Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

Historia da Eurocidade (I)

$
0
0

En febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase tamén neste nivel institucional o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas da súa diversas adscricións institucionais.
Para afondar nesta vida compartida dende Tudensia achegamos, en varias entregas ou “posts”, unha breve historia desta eurocidade onde sinalaremos os principais acontecementos do seu devir temporal, aínda que dun xeito en exceso resumido o que implica, en moitos casos, unha simplificación dos acontecementos e unha renuncia explícita a unha análise polo miúdo.


Historia eurocidade Tui-Valença

O territorio enmarcado polo val do río Miño e os seus afluentes posúe unha axeitadas condicións para o desenvolvemento da vida humana e facilitará, ao longo dos tempos, a presenza dunha continuidade na ocupación deste territorio.

A tradición sinala que foi un heroi grego, Diomedes, que logo de participar nas guerras de Troia, realizou unha longa travesía que o levou ata estas terras onde fundo en homenaxe ao seu pai, o rei de Etolia, Tydeo, unha cidade, “Tyde”. A fundación grega de Tui é xa referida por algúns historiadores romanos e recuperada no século XVI e posteriores nun proceso, amplamente estendido en numerosos lugares da Península, de procurar nestas tradicións clásicas, mais próximas á lenda que a historia, un maior prestixio local. O certo é que testemuñas arqueolóxicas desta presenza grega non existen ata actualidade.

Os primeiros habitantes de Galicia se teñen documentado en lugares moi próximos a Tui, no xacemento das Gándaras de Budiño ( O Porriño), ou mais recentemente, nas estacións de O Cabrón (Arbo) e Porto Maior (As Neves), aproveitando as boas condicións naturais para o asentamento humano. Tamén encontramos restos materiais paleolíticos en Baldráns, Guillarei, Rebordáns, Ribadelouro, Pexegueiro, Areas ou Randufe que nos evidencian unha ocupación humana desta comarca  naquela época.

Andando los séculos o home se sedentariza e convertese en agricultor, no que se coñece como proceso de “Neolitización”, que en Galicia se asocia é cultura megalítica, caracterizada pola construción de enormes monumentos de pedra de carácter funerario. Estes monumentos figuran na toponimia con nomes como mámoas, medorras…  con exemplos como Anta, en Areas, onde apareceron no camiño do Viveiro forestal varios machados pulimentados. “As Inquirições de D. Afonso III” tamén aluden a edificacións do tipo dolménico en Valença. Testemuño desta época é o machado de Carrasqueira (Paramos) cunha cronoloxía de tres milenios antes de Cristo.

A aparición da metalurxia abre unha nova etapa no desenvolvemento da sociedade humana, especialmente importante é a Idade do Bronce (1900 a.C. ata o século VI a. C.) que acadou grande importancia en Galicia pola súa riqueza mineira. Na zona tudense hai importantes achados correspondentes a este momento histórico, destacando o casco de bronce (chamado “celta”) atopado no leito do Miño na zona de Caldelas así como diversas hachas da mesma época y lugar. Estes obxectos podemos contemplalos no Museo Diocesano. 


"Casco celta" de Caldelas - Museo Diocesano de Tui

Quizás a manifestación máis coñecida desta época son os chamados petroglifos ou gravados rupestres, insculturas realizadas ao aire libre. Son representacións de variadas formas, desde deseños xeométricos a antropomorfos que tamén encontramos no noso municipio, desde os de “Rozacús” en Randufe ou “Carneiras” en Baldráns e en diversos xacementos das freguesías de Valença.


Gravados rupestres ou petroglifos de "Rozacús" - Randufe (Tui)

Esta cultura dos metais ten unha última fase, a idade do ferro, que no Noroeste Peninsular se corresponde coa cultura castreña. Nas fontes clásicas Tui aparece citada como capital dos grovios, grupo xentilicio, que ocuparía o suroeste de Galicia. A este período histórico corresponden diversos xacementos arqueolóxicos tudenses: Cabeza de Francos, A Guía, monte Aloia, e incluso a acrópole tudense, evidenciando unha continuidade no hábitat nesta área da cidade desde épocas remotas.

Sen dúbida, que é Cabeza de Francos -coñecido tamén como Alto dos Cubos- o mellor estudado dos xacementos castreños. Situado nun espolón nas abas do monte Aloia, na parroquia de Pazos de Reis, este castro foi escavado en diversas oportunidades e recentes investigacións o sitúan como o principal referente deste territorio en época prerromana.


"Alto dos Cubos" ou "Cabeza de Francos" - Pazos de Reis (Tui)

O paso por esta zona do Cónsul romano Décimo Junio Bruto, no 137 a. C., que tras cruzar o río Limia –o famoso río Lethes ou do Esquecemento- conduciu ás súas tropas ata o río Miño acampando, segundo algúns, na freguesía de Gandra supón a incorporación deste territorio ao proceso de romanización.

As fontes clásicas apuntan a un posible “castellum” en Valença namentres que no caso tudense apreciamos dous núcleos de asentamento nesta época: o “Castellum Tyde” ubicado na cima do outeiro tudense, e no barrio de San Bartolomeu (chamado tamén na documentación como Santa Eufemia) atopamos numerosos restos arqueolóxicos, dúas necrópoles, un taller de vidro, etc. que formaban parte da “Mansio” (núcleo con pousada, substitución de animais de transporte, etc.) da Vía XIX, do Itinerario de Antonino.

Esta via XIX cruzaba o río Minho no noso territorio e conservamos, actualmente no interior da fortaleza de Valença, un miliario dedicado a Tiberio Claudio, marcando XLIII millas dende Bracara Augusta. Este miliario, usado como pelouro, foi traslado a este lugar dende a súa ubicación orixinal no lugar de “Airinhos” na ribeira do Miño, que algúns autores localizan fronte o antigo porto tudense de Lavacuncas, na actual zona da Mariña.



Miliario (usado como pelourinho) - Fortaleza de Valença

A medida que avanzamos na historia do Imperio romano o núcleo tudense vai configurándose como un importante centro militar, relixioso, administrativo e de comunicacións, como testemuñan as importantes evidencias arqueolóxicas atopadas.

Como comprobamos, dende os tempos máis remotos, a ocupación humana deste territorio patentiza unha complementariedade que terá continuidade no futuro.


Historia da eurocidade (II)

$
0
0
 A partir da chegada dos suevos (século IV) Tui se configura como un dos principais enclaves do seu reino, asi xunto con Lugo será unha das capitais de Galicia no reinado de Rekiamundo. Testemuño da importancia tudense nesta época é a existencia dunha ceca, para a acuñación de moeda. Así co rei Rekiamundo (458-463) figura o nome desta ceca en varias moedas. Salienta unha siliqua do Emperador Anastasio acuñada en Tui, sendo a primeira deste tipo que aparece co nome dunha ceca hispana. Tui figura tamén en moedas dos monarcas godos; Recaredo, Witerico, Sisebuto, Recaredo II, Chindasvinto e Recesvinto.

Triente de Sisebuto (612-621) , acuñado en Tude

Tamén datable neste período é láuda ou tapa de sepulcro- chamada de Modesa-, e o anel visigótico achado nesta cidade e diversos restos materiais (lauda de estola, enterramentos e estruturas) achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas en San Bartolomeu.

Lauda de "Modesa" no Museo de Pontevedra

Pero a principal contribución desta época é a extensión do cristianismo e a súa organización eclesiástica. Aínda que tamén con carácter lendario considérase a San Epitacio -discípulo de Santiago Apóstolo- como primeiro bispo de Tui, a sede tudense aparece por vez primeira documentada no ano 572 cando o bispo Anila asiste ao segundo concilio bracarense, xa anteriormente en 569, baixo o reinado de Teodomiro, realízase nun concilio a división parroquial de Galicia, é o famoso Parrochiale Suevum, que lle concede á diocese tudense 17 parroquias, unha das de maior número, abranguendo ambas ribeiras do Miño e testemuñando a existencia dunha previa organización eclesiástica de grande envergadura.. Na área valenciana, como na tudense, son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que proveñen desta época.

Pero sen dúbida, a noticia máis coñecida entre os tudenses desta época é a fixación nesta cidade da corte do rei Witiza, asociado ao trono polo seu pai, entre os anos 697 e 701, na parroquia de Pazos de Reis, onde construíu un palacio e outros edificios no lugar que aínda hoxe se chama Monterreal, cuxas ruínas perduraron até o século XVIII. Este feito apunta a que Tui desempeña tras a dominación visigoda un papel rector no ámbito do noroeste peninsular.

A primeira invasión árabe que afecta ao noso territorio data do ano 716: o Emir Abdelaziz entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui. Estas invasións non significaban a presenza permanente das tropas musulmás. A monarquia asturiana asume a tarefa “reconquistadora” e ocupa Tui no ano 739 co rei Alfonso I. Posteriormente Ordoño I “repoboa” Tui no ano 850 e en 915 Ordoño II restaura a sede episcopal.

Pero Galicia e Tui sufrirá a presenza dos normandos, que son un constante azoute das zonas costeiras e tamén de poboacións interiores como Tui. No ano 844 os viquingos arrasaron esta localidade, volveron a principios do século X, onde as súas desfeitas obrigan ao bispo tudense Naustio a refuxiarse no mosteiro de Labruxa. No ano 970 Gunderedo encabeza unha outra expedición e de novo o bispo debe refuxiarse noutro lugar, agora en Ribas de Sil. 

San Olaf, rei de Noruega

A máis afamada expedición normanda é do ano 1014 encabezada por Olaf Haraldsson que ademais de saquear e destruír Tui, chamado  Gunvaldsborg nas sagas viquingas, levou cativo ao bispo e o seu clero, reclamando altos rescates. A influencia da presenza normanda na nosa zona quedou presente a través das propias barcas de navegación do Miño cuxa técnica construtiva é indubidablemente nórdica.

Bote anguleiro do río Miño, de tradición viquinga

Pola súa banda, as incursións ou “razzias” das tropas musulmás afectan á nosa comarca como foi o caso da realizada por Almansor -Ao  Allah - nome de guerra do Emir Ben Abi Amir- que no ano de 997, no seu camiño para Santiago de Compostela, destruíu numerosos enclaves, incluído o Mosteiro de Ganfei e Tui.

Camilo José Cela e Tui

$
0
0


Camilo José Cela foi, é, un dos grandes escritores galegos e universais, recoñecido coa concesión do Premio Nobal de Literatura no ano 1989 pola súa “prosa rica e intensa”. Datoda dunha personalidade contraditoria, polémico pola súa colaboración inicial coa ditadura franquista e pola súa visión ácida e critica do home e da sociedade, pero ao tempo aclamado por moitos. Certamente dos seus valores narrativos están fóra de toda discusión constituíndo a súa obra unha das cimeiras da literatura en español.

A súa relación con Tui venlle a través do seu pai, Camilo Cela Fernández, que naceu na nosa cidade a finais do século XIX e onde a súa familia posúe unha alongada presenza.  Os Cela chegan a Tui, procedentes das terras de Piñor, en Ourense, coa figura de Camilo Cela Fernández (Piños de Cea /Ourense, 1843 – Tui, 1923). Tivo na nosa cidade un comercio relacionado coa siderurxia e a ferretería. Actuou intensamente na vida política local, aliñado no partido conservador de Augusto González Besada, enfrontado por tanto cos ordoñistas que dominaban a vida politica da comarca, ocupando en varios período unha concellería no concello tudense, chegando a Primeiro Tenente de Alcalde no ano 1904 e alcalde ao longo do ano 1905.

Casou en Tui coa Teresa Fernández Fernandez, tamén natural das terras de Piñor de Cea, a tiveron cinco fillos todos nacidos en Tui.

1.- Manuel Cela Fernández, que foi avogado e moitos anos Secretario do Concello tudense. Mantivo a tradición familiar actuando con intensidade na vida política local a través da súa dedicación ao xornalismo como director de “Tuy humorístico” e “La Opiniòn”. Casado coa tudense Gerarda Díz Jurado, tivo tres fillos:  Manuel, tamén avogado e que viviu na casa da Praza de San Fernando ata a súa morte, Gerardo e Ignacio, ambos con dilatada traxectoria na Armada Española, Almirante e capitán de navío respectivamente.

2.- Camila Cela Fernández, solteira que vivu en Tui ata a súa morte en 1948.

3.- Teresa Cela Fernández, que casou co avogado tudense Fernando Pérez Hermida, doutra familia de alongada tradición na cidade.

4.- Pio Cela Fernández, que foi enxeñeiro de camiños e chegou a Consejero  Inspector do Cuerpo de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos do Ministerio de Obras Públicas

5.- E Camilo Cela Fernández nado na rúa do Rollo tudense en 1881. Ingresou no Corpo Técnico de Aduanas acandando importantes destinos na Administración Pública. Autor de diversos libros de carácter técnico como o afamado “Manual del Vista”, asi como programas para as oposicións ao Corpo Técnico. Logo da súa xubilación traballou como xerente nunha empresa de importacións con sede en Tetúan. Casou en Vilagarcia de Arousa no 1915 con Camila Manuela Trulock Bertorini, nada en Compostela. Tiveron nove fillos, sendo o seu primoxénito o escritor Camilo José Cela Trulock.

Camilo José Cela acadou con 26 anos recoñecida sona no mundo literario ao publicar no ano 1946 a súa novela “La familia de Pacual Duarte” que segue constituíndo un fito da narrativa hispánica. Outras obras posteriores como “La Colmena”, “Viaje a la Alcarría” ou “Mazurca para dos muertos” consolidan a súa sona.  A súa presenza constante nos medios de comunicación que gostaban da actitude provocativa de Camilo José Cela deulle unha dimensión mediática que escasos escritores acadaron.

A residencia en Tui do seu avó e dos seus tios xunto coa dedicación profesional do seu pai motivou que Camilo José Cela estivese varios veráns na nosa cidade, e que, a pesares do paso do tempo, mantivese acesa a relación familiar cos curmáns que continuaron a residir na nosa cidade, especialmente co avogado Manuel Cela.

No ano 1973, no día de San Telmo, aquel ano un 30 de abril, e logo da Misa maior na Catedral tudense tivo lugar a dedicación dunha céntrica rúa ao noso escritor, que estivo en Tui para participar no acto institucional e posteriormente ás 18,00 horas pronunciar no Salón de Actos do Seminario Conciliar unha conferencia titulada “Un curioso epistolario del joven Baroja al joven Azorín”.

No ano 1990, o 15 de abril, o Concello de Tui acordou o seu nomeamento como “Fillo adoptivo” da cidade e os Bombeiros Voluntarios de Valença o declararon “socio honrario” e no 1993 entregaronlle en Padrón no seu nomeamento como “Bombeiro de honra” cun uniforme completo feito á súa medida.

 
No programa das festas de San Telmo do ano 1973 figura o Pregón escrito por Camilo José Cela (que penso non chegou pronunciar) do que entresacamos estas liñas nas que evoca, coa súa característica prosa e recoñecida retranca,  as súas andanzas naquelas estadias de nenez en Tui:

Es emocionadamente grato volver a los paisajes de la niñez –siquiera sea con el heraldo de la palabra-, al decorado de los años mozos, a la escena de la primeras pedradas (¿te acuerdas, Manolito, del cantazo que me diste?), las primeras travesuras (¿os acoráis Darío, José María, de la paciencia que tuvo conmigo vuestra madre?), las primeras novias que no nos hacían ni caso (¿ay, Loliña, qué poco correspondiste a mi profundo amor!), los primeros vasitos de vino blanco o tinto, a elegir (¿ya sabe tu padre, Camiliño Josesiño, que te tomas un vermú todos los domingos?) que eso va en gustos y sobre gustos, aunque se ha escrito ya demasiado, siempre se dice que no hay nada escrito.
Aquí en Tuy, el pueblo en el que nació mi padre y del que fue alcalde mi abuelo, pasé horas muy felices y ya lejanas, me peleé con los chiquillos de mi edad a la salida de la escuela de don Carlos (¡que tunda me diste aquella mala mañana, Evelio, todavía me escuece!), fumé los primeros mataquintos (para algo mi tío Fernando mandaba en la tabacalera), destapé a diario las ollas de tres cocinas familiares (la de la tía Camila, la de la tía Teresa y la de la tía Gerarda), a ver cual cheiraba mejor, admiré las habilidades de mi primo Julio con los instrumentos de pulso y púa (¡qué artista, como le daba a la bandurria!) y bailé el pasodoble de costadillo (¡déjate apertar, tonta, que así no es pecado!) con las mozas, que cada vez eran menos, que aguantaban mi pisotones, que cada vez eran más.  Aunque no quiero hacerlo, a veces pienso que Jorge Manrique no erraba al suponer que cualquiera tiempo pasado fue mejor. Pero al calendario le fueron cayendo las hojas, una a una y lenta e inexorablemente; sobre España y sobre el mundo entero se desataron galernas y tempestades, y los mozos de entonces somos hoy padres y abuelos y, lo que es peor, subsecretarios o académicos, que son dos amargas suertes de hastío y de monotonía, y con nuestros pobres y zarandeados nombres bautizan calles y plazas como si fueramos ya esos muertos ilustres cuyas fotografías ilustran las enciclopedias escolares. A algunos hasta nos llaman Don Camilo, que es nombre de cura italiano.
- ¿Qué se siente cuando a uno lo hacen académico?
- Ni el más ligero estreñimiento, hijo mio, ni el más ligero estreñimiento
(Pregón festas de San Telmo 1973)

Nos anos 50 elaborou un amplo proxecto de memoria que titulou “La Cucaña”, daquel plan unicamente foi editado un libro “La rosa” (1959) que recolle as lembranzas da súa infancia e que completa no ano 2001 con “Memorias, entendimientos y voluntades”que abrangue ata a súa mocidade.



Nesta obra dedica algunhas páxinas aos seus recordos tudenses, cun capitulo titulado "Y en el planeta un punto: Túy",  do que extraemos as seguintes liñas:

Túy es una ciudad antigua y solemne, de arcaica traza y rancias costumbres. En Túy, los señores hablan en castellano plagado de portuguesismos o, cuando no, rebosante de eufemismos y aproximaciones. En Túy , a la taza de chocolate, a la jícara, le llaman pocillo; al retrete excusado; al pus, materia. Todo correcto, ciertamente y todo inusual. Al retrete, quizás para hacerlo más esotérico aún, también le llaman pieza. Y cuspe, a la saliva. Mi madre solía llorar, con un amargo desconsuelo, cuando oía aquellas palabras tan exactas, aquellas palabras capaces de poner nervioso al más templado. Yo le doy toda la razón a mi madre.

(...)
El abuelo tenía dos huertas, la de arriba y la de abajo. La de arriba era donde estaba la casa (daquela na rúa do Rollo 1, hoxe Maristas) y la bodega y los gallineros, que eran dos. En la de abajo también había una casa y un almacén. La casa la tenía el abuelo alquida a un capitán del ejército portugués, emigrado político. El portugués tenía una noble prestancia, un hermoso bigote y un ford, parecido al de Lozano. Era monárquico “paivante”, partidario de Paiva Couceiro, y había andado a tiros en defensa de sus ideas. En la familia de mi madre, eso de que la gente tratara de propagar sus ideas corriendo la pólvora, como los moros cuando se ponen contentos, era tenido como propio de razas inferiores. Alguno de los descendientes de aquel tronco (yo, por ejemplo) heredó esa manera de pensar. El almacén, que también estaba alquilado, ardía todos los años; parece ser que eso de los seguros contra incendios, si se saben hacer las cosas con algo de discreción, es rentable, muy rentable. Como es lógico, yo ignoraba –y sigo ignorando- quién era el dueño de los fósforos y de la anual lata de petróleo.
La huerta de arriba estaba separada del cementerio por una alta tapia, toda llena de nichos por la parte de allá. De noche, subiéndose a los árboles de la huerrta de arriba, podían verse los fuegos fatuos paseando por entre las tumbas, los ángeles de piedra y las cruces de hierro como fantasmas. Mi primo Manolito era muy entendido en fuegos fatuos.
- ¡Mira, mira –me decía con voz susurrante, desde los alto del cerezo-, aquel fuego fatuo debe ser Montes, el confitero, que siempre estaba hinchánodse de cañas y bartolillos!
- Ya, ya –le respondía casi sin poder respirar.
- ¡Y aquel otro, seguramente es el canónigo Freijomil, que murió de viruelas!
A mi me temblaba el espinazo con tan macabras explicaciones.
- Oye, Manolito, y eso de las viruelas ¿es contagioso?
- ¡Ya lo creo! ¡Lo que más!
- ¡Que horror!
- ¿Eh?
- Nada, que qué horror.
Manolito seguía oteando el fúnebre horizonte
-¿Ves aquel otro que casi no se ve, que está allí agazapado?
- Si
- Pues ése debe ser un niño delgadiuto, ¡vete tú a saber! Ése casi no es ni fuego fatuo ni nada, ¡que ridiculez!
Por entre la alta hierba y apoyándose en un sepulcro marmóreo, solemne y sobrecogedor, se alzó un fuego fatuo hermoso y bien nutrido, lustroso, reverencioso y caprichoso como un general con uniforme de gala.
-¡Don Pedro! ¡Ése es don Pedro, estoy bien seguro! ¡Don Pedro Cedrón y Chao, coronel de carabineros! ¿Claro que es Don Pedro, no hay más que verlo! ¡Mira como anda! Don Pedro no se enseña más que de vez en cuando, ¡has tenido suerte, Camilo José!
- Yo estaba atónito y tratando de convencerme de mi buena fortuna.
Después de ver al coronel de carabineros vagando, en forma de fuego fatuo, por el más allá, mi primo Manolito, me tuvo que ayudar a bajar del árbol. La piernas  me temblaban, la garganta la tenía seca y el corazón acelerado, y la camisa –que al subir me estaba más bien pequeña- no me llegaba al cuerpo.
- ¿Tienes miedo?
- No, no..., regular
El espectáculo de los fuego fatuos era tiránico y subyugador como una droga, y aunque hacía pasar unas noches horribles, llenas de pesadillas y sobresaltos, lo repetí todas las veces que tuve ocasión y el primo Manolito se prestó a servirme de cicerone.
-Hoy es mal día pero, en fin, ¡si tu quieres! Los dias buenos, los buenos de verdad, son los sábados. Se conoce que los sábados están los muertos como más maduros, ¡vamos, digo yo!
(...)
Frente por frente a la casa del abuelo vivían mis amigos José María y Emilito. José María era quince meses mayor que yo, y Emilio, tres años menos. Andábamos siempre juntos y hacíamos, a veces, emocionantes excursiones por los más hondos recovecos de la huerta, en pos del misterioso mundo de las uvas de náparo o en busca de los escondidos tesoros que jamás llegamos a encontrar. Tenían más hermanos, que recuerdo peor; Darío, el mayor de todos, era ya un mozo por aquel tiempo. También tenían una criada bondadosa y sentimental, que se llamaba Joaquina y que me regalaba manzanas y empanadillas. La madre de mis amigos, Doña María Blázquez, era una benemérita madre de familia que llevaba con tacto amoroso y dulce resignación a sus hijos y, lo que es aún más meritorio, a los amigos de sus hijos -entre los que me encontraba- y a sus pifias y desaguisados, que no eran pocos. La madre de José María y Emilio era mi paño de lágrimas cuando la tía Camila me castigaba y fue mi liberadora de la cárcel del balcón, a raíz del bonito número de los pollos que no sabían nadar.
El episodio de los pollos quizá merezca los honores del punto y aparte en esta verídica y minuciosa historia. La tía Camila acostaba todos los años un par de gallinas cluecas con huevos de pato. Las patas, por lo visto, son peores madres que las gallinas y la solución era bien fácil y al alcance de cualquier fortuna. Si la clueca no tenía más que huevos de pato, no había problema; se la acostaba en una cesta y a esperar. Si la clueca se echaba con huevos de pato y de gallina mezclados, tampoco se planteaba, sabiéndolo, cuestión alguna: se ponía a la clueca con los huevos de pato que tardan vientinueve días en romper el cascarón y a la semana se le colocaban disimuladamente los de gallina, que salen a los vientiuno. Así nacían al mismo tiempo los pollitos y los patitos y todos contentos.
Era gracioso ver a los patitos, a las pocas horas de nacer, chapuzándose en el estanque ante el estupor de su madre adoptiva, que los llamaba tan alarmada como infructuosamente, desde el borde y sin explicarse nada de lo que sus ojos estaban viendo.
Pues bien. Yo había oído decir a mi primo Julio que los únicos animales que no sabían nadar, si no se les enseñaba, era el hombre y el mono. Mi primo, aquella noche -¡cuanto se lo agradecí!- me explicó de cama a cama y rasgueando con elegante displicencia en su bandurria, cómo cruzan los monos los caudalosos ríos africanos, formando una larga cadena de monos que se cuelgan de un árbol corpulento y se mecen sobre la corriente, dejando caer al mono del extremo, en cada vaivén y con toda dulzura, sobre la otra orilla.
- Pero el último mono, como no tiene bastante pulo se cae en medio del río y se ahoga.
- ¡Pobre!
- Sí, pero, ¿qué le vas a hacer? Las cosas son así, padronés, y hay que tomarlas como son...
Mi primo Julio cambió el tono de voz para enlazar con lo que venía hablando.
- Por eso se dice que el último mono es el que se ahoga. ¿Tú no lo sabías?
- No, yo no.
- Bueno, pues ya lo sabes.
- Claro; el penúltimo, no. ¡Tú quieres que se ahoguen todos? El penúltimo llega por los pelos, pero se libra.
A mí, el descubrimiento que me había hecho mi primo Julio me dio mucho que pensar. Ayudado por mi primo Manolito empecé a hacer pruebas con gatos y perros y vi que, efectivamente, nadaban todos. Un día mi primo Manolito trajo un ratón guardado en una caja de litines; lo echamos al estanque y el ratón salió nadando, feliz y despavorido. Los saltones, con sus largas patas y sus ojos abultados y duros, también nadaban; mal y escorados, ésa es la verdad, pero sin irse al fondo. La prueba con el mono resultaba más díficil; en Túy no había más que un mono, Ciriaco, el del tío Fernando y a mi primo Manolito le mordió en un dedo cuando quisimos meterlo en la bañera del cuarto de baño; si el tío Fernando llega a enterarse, hubiera sido peor.
Tras varios días de experimentos, mi primo Manolito me hizo una confidencia sensacional.
- ¡Tu sabes, Camilo José, otro animal que no nada?
- No, ¿cuál?
- ¡La gallina, tonto!
Yo me quedé estupefacto. ¿Como no se me había ocurrido pensarlo?
-¡Anda, pues es verdad!
Desde entonces no tuve más que una obsesión: probar. Probé con una gallina y si no llego a sacarla a tiempo, adiós gallina; la muy estúpida, tras un cacareo alborotador, desgarrador y sin sentido común, se fue al fondo como una piedra. Por fortuna conseguí devolverla al gallinero, no sé si más alarmada que remojada o al revés. Las otras gallinas, sin percatarse de que ella no había tenido culpa alguna, la picaron al volver. Las gallinas suelen ser muy tradionalistas y apegadas a la costumbre.
- A las gallinas-le dije a mi primo Manolito- les pasa como a los hombres y como a los monos, que no saben nadar porque nadie les enseñó. ¿tú no crees que si les enseñamos bien acabarían por aprender?
- ¡Hombre, no sé, pero podemos hacer la prueba! A mí me parece que es mejor hacer la prueba con pollos, las gallinas son  como medio idiotas.
- ¿Y los pollos?
- No; los pollos menos. Los pollos son más espabilados.
Lo malo fue que mi primo Manolito y yo, guiándonos por nuestros optimistas cálculos, probamos con pollos: matamos trece, mal número, aunque bien sabe Dios que animados de los mejores propósitos docentes. ¡Que pena recordar los trece minúsculos cadáveres, amarillos, grises, blancos, con el pulmón pegado a la tierna carne y puestos a secar al sol, que no quiso obrar el milagro de devolverlos a la vida!
En este intento de resurrección nos cazó la tía Camila. El primo Manolito salió huyendo como un gamo, saltó la tapia y desapareció. A mi me cogieron de una oreja, me dieron dos azotes y me encerraron en el balcón –menos mal- por la parte de afuera. De allí fue de donde me sacaron, a las tres horas de pedir auxilio, los buenos oficios diplomáticos de la madre de José María y Emilito. Tres horas oyendo a un chiquillo gritar desde un balcón, no hay vecina que las resista sin que sus nervios le fuercen a intervenir. MI voz de alarma “¡Señora María, acúdame que estoy castigado!”, debió ser pronunciada en todos los agudos tonos de súplica y más de un milar de veces.
(...)
En uno de los lados de la placita del farol de los calambres (episodio que hoxe omitimos e que refírese á Praza da Inmaculada) estaba la ferretería del tío Fernando, la honda y misteriosa ferretería de mi tío Fernando, toda llena de clavos y de azadones y de focuiños, toda rebosante también de incontables sorpresas, rincones emocionantes y penumbras propicias para la aventura. La ferrtería de mi tío Fernando, aparecía partida hacia la mitad poco más o menos, por una cristalera: del lado de la calle quedaba la tienda, con el mostrador, entrando a la derecha, todo a lo largo; del lado de dentro quedaba el almacén, desde el que podía subirse, por una pina escalerita al aire, hasta el patio-jardín de la vivienda, al otro extremo de la manzana.
A este patio-jardín, pequeño y bien aprovechado, con un proche para cenar al aire libre y una gran pajarera, al fondo, daban las ventanas de las alcobas. La nuestra, la de mi primio Julio y la mía, que era la más grande, tenía también una ventana a la calle, frente a la fonda Generosa, con sus funcionarios solteros y forasteros, blanco y diana de las aspiraciones y los dorados sueños de las mamás de mozas casaderas y, según se van poniendo los tiempos, difíciles de casar; sus exiliados portugueses, que soñaban con volver a la patria, a ser posible a un buen cargo; sus viajantes de comercio, que se jugaban la comisión y el bautismo al monte o al dominó; su cura viejo que iba de camino; sus criadas gordas que cantaban cuplés y arias de zarzuela; su dueña que gobernaba el negocio como un general con alma de cabo furriel; sus muebles marrones y aparartosos; sus olores nutricios y dispares, y sus esbeltos maceteros de marquetería coronados, casi con primoroso desgaire, por la palma enana, la hortensia y el llantén. A mí me gustaba mucho espiar el latido de la fonda de Generosa, con su permanente ir y venir de gentes serias y circunspectas, con su misterioso hervir de ilusiones, conspiraciones y decepciones.
Al lado de la fonda de Generosa había un almacén, que después fue garaje, en cuya pared campeaba un conminador y bien dibujado letrero que decía: “Aviso. Se prohíbe hacer aguas (meos)”. Su redactor no dejaba resquicio alguno abierto a la ignorancia. Ni a la incontinencia. Su redactor era, probablemente, un déspota sin corazón.
(...)
Volvamos a la ferrtería. Frente a la pared del mostrador o sea, a mano izquierda de quien entrase en la calle, estaba el estanco y el escritorio. El tío Fernando tenía un estanco de ventanilla, como las de algunas oficinas públicas, sobre todo de correos y telégrafos, y dentro de su minúsculo cuchitril y rodeada de farias y pólizas y cajas de fósforos (y paquetes de picadura y cajetilas de panetelas, cortas y largas, y de labores peninsulares), la estanquera, que siempre fue muy amable conmigo, despachaba su vicios a militares, clérigos y paisanos: puritos a los oficiales del ejército, aromáticos cuarterones a los canónigos de la Catedral, canarios a las gentes de profesiones liberales que no habían llegado a los cuarenta años, emboquillados extrafinos a los médicos y abogados ya mayores, macillos –catorce pitos, cinco céntimos- al mísero, sufrido y gris campesino de los contornos”.

Convido ao lector a achegarse a este libro de memorias "La rosa" para ler outros episodios da vida tudense de Cela e que renunciamos a recoller neste blog para non alongar en exceso este post. Moitas outras anécdotas e episodios de Camilo José Cela o ligan á nosa cidade, especialmente pola súa relación co seu curmán Manuel Cela e familia e con outras familias tudenses, con episodios de todo tipo.  Xa haberá outra oportunidade de relatalos.
 

Finalmente e a xeito de epílogo, no ano 1996 el Rei Don Juan Carlos concedeulle o titulo de “Marqués de Iria Flavia”. No escudo do seu marquesado colocou como lema “El que resiste, gana”. Estas armas heráldicas que hoxe campean na sede da Fundación Camilo José Cela nas casas dos Coengos de Iria Flavia foron realizadas en pedra polo canteiro tudense Juan Vázquez.

MC anos da restauración da sede episcopal por Ordoño II

$
0
0


Ordoño II nunha miniatura da Catedral de León

Vimos de comezar o novo ano 2016 e ao abrir esta nova páxina temporal podemos ollar tamén como no pasado ano cumprironse 1100 anos da restauración da sede tudense polo monarca leonés Ordoño II no ano 915. Posiblemente o escaso coñecemento da historia altomedieval de Galicia e consecuentemente tamén do territorio tudense xunto ao desleixo con que os tudenses ollamos para o noso pasado histórico, entendido tantas veces como un acervo idealizado e non como unha potencial fonte de riqueza (cultural, social e mesmo económica).
Nas diversas publicacións existentes sobre a historia de Tui este acontecemento é obxecto dunha somera cita ou directamente ignorado. Recuperar esta páxina do noso pasado, procurando contextualizar e revelar a dimensión deste acontecemento é unha forma non xa de coñecer o noso pasado histórico senón de dotar á  nosa cidade e as súas xentes de referentes e recursos para a recuperación do relato do noso patrimonio.

No alongado período histórico entre a Antigüidade tardía e a irrupción árabe, Tui, como polo administrativo, comercial e episcopal tanto no Baixo Imperio como na época sueva, se conforma como o epicentro do territorio da Gallaecia, constituíndo o punto de unión entre as terras septentrionais e meridionais do Noroeste peninsular. Unha posición que o curto período visigodo pretendía ampliar coa instalación de Vitiza, como herdeiro asociado ao trono, na nosa cidade que asi desprazaba a Braga como capital da Gallaecia.
A invasión musulmán do ano 711 prodúcese logo do acceso ao poder de Rodrigo que orixina un conflito civil contra os tres fillos de Vitiza e os seus partidarios, chegando as tropas árabes en apoio deste último sector. Tradicionalmente se mantiña que a chegada dos musulmáns significaba unha conquista do territorio peninsular, agás a zona cantábrica, pero as evidencias históricas obrigaron a recoñecer que a presenza dos invasores en Galicia resultaba esporádica e reducida. Sen embargo a historiografía recente prantexa novas hipóteses. Se os musulmáns veñen en auxilio dos vitizianos e antirrodriguistas resultaban innecesaria, nun primeiro momento, a súa intervención nesta provincia que controlaba este sector dos visigodos, que en connivencia cos invasores, manterían aquí o seu poderío.
Da información acreditada, que hoxe se acepta pola historiografía, so podemos afirmar que no sur da actual Galicia a presenza musulmán foi pouco duradeira. Tradicionalmente se adoitaba aceptar que “ademais das incursións militares da primeira época dirixidas por Tarik, Muza e Abdelaziz, tivo lugar, entre o Douro e o Miño, o asentamento de continxentes berberiscos. Pero permanecerán alí moi pouco anos, porque no 714 vémolos abandonando estas posicións norteñas para reclamar a súa instalación nas márxenes do Gualdalquivir”. Este xeneral Abdelaziz, antes mencionado, conquistou Lisboa, Coimbra, Porto e Braga, chegando ata Tui. Apunta Ávila y Lacueva que os tudenses buscaron refuxio nos cumes do Aloia. Os árabes se apoderaron da cidade “causando en ella y su país grandes estragos y ruinas con que lo redujeron todo a un estado de suma miseria”. Como comprobamos moitas conxecturas e escasas realidades contrastadas.
Con todo, esta fuxida e ruptura parece afectar mais aos cumes do poder que reflectir unha despoboación real da nosa bisbarra. Cómpre lembrar que o sistema viario herdado de época romana segue completamente operativo e que Tui segue sendo lugar de paso obrigado neste itinerario; amais pese á desorganización, que as escasas fontes documentais existentes traducen, se manteñen minimamente as estruturas organizativas; así P. David documentou como os límites diocesanos de Tui mantéñense perante séculos a pesares da ocupación musulmán. Abofé que algún magnate local seguiría, en base ao seu poder territorial ou a súa forza militar, detentando un feble poder sobre a cidade, moi afectada pola breve ocupación árabe, e a súa comarca.
 A presenza dos invasores musulmáns e do conseguinte clima bélico provoca a fuxida da poboación, cos conseguintes danos sobre o tecido produtivo, o abandono dos cultivos, etc pero sobre todo, provoca a desintegración das estruturas de goberno. O bispo, un dos referentes da organización de poder, -que algunhas tradicións sinalan era San Adelfio (que aparece como asinante no XV Concilio de Toledo no ano 688 e no seguinte concilio no ano 693)- fuxe cara a Iri –a única que permanece “allea” a estes acontecementos- onde é acollido polo seu bispo que lle concede unha dotación territorial para o seu sustento. En concreto, se trata dos territorios de “Nemitos, Faro, Brecantinos e Somnaria” que se atopan situados na zona norte da diocese. Todos estes acontecementos agravan o baleiro de poder na cidade e en todo o territorio circundante, pois era a estrutura eclesiástica quen unificaba estas entidades territoriais e administrativas dun xeito máis efectivo.Consecuentemente o probábel é que ao longo de máis dun século o territorio do Miño ficase como unha terra de ninguén que non significa o mesmo que non houbese ninguén nesta terra. Foi un territorio que ficou sen un dominio político claro nin por parte do nacente reino austur nin do lonxano estado toledano ou cordobés, sometido aos poderosos locais, herdeiros da sociedade hispano-goda.



Afonso I de Asturias por Juan Procel (1765) 
Acceso ao Palacio Real de Madrid
 
De aí o interese da expedición, que citan algunhas crónicas, de Afonso I, no ano 739, a “primeira reconquista” de Tui, que non tivo outro obxectivo que a defensa do seu reino, garantindo a inexistencia de enclaves musulmáns de carácter fixo neste territorio fronteirizo. A crónica Rotense sinala que recupera as cidades de Lugo, Tui, Porto, Braga, etc  Pero o que vimos afirmando significa tamén que Tui e a súa bisbarra non estivo despoboada en momento algún e que non tivo necesidade de reconquista senón, como veremos de seguido, de integración efectiva na nova realidade política do reino astur namentras que o poder local estaría en manos de poderosos territoriais.
Haberá que agardar case un século para que con Ordoño I (850-866) a monarquía astur estea en condicións de integrar este territorio tudense na organización do reino, mesmo os diplomas apuntan a que o monarca tiña reforzado as súas defensas amuralladas. Esta tarefa “repoboadora” é encomendada a persoas da confianza do rei que reciben amplos poderes para distribuír terras, organizar os poderes locais... estes persoeiros reciben o nome de “comes” lembrando as vellas institucións godas; no caso tudense levaran adiante este labor dous aristócratas do mais alto rango: Ermenexildo Gutiérrez (a súa filla Elvira casa con Ordoño II) pero especialmente Afonso Betote. Cómpre lembrar que neste momento a aristocracia galega ocupaba o vértide do poder social e político do reino astur-leonés. E como testemuño da importancia do territorio tudense a súa “repoboación” é levada adiante por os dous magnates máis poderosos da época.
Asi pois a “repoboación” de Tui será o fito máis importante desta xeira que promove Ordoño I. Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote  levan adiante a recuperación do vello territorio tudense, asi está documentado como Alfonso Betote se apropia, entre outras, da vella poboación de “Borbene”. Tamén ambos nobres aproveitarán a estratéxica situación de Tui para iniciar a ocupación do territorio ao sur do Miño (o actual Minho portugués), labor que continuarán os seus fillos, antecesores do posteriores monarcas portugueses.
Paga a pena lembrar a personalidade deste aristócratas, que tan importante papel desenvolven na historia tudense. Ermenexildo Gutiérrez, casado con Ermesinda Gatóñez (filla do conde Gatón repoboador de Astorga e “comes” do Bierzo) proven da zona meridional da actual provincia de Lugo e aparece citado na documentación como “comes” ou conde de Tui, Coimbra e Caldelas (territorio da zona meridional ourensá) asi como doutras xurisdiccións de Galicia; está emparentado coa familia real pois a súa filla Elvira casará con Ordoño II, e él mesmo aparece citado na documentación como maiordomo real no no ano 883. En torno ao 895 aporta as súas tropas para acabar coa rebelión do conde Witiza e recibas as posesións do derrotado. Anteriormente, no ano 878 conquista e repoboa as terras de Coimbra. Os seus descendentes formarán un dos grupos aristocráticos máis poderosos da Galicia do século X, por exemplo o seu fillo Guiter Menéndez é o pai de San Rosendo, namentres que outros dos seus fillos acadarán o condado portucalense.
Pola súa banda, Alfonso Betote tamén tomará parte nestas tarefas figurando como conde do territorio do Deza e logo tamén de Tui. Actúa como representante dos intereses do bispo de León, aspecto que coñecemos por un diploma do ano 878 do bispo Mauro, que lle encomenda as igrexas que lle foran concedidas por Alfonso III entre os ríos Eo e Masma, no norte de Galicia, así como os posibles dereitos desta sede leonesa no bispado de Tui e en toda Galicia: “sive etiam et fe omn(ia)… a plebe ubicumque inveneris sancte Maie Tudensis sedis”. Posiblemente estamos diante dun intento de integración da diocese tudense, e outros territorios galegos, na sede de León, pero que non debeu perdurar no tempos pois carecemos doutra noticia algunha ao respecto. Os descendentes de Alfonso Betote estarán tamén intimamente ligados ao goberno do condado de Porto, en concreto o seu neto Menendo González, e foron repoboadores doutras zonas do norte do actual Portugal.

Tumba de Ordoño II na Catedral de León

Esta vaga repoboadora garantiu unha estabilidade, consolidada no reinado de Afonso III, que levou ao seu fillo e sucesor o rei Ordoño II (914-924), que acorda, tras o reforzo da cidade a as súas defensas, o restablecemento da sede episcopal, no 915, instalándose na cátedra Hermoxio. Da estadía dos bispos tudenses nas terras de Iria temos escasas referencias nominais. Diego (en torno a 890-901) que figura como participante na consagración da nova basílica compostelá de Afonso III no ano 899 aínda que sen asinar o diploma. En torno ao 912-914 aparece citado o bispo Branderico.
Hermoxio ocupara anteriormente a sede de Porto é, segundo Ávila y Lacueva, sobriño do bispo de Coimbra Naustio.  Un sobriño seu, Vimara, tamén ocupara a sede tudense en torno ao ano 949. Todos eles formaban parte da aristocracia galaica e a súa familia posuía importantes propiedades e ocupaba altas dignidades.
A primeira referencia documental que posuimos de Hermoxio como bispo de Tui é a súa intervención da doazón que o rei Ordoño II e a súa esposa Elvira fan á sede de Lugo do mosteiro de San Cristobo de Labruxe, nas terras de Arcos de Valdevez, que fora fundado por Hermoxio nunha heradede rexia. Este bispo, como membro da alta nobreza, acompaña ao monarca na batalla de Valdejunqueras (Navarra) onde é capturado polos musulmáns que o levan prisioneiro a Córdoba.
Aos poucos meses sae da cadea a cambio do pago dun rescate e deixa a seu sobriño, o mozo Paio, como refén, retornando a Galicia para conseguir a forte suma económica á que se tiña comprometido.Na Idade Media os prisioneiros eran, ante todo, unha oportunidade de negociar un rescate económico e, ás veces, tamén político. Paio permanece ata tres años en prisión esperando que se completen as negociacións do seu rescate, sendo finalmente martirizado no ano 925 espallando posteriormente o seu culto polo reino leonés. Hermoxio acabara os seus días no mosteiro de Labruxe.
A recuperación da sede episcopal na cidade do Miño é un paso máis no proceso de normalización e revitalización da vida política, social e económica deste territorio ao abeiro da consolidación da monarquia leonesa que inaugura Ordoño II. Este monarca que establece a corte na cidade de León, fora anteriormente “rei” de Galicia e salientou polo seu apoio á basilicia compostelá, a onde peregrinou, e á que dotou amplamente. Cabe lembrar que estaba casado con Elvira, filla do “comes” tudense Ermenexildo Menéndez. Asentados os representantes do monarca no territorio miñoto agora se garante a presenza eclesiástica no proceso de revitalización de Tui. Esta duplicidade de poder civil e eclesiástico perdorou no tempo pois cando a conquista de Tui polos viquingos de Olaf, en torno ao 1008, continuaba a existir un conde e un bispo como principais autoridades na cidade.
Sen embargo esta vida é efémera, pois novos ataques musulmáns unidos ás continuas incursións dos viquingos, levan a un novo esmorecemento da cidade, tendo que retirarse os bispos en varios períodos ao mosteiro de Ribas de Sil  (Vimara en torno ao 940/950, ou Viliulfo nas últimas décadas do século X). Pero o agravamento das incursións normandas provocan que de novo Tui perda a súa condición episcopal sendo agregada á de Compostela por Alfonso V no ano 1024.
Escasamente un século perdurou a sede tudense pero a restauración do ano 915 evidenciou o intento da monarquia de revitalizar a cidade tudense como lugar estratéxico no proceso de consolidación do reino, como unha das cidades referenciais do mesmo.
Conservamos na actualidade unha tradición que explica as armas heráldicas da nosa cidade, conformadas por tres estrelas e unha media lúa, como símbolos esta última da ocupación árabe e as estrelas como lembranza das vagas “reconquistadoras” de Afonso I, Ordoño I e Fernando II que no ano 1170 abre unha nova etapa para a cidade. Tamén neste caso a acción revitalizadora de Tui promovida por Ordoño II fica no esquecemento.

Notas gastronómicas tudenses

$
0
0


En días pasados un amigo agasalloume co libro de Alejando da Cuña Fernández, titulado “Receitas con historia”  onde o autor realizar unha escolma de 54 receitas de cociña recollidas da tradición de diversas familias da nosa contorna e mesmo do mosteiro das Clarisas tudenses. Un libro altamente recomendable non xa polas súas posibilidades, pois nos abre a saborear  un  amplo número de pratos altamente atraintes, senón polo significado cultural que agochan as follas deste volume.

Nas súas 119 paxinas atopamos as principais receitas das lareiras tudense, os seus produtos gastronómicos máis recomendables: anguías, bacallau, lampreas,  sábalo, coello, cordeiro, empanadas, ovos, legumes, etc e unha selección de doces caseiros.
A gastronomía conforma un dos grandes tesouros que posuímos en Galicia e que paseniñamente imos recuperando e revitalizando. A tradición culinaria é tamén un aspecto substancial da nosa identidade colectiva, un aspecto da nosa tradición, do noso patrimonio, que cómpre revitalizar con moita máis razón nunha cidade de tan alongado acervo como é Tui. Por outra banda,  a gastronomía constitúe, na actualidade, unha importante faceta da cultura e do turismo. Cabe non esquecer que a cociña galega é a segunda motivación que leva aos turistas a elixir a Galicia como destino. 

En Tudensia témonos referidos a diversos aspectos relacionados coa promoción do ricaz patrimonio cultural que atesoura a nosa cidade, especialmente a súa Catedral e o seu impresionante conxunto histórico, unha alfaia, tantas veces, non suficientemente valorada.

Pero promocionar o noso patrimonio abrangue outra multitude de aspectos, onde a gastronomía ocupa un lugar privilexiado. Todos temos conciencia de que certos alimentos conforman alguns dos pratos máis asentados en Tui: meixón, bacallau, lamprea, sábalo, cordeiro, coello.... pero, como en tantos outros aspectos, temos unha alta valoración das nosas lareiras, pero non poderiamos concretizar un prato que nos identifique e singularice... Citariamos todos os peixiños de améndoa das nosas benqueridas Clarisas... pero pouco máis.... e a identidade gastronómica dunha localidade é unha util ferramenta de promoción turística pero tamen de cohesión e orgullo entre os propios veciños. Necesitamos promover un ou varios pratos ou produtos que singularicen á nosa cidade e contorna e constitúan un atrativo para propios e forasteiros.

E Tui, como cidade burguesa, ten unha longa nómina de afamadas cociñeiras e cociñeiros que aínda perduran na memoria dos tudenses: Casanova,Galicia,Cabalo Furado, El Molino... ou Alberto González do Silabario que ten concedido a Tui o enorme privilexio de posuír un restaurante galardoado cunha estrela Michelín, a máxima distinción que pode acadar un restaurante e que Alberto conserva xa varios anos seguidos. Lamentablemente aínda non recibiron un recoñecemento polo seu quefacer, pola súa sabedoria culinaria da que todos, veciños e forasteiros, temos disfrutado.

Unha longa nónima, xunto a outras moitas máns anónimasque traballaban en vodas e acontecementos diversos, pero que teñen deixado unha ricaz colleita de receitas que resulta de interese recuperar e potenciar. 
Sirvan dúas notas para achegarmonos, de seguido, ás potencialidades das nosas lareiras e da destreza que, ao longo do tempo, acadarons as nosas cociñas e que nos fornecen recursos abondo para que a gostronomía tudense abra novos camiños.



Un fito na gastronomía tudense foi o faturento menú do xantar celebrado co gallo das Xogos Florais de Galicia celebrado en Tui o 26 de xuño de 1891m o chmado "banquete rexionalista". A relación de pratos ofrecidos aos comensais naquel banquete realizado no Teatro Principal de Tui abranguía o seguinte menú: sopa fina, raxo con cogordos, salmón á alicantina, polos salteados, langosta á rusa, pastel de pichós, filetes á xardineira, xeados, pavo con cogordos, budin con ron, pastelón á inglesa, todo acompñado de "viño vello da Terriña", "xerés", champagne e puros da Habana.

Un exemplo prototípico do menú burgués de finais do século XIX non alonxado, de seguro, dos actuais menus degustación tan de moda nos nosos tempos.O interesante deste banquete non é tanto a amplitude e variedade do alongando xantar senón que o mesmo foi deseñedo, cociñado e servido por un establecemento da nosa cidade amosando a súa habelencia nos fogóns. Este banquete rexionalista foi servido polo Hotel do Comercio, que abrira as súas portas naqueles mesmos días, e que estaba situado na rúa do Olmo (na zona da actual rua Coruña) cuxo propietario Donato Moure tiña retornado recentemento de Cuba.


 Fotografia tomada de http://blogs.santiagodecompostela.org/blog/reddecentros/tag:entroido


E para completar estas notas outra suxestión axeitada para estes tempos de entroido e recurrindo a Alvaro Cunqueiro podemos recuperarpra o martes lardeiro, aparte das filloas, fanse froles e orellas, con masa de fariña, ovos e leite, e tamén as follas de limón, que eu sempre coidei que eran moda de Tui, porque pra terra de onde eu son, trouxo a receta unha familia que vivira e tiña casa en Tui. Estas follas de limón eran un recurrente e delicioso prato que nos tempos da infancia era costume nestas xornadas do carnaval.
Bo proveito!!!

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

$
0
0



Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas.

Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos en Tui documentada xa en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo.


As escenografias relacionadas con antergos dramas litúrxicos ou autos sacramentais, como os que podemos contemplar no Sermón do Encontro, coa sorberba imaxinería articulada do Cristo caendo da cruz ou a Dolorosa de Augustín de Querol –que logo percorren as vellas rúas tudenses-  ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro que reunía e reúne a xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Disfeles procesionais que finalizan co percorrido de Nosa Señora da Soidade na alborada do Sábado Santo, acompañada exclusivamente por mulleres.  


Temos de engadir algo tan excepcional como a Horta das Oliveiras que xa se realizaba no ano 1818 na Capela da Misericordia, que revelan a riqueza da relixiosidade popular na nosa cidade. Tradicións conservadas e promovidas pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542.



Peza tamén excepcional é o “Monumento” da Catedral, retablo que se montaba anualmente para a función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canóninas ca Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luis Pereira, de Santo Adrian de Cobres, realizado no ano 1775 e que na actualidade é unha peza de mobiliario litúrxico única en España, e que agollá no futuro poida ser montado na súa totalidade, pois na actualidade non é colocado o seu primeiro tramo.



Nos últimos anos estes días da Paixón se enriqueceron coa recuperación dunha anterga expresión da sensibilidade destas datas: a carraca ou matraca da Catedral, cuxo son marca estas xornadas de Semana Santa coa súa rexa acústica.

Esta enriquecedora combinación de fe e cultura, de relixiosidade e tradición son un tesouro que os tudenses conservamos como legado secular e que conforman un excepcional atractivo que enriquece o noso patrimonio cultural, que abrangue no só os monumentos materiais senón tamén estas manifestacións efémeras ou intanxibles.

Xorden estas reflexións ao rematar en chuvia esta Semana Santa tudense e que, de novo, semella os propios tudenses non acabamos de ter conciencia das potencialidades destas xornadas. Cando numerosos municipios valorizan expresións desta semana de paixón que carecen de tradición histórica e que reproducen estereotipos doutras zonas de España, en Tui posuímos esta tradición que reclama unha maior valorización e explorar a súa capacidade de atractivo tanto espiritual como turístico.

Article 1

$
0
0
Na morte de Ricardo García Fernández (1929-2017), presbítero

Na noite do primeiro día de Pascua, o pasado luns 17 de abril, cando xa comezou a novena de San Telmo, o noso querido D. Ricardo García Fernández foi chamado polo Pai para celebrar o “paso” definitivo ao Reino. Non por esperada é menos dolorosa a noticia de quen foi, desde a súa infancia e así lle gustaba a él lembralo “sacerdote sempre, sacerdote en todo, só sacerdote”.


Neste “dies natalis”  para o ceo culmina unha intensa vida que a providencia amorosa de Deus guiou primeiro ao Seminario tudense, logo a Roma como alumno de Historia na Universidade Gregoriana, despois como formador no Seminario, desde 1962 como párroco do Sagrario tudense, desempeñando ao tempo diversos labores diocesanos -delegado do clero con monseñor Delicado Baeza-, cóengo desde 1973 e tras a súa xubilación, en 2004, encargado do culto na Catedral.
Grande de estatura e grande tamén en todas as súas empresas  e actividades. Resumir cincuenta anos de vida parroquial ou corenta e catro anos como cóengo non é posible nestas liñas apresuradas. Foi grande en acoller con entusiasmo mil e unhas iniciativas pastorais e de interese común (desde os Cursos de Cristiandade, ao Movemento Scout Católico, ou, nos últimos tempos, Amigos da Catedral ou Música non Claustro), grande en asumir a renovación do Concilio Vaticano II e despois do Concilio Pastoral de Galicia, grande no seu amor pola parroquia e os seus fregueses (cantas tortas de aniversario matrimonial entregadas en persoa! por citar un detalle), grande nos seus desvelos por mellorar as igrexas e capelas encomendadas (desde San Francisco á construción da capela de Fátima ou as obras en San Telmo, Ou Anxo, San Xián, etc.), grande na súa devoción a San Telmo (de cuxa Confraría foi Prior) e na difusión da seu culto...
Cos seus acertos e erros, a vida de D. Ricardo foi frutífera. Aquel futuro profesor de historia que nunca deu unha clase desta materia e que a Providencia conduciu á vida parroquial onde sentiuse sempre ditoso. Non é posible facer unha relación, aínda apresurada, do seu percorrido vital pois estes folios non alcanzarían para ela. Sempre admirei a súa capacidade de iniciativa, de ilusionarse de modo excepcional ao comezar cada curso con novas ideas e proxectos, cunha vontade decidida de pastor de todos, de acollida fraternal, de desbordante humanidade e de amor por Tui e os tudenses. Cúmprense aquelas palabras do himno santelmiano nesta dilatada traxectoria: Para arribar a porto, canto hai que navegar.
Acolleu hai agora 40 anos a un equipo itinerante do Camiño Neocatecumenal que lle ofreceu comezar na parroquia este itinerario de iniciación cristiá, abrindo este Camiño en Galicia, case en paralelo con Muros. Coa pequena comunidade que presidiu desde entón, descubriu á Palabra de Deus (falaba con frecuencia de que a pesar de estudar Escritura non a coñecía ata aquel momento) transformando a súa vivencia da fe dun modo admirable, asumindo a necesidade de avanzar nunha pastoral evanxelizadora. O amor a esta Palabra viva, eficaz e actuante na historia, o amor á Igrexa e aos seus pastores, o amor á liturxia viva, á Pascua como centro da vida cristiá, a importancia da comunidade e da graza que actúa nela... foron valores que transmitiu con paixón e entrega, xunto á súa invitación á oración (con aquela breve pregaria evanxélica que reiteraba con insistencia: Creo Señor, pero axuda á miña pouca fe) e a devoción ao seu querido San Telmo.
Agora ao completar a súa peregrinación xorde o noso agradecemento a Deus polos dons que nos concedeu a través da súa persoa e do seu ministerio e, tal como era o seu desexo, facemos súas aquelas palabras de santa Mónica que o seu fillo San Agostiño recolle no seu libro “As confesións”: «Sepultade este corpo en calquera lugar: isto non vos ha de preocupar en absoluto; o único que vos pido é que vos acordedes de min ante o altar do Señor, en calquera lugar onde esteades».



Rafael Sánchez Bargiela

Article 0

$
0
0
A DESCRICIÓN DE TUI NA VIAXE DE ALBERT JOUVIN 

https://fr.wikipedia.org/wiki/Albert_Jouvin_de_Rochefort#/media/File:Albert_Jouvin_de_Rochefort.jpg

As referencias históricas á presenza de peregrinos nas terras tudenses ao longo dos séculos son abondosas e teñen sido abordada en diversos estudos e publicacións. Unha relación non completa abrangue nomes como a Rainha Santa (alomenos en 1325), os monarcas Afonso II (1219) ou Manoel I (1502); peregrinos doutras terras como os cabaleiros ingleses Arnolfo e Osborne (1147), o nobre alemá Leon de Romithal de Blatna (1466), o cabaleiro polaco Nicoplau von Popplau de Silesia (1484), o astrónomo xeramano Hieronymus Münzer (1495), Frei Claude de Bronseval e o seu señor, o abade Edme de Salieu (1532), Giovanni Battista Confalonieri un presbítero de Italia que acompañou ao Patriarca de Xerusalen, monseñor Fabio Biondo de Montalto, na sua peregrinación xacobea (1594)...
Pero andando nos tempos e coa chegada das novas modas aparecen novas referencias ao paso por Tui e as súas terras de peregrinos ou mellor dito viaxeiros que percorren diversos países europeos e se achegan ata Santiago atraído pola sona da peregrinación xacobea, aínda cando a “devotionis causa” xa non semella ser a principal motivación. No século XVII aparece, primeiro en Inglaterra pero estendido rápidamente, o modelo do “Grand Tour” ou viaxe para ampliar coñecementos, achegarse a culturas, usos e costumes diferentes, para profundizar en coñecemento lingüísticos, etc. Son numerosos as testemuñas de viaxeiros a España e Portugal de diversas nacionalidades, especialmente franceses, que conservamos para o século XVII.
Con todo as súas descricións e referencias resultan de grande utilidade pois testemuñan, entre outros moitos aspectos, os itinerarios e rutas que estaban en uso naquel tempo e polos que circulaban os viaxeiros e peregrinos.
Albert Jouvin de Rochefort (1640-1710) foi un oficial do rei Luis XIV de Francia, tesoureiro de Francia na cidade de Limoges (1675-1680) e cartógrafo, salientando a súa achega aos plans urbanísticos da cidade de París e a súa habelencia para a confección de planos de Paris e doutras numerosas vilas e cidades de Francia.
Pero A. Jouvin é coñecido especialmente por ter escrito una monumental obra de literatura de viaxes: “Le voyageur d’Europe” (1672) na que recolle as súas andainas por Francia, Italia, Malta, España, Portugal, Paises Baixos, Alemania, Polonia, Inglaterra, Dinamarca e Suecia… engadindo a súa vontade de achegarse ata Exipto voltando por Turquia.
Na súa viaxe a España pretende achegarse a Santiago e logo continuar o seu periplo ata Lisboa e, por tanto o seu paso por Tui[i]resulta imprescindible.

Cuando hubimos llegado a la ciudad de Tuy, que es una plaza de armas para Galicia, frontera por este lado con el reino de Portugal, por donde habíamos resuelto entrar y pasar a Portugal, y ver las bellas ciudades que se encuentran en el camino, que nos habíamos propuesto seguir para llegar a Lisboa, que era desde Tuy pasar a Ponte de Lima, de Ponte de Lima a Braga, de allí a Oporto, ciudad y puerto de mar; Coimbra, ciudad y la universidad más famosa de Portugal, de allí a Leiria, v. y de allá Lisboa, la capital del reino de Portugal, que es la ruta que yo me había propuesto hacer en este viaje desde la ciudad de París[ii]

Tras a súa chegada a Compostela, percorrendo o actual Camiño Francés (los peregrinos que pasan todos los días por allí a millares), dende a cidade do apostolo baixa por Padrón, Pontevedra, Pontesampaio, Redondela, Porriño e Tui. Velaqui a súa descrición da nosa cidade:

Tui es una de las tres plazas de armas de España, que son Badajoz,Ciudadrodrigo y Tui fronterizas con Portugal, y por donde los españoles lo atacan contres ejércitos. Está a orillas del río Miño, elevada sobre el pico de una montaña,fortificada con altas murallas de gruesos muros, provistos de varias piezas de artillería,además de algunos fuertes que están fuera de la ciudad, al lado del mar ( que sólo estáalejado de la plaza por seis leguas) bastante cerca de una puerta, en donde la montaña vecina parece dominar de alguna forma una parte de la ciudad; lo que ha obligado aconstruir allí un fuerte, donde hay una gran guarnición para defenderlo. Pues se ve delotro lado del r. Miño, frente a frente de Tui la ciudad fortaleza de Valencia que está enPortugal, que es una llave y una plaza de gran importancia para el Reino, que, estandotan cerca de la ciudad de Tui, se ha fortificado por esta causa completamente, que sin unacuerdo entre ellas, podrían batirse fácilmente a cañonazos. Todas las calles de laciudad de Tui están mal trazadas, estando casi todas cuesta arriba o cuesta abajo, yhabitadas por gentes de guerra y oficiales del ejército de Galicia y por el virrey que lagobierna, que era por entonces Luis Poudric, cuyo palacio está cerca de la plaza mayordonde está el cuerpo de guardia, y la iglesia del obispado, que es el edificio más alto dela ciudad, que es el motivo por el que se ve está iglesia de lejos y toda la ciudad de Tui,en la que vimos que continuaban las fogatas de la paz con los portugueses. pero como hacía poco tiempo y los ejércitos estaban todavía en campaña, sin haberse apenas disuelto las compañías de soldados, y viendo que habría mucho peligro al pasar por todas esas ciudades fronterizas con España y con Portugal, entre tanta gente de guerra que merodeaba todavía en la zona aquí y allá, nos aconsejaron que buscáramos alguna ruta que fuera más segura que aquella para seguir nuestro viaje.
Por lo cual resolvimos hacer otro proyecto, y tomar un camino en el que veríamos tantas cosas curiosas, como por el que nos habíamos propuesto hacer desde París, y menos peligroso; que es de Tui volver a Santiago; de allí a San Salvador, a la ciudad de Oviedo, volver a pasar por León y continuar por Salamanca ata Lisboa.

Deixaremos para outro momento a análise do contido deste interesante texto de A. Jouvin, pero que nos ilustra como no século XVII e a pesares das liortas fronteirizas a vía de comunicación entre Galicia e Portugal pasaba por Tui – Valença, pola que tamén os peregrinos tanto nobres (caso de Cosme III de Medicis, grande duque da Toscana en 1669, o presbítero tamén italiano Domeico Laffi, de Bolonia,  ou o napolitano Nicola Albani en 1743) como tantos outros rescatados do anonimato pola documentación do libro de defuntos da Catedral que reseña a morte e soterramento de numerosos peregrinos ao longo do século XVIII (de Portugal, Francia, Italia, Alemaña, etc) evidenciando como a peregrinación polo único Camiño Portugués históricamente documentado seguía con intensa vitalidade.





[i] A mención a A. Jouvin figura no seguinte artigo de Jesús Vila “La Catedral y el camino de peregrinación a Santiago” en La Catedral de Tui desde su plan director, Santiago, 2015, p. 36.
[ii] A tradución ao español dos textos de Jouvin está tomada da tese doutoral de Concepción Bernal Fernández: Traducción al español de Le voyageur d ` Europe où sont le voyage d`Espagne et de Portugal, de Albert Jouvin de Rochefort acompañada del correspondientes análisis traductológico. Universida de Murcia 2016. http://hdl.handle.net/10803/396362


Publicado no libro das festas de San Telmo 2017


Tirso Lorenzo, un tudense xornalista na Arxentina

$
0
0
Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX numerosos tudenses tiveron de emigrar lonxe destas terras miñotas; moitos deles tiñan como destino á República Arxentina. Carecemos aínda dun achegamento a este proceso migratorio que nos permita coñecer a magnitude deste movemento e as súas consecuencias. Sabemos que en 1917 foi fundada a “Casa de Tui” en Buenos Aires coa presidencia de José San Martín Fernández, e aos poucos anos, en 1922, a“Sociedad Caldelas de Tuy” (hoxe reunificadas, xunto a outras agrupacións, na Asociación Mutual, Cultural y Recreativa Tuy Salceda) testemuñando a capacidade deste colectivo que ven de cumprir cen anos de traxectoria.

Son numerosos os nomes de persoeiros de orixe tudense que realizaron, andando os anos, unha significativa aportación a aquela terra de adopción. Nomes como Manuel Prieto Marcos, Martín Spuch Martínez, Prudencio Areal Alonso, Manuel Pérez y Pérez ou Tirso de Lorenzo… merecen ser lembrados dende esta vella cidade tudense da que eran oriundos.

Tirso Lorenzo Rodríguez naceu en Tui o 15 de febreiro de 1877, fillo de Manuel Lorenzo e María Benita Rodríguez. “Soy hijo de Galicia, escribirá, con la lealtad de quien siente respeto acendrado por la condición de su origen y un cariño entrañable por la naturaleza y los fervores íntimos que presidieron sus primeros pasos en la vida. Mi infancia se acusó en aquella hermosa tierra aromada por las resinas de los pinares y por el tónico penetrante de algas y mariscos”.

Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Amadeo, Benigno e Venancio Lorenzo Rodríguez, éste último destacadoo dirixente politico local en Tui –foi alcalde entre 1894 e 1896 e logo en 1909- como representante dos intereses de Ezequiel Ordoñez, o deputado conservador do distrito tudense durante décadas.

Estudou no Seminario tudense aínda que consta que o seu título de bacharelato foi expedido polo Instituto de Pontevedra, na especialidade de artes e letras. Nalgunhas biografías se indica que tras a súa saída do seminario emigrou para a outra beira do Atlántico, pero posiblemente antes estivo na capital de España, pois temos noticias de que en 1896 era membro da redacción de “El Nacional” e “La vida comercial “en Madrid, testemuñando xa dende a mocidade a súa dedicación ao mundo do xornalismo.


A primeira información que posuimos de Tirso Lorenzo nas terras arxentinas é a fundación e dirección do xornal “El Heraldo” da cidade de porteña de Lincoln en 1902, perdurando neste proxecto nove anos ata o 1911. Posteriormente pasa a colaborar na redacción de “La Argentina”, “La mañana”, “La tribuna” e “Mundo Argentino” de Buenos Aires.

Foi especializándose como critico literario, colaborando en diversos medios como “La Nación”, “Caras y caretas”, “Novela semanal”, etc chegando a editor xefe da revista literaria “El Hogar”

Ao longo da súa traxectoria foi membro do  Circulo de la Prensa, Ateneo Ibero-americano, Sociedad Argentina de Editores, Biblioteca y Museo América, etc.

Ten editado diversos libros, moi ben acollidos en xeral pola critica: “Antología de motivos poéticos” (Paris, 1928) onde realiza una escolma temática de poemas mesmo figurando cinco composicións propias, “Acción hispanista” (1932) que recolle unha conferencia no Ateneo Ibero-americano o 4 de xullo de 1931, “El celibato del Dr. Adonis”(1932) unha colección de contos;  “El crimen de aquella mujer” (1933); “Nuevos horizontes del idoma” (1936), onde reflexiona sobre o idioma español en América.  Outras obras son: “Santos laicos”, “Categoria artística del dibujante”, “El ajedrez en el tablero y en la vida” (1935), “Los valores de la raza” o “Los eternos motivos poéticos”.

Foi Presidente da primeira Casa de Galicia, que deixa para dedicarse á vida xornalística. Participa, xunto a tantos outros emigrantes na vida social e política arxentina colaborando, por exemplo, no “Comité hispano argentino" que propiciou a candidatura de Hipólito Irigoyen – lider da Unión Cívica Radical-  para a presidencia de la República no seu segundo mandato no ano 1928. Froito desa campaña é o folleto “El doctor Hipólito Irigoyen y el ideal hispanoamericanista” que recolle unha das súas conferencia en aopoio ao lider da UCR.

Ao estoupar a Guerra Civil española retoma a vida societaria e asume a defensa da causa republicana, sendo un dos responsable do Centro Republicano Español, cuxa presidencia asumiu accidentalmente, colaborou activamente no Ateneo Pi y Margall, que dirixia Luís Jiménez de Asúa, e  foi responsable da dirección de “España Republicana”, neste xornal redactaba a sección fixa “Fuego graneado”, dende a que se destacou como un dos maiores defensores da democracia española na capital arxentina.

A súa sinatura aparece en numerosos manifestos no marco das campañas de apoio á República ou de denuncia das actuacións das tropas franquistas co apoio de Italia e Alemania. Asi nun publicado no xornal “El Diario” o 25 de xullo de 1937 asina xunto a Maruja Mallo, Margarita Xirgu, Basilio Álvarez, Eduardo Blanco-Amor,

Faleceu o 12 de xullo de 1943 na cidade de Buenos Aires sendo soterrado no cemiterio do Oeste

No seu libro “Antología de motivos poéticos” publica ata seis poemas da súa autoría, entre eles o seguinte:

Enigma
¿Por qué bajo el velo de los desaliños
de almitas exentas de penas y agobios
en un instintivo placer de los niños
juegan a los novios?

Extraño desvío del infantil candor...
¿Será por las mismas razones obscuras
que siempre los novios que ofusca el amor
parecen criaturas?

En vano de tales pueriles desvíos
remueve el secreto la ajena impaciencia;
para los del alma, locos desvaríos,
nunca hallaron clave ciencia ni experiencia.

Hay un raro enigma en tales empeños
que nunca el ingenio logró descifrar
¿Por qué asi trastuecan grandes y pequeños
los graves papeles del juego de amar?

¡Oh la fascinante ingenua obsesión
que edades complica y almas compromete!
¿Será que en la vida no es más que un juguete
nuestro corazón?

O grupo "Ultreya" tudense (I)

$
0
0
A comezos do ano 1932 o daquela profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da nacionalismo entre a mocidade galega.

Alvaro de las Casas (Ourense, 1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras (especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco.

Pero en 1930 da un xiro a súa actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria ás veces polémica, pero ninguen dubida do seu activismo, do seu caracter dinámico e innovador.

O 10 de febreiro de 1932 pois constitúese de forma oficial a Agrupación Xuvenil Galeguista Ultreia, exclusivamente masculina, malia que o instituto de Noia era mixto, que terá por principais obxectivos o coñecemento pleno de Galicia por parte da mocidade (cultura, economía, natureza...), así como tamén o melloramento físico do corpo a base de excursións, exercicios ximnásticos e paseos.

  
Álvaro de las Casas cun grupo de mozos "Ultreyas"

Xorden os Ultreyas a imitación doutras asociacións excursionistas e nacionalistas como os Palestra en Catalunya, os Mendigotxales en Euskadi, e doutros nalgúns países europeos, como Alemaña, por eso en xeral o seu nacemento foi ben recibido polo galeguismo cultural e político, de tal forma que o Partido Galeguista introduciu como secretario xeral a Francisco Fernández del Riego. O apoio do partido durou escasamente un par de anos, pois pronto recoñeceron á Federación de Mocidades Galeguistas como unica organización xuvenil do nacionalismo en maio de 1934, o que significou un debilitamente progresivo dos grupos Ultreyas e as súas actvidades, pese a que moitos militaban en ambas organizacións. Xa anteriormente, en setembro de 1932, Álvaro de las Casas abandonara o Partido Galeguista, sen por eso renunciar ao seu galeguismo nin á dirección dos Ultreias. Mesmo en 1935, cando os folgos iniciais xa estaban esmorecendo, participaban no seu Consello homes tan significativos como Vicente Risco, Ánxel Casal ou Camilo Díaz Valiño xunto a Xosé Filgueira Valverde. Fernández del Riego e o propio Álvaro de las Casas que ocupaban estes postos dende os inicios dos grupos.

O logotipo escollido como símbolo desde o comezo foi un tríscele que, malia ás opinións contrarias dos que non lles gustaba pola manifesta semellanza coa esvástica hitleriana, manteríano ata a extinción da agrupación a partir do 18 de xullo de 1936 como sinal identificativa da súa indumentaria..

Nun primeiro momento o crecemento foi espectacular; en pouco meses eran mais de 800 afiliados, con agrupacións en Noia, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ourense, Santiago, Redondela, A Estrada, Padrón, Lugo e Tui.

Francisco Fernández del Riego, secretrario xeral dos Ultreias, escribiu sobre as súas actividades:
As peregrinaxes polos litorais galegos (como a excursión marítima polas Rías Baixas ou polo Barbanza)  e por terras do interior (á Misión Biolóxica de Galicia ou polo Ribeiro de Avia), en autobús ou a pé, acadaban proveitosos resultados formativos. Por outra banda, o labor de formación cultural cifrouse na edición e espallamento de amplas series de cantigas populares, de refraneiros, de romances. Ou de publicacións postais coa “Carta das nacións céltigas”, así como de pequenas biografías de personalidades da Galicia histórica e literaria. Os membros dos diversos grupos saían cada domingo a venderen libros na nosa língua por vilas e cidades. Espallaron centos e centos do folleto “Dez cursos de traballo do Seminario de Estudos Galegos”.

Para documentar a actividade da agrupación tudense dos Ultreyas existen grandes dificultades derivadas dunha parte da ausencia dun achegamento histórico ao período da II República na cidade do Miño e da parquedade das fontes documentais e xornalísticas sobre este grupo xuvenil.

O nacemento dos Ultreyas de Tui está ligado, como no caso de Noia, ao Instituto de Segunda Enseñanza creado pola II República no ano 1933 e que ocupa as dependencias do antigo convento de San Domingos. Foi o seu director Manuel Losa Álvarez (catedrático de lingua e literatura española),  e entre os seus profesores estaban: Salvador Parga y Pondal (profesor de xeografía e historia, é un dos guías da segunda Xeira dos Ultreyas consistente nun cruceiro polas Rías Baixas no verán de 1933) substituído en 1936 por María del Pilar Delgado Piñar; Benito Prieto Cussent (de debuxo e inesquecible pola súa actividade); Xesús Ferro Couselo (de latín e literatura e que asumirá a dirección da revista escolar “Tude” da que saíron tres números), Efrilde  Jasdon Lidner (de francés), Jesús Gómez Somoza (de agricultura e ciencias naturais), Teodoro Aparicio Gutiérrez (de física e química) que foi reemprezado en 1936 por Luis María Iribarren Irurzun e Demetrio Espurz Sánchez (de matemáticas).

Cuartel de San Domingos

Álvaro de las Casas cita unha conferencia impartida no Instituto de Tui en 1933, a pouco de iniciarse o curso; de seguro que a súa presenza influiría decisivamente na creación da agrupación de “Ultreyas” de Tui. O animador documentado deste grupo tudense será Manuel Fernández Costas (que dende 1947 usuará o nome de Manuel Fernández-Valdés Costas). Nado en 1887 foi administrador de aduanas, membro do Seminario de Estudios Galegos, colaborador da revista “Nos” onde publica senllos artigos sobre o paleolítico nos anos 1929 e 1930, converténdose no máximo especialista galego neste período, cun alto coñecemento das investigacións europeas. Fernández Costas será o impulsor dos traballos destes mozos, estudantes de bacherelato, ou de estudos superiores como é o caso de Xosé María Álvarez Blázquez. Nunha carta de 1963 o propio Xosé María chámao  “mi inolvidable amigo, mi querido maestro que me enseñó a amar estas cosas de nuestra ciudad y que hubiese gozado conmigo al arrancar del misterio un trozo de ánfora romana”.


Manuel Fernández - Valdés Costas

Manuel Fernández-Valdés que logo sería nomeado Cronista oficial de Tui é un  dos grandes nomes propios da investigación na historia tudense pero que segue aínda sumido no descoñecemento público. Morre en Tui no ano 1962.

Carecemos dunha documentación directa sobre a actividade dos “Ultreyas” tudenses e temos de conformarnos con seguir as noticias soltas e fragmentarias que atopamos en diferentes medios de comunicación e, especialmente, rastrexar nos escritos de Xosé María Álvarez Blázquez as referencias a este colectivo e a súa actividade.


Xosé María Álvarez Blázquez

No primeiro número, de abril de 1935, da revista “Tude”, que editaban os alumnos do Instituto, figura unha noticia breve que avanza os traballos dos “Ultreyas”:
Para los primeros días del próximo mes de mayo se está organizando por el grupo Ultreya una gira de profesores y alumnos de este centro al Castro de Cabeza de Francos, con el fin de reanudar en él las excavaciones interrumpidas en los últimos meses”.

Estas visitas arqueolóxicas ao xacemento de Pazos de Reis dirixidas por Manuel Fernández Costas están realizadas con poucos medios e moita ilusión e asi as lembra Xosé María Álvarez Blázquez:
En la primavera de 1933 un grupo de estudiantes tudense, capitaneados por el entusiasta y culto prehistoriador Don Manuel Fernández Costas, iniciamos los trabajos de excavación del castro, seducidos por su magnifica situación, su singular factura de atalaya y el hecho evidente de haber sido poblado, como lo mostraba su doble muralla posterior. El trabajo era penoso, más no contando apenas con aportaciones económicas habíamos de manejar nosotros la azada y el pico. En algunas ocasiones cuando el trabajo del desescombro se hacía pesado, el Sr. Fernández Costas, pagaba de su peculio particular el jornal de uno o dos peones. Aquella primavera y el verano siguiente trabajamos con intensidad (...) Durante el 1934 nuestro trabajo se limitó casi en exclusiva a la práctica de calicatas, que dieron por resultado conocer que la total superficie de la meseta había sido habitada. Otras veces exploramos las laderas y, en fin, no proseguimos la sistemática excavación, convencidos de que ello no estaba ya encomendado a nuestras flacas fuerzas, nuestro objetivo se limitara apenas a comprobar aquello que a simple vista se advertía (...). Proseguimos aún durante el año 1935 la búsqueda superficial (...). Pero al surgir la guerra española en 1936 aquel haz de estudiantes se desperdigó”.


Vista actual do castro de Cabeza de Francos / Alto dos Cubos

Noutro escrito o mesmo autor descrebe asi o labor no castro:
Un fato de mozos e mozas “Ultreyas”, âs ordes do mestre D. Manuel Fernández Costas, rubimos unha serán ao Monte de Cabeza de Francos, c-unha eixada na man i-un pouco de romanticismo no miolo. Ao empardecer baixamos cos petos ateigados de testos de barro. De entón para adiante os nosos folgos, remataban no castro, i-o segredo do castro remataba en nos. D-iste xeito fumos faguendo una morea de materiais recollidos, que era perciso organizare i-eispoñer. E entón xermolou a ideia de un museo, no que xa se tiña matinado e onde se ofresceran, non soilo aquiles ouxetos apañados no Castro, senón tamén todo o que fora merescedor de tal honra”.

Na primeira campaña, no verán de 1933, participa Xurxo Lorenzo, irman de Xaquín Lourenzo, e grande animador deste colectivo e da actividade arqueolóxica na Galicia daquel tempo e que morrera prematuramente en Zaragoza en abril de 1934, onde tiña acudido para completar os estudos tras a persecución á que fora sometido na Universidade de Santiago.

Directamente relacionadas coa actividade do grupo “Ultreya” son as pescudas de carácter arqueolóxico que realiza no Nadal de 1934 o propio Xosé María Álvarez Blázquez en dous castros de A Guía – Randufe, en concreto os xacementos de Cotarel e Bicavaca, publicando na revista “Tude” un breve diario das escavacións. Acompañaban a Álvarez Blázquez os mozos, de seguro que tamén “ultreyas”: Ignacio Díz Rodríguez (que chegará a xefe da inspección de traballo en Vigo e “fabricará” unha excpecional colección de soldadiños de chumbo de 6.000 pezas por el realizadas), Eloy Fernández Rodríguez (fillo de Manuel Fernández-Valdés Costas e enxeñeiro de camiños na Deputación Provincial de Pontevedra) e Alberto González Varela (que logo será en Arxentina un reputadisimo médico).

Unha nova cita, algo longa, do propio Xosé María, no traballo titulado “Industrias paleolíticas de la comarca de Tuy”, explica outras das facianas deste labor arqueolóxico dos Ultreyas tudenses:
Durante las vacaciones estivales de 1933 y 1934 un grupo de entonces estudiantes del que formaba parte bajo la acertada dirección del distinguido prehistoriador don Manuel Fernández Costas, se empeñó en la búsqueda, a través de la comarca de Tuy, de útiles prehistóricos, con que nutrir un Museo que al efecto se organizó en el Instituto de 2ª Enseñanza de aquella ciudad. Aparte de las someras excavaciones en los castros de Cabeza de Francos y A Guía, nuestro objeto principal fué explorar las proximidades de los depósitos fluviales de cantos rodados, en busca de posibles instrumentos líticos, que esperábamos no faltarían en una zona tan fértil y bien definida como aquella y estimulados por la vecindad de las pródigas estaciones de La Guardia y Camposancos. Y, en efecto, recorriendo los caminos aldeanos, orientándonos especialmente hacia aquellos de pronunciada pendiente, fáciles al arrastre de las aguas invernales, hemos tenido la fortuna de reunir hasta un total de 61 instrumentos paleolíticos, todos ellos en cantos rodados de cuarcita, único material lítico apropiado existente en la zona.”

Cómpre salientar, nunha pequena digresión, o feito de que Xosé María Álvarez Blázquez ou o propio Manuel Fernández.Valdés describan, anos despois, con detalle os traballos realizados nestas campañas de investigación arqueolóxica pero prescindan en todo momento de identificar co nome propio ao grupo dos “Ultreyas”; a censura do franquismo e a persecución política ao galeguismo explicarían esta omisión.


Xosé María Álvarez Blázquez, colabora nestas actividades dos Ultreyas tudenses nas súas estadias vacacionais en Tui namentras estuda Maxisterio en Pontevedra e logo no curso 1934-935 cando realiza as prácticas de Maxisterio na escola de nenos da nosa cidade. Daquela xa era membro activo da Federación de Mocedades do Partido Galeguista e coma outros compañeiros militantes, por exemplo Francisco Fernández del Riego ou Xaime Illa Couto, participaban tamén activamente nos grupos “Ultreyas” ainda logo das diverxencias políticas que xorden entre o partido e Álvaro de las Casas, como xa sinalamos anteriormente.

O grupo "Ultreya" tudense (e II)

$
0
0
O principal froito do fecundo labor dos “Ultreyas” tudenses é a creación do “Museo de Tui” nunhas dependencias cedidas polo Concello de Tui ao grupo  no antigo convento de San Domingos, onde estaba instalado o Instituto de Segunda Enseñanza. 

Antigo convento de San Domingos

A creación deste Museo é un fito na historia cultural de Tui e situaba á nosa cidade no panaorama da investigación arqueolóxica e histórica de Galicia. Unha inicitiva que será interrumpida pola Guerra Civil e que non atopará continuidade ata a apertura do Museo Diocesano no ano 1976. Por mágoa non temos atopado imaxe algunha deste Museo.

No semanario tudense “Tribuna” se informa, en 1934, sobre este novo Museo:
Llega a nosotros la noticia de que esta agrupación local de jóvenes bajo la dirección de nuestro distinguido amigo Manuel Fernández Costas está organizando un notable museo de arte y prehistoria. En él figuran ya curiosos útiles de piedra de las edades prehistóricas recogidos en La Guardia y Tuy por esta entusiasta agrupación ávida de cultura y saber, que tan bien dice de nuestra ciudad. Su labor es hasta ahora desconocida del pueblo tudense, que muy en breve podrá admirar el fruto de sus constantes excursiones y excavaciones, que por diversos lugares de este distrito vienen llevando a cabo”.



A descrición dos contidos deste Museo figura nun traballo editado no libro “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui”, trátase do inventario das pezas expostas e que nos aproxima á importancia dos materiais, especialmente, de carácter arqueolóxico, que este centro reuniu e organizou.
O Claustro do noso Instituto, sempre aberto e cobexento, ofresceunos local e mobles i-o Concello d’entón deunos dous centos de pesetas. I-eisí temos vivido un ano. Agora ollade o que se ten feito e decide dimpois se o noso “Museo” non merezce unha axuda que ninguén debia de lle refugar

Nas páxinas seguinte realiza un minucioso traballo de descrición dos obxectos integrantes deste museo procedentes especialmente do xacemento de Cabeza de Francos, das pescudas polas terrazas fluviais do Miño e doutras achegas vencelladas, na súa grande maioria, a Tui:
A coleizon de asturiense do “Museo de Tuy” é sen dúvida a máis intresante de Hespaña, pois ainda na mesma Guardia se non teñen recollido no “Museo” pezas tan caraiterísticas nin en tan outo número a mais que ali adoecen de falla de crasificación. N-isto a man do devandito Sr. F. Costas ten feito todo

O Museo enriqueciase especialmente cos materias procedentes dos traballos de investigación daqueles mozos ilusionados polo descubrimento da terra, con todo ao medrar en idade e ocupacións o crecemento do museo resíntese:
Fechado o pirmeiro rexistro do noso Museo na data de 24 de Nadal de 1934, compre agora ao cabo de un ano rexistrare os seus progresos na campaña de 1934-1935. Pouco, certamente, é o que hoxe imos anotar, pois espallados pol-a terra adiante a maioria dos que traballamos na súa orgaizazón, non poidemos ista anada facer como o devanceiro unha boa colleita. Nen embargantes, ainda algunha cousa medrou o noso Museo, e a leda espranza de o levar a un termo que encha os nosos degaros, danos azos e emprestanos forzas

Este Museo foi pechado cando o estoupido da Guerra Civil, ao ocupar as tropas militares as dependencias do Instituto no antigo convento de San Domingos. Posteriromente foron trasladados os materiais a un inmoble próximo. No ano 1937, Xosé María Ávarez Blázquez obtén permiso do Alcalde tudense para revisar os materiais, comprobando que, pese a desaparición dunha parte, conservábanse daquela case integramente.
Los objetos contenidos en el Museo hubieron de ser trasladados a una ruinosa dependencia propiedad del Ayuntamiento. Autorizado amablemente por el Sr. Alcalde me hice cargo uno o dos años más tarde de aquello que era posible recuperar; el piso del local, lleno de agujeros que daban a un sótano insondable, se había tragado buena parte de las piezas hasta allí llevadas, pero aún asi tuve la fortuna de recuperar la mayoría y también las más interesantes


Xosé María Álvarez Blázquez


Sospeito que parte deses materias foron devoltos aos seus propietarios, pois eran depósitos realizados ao Museo, e logo chegaron a outros museos da nosa zona como o Museo de Pontevedra ou o Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”, ao que tantos desvelos entregou Xosé María Álvarez Blázquez, e onde hoxe podemos contemplar parte destes materiais así coma no Museo Diocesano de Tui que exhibe outra escolma de fondos líticos doados a ambas institucións polo propio Álvarez Blázquez.

Tamén a etnografia foi unha preocupación dos “Ultreyas” tudenses; seguro que a influencia de Manuel Fernández Costas non foi pouca xa que él tamén traballou e publicou sobre esta materia. A investigación arqueolóxica atopou sempre na etnografia e no folclore unha ferramenta básica. Froito dese interese é un manuscrito de xaneiro de 1935 de Xosé María Álvarwez Blázquez “Algunhas verbas sen recoller da comarca de Tui”, no que inventaria 87 palabras, coa súa descrición, centradas especialmente nos xogos infantís. Completa esta laboura coa publicación en Portugal dun traballiño sobre “Os tratos dos nenos na bisbarra de Tui” de 1959, que está en relación directa con outros traballos xa publicados por Manuel Fernández Costas e nos que publican o resultado daqueles traballos de campo.

A derradeira actividade dos Ultreyas, no xa de Tui senón de toda Galicia, foi unha excursión organizada polo grupo tudense ao monte Aloia o 17 de xuño de 1936, da que dá novas o periódico Guieiro, autavozpatriótico da F.M.G., feito que testemuña que nesta época as relacións entre a Agrupación Ultreya e as Mocedades Galeguistas eran moi boas, e que, de non ser pola revolta militar que estouparía un mes despois, a súa coordinación avanzaría de seguro:
Os mozos “Ultreias” de Tui, orgaizaron o pasado 17 unha verdadeira eiscursiónao monte Alvia (sic, Aloia) con ouxeto de tratar n-aquelas outuras da suatotal reorganización. O camiño e a estancia no monte constituiron unha verdadeirafesta de galeguidade: colocouse a bandeira da Galiza n-un outeiro,cantáronse canciós populares, leéronse poesías de Curros, Rosalía, Pondal, efalouse logo do ouxeto da eiscursión, acordándose nomear unha xunta provisionalencarregada de dar os pirmeiros pasos. Xa no solpor voltaron todol-osmozos a Tui, entoando os hiños galego, de Bratras e os dos “Ultreias”



Correspondeulle pois a agrupación “Ultreya” tudense o último capítulo na traxectoria deste colectivo xuvenil que achegou a tantos mozos á súa terra e a súa identidade. No caso de Tui foi un colectivo que descoñecido na actualidade agrupou a un fato de mozos aos que a guerra civil tronzou as súas traxectorias, que moitos poideron reconstruir en medio de grandes dificultades. Recuperar a súa memoria e a do seu animador, Manuel Fernández-Valdés Costas (a quen agardamos dedicarlle no futuro un post neste blogue) e do seu principal e entusiasta colaborador, Xosé María Álvarez Blázquez é un acto de xustiza coa nosa memoria histórica..


Bibliografía

BERAMENDI, Justo: De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo, Xerais, 2007
DIEGUEZ CEQUIEL, Uxio Breogan: Álvaro de las Casas. Vigo, Galaxia, 2003
GONZALEZ PEREZ, Clodio: Mar adiante. As xeiras dos Ultreias.
SANCHEZ BARGIELA, Rafael: “Os Ultreyas tudenses” en en Faro de Vigo, sábado 29 de xullo de 2006 (especial Louriña/Baixo Milño).

SANCHEZ BARGIELA, Rafael: Xosé María Álvarez Blázquez e Tui: da vella casa ao corazón aberto. Tui, 2008.

Cristobal Colón Fonterosa e Tui

$
0
0
Ás veces un rato de navegación pola rede na procura dalgún dato nos conduce a outra liña de investigación ou coñecemento inesperado. Rebuscando nos primeiros números da revista gráfica “Vida Gallega” que fundou en 1909 o xornalista Jaime Solá, e que con diversos avatares chegou ata o ano 1963, demos cun artigo sobre Celso García de la Riega e a súa teoría sobre o Colón galego.


García de la Riega (1844-1914) é un funcionario, deputado, xornalista e investigador pontevedrés, pero sobre todo é coñecido por ser o inicador e impulsor da teoría da orixe galega de Cristobal Colón, sendo o primeiro en atacar a teoría xenovesa nunha conferencia realizada en Madrid en 1898 a petición da Sociedad Geográfica de Madrid.
Cristobal Colón e a súa biografia estiveron sempre rodeadas de incognitas e dúbidas, mesmo antes da súa morte. A súa personalidade e os pleitos que emprendeu el mesmo ou os seus herdeiros pola sucesión do seu morgado non fixeron máis que contribuír a este afastamento que explica, en parte, por que o Novo Mundo por él descuberto leva o nome do cosmógrafo e comerciante florentino, pero naturalizado castelán, Américo Vespucci.
Sempre existiron dúbidas fundadas sobre a súa orixe e mesmo o municipio de Xénova encarga entre 1892 e 1896 unha ampla investigación que produce 14 volumes en defensa da súa tese.
Será García de la Riega o primeiro en cuestionar a orixe xenovesa, en principio en base aos apuntes do seu tío avó, xa falecido daquela, onde se recollen testemuñas de xentes da Moureira pontevedresa sobre o lugar de nacemento de Cristóbal Colón Fonterosa (ou Cristoforo Columbus Fontanarrosa). Estamos en 1892 e De la Riega comenta o tema na tertulia do Café Moderno de Pontevedra; aos poucos anos un dos seus membros, Antelo Carmelo Castiñeira, atopa o primerio documento (ao que segiran moitos máis) que acredita a presenza do apelido “Colón” nesta bisbarra.
As principais achegas de Celso García de la Riega foron a edición de “La Gallega” (1897), onde demostra que a nao “Santa María” foi construida en Galicia e moi probablemente nos asteleiros de Pontevedra; a conferencia de Madrid en 1898; ou a edición (case póstuma) de “Colón Español. Su Origen y Patria” (Madrid, 1914), na que desenvolve os seus estudos sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón Fonterosa. Logo da súa morte a súa teoría é cuestionada ao afirmar os expertos que García de la Riega falsificara os documentos que utilizaba na defensa da súa tese. Recentemente, no ano 2013, o Instituto do Patrimonio Histórico Español garantiu a autenticidade dos mesmos, tras unha petición da súa familia, revitalizando a súa teoría.
Reseñar que nestas últimas décadas o investigador Alfonso Philippot ten impulsado, a partir dos estudos de García de la Riega, unha nova teoría que identifica as personalidades de Cristobal Colón e o nobre galego Pedro Álvarez de Soutomaior (“Pedro Madruga”).


A teoría de Celso García de la Riega, que logo apoia Salvador de Madariaga, afirma unha orixe xudeo conversa ou de “cristiano nuevo” de Colón que xustificaría a ocultación permanente das súas orixes.
Este longo limiar contextualiza tres notas que ligan a biografía de Cristobal Colón coa cidade de Tui.
En primeiro lugar, a linaxe dos Fontanarrosa ou Fonterosa, localizada en Pontevedra ao longo do século XV e que conserva nomes hebreos como Jacob Fonterosa, que chegará a ser recadador das rendas do ferro para o arcebispo de Compostela en 1454. A documentación acredita como no primeiro terzo do século XVI os Fonterosa xa eran cristiáns novos, e unha ponla desta linaxe figura nos libros parroquiais de Sobrada dende 1597. Constan: Domingo, fillo de Juan, batizado en 1614; Gregorio, fillo doutro Gregorio, en 1634, e sucesivamente, Domingos en 1688, Sebastián en 1720, Juan en 1749 e D. Ventura en 1796. O propio De la Riega afirma que “Esta familia se estableció después en Túy, donde perdura, y algunos de sus individuos marcharon á Buenos Aires” (supoñemos, refírese a Tirso Lorenzo, de quen xa nos ocupamos neste blog http://tudensia.blogspot.com.es/2017/08/tirso-lorenzo-un-tudense-xornalista-na.html).A pervivencia desta liña familiar en Tui é citada reiteradamente por Celso García de la Riega como unha defensa das súas hipoteses.
Citamos a Manuel Fermández-Valdés no seu libro “Familias Antiguas de Tuy” que nos fornece máis información sobre esta familia: “Don Ventura Fonterosa y su esposa Dona María Díaz, naturales de Sobrada, aledaños de Tui, fijaron su residencia en esta ciudad en la primera mitad del siglo XIX. Cuando, a mediados de siglo, se autorizó el derribo de las murallas, D. Ventura adquirió, del ramo de Guerra, varios solares sobre la muralla vieja, lindando con la calle de las Adegas, hoy Seijas. Sobre estos solares edificó viviendas, algunas de las cuales todavía (1958) pertenecen a sus herederos. Asimismo, adquirió el edificio del Hospital Militar de la Corredera, en donde está instalado el comercio “El Cielo”, cuyo inmueble también es propiedad de sus herederos”. Os seus descendentes conformaron importantes familias na vida tudense ao longo dos século XIX e XX.
A segunda nota non deixa de ser una mera conxetura. Temos documentada presenza do navegante e mercarder tudense Sebastián De Ocampo (ou Docampo) na segunda viaxe de Cristobal Colón e a súa ampla actividade mercantil nas terras americanas ata convertilo nun dos máis acaudalados comerciantes daqueles primeiros anos da conquista e colonización, de quen demos noticia neste blog.(http://tudensia.blogspot.com.es/2013/05/sebastian-de-ocampo-mercader-e.html). A pregunta é inevitable. Se coñecerían Colón e Ocampo? Será esta relación a que posibilita a súa presenza na segunda expedición do almirante cara as terras recen descobertas?.
E finalmente, está documentado como Colón e os seus compañeiros designan as terras que van recoñecendo con topónimos que, en moitos casos, reproducen os nomes lugares da ría de  Pontevedra e doutros lugares de Galicia: Boca da Serpe, Mar de Santo Tomé, Cabo Cadrán, Casa da Crus, etc. E entre todos estes topónimos recollidos polo Almirante da Mar Océana, Cristóbal Colón Fonterosa, designa na súa primeira viaxe a un dos cabos da illa La Española como “Cabo de San Telmo” tal como o recolle o seu fillo Hernando Colón na súa “Historia del Almirante Don Cristobal Colón”. Tampouco podemos esquecer como a Confraría do Corpo Santo de Pontevedra era una entidade de grande vitalidade na baixa idade media no burgo pontevedrés, e á que un posible Colón desa contorna abofé que pertencería.
Por outra banda, Hernando Colón recolle como na segunda das viaxes, logo de deixar La Gomera “El mismo sábado de noche se vió el cuerpo de San Telmo, con siete velas encendidas, encima de la gavia con mucha lluvia y espantosos truenos; quiero decir que se veían las luces que los marineros afirman ser el cuerpo de San Telmo, y le cantan muchas letanias y oraciones, teniendo por cierto que en las tormentas donde se aparezca, nadie puede peligrar”.
Poucas veces en Tudensia temos recollido tantas hipóteses que, ata o presente, carecen dunha evidente apoiatura documental que as transforme en datos históricos. Pero resultan tan suxerentes que a súa omisión non estaría xustificada. O noso obxectivo é que abran o debate entre os nosos lectores.

Feliz ano 2018!

Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de Tui

$
0
0

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade. Neste blog temos recollido en diversas oportunidades referencias á súa actividade e, incluso, algún dos seus artigos xornalísticos.

No volume III da revista “Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano” (1980) o seu fillo Eloy publica un moi breve apunte biográfico do seu pai xunto a unha moi interesante achega das súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron dos prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publicados no “Faro de Vigo” nos anos cincuenta: ”Familias antiguas de Tuy” (Pontevedra, Talleres de Artes Gráficas del Hogar Provincial, 1958).

O seu coñecemento da documentación tanto catedralicia como municipal así como de diversos arquivos privados e o seu rigor como investigador acreditan a Manuel Fernández –Valdés Costas (uniu os apelidos paternos no ano 1947, pois ata daquela asinaba como Manuel Fernández Costas) como un dos referentes da investigación histórica sobre a nosa cidade. Pero hai que salientar que comezou a súa andaina na investigación destacando como un dos principais especialistas, ao longo da segunda e terceira década do século XX, do estudo da arqueoloxía de Galicia, especialmente polas súas achegas arredor das industrias líticas e do mundo castrexo. Naqueles anos a figura de Manuel Fernández Costas era recoñecida como unha das principais autoridades na prehistoria de Galicia.

Manuel Fernández Costas foi membro do Instituto de Estudos Galegos, colaborou en varias oportunidades na revista “Nós", foi correspondente da Real Academia Galega, da Asociación de Arqueólogos Portugueses e do Instituto Histórico do Miño, amáis de recibir o título de Cronista Oficial da cidade de Tui, nomeado pola Corporación Municipal que presidía o alcalde  Luis Álvarez Rodríguez-Lasso no ano 1958.



Concretamente, na revista “Nos” comeza a súa colaboración en 1926 cun traballo titulado “Unha nova vía romana” que asina con Manuel Fuentes Canal; publica logo no número de setembro de 1929 un artigo sobre “As Industrias líticas d'a Guardia” e no ano seguinte continuará afondando no tema cunha nova aportación: “Notas en col do asturiense na bisbarra d'A Guardia : campaña de 1929”.

No Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense publica o estudoso gardés Juan Domínguez Fontenla un comentario sobre o traballo de 1929 no que sinala: Manuel Fernández Costas entusiasta por los estudios prehistóricos, dedicose a recorrer las playas del litoral de La Guardia y tuvo la suerte de descubrir nuevos e importantísimos depósitos de instrumentos líticos que testifican la intensidad que tuvo la vida en la boca del Miño en las remotísimas edades en que esta industria estuvo en vigor (...) y se ha hecho acreedor con su producción al aplauso de todos los amantes de los estudios prehistóricos, pues viene a ampliar estos conocimientos, dando a conocer estas nuevas estaciones en los ámbitos del mundo científico.

Antes da Guerra Civil foi un incansable investigador, como xa indicamos, especialmente da prehistoria e protohistoria de Tui e a súa contorna. Froito das súas pescudas e do seu empuxe foi a creación, en torno a 1933, do Museo de Tui instalado nas dependencias do antigo convento de San Domingos, onde tamén estaba comezando a súa andaina -dende 1934- o Instituto de Segunda Enseñanza tudense. Este Museo acollía os materias que o Grupo Ultreya tudense, que promovía él mesmo, obtivera nas campañas de escavacións arqueolóxicas no castro do Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos e noutros xacementos de Tui e o Baixo Miño. Nestas campañas colaboraba tamén Xosé María Álvarez Blázquez, que viña de rematar os seus estudos de Maxisterio, e que sempre tivo a Manuel Fernández Costas como o seu mestre e referente.

O semanario tudense Tribuna, recolle nas súas páxinas unha breve información sobre este Museo: “Llega a nosotros la noticia de que esta agrupación local de jóvenes bajo la dirección de nuestro distinguido amigo Manuel Fernández Costas (refírese ao grupo Ultreya tudense a quen temos dedicado recentemente senllos posts neste blogue) está organizando un notable Museo de arte y prehistoria. En él figuran ya curiosos útiles de piedra de las edades prehistóricas recogidos en La Guardia y Tuy por esta entusiasta agrupación ávida de cultura y saber, que tan bien dice de nuestra ciudad.”

Por estes anos colabora tamén coa prensa tudense daquela época como “Hoy, semanario independiente”, “Tude, revista estudiantil del Instituto de Tuy” tamén no “Faro de Vigo” e como acreditado especialista local asina o capítulo sobre Tui no “Libro de oro de la provincia de Pontevedra” (1931).

A Guerra Civil rachou con todas estas iniciativas que non tiveron continuidade, como foi o caso do Museo de Tui cuxos materiais almacenados nunha casa do barrio de San Domingos foron recuperados en parte por Xosé María Álvarez Blázquez en 1937. Parte destes materiais voltaron ás mans dos seus descubridores e co tempo se entregaron, parte deles, tanto no Museo de Pontevedra como no Museo Municipal “Quiñones de León” de Vigo no que colaboraba con intensidade Álvarez Blázquez.

Nun artigo titulado “Industrias paleolíticas de la comarca de Tuy” que asinan o propio J. M. Álvarez Blázquez e Fermín Bouza-Brey en Cuadernos de Estudios Gallegos (1949), o tudense descrebe asi este proceso: Durante las vacaciones estivales de 1933 y 1934, un grupo de entonces estudiantes del que formaba parte uno de nosotros (A.Blázquez), bajo la acertada dirección del distinguido prehistoriador don Manuel Fernández Costas, se empeñó en la búsqueda, a través de la comarca de Tuy, de útiles prehistóricos, con que nutrir un Museo que al efecto se organizó en el Instituto de 2ª Enseñanza de aquella ciudad. Aparte de someras excavaciones en los Castros de Cabeza de Francos y A Guía, nuestro objeto principal fue explorar las proximidades de los depósitos fluviales de cantos rodados, en busca de posibles instrumentos líticos, que esperabamos no faltarían en una zona tan fértil y bien defendida como aquella, y estimulados por la vecindad de las pródigas estaciones de La Guardia y Camposancos. Y, en efecto, recorriendo los caminos aldeanos, orientándonos especialmente hacia aquellos de pronunciada pendiente, fáciles al arrastre de las aguas invernales , hemos tenido la fortuna de reunir hasta un total de 61 instrumentos paleolíticos, todos ellos en cantos rodados de cuarcita, único material lítico apropiado existente en aquella zona.
(...) Aquella colección, clasificada entonces provisionalmente, en espera de un acopio mayor de materiales – que, por desgracia, no pudo realizarse – pasó después, en ocasión de la contienda desarrollada en España, por la azarosa fortuna de diversos traslados y la lamentable pérdida de una gran parte del conjunto, hasta el extremo de que hoy solamente se conservan 26 piezas de las 61 que comprendía. Suprimido el Instituto de Tuy y desaparecido el Museo, uno de nosotros (A. Blázquez) pudo hacerse cargo más tarde de lo que éste restaba, recuperando esos 26 instrumentos que en su mayor parte él mismo había hallado en sus excursiones por las aldeas. Pero se extraviaron algunos ejemplares magníficos y también un curioso pico asturiense, que el Sr. Fernández Costas encontrara en la localidad portuguesa de Monçao, frente a Salvatierra de Miño, no incluida en el total de las 61 piezas tudenses, y que representaba un interesante eslabón entre las estaciones lusitanas del bajo Miño.

Estes sucesos e o drama da contenda civil coas súas consecuencias conxeturtamos teñen relación co silencio de Manuel Fernández Costas durante mais dunha década en que non realiza publicación algunha. Logo, en torno a 1946, xa non retomará a actividade arqueolóxica senón que achégase á historia local e á investigación en materia etnográfica con interesantes aportacións aínda non superadas.

Entre os artigos sobre temática histórica tudense e por orde cronolóxico e sen afán exhaustivo cabe sinalar: “Las grandes pesquerias del Miño: notas folclóricas)”  e “San Telmo patrón de mareantes, VII centenario” (Finisterre, 1946);”El Monte Medulio es el Monte Aloya” (Construcciones, 1947);  “En torno a una copla popular“ (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1950); “Juegos infantiles en la comarca de Tuy” (Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 1952); “La catedral de Tuy y su primitivo emplazamiento” (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1952; ”El terremoto de Lisboa: su repercusión en la antigua provincia de Tuy” (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1955);  “Señoríos jurisdiccionales de la antigua provincia de Tuy” (Revista Museo de Pontevedra, 1956); “Francisco Sánchez, el escéptico” (Boletín da Real Academia Galega, 1956); “Una relación de la batalla de Puente Sampayo” (El Museo de Pontevedra, 1957);  “Un gallego ilustre; Dr. Martín Spuch Martínez” (Lar – Buenos Aires, 1957); “Una página inédita de la historia de Tuy: la reacción absolutista de 1823” (Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, 1957-58);  “Manuel Prieto Marcos, músico y poeta” (Lar – Buenos Aires, 1959); “El P. Feijoo y el benedictino tudense Fr. Mauro Piñeiro Falcón” (Compostellanum, 1959); “El Phalus de Cabeza de Francos” (Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, 1959-1960); “Prudencio Areal Alonso” (Lar-Buenos Aires, 1960);El ‘phalus’ de Cabeza de Francos” en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos e Orense, vol. XX (1959-1960), pp 267-275;  Monseñor Enrique Pérez Serantes, un gallego destacado” (Lar – Buenos Aires, 1961);  “Antecedentes históricos de las murallas de Tuy” (Revista Museo de Pontevedra, 1962;) “Artistas de Tuy durante el siglo XVIII” (Boletín da Real Academia Galega, 1970), etc.

Engadamos as numerosas colaboracións xornalísticas no Faro de Vigo, coas series “Familias antiguas de Tuy”, “Estampas retrospectivas” ou “Efemerides de Tuy”, asi como en El Pueblo Gallego, La Noche, Vida Gallega ou, no caso de publicacións tudenses, en “Tuy, publicación del Instituto Laboral de Tuy” ou  no “Boletín Informativo do Centro de Iniciativas y Turismo de Tuy” (do que él era un dos seus dirixentes e impulsores)....




Estas liñas nos aproximan a unha figura agora practicamente descoñecida e que reclama un estudo que nos descubra a transcendencia da súa aportación á vida tudense e á investigación histórica da nosa cidade e a súa contorna. Nas primeiras décadas do século XX Manuel Fernández Costas (así asinaba daquela) era un dos mais senlleiros investigadores da nosa prehistoria en contacto directo coa investigación que nesta materia se realizaba en Europa e que lle servía como base de referencia para os seus traballos sobre as industrias paleolíticas do Baixo Miño. A figura de Manuel Fernández-Valdés Costas é tamén referencial ao ligar a nosa cidade á actividade dos grupos galeguistas como Nós ou o Seminario de Estudos Galegos nos que colaboraba asiduamente. Todos este elementos reclaman afondar nesta achega biográfica dun dos mais senlleiros historiadores que tivo a nosa cidade.

Unha contextualización histórica de San Telmo

$
0
0
A figura de San Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón.


Moitas das biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo e, desde o século XVI, a San Telmo ou San Pedro González Telmo. Un proceso histórico onde non foi lograda a súa canonización oficial pero si o recoñecemento do seu culto como santo, avalando a devoción popular que dende primeira hora deulle este recoñecemento.
Os datos históricos ou biográficos que posuímos sobre este frade dominico son escasos e aínda máis reducidos os referidos a súa relación en vida con Tui. Basicamente están recollidos, como apuntabamos anteriormente, na “Legenda Beati Petri Confessoris, Ordinis Praedicatorum” un manuscrito anónimo do século XIII que se conserva na Catedral tudense e que forma parte do chamado “Pasional Tudense” (unha das pezas codicolóxicas mais importanrtes de Galicia). Esta Legendafoi editada por E. Flórez na súa monumental “España Sagrada”. Como suliña Lorenzo Galmés “el legendario tudense contiene elementos cercanos a los acontecimientos que cuenta, ya que pudo disponer de la síntesis biográfica que el obispo diocesano envio al Capítulo General de Tolosa, doce años después de la muerte del Siervo de Dios, acompañando una relación de milagros  atribuídos a sus intercesiones y proponiendo la causa de canonización del mismo” (1)
Neste documento non se emprega en momento algún a denominación de Telmo, senón que figura sempre como Petrus Gundisalvi, Pedro fillo de Gonzalo. Na documentación tudense a primeira mención que se conserva ao nome de Telmo aparce en tempos do bispo Diego de Avellaneda que en 1529 decide o traslado dos seus restos, que estaban situados entre a entrada á Catedral e o trascoro, á nova capela daquela chamada dos bispos (na actualidade dedicado ao Santo Cristo da Agonía): “aqui jaze el cuerpo del bienaventurado Sant Helmo que por otro nombre llaman fray Pero Gonçalez é qual estava en la entrada de la puerta principal desta yglesia” (2)
Cabería preguntarse ás razóns que existen para esta dilatada relación entre os tudenses e este frade dominico que, segundo a Legenda, dixo no seu leito de morte “te anuncio que el Señor que se acordó de mis trabajos, remunerador espléndido de las pocas cosas buenas, llamándome a mi ahora rapidamente para marchar de esta vida me entregó  con esta especial disposición a la ciudad para que por mis suplicas y méritos la propia ciudad y la región circundante sean protegidos de los muchisimos peligros a los que se exponen por las faltas de los hombres en el Tribunal del Dios justo”.
Pedro González, natural de Frómista, acada, con unha idade temperá, o deanato da Catedral de Palencia; é un dos primeiros discipulos hispanos de Domingos de Guzmán, que viña de fundar a Orde dos Predicadores, tamen denominada dos dominicos polo seu iniciador. Esta orde relixiosa xorde en torno a 1215 cando Domigo de Gúzman establece en Tolosa/Toulouse a primeira casa. Cando morre en 1221 a Orde xa está claramente estruturada e conta con máis de setenta comunidades en funcionamento.
Pedro González entra no convento dominico de San Pablo de Palencia en torno a 1220 logo do seu fugaz paso polo deanato da Catedral daquela cidade de Castela. Súmase, por tanto, a unha orde conventual que estaba a iniciar naqueles anos a súa traxectoria pero que conectaba coas novas formas sociais que agromaban naquel período histórico e as sensibilidades que suscitaba.
O futuro San Telmo se suma así a unha corrente relixiosa que procura unha alternativa aos vellos mosterios e monxes, de orixe benedictina, cuxos valores relixiosos e concepcións eclesiolóxicas, caracetrizados por “una concepción claramenrte aristocrática de la existencia, que se venía manifestando desde comienzos del siglo XI de una forma palmaria, en el desprecio radical del mundo -irremisiblemente sometido a la sordidez del trabajo y a la tiranía del pecado-, posición que se renueva, frente a los progresos de la urbanización y a los avances en la división social del trabajo, con la condena de los valores subyacentes a los fenómenos señalados -afán de mejora económica y cultural, agilización mercantil y monetaria, desarrollo técnico- y sus secuelas de claro gusto antiaristocrático -individualismo, promiscuidad, asociacionismo, anonimato- y que, en toda lógica, les permite disfrutar de un confortable distanciamiento en relación con los problemas religiosos, éticos, morales y políticos en que se va a debatir la sociedad que les rodea” (3)
En definitiva as grandes ordenes monásticas, nacidas da herdanza de San Bieito, non son capaces de conectar e, consecuentemente, respostar ás novas dinámicas sociais do século XIII onde o desenvolvemento das cidades, en toda Europa, implica a aparición de novos valores sociais. Xorden asi nos inicios do século XIII dúas novas ordenes relixiosas de enorme repercursión na historia da Igrexa e da sociedade: franciscanos e dominicos. A mensaxe e a praxis de Francisco de Asis e de Domingos de Guzman tenta harmonizar a doctrina e a practica da vida cristián, procurando o retorno á orixinalidade evanxélica, coas novidosas situacións da sociedade do século XIII
Desde sus propios centros, desde las escuelas catedralicias o desde las cátedras universitarias, los frailes contribuyeron decisivamente a la liberación de la razón como cualidad específicamente humana. La fe busca apoyo en la razón, dando lugar a la teología, en tanto que la moral intenta una reconciliación entre la fe y las actuaciones humanas de cuyo sentido la razón da suficiente cuenta. Esta aproximación entre fe y razón va a hacer posible una rehabilitación moral de actividades y actitudes tradicionalmente sumidas en el desprecio, tales como el ejercicio del comercio, el préstamo con interés o el profesionalismo liberal, con sus inevitables secuelas lucrativas, fenómenos radicados fundamentalmente en las ciudades cuya pujanza es coherentemente celebrada por los frailes. De la experiencia urbana de éstos surge también una nueva doctrina en torno a las nociones de pecado, delito, culpabilidad y pena, cuyas repercusiones van a afectar, incluso, a las concepciones del más allá vigentes hasta entonces. El mundo de las ciudades es el mundo de la libertad individual. Pues bien, corresponde en gran manera a los frailes del siglo XIII el mérito de haber llevado, en el ámbito espiritual, los presupuestos de la libertad hasta sus últimas consecuencias. En el tribunal de la penitencia, el pecador, lejos de todo miedo a la pérdida de la libertad, conserva el protagonismo que se le supone en la comisión del pecado. La confesión -relato de situaciones más que enumeración de pecados-, el arrepentimiento -factor vinculado al perdón-, y el cumplimiento de la penitencia -privada y adaptada a cada caso- representan un importante reforzamiento de la experiencia de la libertad, al vincular a la misma el borrado de la culpa y la expiación de la pena merecida por las transgresiones cometidas en su nombre. En fin, en el orden pastoral, los franciscanos y dominicos manifiestan un especial interés, de acuerdo con su compromiso de lucha contra la herejía y defensa de la Iglesia, y en consonancia con sus inquietudes intelectuales, en acercarse a las necesidades de los laicos mediante la predicación, la elaboración de manuales, el fomento del asociacionismo caritativo y de prácticas paralitúrgicas, el reconocimiento de la vida interior o el ejemplo de la pobreza y humildad (3).
Este papel dos frades mendicantes estará reforzado polo seu xeito de vida, baseado nunha radicalidade evanxélica: viven das esmolas das xentes, teñen unha dedicación prioritaria á predicación itinerante, tantas veces alonxados do seus conventos, que os achega ao pobo pero compatible, especialmente, no caso dos dominicos, cunha formación intelectual moi sólida. Aparece así a figura do home santo, o frade, que hereda o papel principal na vida relixiosa que anteriormente tiña o monxe.


Neste contexto histórico temos de situar a presenza da predicación do dominico Frei Pedro González nas terras de Galicia e o Norte de Portugal. O Noroeste hispánico asiste ao nacemento dunha nova realidade política como é o reino de Portugal. A cidade de Tui é un lugar estratéxico neste proceso pois a súa posesión é un factor esencial para a consolidación da nova monarquia portuguesa. Estas continuas alternativas comezan o seu ocaso cando unha nova ocupación lusa de D. Sancho I en 1169 foi rexeitada por Fernando II de León que en 1170 conceda á cidade de Tui os seus foros e ordea levantar unha muralla e mesmo a concentración de toda a poboación, tratando de crear un núcleo fortificado e fiel fronte ás pretensións portuguesas ao que decide chamarlle “Buenaventura” aínda que con escaso éxito.
De novo en 1186, D. Sancho I toma a cidade de Tui, á que concédelle importantes doazóns. Aos dez anos estallan novas las hostilidades entre D. Sancho y Afonso IX. Así se xustifica que, en 1200 o Rei D. Sancho I mandase construír os primeiros muros defensivos en Valença, chamada daquela Contrasta –cuxa fundación sitúase arredor de 1198/99-, dotandoa dun foral entregándolla ao fidalgo D. Paio Carramondo, para que este a poboase e edificase unha igrexa. En 1212, a recen fundada Contrasta é arrasada polo exército de Afonso IX. En 1217, D. Afonso II mandou repoboala, reconstruír as súas murallas e outorgoulle un foro ou “foral”. Será en 1262, por diploma de 2 de Agosto, cando D. Afonso III confirme o foral outorgado, a favor de Contrasta, polo seu pai, pero cambiándolle o nome por Valença. Estas denominación traducen xa as dúas principais funcións desta cidade ao longo dos séculos: militar e comercial.
O territorio da diocese abrangue terras tanto do reino portugués como do castelán e os propioa bispos oscilarán na súa fidelidade a ambos monarcas, pero esta ambigüidade logrará importantes doazóns de ambos monarcas que consolidad a súa preminencia na cidade fronte á dinámica buguesia tudense.
Aínda que as ocupacións da cidade continúan nas primeiras décadas do século XIII, Tui se consolida como un importante núcleo urbano e centro económico e comercial cun dinámico porto fluvial. Os burgueses tudenses se rebelaran en varias ocasións contra o poder temporal de bispo: xa no propio ano 1170 houbo conflitos, en 1211 e finalmente en 1248 que resolve o rei Fernando III en 1250 cunha sentenza que condena ambas partes, tanto o bispo como os lideres burgueses, e restablece os foros de 1170 dándolle certo pulo ao papel dos burgueses tudenses fronte o señorio episcopal da cidade e o seu couto que non é cuestionado pola monarquia e que dificulta o desenvolvemento máis amplo desta feble burguesía local. Outras localidades galegas si lograrán substraerse do señorío eclesiástico e reforzarán asi o seu dinamismo social e económico.
A presenza dos dominicos en Galicia comeza na cidade de Santiago en torno a 1220-1222, nos mesmos anos en que asistimos á fundación de conventos en Segovia, Madrid, Santarém, Coimbra, Toledo ou Burgos, aínda que a primeira cita documental data de 1228 en que os frades de San Domingos de Bonaval reciben un legado. A seguinte fundación dominicana en Galicia terá lugar ao cabo de tres décadas en Ribadavía, na diocese de Tui, e na mesma tiveron protagonismo os compañeiros de Frei Pedro González, especialmente Frei Pedro das Mariñas e Frei Miguel González.
Pola súa banda, Frei Pedro González fora confesor e predicador do rei Fernando III, a quen acompañou na campaña de Andalucía e na conquista de Córdoba. Hacia 1237 foi asignado ao convento de Bonaval en Compostela para exercer como predicador itinerante en Galicia e Norte de Portugal. Aínda que non estamos xa nos períodos máis álxidos das loitas entre os reinos, que unha figura relevante da corte do rei de León e Castela se instale neste ámbito fronteirizo non deixa de ter a súa significación, aínda que non teñamos base para formular calquera hispótese ao respecto.
Os frades das ordenes mendicantes desenvolvían a súa actividades vivindo das esmolas e da acollida das xentes. Esto explica o feito que de en Tui Frei Pedro Gonzalez estivese aloxado nunha casa particular e non na Canónica ou no Pazo episcopal do seu amigo e admirador o bispo Lucas.  Percorrerá as terras entre Douro e Miño exercendo o seu apostolado ata o seu falecemento que algunhas crónicas datan no 14 de abril de 1246 na cidade tudense. Esta, como xa comentabamos, recoñece inmediatamnente a súa singularidade e santidade, decidindo o seu soterramento nun sarcófago de marmol –de posible orixe romana- na entrada da Catedral (un sárcofago, por certo, que no lamentablemente pechado Museo Diocesano, carece de indicación algunha desta circunstancia, da súa condición de auténtica reliquia santelmiana) nun lugar de privilexio e que axiña adquire sona polos miragres que alí se producen promovendo o inicio dun movemento peregrinatorio que se alongará no tempo.


Aínda conservamos algunha imaxe do noso Corpo Santo cunha representación como evanxelizador, concretamente a situada sobre á porta da súa cripta na Capela de San Telmo, figura portando un libro, o Evanxeo /dóctrina nunha mán, e a outra un bastón, como axuda no seu itinerario. Tamén San Domingos de Guzmán aparece con similares caracteres iconográficos como na propia igrexa dominicana de Tui. Oración, estudio e predicación figuran pois nestas imaxes que expresan os principios da Orde dominica. Outro bastón, neste caso en tau, que é unha das senlleira reliquias que a Catedral tudense conserva de San Telmo e que, como apunta Carmen Manso (4) constituye otro recuerdo dominicano casi tan antiguo y valioso como el del propio fundador de la Orden de Predicadores
A presenza en Tui e na súa contorna deste frade dominico, da primeira xeración desta orde mendicante, achega ata Tui as novas tendencias da espiritualidade que naquel momento bulian por Europa, nun momento en que a sede tudense está ocupada polo bispo Lucas, clérigo leonés que era un dos principais intelectuais naquela altura na Península e que en 1236 tiña redactado o seu afamado Chronicon Mundi, unha primeira aportación á historia dende as orixes do mundo ata a conquista de Códoba polo rei Fernando III nese mesmo ano. Lucas posuía un amplo bagaxe intelectual e de coñecemento, tiña peregrinado a Roma e Terra Santa e percorrido numerosos países, ata o seu nomeamento como bispo de Tui en 1239, posto no que continuará ata a súa morte en 1249.
Paralelamente a burguesía tudense, vive un proceso de consolidación e asentamento ata o punto que ten capacidade para retar ao propio poder episcopal e mesmo da monarquía como o testemuñan as revoltas de 1170 e 1248, onde os grupos comercias e producrtivos tudenses se sinten con forza para cuestionar o poder señorial do bispo sobre a cidade e reclamar o seu peso político na vida local.
Velaí como as novas prédicas que impulsa a Orde de San Domingos nos que o papel do individuo e a súa libertade ocupan un papel maís relevante atopan nestes grupos sociais de Tui unha complicidade que reforza as súas aspiracións. Unha complicidade que continúa en 1272 cando o Concello chama aos dominicos para que se implanten na cidade ofrecédolles un terreo para o seu convento e oratorio nas inmediacións da Catedral. Un auténtico reto que o Cabido asume paralizando esta iniciativa que abría a posibilidade dunha “cura de almas” e unha recepción de esmolas e doazóns fora do seu control. Un conflito que chegará ata Roma pero que non impedirá a implantación da Orde dos Predicadores extramuros da cidade.
A importancia da dimensión humana e espiritual de Frei Pero Gonçalves, a quen andando os anos chamaremos San Telmo, foi recoñecida dende primeira hora polos tudenses, sendo soterrdo na entrada da súa Catedral, converténdose no “Corpo Santo” que atraía a numerosísimos peregrinos chamados pola sua sona de santidade e a súa condición de taumaturgo. Aos poucos anos, en 1258, o bispo tudense envía ao Capítulo Xeral da Orde dos Predicarores celebrado en Toulouse una relación de cento oitenta mirages de Frei Pedro González para iniciar o seu proceso de canonización.
Pero xunto a esta dimensión, a figura do noso frade dominico asentouse, dende primeira hora, ao achegar á sociedade tudense unha nova espiritualidada e valores que expresan os anceios da burguesía local inxerindose nas novas dinámicas sociais que naqueles momentos agromaban por Europa.



(1): Galmés, Lorenzo: “El bienaventurado Fray Pedro González O.P. San Telmo: estudios histórico-hagiográfico de su vida y de su culto”. Editorial San Estebán – Cofradía de San Telmo Tui. Salamanca, 1991.
(2) Vila, Suso: “Corpo Santo San Telmo”. Tui, Cofradía de San Telmo, 2009.
(3) Peña Pérez, Francisco J.: “Franciscanos y dominicos en en León y Castila. Expansión de las órdenes conventuales en el siglo XIII” en http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/penaperez/franciscanosdominicos.htm
(4) Manso Porto, Carmen: “El Arte de la Orden de Predicadores en la Galicia Medieval: Conferencia pronunciada el día 11 de junio de 2016 en la iglesia de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), en la Jornada de celebración del 800 aniversario de la Orden de Predicadores” en http://www.academia.edu/29701625/El_Arte_de_la_Orden_de_Predicadores_en_la_Galicia_Medieval

O navío "San Telmo" e o "descubrimento" da Antártida

$
0
0

O pasado día 6 de agosto o xornal “El Mundo” publicaba un artigo titulado Muerte en el hielo: los españoles olvidados que descubrieron la Antártida(http://www.elmundo.es/papel/cultura/2018/08/06/5b65d7cf268e3e425d8b4611.html) en que rememora a expedición do navío San Telmo de 1819 e que foron os primeiros homes documentados en chegar ao continente antártico aínda que por mor das inclemencias climáticas e que provocaron tamen a mortede todos naquela viaxe.
Recolle este artigo á noticia da edicion por parte do afamado escritor de novelas históricas sobre heroes españois,  Alber Vázquez (Rentería, 1969), dun novo libro, recen saído do prelo de  La Esfera de los Libros, titulado: Muerte en el hielo. La historia del San Telmo y los españoles que descubrieron la Antártida.  
A edición desta obra é unha oportunidade para lembrar esta desventurada expedición do navio “San Telmo”  un dos buques de mais sona no seu momento que fora construído nos “Reales Astilleros” de Esteiro (Ferrol) en 1788. Formaba parte dun programa de modernización da flota española, corresponde ao deseño do enxeñeiro naval Romero de Landa que incorpora á tradición construtiva de Jorge Juan as novidades desenvolvidas polos asteleiros ingleses nas décadas precedentes (https://es.wikipedia.org/wiki/San_Telmo_(1788)






Non é obxectivo de Tudensia a descrición deste navio, senón unicamente ofrecer aos nosos lectores esta referencia que vincula, unha vez mais, o nome de San Telmo ás xentes do mar e ás expedicións trasatlánticas que levaron a súa memoria as terras extraeuropeas.  Mesmo na Antártida, nunha testemuña mais do amplo abando de referencias xeográficas co seu nome, existe un illote co nome de San Telmo (fronte á costa septentrional da illa de Livingston, no arquipielago das Shetland do Sur) e que figura con este nome nas cartas de navegación británicas do século XIX quizas lembrando a este navio. Esta illa forma parte dun conxunto de illotes que pechan a pequena baía de Shirreff, fronte ao cabo homónimo. Nunha praia deste cabo foi colocada unha placa en lembranza dos 644 marinos que ali desapareceron.


Para completar esta noticia recuperamos un traballo que ilustra esta expedición e o final da existencia do navío San Telmo e os seus tripulantes.


NAVIO SAN TELMO: UN DRAMÁTICO FINAL
Alberto Flechoso
Boletín 39 (Julio 2011) da Sociedad Geográfica Española: Especial Viajes y exploraciones marítimas






En el año 1819 el navío español San Telmo con 644 personas a bordo desapareció entre el cabo de Hornos y la Antártida. Durante todo el tiempo transcurrido desde el trágico suceso, había permanecido olvidado hasta que recientes investigaciones y varias campañas arqueológicas de la última década han dado un poco de luz a su misterio.
La historia oficial considera al británico William Smith el primero en desembarcar en la Antártida , reclamando estas costas, por su primacía, para la corona británica unos meses después de la desaparición del San Telmo. Ahora se ha descubierto que fue el malogrado barco español el que llego primero en su desesperada deriva y que incluso en su naufragio algunos supervivientes consiguieron vivir algún tiempo hasta que el frío, el hambre y la desesperación acabaron con ellos.
En el invierno austral de 1819 tres barcos españoles, en su travesía desde Cádiz hacía El Perú, se encuentran navegando en uno de los peores y más tormentosos lugares del planeta, el Cabo de Hornos. La flota, con una derrota muy hacía el sur para librar los vientos contrarios, va encabezada por el navío de línea San Telmo. Se llevan tropas y suministros para hacer frente a las sublevaciones independentistas que se empezaban a extender por todos los dominios americanos de la corona.
El 2 de septiembre, entre olas que barren la cubierta y el frio viento antártico, se escribe desde las fragatas acompañantes:“Hemos dejado de ver al San Telmo en latitud 62º sur y longitud 70º oeste con averías graves en el timón, tajamar y verga mayor…”
Las fragatas lograrían llegar finalmente al Callao, con un mes de diferencia entre una y otra, pero desde ese pasado dos de septiembre nunca más se supo ni se sabría del San Telmo y de sus 644 tripulantes. Casi dos meses más tarde, el capitán de la armada británica, Robert Fildes es enviado desde Valparaíso hacia aguas más allá del Cabo de Hornos, para comprobar lo que el marino mercante Williams Smith contaba sobre unos avistamientos de tierras muy al sur cuando realizaba un viaje en busca de nuevas zonas de explotación foquera.
Desde las navegaciones de Gabriel de Castilla que también avistó tierras dos siglos antes, pasando por Cook que solo divisó los hielos de la banquisa sin encontrar el continente, la Antártida era algo que se intuía. Pero nadie había estado allí y había vuelto para contarlo.
En este viaje Smith fue embarcado como piloto para guiar el barco hacia el mismo lugar. Mientras, en el apostadero del Callao seguían esperando alguna noticia del San Telmo y sus más de seiscientas personas de dotación. A mediados de octubre Fildes y Smith llegaron a las actuales Shetland del Sur, desembarcaron en una de las islas peri antárticas en latitud 62º sur y 58º oeste, donde oficialmente nunca antes había llegado nadie y tomaron posesión para la corona británica el 19 de octubre del año 1819, denominándola Isla del Rey Jorge.
Recorrieron también el archipiélago bautizándolo como Islas Shetland del Sur  en honor a las islas del mismo nombre que se encuentran al norte de Escocia y desde aquel día la historia oficial reconoce a Williams Smith como el primer hombre, y británico, en poner un pie en la Antártida.
Lo que Smith no contaría a su vuelta pero sí lo hizo el capitán Robert Fildes en su diario, es que al norte de una de las islas, la denominada hoy Livingston, hallaron los restos de un naufragio que el capitán definió como de tipología española y que se había producido no hacía mucho tiempo. En sus notas aparecen algunos datos haciendo claras alusiones al navío español perdido unos meses antes en las aguas del Cabo de Hornos y cuyas noticias de desaparición ya se habían extendido por todos los puertos del sur del continente.
UN SILENCIO INTERESADO
Geográficamente, estas islas Shetland del Sur se encuentran a 160 millas más al este pero en la misma latitud sur donde fue avistado por última vez el San Telmo. Y en la dirección del viento y corrientes dominantes que hubieran traído cualquier objeto a la deriva. ¿Eran estos los restos del San Telmo que habían llegado a esas tierras en una desesperada navegación? ¿Qué suerte habían corrido sus tripulantes?
Weddell, un ballenero que varios años más tarde realizó cartas y descripciones de este grupo de islas, también reconoce abiertamente en su diario haber encontrado los restos de un navío de guerra español de 74 cañones, otro dato más de que podrían haber sido del malogrado San Telmo.
Para comprender bien la situación en que se producen estos acontecimientos hay que explicar el contexto que engloba toda esa época. España había salido de la ruinosa Guerra de Independencia y la debilidad exterior hacía sus colonias que empezaban a independizarse hacía insostenible cualquier acción a favor de los intereses españoles. Los británicos, que habían sido nuestros aliados para expulsar a los franceses, volvían a barrer para casa y anhelaban los inmensos territorios y colonias que poseíamos. Estaban apoyando a los criollos sublevados en Chile y harían los mismo en otros lugares. Los pocos barcos que habían salido ilesos de Trafalgar por no entrar en combate o por que se encontraran en otro destino, eran totalmente insuficientes para patrullar y poner orden en las colonias. Y los ingleses, a la expectativa y desestabilizando, empezaban a extender su imperio marítimo..
El navío de línea San Telmo era un superviviente de todos estos acontecimientos.
Tenía 74 cañones y había sido construido en el Ferrol en 1788. Aunque con más de treinta años era un digno representante de la magnífica política de reconstrucción naval de Carlos III, que su sucesor Carlos IV eliminaría ayudado por Godoy, marcando el comienzo del declive de la armada y con ella el de un país que se sumergía en un siglo desastroso para nuestra historia.
La flota, denominada del mar del sur, estaba compuesta por cuatro barcos.
La nave capitana San Telmo, las dos fragatas Prueba y Primorosa Mariana que fueron las únicas que llegaron al Callao y dieron testimonio del último avistamiento. Y el Alejandro, un buque ruso de segunda mano, comprado en una operación poco transparente de intermediarios y que estaba en tan mal estado que tuvo que volver a Cádiz unas semanas después de salir porque era imposible su navegación. Cuentan que el zar, en la ceremonia de su entrega, y viendo el mal estado en que se encontraban regaló otros dos barcos menores ante el miedo de que los españoles se lo devolvieran.
El almirante que mandaba la formación era Diego Porlier, un criollo del que se cuenta que en la despedida de Cádiz dijo a un amigo “voy a una empresa de la que seguro no volveré”. Sin duda, el envío a la desesperada de la flota y la situación en que se encontraba hacían premonitorias sus palabras.
En el contexto geopolítico del momento, el San Telmo iba a suponer la presencia del buque más grande de todo el Atlántico Sur y el inmenso Pacífico. Los navíos de guerra que habían tomado parte en la batalla de Trafalgar estaban en el continente europeo y jamás se dispersaban por los lejanos territorios de ultramar. Los ingleses, conocedores de esta flota, sabían que el San Telmo, mucho más potente que cualquier buque ingles de la zona (Atlántico sur y todo el Pacífico) desestabilizaría las fuerzas en su contra, y temían su llegada. Por tanto su desaparición y las evidencias que ellos mismos habían encontrado en las Shetland eran magníficas noticias para sus intereses que, por supuesto, iban a ocultar.
En los años siguientes la armada española se desmoronaría. Entrábamos en el decadente siglo XIX y las colonias se irán perdiendo poco a poco. Los escasos barcos útiles para defender las posesiones eran totalmente insuficientes. El imperio español tocaba a su fin y en estas circunstancias la suerte que hubiera podido correr el San Telmo no preocupaba a nadie. El barco se olvidó y la historia pasó página.
EN BUSCA DE PRUEBAS
A la Antártida llegarían después las románticas expediciones de conquista. Amundsen, Shackleton, Scott, etc… Todos se llevarían la merecida gloria de sus hazañas. Se les recuerda hoy por sus éxitos e incluso por sus fracasos. Y por el contrario, tan solo una triste placa en el panteón de los marinos ilustres de Cádiz recuerda de forma oficial a una tripulación desaparecida en la Mar del cabo de Hornos. Un desastre más entre muchos.
Pero en la década de 1990 las olvidadas evidencias históricas volvieron a tener su protagonismo. El catedrático Martín Bueno de la universidad de Zaragoza, junto con un grupo hispano-chileno de arqueólogos, geólogos y marinos de la Armada, organizó varias campañas arqueológicas de investigación in situ. El objetivo era buscar evidencias que aclarasen este desconocido y misterioso hecho de la historia antártica.
El caso del San Telmo era algo que se mencionaba en la historia del descubrimiento de la Antártida de una forma vaga. En la cartografía antigua aparecían nombres de islotes llamados Telmo Island. Los documentos archivados durante siglos y en secreto por al Almirantazgo ahora eran accesibles. Y con todas estas pistas era necesario ir a esos confusos lugares a ver si todo aquello era real.
En tres campañas sucesivas en las Shetland del Sur, los investigadores se toparon en un principio con abundantes restos de balleneros y foqueros que en su voracidad desmedida habían esquilmado estas islas varias décadas después de la llegada del San Telmo, entre 1820 y 1840. Su actividad y el hecho de encontrarse en el reino permanente del frío y la tempestad hizo que los posibles restos de madera y tablazón que del San Telmo quedara por las playas se utilizaran para calentarse y extraer la grasa. Hay que recordar que en este lugar cubierto casi permanentemente de hielo no existe la vegetación.
Aún así, con modernas técnicas catalogaron diversas anomalías magnéticas sumergidas que podrían ser cañones y anclas que aún están sin bucear. Levantaron la cartografía de esos lugares a los que ni en épocas modernas los barcos se acercaban, y en tierra encontraron algunos objetos sorprendentes: restos de telas de las que se usaban en los uniformes, sandalias típicas de los marinos españoles de entonces, objetos varios del momento, como vinajeras de plata y huesos de cerdo, animales que normalmente embarcaba la armada y que eran todos ellos difícilmente atribuibles a un ballenero. Todo esto junto con oquedades y precarios emplazamientos a modo de improvisados refugios que no habían pertenecido a los foqueros.
Se encontraban, por tanto, las primeras evidencias de lo que podía haber ocurrido con aquellos 644 hombres olvidados por la historia.
Con las investigaciones inacabadas, el misterio continua. Las pruebas no son concluyentes, ya que no hay ningún objeto atribuible directamente al barco. Pero las evidencias nos dicen que el San Telmo pudo llegar a la costa y la suerte de los marinos está aún sin resolver.
Si de alguna manera desembarcaron, lo que había allí no era mucho mejor que flotar en un océano antártico a la deriva. Según el último avistamiento desde las fragatas, el San Telmo se dejo de ver con daños en el tajamar, la verga mayor y el timón. Averías que dificultan la navegación pero que no hunden un barco. Esto hace suponer que el buque se quedaría a la deriva y su derrota lo llevó en unos días hasta impactar contra las islas. Llegaron cuando aún era invierno, con pocas horas de luz, a una costa desconocida por los humanos y cubierta de hielos. Los supervivientes que lograsen tocar tierra tuvieron que hacer frente a unas condiciones inhumanas. Según Miguel Aragón, coronel de la armada con una amplia experiencia en la Antártida y que formó parte del equipo arqueológico, la posibilidades de supervivencia fueron mínimas.
Cualquiera que se mojase o callera el agua, ante la imposibilidad de secarse, moriría en pocos minutos. Además, la abundante fauna que por allí se puede encontrar, como focas o pingüinos, aún no había llegado por la migración estacional.
El frío intenso e insoportable, las congelaciones y la seguridad de que allí nadie les buscaría hizo el resto con los más fuertes aún vivos, muriendo poco a poco en una desesperación agónica.
UN LUGAR EN LA HISTORIA
Otra teoría apunta a que un grupo de supervivientes iniciales usara alguna embarcación menor para salir al mar e intentar salvarse. De la misma manera que un siglo después hiciese Shackleton. Pero sin saber dónde estaban, sin medios, sin preparación, sin ropas adecuadas y lo peor de todo, con la certeza de que nadie les buscaría porque esas islas sencillamente aún no existían. Evidentemente no tuvieron éxito. Los mares antárticos se los tragaron para siempre.
No se han encontrado aún huesos humanos. Pero esto no significa que no estén allí, ya que se buscó en zonas muy concretas y falta aún mucho por investigar.
Las campañas científicas no han concluido. Quedan por bucear las pruebas definitivas y recorrer amplias zonas de la costa. Pero aún así, con las evidencias que ya hay se puede decir que estos malogrados compatriotas fueron los primeros en pisar esas tierras y no los ingleses que la historia reconoce como tal. Y que aún sabiendo de la existencia del San Telmo, lo ocultaron para mantener sus intereses. La historia negra cuenta que William Smith se hizo macabramente su ataúd, que le acompañaría para siempre, con los restos de un cepo de ancla que encontró del San Telmo. Otra prueba más, según el profesor Martin Bueno, ya que si el ancla fue llevada a tierra, sería con objeto de tener un punto fijo en la costa y así formar una línea de vida para el desembarco de personas y objetos.
El mar está lleno de leyendas, y verdad o no, también contaban los viejos marinos de los últimos veleros, que al pasar el Cabo de Hornos, en las noches gélidas y de tempestad, era posible divisar a lo lejos un navío congelado a la deriva sobre un tempano de hielo gigante. ¿Sería este el viejo San Telmo vagando aún por el océano austral?
La investigación y los hechos ahí están. Estos marinos olvidados vivieron una muerte dramática en un continente helado que tanto elogia los finales así. Otros se han llevado la gloria incluso con finales desastrosos que todos aclamamos. Y sin embargo desconocemos nuestro propio pasado. Si el San Telmo hubiera llegado a su destino quizá otras páginas de la historia se hubieran escrito. Las colonias del Pacífico hubieran tenido otros protagonistas, al menos en los primeros compases de su independencia. Y si ese barco menor, que en la desesperación de una muerte segura se hizo posiblemente a la mar en el peor océano del planeta, hubiese tenido una suerte mejor quizá estaríamos hablando de las islas San Telmo, en vez de Shetland del Sur. De Diego Porlier como el primer humano en pisar la Antártida en vez de William Smith. Y quizá todas esas reclamaciones que los países hacen para repartirse el pastel de la Antártida en base a sus derechos históricos serían diferentes.
La historia no se puede cambiar y ellos no volvieron para contarlo, pero los hechos ahí están. Y en un centenario en que se van a recordar las hazañas antárticas, los 644 tripulantes del San Telmo aún están esperando que se les conceda un lugar y un reconocimiento en nuestra historia y en la de la Antártida

Outras interesantes referencias en:



O 850 ANIVERSARIO DO ANO 1170: un fito da historia tudense, unha oportunidade para repensármonos

$
0
0
A historia de Tui posúe na súa alongada traxectoria algunhas datas especialmente significativas e que conforman os principais fitos da nosa andaina colectiva que cómpre lembrar e sinalar no noso calendario.

Fernando II. Tumbo A da Catedral de Santiago

O ano 1170 é unha desas datas. Nos principios daquel ano o rei de Galicia e León, Fernando II, concede á cidade de Tui unha carta foral e establece o seu “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, que amplia e ordena amurallar. Certamente podemos afirmar que esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración que chega ata os nosos días.
En datas futuras analizaremos polo miudo, dende este blogue, o contido dese momento histórico, da súa relevancia e significación. Apuntaremos hoxe varias notas que sirvan de contextualización e introdución aos acontecemento que vive Tui naquel 1170.
Cabe lembrar que na Alta Idade Media o territorio tudense tiña sido asolado especialmente polas incursións de viquingos e normandos e, en menor medida, polas “razzias” musulmanas. A medida que, primeiro, o reino de Asturias e, logo, a monarquía leonesa logra a súa consolidación as terras de Tui iniciarán, en base ao que coñecemos pola documentación conservada, unha época de progresivo desenvolvemento.
Aqueles feitos bélicos tiñan arruinado a cidade e o rei Afonso V de León, en 1025, á vista da situación decide agregar a diocese tudense á de Santiago. Unha integración que perdura ata o ano 1069 en que os reis de Galicia, Don García e a infanta Urraca, nomean a Xurxo como bispo, restaurando así a sede tudense, cun territorio que abrangue dende o río Limia ata a ría de Vigo e o río Verdugo e dende as terras de Montes ata a ribeira esquerda do río Avia.
A progresiva singularización do condado de Portucale, que acabará por constituírse como reino, coloca a Tui como o centro da acción política das dúas monarquias, que tentan incorporar a cidade e o seu territorio; así podemos comprobalo nas sucesivas concesións ao bispo do couto (ou territorio da súa xurisdicción) ou nas numerosas doazóns territoriais que recibe, nun intento de ambas por acada a súa fidelidade.
O proceso de independencia de Portugal implica sucesivos enfrontamentos entre o rei de León e os monarcas portugueses que teñen a Tui e o seu territorio como un dos seus principais obxectivos.Estes episodios bélicos se inician no ano 1121 en que a raíña Urraca, co apoio do arcebispo compostelá Diego Xelmírez, expulsa á raíña portuguesa Tereixa do territorio tudense. Esta de novo conquista Tui en torno a 1124 concedéndolle importantes doazóns ao bispo. A chamada paz de Tui, do ano 1137, restitúe os danos causados polas liortas entre Alfonso VII e Afonso Henriques, o primeiro de Portugal,  de anos anteriores e establece un precario equilibrio axiña alterado.
Posteriormente en 1142 Afonso VII ratifica as anteriores doazóns á sede tudense á que lle entrega certas prerrogativas que, para moitos historiadores, son a primeira carta foral ou foro de Tui: consagra a autoridade do bispo e outorga privilexios aos comerciantes tudenses. Amais entrégalle ao bispo a torre defensiva situada preto do campanario catedralicio.


Afonso Henriques, rei de Portugal. Biblioteca Nacional de España

Os conflitos retornan en 1166 cando Afonso I de Portugal toma o territorio entre Tui e Pontevedra, continuando no seu poder ata que é derrotado e apresado por Fernando II en Badaxoz en 1169. En febreiro de 1170 chega a Tui Fernando II para rematar co dominio portugués.
Fernando II dalle continuidade  en Tui a súa estratexia de reforzar a seguridade do territorio fronteirizo, como fixera anteriormente en Ciudad Rodrigo, en 1161, e outras localidades. O reto era arriscado e de case imposible compatibilidade.
A política de Fernando II combina tres estratexias, ás veces aparentemente contraditorias: fortalecemento da estrutura da Igrexa, apoio na nobreza e fortalecemento da vida urbana, sen esquecer unha forte aposta pola acción militar na fronteira. Todo nun contexto de favorable coxuntura económica.
No caso tudense, o documento de marzo de 1170 ao que nos referimos neste post, abre outra cuestión de grande interese. Aínda que diversos autores discuten este documento, no mesmo recóllese por vez primeira a presenza da “Curia rexia” aconsellando ao monarca, ou sexa podemos documentar a existencia dun primeiro esbozo de parlamentarismo, de presenza da burguesía na xestión do reino.
Fernando II no caso de Tui, como tamén fixo en Noia, Baiona ou Salvaterra, pretende organizar o asentamento poboacional creando novos núcleos ou reordenando, case ex-novo, os xa existentes como é o caso tudense. Este apoio á vida urbana é tamén un intento de reforzar o papel da Coroa. Tanto Fernando II como Afonso VIII concederon numerosas cartas forais, pero esto non cubría as aspiracións burguesas, que pretenden unha autonomía municipal, a depedencia directa do Concello do monarca, liberándose do señorío episcopal. Esta dinámica alongarase en toda a Idade Media. Pero ningún dos dous monarcas, como amosou Fernando II en Tui, se chegaba o caso dun conflito aberto apostaran polo mantemento do señorío aristocrático e non polo establecemento do reguengo.
Os documentos de 1170 deixan tres importantes conclusións:
a/ Fernando II, en marzo de 1170, reorganiza a poboación tudense fronte a ameaza do nacente reino portugués; determina o amurallamento da cidade ampliando o núcleo existente (o que Suso Vila denomina burgo vello que abranguía o cume do outeiro entre a Oliveira e a Catedral en construción) que se extenderá pola aba cara ao río e, por conseguinte, ordea o traslado da poboación (que aínda existía na zona de Santa Eufemia e San Bartolomeu dando continuidade ao núcleo romano da “mansio”) a este recreado núcleo onde agora se inicia a construción da muralla defensiva. Non cabe por tanto, falar de traslado da cidade dun modo absoluto como en moitas oportunidades se ten afirmado. Fernando II quere establecer unha nova época, abrir un novo tempo na cidade e mesmo quere cambiarlle o nome, “Buenaventura”, sen éxito. Pero consegue converter a Tui, dende agora, nunha praza forte na fronteira do reino de León. É pois un dos fitos na historia da cidade, cando adquire a súa configuración que ten chegado ata os nosos días.
b/ Pero a fidelidade dos cidadáns tudenses non se logra unicamente establecendo unha muralla defensiva; para fixar a poboación e que esta constrúa e manteña o sistema amurallado cómpre ofrecer un réxime económico atractivo que garanta a prosperidade. Por tanto, Fernando II concede unha carta foral aos habitantes de Tui, que xa gozaban de certos privilexios (os xa referidos de 1142) pero que agora os reforza ao substraelos da dependencia directa do Bispo e o Cabido.
c/ Pero esta decisión choca co poder episcopal que todos os monarcas anteriores, e tamén Fernando II, tiñan fortalecido con numerosas doazóns, tanto xurisdicionais coma territoriais. Os foros eran unha ameaza directa á preeminencia eclesiástica na vida económica e política da cidade e o monarca decreta en poucos días a anulación da concesión foral. Os cidadáns de Tui reaccionan cunha revolta  cidadán (que posiblemente contase mesmo co apoio indirecto da Coroa, pois os seus portarios na cidade Martín Muñiz e Paio Martín lideran a revolta). Unha revolta que fracasa pois Fernando II, en abril de 1170, obriga á devolución do tomado ao bispo a quen lle reafirma o seu poder sobre a cidade, anulando en boa medida a concesión foral. Pero esta revolta cidadán de 1170 terá continuidade no futuro con novos momentos de conflito entre o concello e o bispo polo señorío da cidade e marca as dinámicas da vida tudense ao longo dos séculos medievais.
Estamos pois diante dunha data de especial transcendencia na traxectoria histórica de Tui, un momento que determina o curso da evolución futura da nosa cidade e dos seus habitantes.


En menos de dous anos celebraremos pois o 850 aniversario deste fito histórico protagonizado polos cidadáns tudenses xunto co rei Fernando II e o bispo da cidade. Aquel momento foi unha das grandes oportunidades da nosa poboación e sentou as bases, coas limitacións que queramos, para o seu desenvolvemento ao longo dos séculos medievais que só se truncará xa nos séculos XIV e XV, séculos de crises e violencia...
A nosa cidade precisa conmemorar este aniversario, pois o xeito como unha cidade lembra a súa historia – coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflcite como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír.
Na actualidade tamén nos atopamos nun momento histórico certamente especial como naquel 1170 cando Fernando II á vista da problemática na que vivía á cidade tudense realiza unha aposta amplia a prol do seu desenvolvemento. Hoxe tamén Tui vive nunha coxuntura histórica en que precisa unha nova definición, abrir unha nova etapa para asentar as bases do seu progreso e evolución, ofrecer un proxecto colectivo amplo, como o que incentivou –cos seus atrancos- Fernando II e asumiu á cidadania tudense, para abrir unha nova xeira na historia da nosa cidade abrindoa a novas expectativas, pensando con realismo, pero con ambición.
Resulta imprescindible unha reflexión en torno á nosa cidade para definir un proxecto colectivo, para xerar unha nova época que defina uns puntos mínimos dende os que basear unhas políticas cidadáns que recuperen o pulso da nosa cidade, que revitalicen o noso acervo patrimonial e social, que posibiliten, como fixo Fernando II e os tudenses daquela época, o incio dunha nova andaina da nosa cidade e as súas xentes.
A celebración no ano 2020 deste 850 aniversario é unha oportunidade excepcional para abrir esta reflexión colectiva. Cómpre iniciar axiña un traballo de preparación desta efemérede que posicione a “marca” Tui fronte aos seus proprios cidadáns e fronte ao exterior. A celebración deste aniversario non pode ser unicamente unha rememoración que añore o pasado (cómpre rachar co bucle meláncolico en que vive a nosa cidade) senón unha afirmación das capacidade de Tui e as súas xentes para reposicionarse, para repensármonos como cidade.

Francisco Sánchez, un tudense no discurso “Alba de Gloria” de Alfonso R. Castelao

$
0
0



O Consello da Cultura Galega organiza na igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago de Compostela unha exposición temporal centrada no afamado discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 no Teatro Argentino de Buenos Aires. Foi a última alocución pública pronunciada polo intelectual e político rianxeiro, o que lle concede aínda unha maior significación.
Este discurso titulado “Alba de gloria” é unha peza cimeira da oratoria galega, plena de simbolismo e fulcral na construción do relato identitario galego (...) mais o “Alba de Gloria” non é só unha peza retórica senón tamén unha reflexión de amplo alento e, ao tempo, síntese perfecta da visión plástica de Galicia e a súa historia que o rianxeiro foi construíndo ao longo do seu vivir peza artéllase a partir da poderosa imaxe dunha Santa Compaña de homes-guía inmortais que inclúe santos, figuras de ciencia e de letras, creadores... que se desenvolve como metáfora da tradición, desa forza máxica que .que non é a Historia senón a Tradición o que nos constitúe como pobo! (*)
Neste discurso Castelo evoca unha ampla nómina de persoeiros da nosa historia e tradición que fundamentan esta peza clave na reconstrución da identidade galega coa que culmina Castelao esta etapa final da súa vida.
A exposición do Consello da Cultura realiza unha descrición da importancia e significación deste texto, que xa Castelao anticipara en diversos escritos, e da relación dos persoeiros que son citados
Será mellor, di Castelao, evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, que co seu simbolismo nos deixe ver  o pasado para proveito do futuro. Podemos imaxinar, por enxemplo, unha Santa Compaña de inmortais galegos , en interminable procesión. Alí veremos as nobres dignidades e os fortes caraiteres que dou Galicia no decorrer da súa hestoria. Todos a camiñan en silenzo, coa faciana en sombra e o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas  que hoxe nin tan sequera poderíamos comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazón...
Neste alongado ronsel, Alfonso R. Castelao evoca unicamente a figura dun tudense, o humanista Francisco Sánchez: o filosofo Sánchez, con muceta de Doutor. O médico e filósofo natural de Tui, como él mesmo declara, autor dunha obra referencial no seu tempo como foi “Quod nihil scitur” publicada en 1581.



Poderíamos engadir a Pedro Álvarez de Soutomaior, “Pedro Madruga”, señor da cidade na segunda metade do século XV e abandeirado da candidatura de “A Beltraxea” á coroa de Castela, ata o punto que foi Tui o último enclave peninsular en caer fronte as tropas isabelinas. Descrito no discurso como o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado no peito.
Nunha nova oportunidade podemos comprobar como a figura de Francisco Sánchez ocupa un lugar referencial na historia e na tradición cultural de Galicia que é reivindicada en tantas oportunidades como un dos grandes persoeiros de Galicia e así figura como vimos de comprobar neste discurso referencia de Castelao.
Neste blog temos abordado en diversas oportunidades a figura de Francisco Sánchez. Xa no ano 2008 escribía neste blog:  Insisto no feito realmente sorprendente que Tui, o seu berce, unicamente lembre a este fillo egrexio co nome dun Instituto de Ensino Secundario e que ningunha rúa, placa, estatua… rememore para tudenses e visitantes ao posiblemente máis importante fillo desta terra. Teremos de visitar Braga para contemplar na Praza de Sâo Joâo unha impoñente estatura deste médico e filósofo.


A derradeira oportunidade en que tratamos da súa figura foi, en maio de 2012, cando substituíron o seu nome do antigo Instituto de Formación Profesional, afirmando daquela Francisco Sánchez logo de décadas de expulsado das terras miñotas seguiu reivindicando a súa memoria e o seu berce –reclamándose tudense- por tanto non é merecente de ficar, logo de tantos séculos, sen un testemuño dos cidadáns de Tui cara a súa egrexia personalidade.
O anterior goberno municipal de Tui tentou reparar este esquecemento e acordou darlle o nome de Francisco Sánchez ao edificio da “Área Panorámica”; pero non se fixo nunca un acto conmemorativo desta dedicación nin a colocación dunha placa ou cartel que informe do novo nome deste centro cultural, de tal xeito que mesmo segue usándose a anterior denominación ata na información do propio Concello.
A reordenación urbana do entorno deste edificio é unha espléndida oportunidade para que Tui renda esa necesaria homenaxe á figura dun dos tudenses máis universais, instalando no entorno deste edificio público unha escultura de Francisco Sánchez que perpetúe na memoria colectiva dos tudenses a lembranza orgullosa deste destacado persoeiro da nosa historia, ao tempo que se revitaliza a nova denominación da “Área Panorámica” superando ese nome  que corresponde a unha dedicación temporal dunha parte deste inmoble e que lamentablemente permanece.
Reivindicar con orgullo o nome dos seus fillos mais preclaros evidencia que unha cidade, unha comunidade é consciente da súa historia, da súa memoria e que posúe un proxecto común de futuro que atopa na reivindicación do seu pasado unha ferramenta básica da súa identidade.

(*) Texto tomado do libriño editado co gallo desta exposición polo Consello da Cultura Galega

Breve historia da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui (I)

$
0
0
A historia da Cámara de Comercio de Tui reflicte de xeito sobranceiro o decorrer do século XX na vella cidade de Tui, a lenta adaptación que houbo de realizar aquela antiga capital da provincia e sede episcopal aos novos requirimentos da vida social e económica que a modernidade impulsou no noso país. 



Cando xorde a Cámara de Comercio tudense, en 1899, a vida social e económica de Tui artéllase en base a tres eixos: o bispo e a diocese, a fronteira e a burocracia. O primeiro grupo, aínda que cun poder económico minguado, conserva unha alta capacidade de influencia social e ideolóxica. A fronteira posibilitaba a existencia dunha pequena burguesía comercial, base económica da cidade. Por último, o grupo de avogados, procuradores, funcionarios e militares que conforman a burocracia local. A escasa industria porén estaba vencellada ás industrias do sector primario (serradoiros, cerámicas), alimentario ou eléctrico, que en moitas ocasións estaba controlada por cataláns, valencianos ou casteláns. 

Una cidade, cabeceira dunha ampla comarca de especial dedicación agrícola, que tivo que pasar dunha economía de subsistencia - onde as principais recursos económicos viñan dun comercio ao “por menor” e dunha incipiente industria- a unha economía onde a industria representa, gracias aos polígonos de O Porriño, un sector básico. A Cámara co seu labor será unha institución protagonista neste proceso. 

Por mágoa non conservamos o arquivo histórico desta entidade, perdido no decurso dalgún dos varios traslados de sede da Cámara e que fornecerían as ferramentas básicas para un achegamento á historia e aos avatares desta institución cameral. Temos pois de recorrer a noticias espalladas en diversos medios de comunicación ao longo deste século de vida, asi como a informacións orais e lembranzas dos membros da Cámara para elaborar estas notas. 

A orixe das Cámaras 
Por un Real Decreto do 9 de abril de 1886 dáselles carácter oficial ás Cámaras de Comercio, Industria e Navegación, definíndoas como “las asociaciones de carácter permanente que usando su libertad constitucional fundan los comerciantes, industriales, navieros y capitanes de la Marina mercante”. O propio Decreto subliña que en España ata daquela houbera diversos esforzos por desenvolver a vida económica que non tiñan cristalizado ao fallar “una organización suficiente para dar fórmula a este deseo de encauzar tan diversas aspiraciones”. 

A creación de agrupacións destinadas ao progreso do comercio e a industria tiña numerosos precedentes e xorden na Idade Media, como foron os “Consulados terrestres y marítimos” autorizados xa no século XIII. Para a defensa dos intereses da industria e do comercio promovéronse diversos organismos oficiais; en Galicia cómpre salientar a creación, por Carlos III mediante unha Real Cédula de 29 de novembro de 1785, do “Real Consulado de Mar e Terra de A Coruña” cuxa xurisdición chegaba ata Vigo e todos os postos e pobos do Arcebispado de Santiago. Este Consulado tiña como funcións, ser Tribunal de Comercio, órgano promotor do progreso económico do país e da cultura económica e artesanal. Este Real Consulado desaparece en 1829 sendo substituído polo Tribunal de Comercio (que foi suprimido en 1874) e pola Xunta de Comercio que se transforma, trinta anos despois, na chamada Xunta de Agricultura, Industria e Comercio, que dende 1874 terá un ámbito provincial. 

O ministro de Fomento, o galego Eugenio Montero Ríos, no seu desexo de promover o desenvolvemento económico atopa en Francia o exemplo das Cámaras de Comercio e, como subliña o Decreto de 1886, “no hay razón para que España no las acepte también como un adelanto de la época, siempre que al importar lo bueno que en ellas encuentre cuide amoldarlo a los usos, costumbres y leyes generales del país”. En consecuencia, “debe autorizarse el establecimiento de Cámaras Oficiales del Comercio, la Industria y de la Navegación en las plazas de mayor importancia en estos ramos de la riqueza pública, dividiéndolas en dos secciones, para el comercio y para la industria, o en tres allí donde la importancia de la navegación lo reclame”. 

Unha longa cita de Rafael Anes permite coñecer o funcionamento inicial destas asociacións, que para que puidesen considerarse como Cámaras Oficiales de Comercio industria e Navegación tiñan como requirimento:
     - “Estar en una de las plazas que designase el Ministro de Fomento, que tendría en cuenta el desarrollo e importancia de los intereses mercantiles, industriales o de la navegación y lo que los pudiese fomentar la existencia de una Cámara” 

     - Para participar cómpre ser español, comerciante, industrial ou navieiro por conta propia, con cinco anos de exercicio, ou dez de residencia e dedicación no caso de estranxeiros. 

      - Posuír unha antigüidade de cinco anos no pago de contribucións directas nalgunha destas pólas. 

        - Contribuír na Cámara coas cuotas regulamentarias. 

As funcións encomendadas ás Cámaras, segundo o Decreto que vimos analizando, podemos dividilas en tres grupos: 

a) De petición e proposición: 

        a. Formular peticións ao poder lexislativo para o desenvolvemento e mellora do comercio, industria e navegación 

        b. Propoñer ao Goberno as reformas lexislativas ou a execución de obras para fomento dos intereses da Cámara. Neste ámbito o Goberno debe consultar necesariamente ás Cámaras para proxectos ou tratados comerciais, arancelarios, aduaneiros, etc. 

b) De acción e dirección: 

             a. Promover e dirixir exposicións comerciais e de industrias 

             b. Fundar e administrar establecementos como almacéns, depósitos, etc. 

             c. Fomentar o ensino comercial, industrial e marítimo.  

c) De vixianza, composición e xudiciais: 

             a. Nomear veedores que coiden da policía mercantil e industrial 

             b. Vixiar as obras públicas do seu interese 

             c. Exercer o contraste de pesas e medidas se o solicitan 

             d. Promover órganos de resolución de conflitos 

            e. Resolver as diverxencias entre fabricantes e operarios, cando de mutuo acordo se sometesen á decisión da Cámara 

              f. Redactar e publicar anualmente unha memoria das súas actividades. 

Ao abeiro deste Decreto de 12 de abril de 1886 créase a Cámara de Bilbao, con 504 asociados, e nese mesmo ano fúndanse 21 entidades camerais, entre elas a Cámara de A Coruña o 5 de xuño de 1886 ou a Cámara de Vigo o 16 de novembro do mesmo ano. As restantes Cámaras galegas serán creadas posteriormente: Ourense (10 de febreiro de 1889), Santiago de Compostela (25 de febreiro de 1889), Lugo (1893), O Ferrol (9 de abril de 1899), Vilagarcía de Arousa (15 de febreiro de 1900) ou Pontevedra (31 de decembro de 1901). 

A Cámara de Comercio de Tui: os seus primeiros pasos. 
A historia da Cámara de Comercio tudense está vencellada, nos seus inicios, á entidade cameral viguesa. No ano 1898 xorde a iniciativa de celebrar un congreso das Cámaras de Comercio que, como indica a convocatoria, “deben mostrar a los poderes públicos las causas económicas que llevaban a España a la ruina y al descrédito causas entre las que estaban, lógicamente, las derivadas de las últimas guerras coloniales, las que terminarían con la pérdida de Cuba, Puerto Rico, Filipinas y la isla de Guam en el Pacífico”. O congreso tivo lugar en Zaragoza do 20 ao 27 de novembro e acordan solicitar unha importante reordenación da vida económica española reclamando unha presenza activa das Cámaras de Comercio no deseño da política económica. Reafirmouse nesta asemblea o papel a desenvolver pola Cámaras e interesouse por crear novas entidades naquelas cidades onde fose posible a súa constitución. Xa que logo naquel mesmo ano, en decembro de 1898, promóvese a creación de dúas cámaras e un total de once no ano 1899. 

No ronsel deste pulo do Congreso de Zaragoza o 11 de febreiro de 1899 ten lugar unha asemblea de sesenta comerciantes e industriais no Teatro Principal tudense coa finalidade de proceder á creación dunha Delegación da Cámara de Comercio de Vigo. Estaban presentes Segundo Fernández Gándara, Petronilo Caravelos, Sabino Jurado e Joaquín Alfaya, tudenses que ostentaban a representación cameral viguesa. 


Aos sete días, o 18 de febreiro, no mesmo Teatro Principal, créase oficialmente a Delegación tudense. O acto que contou coa participación, segundo o periódico tudense “La Integridad”, con máis de 60 comerciantes e industriais da cidade e estivo presidido por unha Comisión da Cámara de Comercio de Vigo, formada por Fernando Conde, Joaquín Pérez-Boullosa e Manuel Sitjá. Tras os protocolarios, pero vibrantes, discursos dos señores Conde e Pérez-Boullosa procedeuse á elección da Xunta directiva desta Delegación que estaba conformada do xeito seguinte: 

- Presidente: Segundo Fernández Gándara 

- Vicepresidente: Sabino Jurado 

- Vocais: José Gándara Hermida e José Díz 

- Secretario: Petronilo Caravelos 

Resulta de interese coñecer as dedicacións profesionais dalgúns membros desta directiva, para valorar o seu significado na vida tudense. O presidente Segundo Fernández Gándara era propietario dun establecemento de ultramarinos. José Gándara Hermida posuía un establecemento de aceite. José Diz, tiña naquel mesmo ano, unha fábrica de chocolate. Finalmente, Petronilo Caravelos, era fillo do catedrático de historia Pedro Miguel Caravelos, e tiña unha tenda de artigos relixiosos na nosa cidade. 

O 23 de xullo de 1899 a Cámara tudense acorda unha reordenación na súa directiva, establecendo o que é norma en todas as Cámaras, a creación das respectivas seccións de industria e comercio. Sabemos que a composición da Xunta Directiva da Cámara no ano 1901 era a seguinte: 

- Presidente de honra: José Emilio Herráiz 

- Presidente: Segundo Fernández Gándara 

- Vicepresidente: Sabino Jurado 

- Contador: José Banco 

- Tesoureiro: Ignacio Diz 

- Arquiveiro-bibliotecario: Rosendo G. Troncoso 

- Secretario Xeral: Petronila Caravelos 

- Presidente da Sección de Comercio: Donato Moure 

- Vocais polo comercio: Manuel Álvarez Blanco, Ricardo Padín e Juan Montes. 

- Secretario da sección de comercio: Canuto Santolalla 

- Presidente da sección de industria: Calixto Vázquez 

- Vocais pola Industria: Evaristo Rodríguez, Ricardo Alfaya e Laureno Alfaya. 

- Secretrario da sección de industria: Juan Carrera. 

Salienta nesta nova relación o nomeamento de José Emilio Herráiz como presidente de honra, pois este persoeiro, rexistrador da propiuedade en Tui, era o representante na nosa cidade do deputado tudense Mariano Ordoñez, segundo membro dunha familia de políticos conservadores que mantiña un ferreo control sobre os procesos electorais no noso distrito na época da Restauración. Ezequiel Ordoñez e logo o seu fillo Mariano, foron deputados polo distrito tudense entre 1879 e 1923, e ocuparon importantes postos no goberno de Madrid dende onde favoreceron a consolidación dunha rede clientelar e caciquil propia daquel momento histórico. O nomeamento de Hérraiz como presidente de honra da Cámara supón o aliñamento da Cámara con este sector da vida política tudense. 

Naquela altura, 1901, un decreto do goberno estableceu a xurisdicción que detentaría cada Cámara. Así a Cámara de Comercio da capitalidade da provincia abranguería a totalidade do territorio provincial, agás aquelas localidades onde existise algunha, pois nas outras localidades as Cámaras exercerían a súa xurisdicción únicamente no seu término municipal. 

Neste tempos a Cámara tudense era, en realidade, como xa temos apuntado, unha delegación en Tui da Cámara de Comercio de Vigo. Coa consolidación da actividade da Cámara corre parello un anceio de acadar a independencia verbo da institución viguesa. Será o 28 de maio de 1907 cando se asine o Real Decreto polo que foi declarada oficialmente constituida a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui, iniciando dende esta data unha dilatada traxectoria como organismo independente e que promoverá o desenvolvemento social e económico da nosa cidade e a súa bisbarra.

Nota: Este traballo, agora revisado, forma parte do libro "Centenario Cámara Tui, 1907-2007" editado no ano 2007 pola Cámara tudense.

Dous poemas sobre Tui para celebrar o Día da poesía

$
0
0

No ano 1999 a Unesco proclamou o 21 de marzo como “Día Mundial da Poesía”, dende aquela nesta data agroma, como na primavera que tamén hoxe comezamos, numerosas iniciativas que tratan de valorizar e visibilizar a arte poética, que é unha ferramenta para a comunicación, a transmisión de valores e afirmar a identidade propia e colectiva. Naquela declaración a Unesco proclamaba
La poesía es una manifestación de la diversidad en el diálogo, de la libre circulación de las ideas por medio de la palabra, de la creativ Xosé idad y de la innovación. La poesía contribuye a la diversidad creativa al cuestionar de manera siempre renovada la forma en que usamos las palabras y las cosas, y nuestros modos de percibir e interpretar la realidad. Merced a sus asociaciones y metáforas y a su gramática singular, el lenguaje poético constituye, pues, otra faceta posible del diálogo entre las culturas (…). El principal objetivo de esta acción es apoyar la diversidad lingüística a través de la expresión poética y dar la oportunidad a las lenguas amenazadas de ser un vehículo de comunicación artística en sus comunidades respectivas.
Hai unha ampla relación de poetas que, ao longo dos tempos, teñen escrito versos sobre a nosa cidade, as súas xentes, a súa paisaxe e vivencias. Cabe citar nomes como Ramón Cabanillas, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Teodosio Vesteiro Torres, Prudencio Areal, Camilo Bargiela, Manuel Lago González, Antonio Rotea, Marga do Val, Manuel Prieto Marcos, Tirso Lorenzo, Manuel María, Manuel Forcadela, Manuel Rivas, Roque Cameselle, Samuel Solleiro tamén ou o portugués Eugenio de Castro…


Vista de Tui, debuxo de Martín Rodríguez
 
Unha cidade como Tui precisa de poetas, de escritores que saiban descubrirnos novas visións da nosa realidade, novas perspectivas para achegármonos ás vellas pedras das nosas rúas e canellas, ás augas silentes do Miño, as arbores que se erguen nas abas do Aloia e, sobre todo, ás vidas que compartimos sobre este territorio que nos engaoila e poidan aprendernos a percibir a través das súas palabras novos xeitos de diálogo cos outros, cos nos mesmos e co noso entorno.
Hoxe dende Tudensia queremos sumarnos a este evento publicando dous breves poemas dedicado as terras tudenses. Un da autoría de Emilio Álvarez Blázquez, o máis descoñecido dos irmáns Álvarez, pero que era tamén un requintado poeta cunha obra escasa pero de grande interese.  Trátase dun poemiña que ben podería se aprendido polos nosos escolares. No caso de Manuel Rivas, que residiu hai anos entre nós, pouco se pode engadir sobre un dos mais afamados escritores contemporáneos de Galicia.

TERRA DE TUI

O Monte de San Xulián,
coa Cruz, coa ermida, coa fonte,
co Ceo case na man.

Verdes panascos de Frinxo,
onde se deitou o sol
a ver pasar o camiño.

Terra baixa de Baldráns,
O río, ao pasar, levouse
A primavera pra o mar.

San Mamede de Guillarei
Que ten a paisaxe rota,
Ai, miña nai, polo tren.

San Miguel de Pexegueiro,
Tan, lonxe, que se me esquece
Que estiven alí de neno.

Festa no Monte, ai, lalá,
A man dereita da alma
Ao subir como ao baixar...

Emilio Álvarez Blázquez
En“Poemas de ti e de min” (1949)


DIAS DO BAIXO MIÑO

Ti fuches o neno.
Era teu o laranxo
e o limón que queimaba como amores de cedo.
Túas as canicovas da cidade da lúa
e as guedellas da néboa
do cabalo das beiras.

Así foi que miramos os osarios do bosque
devalar polo río,
a sombra montesía das baleas soñadas
en fume de barcazas.
Así foi que os nosos pasos bravos
abrangueron toda a terra do merlo
e a doce corrente da súa fala.
Foi así que os ecos da cinza,
o sol doente do día dos fuxidos,
tiña corpos vizosos
que hedraban engado no altarelo dos mares.

Na vella lei,
todo se sostén, todo apodrece.
A meia lúa dorme e acoitela.
O río baixa calmo, entolecido.
E nós, da man, nenos
grandes, reis, vencidos.

Manuel Rivas
En “Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003)”. Espiral Maior, 2003. O poema está incluído en “Baladas nas praias do Oeste” (1985).

Corenta anos da primeira Corporación Municipal da democracia

$
0
0

Conmemoramos neste días os corenta anos da celebración en toda España das primeiras eleccións democráticas no ámbito municipal, concretamente o 3 de abril de 1979; cando se aproximan de novo estes comicios lembrar este aniversario é unha oportunidade para reivindicar o funcionamento democrático da vida local e lembrar como os municipios teñen experimentado ao longo destas catro décadas unha inxente transformación: o amplo abano de servizos que hoxe oferta calquera concello e a calidade dos mesmos supoñen unha espectacular mellora na vida dos cidadáns.

En Tui  daquela era alcalde Alejo Núñez Pascual que fora nomeado polo Gobernador Civil de Pontevedra o 17 de setembro de 1973. Cabe reseñar que daquela Corporación Municipal, formaba parte a primeira muller que ocupara una posto como edil en Tui, a mestra Julia González Rodríguez, popularmente coñecida como Doña Julita. Houbo que agardar ata a segunda corporación municipal da democracia, en 1983, para que fora electa por Alianza Popular outra mestra, María Luisa Giraldez Rodríguez, vinculada amplamente ás actividades deportivas da nosa localidade.

Se celebraron os comicios o 3 de abril de 1979 e supuxo a vitoria, a nivel nacional, do partido Unión de Centro Democrático (UCD) liderado polo presidente do Goberno Adolfo Suárez que acadou o 30,6% dos votos. En segundo lugar, o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) co 28,2% dos votos, namentres que o Partido Comunista de España (PCE) logrou a terceira posición co 13,1% dos sufraxios e a agrupación de dereitas Coalición Democrática (CD) obtivo o 3% dos votos emitidos.
No caso tudense, os resultados desas eleccións foron os seguintes:
Participación

Censo
10.120

Votos emitidos
5.647
55,80%
Abstencións
4.454
44,01%
Votos en branco
0
0
Votos nulos
83 19
0,82%

Resultados por partidos:

Partido
Concelleiros
Votos
porcentaxe
Unión de Centro Democrático – UCD
8
2.606
46,61%
Agrupación Municipal de Tui -AMT
4
1.391
24,88%
Coalición Democrática – CD
3
1.012
18.10%
Bloque Nacional Popular Galego, BN-PG
2
582
10,41%

En consecuencia, resultaron electos os seguintes concelleiros:

Pola Unión de Centro Democrático (UCD)
Ángel Luis Álvarez Durán
José Campos Medina
JoséLuis Gómez Núñez
Antonio Sánchez Franco
Raúl Vázquez Arias
Antonio González González
Manuel Alonso Fernández
José Antonio Fernández Martínez

Pola Agrupación Municipal de Tui
Luis Márquez Núñez
José Alfonso Pérez Piñó
Manuel LandeiraTroitiño
Daniel Emilio Domínguez Pérez

Por Coalición Democrática (CD)
Alejandro Martín Reija
José Carlos Moroño Rebellado
José Rendo Costas

Polo Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG)
Raimundo Martínez Rodríguez
José María Romero Solla

Unha primeira comparativa cos últimos comicios locais de 2015 é o incremento substancial da participación dos electores, pois namentres no ano 1979 o número de votantes acadaba os 5.647 votos (55,8 % de participación), nas eleccións de 2015 os participantes eran 9.621 cidadáns (72,63% de participación). Evidenciase a consolidación dos procesos democráticos e a participación política nestes anos, o que contrasta co aparentemente amplo desleixo da poboación sobre a participación na vida política municipal.

Reseñar dous datos significativos naquela nova Corporación. Por unha banda, unicamente dous concelleiros electos con UCD ocuparan anteriormente cargos en Corporacións franquistas: Raul Vázquez Arias e Manuel Alonso Fernández. En segundo lugar a concentración das forzas de esquerda na Agrupación Municipal de Tui que reunía a persoas vinculadas cos movementos opositores ao Réxime franquista e o sindicalismo.

O Pleno de constitución do novo Concello democrático desenvolveuse  ás 17,00 horas do 19 de abril. Tras a constitución de mesa de idade, presidida por Raul Vázquez e por Daniel Domínguez, como concelleiros de maior e menor idade respectivamente, foi realizada a votación para a elección de alcalde que contou co seguinte resultado:
-          Ángel Luis Álvarez Durán: 9 votos
-          Luis Márquez Núñez, 4 votos
-          Votos en branco, 4
Resultando proclamado como primeiro alcalde democrático logo da ditadura, Ángel Luis Álvarez Durán da Unión de Centro Democrático.



Nesta mesma sesión se nomea a Comisión Permanente integrada, segundo a normativa legal daquela altura, por representantes de todas as forzas políticas presentes na Corporación Municipal proporcionalmente aos seus concelleiros. Os seus integrantes son designados por cada un dos grupos municipais. Logo, no seguinte Pleno, o Alcalde distribúe as Tenencias de Alcaldía entre os membros da Comisión Permanente, cuxa composición foi:
-          Raúl Vázquez Arias (UCD) e primeiro Tenente de Alcalde.
-          Antonio Sánchez Franco (UCD) e segundo Tenente de Alcalde.
-          José Luís Gómez-Núñez (UCD) e terceiro Tenente de Alcalde
-          Daniel Dominguez Pérez (AMT) e cuarto Tenente de Alcalde
-          Alejandro Martín Reija (CD) e quinto Tenente de Alcalde
-          Raimundo Martínez (BN-PG) e sexto Tenente de Alcalde

Nas actas municipais se recolle que o concelleiro Landeira Triotiño, logo da elección de Alcalde, solicita un debate para a explicación de voto ao que a Alcaldía responde que non corresponde ao ter sido unha votación secreta, pero admite que poida manifestar aquelas suxestións que estime pertinentes, polo que procede á lectura dun escrito no que solicita, entre outros temas, un maior protagonismo do pleno na xestión municipal, a elección popular dos alcaldes de barrio, que os veciños teñan voz nos plenos e a creación dun boletín informativo. O alcalde recolle unha copia deste escrito e realiza unha intervención cun convite á colaboración e o traballo en equipo para resolver os problemas do municipio con independencia das distintas ideoloxías que representa cada candidatura. O pleno finaliza coa imposición das medallas corporativas ao concelleiros.

A configuración da vida municipal queda establecida definitivamente na segunda sesión desta Corporación Municipal celebrada o 9 de maio na que acordan, entre outros, as seguintes cuestións:
-          Os plenos serán os últimos xoves de cada mes ás 19,00 horas e a Comisión Permanente se reunirá semanalmente, tamén os xoves, ás 19,00 horas agás no último de mes en que se anticipa ás 18,00 h.
-          Cada grupo municipal designa ao seu voceiro no Pleno: Raul Vázquez, pola UCD, Daniel Domínguez, pola Agrupación Municipal de Tui, Alejandro Martín Reija, por Coalición Democrática, e Raimundo Martinez polo Bloque Nacional-Popular Galego.
-          O Alcalde informa das comisión que propón crear e dos seus integrantes. O voceiro de Coalición Democrática expresa as discrepancias coa proposta da Alcaldía que solicitara a cada grupo que comisión prefería dándolle a todos o solicitado agás a Coalición Democrática, á quen lle ofrecía Urbanismo e Obras fronte a súa pretensión de “Acción en el Rural, Montes y Patrimonio” así como “Educación y Cultura”, renunciando a formar parte das comisións por non ver respectado os seus dereitos.

As Comisións creeadas foron as seguintes (figura primeiro o nome de quen ocupa a presidencia):
·         Comisión de Gobernación: Raul Vázquez (UCD), José Luis Gómez (UCD) e José Romero Solla (BNPG).
·         Comisión de Facenda: José Luis Gómez (UCD), José Campos (UCD) e Alfonso Pérez Piñó (AMT)
·         Comisión de Urbanismo y Obras: Antonio Sánchez (UCD), José Campos (UCD), Manuel Alonso (UCD) e Alfonso Përez (AMT).
·         Comisión de Educación, Cultura e Deportes: Daniel Domínguez (AMT), Antonio Sánchez (UCD) e José LUis Gómez (UCD).
·         Comisión de Saneamento e Servicios: Manuel Alonso (UCD) que na seguinte sesión será substituído, por incompatibilidade ao non ser membro da Permanente, por Raúl Vázquez Arias, logo que decline o ofrecemento Alejandro Martín Reija, Luis Márquez (AMT) e Manuel Landeira (AMT).
·         Comisión de Acción no Rural, Patrimonio e Montes: Raimundo Martínez (BNPG), Antonio González (UCD) e José Antonio Fernández (UCD).

Finalmente o Alcalde designa as delegacións de competencias nos membros da Corporación Municipal que foron as seguintes:
-           Tráfico e Policia, Raúl Vázquez Arias (UCD)
-           Alumbrado público, José Luís Gómez Núñez (UCD)
-          Cemiterio: José Mª Romero Solla (BN-PG)
-          Turismo e festexos, Jose Carlos MoroñoRebellado (CD)
-          Deportes, Antonio Sanchez Franco (UCD)
-          Educación e cultura, Luis Márquez Núñez (AMT)
-          Parques e xardíns: José Antonio Fernández Martínez (UCD)
-          Alcantarillado e augas: Alfonso Pérez Piñó (AMT)
-          Limpeza: Daniel Domínguez Përez (AMT)
-          Mercados e Matadoiro: ManueLandeiraTroitiño (AMT)
-          Patrimonio Histórico-artístico, Alejandro Martín Reija (CD)
-          Vías públicas, Manuel Alonso Fernández (CD) e José Campos Medina (UCD)
-          Acción no rural: Antonio González González (UCD)
-          Montes e Patrimonio: RaimindoMartínez Rodríguez (BN-PG)

Non é obxecto deste post entrar na valoración da actuación daquela primeira Corporación Municipal nin do seu Alcalde, Ángel Luis Álvarez Durán (“Gelucho”) que mantivo a alcaldía ata o 31 de xuño de 1987, dous mandatos completos, sendo substituído por Juan Miguel Díz Guedes de Unión Tudense, senón unicamente lembrar este aniversario da conformación dos concellos democráticos e de recoñecemento ao seu papel da consolidación dos procesos democráticos na vida municipal tudense. Para todos eles o noso recoñecemento.

Por mágoa non foi posible atopar fotografía algunha desta Corporación Municipal, nin na prensa accesible online nin mesmo solicitándolla a algún daqueles protagonistas que aínda viven. 

Viewing all 229 articles
Browse latest View live