan Miguel González Fernández que enriquece este blog cunha nova achega de investigación sobre o pasado tudense. Agradecemos a Juan Miguel González -que nestes días ven de presentar unha recopilación da bibliografia sobre a historia de Vigo editada pola Instituto de Estudios Vigueses- a súa colaboración froito da amistade e da súa incansable labor de pescuda do noso pasado.                                                 



     Tui, 1893

Houbo un tempo, poñamos un cento de anos atrás, que dispoñer dun aparato telefónico era un privilexio do que moi poucos podían disfrutar. Para  solventar a necesidade de información e comunicación entre distintas (e distantes) localidades de España a empresa “Bailly-Bailliere e Hijos” con sé na capital do estado editaba un “Anuario de Comercio”. Nos comezos do século XX pasa a chamarse “Anuario General de España”, incorpora un novo socio: Riera, convértese en Sociedade Anónima e a praza de edición  muda a Barcelona. Cada volume dividíase en provincias, partidos xudiciais, municipios e cidades -no seu caso- e parroquias. Aceptaban pequena publicidade  e resaltados no texto.
Hoxe en día estes “Anuarios” convertéronse en auténticas fontes históricas, que permiten obter unha ampla radiografía sobre a administración, economía e cultura de cada localidade. Recorreremos, pois, a este “Anuario” para facer un percorrido polo Tui de antano ao editado en 1893, cando a centuria chegaba ao seu ocaso (non constan Pazos de Reis e Randufe).
O concello de Tui, é dicir, a capital e as 10 parroquias rurais dependentes sumaban daquela 12.039 habitantes, tendo a cidade ao redor de 5.000 moradores. Como se pode apreciar nin o núcleo urbano era demasiado grande nin o agro estaba densamente poboado, froito sen dúbida da difícil topografía de boa parte do terreo. Algunhas freguesías tiñan un moi marcado carácter rural, sendo o caso máis significativo o de Malvas, que apenas dispoñía duns poucos muíños fariñeiros.
Como cabeza de partido Tui contaba, ademais de co seu concello, dun xulgado municipal, outro máis importante de primeira instancia  (con xuíz, secretario e fiscal), unha administración de correos, e outra de aduanas (con xefe e interventor) dada a súa proximidade á raia lusitana. O xulgado motivaba que houbese un bo número de profesionais vencellados á curia; así, tiñan aberto bufete 12 avogados (Arines, Ruibal, Sarmiento, etc) e 5 procuradores de causas (Bargiela, Lorenzo, etc).
Entre esta elite socioprofesional tamén daban servizo 2  notarios (Menéndez e Otero) e nada menos que 7 administradores de fincas, algúns procuradores ao mesmo tempo; este elevado número pode deberse  á demanda que xeraba a emigración entre as xentes do rural.
As finanzas estaban nas mans de 2 banqueiros: M. Maceira -ilustre apelido- e A. Gregores. É de supoñer que levaban un alto nivel de vida e tiñan bos contactos.
No ámbito administrativo relixioso era sé do bispado sufragáneo do arcebispado de Santiago, rexentado por don Fernando Hue y Gutierrez; o cabido catedralicio dispoñía dun secretario e un mordomo. Para esta clientela traballaban en exclusiva 2 “casulleros”.
En canto ao ensino salientaba o Seminario Conciliar de San Francisco -o único do distrito-, rexido por don Manuel Vallejo Rodríguez, co seu vicedirector, secretario e mordomo, amais dun plantel de 28 catedráticos, quen impartían, en 1º e 2º curso , ademais das linguas (hebreo, grego, latín) asignaturas  tan específicas como disciplina eclesiástica, hermenéutica, teoloxía dogmática e metafísica, etc. No que á instrución pública se refire, tódalas parroquias contaban cunha escola rexentada por un mestre (sempre varón), agás Malvas e Rebordáns.
O mundo da cultura mostrábase, por unha banda, na edición de xornais: o inevitable “Boletín Eclesiástico de la Diócesis”, o ultra católico “La Integridad”, “La verdad” e o semanario “La Novedad”.  Estes vían a luz na imprenta “Viuda e hijo de L. Pérez Hermida”, sita no Cantón de Diómedes, nº 5, a cal tamén era librería, en competencia coa de  J. M. Iglesia; o primeiro tamén se ocupaba da encadernación,o mesmo que V. Junquera.
Os servizos públicos da sanidade estaban representados pola consulta de 5 médicos (Gil Ruibal, Temo Spuch) e 3 establecementos farmacéuticos (Areses, quen tamén era director municipal de sanidade). Curiosamente aínda quedaban 2 vendedores de sambesugas, utilizadas de sempre para as  sanguías.
Como non podía ser doutro xeito, a actividade mercantil concentrábase no caso urbano. En relación co tamaño e para satisfacer as necesidades básicas de alimentos Tui contaba con 11 tendas de ultramarinos, 12 panaderías (a metade levadas por donas) 4 tablaxerías de carniceiros, 2 salchicheíras, 2 provedores de aceite, 1 pesadeira e 1 vendedor de sal.  A demanda de vestido estaba satisfeita por nada menos que 18 almacéns de tecidos, aparte de 5 xastres para traxes á medida; pero a modernidade comezaba a asomarse e xa había 2 negocios de roupa feita. Para a  menaxe da fogar  dos menos podentes podíase recorrer a algunha das 9 quincalleirías, rexentadas case todas por mulleres. Había tamén  un pequeno sector do mercado máis elitista, no que se contaban 3 confiterías, 2 reloxeiros (J. Losada) e 4 perruquerías para un público máis interclasista. Para o inveterado vicio do tabaco a Compañía Arrendataria do produto tiña como representante a J. Besada.
A industria de Tui e os seus arredores era moi escasa e de pequenas dimensións. O máis grande empresario era M. García, quen tiña na cidade unha fábrica de aserrar madeira, un muíño de cortizas e unha factoría de curtumes. Do primeiro tipo había tamén en Paramos e Pexegueiro -zonas montañosas- e 2 de tellas e ladrillos en Guillarei, propiedade dos Besada, xunto con outras tantas na propia cidade.
O artesanado viña sendo o mesmo que en calquera lugar da Galicia, con algúns traballadores manuais tamén no rural: ferreiros, xastres, zapateiros, canteiros... e ata un especializado broncista (J.F. Barreira). Como en Galicia nunca fallan festas, o pirotécnico de Paramos debía estar moi demandado.
As comunicacións públicas estaban presididas polo ferrocarril de Ourense a Vigo cun apéndice ao Miño que atravesaba  pola ponte internacional enlazando co seu correspondente comboio portugués. A nivel local, contaba con dous barcos de pasaxe en Tui  e outros tantos en Caldelas que cubrían o transporte á ribeira portuguesa por vía fluvial. Para os que dispoñían de certo caudal económico na cidade había tres “alquiladores” de carruaxes (2 deles tamén exercían de cocheiros) e 4 -quizais de carros- en Caldelas debido á demanda do balneario.
A só 9 quilómetros da cidade, na limítrofe parroquia de Caldelas, atopábase un coñecido balneario.  Del indica brevemente o “Anuario”: las aguas de los baños de su nombre son de naturaleza cloruro-sódicas, débilmente sulfurosas, abiertos en la temporada del 1º de julio al 30 de septiembre, bajo la dirección de don César García Teresa, con apeadeiro de tren. En torno a elas xiraba un pequeno asentamento presidido polas instalacións do hotel balneario, dispoñendo asemade de 4 fondas, 3 tendas de ultramarinos e, como xa sinalamos, 4 “transportistas” e 2 barcos de pasaxe. 
Tanto na cidade -sobre todo alí- como no rural non fallaban os muíños fariñeiros, indicativos dunha importante explotación agrícola  dedicada preferentemente ao cultivo de cereais (millo, etc).  Para medir as fincas (cuestión a miudo delicada) contaban con 3 peritos agrimensores con residencia na urbe. Non podían fallar no agro os colleiteiros viño con suficiente capacidade como para xerar excedente comercializable (mesmo había un cubeiro en Ribadelouro), atopándose sobre todos terras chas e ben regadas (Guillarei, Paramos...). Outro sector importante na contorna era o da gandería; tamén nesa última parroquia había un tratante de porcos e na de Guillarei e na urbe outros de gando sen especificar, imaxinamos que vacún; na cidade J. Rodríguez posuía unha “vaquería”.  Para coidar da  saúde dos animais  debía recorrerse aos dous veterinarios (C. Rivero) que vivían na cidade.      

Juan Miguel González Fernández

Preparando o bicentenario de Frei Rosendo Salvado

$
0
0


O programa "A Sentinela" da Televisión de Galicia, emitido esta mañá, abordou unha semblanza sobre o tudense Frei Rosendo Salvado, abade de Nova Nursia - Australia, como unha preparación cara o bicentenario do seu nacemento que celebraremos no vindeiro ano 2014.

O programa dirixido por Enrique  R. Lista García, O. F. M., contou coa presencia de Anxo Carnicero Carrera, delegado episcopal para este bicentenario, e o autor deste post.









http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/igrexa-catolica-3

"El espiritu de la ciudad" artigo sobre Tui de Roberto Blanco Torres

$
0
0

Achegamos hoxe un artigo xornalístico Roberto Blanco Torres publicado no ano 1925 no xornal vigués “Galicia” do que era redactor xefe. As interesantes reflexións de Blanco Torres non perderon, en boa medida, vixencia.





EL ESPIRITU DE LA CIUDAD

Cuando fui por primera vez a Tuy, hace unos cuantos años, me creí encontrar una ciudad perfectamente levítica, de ambiente limitadamente monástico, con templos en casa esquina, callejuela empinadas y retorcidas y en ellas, a cada paso, curas gordos y beatíficos y mujeres espigadas y melancólicas que, habituadas al bisbiseo del rezo, con el rosario en la mano cruzaban con la marida perdida hacia adentro , indiferentes al escenario de la calle y al paso de la calle.
A Tuy nos lo habían mostrado así, con un carácter de mística taciturnidad, recoleto y tranquilo, como una ciudad de la edad media embebida en el pensamiento del cielo y de la vida ultraterrena, sin hostigamientos ni preocupaciones mundanas; nos lo habían mostrado así, con un alma estática en invariable, como los extraños viajeros y las literaturas nos dan inalterablemente una idea análoga de Compostela, de Toledo, de Ávila, de Brujas la Muerta...
Y no es eso precisamente, aunque si lo fuese, no veríamos en ello sino la persistencia incólume del espíritu ancestral, el alma de la tradición manteniéndose vigorosa a través de mudanzas y vicisitudes, el ritmo interior vital que caracteriza a los pueblos que tienen personalidad propia, inconfundible y enajenable.
Tuy, sin haber perdido los vestigios mas permanentes y hondos de la tradición, la emoción religiosa, sin haber perdido el hálito de la historia que es la conciencia de los pueblos, sin haberse descaracterizado por la ingeverencia de elementos espirituales exóticos, que al raer o adulteras sus esencias prístinas la arrebatan su aliento íntimo y no le dan en cambio otra alma, es una ciudad moderna, abierta a todas las transformaciones sociales de hoy, a todas las evoluciones del progreso y de la vida, a todas las agitaciones del siglo, en que el dinamismo biológico va plasmando una nueva  estructura al carácter social. Tuy es un pueblo industrial e industrioso, un pueblo de movimiento comercial revelador de energías, un pueblo alegre y jovial que no ha renunciado a la herencia psicológica del pasado ni ha opuesto una muralla espiritual trasmudaciones e innovaciones del presente y que experimenta, dentro de su órbita vital de aspiraciones, las inquietudes del porvenir.
Tuy es un pueblo afanoso y trabajador. Junto a sus calles vetustas, junto a sus callejuelas pinas que son como las raíces, llenas de savia, de un  tronco viejo con nuevas espléndidas ramificaciones, como un alma fecunda que presta todas sus energías al parteamiento de nuevos vástagos, tiene sus calles y sus paseos y sus jardines modernos; junto al ámbito silente de su catedral, de sus escasos edificios monacales y del ambiente recoleto de sus plazas, tiene el desvelo y la actividad y el empuje de los pueblos que saben combinar la insobornables unciones de la fe con el tráfago nervioso de los negocios y la vida materialmente progresiva de las sociedades actuales.

Roberto Blanco Torres
Xornal “Galicia” – Vigo, 21 de xuño de 1925, esta columna abre o especial dedicado ao milenario de San Paio en Tui





Nota biográfica de Roberto Blanco Torres 

Foi un xornalista comprometido e un poeta que incorporou á súa obra as correntes máis vangardistas. Nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en Entrimo o 3 de outubro de 1936. 

Emigrou a Cuba o ano 1906, seguindo a iniciativa tomada polos seus irmáns, e alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega baixo o pseudónimo Fray Roblanto. O semanario Follas Novas foi a primeira publicación que aceptou os seus artigos, en setembro de 1907, mais tamén colaborou con Santos e Meigas, Suevia e Galicia e fundou xornais como La Alborada (1911) e La Tierra Gallega (1915), desde onde ataca algúns dos administradores do Centro Gallego da Habana, ao mesmo tempo que colabora en prensa cubana coma o Diario de la Marina ou El Comercio. Ademais, coñeceu e relacionouse con galegos ilustres coma Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte e o líder agrarista, Basilio Álvarez, fundador de Acción Gallega, que foron decisivos na súa traxectoria ideolóxica. 

O seu primeiro artigo na prensa galega aparece en 1910 na revista Vida Gallega, pero non regresou a Galicia ata fins de 1916, establecéndose na Coruña e participando nas Irmandades da Fala. A comezos de abril de 1917 publicou o seu primeiro artigo en A Nosa Terra e, en novembro de 1918, participou da I Asemblea Nacionalista. Dous anos despois fíxose cargo de El Correo Gallego, de Ferrol, e, en 1921, pasou a dirixir La Zarpa, en Ourense, ata que en 1923 se converte en redactor xefe de Galicia. Diario de Vigo. No ano 1926 casou con Xulia Sánchez Nóvoa e durante unha tempada de 1927 foi redactor xefe de El Pueblo Gallego

É autor de dúas obras en vida. A primeira, aparecida en 1929, o seu poemario Orballo de media noite, contén 31 poemas de grande modernidade e influencia nas letras dos anos trinta. E a segunda, unha escolma de 38 artigos xornalísticos titulada De esto y de lo otro, publicada en 1930. No mesmo ano, Blanco Torres participou na creación da Asociación Galega de Escritores. Foi membro, asemade, do comité executivo da Federación Republicana Gallega e, en marzo de 1931, asumiu a dirección de La República, de Ourense. Aínda que amosando descontento co seu partido con respecto á consecución da autonomía para Galicia, entre o 29 de decembro de 1931 e o 16 de xuño de 1932, aceptou o cargo de gobernador civil en Palencia. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra e, desde maio de 1936 ata o estoupido do golpe militar, foi xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, participando activamente na campaña a prol do estatuto de autonomía para Galicia. O levantamento militar de 1936 sorprendeuno na casa familiar da súa muller en Amido, no concello da Peroxa, onde foi detido. Encarcerado en Ourense primeiro e trasladado a Celanova a seguir, acabou por ser asasinado polos falanxistas no concello de Entrimo o 3 de outubro de 1936. Por orde xudicial, foi soterrado nunha fosa común da igrexa parroquial de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo. 



Blanco Torres atinxiu en vida, a través do seu inxente traballo xornalístico e mesmo poético, grande celebridade como pensador de esquerdas, primeiro implicado no agrarismo e despois no galeguismo, colaborador en numerosos medios con outras personalidades relevantes como Castelao, Cabanillas, Lustres Rivas ou Paz Andrade. 

Foille dedicado o “Día das letras galegas” no ano 1999. 

Tomado da páxina web da Real Academia Galega 


Cen anos de "Chonchiña" Concheiro: unha páxina viva e vital da nosa historia

$
0
0

O pasado 1 de maio Asunción Concheiro García, "Chonchiña", viuva do Dr. Francisco Comesaña cumpriu, en México, cen anos de idade, Dende Tudensia nos sumamos as felicitacións polo aniversario desta tudense de adopción, e recollemos a columna que asinamos no xornal "La Voz de Galicia" o xoves 2 de maio.


"Chonchiña" con familiares e e amigos na súa festa de aniversario.
Non está permitida a súa reproducción sen autorización.



Cen anos de "Chonchiña": unha páxina viva e vital da nosa historia contemporánea

Celebrar centenarios é facer referencia inevitablemente á historia, é unha evocación que realizamos pola súa actualidade ou, cando menos, pola perennidade da súa significación.
Hoxe nos sumamos á celebración dos cen anos de dona Asunción Concheiro García, “Chonchiña”, viuva do Dr. Francisco Comesaña Rendo. “Chonchiña” vive dende hai dous anos en México onda a súa familia e ata aquelas terras pretendemos chegue o eco rumoroso dunha lembranza garimosa.
Nada en Ordes hai agora cen anos, o seu noivado en Compostela co estudante de Medicina e afervoado dirixente político, Francisco Comesaña, cambiará por completo a súa vida orientada naqueles anos ao maxisterio. O estoupido da Guerra Civil coa detención do seu noivo e a súa condena a morte nun xuízo sumarísimo fai agromar naquela moza unha decisión teimosa para promover unha campaña, mesmo internacional en base a dobre nacionalidade -hispano cubana- de Comesaña- logra salvalo do pelotón de fusilamento ou de ser paseado naquelas mouras xornadas.
En medio desta traxedia que sacude ao pais e tan directamente ás súas vida, Paco e Choncha, casan por poderes (ela en Ordes, el nunha cadea en Alicante) e logran agromar en medio daquela tristura a beleza, a tenrura e a esperanza naquel fermoso episodio da súa peculiar “noite de vodas”. Unha historia recollida, con gran habelencia literaria, por Manuel Rivas na súa novela “O lapis do carpinteiro”.
Logo o exilio, primeiro en Cuba, e logo en México onde a familia se instala e desenvolve a súa actividade profesional sen esquecer nunca a súa militancia política. Regresan definitivamente a España no ano 1977 establecéndose no barrio tudense de San Bartolomeu como un símbolo vivo da reconciliación que selaba o proceso de transición española.
Custodia da memoria do Dr. Comesaña, da memoria do exilio, dos ideais e das arelas dunha xeración que dende a derrota non ficou na lánguida evocación do perdido senón que foi quen de apostar por unha reconstrucción do país. “Chonchiña” é hoxe unha páxina viva e vital da nosa historia contemporánea.
Paco Comesaña –que tamén cumpriría cen anos neste 2013- e Concha Concheiro souberon manter unha traxectoria vital de rectitude verbo dos seus ideais, pero tamén dunha bonhomía que hoxe cómpre evocar para quen non fique no esquecemento.

Rafael Sánchez Bargiela



Sebastián de Ocampo, mercader e navegante tudense nos inicios da conquista americana (1460 - 1514)

$
0
0



No ano 2005 a Xunta de Galicia procedeu á botadora dun barco para o seu servizo de gardacosta que foi denominado co nome de “Sebastián de Ocampo” lembrado ao navegante galego que fora o primeiro en circunnavegar a illa de Cuba no ano 1506. Se procuramos na Gran Enciclopedia Galega na biografía deste ilustre mariño figura como nado na vila de Noia.


Hai poucos días recibin un correo electrónico no que unha investigadora me solicita información sobre Ocampo, especialmente algunha imaxe ou fotografía da previsible estatura que tería na súa localidade natal, Tui. A miña sorpresa foi grande, pois estabamos diante dun nome que en ningún momento tiña vencellado á nosa cidade, carecendo de dato algún sobre a súa ascendencia tudense. A miña sorpresa se incrementa cando rapidamente solicito axuda a Wikipedia onde si figura que era natural de Tui. Xa non atino, non dou crédito.


Superada a sorpresa inicial, unha búsqueda máis pormenorizada de información sobre o noso personaxe lévame a un documentado estudio sobre Sebastián de Ocampo realizado en base ao seu testamento de 1516. Un documento referenciado dende había anos pero non estudado ata o ano 2012 nun artigo publicado na revista “Anuario de Estudios Americano” e da autoría da investigadora Carmen Mena García, da Universidade de Sevilla.


Yo Sebastián Docampo, hijo de Piero Hernández de Tuy, natural de la ciudad de Tuy, estante que ahora estoy en esta ciudad de Sevilla, enfermo del cuerpo e sano de la […] voluntad e en mi seso e acuerdo e entendimiento...” asi inicia o seu testamento redatado o 25 de xuño de 1514 certificando de xeito nidio o seu berce na nosa cidade ao redor do ano 1460. Nada sabemos ata agora da súa familia e o tempo da súa estadía na cidade do Miño.


A seguinte noticia que posuímos sobre Ocampo é a súa participación na ocupación das Illas Canarias, instalándose na illa de La Gomera. No século XV as Canarias foron incorporadas á Coroa de Castela mediante unha ocupación a cargo dos nobres que se apropian das terras logo de conquistar militarmente o territorio. Nesta illa baixo o señorío dos Pedraza o noso persoeiro logra un importante patrimonio en fincas e terras de labor, no frondoso paraxe coñecido como “El valle del Gran Rey”. Nesta illa tivo ata tres fillos naturais, dos que se lembrará no seu testamento. O seu curmán, Alonso de Ocampo, chegou a gobernador de La Gomera durante varios anos.


Segundo o testemuño de Frei Bartolomé de las Casas, Sebastián de Ocampo era fidalgo, criado da raíña Isabel e chegou a América en 1493 acompañando a Cristobal Colón no seu segundo viaxe. Instalado na illa La Española (actual Santo Domingo) posúe unha ampla fortuna pois rapidamente se integra nos mecanismos do comercio inidiano.


Citamos o traballo da profesora Mena: “Por lo pronto se asoció en diferentes negocios con el ambicioso tesorero real de La Española, Miguel de Pasamonte, incondicional amigo de Lope Conchillos y secretario personal del rey Fernando. Disfrutaba también de la amistad de todas las personas importantes de la isla, comenzando por el propio gobernador Ovando, habiendo participado con muchas de ellas, incluso con Diego de Nicuesa, en numerosas actividades mercantiles. También se había preocupado de estrechar lazos en la Corte con algunos de los personajes más influyentes de aquellos momentos, entre ellos Francisco de los Cobos, antiguo miembro de la corrompida camarilla fernandista y luego todopoderoso secretario personal del joven Carlos I, así como de un destacado funcionario de la Casa de la Contratación, el factor Pedro de Isásaga, por lo demás contino de la Casa real”.


Pola confianza do gobernador Frei Nicolás de Ovando o tudense é comisionado para circunnavegar a illa de Cuba con dúas carabelas e comprobar se era unha illa. Aínda que normalmente se citan os anos 1508 ou 1509 como data desta expedición pola que Sebastián de Ocampo é lembrado como o primeiro que percorreu as costas cubanas, en realidade esta expedición tivo lugar no ano 1506. No seu recordo no ano 1998 foi colocada na cidade de Matanzas unha praca conmemorativa como “homenaxe de Cuba e Galicia”. Sen embargo, xa anteriormente Juan de la Cosa, en 1500, tiña debuxado un mapa onde Cuba era unha illa, a pesar da prohibición de afirmar esta insularidade segundo unha acta de 1494. Con todo esta expedición de Ocampo non debeu acadar os seus principais obxectivos pois en 1508 de novo se encomenda esta misión a Vicente Yáñez Pinzón e Juan Díaz Solis. A propia historiadora a quen seguimos, Carmen Mena. sinala que resulta unha inxustiza histórica a sona de Ocampo como gran mariño e explorador polos pobres resultados desta circunnavegación.




Mais interesante é a súa chegada ás terras selváticas de Darién (Panamá) onde colabora con Vasco Núñez de Balboa, o famoso descubridor do Pacífico no 1511. Ao ano seguinte, 1512, o virrei Diego Colón envía en auxilio dos famentos colonos de Darién dous barcos que viaxaban por conta do seu armador, Sebastián de Ocampo. Nas turbulencias políticas daquela zona participa Ocampo. E así Balboa logo de ocupar o poder e enviar preso á Península ao representante do gobernador e para defender a súa postura na Corte nomea ao tudense, que estaba preparando o seu retorno, como o seu apoderado encargándolle, incluso, unha entrevista persoal co monarca. Ao retorno de Darién o tudense tivo de deterse en Cuba e non chegou a La Española ata febreiro o marzo de 1513.

No verán de 1514 chega a Sevilla residindo na casa do seu curmán, Alonso de Noia, situada no barrio de San Marcos. Dado que axiña cae enfermo sendo coidado, en ausencia de Alonso, pola súa esposa, Inés Romero, filla dun próspero curtidor sevillano, e a súa filla Beatriz. Sentíndose peor redacta o seu testamento o 25 de xuño e en días posteriores varios codicilos. Morrendo posiblemente no mes de xullo de 1514.


Ocampo órdea ser soterrado na igrexa de San Sebastián, no campo de Tablada. Evidenciando a súa importancia económica sinala que será delante del altar mayor de la dicha iglesia, y que hagan una sepultura de bóveda y encima de ella me pongan una piedra blanca de mármol, de mi estatura, y se ponga en ella un letrero que diga: aquí yace Sebastián de Ocampo, que Dios perdona, y en medio de éste las armas de San Francisco, que sea un escudo con las cinco plagas (sic) de nuestro redentor Jesucristo, y a la redonda un cordón de San Francisco; y mando que me entierren en el hábito del señor San Francisco… Dispón tamén a fundación dunha capelanía na dita igrexa de San Sebastián dotada con mil pesos de ouro.


No contido do testamento comprobamos que deixa como herdeiro universal o seu pai Pedro Fernández Tui, se fose vivo, e ás asignacións que concede aos seus fillos naturais, ao seu curmán Alonso de Noia e especialmente a súa muller e filla asi como resolve os seus múltiples negocios. Pero sobre todo, e seguimos a Carmen Mena, en su testamento sevillano se dibuja una figura mucho más compleja y polifacética que la de un simple explorador. Nos descubre sobre todo a un hacendado, que se dedica en Canarias al cultivo del azúcar, cuyo producto seguramente exporta a Santo Domingo para satisfacer la demanda de los colonos, mientras en la isla transita con decisión desde la economía del oro a la del trapiche; a un desahogado representante del comercio atlántico, que goza de excelentes contactos en sus negocios, e incluso a un cambiador relacionado con operaciones crediticias en Sevilla y en las Indias. Cambiador y mercader a un mismo tiempo: no debe sorprendernos. En estos tempranos años resulta difícil discernir entre unos y otros, porque los hombres de la Carrera lo mismo actúan como banqueros que realizando importantes operaciones crediticias de índole mercantil que los convierten también en mercaderes de pleno derecho(...)no cabe la menor duda de que el mercader Ocampo disfrutaba de una situación económica más que boyante. En efecto, un cálculo aproximado de las cantidades adeudadas a su favor, superior a los mil ducados, frente a las insignificantes deudas pendientes de saldar por Ocampo, así como las rentas de sus dos sociedades mercantiles y el valor de sus haciendas en la isla de la Gomera arrojan un saldo favorable que no desmerece al de otros acomodados comerciantes indianos


Sirvan estas notas para divulgar a figura deste importante comerciantes dos primeiros tempos da colonización do continente americano nado na cidade de Tui e agardamos susciten interese para avanzar no coñecemento da súa figura.

Bibliografia Carmen Mnena "Aqui yace Sebastian de Ocampo, que Dios perdona (perfil biográfico de un mercader indiano". Anuario de Estudios Americanos. nº 69-2. Sevilla 2012, pags 535.568 




Nomes tudenses nos Xogos Florais de 1891

$
0
0


Medalla conmemorativa dos Xogos Florais de Galicia de 1891 batida en Vigo polo xoieiro Enrique Pérez en 1891, nunha das caras reprodúcese unha ave fénix agromando das chamas, acompañada da lenda "SURGE ET AMBULA"; érguete e camiña. Na outra cara, pode lerse a lenda: "TUY PRIMEIRA CONVOCATORIA ANO MDCCCLXXXXI - CONSISTORIO DOS XOGOS FRORAIS-GALICIA". Tomado de www.realacademiagalega.org



O 24 de xuño de 1891 a cidade de Tui acolleu un singular acontecemento de grande transcendencia tanto para a cultura como para a vida socio-política de Galicia, nesa data celebráronse no Teatro Principal os Xogos Florais que salientar por ser o primeiro acto público celebrado en Galicia e realizado integramente en idioma galego. Cábelle pois á nosa cidade a honra de comezar unha andaina na que aínda na actualidade estamos como é a normalización do noso idioma. Os nomes senlleiros de Manuel Murguia, Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León, Eladio González… resultarían xustificación para lembrar este acontecemento como un dos fitos máis senlleiros da nosa cidade ao longo dos anos.

Pero neste xogos participaron de xeito destacado diversos persoeiros tudenses que se sumaron con entusiasmo á iniciativa e traballaron arreo na súa organización.

O núcleo tudense que naquela altura colaboraba coa Asociación Rexionalista Galega tiña chegado ata estas posicións de exaltación da patria galega dende os prantexamentos carlistas e mesmo reaccionarios, que atopaban na defensa dos valores tradicionais de Galicia un freo aos ventos reformistas da Restauración. Converxen, pois, de xeito conxuntural, nesta agrupación este sectores católico-tradicionalistas cos grupos rexionalistas, tanto de orixe liberal como federal; entre todos teñen comezado o camiño para a recuperación da conciencia de Galicia como pobo, ou andando os anos, nación diferenciada.

Manuel Murguía xunto con Alfredo Brañas crearan, en 1890 en Santiago de Compostela, o Comité Central Regionalista que promove no ano seguinte a constitución de comités locais, agora xa baixo o nome de Agrupación Regionalista Gallega. O xornal “La Patria Gallega” de Santiago foi o seu voceiro.

A práctica totalidade dos protagonistas tudenses destes xogos fundaran o 15 de abril de 1891 a “Xunta rexionalista” de Tui coa finalidade, segundo recolle La Integridad, de “trabajar por la prosperidad y engrandecimiento de la hermosa región gallega, nuestra segunda patria, fomentar sus intereses materiales y morales y promover el perfeccionamiento de nuestra dulce habla y nuestra literatura”. Esta xunta estaba integrada polos seguintes persoeiros:

Presidente: D. Manuel Fernández de Herva, “Doctor en derecho, Caballero de la Orden Portuguesa de Santiago, del mérito científico y literario e individuo, de la Sociedad de Geografia y de la Academia de Medicina”.

Vice-presidente: D. Eduardo Caballero Canals, “médico y exdiputado provincial.”

Secretario: D. Martín Díaz Spuch, “alumno de sesto año de la Facultad de Derecho” de Compostela.

Vogais: D. Antonino Cerviño González, “canónigo magistral e individuo de numero de las Academias de Ciencias Naturales de Madrid y Barcelona”.

D. Juan Areses Alonso, “Dr. En Farmacia e Teniente-alcalde”

D. Justo Salvador Fortes Domínguez, “director de La Integridad”

D. Indalecio Rodríguez de Córdova, “presidente de la Sociedad Casino”

D. Manuel Lago González, “catedrático del Seminario”

D. Juan Álvarez Cordero, “Licenciado en Farmacia”

D. Leoncio Comesaña González, “abogado”.



Certamente neste listado ficaron varios nomes no esquecemento e doutros son escasos os datos que posuímos. Mesmo de Manuel Fernández de Herba carecemos doutros datos que as súas palabras pronunciadas un interesante discurso no banquete conmemorativo destes Xogos florais celebrado o 26 de xuño na súa condición de presidente da Xunta rexionalista tudense: “que seamos gallegos antes que políticos, que nos alistemos, en fin, sin vacilaciones y desalientos en la gran cruzada del regionalismo (…) al grito de ‘Dios lo quiere, han vencido ellos’; al grito de ‘Galicia lo demanda’ venceremos nosotros si la protección de Dios no nos falta, y la protección de Dios no falta nunca a las causas justas y nuestra causa es justa; es santa, es bendita, porque es la causa de la libertad y el derecho.”

Escasos datos temos tamén de Eduardo Caballero Canals, este médico tudense posuía unha dilatada traxectoria política, pois nos inicios da I República asina, xunto a outros tudenses, un manifesto de apoio a candidatura a Cortes do tudense Severino Martínez Barcia, que resultará electo nos tres comicios convocados polo réxime republicano.

Outro nome, case esquecido en Tui, é o de Martín Díaz Spuch, nado na nosa cidade no 1865, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e doutor en dereito cun tese titulada 'Modificaciones introducidas por el Código Civil en la legislación anterior sobre hijos naturales'. Acadou praza na carreira diplomática, sendo vicecónsul en Buenos Aires e logo cónsul en Tanger, finando en Cádiz en 1912. Participou na conferencia de Algeciras, publicando en “La Integridad” as crónicas deste cumio co seudónimo de “Abdallah”. Colaborou en numerosos xornais e revistas especialmente “La Integridad” tudense (dende a que mantivo unha famosa polémica con “El Pensamiento Galaico” de Santiago), “Galicia Moderna”, etc. Autor de diversas pezas poéticas, foi un galardoados nos Xogos florais tudenses coa súa obra “O derradeiro trovador”. Martín Díaz Spuch foi logo membro non numerario da Real Academia Galega.


Antonino Cerviño, cunha biografía mais coñecida, era daquela cóengo maxistral do Cabido tudense. Foi numerario da Real Academia Galega e asiduo colaborador nos xornais do seu tempo. Con sona de gran orador pronunciou un famoso “sermón rexionalista” en 1891 na Catedral tudense na función de San Telmo, celebrada aquel ano o 24 de xuño, no que clama pola redención e a emancipación de Galicia e a defensa do idioma propio. No prólogo con que introducía a súa publicación en “La Patria gallega”, órgano oficial da Asociación Rexionalista de Galicia, fai esta declaración de principios: “Ningún pueblo es tan desgraciado como el gallego y ninguna clase más digna de lástima que el labrador de nuestros campos. He aquí la primera causa de mi regionalismo… Queremos ahora curar nuestras llagas y para eso que nos dejen en paz los que hasta ahora nos han chupado la sangre…Llevamos en el corazón un espina que debe interpretarse por un ansía de una nueva existencia, por un deseo de que Galicia se emancipe y viva una vida libre e independiente… El castellano expresará muy bien lo que allá se siente, lo que allá se piensa, pero no puede expresar lo que sentimos y pensamos los gallegos; eso solo puede expresarlo nuestra habla, que es brote de nuestra naturaleza, expansión de nuestra alma y manifestación viva de nuestros sentimientos”.





Febles son os datos sobre Juan Areses Alonso, que era daquela tenente de Alcalde no Concello tudense. Natural de Oleiros – Salvaterra, dotoruse en Farmacia cunha tese titulada “Estudio de las solanáceas y sus alacaloides, hecho en las especies más importanes y comunes en Galicia”, amais era un notable químico e analizou numerosas augas medicinais galegas. Casado coa sobriña de Manuel Amoedo, que fora alcalde de Tui, e con quen se asociara na botica que posuían entre a Praza do Concello e a rúa das Monxas –nunha casa actualmente en rehabilitación- e da que logo ficou como único propietario. Finou no ano 1935.

Tampouco son amplas as noticias sobre Indalecio Rodríguez de Córdova, fillo do farmacéutico vigués asentado en Tui Juan Antonio Rodríguez Bustillo, emigrou a Cuba como os seus irmás e formou parte do Corpo de Aduanas, regresando a Tui cando comezou o seu proceso de independencia.


Outro dos tudenses protagonista daquela xornada foi o presbítero Manuel Lago González, daquela profesor no Seminario tudense, e voceiro naquel acto dos Xogos Florais da Xunta Rexionalista da nosa cidade. O seu discurso titulado “Gabanza da lengua galega” comezou cunha cita do poeta Francisco Añón: “Ai, esperta, adourada Galicia / dese sona en que estas debruzada” engadindo que Galicia a tiña escoitado e tíñase levantado para dar testemuña do que vale a súa lingua e publicar as fazañas dos seus fillos.

Lago, tras abandonar forzosamente “La Integridad” no 1896 trasládase ao Seminario de Lugo, acadando posteriormente unha praza de cóengo na Catedral lucense. Foi logo bispo de Osma, Tui e arcebispo de Compostela. As súas posturas ideolóxicas teñen suscitado mais dun debate historiográfico pois procedendo do carlismo mais integrista mantivo un activo galeguismo, basicamente de carácter cultural, gozando así de favorable acollida entre o mundo galeguista. Acadou unha das primeiras cadeiras da Real Academia Galega e foi membro de honra do Seminario de Estudios Galegos. A Lago debémoslle unha frase que pronunciada no seu discurso de recepción na Universidade compostelá fará historia: “Amando a Galicia amaremos a Deus e seremos profundamente relixiosos”. Cunha ampla e coñecida biografía omitimos agora outras noticias ao respecto.

Este 24 de xuño de 1891 pasa á historia de Galicia pola reivindicación que se facía do galego e do seu uso público e por ser unha das escasas oportunidades que os diversos sectores rexionalistas converxen neste evento. Aos poucos meses as diferenzas entre tradicionalistas e liberais impedirán a consolidación do movemento rexionalista. Sirvan estas breves liñas para lembrar o protagonismo dun feixe de persoeiros tudenses neste acto que colocou a Tui como avangarda de Galicia e da recuperación da súa cultura e, nomeadamente, da súa lingua.



(Publicado parcialmente en Faro de Vigo, suplemento Baixo Miño / Louriña de 24 de xuño de 2006)

Historia da Eurocidade (I)

$
0
0

En febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase tamén neste nivel institucional o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas da súa diversas adscricións institucionais.
Para afondar nesta vida compartida dende Tudensia achegamos, en varias entregas ou “posts”, unha breve historia desta eurocidade onde sinalaremos os principais acontecementos do seu devir temporal, aínda que dun xeito en exceso resumido o que implica, en moitos casos, unha simplificación dos acontecementos e unha renuncia explícita a unha análise polo miúdo.


Historia eurocidade Tui-Valença

O territorio enmarcado polo val do río Miño e os seus afluentes posúe unha axeitadas condicións para o desenvolvemento da vida humana e facilitará, ao longo dos tempos, a presenza dunha continuidade na ocupación deste territorio.

A tradición sinala que foi un heroi grego, Diomedes, que logo de participar nas guerras de Troia, realizou unha longa travesía que o levou ata estas terras onde fundo en homenaxe ao seu pai, o rei de Etolia, Tydeo, unha cidade, “Tyde”. A fundación grega de Tui é xa referida por algúns historiadores romanos e recuperada no século XVI e posteriores nun proceso, amplamente estendido en numerosos lugares da Península, de procurar nestas tradicións clásicas, mais próximas á lenda que a historia, un maior prestixio local. O certo é que testemuñas arqueolóxicas desta presenza grega non existen ata actualidade.

Os primeiros habitantes de Galicia se teñen documentado en lugares moi próximos a Tui, no xacemento das Gándaras de Budiño ( O Porriño), ou mais recentemente, nas estacións de O Cabrón (Arbo) e Porto Maior (As Neves), aproveitando as boas condicións naturais para o asentamento humano. Tamén encontramos restos materiais paleolíticos en Baldráns, Guillarei, Rebordáns, Ribadelouro, Pexegueiro, Areas ou Randufe que nos evidencian unha ocupación humana desta comarca  naquela época.

Andando los séculos o home se sedentariza e convertese en agricultor, no que se coñece como proceso de “Neolitización”, que en Galicia se asocia é cultura megalítica, caracterizada pola construción de enormes monumentos de pedra de carácter funerario. Estes monumentos figuran na toponimia con nomes como mámoas, medorras…  con exemplos como Anta, en Areas, onde apareceron no camiño do Viveiro forestal varios machados pulimentados. “As Inquirições de D. Afonso III” tamén aluden a edificacións do tipo dolménico en Valença. Testemuño desta época é o machado de Carrasqueira (Paramos) cunha cronoloxía de tres milenios antes de Cristo.

A aparición da metalurxia abre unha nova etapa no desenvolvemento da sociedade humana, especialmente importante é a Idade do Bronce (1900 a.C. ata o século VI a. C.) que acadou grande importancia en Galicia pola súa riqueza mineira. Na zona tudense hai importantes achados correspondentes a este momento histórico, destacando o casco de bronce (chamado “celta”) atopado no leito do Miño na zona de Caldelas así como diversas hachas da mesma época y lugar. Estes obxectos podemos contemplalos no Museo Diocesano. 


"Casco celta" de Caldelas - Museo Diocesano de Tui

Quizás a manifestación máis coñecida desta época son os chamados petroglifos ou gravados rupestres, insculturas realizadas ao aire libre. Son representacións de variadas formas, desde deseños xeométricos a antropomorfos que tamén encontramos no noso municipio, desde os de “Rozacús” en Randufe ou “Carneiras” en Baldráns e en diversos xacementos das freguesías de Valença.


Gravados rupestres ou petroglifos de "Rozacús" - Randufe (Tui)

Esta cultura dos metais ten unha última fase, a idade do ferro, que no Noroeste Peninsular se corresponde coa cultura castreña. Nas fontes clásicas Tui aparece citada como capital dos grovios, grupo xentilicio, que ocuparía o suroeste de Galicia. A este período histórico corresponden diversos xacementos arqueolóxicos tudenses: Cabeza de Francos, A Guía, monte Aloia, e incluso a acrópole tudense, evidenciando unha continuidade no hábitat nesta área da cidade desde épocas remotas.

Sen dúbida, que é Cabeza de Francos -coñecido tamén como Alto dos Cubos- o mellor estudado dos xacementos castreños. Situado nun espolón nas abas do monte Aloia, na parroquia de Pazos de Reis, este castro foi escavado en diversas oportunidades e recentes investigacións o sitúan como o principal referente deste territorio en época prerromana.


"Alto dos Cubos" ou "Cabeza de Francos" - Pazos de Reis (Tui)

O paso por esta zona do Cónsul romano Décimo Junio Bruto, no 137 a. C., que tras cruzar o río Limia –o famoso río Lethes ou do Esquecemento- conduciu ás súas tropas ata o río Miño acampando, segundo algúns, na freguesía de Gandra supón a incorporación deste territorio ao proceso de romanización.

As fontes clásicas apuntan a un posible “castellum” en Valença namentres que no caso tudense apreciamos dous núcleos de asentamento nesta época: o “Castellum Tyde” ubicado na cima do outeiro tudense, e no barrio de San Bartolomeu (chamado tamén na documentación como Santa Eufemia) atopamos numerosos restos arqueolóxicos, dúas necrópoles, un taller de vidro, etc. que formaban parte da “Mansio” (núcleo con pousada, substitución de animais de transporte, etc.) da Vía XIX, do Itinerario de Antonino.

Esta via XIX cruzaba o río Minho no noso territorio e conservamos, actualmente no interior da fortaleza de Valença, un miliario dedicado a Tiberio Claudio, marcando XLIII millas dende Bracara Augusta. Este miliario, usado como pelouro, foi traslado a este lugar dende a súa ubicación orixinal no lugar de “Airinhos” na ribeira do Miño, que algúns autores localizan fronte o antigo porto tudense de Lavacuncas, na actual zona da Mariña.



Miliario (usado como pelourinho) - Fortaleza de Valença

A medida que avanzamos na historia do Imperio romano o núcleo tudense vai configurándose como un importante centro militar, relixioso, administrativo e de comunicacións, como testemuñan as importantes evidencias arqueolóxicas atopadas.

Como comprobamos, dende os tempos máis remotos, a ocupación humana deste territorio patentiza unha complementariedade que terá continuidade no futuro.

Historia da eurocidade (II)

$
0
0
 A partir da chegada dos suevos (século IV) Tui se configura como un dos principais enclaves do seu reino, asi xunto con Lugo será unha das capitais de Galicia no reinado de Rekiamundo. Testemuño da importancia tudense nesta época é a existencia dunha ceca, para a acuñación de moeda. Así co rei Rekiamundo (458-463) figura o nome desta ceca en varias moedas. Salienta unha siliqua do Emperador Anastasio acuñada en Tui, sendo a primeira deste tipo que aparece co nome dunha ceca hispana. Tui figura tamén en moedas dos monarcas godos; Recaredo, Witerico, Sisebuto, Recaredo II, Chindasvinto e Recesvinto.

Triente de Sisebuto (612-621) , acuñado en Tude

Tamén datable neste período é láuda ou tapa de sepulcro- chamada de Modesa-, e o anel visigótico achado nesta cidade e diversos restos materiais (lauda de estola, enterramentos e estruturas) achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas en San Bartolomeu.

Lauda de "Modesa" no Museo de Pontevedra

Pero a principal contribución desta época é a extensión do cristianismo e a súa organización eclesiástica. Aínda que tamén con carácter lendario considérase a San Epitacio -discípulo de Santiago Apóstolo- como primeiro bispo de Tui, a sede tudense aparece por vez primeira documentada no ano 572 cando o bispo Anila asiste ao segundo concilio bracarense, xa anteriormente en 569, baixo o reinado de Teodomiro, realízase nun concilio a división parroquial de Galicia, é o famoso Parrochiale Suevum, que lle concede á diocese tudense 17 parroquias, unha das de maior número, abranguendo ambas ribeiras do Miño e testemuñando a existencia dunha previa organización eclesiástica de grande envergadura.. Na área valenciana, como na tudense, son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que proveñen desta época.

Pero sen dúbida, a noticia máis coñecida entre os tudenses desta época é a fixación nesta cidade da corte do rei Witiza, asociado ao trono polo seu pai, entre os anos 697 e 701, na parroquia de Pazos de Reis, onde construíu un palacio e outros edificios no lugar que aínda hoxe se chama Monterreal, cuxas ruínas perduraron até o século XVIII. Este feito apunta a que Tui desempeña tras a dominación visigoda un papel rector no ámbito do noroeste peninsular.

A primeira invasión árabe que afecta ao noso territorio data do ano 716: o Emir Abdelaziz entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui. Estas invasións non significaban a presenza permanente das tropas musulmás. A monarquia asturiana asume a tarefa “reconquistadora” e ocupa Tui no ano 739 co rei Alfonso I. Posteriormente Ordoño I “repoboa” Tui no ano 850 e en 915 Ordoño II restaura a sede episcopal.

Pero Galicia e Tui sufrirá a presenza dos normandos, que son un constante azoute das zonas costeiras e tamén de poboacións interiores como Tui. No ano 844 os viquingos arrasaron esta localidade, volveron a principios do século X, onde as súas desfeitas obrigan ao bispo tudense Naustio a refuxiarse no mosteiro de Labruxa. No ano 970 Gunderedo encabeza unha outra expedición e de novo o bispo debe refuxiarse noutro lugar, agora en Ribas de Sil. 

San Olaf, rei de Noruega

A máis afamada expedición normanda é do ano 1014 encabezada por Olaf Haraldsson que ademais de saquear e destruír Tui, chamado  Gunvaldsborg nas sagas viquingas, levou cativo ao bispo e o seu clero, reclamando altos rescates. A influencia da presenza normanda na nosa zona quedou presente a través das propias barcas de navegación do Miño cuxa técnica construtiva é indubidablemente nórdica.

Bote anguleiro do río Miño, de tradición viquinga

Pola súa banda, as incursións ou “razzias” das tropas musulmás afectan á nosa comarca como foi o caso da realizada por Almansor -Ao  Allah - nome de guerra do Emir Ben Abi Amir- que no ano de 997, no seu camiño para Santiago de Compostela, destruíu numerosos enclaves, incluído o Mosteiro de Ganfei e Tui.

Historia da Eurocidade (III)

$
0
0
A consolidación de la monarquía leonesa permite que no ano 1071 o rei Don García e a súa esposa Dona Urraca restauran de novo a sé episcopal tudense co  bispo Xurxe que se instala no  mosteiro de San Bartolomeu. O apoio rexio se traduce no 1095 na concesión ao bispo do señorío temporal da cidade de Tui e o seu couto, que abrangue ambas ribeiras do río Miño, boa parte do actual territorio da Eurocidade.

San Bartolomeu de Rebordáns


O nacemento do reino de Portugal establece unha nova dinámica. Os intentos de ambos monarcas por controlar o territorio tudense provocará que, durante varios séculos, sexa escenario de sucesivos episodios bélicos. Con todo, o río Miño se consolida como a fronteira entre ambos reinos –a fronteira máis antiga que existe na actualidade en Europa- sen impedir a vida común entre as súas poboacións e que a diocese tudense ata o século XV se extenda dende o Verdugo ao Limia.

Asi en 1121 y 1126  Dona Teresa, raíña de Portugal, ocupa Tui sendo rexeitada primeiro pola súa irmá a raíña Dona Urraca e posteriormente polo seu fillo Afonso VII. De novo en 1131 e 1137 Afonso I de Portugal invade Tui, asinándose entre este monarca y Afonso VII o 4 de xullo de 1137 a chamada Paz de Tui, que é un dos precedentes do recoñecemento definitivo da independencia do reino de Portugal.

Afonso VII de León, no Tumbo A da Catedral de Santiago

Afonso VII foi un monarca que apoiou decisivamente á cidade tudense, á que dotou en 1142 dunha torre defensiva, próxima ás obras da Catedral –cuia construción comezara unhas décadas antes- no lugar que hoxe ocupa o Concello Tui.

Unha nova ocupación lusa de D. Sancho I en 1169 rexeitada por Fernando II leva a este monarca a que en 1170 conceda á cidade de Tui os seus foros y ordene levantar unha muralla e mesmo o traslado de toda a poboación, tratando de crear un núcleo fortificado e fiel fronte ás pretensións portuguesas ao que decide chamarlle “Buenaventura” aínda con escaso éxito.
De novo en 1186, D. Sancho I toma a cidade de Tui, á que concédelle importantes doazóns. Aos dez anos estallan novas las hostilidades entre D. Sancho y Afonso IX. Así se xustifica que, en 1200 o Rei D. Sancho I mandase construír os primeiros muros defensivos en Valença, entregándolla ao Bispo de Tui, D. Paio Carramondo, para que este a poboase e edificase unha igrexa. En 1212, a recen fundada Contrasta é arrasada polo exército de Afonso IX. En 1217, D. Afonso II mandou repoboala, reconstruír as súas murallas e outorgoulle un foro o “foral”. Será en 1262, por diploma de 2 de Agosto, cando D. Afonso III confirme o foral outorgado, a favor de Contrasta, polo seu pai, pero cambiándolle o nome por Valença. Estas denominación traducen xa as dúas principais funcións desta cidade ao longo dos séculos: militar e comercial.

Sancho I de Portugal

Tui se consolida como un importante núcleo urbano e centro económico e comercial cun dinámico porto fluvial. Os burgueses tudenses se rebelaran en varias ocasións contra o poder temporal de bispo: xa no propio ano 1170 houbo conflitos, en 1211 e finalmente en 1248 que resolve o rei Fernando III en 1250 cunha sentenza que condena ambas partes,  tanto o bispo como os lideres burgueses, e restablece os foros de 1170. Se repetiran estas loitas concellís en 1286 (preito das chaves).

Se no século XII a fidelidade do bispo tudense basculaba entre as dúas coroas, na seguinte centuria estamos xa diante dunha decida aposta castelá. No sécuo XIV, aproveitando a crise política que vive o reino de Castela, as tropas portuguesas intentaran a conquista de Tui en diversas oportunidades. Nas loitas pola sucesión de Afonso XI entre partidarios de Enrique de Trastámara (a quen apoia o bispo) e de D. Pedro I os tudenses se suman a este partido que ao ser derrotado apoian  as pretensións ao trono do monarca portugués Fernando I que en 1369 recibiu unha entusiasta acollida polos tudenses. A vitoria dos “enriqueños” reforzará o papel do bispo como señor da cidade ata o punto que xa no haberá más conflitos cos burgueses tudenses.

Fernando I de Portugal

Estas loitas políticas se unen a unha profunda crise motivada por las malas colleitas que provocan fame e a chegada da peste, cuxa presenza témola documentada en Valença en 1348. Na segunda metade deste século  XIV  e no seguinte serán momentos de crise e dificultades para Tui y de consolidación do papel de Valença na organización da monarquía portuguesa, que reforza as súas estruturas defensivas, en tempos de D. Dinis, con altas torres con balcóns, portas e barbacanas.

A raíz do chamado “Cisma de Occidente” que enfronta ao Papa Clemente VI, refuxiado en Avignon, con Urbano IV que está en Roma, o monarca luso Joao I anima a un grupo de cóengos tudenses partidarios deste último pontífice e fundan col apoio real e dos arcebispos de Braga e Compostela a Colexiata de San Estevo de Valença, iniciándose o chamado “cisma de Valença” ou dos “chamorros”. Haberá que esperar a 1444 cando o monarca portugués consegue a aprobación papal definitiva para a separación do territorio da diocese tudense en terras de Portugal atribuíndo a la recen creada diocese de Ceuta, dependente daquela do reino de Portugal. Testemuño deste momento histórico é a fermosa cátedra que se conserva na antiga Colexiada de Santo Estevo de Valença.

Cátedra da Colegiada de Santo Estevo - século XV |

A perdida da metade do territorio y das súas rendas supón un durísimo golpe para a diocese e para a súa sede tudense que agrava a crise que se vive nestes anos da cabalo entre os séculos XIV e XV.


A Cova da Trapa na web do Clube Mauxo

$
0
0
Os amigos do Clube Mauxo de Espeleoloxia realizan un meritorio labor de investigación sobre o noso territorio; ao seu bo qefacer debemos o descobrimento da cova da Trapa, na parroquia tudense de Ribadelouro, a cova granítica máis extensa do mundo e que constitúe polas súas características físicas e os recursos asociados un excepcional elemento patrimonial do noso municipio.
Hai agora dous anos Tui acolleu o 12º Simposio Internacional do Pseudokarst organizado polo Clube  Maúxo e que do serviu para afondar no coñecemento deste fenómenos naturais,  como esta Cova da Trapa
Agora na súa páxina web o Clube Mauxo está publicando un estudo sobre esta Cova da Trapa que polo seu interese recollemos neste blogue ao tempo que felicitamos ao Clube Mauxo polo seu excelente traballo e nos sumamos a súa reclamación de solicitar a declaración de "Monumento natural" para este excepcional enclave tudense.

 




Viewing all 229 articles
Browse latest View live