Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

A implantación do Sistema Métrico Decimal en Tui no ano 1880

$
0
0


O século XIX é un período de modernización das diversas estruturas sociais e políticas que conformaron o denominado Antigo Réxime en España e Galicia. Serán as Cortes de Cádiz o momento simbólico do cambio de época cos seus acordos que establecen a derrogación dos señoríos, das xurisdicións, da Inquisición, etc iniciándose un camiño tortuoso pero xa irreversible.

Vista de Tui en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879

Pero os cambios sociais e políticos supoñen tamén en moitos casos cambios nas mentalidades, nos usos e costumes que, en moitas oportunidades, levan un ritmo de aplicación mais paseniño.

A creación do Sistema Métrico Decimal é unha das consecuencias da Revolución Francesa, pois en 1791 a Asemblea Nacional de Francia aprobou un sistema de medida baseado nas unidades de medida e lonxitude da masa, materializadas mediante una barra e un cilindro de platinos depositados nos Arquivos da República francesa en 1799.

En España existía historicamente, como en toda Europa, unha grande diversidade de medidas. Aínda empregando os mesmos nomes (vara, ferrado, arroba, fanega, etc.) en cada territorio ou mesmo en cada cidade os valores destas unidades de medida eran diferentes, provocando unha alta dificultade ao comercio, especialmente cando se preconizaba un mercado nacional. No século XIX eran os concellos os encargados a través do almotacén do control das medidas en mercados, obradoiros e establecementos comerciais. Esta figura, que é de tradición hispano-árabe, chega ata o século XX.  Era un cargo municipal cuxos ingresos correspondían aos aranceis que recadaba e que logo liquidaba ao Consistorio.

No seu proceso de modernización institucional a raíña Isabel II  sanciona o 19 de xullo de 1849 a Lei de Pesos e Medidas, que introduce o Sistema Métrico Decimal en todo o reino así como a súa nomenclatura científica, adoptando o modelo establecido en Francia.

A dificultade de superar os vellos costumes e medidas é inmensa, e por tanto o proceso de implantación do novo sistema atopará numerosas dificultades. Será en 1867 cando se estableza a obrigatoriedade na Administración estatal e, no ano seguinte, se amplía a todos os cidadáns. Pero o proceso se dilata ata 1880 cando novamente se establece a súa obrigatoriedade. Agora ao final da primeira lexislatura con Antonio Cánovas del Castillo, como Presidente do Consello de Ministros  alcanzada unha estabilidade política e se determina a obrigatoriedade da aplicación do Sistema Métrico Decimal a partires do 1 de xullo de 1880.

Aínda que a monarquia tentou dende o século XIII e especialmente dende o XVI a unificación dos pesos e medidas nos diversos territorios de España non logrou grandes avances ao respecto. As unidades para medir as magnitudes de lonxitude, capacidade, peso ou superficie eran diversas e variables en cada cidade, vila ou comarca.

A pesar que carecemos de estudos ao respecto para Tui e o seu territorio, podemos  establecer que as tradicionais medidas de capacidade, especialmente parta medir gran (trigo, millo, centeo, miudo...) que se empregaban na nosa contorna eran o ferrado, o bucio (que supuña dous ou seis ferrados), fanega (catro ferrado) ou a cunca (doceava parte da ferrado)





Medidas de capacidade coa marca da cidade, conservadas no
Mosteiro das Clarisas de Tui (Imaxes da exposición conmemorativa
dos seus 500 anos, Tui 2008)


Para os líquidos a principal medida era a arroba e o cabazo ou calabazo, asi como o cuartillo ou a pipa.

No referente ás medidas de lonxitude en Tui empregábase a vara que dende o século XVI toma como referencia a chamada “vara castellana” adoptando oficialmente a de Burgos. Cómpre desbotar a existencia en época moderna dunha vara tudense (que posiblemente existira na Idade Media) e que posuía o seu contraste nunha casa onda a Porta do Arco. Por mágoa recentemente o Concello tudense na sinalización turística da cidade continúa a manter este falsa atribución do que non é mais que un parteluz ou mainel que divide dúas ventás xeminadas decoradas cos arcos conopiais, motivo decorativo moi estendido na nosa cidade especialmente no século XVI. Sobre este tema xa nos temos ocupado neste blog no seguinte post: http://tudensia.blogspot.com/2011/11/sobre-chamada-vara-de-medir-tudense.html. Amais da vara tamén se empregaban para medir distancias a legua e o pe

En canto ás medidas de peso se adoitaba usar en Tui e a súa comarca especialmente a arroba, a libra, o carteirón e a onza. Finalmente nas medidas de superficie se empregaban a fanega, o ferrado ou tega, o cuarto e o copelo (menos coñecido en Tui).

Así pois non é estraña a resistencia social á modificación de usos e costumes ancestrais, amplamente coñecidos e aceptados, substituíndoos por un novo sistema alleo ás realidades cotidiás. Pero o proceso era xa irreversible pois a creación dun mercado de base capitalista esixe unha uniformidade de medidas que facilite e dea seguridade ás transaccións comerciais.

Analizaremos os últimos pasos deste proceso na nosa cidade en base ás informacións que recollimos, a través das actas dos Plenos do Concello e das noticias publicadas no xornal tudense “El Eco del Miño”. Así no número do 3 de xaneiro de 1880 se inserta un bando do alcalde tudense, Hipólito Padín Díez-Robles

Hipólito Padín foi alcalde de Tui entre 1879 e 1882; logo de acadar, na súa carreira militar, o grado de Tenente Coronel, estableceuse en Tui, dedicándose, entre outras tarefas, á produción agrícola de viños brancos e millo de Australia, logrando diversos recoñecementos en exposicións como a de París ou Lugo de 1878 ou a exposición rexional de Pontevedra de 1880. Padín Díez-Robles, situado na órbita política de Ezequiel Ordoñez, presidiu o Concello tudense nun momento de graves problemas económicos da facenda municipal.

O tenor deste bando é o seguinte:

D. Hipolito Padín Diez-Robles, Alcalde Constitucional de la ciudad de Tuy
HAGO SABER que por Real Decreto de 19 de junio de 1867 se dispuso que desde 1º de julio siguiente debía regir  en todos los ramos el  Sistema Métrico Decimal, empleándolo para todas las operaciones de medida y peso las colecciones del expresado sistema y ateniéndose a su nomenclatura, cuyo sistema sería obligatorio desde 1º de julio de 1868 para los particulares, establecimientos y corporaciones, debiendo en su consecuencia usar de las pesas y medidas métricas y de su nomenclatura en las transacciones en que intervenga.
Si bien desde aquella fecha no se ha dado cumplimiento, cual debiera, a dicha disposición por todos los llamados a ello, ocasionando asi confusiones y aún perjuicios, que la autoridad tiene el ineludible deber de evitar; he dispuesto por hora y sin perjuicio de hacer extensivo este precepto á todas las industrias, que los panaderos, tablageros y traficantes en pescados y carnes de cerda usen en la venta de sus mercancias el nuevo sistema métrico desde el día 15 del actual.
Por tanto encargo a todos los compradores de los artículos que aquello espendan, usen en sus demandas la nomenclatura que la ley establece y que a continuación se consigna, cerciorándose antes que las pesas se hallen contrastadas por el fiel almotacen de esta Municipalidad, D. José Benito Sobrino, quien tiene en su poder los patrones oficiales; dándome cuenta de cualquier falta ó abuso que notaren con el fin de imponer á los infractores las penas á que se hayan hecho acreedores.
Dado en Tuy a 1 de enero de 1880
Nomenclatura de las medidas ponderales: Kilogramo – gramo – decigramo – centigramo y miligramo.

Como resulta comprensible a implantación non foi doada. O Concello tudense en cumprimento das instrucións recibidas dende as instancias gobernamentais promoven un control e vixilancia na adopción por parte dos establecemento das novas medidas. Así no xornal do 14 de xaneiro se informa que foron decomisadas pola Comisión creada para examinar os novos pesos e medidas un total de 90 pezas de pan que incumprían a mesmas.

Pero o proceso abrangue no só as medidas de peso, senón que a través dun novo bando se anuncia a implantación das medidas de capacidade dende o 15 de xaneiro:

Hago saber: con el fin de que haya la más perfecta armonía en el uso de las pesas y medidas métricas tan recomendadas por diferentes disposiciones, he resuelto que,por ahora, sin perjuicio de hacer estensiva aquella obligación a todas las industrias que se egercen en este Distrito, que los espendedores de vino al por mayor o menor, usen desde el primero del próximo de febrero el nuevo sistema de medidas, quedando el antiguo fuera de circulación el mismo día.
Por tanto encargo a todos los compradores de dicho líquido usen desde aquella fecha en sus demandas la nomenclatura que la Ley establece y que á continuación se consigna cerciorándose antes que las medidas se hayan contrastadas por el fiel almotacen de esta municipalidad, D. Tomás Martínez, quien tiene en su poder los patrones oficiales; advirtiendo que estoy dispuesto á corregir cualquier falta ó abuso en que lo mismo los compradores que los vendedores incurriesen.
Dado en Tui a 16 de enero de 1880
Hectolitro – Doble decalitro – Decálitro – Doble litro – litro – Medio litro – Doble decilitro – decilitro – Medio decilitro – Doble centilitro y centilitro.

Os municipios, tamén o tudense, tiñan un funcionario encargado de velar pola garantía dos pesos e medidas, trátase dos almotacés ou fieis almotacés, que tiñan no seu poder os correspondentes contrastes, ata daquela da vara, da arroba e as diversas medidas de peso e capacidade usadas. Era un oficio municipal que saía a concurso público e os arrendador cobraba unha taxa polo seu labor de contraste de pesos e medidas, liquidando ao concello o importe establecido na poxa de arrendo deste oficio municipal. Nas actas municipais se recolle o pago ao ferreiro José Sobrino de 36 pesetas polas pesas do novo sistema. O Gobernador Civil, pola súa banda, solicitará o envío das medidas de peso do gran para a súa adaptación ao novo sistema por parte dun Enxeñeiro Industrial que en cada provincia é o encargado desta verificación. O Pleno do Concello acorda o envío das medidas, pero ficando cun exemplar de cada medida, e desiste de enviar unha Comisión o delegado a Pontevedra por resultar de confianza o Enxeñeiro encargado.

Pero como sempre nestes procesos á picaresca e os enganos están presentes, para controlar os posibles abusos, a Corporación Municipal acordou na sesión de 27 de xaneiro que
los fieles almotacenes no puedan percibir como derechos por cada pesa o medida que contrasten más que veinticinco céntimos de real

Pero axiña na sesión plenaria de 11 de febreiro se amplían os importes das taxas a cobrar na procura de prezos mais xustos en función das medidas a contrastar, e que os contrates estivesen avalados por un selo co escudo tudense para evitar enganos e abusos:

Se acordó que los fieles almotacenes de pesas y medidas usen para el contraste un sello con las armas del pueblo y ampliar la tarifa de derechos señalándoles veinticinco céntimos de peseta por la contrastación del metro, treinta y siete céntimos por cada medida para áridos y una peseta veinticinco céntimos por cada medida mayor al doble decalitro

Aínda que “El Eco del Miño” recolle que neste proceso se producen abusos por parte dos comerciantes e industriais , pues cuando menor es el peso de los artículos vendidos los precios continúan de la misma manera (31 de xaneiro de 1880), o proceso de implantación do sistema métrico continua avanzando nos diversos sectores económicos.

Nun novo bando, que publica “El Eco del Miño” o 14 de febreiro o Alcalde Hipólito Padín dita
recomendar a todos los comerciantes del Distrito  que desde el 25 del corriente  usen el metro como medida para la venta de géneros, en que hoy se usa la vara, la cual desde el expresado día desaparecerá de los establecimientos y á los compradores que así como hacían sus demandas por la vara de Burgos, la de Castilla y la gallega, la hagan por el metro como medida única y universal.

Esta progresiva implantación é paseniña, como testemuña “El Eco del Miño” que recolle noticias de que continúan as confusións e abusos:

Se nos dice que en algunas tabernas de esta ciudad se espende vino por las medidas antiguas y se cobra por las modernas. Esperamos se remedie este abuso.

Mesmo nos anuncios que se insertan no periódico editado na imprenta de Pérez Hermida, na antiga rúa de Santa Bárbara e dende este ano 1880 rúa de San Telmo, figuran aínda as antigas medidas:

Vino viejo, se despacha a 20 reales calabado en Pousa de Cabrero, Tuy.

Dende o Concello se continúa o control e seguimento do usos das novas medidas, asi o 3 de novembro o xornal tudense recolle que

El Tte de Alcalde, señor Gregores, ha recogido e inutilizado las medidas que usaban las vendedoras de las castañas

Resulta evidente que este proceso de adaptación ao novo sistema que ven substituír arraigados hábitos e modos, provoca un resistencia debida especialmente a inercia dos usos e costumes. Os redactores “El Eco del Miño”, que dirixía daquela Justo Salvador Fortes, ironizan no número de  11 febreiro de 1880:

Las nuevas pesas y medidas
Una criada encarándose con el tablajero
-        Eche V. un litro de carne
(Él con cierto ayre de entendido y con entonación magistral)
-        Pero mujer; ¿Cuándo habrán de comprender VV la nomenclatura del nuevo sistema. Le echaré a V un kilómetro de carne.
Estamos, ¿parece mentira?
-        Jesús, que condanados de nombres, observa una tercera, eu seica no nos aprendo en toda a vida.

Tamén con certo humor e retranca falan dos progresos do Sistema Métrico Decimal na nosa cidade ao cabo de varios meses, no seu número de 6 de outubro de 1880:

En la calle de la Corredera hace unos días que se vende loza al raso. Una pobre mujer se acercó al puesto con objeto de comprar algunas piezas; tomó un jarro, estúvolo mirando un buen rato y en seguida preguntó a los circunstantes  si llevaría dos metros
Con que, ya lo ven Ves, la cosa va cuajando, el pueblo va haciéndose matemático; y cuando menos lo pensemos veremos vender por metros las sardinas, y los espectros ambulantes que diariamente son conducidos al matadero de esta muy asendereada ciudad, los cuales sicut erant et principio et nunc et semper
Tantuis pellis et osa sunt. Amen

Pero a pesares das dificultades o Sistema Métrico Decimal logar implantarse tanto por estas medidas de goberno como pola súa adopción, desde a década de 1840, no sistema educativo que contribúe moi eficazmente a súa popularización. 

Con todo as antigas medidas, de orixe medieval, mantivéronse en uso e continuaron sendo elementos referencias na vida cotián das nosas xentes ata hai escasas décadas. O éxodo rural, o abandono da agricultura... implican tamén a perda destes elementos da cultura inmaterial hoxe xa practicamente desaparecidos da memoria colectiva.


"Tuy y sus problemas arqueológicos" artigo xornalístico de 1953 de Manuel Fernández-Valdés

$
0
0
Foto: Escavación no entorno da Catedral, 1965

Achegamos hoxe de novo un artigo xornalístico de Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de cidade de Tui, un dos principais investigadores da historia tudense e tamén dos máis esquecidos, publicado no xornal El Pueblo Gallego de Vigo co gallo das paxinas especiais dedicadas ás festa de San Telmo.

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. No volume III da revista “Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano” (1980) o seu fillo Eloy publica unha moi breve biografía e unha moi interesante achega ás súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron do prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publicados no Faro de Vigo nos anos cincuenta: ”Familias antiguas de Tuy” (Pontevedra, Talleres de Artes Gráficas del Hogar Provincial, 1958).

O seu coñecemento da documentación tanto catedralicia como municipal así como de diversos arquivos privados e o seu rigor como investigador acreditan a Manuel Fernnández –Valdés Costas (uniu os apelidos paternos no ano 1947) como un dos referentes da investigación histórica sobre a nosa cidade. Foi tamén un dos principais especialistas, ao longo de varias décadas, do estudo das arqueoloxía de Galicia, especialmente polas súas achegas no estudo das industrias líticas e do mundo castrexo. Nas primeiras décadas do pasado século a figura de Manuel Fernández Costas era recoñecida como unha das principais autoridades na prehistoria de Galicia.

Manuel Fernández-Valdés foi membro do Instituto de Estudos Galegos e colaborou en varias oportunidades na revista “Nós", correspondente la Real Academia Galega, da Asociación de Arqueólogos Portugueses, e do Instituto Histórico do Miño, amáis de recibir o título de Cronista Oficial da cidade de Tui.

No ano 1953 celebrouse en Vigo o III Congreso Nacional de Arqueología, cando a cidade olívica vivía aínda o ronsel do achado na colección de estelas romanas da rúa Pontevedra e a intensa actividade de prospección e descubertas que se impulsaba dende o Museo Municipal “Quiñones de León” cuxa sección arqueolóxica coordinada o investigador e polígrafo tudense, Xosé María Álvarez Blázquez, discípulo nos anos trinta de Manuel Fernández Costas nas escavacións arqueolóxicas do Cabeza de Francos. A celebración desta reunión científica inspira este traballo xornalístico.

Son 66 anos transcorridos dende a publicación deste artigo, que iremos comentando mediante notas, pero as interrogantes que suscita no ámbito da arqueoloxía tudense seguen logo de tantas décadas pendentes de resposta na maoría dos casos. Por mágoa nas últimas décadas a inmensa maioría das actuacións realizadas responden as necesidades construtivas e non a unha imprescindible liña de investigación que posibilite afondar no coñecemento do noso pasado a través dos restos materiais.

Tuy y sus problemas arqueológicos
Para el próximo mes de julio (1953) está anunciada en Galicia la celebración del III Congreso Arqueológico Nacional y se han designado las ciudades donde se desarrollarán las sesiones; todas muy en su lugar.
La festividad del patrono San Telmo pone sobre el tapete los problemas de la capital de la diócesis y es este el  momento de recordar que es Tui la ciudad de Galicia con más problemas arqueológicos por resolver y aunque esta no es tarea que incumba a un Congreso Arqueológico, más atentos a la parte teórica de los problemas, bien pudiera salir de sus acuerdos  la conveniencia de despejar alguna de las muchas incógnitas de la prehistoria e historia de Tui, tan íntimamente relacionadas con las de Galicia y España.
La cuenca del bajo Miño, así como las costas atlánticas gallegas estuvieron pobladas desde las épocas glaciares. Diversos pueblos empujados por los hielos de las mesetas buscaban refugio en nuestras costas, a donde no alcanzó el glaciarismo. Consecuencia de ello son los útiles líticos, de muy variada tipología, que afloran a la superficie por doquier.
Se ha pretendido encuadrarlos en las diversas civilizaciones que integran el Paleolítico, pero es bien sabido que la tipología no es suficiente prueba. Las terrazas del Miño, así como las playas de la costa occidental gallega, no están estudiadas geológicamente con detenimiento. El alemán Lautensach atribuye tres terrazas a la cuenca del Miño, mientras que el portugués Carlos Teixeira cuenta cuatro. En España, hasta la fecha y con referencia a este rio, no se ha hecho nada.
Un estudio técnico de estas terrazas podría dar mucha luz y acaso aclarar la verdad sobre el “asturiense” y el “camposanquiense”, sobre los que no se ha dicho la última palabra.[i]


Castro de Cabeza de Francos /Alto dos Cubos. 

Cabeza de Francos es un interesantísimo castro, sobre Tuy, cuya exploración metódica comenzaron en 1934 y 1935 varios destacados alumnos del Instituto de Tui, bajo mi dirección. El expolio fue magnífico, pero nada más ha vuelto a hacerse. Se da la circunstancia de que en tiempos históricos fue nuevamente habilitado por los vecinos de Tui que huían de las hordas suevas, árabes y normandas, por lo que es aventurado esperar sorpresas de su exploración[ii].
Monte Aloya. El gran arqueólogo Schulten, primero en Hispania y con mayor extensión en “Los cántabros, los astures… etc.” aboga por la reducción del Medulio a nuestro monte Aloya. Ya habían apuntado, con anterioridad, esta reducción un fraile anónimo del extinguido monasterio de Oia y el historiador tudense Sr. Fernández de la Granja. Aunque esta teoría gana prosélitos, las opiniones no están acordes todavía, por lo que no estaría de más un detenido reconocimiento “de visu” alrededor del macizo montañoso donde estuvo acampado el ejército romano y, a la vez, la apertura de unas zanjas en el llamado “campo de los mártires”. El tema es sugestivo por que daría luz sobre uno de los más importantes hechos de la historia de Galicia[iii].
Época romana.-  Tui es la tercera mansión de la cuarta vía militar de Braga a Astorga (Itinerario 19 de Antonino); pero además la mayor parte de los investigadores conviene en que la segunda vía militar –“per loca marítima”- pasaba también por Tui, desde donde se dirigía a “Vicus Spacorum”. Este camino puede seguirse por la cuenca del Louro hasta el puente romano de San Simón. Después seguiría a Vigo por Zamanes y Vincios, reducción que no parece dudosa después de los recientes descubrimientos de estelas romanas y que está abonado, además por el genérico “vicus”; o bien a Trasmañó como quieren otros.



La comprobación de estos extremos no puede confiarse a la iniciativa individual y es menester que un grupo de especializados busque las huellas de los “camiños vellos” y los “camiños franceses” midiendo las distancias para eliminar aquellas reducciones a las que no convengan las medidas[iv].
Época sueva.- Tui desempeña un destacado papel en esta época. Situada en el centro geográfico de la Suevia histórica, se ha pretendido que en algún momento fue su capital. La primera moneda sueva aparecida –un triente de oro- es de la ceca de Tui “Latina Tude munita”[v].
Después de la desaparición del reino suevo, absorbido por los visigodos, surgen frecuentes rebeliones. Una la de Segga y el bispo Sunna, tiene por teatro la comarca de Tui. Recaredo los somete y bate moneda en Tui y en Turonio conmemorativas de dos hechos de armas “Victoria in Tude” y “Tornio Victoria”.
Y más tarde, cuando Egica, para mejor dominar a los suevos asocia al trono a su hijo Witiza, le da por residencia la ciudad de Tui.
Época visigoda.- En esta época es Tui una de las más importantes cecas de Galicia. Nueve soberanos acuñaron aquí moneda, entre las hasta ahora descubiertas. En la Galaecia con 38 cecas, solamente Braga la iguala con el mismo número de monedas.
Se señala como residencia de Witiza, en Tui, el lugar de Pazos de Reis. Ambrosio de Morales, Sandoval y el Dr. Huerta alcanzaron todavía a ver los restos de los palacios reales. En la actualidad nada queda de aquellos palacios, pero el testimonio de estos señores no puede ser sospechoso.
En Pazos de Reis hay dos montículos enfrentados, Monte Real y Monte da Pena; en el primero están los palacios reales y en el segundo quiere el vulgo, por etimología popular, que se ejecuten las sentencias capitales.  Un grueso muro rodea ambas colinas, del que quedan muchos vestigios y dio nombre a un barrio, “Os Muros”.
Aunque se trata de propiedades privadas, nadie se opondría, una vez recogida la cosecha de maíz, a una exploración de estas colinas. Recordemos que aquí apareció la moneda de Recaredo –ceca de Monecipio- de la colección Blanco Ciceron. Y de Tui procede, acaso de Pazos de Reis, el anillo visigótico descrito por Bouza Brey[vi].
Tui primitivo.- En 1170 el rey Fernando II de León trasladó la ciudad a su actual emplazamiento[vii]. Hasta entonces estaba ubicada en los llanos de Santa Eufemia.
En estos campos el arado levantó miliarios, aras, sepulcros, todo actualmente en el Museo de Pontevedra.
Aquí estuvo la Tui romana – el “Castellum Tyde” – de Plinio y seguramente estos campos ocultan verdaderos tesoros arqueológicos.
He aquí un programa que con pocos gastos podría dar óptimos frutos y que brindo a la Comisaria Nacional de Excavaciones y al Instituto Martín Sarmiento de Santiago.

Manuel F. Costas en El Pueblo Gallego, domingo 12 de abril de 1953

Temos en Tudensia especial querencia pola recuperación destes interesantes artigos publicados noutrora pero que seguen conservando actualidade, pois poñen en evidencia a necesidade de afondar na investigación sobre a nosa historia e o noso patrimonio cultural que constitúen o principal recurso endóxeno para promover o desenvolvemento, non xa cultural senón mesmo socio-económico, da nosa cidade. As notas que acompañan a reedición deste artigo actualizan de xeito moi breve e resumido o estado actual da problemática sobre a arqueoloxía tudense que reclama unha actualización e unha programación investigadora que contribúa ao coñecemento e posta en valor do noso patrimonio cultural.




[i] Esta denominación de “camposanquiense” corresponde a una industria lítica sobre seixos de cuarcita cuxo nome recibe tras o achado realizado polo arqueólogo portugués Joaquim Fontes en 1925 dun xacemento na Pasaxe de Camposancos (A Guarda), con posteriores estudios do P. Eugenio Jalhay, Mergelina (1939/40), Bouza Brey e Álvarez Blázquez (1943) ou Manuel Fernández Rodríguez (1955) así como as aportacións mais recentes de Juan Cano ou Rosa Vilar. O debate sobre a súa adscrición cronolóxica é moi amplo, entre os que datan esta industria no Paleolítico ata os que a asocian a un momento protohistórico –cultura do bronce ou dos castros-, aínda que a opinión máis consolidada establece a súa cronoloxía no mesolítico (12.000 -6.000). Os achados na zona tudense son amplos e unha propección abofé daría novos materiais, pois a terrzas do Miño son abondosas nestas industrias como o testemuña o impresionante xacemento do O Cabrón (Arbo) en proceso de investigación.

[ii] Dende a creación do Parque Natural do Monte Aloia onde está integrado este xacemento ten sido obxecto de diversas intervencións de consolidación das súas estruturas. Logos das escavacións dos anos 1933-35 dirixidas polo propio Fernández- Valdés xunto co daquela mozo Xosé María Álvarez Blázquez; Filgueira Valverde dirixiu unha nova campaña no ano 1954 e finalmente o arqueólogo tudense Juan José Perles Fontao, xunto co Escola Obradoiro de Restauración, recuperaron e consolidaron os restos alí existentes no ano 1997.  Ver http://tudensia.blogspot.com.es/2013/01/o-castro-do-alto-dos-cubos.html

[iii] Aínda que na actualidade segue sen existir un consenso sobre o lugar onde estaba o Mons Medulio, último foco da resistencia galaica fronte á invasión romana, si hai unha ampla opinión que enclava este lugar nas terras do Sil afastándose xeograficamente do noso Monte Aloia. Non cita Fernández-Valdés o tema da muralla ciclópea do Aloia, amplamente investigado por Jaime Garrido, e  que foi obxecto dalgunha actuación de consolidación arqueolóxica.

[iv] A investigación sobre o Tui romano é, sen dúbida, o ámbito onde se ten avanzado con maior amplitude. As publicacións, entre moitas outras, de Fermín Pérez Losada, sobre Tui como núcleo urbano (1999 e outros), ou as análises de Silvia González Soutelo, no seu libro “O Tui antigo: unha aproximación histórico-arqueolóxica” (2007), e Juan José Perles Fontao, nos seus artigos na revista Castellum Tyde do Instituto de Estudios Tudenses, nos eximen dunha abondosa relación de achados, escavacións e bibliográfica. Unicamente referir as intervención realizadas na rúa Loureiro, na zona denominada historicamente de Santa Eufemia, nas que foron documentadas unha necrópole e un obradoiro de vidro baixo imperial que estarían en relación coa “Mansio” tudense dotada dos elementos estruturais dun asentamento romano (co seu “card0” e “decumanus” ou diversos edificios públicos) e que se comunicaría, sen solución de continuidade, co “Castellum Tyde” situado no alto do outeiro tudense, onde especialmente as intervencións no claustro da Catedral e no “Casino Vello”, no Paseo da Corredeira, documentan un intenso poboamento, mesmo urbanizado.


Escavación do "Casino Vello"

Con Manuel Fernández-Valdés seguimos aspirando, logo de máis de seis décadas, á realización dun estudo sobre o xacemento de Santa Eufemia, onde as posibilidades dunha escavación arqueolóxica son amplas e permitiría documentar a singular relevancia do Tui romano no territorio da Gallaecia.
Sinalar, finalmente, que as referencias á “Vía per loca marítima” son as que evidencias a antigüidade da publicación deste artigo. Esta vía, a XX do Itinerario de Antonino, que comunica Braga, Lugo e Astorga, comparte trazado coa vía XIX ata a mansio de Aquas Celenis (tradicionalmente identificada coa actual Caldas de Reis) continuando logo ata Brigantium, na Coruña.. Por tanto en Tui e a súa contorna ambas vías teñen o mesmo trazado. Pero o debate segue aberto sobre o trazado desta ruta “per loca marítima”.

[v]Por mágoa, tanto en Tui como en Galicia, a investigación sobre época sueva non ten avanzado nas últimas décadas. A exposición “In tempus suevorum” realizada en Ourense en 2017 asi como o seu congreso e catálogo ofrecen unha ampla revisión sobre este período histórico pero non teñen aportado novos datos que contribúan a afondar neste momento clave na historia de Galicia, cando adquire unha personalidade política propia e convértese no primeiro reino cristián de Europa. A escaseza de restos materiais desa época e de testemuñas documentais dificulta a realización desta imprescindible investigación. No caso tudense as dificultades desta investigación son aínda maiores pola inexistencia de vestixios materiais que documenten este período. As investigacións realizadas, nos anos sesenta do século pasado por Chamoso Lamas na igrexa de San Bartolomeu cos materiais “xermánicos” atopados e a escavación, dirixida por Perles Fontao, na necrópole da Catedral hai máis dunha década, abren novas vías de investigación para este ámbito temporal suevo e visigodo. Recentemente, en 2017, houbo unha revisión dos restos arqueolóxicos da igrexa de San Bartolomeu (moi breve temporalmente) estando pendentes aínda do resultado das análises dos restos humanos alí recuperados.

[vi]O período visigótico, que abrangue dende o ano 585, en que a invasión de Leovixildo acaba co reino suevo, ata o 711 en que se inicia a conquista musulmán da península, é un dos momentos máis relevante da historia tudense, que ocupa una posición de capital do territorio galego (fronte a antiga sede sueva en Braga). Os datos que apunta Manuel Fernández-Valdés neste artigo sobre a toponimia que poderían orientar a investigación sobre un posible asentamento rexio están aínda sen analizar, complementado coa evolución da sede episcopal e outros datos documentais do reino visigodo, cuxa capital estaba en Toledo, permitirían albiscar a importancia que Tui desenvolveu neste período histórico en que actuaría, previsiblemente, como a capital e principal cidade do reino visigodo no territorio do antigo reino suevo.

[vii] Temos unha boa oportunidade para afondar neste momento histórica na inmediata celebración, no vindeiro ano 2020, do 850 aniversario do traslado ordenado polo rei Fernando II da poboación tudense dende os campos de Santa Eufemia ata a zona alta do asentamento, no Outeiro, ampliando o denominado “Burgo vello” (que abranguería a zona da Oliveira e zona de construción da Catedral) nas abas ata o río Miño e a concesión dos foros e privilexios aos viciños de Tui asi como os conflitos co bispo polo señorío da nova cidade, cunha revolta que lideran os portarios Martín Muñiz e Paio Martín. Sobre este tema xa temos falado neste blog en http://tudensia.blogspot.com/2018/10/o-850-aniversario-do-ano-1170-un-fito.html. Esta efeméride é unha oportunidade que non podemos desaproveitar na nosa cidade.


55 anos do Descenso do Miño

$
0
0

Hoxe sábado, 10 de agosto de 2019, a cidade de Tui acollerá unha nova edición do Descenso Internacional do río Miño, unha proba deportiva que cada ano se consolida como referente do deporte da piragua en Galicia pero tamén como un importante recurso turístico. Así foi recoñecido o pasado ano coa declaración, pola Xunta de Galicia, do Descenso do Miño como festa de interese turístico galego.


Celebramos este ano o 55 aniversario do inicio desta proba e a XLVIII edición deste Descenso (debido a que entre os anos 1969  e  1977 non puido celebrarse esta competición por diversos problemas de orzamento) e dende este bloque queremos lembrar os inicios deste evento deportivo, rememorando especialmente a súa primera edición o 23 de agosto de 1964.

Achegarse aos inicios do Descenso do río Miño é tamén un xeito de achegarse aos importantes esforzos da sociedade tudense pola valorización e aproveitamento do río Miño. A perdida das condicións de navegabilidade deste tramo do río, a desaparición do tráfico fluvial, especialmente o seu último capítulo o promovido polas serrarías repartidas polas súas ribeiras, deixaron unicamente en vigor o aproveitamento da pesca do Miño. Un proceso que abrangue a primeira metade do século XX. A mellora das condicións socio-económicas de España cos primeiros pasos do proceso de desenvolvemento do país no últimos anos da década de 1950, implican tamén novas posibilidades para o lecer, para o impulso do deporte e o turismo.

Os precedentes que nos conducen á primeira edición do Descenso están ligados ao proceso de valorización do río Miño para a practica deportiva e o impulso a creación dun clube náutico na cidade.

A través do Boletín de Información do Centro de Iniciativas y Turismo de Tui, de cuxas páxinas recollemos a información, coñecemos que nos anos previos á celebración do primeiro descenso existían diversas iniciativas de carácter deportivo que tiñan como obxecto promover as posibilidades que o río Miño, ao seu paso por Tui, ofrecía para a práctica do deporte e as conseguintes oportunidades turísticas que abría para a cidade e as súas xentes.

O Club Náutico de Tui foi creado, cunha comisión xestora, no ano 1960 por un grupo de entusiastas tudenses coa colaboración especial do Comandante da patrulleira “Cabo Fradera”, Eduardo Martínez de la Calleja, que promove a súa creación e xestiona a consecución das primeiras embarcacións ao servizo do Clube.  Martínez de la Calleja é un dos artífices deste proceso de promoción do noso río e asi foi declarado, en abril de 1961, fillo adoptivo de Tui pola Corporación Municipal, entregándolle a distinción nas festas de San Telmo de 1962.

En outubro de 1960 tivo lugar “patrocinada por el Sr. Ayudante de Marina una interesante prueba piragüista de ascenso y descenso del río Miño, en su tramo Tuy-Salvatierra-Las Nieves”. A pesar de la inclemencia de tiempo y la dureza del recorrido –fueron superados los 14 “rayones”- la prueba ha constutuido un rotundo éxito

O 28 de xaneiro de 1961 se elixe a Xunta Directiva do “Club Náutico de Tuy” que substitúe á provisional con esta composición:
  • Presidente: Comandante Lancha “Cabo Fradera”
  • Vice-presidente: Alcalde de Tui
  • Secretario: José L. Romaní González
  • Tesoureiro: Alberto Ballesteros Ballesteros
  • Comodoro: Rogelio Núñez Pascual
  • Vogais: Juan J. Oliveira Vieitez, Alfonso F. Lage Fernández e Pelayo Fernández Fernández.
Aínda que as dificultades son moitas e determinan  dubidas sobre a súa viabilidade, en abril de 1961, o Club Náutico organizou diversas regatas internacionais, que contaron coa participación do Club Náutico de Viana do Castelo, Club Mocedades da mesma cidade portuguesa, Club Náutico de Vigo, Escuela Naval Militar de Marín e o clube anfitrión, o Club Náutico de Tui. Disputouse o Trofeo Fradera na categoría de snipes, Copa Pepsi-Cola na modalidade de “yolas” e finalmente unha proba de “outrigger” completando a xornada unha competición de motonáutica.


O xa citado Boletín do CIT informa no seu número de maio de 1961:
El Club Náutico de Tuy es ya una realidad, que estimamos interesantísima para el porvenir de la ciudad. Oficialmente constituido con la autorización debida de los organismos competentes, tiene ya en propiedad varias embarcaciones, más la promesa de otras donadas por Entidades Estatales (…) Ha llegado el momento  de comenzar la segunda fase de su puesta en marcha, mediante la captación de mayor número de socios, sobre todo, propietarios-fundadores, para abordar el proyecto de su edificio social, bar, piscina, etc.
Para ello se ha realizado un serio estudio económico, basado en un capital inicial de 500.000 pesetas, de las cuales  330.000 aporta la Delegación Nacional de Deportes (165.000 a fondo perdido) que revierten a favor de los socios fundadores asi como el material deportivo.
Las cuotas  en un principio acordadas son las siguientes:
Propietario-fundador, 50 pesetas mensuales (aportación inicial no inferior a 500)
(Socio de) Número, 35 pesetas
Transeúntes, 60 pesetas
Deportivos, 8 pesetas.

Pese as expectativas que recollía esta noticia o Clube non acababa de despegar tanto a nivel organizativo como deportivo. Asi que na primavera de 1961 lógrase a súa definitiva posta en marcha coa chegada á presidencia da súa directiva do empresario tudense José González García, que será o gran promotor e patrocinador durante varios anos da actividade do Club Náutico tudense. Recollemos a crónica do Boletín do CIT:
gracias a la decidida y generosa intervención de nuestro buen amigo don José González García, esta manifestación náutica de la vida tudense, tan elogiada por turistas y veraneantes, ha entrado en una activa etapa de realizaciones e iniciativas (…) Es obligado destacar la celeridad con que el Sr. González ha adquirido el local más adecuado, estratégicamente situado al lado del río y frente a Cuartel de Marina –antiguo almacén de serrerías- dio las ordenes oportunas para comenzar las indispensables obras de adaptación que lo convertirán muy pronto en su sede social, con los servicios del caso: salón-bar, oficinas, almacén para barcos, etc.”

O 11 de maio de 1962 ten lugar unha Xunta Xeral onde dimite a anterior directiva, asumindo a presidencia José González ao que acompañan na Xunta Directiva: M. Cela, López (D. Manuel), Ballesteros (Alberto), Pedro de Miguel, Sistiaga, Molina y Gómez (don Wenceslao). “También por aclamación y a propuesta de la Presidencia fue nombrado Presidente Honorario, con voz y voto, el actual comandante del “Cabo Fradera”, don José Estrán, en vista de las facilidades que, en todo momento, viene prestando a las actividades del Club”

Con motivo das festas do Carme dese mesmo ano, o Clube promove durante tres xornadas diversas competicións deportivas nas augas do río Miño, e finalmente o 12 de agosto de 1962 tivo lugar o acto oficial de inauguración das súas instalacións coa presenza de autoridades civís e militares e que congregou a numerosos veciños. Amais dos actos protocolarios tiveron lugar diversas probas de motonáutica e esquí acuático.



Daquela o Club contaba con varias seccións deportivas:
-        Vela, con sete “snipes”
-        Piragüismo con 14 canoas
-        Remo, que dispuña de 10 embarcacións de recreo e un out-riger de oito e timonel
-        Natación
-        Pesca
-        Motonáutica, con varias fuerabordas


No decurso do acto de inauguración o Presidente do Club “terminó  prometiendo que en el próximo año se celebrará la primera prueba internacional de descenso del Río Miño en piragua, -idea que le fue sugerida por el Excmo. Sr. Gobernador Civil (José González-Sama Garcia)-.”

Aínda no ano 1963 organiza un II Descenso, continuidade do celebrado dous anos antes, na que participaron, entre outras tres piraguas do Náutico tudense; “clasificándose en la calse turismo, en primer lugar, la C-2 “Randufe” tripulada por Antonio López y José Juan Fernández; en segundo, la C-2 “Rebordanes” de Ramón Areses y Manuel López; la K1 de Jaime González se distinguió por se una de las pocas que no ha sufrido vuelco en todo el recorrido de la prueba”. Tamén participaban  José García e  Juan Cendón.

Haberá que agardar ata o 23 de agosto de 1964 en que tivo lugar o primeiro “Descenso del tramo Internacional del río Miño” que se dividía en dúas etapas: primeiro de Salvaterra ata Caldelas, onde tiña lugar un descanso e comida campestre, e de seguido a segunda etapa dende Caldelas ata a Ponte Internacional de Tui onde estaba situada a meta.

Recollemos do Boletín do CIT o relato da xornada:
A las nueve de la mañana de domingo se concentraron todos los participantes en el edificio del Ayuntamiento y seguidamente se inició el desfile de los piragüistas hasta la Corredera, presididos por la comparsa de Gigantes y Cabezudos, gaitas de país y grupos de troboadas de ambas riberas del Miño (…) desde la plaza de la Inmaculada, por carretera, se formó la inefable caravana, modelo de organización, hasta Salvatierra en donde fue recibida entre estampidos de cohetes y sones de gaitas.


En tanto se llevaban a efecto los preliminares de la prueba a orillas del Miño, celebrose una animada romería en la plaza del Castillo, durante la cual se aprovecharon los excursionistas para saborear el fino y delicioso albariño.



A las doce y media se dio la salida a las 49 piragüas, siendo presenciada desde la torre del Castillo por destacadas personalidades, presididas por el Excmo. Sr. Gobernador Civil de la Provincia, D. José González-Sama, verdadero promotor de la prueba. Numerosos fotógrafos, periodistas, equipos de NODO y Televisión Española captaban las incidencias del descenso y las soberbias panorámicas de esta bella comarca (..)


La primera etapa hasta Caldelas resultó durísima, debido a la calidad de los participantes y a las dificultades del trayecto, problado de peligrosos rápidos.
La llegada fue apoteósica. A la una de la tarde comenzaron a hacer su aparición las primeras piragüas ante la meta, situada en medio del río. En el sprint final, mantenido codo a codo, se proclamó vencedora la tripulada por Como - Miguel de “Virgen de las Mareas” de Avilés, sobre la integrada por Juanjo – Antonio, del “Club Náutico” de Tuy. La gran masa de aficcionados  congregada en ambas márgenes alentó y aplaudió entusiasmadamente a los participantes, que fueron obsequiados con collares de flores por bellas señoritas, mientras las gaitas invadían con sus notas la ribera del Miño en contrapunto al retumbar sonoro de las troboadas.
Bajo la arboleda del Parque tuvo lugar la comida campestre a la que asistieron las primeras autoridades provinciales y representantes portugueses. Durante la fiesta popular fueron muy aplaudidos el Rancho de Ganfei y el grupo folklórico “Froles Mareliñas”.
A la hora prevista, seis de la tarde, se dio la salida a los piragüistas para cubrir la segunda etapa, Caldelas – Puente Internacional de Tuy, cuyo itinerario estaba jalonado de ingentes muchedumbres que festoneaban las dos orillas miñotas (…)
La ovación tributada por el público a los vencedores y participantes que a ritmo acelerado entraban bajo los arcos del Puente, estuvo acorde con la magnitud del esfuerzo desplegado por los atletas. Sinceramente colosal.


Finalizada la tarea del Jurado, se celebró en el estupendo Parque del Club Náutico la entrega de trofeos a los vencedores en las distintas categorías, siendo presidido el acto por el Subsecretario del Ministerio de Información y Turismo, D. Pio Cabanillas, al que acompañaban todas las autoridades provinciales y locales, alcaldes de los Ayuntamientos del Bajo Miño y nutridas representaciones españolas y portuguesas.


Seguidamente la directiva del Club obsequió con un “lunch” a los invitados y participantes, terminado el cual, fue quemada una espectacular colección de fuego acuático, a la moda de Viana do Castelo, que llamó poderosamente la atención a la nutrida concurrencia. Como broche final de tan extraordinario acontecimiento tuvo lugar una animadísima verbena

Nesta primeira edición participaron os clubes: Virgen de las Mareas de Avilés, Grupo Cultural Covadonga de Gijón, Náutico Ensidesa de Avilés, Mar de Avilés, Los Rápidos de Arriondas, Organización Juvenil Española de Madrid, Fuvial de Lugo, Naval de Pontevedra y Náutico “San Telmo” de Tui; en total 48 embarcacións, 18 de K2, 12 de K1 e outras 18 de C2.

Foron os campións absolutos desta primeira edición do Descenso do Miño os palistas do Club Virgen de las Mareas de Avilés, Como e Miguel, cun tempo de 1 h 12 m 43 s, na categoría de K1 resultou gañador Luis García Blanco del Grupo Cultural Covadonga cun tempo de 1h 16 m  55 s. Na categoría de canoa resultou gañadora a parella tudense, Juanjo e Antonio cun tempo de 1h 23 m 14 s. Por clubes foi gañador o Virgen de las Mareas de Avilés cun tempo de 2 h. 29 m. 23 s.

Cómpre lembrar o papel desenvolvido na organización deste Descenso, amais do presidente José González, polos tudenses Manuel López Lorenzo, José Manuel López Laborde, Pelayo Fernández e Javier González. Esta equipa foi a auténtica artífice, cos apoios institucionais e da Federación Galega, das primeiras edicións do Descenso.

O xa mencionado Boletín do CIT tudense proclama no seu número de setembro de 1964: “El I Descenso de piragüas en el tramo internacional del Miño, entre Salvatierra y Tuy con descenso y popular fiesta en Caldelas tuvo amplio y merecido eco en la prensa y otros medios de información. Alcanzó esta prueba, en su primera versión, tal éxito y resonancia, incluso entre los mismos participantes, que en realidad vino a descubrir a muchos indocumentados o escépticos, el extraordinario porvenir que esta zona del Miño encierra para una serie de deportes náuticos, muy especialmente para las modalidades de piragüismo, remo, motonáutica y esquí acuático”

Pero as actividades deportivas non remataban co descenso, senón que dende o Club Náutico se incentivaban outras proezas deportivas, como recolle cunha fotografía o Boletín do CIT de setembro de 1964:


O Descenso continuou celebrando novas edicións. A segunda o 22 de agosto de 1965 con 64 embarcacións, de España e Portugal, nesta edición estivo presente o Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, que presenciou a chegada á meta e presidiu a entrega de trofeos. No ano 1966 foi o 21 de agosto coa participación de 82 barcos, sendo a última ocasión en que se disputaron dúas etapas, tamén o ministro Fraga Iribarne estivo presente, neste caso presenciando o desfile dos palistas na súa saída cara Salvaterra. O 27 de agosto de 1967 celebrouse a cuarta edición incrementando o número de embarcacións ata as 94.  A quinta edición desenvolveuse o 25 de agosto de 1968 superando el centenar de barcos participantes. Por mágoa como xa foi comentado os problemas de financiamento impediron a continuidade do Descenso ata o ano 1977, en que a organización foi asumida polo Club Remo do Miño, presidido por José Antonio del Barrio e con Manuel Piña como tesoureiro. Será no ano 1980 cando a organización pase ao Club Kayak Tudense que continua actualmente ao fronte deste Descenso do Miño, coa colaboración permanente do Concello de Tui e outras entidades públicas e privadas. 


Unha festa deportiva enriquecida, nos últimos anos, co descenso popular e coa denominada “Festa do Miño” cun programa gastronómico e festivo, que reúne en Tui a milleiros de persoas.

Esta xornada arredor do Descenso do Miño pon de manifesto as potencialidades do río Miño a seu paso por Tui, que ofrecen enormes posibilidades polos seus valores medioambientais, paisaxísticos, culturais, deportivos, de lecer, etc. A creación na nosa cidade dun espazo de divulgación sobre o río Miño (aínda non existente na ribeira galega) posicionaría á nosa cidade e ofrecería una novo atractivo á súa visita.

Dende este blogue o noso recoñecemento ao traballo realizado ao longo deste 55 por numerosos tudenses, a inmensa maioría anónimos, para a organización do Descenso do Miño que tanta sona ten acadado e por lograr que todos os cidadáns de Tui sintámonos orgullosos deste evento deportivo e festivo.

Feliz Descenso!!

O sistema amurallado tudense (I): a muralla medieval

$
0
0

Dende a pasada fin de semana comecei unha sección quincenal no diario dixital “Comarcas na rede” (www.comarcasnarede.com) onde irei ofrecendo pequenos artigos de divulgación sobre o patrimonio cultural tudense e da súa contorna co obxectivo de achegar aos lectores deste dixital ao coñecemento da nosa cidade e os seus recursos culturais e turísticos. Considerando que tamén para os lectores de Tudensia poden resultar de interese estas colaboracións introducirei neste blog estas colaboración, recollidas nunha sección que denominamos “Porta das Trabancas” en referencia ao único postigo da muralla medieval tudense aínda hoxe conservado pero fora da ollada de veciños e visitantes.

Detalle do plano de Tui de Francisco Coello de 1856, onde

Se percibe a muralla medieval e a posterior ampliación da idade Moderna


A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos da invasión romana da antiga Galleciae, ofrece nas súas rúas e calellas un percorrido polas vicisitudes históricas de Galicia que neste territorio fronteirizo agroman con especial forza.
Un dos principais monumentos que podemos contemplar, no noso paseo pola cidade, é o sistema amurallado que dende 1170 por orde do rei Fernando II delimita a cidade histórica. En diversos lugares do percorrido que realicemos por Tui podemos ollar os diversos tramos deste amurallamento, que posúe tren principais etapas: a muralla medieval, a falsa braga edificada nos finais de Idade Media e sistema fortificado dos séculos XVII e XVIII que corresponde especialmente coa época das guerras con Portugal e que ampliou a superficie amurallada abranguendo novos arrabaldes no Norte e Leste.

A muralla medieval protexe unha superficie de 70.000 m2 e está conformada por once torres ou baluarte, catro portas principais e tres portas secundarias ou poxigos. Nesta fotografía do século XIX, arredor de 1880, podemos contemplar como se conservaba plenamente visible a muralla medieval nesta zona norte da cidade, con diversos cubos ou torres e a Porta do Arco así como o baluarte onde a muralla acadaba á ribeira do Miño.



Actualmente se conservan importante tramos, coas súas torres, na zona norte (especialmente unha parte que conforma o peche da horta do Convento das Clarisas, visible parcialmente dende a rúa Bispo Lago, e a torre do Xudeu integrada na "Casa Negra").



  
Outro importante treito na zona Oeste, especialmente na zona do actual patio do Colexio da Milagrosa e parcialmente visible dende a rúa Ordoñez e a súa confluencia coa Corredeira.


Son amplas superficies que pasan practicamente desapercibidas para a maioría dos visitantes e mesmo dos tudenses. Normalmente se identifica como un tramo da muralla medieval o muro de peche da horta do Convento das Clarisas na rúa Ordoñez, aínda que na súa actual configuración non corresponde cunha factura medieval senón a unha reconstrución posterior.


Das catro portas da muralla unicamente conservamos algúns restos materiais na Porta da Pía, onde podemos ollar aínda os gonzos  ou bisagras da porta e do seu rastrillo. Esta porta comunicaba cos arrabaldes de A Corredeira e Rio Muiños e era por onde chegaba a Tui o camiño real de Baiona. A súa denominación proven da existencia no seu entorno dunha gran pía, relacionada posiblemente coas funcións rituais da Sinagoga que estaba edificada naquel lugar.




As outras portas eran a Porta dos Ferreiros, na zona sur, que comunicaba co arrabalde de Freanjo, o camiño da barca a Valença e o camiño cara á Guarda. O seu nome derivaba da localización inmediata do gremio dos ferreiros, no último tramo da rúa Real (hoxe Lorenzo Cuenca).
A Porta Vergán ou Bergán, estaba no inicio da actual rúa San Telmo, e comunicaba co arrabalde do Rollo e o camiño real a Porriño. Finalmente estaba a porta do Arco, na parte baixa da cidade, comunicaba cos barrios de San Domingos e San Bartolomeu e o camiño real a Salvaterra, cuxo aspecto aínda podemos contemplar na fotografia que citamos anteriormente.



Xunto a estas portas había tres pequenos accesos, ou portas secundarias, ben documentados en época medieval. Serían a porta do Pexigo (xunto a praza do mesmo nome lamentablemente perdido no rueiro, hoxe chamada Praza da Estrela) tamén denominada porta da Ribeira pois era o acceso á ribeira do Miño. Esta porta se conserva parcialmente na actualidade dentro dunha propiedade privada. Estaba logo a porta do Canto, na rúa do mesmo nome (no actual inicio da rúa Sanz no Colexio da Milagrosa) e finalmente a “Porta das Trabancas”, que se conserva semisoterrada no muro da horta do Convento das Clarisas (na zona do Cantón de Diomedes) cunha estrutura rematada cun arco de medio punto. Debe o seu nome, segundo informa Ernesto Iglesias Alemida, á inmediata torre homónima identificada gracias a un documento do século XVI. Con similar nomenclatura existe unha porta na muralla de Pontevedra. Esta porta daba acceso á zona da Corredeira.

Do libro “Guía monumental y artística de Tui” de Ernesto Iglesias Almeida

A súa conservación débese a súa integración no ámbito do mosteiro das “Encerradas” tudenses. A orixe deste convento está en 1508 cando un grupo de dez mulleres fundan un beaterio para vivir a súa vocación relixiosa, no ano 1544 o bispo Miguel Muñoz dóalles á antiga igrexa de Santa María da Oliveira e os terreos contiguos para edificar o seu mosteiro. En tempos posteriores esta porta ao integrarse no complexo conventual quedará sen uso sendo tapiada ata a actualidade. Nas últimas décadas do século XIX os terreos onde se atopa esta porta como integrantes da falsa braga defensiva da cidade foron postos á venda, en poxa pública, polo Estado, pasando boa parte deles a propiedade privada. Esta porta agardamos mereza no futuro unha intervención arqueolóxica que a documente e a restaure.

Esta “Porta das trabancas”, hoxe oculta á nosa visión, da pois nome a esta sección na que en vindeiros días iremos recollendo outros lugares, espazos, costumes, tradicións, etc que normalmente pasan desapercibidas pero que conforman o noso patrimonio material e inmaterial. Hoxe quixemos lembrar como as murallas medievais seguen presentes, aínda que sen gran relevancia, na vida diaria dos tudenses e visitantes, reclamando para elas unha axeitada posta en valor.

A celebración, nos primeiros meses do vindeiro ano, do 850 aniversario da presenza do rei Fernando II en Tui, cando acorda conceder á cidade unha carta foral e establece o “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, ampliando a súa superficie que ordena amurallar. Esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración urbana que chega ata os nosos días. Este aniversario reclama unha celebración que contribúa á recuperación da historia tudense e dos seus recursos patrimoniais, entre eles o seu sistema amurallado que Fernando II ordenou levantar.

Como xa teño escrito: A nosa cidade precisa conmemorar este aniversario, pois o xeito como unha cidade lembra a súa historia – coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír (http://tudensia.blogspot.com/2018/10/o-850-aniversario-do-ano-1170-un-fito.html)

Rafael Sánchez Bargiela



O sistema amurallado tudense (II): a falsa braga ou barbacana do século XV-XVI

$
0
0

Continuamos publicando en “Tudensia” os artigos que publico na sección “Porta das Trabancas” no diario dixital “Comarcas na rede”. Na primeira entrega  falabamos da muralla tudense en época medieval e como este sistema fortificado aínda está presente na configuración urbana de Tui e podemos ollalo en diversos lugares da nosa cidade.


Como sinala Iglesias Almeida “parece que la muralla tudense quedó, a lo menos en su principio, bajo el dominio real. De esta manera se entiende que los judíos tuviesen su Sinagoga junto a la misma en la antigua zona de A Oliveira, circunstancia que de una manera general se daba en la mayoría de las ciudades españolas como acogimiento de este colectivo humano bajo el directo poder real, fruto de substanciosos tributos”.

Ao longo da Idade Media o mantemento da muralla foi obxecto de múltiples polémicas ao estar compartido entre o Cabido da catedral e o Concello. O 2 de agosto de 1419 o bispo Juan Fernández de Soutomaior II convoca ao Cabido da Catedral e ao Concello pata tratar sobre a reparación da muralla e as súas portas e as quendas de vixilancia; aínda que os responsables municipais argumentaban que os responsable eran o Bispo e Cabido ao ser unha cidade de señorío episcopal, sen embargo se acada un acordo de reparto dos custes das reparacións alternativamente. Será un tema constante de conflitos e mesmo o Cabido apela a Roma contra as esixencias de mantemento e vixilancia da muralla pero sen conseguir cambiar o establecido.

Os continuos episodios bélicos co reino de Portugal e as loitas nobiliares do século XV, que teñen como principais expoñentes a ocupación da cidade polos irmandiños en 1467 e o prolongado enfrontamento entre Pedro Álvarez de Soutomaior (“Pedro Madruga”) e o bispo Diego de Muros que chegará ata 1482 coa derrota do Conde de Camiña, provocan unha grande crise na cidade e nos seus equipamentos, entre eles a muralla. Como di o propio bispo Diego de Muros tras recuperar o control da cidade: "esta padeció muchos males e dannos, robos e muerte de vezinos, de manera que ha venido casi en despoblación e tan grande disminución de lo que solía ser que non tiene semblante nin apariencia de cibdad”.

No século XV asistimos a aparición de novas técnicas militares que provocan novas necesidades defensivas que modificaran substancialmente a fisionomía do sistema amurallado tudense. A aparición da pólvora e por tanto da artillería e o uso de canóns nos ataques militares deixan obsoleto o sistema amurallado medieval e obrigan a unha remodelación do mesmo.

Ao redor de 1443 se inicia a transformación destas murallas coa edificación dunha serie de fortes e baterías para aumentar a defensa da Porta do Carballo (ou dos Ferreiros na  documentación medieval) que era a máis próxima á fortaleza de Valença. Pero a modificación máis significativa e que muda o aspecto da muralla tudense  é a construción da “falsa braga”, barbacana ou antemuro baixo que rodea o recinto fortificado medieval. A “falsa braga” tudense rodea por completo á muralla medieval converténdose na primeira liña defensiva da cidade fronte ao fogo da artillería. Este trazado paralelo á muralla medieval permite contar cun amplo paseo de rolda para mobilizar con máis facilidade ás tropas. Agora o importante xa non é a altura dos muros, o principal recurso defensivo nos séculos anteriores; ao contrario os paramentos son baixos, substituíndo o tipo de muralla alta e estreita, con dous paramentos (interior e exterior) incapaz de resistir ao embate da artillería, por un único paramento exterior que en realidade funciona como muro de contención dunha masa de terra que absorbe sen problema os embates dos proxectís.

Temos a sorte de contar cunha imaxe desta “falsa braga” tudense. Trátase do debuxo da cidade de Tui realizado polo portugués Duarte D’Armas arredor de 1510. A imaxe máis antiga que conservamos de Tui. Este debuxo forma parte do denominado “Livro das fortalezas” encargado polo rei portugués Manuel I ao seu escudeiro Duarte D’Armas. O monarca, no seu proxecto centralizador e reformador, encárgalle a Duarte D’Armas inspeccionar todas as fortalezas da fronteira do reino de Portugal e o seu estado de conservación. O escudeiro percorre toda a fronteira e realiza esbozos en papel e debuxos así como a planta dos castelos, informando das necesidades de cada fortaleza. Visitou 59 poboacións/fortaleza e rematou a súa obra no ano 1510.

Deste Livro conservamos un debuxo da cidade de Tui e especialmente das súas defensas. Por unha banda a muralla medieval con todas as torres que posuía ao Norte, visible dende a perspectiva do debuxante. Salientan ademais dous elementos. A denominada coraça, coiraza ou coracha. No caso tudense esta estrutura medieval estaba formada por dobre muro con parapetos e almeas rematando nunha torre circular. Esta coiraza permitía o abastecemento de auga da cidade dende o río Miño. Se accedía á mesma dende unha pequena porta inmediata ao Postigo da Ribeira, situado na praza do Pexigo.


No debuxo de Duarte D’Armas comprobamos como esta ante-muralla, ou barbacana, estaba xa completada no lado sur e este da cidade, lugares onde as defensas debían estar en óptimas condicións para repeler os ataques dende as terras do reino de Portugal; descoñecemos se nos outros flancos estaría tamén rematada esta falsa-braga aínda que o lóxico sería que asi fose.

A falsa-braga e o espazo inmediato conservouse practicamente ata o século XIX, a pesar da edificación do sistema amurallado do século XVII (do que nos ocuparemos na seguinte entrega). Así o podemos observan nun plano de 1892 de Josef Lafuente que describe integramente esta barbacana dende a Porta do Carballo ata a zona de San Domingos (redebuxado por Jaime Garrido, a quen lembramos con agarimo)


No século XIX a inexistencia de conflitos militares e o progreso das cidades implica a desaparición das murallas e os sistemas defensivos que permiten a ampliación do recinto urbanizado, a creación de novos espazos e servizo públicos e ingresos á Facenda pública ao realizar, en moitos casos, procesos de poxa pública por estes terreos defensivos.

No caso tudense a reforma e apertura da Praza do Comestible, que comunicaba a Porta da Pía coa Corredeira polo norte, foi realizada sobre os espazos da falsa-braga; sobre o espazo que ocupaba esta barbacana se constrúe un novo acceso á cidade como será a rúa Nova, paralela á muralla medieval e construída sobre a mesma  colmatando parcialmente o foxo da muralla medieval.


Hoxe esta barbacana ou falsa-braga aínda é posible recoñecela parcialmente na zona do Paseo fluvial e nalgúns tramos do sur, na zona do Piñeiro e actual Rúa Martínez Padín, reutilizada moi facilmente como bancal ou socalco como podemos observas nas fotografías. Estas imaxes evidencian tamén a necesidade dunha intervención non xa para a limpeza destas áreas históricas (algo urxente pois oculta completamente a visión das mesmas) senón para garantir a conservación destes elementos históricos do noso sistema amurallado hoxe moi alterados pero que unha intervención axeitada, eliminando materiais que degradan estes espazos posibilitaría unha visión máis axustada á historia e evolución da fortificación tudense.






As feiras e os mercados de Tui, unha continuidade de máis 750 e 387 anos respectivamente

$
0
0
A función comercial da cidade de Tui é unha das súas principais características ao longo dos sécuos e a expresión máis sinalada da súa base económica, aínda na actualidade.


A documentación medieval ofrece noticias diversas que inciden nesta dedicación da cidade ao comercio. Xa no ano 1125 a infanta Dona Tereixa de Portugal concédelle á sede tudense o monopolio do tráfico de barcos no porto da cidade. O apoio rexio a esta dinámica comercial queda ratificado pola concesión do Emperador, Alfonso VIII, en 1142 do portádego (imposto que se cobraba  por entrar na cidade para vender ou transitar mercancías) á catedral tudense.  Testemuños da actividade de intercambios comerciais, tanto por vía fluvial como terrestre, que protagonizaba a cidade. Aínda que a documentación non cita expresamente a celebración dunha feira en Tui, haberá que agardar máis dun século, resulta verosímil que este acontecemento comercial existise como lugar privilexiado do comercio.

Posteriormente, en 1170, Fernando II atendendo o crecemento da poboación acorda o “traslado” da cidade ao outeiro sobre río Miño  para mellorar a súa defensa pero tamén a dota de recursos coa concesión do foro á cidade de Tui e os seus habitantes onde sinala “que los mercaderes de Tui que vayan e vengan seguros por todo el Reino”. A cita aos mercadores  tudenses patentiza, de novo, a existencia dun mercado regularizado e estable na cidade, cun grupo de persoas que se dedican a esta actividade comercial e que serán á base da especialización comercial tudense.

Haberá que agardar ao documento de Fernando III, en 1250, cando ratifica os foros tudenses de 1170 onde menciona a existencia de dúas grandes feiras anuais na cidade: mandamos que asi sea tenido que el Obispo haya el detallo cada anno ocho dias  en la Feria de Pascoa et otros ocho en la feria de Sancta María de Agosto

Temos pois a constancia da existencia dende, ao menos, o século XIII de dúas grandes feiras anuais na nosa cidade que certifican o papel de centro comercial. Unha feiras que xa existían no ano 1250 pois o monarca concede non a creación da feira senón o cobro dun importo por parte do bispo tudense.
En consecuencia, son alo menos 750 anos de continuidade, dunhas feiras que marcarán o devir da cidade ao longo dos séculos, e das que hoxe conservamos como testemuño, como veremos logo, as chamadas feiras dos cabalos de San Telmo e San Bartolomeu.

Aínda que carecemos de referencias concretas posiblemente ao lugar de celebración das feiras serían as dúas prazas do entorno da Catedral, a Praza de cerca de Santa María do Portal e a praza do Carballo, ou, andando os anos, xa extramuros, na Corredoira.

Posteriormente, en data sen determinar pero xa na Idade Moderna, se incorpora ao calendario unha nova feira a celebrar en torno á festividade de San Andrés (festividade de consagración da Catedral) o 30 de novembro, así como unha feira mensual o día 4 de cada mes.

Xa na metade do século XIX tiña desaparecido a feira da San Andrés, a feira mensual desaparece nas primeiras décadas do século XX. A mellora das comunicación impulsan unha mellora na distribución de alimentos, dos diversos tipos de subministracións, dos “abastos”, o que deixa sen función estas grandes feiras que van ficando reducidas á compra e venda de gando que coa transformación da agricultura de subsistencia en industrial deixan de ter funcionalidade. Un proceso máis acelerado nos espazos urbanos (como é o caso tudense) e máis serodio, pero irreversible, no ámbito rural.


Con todo, en Tui conservamos a testemuña destas grandes feiras anuais na celebración das feiras de cabalos nas mesmas datas que historicamente, coincidindo coa festividades de San Telmo (na Pascua) e San Bartolomeu o 24 agosto. Son cerca de oito séculos de continuidade histórica que chegan ata os nosos días. Un acervo de séculos que temos de valorar pois en moi poucos lugares pódese acreditar unha tradición tan alongada. Unha expresión do patrimonio inmaterial tudense ao que tantas veces prestamos escasa atención.


Pola súa banda, os mercados tudenses dan inicio coa decisión do bispo Diego de Vela, como señor da cidade, de crear en 1632 un mercado semanal a celebrar cada sábado. Este bispo ao pouco de tomar posesión da sede tudense escrebeu al efecto a los curas párrocos del Obispado para que propusiesen a sus feligreses que tragesen a vender a esta ciudad todos los sábados del año lo que les pareciese, ofreciéndoles toda conveniencia.  Crea así o mercado semanal dos sábados na praza da Catedral e do seu Pazo episcopal. Un mercado que contribúe á dinamización da vida comercial da cidade, evidenciando como as tres feiras anuais resultaban insuficientes para satisfacer a demanda urbana. Cabe lembrar tamén que nesa altura histórica o reino de Portugal formaba parte da monarquía de Felipe IV. A posición fronteiriza de Tui resultaba agraciada por esta integración que favorecía as relacións de todo tipo co inmediato Reino de Portugal. A Guerra da Restauración ente 1640 e 1668 racha con esta dinámica e mesmo os diversos episodios bélicos que acontecen en Tui e na fronteira hispano lusa arruínan á propia cidade de Tui.

O Concello e os Xustizas da cidade acordan na sesión do 24 de xuño de 1679 o traslado mercado semanal dos sábados para o xoves por cuanto en el sabado había otros en diferentes pueblos del Obispado e impedían la concorrencia al nuestro. A medida municipal debeu ser exitosa e contribuíu ao desenvolvemento do mercado semanal e así no ano 1693 os Xustizas e o Concello acordan, na sesión celebrada o 3 de xuño, que a celebración da feira mude de localización. Avila y La Cueva nos informa:
Haciase atiguamente en esta ciudad el mercado semanal de los jueves en la plazuela que está frente a la puerta principal de la Catedral, y como el sitio era muy reducido para poner tiendas, vender y comprar todas las especies que concurrían al mercado, y con este motivo se ocupaba toda a calle sin dejar sitio para transitar la gente, caballerizas y carros; y llegaban los concurrentes hasta ocupar todo el pórtico de la Catedral y Palacios Episcopales con gran irreverencia del templo, hallandose los asistentes  sumamente oprimidos en tan pequeño espacio mandó la Justicia y Ayuntamiento en 3 de junio que de aquí en adelante se trasladase el mercado a la calle de la Corredera donde se celebravan las ferias anuales de los días de San Pedro Telmo y apostoles San Bartolomé y San Andrés.

Pero o mercado, e non digamos as feiras, ocupaban un espazo máis amplo á propia Corredeira daquel tempo (moito máis reducida que na actualidade) e así hai diversas referencias ao longo dos anos á especialización dalgunhas rúas e prazas. Así na Praza de San Fernando se vendían as sementes, na actual rúa Ordoñez (xunto á Praza da Verdura) vendíanse os coellos, a leña, o leite, etc.

Cando escribe a súa “Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado” Francisco Avila y La Cueva, que conclúe arredor de 1852, sinala o seguinte:
Desfruta esta ciudad de un mercado principal todos lo jueves del año muy concurrido y provisto de todo, y otro menor los domingos: feria mensual el día 4; y anuales en el del Apostol San Bartolomé, 24 de agosto, y en el de San Pedro Telmo que es en el lunes siguiente al domingo de Cuasimodo: y poco ha también tenía en el día de San Andrés Apostol, 30 de noviembre.

O mercado semanal tudense acada tamén os 387 anos de existencia e 340 anos de celebración os xoves e tamén unha localización no Paseo da Corredoira que chega ata os nosos días logo de 326 anos de continuidade, aínda que, actualmente, ampliando a súa área a outras rúas da cidade, primeiro adxacentes e na actualidade ás denominadas “rúas novas”. Como no caso das feiras unha tradición histórica de longo percorrido no tempo.

Amais da regulación do mercado e feiras, o Concello tamén tiña o control da venda de carne, especialmente das pesas e medidas coas que se cobraba aos clientes e da salubridade da carne en venda. No ano 1669 o Concello acorda na sesión do 23 de febreiro a reedificación das Casas Consistoriais pois naquel inverno houbera un derrube nas mesmas pois eran antiguas y viejas. Nos baixos estaba localizada a Carnicería da cidade pero debido a la mucha indencencia da mesma deciden o seu traslado extramuros da cidade. Así se constrúen neste momento onda a Porta da Pía, en dirección á Porta das Trabancas, a Praza da Verdura e no outro lado, a Praza do Peixe.

No ano 1813 se acorda realizar unha nova Praza do Comestible; para este obra, como sinala Suso Vila, tiñase que derrubar a Torre das Estrabancas (que tiña pranta pentagonal) que obstruía á rúa, reedificouse ese tramo de muralla, colocándose á súa beira os cubertos para a venda. Estaba formada por piares de canto biselado que sostiñan as trabes de castiñeiro para o tellado. Rematouse de facer esta obra en 1824 pois como sinala Avila y La Cueva houbo falta de medios para llebar adelante la obra.


A reedificación deste tramo da muralla medieval (hoxe rúa Ordoñez) foi adxudicada no ano 1823 polo Concello aos mestres de cantería Juan Francisco Alonso y José Areal, veciños de Pazos de Reis, conxuntamente con Francisco Fernández e Benito Alonso, veciños de Rebordáns, na cantidade de 5.800 reais. Tamén foi preciso acometer unha intervención na Porta da Pía coa supresión do baluarte existente nese lugar e incluso coa transformación da propia Porta realzando o seu arco de entrada, de seguro de demasiado baixo para o paso dalgún transporte. Esta obra foi realizada por Francisco Fernández de Rebordáns por 16.000 reais aboables en tres prazos.


Esta praza, posteriormente denominada Paza da Verdura ao reunirse nela os días de mercado os vendedores de produtos do campo, foi derrubada nos anos setenta do pasado século, perdéndose un obra de arquitectura urbana de grande interese patrimonial. Na actualidade no seu lugar hai unha zona de aparcamento e o monumento ao arcebispo Manuel Lago, obra do escultor Xoán Piñeiro.


No plano da cidade de 1856 de Francisco Coello figura xa sinalado o campo da feira xunto ao cemiterio municipal, creado no ano 1833, dedicado basicamente ao gando vacún. Nun espazo que debía ser amplo, pois no ano 1876 ao realizarse a estrada de Baiona (actual rúa González Besada) a obra obriga a desprazar as feiras mensuais de cabalos e gando vacún.


Ambos equipamentos, a nova Praza de Abastos e o Campo da Feira, se constrúen sobre o espazo do foso do sistema amurallado tudense do século XVII que ao derrubar as murallas é utilizado para estes novos espazos públicos.


No ano 1894 diante da necesidade de atopar un novo lugar para o desenvolvemento das feiras e maçercados o Concello acorda abrir un expediente para realizar un proxecto de traslado do lugar do mercado para os chamados xardíns da “Media Luna” hoxe tamén coñecidos como Xardíns de Rosendo Troncoso, en lembranza deste entusiasta tudense fundador da Liga dos Amigos de Tui nos anos trinta do pasado século. O proxecto nunca foi realizado.

Pero os mercados especializados se distribuían polo entramado urbano tudense. O xornal tudense “El Eco del Miño” no seu número de 26 de xuño de 1880 informa que los tratantes de huevos de la villa del Porriño que acostumbran venir a los mercados de esta ciudad tienen generalmente por teatro de sus negocios la calle del Piñeiro. No exemplar de 4 de setembro do mesmo anos informa que se acordó trasladar el mercado de los cerdos a la plazuela de los castaños, que limita con las huertas de los señores Amoedo, viuda de Marquina, y Martínez.  Posteriormente en 1885 este mercado dos porcos se sitúa xa no Campo da Feira (na actual Praza de Galicia).

Na mesma liña, o Pleno da Corporación Municipal acorda no ano 1915 que continúe na rúa Elduayen (Corredoira) á venda de legumes e outros artigos, e a venda de aves cambiase da Glorieta á praza do Cantón de Diomedes.


O proceso de modernización dos equipamentos urbanos tudense, conleva que nas primeiras décadas do século XX, no cantón entre a rúa Augusto González Besada (daquela Colón) e Leopoldo Martínez Padín se constrúa unha Praza de Abastos, realizada coa estética funcionalista propia daquel momento, con muros de pilastras todo arredor e no interior, unha estrutura de ferro e  longos mostradores de pedra.


No ano 1911 o Concello aproba o proxecto desta Praza de Abastos redactado por Bonifacio Menéndez Conde y Riego, comandante enxeñeiro militar con destino en Tui dende 1901, este retomara un  proxecto iniciado polo tamén capitán de enxeñeiros Enrique Cánovas Lacruz que non completou ao ser destinado a Gudalajara. Pero o comandante Menéndez-Conde solicita ao concello o nomeamento dun arquitecto para completar o proxecto, sendo designado José Franco Montes que realiza o proxecto final. Franco Montes era arquitecto municipal en Vigo con numerosas obras na cidade olívica e no sur da provincia de Pontevedra, ao que contribuíu o seu nomeamento como arquitecto da diocese tudense en 1916. O contratista encargado da obra será Emilio Cortegoso.


O deterioro da Praza logo de varias décadas levan a que o Concello de Tui no ano 1936 acordouse sacar a subasta o proxecto dunha nova Praza de Abastos realizado polo arquitecto Juan Argentí Navajas, con data 10 de setembro de 1935; unha obra que conta coa subvención pola Junta Nacional del Paro Obrero.  Obras que continúan e amplían no ano 1937. Juan Argentí, arquitecto madrileño afincado en Pontevedra e autor de numerosas obras, realiza un deseño de arquitectura do ferro de gran interese. O contratista será Serafín Fernández, logo fusilado polas forzas franquistas en outubro de 1936.


No ano 1969 se aprobaron e adxudicaron as obras do novo Mercado de Abastos, na rúa Alcalde Casal Aboy, á empresa “Construcciones Emilio Suárez” por un importe de 10.977.177 pesetas das que 7.684.024 pesetas serían de achega municipal e o restante por unha subvención estatal, comezando o seu funcionamento no ano 1972, ata o ano 2005 e que foi trasladada a súa actual localización na zona da Lagoa.
ais
Foi derrubada no ano 1972 cando se acordou a construción dunha nova Praza na rúa Alcalde Casal Aboy (daquela Chau-Chau) dado o seu estado ruinoso. Os terreos foron obxecto dunha urbanización especulativa carente de racionalidade e estética, con edificios de ata oito alturas que racharon co equilibro urbanístico desta zona da nosa cidade.


Sirvan estas liñas como referencia á continuidade secular que feiras e mercados teñen na nosa cidade e que supuxeron e supoñen unha das principais funcións do núcleo urbano tudense ao longo do tempo.

Nova desidia co patrimonio tudense: Os materiais históricos do Viveiro Forestal de Areas son retirados do noso municipio

$
0
0


A través da prensa teño seguido, nos últimos anos, o litixio xudicial emprendido pola Comunidade de Montes en Man Común de Areas para a recuperación da titularidade do monte “Seixos Albos” quen ten desembocado nunha sentenza que anula a cesión realizada no ano 1926 polo Concello de Tui ao Estado desde monte para o funcionamento do Viveiro Forestal de Areas.



Aínda que o viveiro, promovido polo enxeñeiro tudense Rafael Areses Vidal, estaba xa en funcionamento dende o ano 1906, será o 16 de maio de 1926 cando o Pleno da Corporación Municipal acorde á cesión ao Estado destes terreos teniendo en cuenta la grandisima importancia que para la región gallega y, especialmente, para este municipio, tiene la conservación y mejora de dicho vivero, a propuesta del Sr. Alcalde, se acuerda por unanimidad, prestar mayor el apoyo para que el Vivero de Areas alcance el grado de desarrollo que exigue el cultivo del arbol y la repoblación de los montes. (...) acuerda además, ya que su situacion económica no le permite por hoy prestar un auxilio más eficaz, ceder al Estado el terreno que hoy ocupa el mencionado Vivero forestal y una superficie más de dieciseis hectáreas en los montes "Seixos Albos" número quinientos treinta y dos bis del catálogo y "Montiño" número ochocientos treinta y cinco de la relación de Hacienda, pertenecientes a la parroquia de Areas.


Nun post publicado no ano 2008 neste mesmo blog dedicado ao Viveiro de Areas comentaba que  foi aló polo 1906 cando Rafael Areses Vidal encetou esta obra, o Viveiro forestal, destiñado a fornecer arbores para a repoboación dos nosos montes e en especial do Aloia. Rafael Areses nacera en Tui en 1878, ingresando no Corpo de Enxeñeiros de Montes no ano 1902, a súa preocupación pola reforestación dos nosos montes levouno a promover, como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-Coruña, a repoboación do Monte Aloia, creando o Viveiro Forestal de Areas, no monte de Seixos Albos, o primeiro das súas características de Galicia. En 1909 encetou as primeiras prantacións oficiais en Oia, Tui, A Guarda (no monte de Santa Tegra), Baiona ou Ponteareas contando cunha importante oposición veciñal pois os campesiños veían recortadas as zonas dedicadas ao pasto, pero os subministros dende este viveiro forestal de Areas impulsaron a estensión dos piñeiros polos montes de Galicia.

Rafael Areses, fotografia de G. Gutierrez en "Vida Gallega"

En 1917  Areses foi trasladado ao Distrito de Ourense-Lugo e continuou o seu labor de promoción da repoboación, creou viveiros, casas forestais, etc. Logo da Guerra Civil ocupou diversos cargos en Madrid e Valencia e no 1945 foi nomeado Presidente de Sección do Consejo Superior de Montes. Finou no ano 1953.

Rafael Areses salientou polo seu compromiso polo estudio e divulgación da riqueza forestal de Galicia, promoveu as repoboacións en base ás especies de crecemento rápido e turnos de corta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros. Pero a súa concepción dun monte que ofrece un espazo de disfrute público vencellado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostenibilidade

Neste Viveiro de Areas o enxeñeiro Areses levou adiante outra empresa hoxe esquecida polos tudenses: un museo sobre a nosa cultura agrícola e forestal, pois o enxeñeiro tudense salientaba polo seu carácter pedagóxico e divulgador. Neste marco de difusión científica impulsa a creación no recinto forestal de Areas dun museo forestal, un museo relacionado co mundo das arbores, da madeira, da economía e da vida no ámbito rural.

Imaxes do Museo Forestal de Areas

Poden os interesados acceder a este post no seguinte enlace: http://tudensia.blogspot.com/2008/09/o-museo-forestal-de-areas.html

O Viveiro Forestal de Areas pasou no ano 1983 co traspaso de competencias en materia de agricultura á Xunta de Galicia que dende aquela xestionaba este recinto. No mesmo se conservan tanto as antigas dependencias de traballo como o edificio principal, no que a Consellería de Medio Rural instalará, no seu momento, un Aula Forestal que ofrecía un achegamento didáctico ao monte de Galicia e onde se conservaban elementos e materiais do Museo Forestal creado por Rafael Areses como era a súa colección de sementes e diverso instrumental de serra. Un espazo singular bastante descoñecido polos propios tudenses, pero que enriquecía a oferta sociocultural tudense e apostaba pola educación medioambiental.


Colección de sementes de R, Areses exposta ata agora na Aula Forestal de Areas

Tras a sentenza firme que devolve este monte á CMMC de Areas, abriuse un período de negociación entre esta entidade e a Consellería de Medio Rural sen que ao parecer se teña chegado a un acordo e consecuentemente estes días está a ser desaloxado o edificio do Viveiro e a Aula Forestal existente levando lonxe de Tui o material alí conservado, tamén os materiais históricos procedentes do antigo Museo Forestal de Areas creado por Areses.

Nunha nova ocasión lamentablemente os tudenses temos que contemplar como un material de grande interese histórico para a memoria local como é o conservado no Viveiro de Areas é levado fóra da nosa cidade, descontextualizado do seu lugar, perdendo o noso municipio un testemuño da súa historia contemporánea. Resulta decepcionante que ninguén teña adoptado as medidas oportunas para evitar este desleixo que priva a Tui deste importante recurso histórico.

Cómpre ademais que a Comunidade de Montes en Man Común de Areas, como titulares deste Viveiro, garanta a conservación destas instalacións que testemuñan o labor desenvolvido por Rafael Areses Vidal que fixo de Tui nas primeira décadas do século XX un lugar pioneiro na conciencia medioambiental e na protección do monte e os seus recursos.


Dende este blogue reclamamos das entidades directamente implicadas e mesmo do Concello de Tui, que xa está sensibilizado ao respecto, que adopten as medidas oportunas para a conservación e posta en valor deste conxunto patrimonial que conforma o Viveiro Forestal de Areas con máis dun século de traxectoria e actividade, asi como a permanencia en Tui do material histórico ali conservado e cuxa desaparición suporía una novo exemplo de incuria e desidia sobre o amplo conxunto patrimonial tudense que non se cingue exclusivamente ao casco histórico e a Catedral senón que posúe fitos senlleiros como este Viveiro Forestal de Areas e os materias do antigo Museo Forestal de Rafael Areses, que reclaman tamén a nosa atención

O sistema amurallado tudense (e III)

$
0
0


Logo da época abondosa en episodios bélicos que foi a Idade Media na cidade tudense, coa chegada dos Reis Católicos ábrese unha época de estabilidade na vida de Tui que posibilita o seu desenvolvemento urbano. A monarquía dos Austrias impulsará un traballo de mellora dos sistemas defensivos do reino, encargando inspeccións aos enxeñeiros militares, realizando planos do estado da muralla e o deseño de novos elementos defensivos que solucionen a práctica indefensión da cidade que conta cun sistema amurallado basicamente de época medieval e que non responde aos novos métodos militares no caso dun ataque.

O feito referencial é a unión dinástica dos reinos de Castilla e Portugal na persoa de Felipe II en 1580 ata o reinado de Felipe IV en 1640, cando se inicia a guerra da “Restauraçao” promovida pola nobreza portuguesa que finalizará en 1668. A declaración de independencia de 1640 supón o inicio das hostilidades e Tui, pola súa posición estratéxica, sufrirá dende primeira hora as consecuencias do conflito. Por conseguinte, resulta máis urxente proceder a unha remodelación e modernización do sistema defensivo da cidade que se adapte ás novas necesidades da guerra procurando transformar a Tui nunha praza fortificada segundo os tratados de arquitectura militar moderna.

Así haberá diversos proxectos de fortificación da cidade ao longo dos séculos XVII e XVIII co trazado de novas plantas e alzados que non chegaron nunca a realizarse. Cabe citar os seguintes informes ou propostas:
- Juan Bautista Antonelli, enxeñeiro italiano ao servizo do rei de España, avalía en torno a 1579 o estado das defensas na fronteira con Portugal.
- No ano 1644 o Capitán Xeral de Galicia, Marqués de Távara, encarga ao enxeñeiro militar, capitán Juan de Villarroel e Prado, unha descrición do estado da fortificación tudense logo do inicio da guerra con Portugal: es notorio estar en un alto a tiro de cañón de Valencia, su forma es albal u en círculo de mala forma para la parte de tierra que tiene cinco torres de treinta pies en cuadro, sesenta de alto, no se puede pelear muy bien desde la muralla.

O mesmo Villarroel elabora o proxecto de ampliación e mellora do sistema abaluartado tudense con catro novos baluartes: na Praza do Arco, na Corredoira, en Río Muíños, e outro entre este lugar e a porta do Carballo, cun orzamento que acada os 4.000 reais. Ao ano seguinte, 1645, se lle asignan 3.636 escudos para a construción dos tres baluartes e o arranxo da media lúa que existía diante da Porta do Carballo. Esta media lúa (ou luneta é un bastión illado  de forma semicircular situado diante dunha cortina ou entrada da muralla para dividir a forza atacante, se este bastión ten forma triangular recibe o nome de revellín) fora realizada recentemente por orde do Gobernador de Galicia, Martín de Redín y Cruzat. Este rápido deterioro evidencia a escasa calidade destes baluartes feitos de terra.

No reinado de Felipe IV (1621-1649) o investimento realizado alcanzou os 40.000 ducados e o historiador Benito VIcetto sinala que la ciudad de Tui se ha fortificado todo a lo moderno y se hizo un fuerte real en la Corredera, capaz de 400 hombres con todas sus fortificaciones.

Unha nova etapa ábrese co Marqués de Buscayolo, Capitán Xeneral de Galicia, que no ano 1663 propón rodear o perímetro da muralla medieval con baluartes modernos, establecendo un recinto fortificado que abranguese o convento franciscano de San Antonio, pero deixando fóra ao convento de San Domingos e mesmo recomendando o seu derribo. Pero esta medida atopara a oposición do seu predecesor, o arcebispo de Santiago, Martín de Redín y Cruzat que consegue que o perímetro amurallado comprenda tamén este arrabalde de San Domingos, engadindo un novo baluarte. Desta forma a fortificación tudense convértese nunha praza de grandes dimensións pero que require un importante continxente de persoal militar para a súa protección.  Nese mesmo ano sabemos, por unha carta do Prior dos Dominicos ao Rei, que no mes de xuño estaban reparando os parapetos, instalando nos cubos artillería, creando nas portas principais dúas medias lúas para incrementar a defensa da praza forte.


Primeiro proxecto do marqués de Buscayolo 1663


Segundo proxecto do Marqués de Buscayolo, 1663

Da muralla tudense no ano 1669 temos unha imaxe realizada por Pier María Baldi, debuxante que acompañaba ao Conde Cosme de Médicis na súa peregrinación a Santiago de Compostela e que pasa pola nosa cidade nese ano deixando un debuxo dende Portugal que ilustra o sistema fortificado tudense.



Sen embargo, non debeu completarse o proxecto pois no ano 1670 o Conde de Humanes presenta un proxecto coa pretensión de definitivo, que tamén consistía nunha fortificación que rodeaba a muralla medieval comprendendo os conventos de San Antonio e San Domingos. Pero a inicios do século XVIII unicamente tiñan comezado as cimentacións de varios tramos.


Proxecto do conde de Humanes, 1670

En 1706 o gobernador da cidade de Tui, D. Francisco Antonio Maestrenuncio, alerta ao Rei das deficientes condicións da defensa de Tui e do perigo diante de posibles ataques dende Valença pois por todas partes se puede entrar en ell y ser las fortificaciones Exteriores de tierra y casi sin foso de lo llano que está y sin estrada cubierta y el casco de la ciudad solo tiene huna simple falsabraga alrededor de huna muralla antigua sin tener esta terraplén por estar pegado a dicha muralla.

O último e definitivo proxecto corresponde ao enxeñeiro militar Juan de La Ferriere y Valentín, destinado a Galicia en 1731 centrando a súa actividade na zona de Ferrol ata que en 1733 se lle encarga organizar o sistema de defensa da cidade de Tui. Asume os proxectos anteriores e introduce como novidade tres estreitos baluartes na zona que da ao río. Elabora un proxecto moi completo e definido, que pese a non completarse na súa integridade podemos afirmar que é o que conforma en boa medida a fortificación tudense do século XVIII.



En 1735 xunto con outro enxeñeiro, Fulgencio Ximenez, reformulan a proposta dos anos anteriores introducindo a creación do baluarte de San Francisco, para substituír ao medio baluarte anterior denominado “del fuerte”.


Proxecto de La Ferriere y Valentín de 1735

No século XVIII Tui estivo a piques dunha invasión portuguesa en 1730 no decurso da Guerra de Sucesión española e outra en 1750 nun pretendido acordo de permuta de territorios entre España e Portugal. Tamén en 1735, con motivo do enfrontamento con Inglaterra e con Portugal se procede a unha ordenación dos sistemas amurallados e para elo, segundo Francisco Llobet, se escarparon os terrapléns e os baluartes foron revestidos naquelas partes onde o terreo era mais frouxo e coroando a obra cunha empalizada.

Non entraremos agora na evolución dos equipamentos públicos que implica a ampliación do perímetro amurallado tudense ao longo dos séculos XVII e XVIII: almacén de pólvora (na Porta Nova que substitúe á Porta Bergá medieval), refinador de pólvora (no baluarte de San Francisco), almacén xeral de pertrechos (na Praza da Catedral), Hospital do Rei (que se despraza de lugar na Corredoira, instalándose agora na zona da actual rúa Ordoñez) e o cuartel de cabalería (que ocupa o anterior lugar do Hospital).

En definitiva, o sistema abaluartado da cidade de Tui foi recollendo estas aportacións pero é debedor especialmente do deseño do enxeñeiro militar Juan de La Ferriere y Valentín, aínda que os diversos proxectos se interferiron mutuamente.

A fortificación finalmente engloba ao recinto amurallado de época medieval así como aos arrabaldes de San Domingos e San Francisco. Está realizado con muros de terra e empalizada, aínda que con diversos tramos de mampostería, con grandes perpiaños graníticos. A súa configuración é irregular, cun tramo alongado na fachada contra o río Miño onde contaba con dous semibaluartes, catro baluartes (del Olmo, San Telmo, San Francisco e San Domingos), un revellín diante da porta de San Domingos e un foxo que rodeaba a todo o conxunto. Podemos engadirlle a falsa braga, do século XV que cinguía a muralla medieval, e o sistema defensivo da Porta do Carballo. Podemos visualizalo no plano de Miguel de Hermosilla de 1777 e noutro datado en 1800.


Plano de Miguel de Hermosilla, 1777


Plano do ano 1800

Abordaremos, de seguido, unha pequena descrición dos diversos tramos desta muralla e as pegadas que conservamos na actualidade.
Comezamos na parte suroeste, coa Porta do Carballo, onde á construción medieval se lle adosa un ángulo saínte para unha mellor protección desta entrada da cidade, realizado en muros de mampostería de gran tamaño con ángulos en perpiaños. Aínda que con algunha modificación segue visible na actualidade na rúa Piñeiro. Nos socalcos existentes perpendiculares á rúa Martínez Padín, se conservan restos tanto da muralla medieval, como da falsa braga como dos reforzos de época moderna.





O seguinte baluarte, cara ao Oeste, era o baluarte do Olmo, que defendía a porta que comunicaba co arrabalde de Riomuiños e o camiño a Baiona. Este baluarte que podemos coñecer a través das fotografías (como a que acompaña a este texto) foi desmantelado a principios dos anos oitenta do pasado século para a construción dun edificio e aparcamento anexo. Foi unha gran desfeita e aínda hoxe este lugar reclama unha actuación que arranxe aquel atentado ao noso patrimonio.


Neste espazo urbano lembramos a existencia da rúa Foxo que testemuña a funcionalidade deste enclave no sistema defensivo da cidade. Continuando cara ao Norte estaba o baluarte de San Telmo, tamén hoxe desaparecido. Foi desmontado a finais do século XIX para a apertura das rúas Martínez Padín e Colón (que daquela chega ata a Corredoira) e para a construción da nova Praza de Abastos da cidade.

Para a defensa e protección do casarío desta zona foi igualmente construído, no norte da cidade, o baluarte de San Francisco. Coincide a súa localización cos actuais muros exteriores do Cuartel da Garda Civil (entre as rúas Calvo Sotelo e Betanzos); o aliñamento da súa cara Norte nesta rúa Betanzos e o ángulo que forma coa parte traseira do monumento a Calvo Sotelo coinciden cos planos do século XVIII.




O seguinte baluarte é o baluarte de San Domingos (hoxe xardíns de Troncoso) que defendía a porta homónima e que se conserva integramente, construído en terra e posiblemente no seu momento con empalizadas. Igualmente se conserva todo o tramo de muralla entre os arredores do baluarte de San Francisco ata a antiga horta do convento de San Domingos (hoxe Alameda) no que se coñece popularmente como paseo dos xardíns ou co nome oficial de Paseo Familia Álvarez Blázquez. Esta amplo tramo de muralla de terra conforma un espazo de grande interese patrimonial pois xunto ao testemuño do seu carácter defensivo está o posterior uso público como espazo de lecer cidadán, realizado en torno á metade do século XIX, e que respectou a fisionomía deste enclave que ten chegado ata nós en excepcionais condicións de conservación. Poucos lugares hai en Galicia que conserven un tramo tan amplo do seu sistema abaluartado. Curiosamente para a maioría dos nosos veciños esta referencia histórica e patrimonial é inexistente. Existiría fronte a porta de San Domingos, no inicio da actual rúa Cóengo Valiño e hoxe non conservada, un revellín para a defensa desta porta, desmontado na segunda metade do século XIX.


Na zona da Alameda se conserva tamén un medio baluarte que pecha este arrabalde de San Domingos. A traza defensiva continúa pola beira do Miño aproveitando a disposición do terreo e a muralla medieval. Neste espazo existe outro baluarte, construído en perpiaño e deficientemente conservado, que é o coñecido como baluarte do Diaño. Hoxe podemos ollalo dende o paseo fluvial, cando este espazo está limpo.


Baluarte do Diaño, agosto 2011


 Baluarte do Diaño, setembro 2019


Finalmente a fortificación tudense neste espazo fronte ao Miño remata cun baluarte ao sur, tamén construído en terra e posiblemente empalizadas, e conservado no solar do Teatro Principal.


Rematamos esta visión cunha valoración do conxunto fortificado tudense que tomamos do proxecto Cadivafor (Catalogación, Digitalización y Valoración de las fortalezas defensiva de la frontera Galicia Norte de Portugal, 2008):

Aunque en general la visión del conjunto fortificado está desvirtuado por el crecimiento urbano de la ciudad, permanecen vestigios de entidad bien por que se conserven, como es el caso de la franja comprendida entre el semibaluarte del río y el de San Francisco, del que se conserva buena parte, asi como parcialmente en el caso del baluarte del Olmo y la totalidad de la basterias de la puerta del Carballo. Por otro lado, en aquella partes donde no es visible su traza ha condicionado el desarrollo urbano, tanto en el que se refiere a la disposición de las calles como a la parcelación de los solares. Un ejemplo de ello sería la calle Foxo, que coincide con el adarve de la cortina existente entre el baluarte del Olmo y el baluarte de San Telmo. La forticación condiciona también el desarrollo urbano y de manera específica los accesos a la actual ciudad que coinciden exactamente con las puertas originales, lo que se puede constatar en el caso de a calle Canónigo Valiño, Paseo de Calvo Sotelo, calle Ordoñez y calle Piñeiro. El trazado de algunas de las calles principales , como es el caso de la calle Martínez Padín, se adapta al perímetro fortificado coincidiendo en este caso su primer tramo con el foso exterior.


Plano de Tui en 1856 de Francisco Coello




Tomados de https://docplayer.es/46784127-Transformacion-morfologica-del-espacio-urbano-de-tui.html
(En verde recinto amurallado medieval e liña vermella trazo da muralla moderna)
Este sistema fortificado tudense incrementa ao seu valor histórico e patrimonial ao ser considerado dentro do conxunto de fortalezas militares existentes na raia entre Galicia e Portugal que conforman un destacado conxunto de arquitectura militar, que aínda podemos contemplar en numerosos enclaves ao longo das ribeiras do Miño, construído ou reforzado con motivo do conflito hispano-luso do século XVII e tras a paz de Lisboa para garantir a defensa do territorio. Tui como capital da provincia era o lugar de residencia do gobernador militar e tiña un papel de centro reitor, de carácter estratéxico, administrativo e loxístico.

En definitiva, aínda son numerosas as pegadas do sistema fortificado tudense na nosa cidade; un acervo patrimonial que reclama unha posta en valor que permita recoñecelo sobre a propia trama urbana e un proxecto integral de conservación e rehabilitación, especialmente urxente en lugares como o baluarte do Diaño. Conservar e “visibilizar” as estruturas defensivas, tanto de época medieval como moderna, incrementa o valor patrimonial da nosa cidade e as súas potencialidades culturais e turísticas.


O Bombeiros Voluntarios de Tui

$
0
0
Ao longo deste ano 2019 os Bombeiros Voluntarios de Valença celebran o centenario da súa creación e o Concello de Tui, xunto ao Confraría de San Telmo, se teñen sumado a esta efeméride con senllos actos de recoñecemento o pasado novembro.

Casco dos "Bombeiros de Tui" no Museo do Bombeiro de Valença

Os bombeiros valencianos están intimamente ligados á memoria colectiva dos tudenses que atoparon sempre neste corpo o auxilio preciso, superando as fronteiras administrativas e patentizando a perenne interrelación que existe entre valencianos e tudenses. Xa no ano 1934 a Liga de Amigos de Tui, que impulsaba Rosendo Troncoso, homenaxeou aos bombeiros de Valença polos “abnegados” servizos prestados. Trinta anos despois, en 1964, a homenaxe é máis ampla ao proceder dos concellos de Tui, O Porriño, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal que xuntamente coas cidades de Vigo e Pontevedra expresan a súa gratitude e admiración polos altruístas bombeiros de Valença.

Finalmente en 1990 o Pleno da Corporación Municipal tudense acordou nomealos como “Fillos adoptivos” de Tui e concederlles a medalla de ouro da cidade, as dúas máis altas distincións que pode conceder o Concello. Un recoñecemento novamente expresado, hai escasos días, coa entrega dunha gravata de honra á Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença.

Entrega da gravata de honra do Concello ao Bombeiros 
Voluntarios de Valença, 23.11.2019

Non é propósito deste post detallar as innumerables actuacións que ao longo deste século teñen protagonizado os bombeiros valencianos en Tui e a súa contorna, salvando tantas vidas e protexendo tantos bens e propiedades. Incendios de grandes dimensións como o da fábrica de pneumáticos Cam-Fran ou da casa consistorial de Porriño, ambos en 1976, fican sempre na memoria de todos nós, pero tamén múltiples lumes en vivendas onde a sirena dos bombeiros valencianos era a esperanza de evitar maiores desgrazas, pois ata 2007 os únicos corpos de bombeiros que existían eran os de Valença e de Vigo. Neste ano comeza o funcionamento o Parque Comarcal existente no polígono das Gándaras que da servizo a toda a comarca da Louriña, Condado e Baixo Miño.

Incendio de Cam-fran en 1976

Tamén a cidade de Tui contou cun corpo de Bombeiros Voluntarios impulsado por unha sociedade creada no ano 1904 e que durante varias décadas desenvolveu unha altruísta misión de protección civil aos cidadáns tudenses.

Ata daquela existía xa un pequeno corpo de bombeiros promovido polo concello tudense que, por exemplo, en 1892 estaba integrado por catro persoas. Con motivo do pasamento dun deles, José Novás, o Concello requírelle aos outros tres (Antonio Coto de San Bartolomeu, Diego Míguez de Randufe e Agustín Estevez de Pazos de Reis) que residan “dentro de la ciudad (...) por que a la distancia a que se hallaban no era posible acudir con la rapidez necesaria a prestar los primeros auxilios en cualquier caso de desgraciado”. Ao non aceptar esta esixencia municipal foron substituídos por residente na cidade: Balbino González, latoeiro residente na rúa San Telmo, Manuel González tamén latoeiro, Juan Antonio Crespo, “licenciado del Cuerpo de Infanteria de Marina, con instrucción y de oficio zapatero”, e o tamén zapateiro, Enrique Alonso Varela. Este Corpo de Bombeiros vai ter sempre dificultades pois as arcas municipais tudenses nunca estiveron sobradas de recursos senón moi habitualmente todo contrario, e cobraran unha gratificación polos servizos que prestaban complementando así os seus ingresos.



En agosto de 1904 crease unha Sociedad de Bomberos Voluntarios impulsada polo avogado tudense Manuel Pino Sánchez, xunto co industrial Venancio Lorenzo Álvarez amais de Prudencio González Martínez, Isolino Fernández, Laureno Alfaya, Antonio Rodríguez, Raimundo Barreira e P. Álvarez. Todos eles asinan un escrito ao Concello comunicando a creación da Sociedade, expresando a súa preocupación polo abandono en que tan importante servicio se haya hoy e solicitan a cesión do material de incendios que posuía o municipio e unha subvención para o seu funcionamento que pueda detraerse ya de lo consignado actualmente en presupuestos para sueldo y material del Cuerpo Municipal de Bomberos.  A sede desta Sociedade está na rúa Colón 8 (na actual rúa Augusto González Besada, pois daquela a rúa Colón chegaba ata a Corredoira ou Paseo de Elduayen).

Venancio Lorenzo Álvarez

No seu regulamento esta Sociedade está integrada por:
-     - Socios honorarios
-    - Accionistas, propietarios de accións desta Sociedade e que pagarán unha cota mensual de cincuenta céntimos.
-     - De número, cunha cota de entrada de cinco pesetas e a mensual de cincuenta céntimos
-    - Obreiros, serán os que se inscriban como voluntarios, e terán opción de pagar ou non a referida cota, pero terán a consideración de socios de número.
-     - Eventuais, residentes temporais na cidades que satisfagan a cota mensual.

Conservase no Arquivo Municipal tudense un borrador de Regulamento deste Corpo de Bombeiros Voluntarios que establece unha estrutura organizativa integrada por dúas seccións con igual número membros cada unha: un servizo de altura e un servizo de rúa. Haberá un xefe, a quen corresponde a dirección general de todo el servicio. Na súa ausencia o substituirá un subxefe. Haberá como persoal práctico un maquinista e un axudante de maquinista, un boquillero e un axudante, tres cabos e dous cornetas.

Igualmente está prevista a existencia dun conserxe encargado da vixianza e aseo de todo o material el cual habitará permanentemente en el local, disfrutará la gratificación que se acuerde en Junta General

O mesmo regulamento establece que todos los cargos de este cuerpo serán honorarios y solo tendrán derecho de los individuos que le forman a los premios o mercedes (...) habrá premios de pronta comparecencia para los que sean primeros en presentarse en el local de la sociedad en caso de incendio. Estos premios consistirán en dinero y mención honorífica. Se abonarán en la medida de las fuerzas de la Sociedad las horas de trabajo que de día empleen en la extinción de los incendios, los hombres que sean obreros, siempre que los maestros llegasen a hacerle algún descuento.

Unha das principais misións encomendas a este Corpo de Bombeiros Voluntarios figura tamén no devandito regulamento: Asistirán al teatro siempre que haya espectáculo seis bomberos incluso un cabo o sustituto en previsión de caso de incendio, esos bomberos serán designados en turno riguroso por el jefe, el cual les facilitará un pase autorizado por el secretario, que llevará nota del turno.

Coñecemos os nomes dos responsables do servizo
Jefe: D. Juan Cachafeiro
Maquinista: D. Laureano Alfaya
2º maquinista: D. Raimundo Barreira
Boquillero: D. Isolino Fernández
2º boquillero: D. Antonio Rodríguez
Cabos: José Martínez Alfaya, José Novoa e Benjamín Alonso.
Cornetas: Jesús Vega, Prudencio F. Martínez e Rodolfo González

Na sesión de 1 de agosto de 1904 o Pleno do Concello toma en consideración a solicitude da referida comisión organizadora do Corpo de Bombeiros Voluntarios, que solicitan a cesión do material propiedade do Concello a cambio dos servizos gratuítos daquel agrupación, pasando o tema a estudo da Comisión de incendios do Concello.  Na seguinte sesión do Pleno de 8 de agosto se establecen os términos da cesión que logo referiremos. Na sesión de 29 de agosto a Comisión de Incendios presenta o seu informe positivo para a creación deste Corpo de Bombeiros e a entrega do material. Esta Comisión estaba integrada por Sabino Jurado, Juan González Martínez, Camilo Cela y Nicolás Míguez. Nesa mesmo sesión o alcalde propuso subvencionar a la expresada agrupación con lo consignado en el presupuesto para el que, desde luego, se reputaría disuelto el Cuerpo de bomberos del municipio, y al propio tiempo con el importe de lo que en inquilinato produgese el local en que actualmente se guarda el material.

Sabino Jurado

Entre a documentación conservada está o inventario do material que entrega o Concello de Tui aos responsables da Xunta Directiva interina desta Sociedade en setembro de 1904. Na correspondente acta se recollen diversas obrigas que establecen os responsables municipais:
-        - Conservar en perfecto estado o material entregado correndo a cargo da Sociedade o seu mantemento e conservación
-        - La Sociedad se proveerá del material faltoso, en relación al que precise y modernos adelantos; vien entendido que si la adquisición supone mayor gasto, a juicio del Ayuntamiento habrá de contribuir éste con la cantidad que acuerde
-          - O Concello reservase o dereito a retirar o material cando o estime oportuno
-         - Dereito do Alcalde ou o seu representante a intervir en todos os actos da Sociedade, o seu réxime interno e a inspección do material
-          - O Concello subvencionará á Sociedade coa achega que se acorde oportunamente

Aceptadas estas condicións se entrega o seguinte material:
-        Una bomba con una placa de latón, dos farolas para la misma, una cubierta de mahón
-        Un carro depósito para agua deteriorado
-        Un tercio de manga de lona de nueve metros; otro id. Id. muy viejo; otro id. id. de cuero de un metro cuarenta para extraer agua del depósito
-        Tres enchufes de latón con rosca y seis ligaduras para mangas
-        Nueve tercio de cuerda de cañamo de diez metros sesenta cada uno
-        Un porta boquillas, con dos boquillas de latón
-        Un porta mangas, dos llaves para tuercas y tres hachas deterioradas
-        Ocho cintos con chapa de latón y uno sin ella; doce cascos deteriorados; doce blusas de mahón id., doce perchas dobles de hierro y un caldero de hierro galvanizado

Carro de bombeiros, Museo Municipal de Ponteareas

Asinan esta cesión por parte municipal Manuel Fernández Valdés, primeiro tenente de alcalde, Sabino Jurado, terceiro tenente de alcalde e os concelleiros Juan González Martínez, Nicolás Míguez Salinas e Camilo Cela Fernández. Da outra parte os membros da Xunta Directiva: Manuel Pino, Raimundo Barracina, Laureano Alfaya, Aurelio Álvarez, Prudencio González Martínez e Luis (ilexible)

Manuel Fernández Valdés

Conservamos tamén a relación de socios de pago:
Socios de pago
Clases de socios
Sres D.

Manuel Pino Lomba
2
Rafael García
4
Ricardo Alfaya
3
Antonio  Guimaré García
3
José Marín

Laureano Marín
4
José Blanco
2
Venancio Lorenzo Álvarez
3
Pio Varela
3
Estanislao Ferreira
2
José Gándara Comesaña (hijo)
3
José Barros Villorado
3
Palatino Pereira
3
Cesar Blazquez Ballester
4
José Diz Jurado
3
Luis Iglesias Sanchez

José Cabo
4
Alejo Diz Jurado
4
Germán Padín Rodríguez
3
José Martínez
2
Manuel Bargiela Folgar
3
Manuel González Palacios
3
Prudencio Muñoz
3
Manuel Abella
3
Laureano Alfaya
3
Antonio Guimaré Arcos

Federico Blázquez
4
José Alonso Romero
4
Severo Pascual Balos
4
Juan Montes Freiria
2
Juan Antonio Crespo
4
José Poti
3
Fernando Pérez Hermida
2
Generosa Parada Vila
3
Darío Álvarez Limeses
3
Manuel Martínez Posse
3
José Mariana Barrenchea
3
Eloy Rodríguez Aneiros
3
Juan Areses Alonso
2
Manuel Fernández Montes
3
Juan Gamero
3
Juan Álvarez
3
Salvador Fernández
3

E igualmente a relación de Socios Voluntarios desta agrupación tudense:
Sres D
José García Piay
Antonio Rodríguez
Jesus A. Vega
Horacio Bastos Gomez
Prudencio G. Martínez
Aurelio Álvarez Vidal
Benjamín Alonso
Rodolfo González
Joaquín Álvarez
Raimundo Barreira
Maximino G. Martínez
José Romero
Ramón Álvarez
Manuel Arjona
José Vega
Jesús Estevez
Benito Domínguez
Antonio Alonso Varela
José Alonso Varela
Paulino González
Ángel Veleiro
Benito Varela
Laureano Alfaya
Manuel Piña
José Comesaña
José Rey
Enrique Rodríguez
José Martínez
Camilo Gómez

Este Corpo de Bombeiros Voluntarios seguía funcionando en 1928.  A súa principal dedicación era o denominado “servicio de teatros”, pois un retén de bombeiros, de tres persoas, asistía aos espectáculos no Teatro Principal ou noutros locais da cidade. Un servizo que facturaban ao Concello tudense, ao que tamén informaban das deficiencias do Teatro, daquela propiedade da empresa Fraga. Pero a situación desta agrupación era deficiente, así nun escrito 4 de marzo de 1928  manifestan: devido a la situación anormal que atraviesa la clase trabajadora y, en especial, los que constituyen este pequeño cuerpo de Bomberos a V. clamamos para pudiese de ser no eche en olbido lo que la Corporación anterior tenía destinado a este fin que es lo siguiente:
1.- Concedermos una pequeña gratificación mensual conforme el presupuesto acordado por la anterior Corporación
2.- Que la Comisión nombrada por ese Excmo Ayuntamiento se encargue de entre ellos nombrar un depositario (ó) contador para que desde hoy se encargue de recoger el dinero de los espectáculos públicos, como asi mismo hacer el reparto a fin de mes y no tan solo eso sino que este pequeño cuerpo pretende dar una serie de espectáculos con la protección de esa digna Corporación para ber de recaudar fondos para colocar la Bomba vieja (ó) sea la municipal en un chasis. O escrito está asinado por un representante da Comisión, Maximino Rezen, e os bombeiros Manuel Mendez, Emilio Moldes e Juan Yañez.

Descoñecemento cando os Bombeiros Voluntarios desaparecen na nosa cidade, pois nos anos corenta existía de novo un servizo municipal de bombeiros que chega ata os anos sesenta. Por exemplo en 1961 o xefe de bombeiros era José Alonso Rodríguez, enfermo crónico, e os bombeiros Laureano Moldes Freiria, Manuel Varela Pérez, Modesto Capón Rosés e Abilio Carballo Álvarez, todos con mais de 57 anos de idade o que imposibilitaba un correcto desempeño das súas funcións.

Con estas notas soltas que recollen diversas noticias ao longo do tempo documentamos a existencia na nosa cidade, en liña con moitas cidades da Península, dun corpo de Bombeiros Voluntarios nos primeiros anos do século XX amosando a vitalidade da sociedade tudense que foi capaz de soster durante varias décadas este servizo altruísta e xeneroso.

Reivindicación do boleardo de Nadal tudense

$
0
0
O tempo de Nadal, ao que nos achegamos, é un dos momentos máis representativos das tradicións, do acervo cultural que identifica a unha comunidade. As expresións que adoita este tempo se traducen na arte, nas devocións, na música, nas tradicións populares e tamén na gastronomía.


Gaiteiro de Guillarei, fotografia de F. Zagala, c. 1900. Arquivo Museo de Pontevedra

A modernidade e a pretendida globalización, que non deixa de ser unha uniformización, veñen provocando unha perda dos sinais identitarios que singularizan no tempo ás comunidades humanas. Un dos ámbitos onde máis evidente resulta este proceso é o Nadal, onde os costumes e tradicións locais sucumben fronte á presión dos mass-media e os seus intereses, tantas veces, exclusivamente comerciais.
Por eso recuperar a memoria daquelas costumes e tradicións máis que centenarias que identificaban estas festas do Nadal en Tui é tamén un xeito de reivindicar a nosa condición tudense, o noso xeito de vivir e celebrarmonos estas festas. Nestes tempos de intercomunicación planetaria, recuperar a identidade local, os nosos sinais propios é un xeito de afirmármonos, de recuperar un orgullo de seu.
Achego de seguido un artigo do investigador tudense Manuel Fernández Valdés publicado no ano 1960 no que describe as tradicións do Nadal tudense que, xa naquela altura, comezaban a esmorecer. É unha fermosa postal do Tui na primeira metade do século XX.
Pero deste relato hai dous elementos que estimo podemos recuperar e revitalizar pois son tradicións seculares do noso patrimonio colectivo que cómpre non desaparezan para sempre.
Por unha banda, a tradición dos “Cantos do Reis” que nas primeiras xornadas de xaneiro resoaban pola rúas tudense gracias ás pequenas agrupacións de parroquias como Pexegueiro, Guillarei, etc. Xa noutros pos deste blog nos temos ocupado ao respecto: http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html. É unha tradición conservada, especialmente no sur de Pontevedra, que cómpre evitar desapareza dándolle espazo no amplo programa de actividades do Nadal que se organizan na cidade.

Ranchos de Reis de Salceda

En segundo lugar, a gastronomía é un dos aspectos máis salientables destas festas. Os nosos maiores lembran con especial agarimo o doce que ocupaba as mesas de Noiteboa: os boleardos.
Incentivar a recuperación dese doce nalgún establecemento significaría recuperar parte da nosa memoria gastronómica e ofrecer un produto singular, modesto e por tanto accesible a todos os petos, para o Nadal dos tudenses.


EL CICLO NAVIDEÑO


Las fiestas solisticiales, relacionadas con el movimiento aparente del sol, fueron celebradas por todos los pueblos desde la más remota antigüedad, primero con ritos de la paganía y más tarde encuadradas en el cristianismo. Hay dos grupos: el solsticio de verano que da lugar al ciclo sanjuanero, desde San Juan a San Pedro, y el solsticio de invierno, con su ciclo navideño que se prolonga desde Navidad a Reyes.
Estas fiestas, típicamente familiares, conservan en Tui su sabor arcaico. Son tres festividades: Natal, Año Nuevo o Aninovo y Reyes, con sus vísperas respectivas, porque las cenas forman parte integrante de las fiestas. Y así en la Nochebuena, como en la de Añoviejo y en la de Reyes, se reúnen todos los miembros de cada familia para la cena en común. Al siguiente día se repiten las fiestas gastronómicas que van a durar hasta Reyes.
En estas copiosas fiestas no puede faltar el bacalao con repollo o coliflor, reminiscencia de la vigilia, obligatoria en otros tiempos; también es de obligación para los castizos el vino caliente con azúcar y la compota de peras o manzanas. Entre los muy variados postres ocupaba destacado el boleardo de Tui, cuya fama traspasó las fronteras y se exportaba a toda España y aún a la República Argentina reclamado por la colonia tudense.

Bacallau con coliflor

El boleardo es propio de este tiempo de Pascuas y es tan consustancial con estas fiestas como el turrón. Es un bizcocho bastante duro, al que se da forma triangular. El secreto de su elaboración estriba en utilizar levadura de maíz. Pero desconfiad: se presentan en el mercado unos triángulos con este nombre pero no son boleardos. Su fórmula la conservan algunas familias y la transmiten de madres a hijas.
El sabio académico don Javier Sánchez Cantón en un folleto editado hace unos años por el Patronato Nacional de Turismo, al hablar de la cocina y la repostería de España cita los boleardos y mazapanes de Tui al mismo ritmo que los turrones de Jijona y Alicante, peladillas de Alcoy, etc. Etc.
No quiero desviarme contando las excelencias de los regalos del Miño, salmón, sábalo, lamprea, angulas, truchas, anguilas y tantos otros de los que hablaremos a su tiempo, para no infringir la veda.
Los alegres repiques de nuestra Catedral anuncian la solemnidad de la fiesta del Nacimiento del Hijo de Dios.
La mocedad de las aldeas comarcanas, acude a medianoche a la Misa del Gallo en la Catedral: cantan, bailan, tocan gaitas y disparan cohetes. Se ve que el vino caliente predispone los espíritus. Es noche de gamberrismo pero ¿quién limita la euforia de las gentes?.
Algunas viejas se duermen arrimadas a las románicas columnas del tiempo y al despertar e intentar levantarse descubren con estupor que están cosidas sus faldas unas a otras.
El organista alegra a los fieles tocando alegres villancicos y el tenor Evaristo Bargiela, de potente y agradable voz, desarchiva arias de “Los Madgiares” y de otras antiguas zarzuelas bajo la inspiración de una azumbre de vino nuevo de la taberna de “Revienta”.
Hoy se reacciona contra el gamberrismo, pero sin el gamberrismo de nuestro paisano Camilo Bargiela y demás compañeros troyanos ¿podría escribirse nunca aquella admirable novela “La Casa de la Troya”?
La noche de Añoviejo, San Silvestre, noche de brujas en la tradición popular, es noche de gran algazara y bailes en las sociedades de recreo, con el ya tradicional consumo de uvas, costumbre exótica que tomó carta de naturaleza entre nosotros.
En la tarde del 5 de enero recorren la población los bandos de reyes, grupos de muchachos y aún mayores -no siempre tres-, cantando canciones gallegas alusivas a la festividad del día.
Y de noche sale la cabalgata de Reyes, con gran pompa, música y luminarias.
(Manuel Fernández Valdés en Boletín de Información del Centro de Iniciativas y Turismo de Tui. Año I, nº 3, diciembre de 1960)

De "Fotografías antiguas de Tui"

Rematamos este post de reivindicación do boleardo tudense cuns parágrafos dunha carta ao director, publicada no Faro de Vigo de 09.10.2016, por un tudense, residente no Porriño, Salvador R. Guimaré Gutiérrez, onde achega máis información sobre este doce e que tamén teimaba nesta cuestión:
El boleardo es un dulce que en la década de los treinta se fabricaba en Tui y era famosísimo en todas partes, pero que con el paso del tiempo se fue olvidando (…). El gran abogado y escritor Xosé Luis Franco Grande define este postre como "pieza dulce que se hace con harina, huevo, manteca, azúcar y se reboza en este último o panecillo de bizcocho que se hace en Tui". El boleardo de Tui era conocido por toda la Península Ibérica, pero especialmente en Galicia y norte de Portugal.
Ya en el año 1952, siendo yo casi un imberbe, me lamenté en este periódico de que ya no tuvieran la fama y popularidad de que gozaban y apunté: "El mejor obsequio que se podría hacer a los tudenses ausentes, que forman legión, era una docena de esos deliciosos triángulos que llevaban el aroma de la tierra natal y la nostalgia de los tiempos idos.
Os boleardos se seguen hoxe producindo noutras localidades do Val Miño e o Condado que souberon conservar esta tradición gastronómica, pero, ao parecer, trátase doutro produto que nada ten que ver co doce tudense. Hai poucos anos a Asociación Cultural A.C.D.R.X. Sal Telmo de Tui tentou recuperar o boleardo e a súa receita tradicional pero sen éxito aparente. Agardemos que non perdamos este testemuño do noso patrimonio gastronómico e algún día, non lonxano, poidamos degustar de novo o boleardo tudense.
Co arrecendo dos vellos fornos tudenses onde se preparaban, con ilusión e habelencia, estes doces típicos do Nadal, aproveitamos para desexar a todos os lectores e amigos de Tudensia un feliz Nadal, arredor do Salvador que nace para todos, e un ditoso Aninovo de paz e prosperidade.

No centenario de Emilio Álvarez Blázquez

$
0
0

O pasado 16 de abril cumpríronse cen anos do nacemento en Tui do poeta, escritor e animador cultural Emilio Álvarez Blázquez; ao rematar o ano deste aniversario non podemos deixar de lembrar a este persoeiro que ten deixado un amplo legado cultural, ligado tamén en boa medida a estas terras do Baixo Miño.


Nado en Tui no 1919, Emilio era fillo do médico Darío Álvarez Limeses e de María Bláquez Ballester, que casaron en Tui logo de chegar Darío coa súa recente licenciatura en medicina ao ser contratado como médico hixienista polo Concello tudense en 1905 e María que retornara da súa Cuba natal xunto coa súa familia.

Darío Álvarez Limeses, que viña dunha familia cunha longa tradición ligada ás letras,  terá unha destacada actividade na vida social tudense ao longo da súa vida. Colaborador nos medios de comunicación local, promotor de agrupacións musicais, de caza ou deportivas… Foi un destacado militante de Izquierda Repúblicana, partido que dirixía Manuel Azaña. Tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 Darío Álvarez Limeses colaborou co Comité de Defensa da República que encabezaba o alcalde, e correlixionario seu, Guillermo Vicente de Santiago. Tras a derrota e a conseguinte entrada das tropas sublevadas o 26 de xullo, foi detido e sufriu un consello de guerra que culminou co seu fusilamento o 30 e outubro de 1936, xunto con outros cinco compañeiros. Unha traxedia que marcará a vida da familia Álvarez.


Darío Álvarez e María Ballester tiveron seis fillos: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921). Criados na casa familiar do barrio do Rollo mantiveron todos, no tempo que viviron en Tui e ao longo da súas vidas, unha relevante presenza pública, seguindo a tradición paterna.

Sen embargo a traxedia familiar, incrementada coa morte de Celso por unha enfermidade contraída na guerra, vai acompañada dun ambiente certamente duro que nunha pequena cidade como Tui resulta especialmente opresivo; mesmo a familia será sancionada cunha multa de 2.500 pesetas (unha fortuna daquela) por ter falado mal do “Glorioso Alzamiento Nacional”. A familia vive dos ingresos de Darío, o fillo maior, médico en exercicio dende 1932, casado coa tudense Carmiña Gándara. Éste se traslada a Vigo onde monta unha pequena clínica e leva consigo a súa nai e aos seus irmáns, que deixan Tui o 21 de abril de 1941. Na cidade olívica desenvolverán todos a súa actividade profesional pero tamén unha ampla e dilatada actividade social e cultural que fan desta familia un referente da cultura de Galicia na segunda metade do século XX. Tui seguirá sendo unha referencia vital irrenunciable na vida da familia ata a actualidade.

Emilio, xunto co seu irmáns Alfonso e Álvaro, foi estudante de bacharelato no Instituto de Segunda Enseñanza de Tui, creado pola II República no antigo cuartel de San Domingos, cursando neste centro o quinto curso no ano 1935, xunto ao seu irmán Alfonso, logrando a calificación de “sobresaliente con derecho a matrícula de honor” en “Psicoloxía e lóxica” e en “Fisioloxia e hixiene”. No ano seguinte, ao cursar sexto curso, os alumnos de “Ética e dereito” realizan un ciclo de conferencias, que abre Emilio Álvarez Blázquez cunha disertación sobre “Federalismo”.

Emilio naquel Instituto participa xunto co profesor Xesús Ferro Couselo na fundación e vida de “Tude: revista editada por los estudiantes de Bachillerato del Instituto de Tuy”, na que figura como subdirector. Nos tres números desta revista publica diversos traballos: “Camino de Santiago”, crónica dunha excursión a Compostela, “Un apóstol tudense – El P. Salvado, evangelizador de Australia”, “Sobre el concepto de filosofía” e un breve relato en galego titulado “Brétema” do que recollemos un anaco:

Non sei: a miña ledicia tristeira de hoxe non é de chorar nin de rir. A gargallada fuxe dos beixos; as bagoas dos ollos. Os beizos fican murchos i-os ollos tremosos. Non chorar nin rir é unha maneira de estar; non chorar nin rir, cando hai anceios de fagueolo, é unha maneira de ser.
I eu son eisi, d-isa maneira de ser. Por iso, hoxe, na miña casa de poeta, dende a solaina de pedra que mira ao Norde i-ao Sul, n-ista mañá bretemosa de Marzal, ollo o espazo e non vexo a paisaxe, esculco o esprito e non me alcontro n-il. A paisaxe non está no espazo; eu non estou en min. No espazo está o esprito; en min está a paisaxe.

Instalado en Vigo coa súa familia en 1942, en 1944 comeza a impartir clases no Colexio Mezquita e dende 1947 traballa no Consulado de Uruguai, no que chegará ao pouco a ocupar o cargo de Chanceler, ata a súa morte. Dende 1960 compatibilizará este traballo  cunha función administrativa no Colexio de Farmacéuticos. Casou en 1964 e morre en Vigo o 22 de setembro de 1988.

Dende pouco despois da súa chegada a Vigo participa xunto cos seus irmáns Darío e Xosé María na tertulia do Café Derby xunto con Valentín Paz Andrade, Xaime Isla, F. Fernández del Riego, Plácido R. Castro, Urbano Lugris, Laxeiro… Impulsor de numerosas iniciativas culturais como a fundación –cos seus irmáns- da editorial Castrelos ou a colección de poesía Salnés, en editorial Galaxia, que dirixía xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego.

Xunto a Celso Emilio Ferreiro e Camilo J. Cela

Nalgunha ocasión el mesmo se recoñece preguizoso para a escrita e por tanto posúe unha obra curta en cantidade pero non en calidade. En 1947 asina un guión teatral, “El zapatero de cristal”, que con escenografía de Pucho Boedo foi estreado no Teatro “García Barbón” de Vigo. Nestes anos colabora co seu irmá Xosé María –ao que sempre se sentiu estreitamente ligado-  no “Libro del por qué” (1946) e noutra peza teatral “Los pazos altivos” estreada en Xixón en 1947.

Nese mesmo ano publica xunto co seu irmá Xosé María na colección “Benito Soto” o libro “Poemas de ti e de min”. Cómpre salientar que esta colección que dirixen Sabino Torres e Celso Emilio Ferreiro, é a primeira colección de poesía publicada en Galicia logo de 1936, e o libro dos Álvarez Blázquez é a primeira obra en galego nesta colección. “Poemas de ti e de min” en realidade son dous libros nun mesmo volume, cada un coa súa cuberta. Os poemas de Emilio son dezasete.


No ano 1957 en recoñecemento ao seu labor literario a Real Academia Galega nomeouno como académico correspondente.

Foi colaborador asiduo en “Faro de Vigo” con traballiños de carácter literario. Tamén noutros medios escritos (Galicia emigrante, Nordés. Alba, Logos, Numen, Grial...) en numerosas oportunidades empregando o pseudónimo de Ronsel. Moitos destes traballos sobre todo en “Galicia emigrante” estarán dedicados á Tui e ao Baixo Miño (abordando temas como a lamprea, o meixón, contos, etc.). Testemuña deste amplo abano de escritos arredor de temas tudenses é o artigo “Canción del Miño” publicado no libro das festas de San Telmo de 1972 do que tomamos  estes párrafos:

De los trechos, es decir de la vida del Miño, yo escojo el de su muerte que comienza en Tuy, al pie de la Alameda, que fue de domincos, huerto de paz hasta que llegó la muerte de madrugada. Había allí, en mi niñez, árboles que también murieron de la mano del hombre y sus copas sumergian en el espejo del río la invertida imagen de los nidos, como vasos de vida y esperanza. También las estrellas se copiaban, y se copiaba, aunque pareza milagro, la delicada cinta que los mirlos anudaban al tallo de la tarde, cuando la tarde no era más que una inmensa camelia apoyada en el borde de los montes.
Al pie de Tuy, al pie de Valença de Minho, el río entra en agonía y por eso le nace aquella curva majestuosa, aquella doblada gracia de sus rberas, como si quisiera volverse atrás y echar una mirada alas vegas feraces, donde, cuando no es la sazón del pan, crecen, como corazones, amapolas portuguesas. Allé le dce adiós a la larga caminata de los días, con un nostálgico recuerdo, para aquella lejana linfa que llaman Fonmiñá, delgado hilo de donde le viene la vida impetuosa”.

Emilio Álvarez Blázquez acada moita sona como orador, pronunciando numerosas conferencias, charlas, homenaxes etc tanto en Galicia como tamén en Uruguai onde foi convidado polo Centro Galego. Por aqueles anos, 1964, gaña o Premio de Poesía Galega de Buenos Aires cun poemarío que nunca chegou saír do prelo.

Haberá que agardar ata o ano da súa morte para a edición do seu segundo libro: “O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez)”, un libro de poemas centrado na memoria da súa nai dende a nostalxia da infancia feliz aos tempos tristes dos choros sen desbotar outras temáticas pero na mesma liña que no seu primeiro libro: o amor, a natureza, a pregaria…



Xesús Alonso Montero, no limiar do libro coa “Poesía galega completa e textos en prosa” de Emilio Álvarez Blázquez (Xerais, 2005) o define como “xílgaro de corazón tenro e verso delicado, naceu cos merlos da primavera, eses merlos que nunca desapareceron do seu espírito nin sequera nos momentos en que a crueldade de certos homes se ensañou con el e cos seus”.

Para rematar estas liñas de recoñecemento a Emilio Álvarez Blázquez reproduzo dous poemas, un dedicado a Tui do seu libro “Poemas de ti e de min” e unha panxoliña, de aires populares miñotos, coa que aproveito para desexar feliz aninovo 2020 a todos os lectores.


TERRA DE TUI

O Monte de San Xulián,
coa Cruz, coa ermida, coa fonte,
co Ceo case na man.

Verdes panascos de Frinxo,
onde se deitou o sol
a ver pasar o camiño.

Terra baixa de Baldráns,
O río, ao pasar, levouse
A primavera pra o mar.

San Mamede de Guillarei
Que ten a paisaxe rota,
Ai, miña nai, polo tren.

San Miguel de Pexegueiro,
Tan, lonxe, que se me esquece
Que estiven alí de neno.

Festa no Monte, ai, lalá,
A man dereita da alma
Ao subir como ao baixar...



VILANCICO DA FRONTEIRA

Se o Neno nacera en Tui,
viría de Portugal
moita xente a ver a Luz

E catro días arreo
abririase a fronteira
de cantares e ailelelos.

E virían os soldados
da Garda Republicana
co coronel dacabalo.

E mulleres de Valença
de Ganfei e de Barcelos
todas vestidas de festa.

E mariñeiros do Miño
con peixes de prata nova
e salmóns nun capachiño.

E na porta do Portal
o Arcebispo de Lisboa
daría a bicar a man...

(Nadal, 1977)



Este artigo foi publicado no xornal dixital "Comarcas na rede":  https://www.comarcasnarede.com/colaboradores/a-porta-das-trabancas/no-centenario-de-emilio-alvarez-blazquez/

A descrición de Tui en “El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754” de José Patricio Moraleja y Navarro

$
0
0

As obras literarias ou de calquera tipo nos ofrecen, de cando en vez, a descrición máis ou menos ampla, da nosa cidade e nos facilitan deste xeito un achegamento para coñecer a evolucións histórica do noso núcleo urbano ao longo dos tempos. Ás veces incluso cunha ilustración que foi a caso de Pier María Baldí que nos deixou a imaxe de Tui no ano cando acompañaba a viaxe de Cosme III de Médicis, futuro grande duque da Toscana (Italia) pola Península Ibérica no ano 1669, cunha grande comitiva que pasa por Tui no seu camiño cara Santiago de Compostela.


Neste mesmo blog temos recollida outra descrición da nosa cidade por Albert Jouvin que na súa monumental obra de literatura de viaxes “Le voyageur d’Europe” (1672) nos ofrece outra interesante achega á imaxe da cidade nos anos finais da guerra con Portugal: https://tudensia.blogspot.com/2017/04/a-descricion-detui-na-viaxe-de-albert.html


Hoxe aportamos outra obra que nos ilustra sobre a nosa urbe nos anos en torno á metade do século XVIII. Esta descrición figura nunha obra de alongado titulo: El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754 : adornado de una descripcion laconíca, historico-politico-geographica de la España Occidental, esto es, de todas las ciudades que comprehenden el Reyno de Galicia y Provincia de Estremadura, sus montes, climas, rios, plazas, templos, reliquias, campiñas, fortalezas, baños, passeos, costumbres de sus habitantes, y otras especiales noticias para el gusto de los aficionados.  Obra editada na Imprenta de D. Agustin de Gordejuela y Sierra, calle del Carmen de Madrid, no ano 1753. O seu autor é José Patricio Moraleja y Navarro.

 


Moraleja y Navarro (Madrid 1711 – 1763) foi un escribán e prolífico escritor. Seguindo a información que nos ofrece o Diccionario Biográfico electrónico (DB~e) da Real Academia de la Historia[i], sabemos que estudiou matemáticas, astronomía, xeografía e historia. Foi escribán nos hospitais da Corte e profesor de Gramática e Retórica.


Publicou numerosas obras de variada y curiosa temática. Entre elas, un “Tratado sobre pájaros de cántico y habla” (1740); unha miscelánea baixo o título de “El Entretenido” (1741) no que figuran poemiñas, novelas curtas, contos, relatos xocosos, soliloquios burlóns, entremeses, etc sempre cun acento burlesco. En 1745 edita un thesauro ou repertorio léxico por temas, titulado “Ramillete curioso, texido de diferentes voces hispano-latinas” que estaba orientado ao ensino do latín e que aporta moi abondosa información sobre a vida cotiá do século XVIII.


Pero a sona de Moralejo y Navarro está relacionada coa publicación entre 1745 e 1754 dunha serie de almanaques ilustrados que denominou “El Jardinero de los Planetas y Piscator de la Corte” aos que se engade, dende 1750 ata a súa morte, outra serie denominada “El Piscator Sarrabal de Milán”. Nestas obras mesturaba datos cronolóxicos e históricos sobre o ano en curso, cun amplo abano de informacións para un público moi amplo, pois incluía datos xeográficos, relixiosos, meteorolóxicos, institucionais, médicos, etc.


A publicación de almanaques coñece unha grande difusión coa aparición da imprenta dende o século XV.  Esta obras populares adoptaron diversos nomes: calendarios, lunarios, prognósticos, piscatores, etc. Esta última denominación era para aqueles almanaques que contiñan prognósticos meteorolóxicos.


No século XVI estes almanaques con prognósticos especialmente meteorolóxicos e de calquera outro tipo, incluían recomendacións de utilidade para os labregos e gandeiros, santoral etc. acadaron nunha grande difusión e foron un importante vehículo de transmisión cultural entre as clases populares.

En España no século XVIII se comercializaban arredor de medio centenar de almanaques editados por impresores e negociantes na procura de éxito económico. O rei Carlos III en 1767, tanto polas críticas políticas que moitos incluían como pola súa concepción ilustrada de loita contra a superstición, prohibiu a súa edición. Prohibición reiterada por Fernando VII en 1814 que estableceu posteriormente a edición dun único almanaque redactado polo Observatorio Astronómica de San Fernando, da Armada Española, e publicado polo Goberno.



O máis popular dos autores destes almanaques no século XVIII foi Diego Torres y Villarroel. Literato, poeta, catedrático de Matemáticas na Universidade de Salamanca, astrólogo, sacerdote aos 52 anos, tivo una vida pintoresca. Editou os seus almanaques, que asinaba co pseudónimo de “El gran psicator salmantino”, entre 1721 e 1764 con grande éxito. Ata Torres en España se lían as traducións de almanaques italianos, en especial o “Gran Piscator Sarrabal de Milán” editado desde 1687, que logo continuou, como xa apuntamos, José Prudendia Moraleja y Navarro.


Los almanaques, segundo Fernando Durán López, suponen un fenómeno extendido en toda Europa desde el XVII y de notables tiradas y penetración social. Son productos de consumo, dirigidos a un público indiscriminado, pero principalmente indocto, al que ofrecen cada año un folleto barato y reducido, de contenidos misceláneos, donde se agavillan informaciones prácticas sobre el calendario, predicciones, divulgación de saberes varios, piezas de entretenimiento... Así pues, hay que situarlos al lado de los pliegos de cordel, las relaciones de sucesos y otras modalidades de una literatura popular ajena a los circuitos letrados y de cruda explotación comercial. No hay que identificar este mercado “popular” con el pueblo bajo, abarca igualmente un estrato burgués o preburgués, con cierta capacidad de acceso a la cultura impresa, ya que “por el contenido poligráfico de los almanaques, su lectura exigía del lector un cierto grado de inteligibilidad”, que no implicaba la mera alfabetización estricta, sino también la capacidad de interpretar símbolos astrológicos o aparatos iconográficos.[ii]

Tui, 1777. Plano de Miguel de Hermosilla



Tui na metade do século XVIII o podemos coñecer de modo bastante preciso gracias aos datos contidos no chamada Catastro do Marqués da Ensenada realizado no ano 1753. Non entraremos agora na súa análise realizada por Ofelia Rey Castelao [iii], de cuxa introdución extraemos o seguinte párrafo:

Capital de provincia, núcleo de frontera, guarnición militar... todas estas facetas de la ciudad de Tui no son más que aditamentos a su verdadero carácter, el de sede episcopal y centro eclesiástico, más perceptible a mediados del XVIII, cuando se disfruta de una situación de paz, que en el pasado, durante la rebelión portuguesa, o en el futuro, la Guerra de Independencia. (...) Todo hace pensar que el setecientos no fue la mejor etapa de la ciudad -casi nulo crecimiento de la población, languidez de la vida económica, carencia de grupos sociales activos en el comercio o la industria, decadencia de la mitra episcopal, pérdida de importancia estratégica en período de paz, como revela el deterioro de las defensas, ausencia de buenas comunicaciones y, sobre todo, la pujanza de las villas costeras, Vigo en especial, cuya competencia Tui no puede resistir- y nada permite entrever, antes de 1800, un despegue.


Todo los dicho no impide que Tui siga siendo en el XVIII un centro de referencia -fiscal, administrativa, judicial, comercial- de una amplia comarca rural que, a mediados del siglo XVIII, se encuentra en un momento de paralización del crecimiento agrario y demográfico arrastrado del siglo anterior, de incremento de la emigración al vecino Portugal, de impulso de las actividades artesanales -tejido de lienzos en especial- como apoyo de la agricultura y, sobre todo, de una dedicación cada vez más intensa a la viticultura


O panorama que presentaba a cidade naquela época era pois de certo “impasse” e de perda de protagonismo nun novo escenario socio-económico onde a burguesía, promotora do comercio e a industria, será o novo elemento de progreso; un sector produtivo escasamente representado na nosa cidade e contorna.


Neste momento ocupaba a sede episcopal o bispo Rodríguez Castañón (1752-1769), que implanta unha liña reformista na administración diocesana, promove as súas expensas a reedificación e ampliación do Hospital de pobres, restaura a capela de San André na Catedral, cede 40.000 reais para a construción da nova igrexa de San Telmo colocando a primeira pedra en 1769. Estamos tamén nun momento de realización de importantes obras na catedral como é o caso do Altar da Expectación, encargado a Antonio del Villar


A este contexto pois corresponde a seguinte descrición de Moraleja y Navarro no seu almanaque para 1754.





Tuy

En ameno sitio, regado de muchas cristalinas Fuentes, se mira la Insigne y Nobilísima Ciudad de Tuy a los 41 grad. y 34 min. de latit. y 9. y 50. de long. bañando sus Muros el famoso Miño con abundancia de Salmones, Sábalos, Lampreas, Truchas, y otros Pescados. Los Autores dicen que la fundò el Príncipe Diomedes 1161 años antes de la venida de Christo (poniéndola por nombre Tyde en memoria de su Padre Tydeo) en el parage donde llaman Pazos de Rey (poco más de un quarto de legua de el en que al presente se halla) manteniéndose entonces con mucha ostentación, y grandeza, siendo de las mas singulares Ciudades de Galicia, pues en ella tuvo su corte el rey Ubitiza y allí se criaron muchos Príncipes hijos de los Godos. Mantuvose en esta opulencia hasta la invasión general de los Moros, que aunque en este Reino fue como un passo bastò para dexarla de todo punto destruida; assi estuvo por mas de cien años, y en el Padron su Obispo hasta que el Rey D. Ordoño I en el año de Christo 860 la fundo de nuevo en el sitio que llaman aora  S. Bartholomè que entonces se apellidaba Buenaventura  (que està à poca distancia de la antigua y es como uno de los Arrabales de la presente) permaneciò en èl hasta que D. Fernando II de Leon, advirtiendo que era lugar abierto, por hacer frontera a una Plaza de Portugàl que llaman Valencia la mudò a donde aora se halla por los años de 1170, haviendo solo de un parage à otro lo que alcanza un tiro de Fusìl; y es de admirar que, sin embargo de tantas mutaciones, jamàs perdiò el nombre primitivo. Es Ciudad Cabeza de su Provincia, està en sitio alto, bien ventilado, aunque es algo enferma procediendo tal vez de las humedades que las causaràn las aguas del dicho Rio Miño, y de el del Ouro , que passa muy cerca, ò tal vez por unas Lagunas que se hallan no muy lexos à la parte del Norte, las que podrían cegarse, con algún coste, derrivando un inmediato Collado, y echándole dentro de ellas; y no hay duda, que cedería en grande utilidad a los Naturales. Logra Tuy de un Cielo muy claro, y de Tierra muy amena, y fértil de Ganados, y Vino, pudiendo à poca costa hacerse en ella abundantes Huertas, y deliciosos Jardines: tiene buenas Murallas, y en lo interior de ella tres Puertas, y quatro son las de los exteriores Rastrillos: doce Calles principales, limpias, y empedradas, una Plaza principal, varias Plazuelas, con frondosas Alamedas, y Passeos, tres Fuentes, y otras muchas, que hay extramuros; la Cathedral, que es la única Parroquia, y parece serlo en el Arrabal la de S. Bartholomè; hay también las Iglesias de la Misericordia, la Escuela de María, y la Capilla del Cuerpo Santo, en la que habitò san Pedro Telmo; dos Conventos de Religiosos, uno de Religiosas, quatro Hermitas, dos Hospitales, cinco Tribunales, dos Cárceles, tres Ferias, y abundante Mercado todos los Jueves; hay un Seminario de Gramática, muy famoso, al qual concurren annualmente hasta seiscientos estudiantes del Obispado, poco mas, ò menos. En el Convento de S. Antonio se lee Philosophia y en el de Santo Domingo Theología Moral. Las Armas de esta Ciudad son en su Escudo una media Luna plateada y tres Estrellas doradas en campo azul celeste con Real Corona, las mismas que Diomedes traìa en su Escudo. La Santa Iglesia Cathedral tiene quatro Nabes con nueve Capillas, inclusa la Mayor, y algunas son muy buenas, el Claustro es espacioso, lo adornan dos Torres fuertes, y muy altas, con nueve Campanas entre grandes, y pequeñas, y un Relox con sus Quartos: estàn en ella y su Capilla, el Cuerpo y Reliquias de san Pedro Gonzalez Telmo, Patrono del Obispado, y de otros muchos santos. Tiene nueve Dignidades, 27 Prebendas y de ellas quatro son de ocho Racioneros; 25 Capellanes, dos Curas ad nutum ammobiles, Capilla de Musicos, y otros Sirvientes. El Señorio de esta Ciudad es del Obispo, y Cabildo mixtamente, y aquel tiene allì su Palacio Episcopal muy capàz y hermoso. Fue su primer Obispo, el Martyr S. Epitacio, que predicò la Fè en Plasencia, y el segundo lo fue S. Evasio M. Tiene también dicha Santa Iglesia, y Obispado por su tutelar al Glorioso Martys S. Julian del Monte, natural de la Feligresia de Quins, en el mismo Obispado, cuyo Santuario està en un aspero Monte, llamado Aloya, distante una legua de esta Ciudad, y es el refugio de los de Tuy y sus circunvecinas Feligresias en las urgencias de falta de agua, mal temporal, y otras. Han florecido en Santidad, Letras y Armas muchos insignes hijos de esta Patria especialmente S. Hermoygio su obispo, Tio del Santo Niño Gallego Pelagio, ò Pelayo, el qual de edad de diez años fue llevado à Cordova al Rey Abderramèn Moro en Rehenes de dicho su Tío, que allí se hallaba preso, y enamorado el Barbaro de la belleza del Niño, intentò usar de él deshonestamente; pero asistido èste del Divino Brazo, sin atender a sus cariños y grandes ofertas, acometiò al Rey arañandole, y rasgandole sus vestidos, de lo qual irritado èste, mandò hacer con aquel delicado Cuerpo inmensos martyrios, y de ellos muriò, teniendo trece años y medio, dia 26 de junio, en la Era 974 (que es el año 936) lo qual visto por otros muchos Niños, que para tan nefandos gustos estaban en aquel Palacio dedicados, prorrumpieron (se puede decir como innocentes) antes Puto, que Gallego. Passado el Arrabal de S. Bartholomè, està la cèlebre dilatada Vega del Ouro que sin abono de estiercol, ni otra cosa, abundantemente produce Trigo,  Cebada, Centeno, Maíz, Lino y otros Granos. Es mucha la regalada fruta que dà de sì la Campiña de Tuy : y el Nobilisimo Ayuntamiento de esta Ciudad se compone del Juez Ordinario y cuatro Regidores annuales, que nombran el Obispo, y el Cabildo mixtamente, como Señores de ella, por concessión del Santo Rey D. Fernando, que confirmò la hecha por el Conde de Galicia D. Ramòn y su muger la infanta Doña Urraca; y además de esto, tiene por Regidores perpetuos al Duque de San Lucar la Mayor, al Conde de Altamira, Conde de Monte Rey, y Conde de Lemos, que lo sirven por sus Thenientes, también hay su Procurador General y su escrivano, & En la misma Vega del Ouro estàn los Baños de  Caldelas, de agua sulphurea, y sirven para enfermedades que proceden de causas frias; y para las mismas valen, y son mas especiales los Baños  de Pesegeyro, ò Quines junto à Melón en el mismo Obispado. La tierra de este País es muy apropósito para Olivos, Moreras, y algo de Azafràn, y experimentarìan un gran beneficio en Azeyte, y Seda, si à su cultivo se dedicaràn sus Moradores.


Esta descrición de Moraleja y Navarro, xunto con algún erro histórico, apunta algún dato de especial interese. Resulta interesante analizar a súa teoría sobre a orixe das armas heráldicas da nosa cidade, que centrarán a atención do seguintes post de Tudensia.



[ii]En: «De los almanaques a la autobiografía a mediados del siglo XVIII: piscatores, filomatemáticos y alrededores de Torres Villarroel», Dieciocho. Hispanic Enlightenment, 36.2 (otoño 2013), pp. 179-202. Consultado en: https://www.academia.edu/10085868/_De_los_almanaques_a_la_autobiografía_a_mediados_del_siglo_XVIII_piscatores_filomatemáticos_y_alrededores_de_Torres_Villarroel_Dieciocho._Hispanic_Enlightenment_36.2_otoño_2013_pp._179-202._ISSN_0163-0415
[iii]“Tuy, 1753: Según las respuestas generales del Catastro de Ensenada” Colección Alcabala del viento, 19. Madrid, Centro de Gestión Catastral y Cooperación Tributaria y Ediciones Tabapress (Grupo Tabacalera), 1990.

As armas heráldicas da cidade de Tui

$
0
0

No último post publicamos a descrición da nosa cidade cidade publicada en  “El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754” de José Patricio Moraleja y Navarro. No seu texto atopamos, máis aló da evocación da nosa configuración urbana, diversas noticias moi suxerentes: dende o cultivo do azafrán nas nosas veigas ata a descrición e interpretación que realiza das armas que figuran no escudo de Tui.



Moraleja y Navarro ao falar das armas heráldicas da cidade sinala o seguinte: Las Armas de esta Ciudad son en su Escudo una media Luna plateada y tres Estrellas doradas en campo azul celeste con Real Corona e as relaciona coas armas que empregaba o héroe mítico da fundación de Tui, Diomedes: las mismas que Diomedes traìa en su Escudo.

Esta opinión de Moraleja contrasta con quetradicionalmente o escudo tudense, integrado pola media lúa e as tres estrelas, está interpretado como representación simbólica da ocupación musulmán e das tres primeiras vagas repoboadoras da cidade emprendidas pola monarquía astur leonesa: Alfonso I en 744, Ordoño I en 860 e Fernando II en 1170.

Esta discrepancia anímame a abordar unha pequena revisión desta temática tanto na bibliografía como nas representacións gráficas que se conservan das mesmas.

A primeira obra impresa sobre a historia tudense é Antiguedad de la ciudad y Iglesia Cathedral de Tuy y de los Obispos que se saue aya auido... realizada polo bispo tudense Frei Prudencio de Sandoval (entre 1610-1612) editada en Braga en 1610. Recolle a tradición da fundación por parte do héroe grego Diomedes pero carece de referencia algunha ás armas da cidade.

Pouco antes, Ambrosio de Morales na súa coñecida obra Viage de Ambrosio de Morales por orden del rey D. Phelipe II a los reynos de León, y Galicia, y Principado de Asturias, para conocer las reliquias de Santos ... que recolle o seu percorrido en 1572 na procura de reliquias para o mosteiro de El Escorial que Felipe II estaba construíndo, tampouco recolle na súa descrición de Tui mención algunha ao respecto.

A primeira referencia que atopamos sobre a interpretación do brasón tudense a ofrece Antonio de Moya, no seu libro “Rasgo heroyco: declaración de las empresas, armas y blasones...” editado en 1756, en que textualmente dí:

LAS memorias Historiales de la Ciudad de Tuy, en el Reyno de Galicia,. nos informan del motivo que huvo para ordenar sus Blasones en la disposicion que los proponen, y es, en Escudo Azur , un Creciente de Plata , con tres Estrellas de Oro. El Creciente, que representa la Población, dice la nobleza que le asiste, y como estuvo en unos tiempos mas opulenta , que en otros, y las tres Estrellas significan, la primera al Rey Don Alfonso el Catholico que la conquisto á los Moros en el año de 744, la que por varios accidentes se arruinó , y la pobló nuevamente Don Ordoño Primero año de 860, y este Principe es la segunda Estrella, y la tercera es Don Fernando Segundo , Rey de León, quien la trasladó á el sitio en que al presente se halla, muy poco distante del que antes tuvo en el año de 1170. Hizo en ella Alcázar este Monarca, y la fortaleció. Del valor, grandeza, y resplandor con que procedieron estos tres Principes en sus Conquistas, y en sostener y mantener dicha Ciudad, resulto gravar en sus Escudos las tres Estrellas, y el Creciente , que se ha referido lleva por Blasones.

Unha interpretación coetánea á de José Prudencio Moraleja y Navarro que vimos de recoller aínda que completamente diverxente, como estamos comprobando.

Resulta imprescindible o recurso á información que proporciona Francisco Ávila y La Cueva na súa monumental obra Historia Civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado, que rematou de redactar en 1852 (e que foi editada en facsímile polo Consello da Cultura Galega en 1995). Neste tema Ávila recolle ambas interpretacións e afirma o seguinte tras reproducir a cita de Antonio de Moya: “pero todo esto no tiene más apoyo que el ingenioso modo de discurrir del Sr. Moya”; polo que respecta á teoría de Moraleja afirma: “si lo referido fuese cierto hallabamos el verdadero origen de las nuestras y no había para que cansar el discurso con investigaciones inútiles” e remata invocando a Enrique Flores que na súa “España Sagrada” recolle que o emprego de brasón en España non comeza ata o reinado de Alfonso VI no século XII, descualificando pois a atribución a Diomedes a quen Avila consideraba o fundador histórico da cidade e que, en base ao sinalado por Flórez, non podía contar con armas heráldicas.

Posterior a Avila é a obra de Francisco Piferrer Trofeo heroico. Armas, emblemas y blasones de las provincias y principales ciudades y villas de España editado en 1860 cuxa descrición recollemos pola súa singularidade na súa representación gráfica:



524. Tuy. Ciudad de la provincia de Pontevedra, audiencia y capitanía general de la Coruña y cabeza de diócesis y de partido judicial, situada en un valle, á corta distancia de las alegres márgenes del rio Miño. Se cuenta entre las primitivas poblaciones de España, conocida antiguamente con los nombres Tyde, Tude y otras variantes análogas, de donde ha procedido el nombre Tuy.

Tiene por armas: Escudo azul y un creciente alto de plata acompañado de tres estrellas de oro, una en el gefe y una en cada cantón inferior del escudo.

O deseño deste escudo tudense pode estar recollido da bandeira “Coronela” do Rexemento das Milicias Provinciais tudenses, creadas no ano 1734 e que chegaron, con diversos avatares, ata 1867. Se conservan actualmente dúas destas bandeiras que foran depositadas, logo da Guerra da Independencia, na Capela das Reliquias de San Telmo na Catedral e entregadas ao Museo do Exército no ano 1901 onde se custodian actualmente.



Máis recentemente Alberto M. Carrillo no seu opúsculo Origen griego de Tuy. Historia e tradición editado no ano 2007, en que segue reivindicando como histórica a fundación por cidade por Diomedes, cita que o escudo de Tydeo portaba unha representación da lúa e das estrelas resplandecentes, citando a Esquilo. Liga en consecuencia as armas de cidade a esta simboloxía de orixe grega, que na súa opinión é completamente verosímil.

Diversos escritos recibidos no Concello tudense, no século XIX, nos procesos de legalización das armas da cidade (que publicou José Sánchez de la Rocha na súa obra “Blasones y linajes tudenses”) ratifican a simboloxía de Moya que liga á media lúa e estrelas ao proceso da reconquista.

Na actualidade esta interpretación é a xeralmente aceptada e recoñecida nas diversas publicacións que recollen este aspecto do escudo tudense.

Analizaremos agora as representacións gráficas, sinalando unicamente aquelas más antigas e significativas e sen pretensión algunha de exhaustividade.

Para o cronista da cidade, Ernesto Iglesias Almeida a representación máis antiga é o escudo que preside a Casa do Concello, “vella pedra aproveitada do antigo edificio do século XVII” ou sexa da antiga Consistorial tudense que ocupaba a mesmo lugar que na actualidade.


Sen embargo, podemos aventurar outra representación anterior. Antonio Hernández Matías, no seu estudo sobre o bispo tudense Luis Marliano (1517-1521), vincula as armas deste bispo italiano e humanista ao servizo de Carlos I coas da cidade. As armas de Marliano as podemos contemplar, dende a Praza da Misericordia, na parte alta da fachada da Sala Capitular construída en 1571, e figura unha media lúa recostada que contén un grupo de cinco estrelas en referencia á heráldica de Tui. De aceptar esta relación adiantariamos un século o uso destas armas pola cidade.



Dende o século XVIII o emprego desta representación é xa habitual, como figura nas fontes de San Domingos ou Riomuiños, ou no escudo que, procedente da Ponte da Veiga, foi instalado no monumento a José Calvo Sotelo. 


Escudo da cidade na fonte de San Domingos

No mesmo espazo temporal do século XVIII está o uso destas armas no escudo de bispos. Foi primeiro, o bispo Lucas Ramírez Galán (1770-1774) onde figuran as armas tudenses con cinco estrelas.

Escudo do bispo tudense Lucas Ramírez Galán, OFM

Ao mesmo período temporal corresponde o uso deste símbolo polos prateiros tudense Simón e Antonio Pérez de la Rocha que empregan no seu contraste a media lúa e as estrelas.

Posiblemente a esta mesma época pode corresponder o seu uso nas cuncas empregadas como medida de capacidade da cidade e que se conservan no convento das Clarisas de Tui.




O seguinte caso, será case un século despois cando o tudense Telmo Maceira as empregue nas súas armas episcopais como bispo de Coria, Mondoñedo e finalmente Tui, entre 1855 e 1864. Achegamos unha curiosa reprodución nunha vaixela de Sargadelos realizada cando ocupaba a sede mindoniense.



No Vitor dedicado a este bispo polo Concello de Tui, conservado actualmente no Salón de Plenos da Casa do Concello, figura un escudo da cidade tamén coa media lúa e as tres estrelas.


Coa creación  do concello constitucional, froito da Constitución de Cádiz de 1812, tamén o Concello emprega as armas heráldicas como o símbolo da entidade, como se pode comprobar en diversos selos empregados ao longo do tempo ou no escudo colocado no Pendón da Corporación Municipal que preside o Salón de Plenos do Concello e os principais actos protocolarios nos que participan a Corporación Municipal tudense.


Por tanto, uso tanto a nivel municipal como episcopal do escudo coa media lúa e as tres estrelas se consolida xa plenamente na segunda metade do século XVIII e nos inicios do XIX chegando ata os nosos días.

Sirva este amplo exordio para verificar como a significación da representación heráldica das armas tudenses carece de consenso na historiografía. Resulta evidente que unha ou outra teoría supoñen unha reconstrución simbólica da historia da cidade que liga o seu prestixio a unha mítica fundación grega ou ás reconstrucións promovidas pola monarquía astur-leonesa da cidade na Alta Idade Media, logo da expulsión dos musulmáns deste territorio.

Xa nos temos ocupado neste blog da fundación mítica da nosa cidade por Diomedes de Etolia, documentada dende o século I d.C. e revitalizada no século XVI: Coa chegada do Renacemento hai un cambio cultural e de mentalidades que leva a que as cidades deixen de procurar o seu prestixio e sona na posesión de reliquias nos seus templos e Catedrais substituíndoos pola figura dun fundador nobre, vencellado especialmente á historia grega ou romana. O valor destes antepasados míticos ou imaxinarios proporciona un elemento de prestixio desa comunidade (véase: https://tudensia.blogspot.com/2009/07/encol-da-fundacion-de-tui-por-diomedes.html ). 

Neste contexto ten toda a verosimilitude que para dar mais forza a esa atribución mesmo se adopten as armas daquel héroe da guerra troiana como as propias da cidade e que a primeira posible representación, o escudo do bispo Marliano de inicios do século XVI, corresponda coa cita de Esquilo sobre as armas de Tydeo. Estamos no momento histórico de revitalización das referencias á fundación mítica da cidade polo héroe grego e resulta probable que, en consecuencia, igual que se recuperan os relatos antigos sobre esta pretendida fundación, se adopten as armas que se atribuían a estes personaxes como as propias da cidade por él fundada, na honra do seu pai Tydeo, rei de Etolia. Non deixa de ser unha hipótese, con alta dose de probabilidade, que a lectura da descrición de Moraleja y Navarro nos suscita a expoñer ao debate de historiadores e estudosos.

Escudo e bandeira oficial do Concello de Tui (2016)


VIII kalendas aprili (24 de marzo): 850 anos dos privilexios á cidade de Tui por Fernando II

$
0
0

Este 24 de marzo cúmprese o 850 aniversario dun acontecemento histórico de gran relevancia para a historia de Tui. Nesa data, VIIII kalendas aprili Era MCCVIII, o rei Fernando II estando na nosa cidade concédelle á cidade de Tui e aos seus habitantes diversos privilexios e reordena o espazo territorial da cidade, unha decisión que marcou o devir da nosa cidade para sempre.

Fernando II e Urraca (Tombo de Toxos Outos)

O proceso de independencia do reino de Portugal afecta directamente a nosa cidade que entra nos obxectivos estratéxicos do reino galaico-leonés e do nacente reino portugués. Estes enfrontamentos entre os reis galego-leoneses e os condes portucalenses nos primeiros anos do século XII e as conseguintes invasión do territorio tudense polas tropas portuguesas temos de consideralos dentro do proceso de independencia do condado portucalanse: invasión de Tereixa en 1121 (ao ano seguinte o seu fillo Afonso Henriques, futuro rei portugués, será armado cabaleiro na nosa cidade) e 1124; Afonso Henriques no 1131 e no 1137, cando ambos Alfonsos (o “emperador” Alfonso VII de León e Afonso de Portugal) asinan a chamada “Paz ou Pacto de Tui”, o 4 de xullo, polo que ambos se restitúen fortalezas e castelos tomados e o portugués acepta a súa condición de vasalo do Emperador, pero que non deixa de ser un episodio máis no camiño dos portugueses cara a súa plena independencia.

Novas incursións lusas están datadas en 1160 e 1169, posiblemente neste segundo caso contando co apoio do propio bispo Xoán (non esquezamos que moitos dos bispos eran de orixe lusa) ao que o rei portugués Afonso recompensa abondosamente.

A ofensiva que encabeza Fernando II de León (1157-1188) contra a invasión, tras as derrotas portuguesas no castelo de Cedofeita, preto de Pontevedra, e de seguido en Badaxoz significan a recuperación do territorio tudense pola coroa de León. Pero o rei, no caso tudense, toma unha decisión de grande transcendencia. Tenta mudar por completo de política e, no contexto do seu papel de impulsor dos centros urbanos no seu reino, outorga unha carta foral aos habitantes da nosa cidade. Dada a desconfianza que ten no bispo, que fora aliado dos portugueses, con esta decisión procura o apoio dos habitantes de Tui, dos burgueses, na defensa da cidade e, consecuentemente, do reino fronte ás pretensións lusitanas.

Fernando II dálle continuidade en Tui a súa estratexia de reforzar a seguridade do territorio fronteirizo, como fixera anteriormente en Ciudad Rodrigo, en 1161, e outras localidades. O reto era arriscado e de case imposible compatibilidade.

Selo ou "sigillum" de Fernando II

A política de Fernando II combina tres estratexias, ás veces aparentemente contraditorias: fortalecemento da estrutura da Igrexa, apoio na nobreza e fortalecemento da vida urbana, sen esquecer unha forte aposta pola acción militar na fronteira. Todo nun contexto de favorable conxuntura económica.

Fernando II no caso de Tui, como tamén fixo en Noia, Baiona ou Salvaterra, pretende organizar o asentamento poboacional creando novos núcleos ou reordenando, case ex-novo, os xa existentes como é o caso tudense. Este apoio á vida urbana é tamén un intento de reforzar o papel da Coroa. Tanto Fernando II como Afonso VIII concederon numerosas cartas forais, pero isto non cubría as aspiracións burguesas, que pretenden unha autonomía municipal, a dependencia directa do Concello do monarca, liberándose do señorío episcopal. Esta dinámica alongarase en toda a Idade Media. Pero os dous monarcas, como amosou Fernando II en Tui, se chegaba o caso dun conflito aberto, apostaran polo mantemento do señorío aristocrático e non polo establecemento do reguengo.

Así pois o propio monarca, Fernando II de León e a súa esposa, a raíña Urraca, están en Tui nos últimos días de marzo logo da súa recuperación do dominio da monarquía lusa. Destacar que esta Urraca era Infanta de Portugal, filla de Afonso Henriques e Mafalda de Saboia. O que nos ilustra sobre a complexidade da situación política que se vivía nestes anos, pois este matrimonio quería selar unha alianza entre o reino de León e o reino de Portugal, pero as presións de Castela e Inglaterra levaron que o Papa anulase, en 1175, este matrimonio pola consanguinidade entre eles, pois eran curmáns.

E nesa estadía na cidade asinan un documento que marca, para sempre, a configuración de Tui, tanto no seu emprazamento como na súa estrutura social.


Facta carta in villa Bone venture VIII Kalendas Aprilis Era M CC VIII eo anno quo idem famosissimus Rex victoriosissime cepit Regem Portugalie in Badaloucio.
Ego dominus Ferdinandus Dei gratia Hispaniarum rex cum coniuge mea regina domina Urraca hoc scriptum quod fieri iussi proprio robore confirmo
Asi remata este documento que Fernando II e Urraca asinan en Tui (vila Bone venture) o 24 de marzo (VIII kalendas Aprilis, ou sexa oito días antes de abril) do ano 1170 (o ano figura contabilizado na Era hispánica, 1208, que ten unha diferenza de 38 anos co noso computo cronolóxico e que estivo vixente ata o século XIV no reino de Castela e o XV en Portugal).

Neste diploma de 1170 Fernando II dita importantes resolucións para Tui:
1.- amplía o espazo físico da vella Tude, ata agora cinguido ao que podemos chamar “burgo vello” que abranguía a zona da Catedral e a Oliveira, onde estaban as casas episcopais e a Torre de Afonso VII.
2.- Para esta ampliación e para mellorar a súa defensa e a súa salubridade mércalle diversas fincas ao bispo, Cabido e particulares para estender a cidade cara ao Miño. Crea así o espazo de asentamento da nova cidade, pero en ningún caso podemos falar –coma aínda se afirma nalgures- que foi nesta altura cando a poboación trasladouse dende a zona de San Bartolomeu ao alto do outeiro tudense. Ten existido unha continuidade ao longo dos séculos na ocupación deste espazo co que temos de desbotar por completo ese pretendido traslado. Fernando II impulsa un intento exitoso de ampliar este espazo urbano, dotándoo dun sistema amurallado, para acoller a toda a poboación ata agora espallada polos arrabaldes da cidade.
3.- Pero o máis importante é que dota aos habitantes deste enclave dunha carta foral que os subtrae á autoridade e señorío episcopal coa condición de que estes poboadores asumisen a construción da muralla da cidade.
4.- E para testemuñar esta nova xeira na vida tudense concédelle un novo nome a nosa cidade: Bonaventura. So esta decisión non logrará o éxito pretendido.

É de interese enumerar moi sinxelamente o contido desta carta foral que destaca  polo seu carácter igualitarista e impulsor da autonomía municipal fronte ao señorío episcopal:
* exención de tributos como o portadego do sal, décimos ao Bispo e Cabido, caloñas, lutuosa, maniadego,
* inmunidade fronte aos meriños reais
* libre circulación dos seus mariñeiros e  mercancías polo reino
* liberdade de inmigración
* plena propiedade das herdades
Para compensar ao bispo da perda de ingresos que supoñen estes foros, dóalle diversas propiedades.

Pero o reto era excesivamente arriscado e a tentativa de Fernando II dura escasamente un mes, pois en abril de 1170 o rei devolvíalle ao bispo o pleno señorío da cidade e anulaba os foros outorgados aos tudenses.

Aínda que a documentación non é clara, podemos inferir a existencia dunha “revolta” contra o bispo e o seu cabido, a que non seria allea a coroa e os seus delegados en Tui, Martín Muñiz e Paio Martínez, para executar os novos foros da cidade que entraban en contradición directa co señorío eclesiástico. Fronte as pretensións do monarca e dos burgueses tudenses, tanto o Bispo Beltrán como o Cabido reaccionan na defensa dos seus intereses. 

Descoñecemos o alcance desta diverxencia de intereses, se chegou a existir unha auténtica revolta dos tudenses (algúns historiadores pretenden que liderada por Martín Muñiz e Paio Martínez) ou unicamente a reacción episcopal fronte á pretensión de aplicar o establecido na carta foral concedida.
Aos poucos días a decisión do propio Fernando II é irrevogable: confirma ao bispo Beltrán o seu poderío sobre a cidade e o seu territorio, consolidando esta preeminencia en 1179 ao concederlle autorización para erguer unha torre ou fortaleza xunto as casas episcopais da Oliveira. Con todo aquela carta foral recuperou nalgún momento a súa vixencia pois en 1250 Fernando III manifesta que os seus preceptos son os que ordenan o funcionamento da vida tudense.

Pero aquela breve autonomía municipal foi semente de futuros conflitos na nosa cidade, de novas revoltas dos tudenses continuando o ronsel de 1170.

Sepulcro de Fernandoi II no Panteón Real da Catedral de Santiago

En outubro de 2018 neste mesmo blog anunciaba a proximidade deste aniversario (http://tudensia.blogspot.com/2018/10/o-850-aniversario-do-ano-1170-un-fito.html). Recupero, pois seguen plenamente vixentes, os últimos parágrafos daquel post:

Celebramos pois o 850 aniversario dun fito histórico protagonizado polos cidadáns tudenses xunto co rei Fernando II e o bispo da cidade. Aquel momento foi unha das grandes oportunidades da nosa poboación e sentou as bases, coas limitacións que queiramos, para o seu desenvolvemento ao longo dos séculos medievais que só se truncará xa nos séculos XIV e XV, séculos de crises e violencia...

A nosa cidade precisa conmemorar este aniversario, pois o xeito como unha cidade lembra a súa historia –coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír.

Na actualidade tamén nos atopamos nun momento histórico certamente especial como naquel 1170 cando Fernando II á vista da problemática na que vivía á cidade tudense realiza unha aposta ampla a prol do seu desenvolvemento. Hoxe tamén Tui vive nunha conxuntura histórica en que precisa unha nova definición, abrir unha nova etapa para asentar as bases do seu progreso e evolución, ofrecer un proxecto colectivo amplo, como o que incentivou –cos seus atrancos- Fernando II e asumiu á cidadanía tudense, para abrir unha nova xeira na historia da nosa cidade abríndoa a novas expectativas, pensando con realismo, pero con ambición.

Resulta imprescindible unha reflexión en torno á nosa cidade para definir un proxecto colectivo, para xerar unha nova época que defina uns puntos mínimos dende os que basear unhas políticas cidadáns que recuperen o pulso da nosa cidade, que revitalicen o noso acervo patrimonial e social, que posibiliten, como fixo Fernando II e os tudenses daquela época, o inicio dunha nova andaina da nosa cidade e as súas xentes.

A celebración deste 850 aniversario é unha oportunidade excepcional para abrir esta reflexión colectiva, que non pode ser unicamente unha rememoración que “añore” o pasado (cómpre rachar co bucle melancólico en que vive a nosa cidade) senón unha afirmación das capacidade de Tui e as súas xentes para reposicionarse, para repensármonos como cidade.



(*) Con este post realizado en pleno confinamento pola pandemia do Covid19 iniciamos en Tudensia o intento de aportar diariamente un artigo sobre Tui, a súas xentes, a súa historia e tradicións co que contribuír, dende a nosa modestia e humildade, con estas pequenas pingas da nosa historia a sobrelevar estas xornadas. #quedanacasa

O proceso de construción da Ponte Internacional de Tui (I)

$
0
0

O 25 de marzo de 1886 foi inaugurada oficialmente a Ponte Internacional de Tui nun acto solemne que congregou a unha multitude para contemplar o bico que as locomotoras déronse na via férrea no medio da nova ponte. A ponte deseñada por Pelayo Mancebo é un exemplo soberbio da chamada arquitectura de ferro en Galicia, e xunto á Catedral un dos símbolos icónicos de Tui.



Resulta sorprendente que a nosa cidade sexa recoñecida por dous monumentos tan dispares: unha catedral románica e gótica e unha ponte metálica propia da modernidade.
Pero tamén dende hai 134 anos esta ponte é símbolo da perenne comunicación entre Galicia e Portugal, da unión entre Valença e Tui, hoxe expresada na creación da Eurocidade.
En Tudensia temos publicados diversos post relacionados coa Ponte Internacional e a súa significación; neste enlace podemos consultar estes artigos: http://tudensia.blogspot.com/search?q=ponte+internacional
A celebración deste aniversario é unha oportunidade para achegarnos ao coñecemento do proceso de construción desta ponte, que abordaremos en dúas entradas.
Como onte publiquei agardamos ofrecer diariamente un novo post en Tudensia para ofertar a todos os interesados esta minúscula aportación para facer máis levadeiro o actual confinamento.


O PROCESO DE CONSTRUCIÓN DA PONTE INTERNACIONAL DE TUI (I)

A mediados do século XIX o ferrocarril era a expresión máis alicaida de progreso e desenvolvemento dos diversos países. O 1 de novembro de1864 a comisión nomeada polos gobernos de España e Portugal para decidir as comunicacións ferroviarias peninsulares (integrada polos enxeñeiros Eusebio Page Albareda e Inocencio Rodán e os portugueses Francisco María de Souza Brandao e Jose Diego Mascarenhas Mousinho d’Alburquerque) fai público o seu ditame que resultará un lugar de referencia para o futuro. Naquela altura a empresa MZA tiña culminado a liña férrea dende Badajoz ata a fronteira portuguesa quedando inaugurada en 1866, coa visita Lisboa da raíña Isabel II, a comunicación férrea entre ambos países.

Portugal contaba daquela con 680 quilómetros de liña en explotación pero a comunicación con España era exclusivamente polo Leste a través de Badajoz. O informe de 1864 propuña a súa ampliación coas liñas Lisboa-Madrid por Castelo Branco e Plasencia, de Porto a Salamanca, de Beja a Huelva e finalmente a de Porto a Vigo. Xustifican esta última afirmando que era de grande interese “por atravesar la más rica, fértil y poblada provincia del Miño, y porque penetrando en Galicia pondrá en fácil comunicación esta parte de España con Portugal, que es la que hoy por hoy tiene más relaciones, que son ya de gran importancia”. A propia comisión aportaba dúas propostas de trazado, que remataban en Valença para neste punto salvar o río Miño.

Previa a esta tramitación administrativa existe un procedemento político no que teñen singular importancia dous parlamentarios que representaban ao distrito tudense nas Cortes españolas. Trátase de Ezequiel Ordoñez  González (Ponteareas 1845 – Madrid 1918), lider do partido conservador (sector Romero Robledo) na nosa zona e que ocupou importantes cargos como Director Xeral de Obras Públicas, e de Lorenzo Cuenca Sanjuán (Coruña 1798 - Tui 1883) deputado e senador polos conservadores de Elduayen. Ambos realizaran no parlamento unha intensa actividades a prol da consecución da liña férrea entre Guillerei e o río Miño e a conseguinte construción da ponte internacional.

Ezequiel Ordoñez González

Lorenzo Cuenca San Juan

A necesidade desta obra foi máis evidente cando rematouse, en 1878, a liña Guillarei-Tui con Vigo e no ano seguinte xa estaba preparada a liña de Porto a Valença. E así o enxeñeiro xefe dos ferrocarrís internacionais, e antigo membro daquela primeira comisión, Eusebio Page, nomeou, co acordo portugués, ao enxeñeiro Luis Page encargado da redacción do proxecto de enlace entre Tui e Valença.

As alternativas analizadas por Page foron: “Variante da Raposeira”, “Variante de Ganfei” y finalmente el trazado por “Poste vermelho” que foi a escollido en base ao leito do rio, moi encauzado neste lugar e que non presentaba problemas de desbordamento, pero sobre todo pola proximidade a ambas poboacións o que potenciaría o comercio, xa amplo daquela (con especial papel do gando e das hortalizas) pues prestando medios cómodos y seguros a las transaciones, el número de estas crecerá indefinidamente, constituyendo una fuente de riqueza inagotables y de prosperidad para ambas localidades fronterizas”.

Este debate chega tamén á opinión pública e así os xornais como “La Ilustración Gallega y Asturirna”, unha revista decenal de grande prestixio e difusión naqueles tempo, apoia decididamente o trazado do “Poste Vermello”, e en febreiro de 1879 afirma: Por lo mismo que tan necesitada se encuentra Galicia de vías de comunicación parece que pesa sobre ellas un hado fatal. Cuanto mayor es su importancia, tanto más son los obstáculos y dilaciones en llevarlas a término. Tal acontece con el puente internacional que ha de enlazar los caminos de hierro portugueses con los de Galicia (...) Valença y Tuy están reclamando vivamente ese lazo de unión que estreche sus relaciones y borre los rencores que pueda suscitar la diferencia de nacionalidad (...) el comercio y la industria están grandemente interesados en él y que, por lo tanto, no admite más demora la construcción.

Finalmente o autor do proxecto será Pelayo Mancebo Agreda que nun artigo que publica en 1897 na Revista de Obras Públicas resume este debate no seguintes termos:
Este puente enlaza nuestros ferrocarriles de Galicia con los del Norte de Portugal. Los ingenieros de esta nación habían propuesto indistintamente tres pasos sobre el río Miño, cada uno con sus ventajas e inconvenientes peculiares, y escogí la solución intermedia, principalmente, porque situado así el puente a la puerta misma de la plaza de Valencia, en la dirección de la inmediata ciudad de Tuy, podían facilitarse las relaciones entre estos dos centros de población de países hermanos aprovechando los apoyos del puente del ferrocarril para establecer un paso para carruajes y peatones.
El punto escogido se presentaba también desde el punto de vista técnico la ventaja de poder determinar con facilidad y seguridad la luz de obra. Va por allí el Miño tan encauzado, que alcanzando los 310 m de anchura las aguas en el estiaje, no excede de 360 en las avenidas. La luz de puente entre sus estribos es de 330 m.

O 31 de xullo de 1879 asinase en Madrid o acta oficial de sinalamento do paso pola fronteira hispano-portuguesa, participando por parte portuguesa Buenventura Jose Vieira, enxeñeiro xefe dos ferrocarrís de Douro e Miño, Pedro Alves de Averllar Machado, maior de enxeñeiros, e José Bandeira Coelho de Melo, capitán da mesa arma; pola parte española asinan José Montero Rodríguez, comandante do corpo de enxeñeiros, e Eusebio Page, enxeñeiro xefe dos ferrocarrís internacionais. Neste acta acordan  establecer el punto de paso sobre el expresado río (Miño), a dos kilómetros aproximadamente aguas abajo de su confluencia con el Louro, atravesando la carretera de Gaviarra (Valença) y el sitio llamado de las Bornetas (...) la obra necesaria será un puente que servirá tanto para el ferrocarril, como para la carretera, puesto que así se economiza el que con solo este último objeto habría que construir más o menos tarde (...) se ha convenido por los que suscriben, que por el ingeniero español, D. Pelayo Mancebo, se hiciera el proyecto detallado del puente (...) no serán válidas las estipulaciones anterires mientras no hayan sido sancionadas por los gobiernos de ambos paises.


O 26 de febreiro de 1880 o proxecto de Pelayo Mancebo recibía a Real Orde de aprobación. Este deseño tiña a característica de acometer a dobre funcionalidade cunha solución óptima e económica, de asumir as vigas de celosía en lugar das vigas con paredes por la elegante apariencia de éstas, por los adelantos en la fabricación de barras de formas apropiadas, y por su adaptación a las condiciones más favorables de resistencia. A opción de Pelayo Mancebo polo ferro, amais de estética baseábase en razóns técnicas.
He huido de dar a los estribos el aspecto de fortificación, que en obras análogas suelen presentar, porque entiendo que artísticamente, no deben señalarse fronteras entre pueblos hermanos, como son España y Portugal, y porque proyectándose la obra desde el camino de Tuy, bajo los muros de la plaza fuerte de Valença, la comparación entre lo real y lo que imita, había de dar un carácter falso y pueril.

O mesmo Pelayo Mancebo elabora o orzamento da obra que chegaba a 1.259.143 pesetas, correspondéndolle a España o pago de 637.434.86 pesetas.

En maio de 1880 o Goberno de España designa unha comisión política encargada de xestionar todo o referente á ponte, integrada  por diversos parlamentarios entre eles Ezequiel Ordoñez como secretario. O 22 de maio Ordoñez e Cuenca envian ao alcalde tudense, Hipólito Padín, un telegrama co seguinte texto “Acaba de ser aprobado sin discusión nuestro deseo sobre el ferrocarril y el Puente Internacional. Hoy mismo pasará al Senado. Felicitamos cordialmente y hacemos votos para que la fortuna continúe siendo favorable a los destinos de nuestro pueblo”. O 24 de maio noméase unha nova comisión no Senado para a aprobación desta obra na que ocupaba a presidencia outro tudense, Florencio Rodríguez Bahamonde.

Pelayo Mancebo Agreda (Calahorra 1845 – 1912) foi un enxeñeiro de camiños, que ocupou un escano como deputado do Partido Moderado polo distrito rioxano de Arnedo en 1884, e autor de numerosas obras públicas ao longo da Península: a ponte de San Clodio, sobre o río Sil no concello de Ribas de Sil, a de Castejón, en Navarra, o encoro da Estanca en Calahorra ou a ponte, en terras portuguesas, que comunicaba as localidades de Entre os Rios e Castelo de Paiva derrubada no 2001 con numerosas vítimas.


O proxecto de construción da Ponte Internacional de Tui (e II)

$
0
0

Rematabamos onte cunha referencia ao autor do proxecto da Ponte Internacional, Pelayo Mancebo Agreda (Calahorra 1845 – 1912) enxeñeiro de camiños, que ocupou un escano como deputado do Partido Moderado polo distrito rioxano de Arnedo en 1884, e é autor de numerosas obras públicas ao longo da Península: a ponte de San Clodio, sobre o río Sil no concello de Ribas de Sil, a de Castejón, en Navarra, o encoro da Estanca en Calahorra ou a ponte, en terras portuguesas, que comunicaba as localidades de Entre os Rios e Castelo de Paiva derrubada no 2001 con numerosas vítimas.


Mancebo Agrada describe asi a súa obra no devandito artigo de 1890:
ADOPCIÓN DEL SISTEMA.- La importancia de las fundaciones no daba lugar a dudas; había que proyectar un puente metálico, y los tramos rectos estaban indicados; yo entendí desde luego que, asimismo, la continuidad de las vigas; pero como por este tiempo (1878) existía entre muchos ingenieros una verdadera preocupación contra la continuidad en las razones de su adopción, es en lo más que tuve que detenerme.
Adoptados los tramos continuos, yo no dudé en proyectar las vigas de celosía, si bien naturalmente, con hierros perfilados y con mallas de 1m,5 de diagonal; pero resistí al sistema de puentes americano, entonces en gran boga, porque, aparte de otras razones, que me han hecho siempre temerlos, no convienen como los de celosía a las condiciones de la continuidad. Apreciación que he visto confirmada en el tratado de Von Leber de 1889.
Por armonía son también en celosía las vigas de los viaductos de acceso al puente, sobre los que el ferrocarril salva la entrada del camino ordinario por uno y otro lado en el piso inferior de los tramos. La luz de los viaductos es de 15 m, siendo la longitud total de la obra, comprendidos los estribos de este viaducto, de 399m,20.
DESCRICPION DEL TABLERO.- La considerable altura de la rasante del ferrocarril ha obligado a que el camino ordinario vaya por debajo. La anchura entre los ejes de las vías es de 5,50, con lo que resulta para la del firme de 5,30 metros, que creí necesario para el cruce desahogado de vehículos, y aún así obliga á una anchura de la plataforma en la vía , entre los pasamanos de 6,20. El tránsito de peatones se establece sobre aceras voladizas exteriores a las vigas de 1,50 de anchura.

No mes de xuño de 1880 acórdase a construción dunha forte cerca da ponte, para acoller unha guarnición de 200 soldados, que tería como principal misión actuar rapidamente e volar a ponte, no caso de guerra con Portugal. Aínda se conservan fotografías de principios do pasado século que amosan a zona da fronteira tudense, e cuxo titulo é “El fortín”.

O 10 de xullo a Gaceta (o boletín oficial daqueles tempos) publica o concurso para a construción da liña férrea entre Guillarei e Tui, adxudicada en agosto á empresa Aranaz que remata as obras o 1 de xaneiro de 1884 e cuxa explotación estaba dende 1880 nas máns da “Compañia de Medina del Campo a Zamora y Orense-Vigo”.

En outubro 1880 é constituída unha comisión de técnicos para a puxa da obra da nova ponte, integrada, por parte dos portugueses, por Mattos, Teixeira e Simoes de Carvalho, e polo goberno español, Eusebio Page, Eduardo Godino Jimeno e Mameto, que resolven o 20 de xullo de 1881. Na mesma participan oito empresas, entre as que se atopaba a dirixida polo afamado enxeñeiro francés Gustave Eiffel, “Eiffel y Cía”, xunto a outras dúas empresas estranxeiras: “Societé Anonyme International de Construction et d’Entreprise des Travaux Publics Braine-le-Compte”, de Bélxica, e “Societé Anonyme de Cosntrution et des ateliers de Willebroeck”, con despacho en París e dirixida por E. Segris. Participan tamén outras compañías como Carlos Gastañudy, Odriozola, Luis Bovier y Brulla e a Societé Eolosin.

Finalmente resultou gañadora a empresa belga “Braine-La-Compte” cun proxecto reformado e asinado en Lisboa por Eugene Rolin e cuxo orzamento de adxudicación foi de 205.766.000 reais. Deste total correspondíanlle a España o pago de 104.168.010 reais e a Portugal o resto, 101.591.000 reais.

Pelayo Mancebo engade o seguinte comentario:
Verificose el concurso en Lisboa el 30 de julio de 1881. De las diez proposiciones presentadas merece única y especial mención el proyecto de la Sociedad Villebroeck, redactado por Mr. Th, Seyrig. El ponente de la comisión que firma esta nota tuvo ocasión de ponderar el elegante trabajo que, sin embargo, no fue aceptado por la comisión por creerse excesiva la altura adoptada para las vigas longitudinales. Se tuvo en cuenta el proyecto de las pilas y se exigió la correspondiente variación en las mismas a la Societé de Braine-le-Conte, á quien se adjudico la construcción de la obra por haber presentado la proposición más económica para su realización, sujetándose al proyecto aprobado.

Aínda que a primeira pedra foi colocada en decembro de 1881 sendo bendicida polo bispo tudense Juan María Valero Nicarino, sen embargo as diferencias técnicas entre a empresa e os enxeñeiros retrasaron o inicio das obras ata a sinatura dun acordo o 19 de maio de 1882.

Este proceso de construción da ponte suscitou un enorme interese social como fica reflectido no seguimento realizado pola prensa daquel tempo, onde se acollen as expectativas dunha obra que estaba chamada a mudar a economía do Noroeste peninsular.


En xuño de 1882 comezan os traballos de cimentación das pías da ponte. Serán os enxeñeiros construtores belgas Eugène Rolin e o seu irmá Ernest, que axiña foi substituído por Auguste Cazaux máis o enxeñeiro inspector o galego Andrés Castro Teijeiro que serán os encargados de dirixir esta obra. Cazaux realizou na Península numerosas pontes e viaductos (Rúa Segovia en Madrid, ou o de Redondela, Zaragoza ou Santarem). Na mesma haberá 36 operarios nos momentos de menor actividade e ata 66 naqueles de máis traballo. En xaneiro de 1883 o estribo da parte de Portugal xa está finalizado e o 21 de agosto atopábase xa montado o primeiro tramo de ferro.

Namentres en setembro de 1883 se verificaban satisfactoriamente as probas dos tramos metálicos de Guillarei ao Miño, baixo a supervisión do enxeñeiro mecánico Luis Meric. En outubro o goberno portugués entorpece o desenvolvemento da obra por motivos vencellados á cimentación pero axiña son superadas estas dificultades e en febreiro de 1884 remátase a terceira pía, montándose nese mesmo mes tres tramos e medio dos cinco con que contaba a ponte. A finais de xuño o taboleiro da ponte pode ser percorrido xa na súa totalidade, instalándose a vía a comezos de agosto. A principios de setembro de 1884, La Voz de Galicia daba a noticia que a ponte quedaría definitivamente rematada o día 15, e nun número de febreiro de 1885 a descrebe deste xeito:
           Consta de cinco tramos de celosía. Los dos tramos laterales miden una luz de 61 metros, y los centrales 66 metros entre los paramentos de los apoyo. Y se asienta sobre cuatro pilas, dos estribos de 10 metros y dos viaductos laterales de 15 metros cada uno sobre las avenidas de acceso al tablero interior destinado a carretera. Su altura desde el tablero superior sobre el lecho del río es de 23 metros en crecidas ordinarias, y la altura media de las cimentaciones es de 14 a 22 metros.
          La parte metálica fue construida en los talleres belgas de la sociedad Braine-le-Compte. Y en todas las pilas se han construido hornillos, como medida preventiva en casos de guerra.
          Los estribos principales están formados en la parte inferior por dos pilastras y un arco de 4 metros, y en la superior por arcos elegantísimos. Terminan los estribos en cornisa de cantería modelada. La vía, por su parte, está asentada sobre traviesas de roble, elevadas con tirafondos.


No ano 1883 o coronel comandante do exército e capitán de enxeñeiros da comandancia de Vigo, Gerardo de Dorado, redactou o proxecto para a construción dos “hornillos” de mina en previsión dunha guerra con Portugal garantindo, se fose o caso, a destrución inmediata da ponte.

Nas obras “se han invertido 700 kg de plomo y 1.540.365 kg de hierro. La silleria se transportó desde Lanhelas (Caminha – Portugal) y procedía de 24 km de distancia, la mamposteria es de las canteras de Guillarei – Tui, la cal de fábricas de Portugal y el cemento de Zumaya – Vizcaya. Todos estos materiales eran transportados en barcazas remolcadas por lanchas de vapor. Una de estas fue construida en Oporto y el 10 de abril de 1882 era esperada en Caminha para transportar hierrro”


Rematada a obra deron inicio as probas de resistencia; en outubro de 1884, o proceso tivo unha demora por mor do andazo de cólera que houbo en España e que levou a que Portugal decretase o peche das fronteiras. O goberno portugués designou logo unha comisión técnica para recoñecer a ponte, nomeando en xaneiro de 1885 aos enxeñeiros Juan Joaquin Mattos e Augusto Luciano Simoes de Carvalho para o seguimento de ditas probas que tiveron lugar o 6 de febreiro de 1885. As probas estáticas consistiron na colocación de dúas locomotoras de tres e catro eixos, con un peso total de 63 e 68 toneladas, namentres que as dinámicas foron realizadas co paso de máquinas de tren de 60 toneladas, a velocidades de 25 e 35 quilómetros por hora.

As locomotoras portuguesas participantes foron da “Linha do Minho” e chamábanse Gerez, Estrela, Lamel e Marao, namentres que as españolas foron da liña Ourense-Vigo, e tiñan os número 100, 104, 105 e a nº5 “Alfonso XII”, a de menor peso. O éxito das probas levou a que no mes de marzo de 1885 os gobernos portugués e español recibiran provisoriamente esta ponte transfronteiriza.

Pero motivos burocráticos e políticos asi como unha nova ameaza de cólera obrigaron a retrasar a apertura da Ponte.

O acto de inauguración oficial tivo lugar o 25 de marzo de 1886, festividade litúrxica da Anunciación de Nosa Señora, sendo bendicida a ponte polo bispo tudense Fernando Hue Gutiérrez. Amañeceu un día de chuvia e as locomotoras “Alfonso XII” e “Valença” trasladaron ás autoridade de ambos países ao centro da ponte, onde tiveron lugar os saúdos protocolarios. Asistiron, segundo os cronistas da época, ata 20.000 persoas.

As pestes en Tui

$
0
0

Aquilino González Santiso foi un destacado investigador en temas de historia e cultura do Baixo Miño. Salientar o seu papel no Equipo Arqueológico del Bajo Miño, que integraba xunto a Jesús Gómez Sobrino e Xoán Martínez “Tamuxe” e que nos anos 70 e 80 do pasado século tivo unha intensa actividade na comarca. Posteriormente foi fundador e primeiro presidente do Instituto de Estudios Tudense, consolidando o seu labor a prol do patrimonio cultural de Tui e a comarca do Baixo Miño.

No libro das festas de San Telmo de 1994 publicou un artigo que pola súa actualidade, ao abeiro da pandemia do Covid 19, reproducimos de seguido.


Las enfermedades epidémicas fueron siempre una preocupación de las autoridades o gobernadores ya que cuando azotaban a una ciudad eran numerosísimas las bajas que producían en la población. Disponemos de interesantes estudios sobre sus efectos en Galicia (F. Villamail, 1951) o en zonas determinadas como Ourense (O. Gallego, 1973), Vigo (C. González Muñoz), etc pero nos proponemos recordar como pasaron estas pestes por la ciudad de Tui, especialmente aquellas más relevantes  o al menos de las que existe mayor constancia en la documentación.

En 1576 entra la peste bubónica en Galicia y se extiende rápidamente por las principales ciudades y villas, entre las que, evidentemente, Tui no estuvo ausente. Era muy contagiosa y generalmente mortal. Los bubones se manifiestan en varias partes del cuerpo y, en ocasiones, daban a la piel un aspecto atigrado, lo que se conoció como peste negra.

En 1580 hay noticia de la que fue conocida por “catarro”, de ahí que, en muchas ciudades se haya instituido el voto a San Antonio. Pero la que afectó a un mayor número de familias fue la epidemia de cólera (morbo asiático) desencadenada en el año 1598. Esta tuvo su origen en Flandes y entró en España por Santander, propagándose inmediatamente a todo el país, asolando pueblos enteros.

A Tui llegan noticias alarmantes y preocupantes por sus devastadores efectos. El Cabildo se refugia en Bouzas, donde pasa la mitad del año, hasta que en octubre también llega allí la enfermedad y tiene que trasladarse a A Guarda, villa de la que tiene que emigrar de nuevo para volver a Bouzas. No regresaría a Tui hasta enero de 1599 a pesar de que al estar infectada toda la comarca surgen intermitentemente algunos rebrotes.


Las autoridades municipales establecen un cordón sanitario en torno a la ciudad y para ello adoptan medidas drásticas tales como barreras físicas, incautándose de la madera que tuvieran los vecinos para impedir el paso en O Rollo (San Xián dos Lazaros nombre que recibía el hospital de leprosos que allí existía), en el puente de Riomolinos, en el puente Mañoco (camino de la Barca, fuente del Oro) y en Santo Domingo. Estas empalizadas debían estar muy bien construidas y ser infranqueables, pues para ello fueron movilizados los pedreros y canteros de la ciudad. No se permitía entrar ni salir a nadie, hasta el extremo que se sintieron perjudicados los vecinos de Baiona, los cuales consiguen un mandamiento del Gobernador para que se les permitiese la entrada en Tui y a pesar de ello les fue prohibida.

Con estas medidas Tui solo consiguió aplazar en el tiempo la entrada de la peste, que ya rondaba por sus alrededores desde 1571, fecha en que fue invadida Ribadavia, pero en 1598 se saltó las barreras y ya no se detuvo, continuó su avance hasta invadir Baiona, Valle Miñor, Portugal, etc.

Los efectos devastadores obligaron a que la población abandonara sus hogares, originando grandes dificultades para enterrar a los muertos, como ocurrió en Vigo que desde la Colegiata se recomendaba a la población que huyese. Los sacerdotes cansados entonces de registrar en sus libros tanta defunción, empezaron a considerar tan importante como los muertos, dejar constancia de los que quedaban vivos en la familia, que eran los menos, y así lo anotaban en las partidas.

También constan en estos estudios los remedios que se utilizaban en Galicia en esta época contra la peste. Unos solamente estaban al alcance de los ricos y otros eran para los pobres. Los primeros podían acceder a las píldoras salutíferas que había inventado, en el siglo XIV, la Universidad de Paris, a base de mirra y acíbar con azafrán y famoso vino, mientras que los segundos se conformaban  con un manojo de ruda en el seno, para que su olor alcanzase fácilmente la nariz: debían oler constantemente una esponja mojada en vinagre con ruda y perfumar la casa con romero, tomillo, arrayán y hojas de olivo. Las comidas consistirían en dos pedazos de pan tostado y sin beber después.

De esta época es probable que arranque en voto que hizo la ciudad a San Roque, abogado de la peste, y que aún en la actualidad goza de gran devoción popular.



Las pestes fueron sucediéndose cíclicamente a través de los siglos quizás con un carácter más benigno a juzgar por la documentación consultada. No obstante, tenemos constancia de otra que afectó a esta ciudad en el pasado siglo, también de cólera, que trajo a las autoridades sanitarias de cabeza a pesar de disponer de otros medios y estar organizadas las medidas profilácticas y de hospitalización a través de las Juntas Municipales de Sanidad.

Esta llega a Tui a finales de 1853 y principios de 1854. Fue un médico tudense quien la detectó y contribuyó a que se declarase oficialmente el 30 de diciembre de 1853. Este médico-cirujano era Don Eduardo Arines Barros (nacido en 1826) que al dividirse el municipio en cuarteles para hacer más eficaz la atención facultativa, él se encargó de Malvas y Pexegueiro, granjeándose una merecida fama por la eficacia de sus actuaciones, la que le llevó a que el Gobernador Civil le encargase del control de la epidemia que a continuación afectó a Arbo y su distrito. Allí combatió la enfermedad a satisfacción de todos, según reconocimiento oficial hecho diez años más tarde.

En 1855 se declara una grave peste en Caminha (Portugal), llegando a detectarse en un solo día (23.10.1855) setenta casos, lo que obligó a que algunas familias se refugiaran en Tui, a pesar del temor de la población al contagio, inmediatamente se adoptaron las medidas de costumbre y se suspenden las comunicaciones con dicha villa, hasta el día 14 de noviembre que son restablecidas de nuevo.

La veloz propagación de estas epidemias sembraron el pánico en los pueblos y en este estado de psicosis, los gobernantes se ponían en alerta cuando se detectaba algún foco contagioso en cualquier país cercano, de ahí que 1884 ante un brote de cólera en Francia ya se estuvieran adoptando medidas en Tui, como demuestra el bando de la alcaldía que reproducimos.



Aquilino G. Santiso
Del Instituto de Estudios Tudenses
 Publicado en Libro fiesta de San Telmo 1994

Completamos a información ofrecida neste artigo sobre as medidas que adopta o Concello de Tui no ano 1884 diante dunha nova ameza de epidemia de “cólera morbo asiático” e que resume o bando do Alcalde Hipólito Padín.

Previamente o 5 de xullo a Junta Municipal de Sanidad diante das noticias que figuran no Boletín Oficial da Provincia sobre os  medios para combater esta epidemia que se manifestou en Tolón (Francia) acordan que o Alcalde adopte as medidas de prevención xa establecidas e que “con el fin de adoptar las demas medidas que las circunstancias exigan o puedan exigir se nombren comisiones que no solo visiten las casas, sino que propongan cuanto crean necesario al objeto que se persigue y para que estas Comisiones sean los más numerosas posibles se reuna nuevamente la Junta en unión con los Suplentes y el Ayuntamiento el día 12 de actual”.

Noutra sesión o 7 de xullo acorda, entre outras medidas, “que todas las personas que procedan de pueblos infestados vengan a esta Ciudad, lo mismo que sus equipages y bultos sean fumigados en la estación férrea de Guillarey, asistiendo a esas operaciones un individuo ya del municipio ya de la Junta de Sanidad por riguroso turno



Nesa sesión do 12 de xullo de adoptan as medidas recollidas logo no bando da Alcaldía de 16 de xullo, así como crear, se fose o caso, un hospital no cuartel de San Domingos, solicitando á necesaria autorización, igualmente se solicita ao Gobernado Civil que reclame á Deputación Provincial un orzamento para os gastos que puidesen realizarse se chegase a epidemia.

Nesta mesa reunión se aproba crear as comisións que realicen visitas domiciliarias para comprobar a aplicación das medidas contidas no bando da Alcaldía e que en previsión que o cólera chegue antes ao Reino de Portugal se solicita autorización ao Gobernador Civil “para que se puedan establecer lazaretos, fumigaciones y demás necesario a todas las procedencias de aquella nación, por el frecuente contacto que tienen con este pueblo”.

Nunha nova sesión o 14 de xullo a Xunta de Sanidade do Concello acorda en base a división en grupos ao territorio do distrito tudense crear se seguintes comisión encomendándollas, por sorteo, aos concelleiros:

1º grupo Tuy
Comprende las calles de Rollo, Picota, San Francisco, Santo Domingo, Calzada, Pallanes, Olicas y Arrayal
Señores D. Manuel Curty, D. José Novas, D. Eduardo Caballero Canals y D. José García Rodríguez

2º grupo Tuy
Comprende las calles de Canicouba, mitad al Norte de las de Placer, Cuenca y San Telmo, y todas las de Ruanueva, Monjas, Oro y Tyde.
Señores D. Segundo Fernández Gándara, D. Juan Benito Alonso Gil y D. Venancio Lorenzo

3º grupo Tuy
Calles de Corredera, Ordoñez, Olmo, Riomolinos, Aloques, Sarabia y Atafona.
Señores don Joaquín Alfaya, D. Telmo Spuch y D. Emilio Rodríguez de Córdoba.

4º grupo Tuy
Calles de Penedo, Arrabal, Piñeiro, Entrehornos, Seijas, Sanz y mitad al Sur de las de Cuenca, Placer y San Telmo.
Señores D. Alejo Gregores, D. Isidoro Garrido y D. Ramón Gómez Parcero.

5º grupo: Parroquias de Baldranes y Caldelas
Señores D. José Piñeiro, D. Deogracias Hierro D. Felipe Benicio Alvarez

6º grupo: Parroquias de Gullarey y Paramos
Señores D. Calixto Vázquez, D. Manuel Rendo y D. José Pino.

7º grupo: Parroquias de Rebordanes y Rivadelouro
Señores D. Julián Gil, D. Gerónimo Sánchez y D. Gregorio Cruces

8º grupo: Parroquias de Pazos de Reyes y Randufe
Señores D. Manuel Fernández, D. Francisco Serodio y D. José Cortiñas.

9º grupo: Parroquias de Pesegueiro, Malvas y Areas
Señores D. José Diz, D. Telmo Fernández Vila y D. Manuel Martínez Andrade

Nesta ocasión as medidas adoptadas foron de carácter preventivo pois finalmente a epidemia de cólera non chegou a afectar aos nosos veciños.

Mulleres tudenses

$
0
0

A historia é unha disciplina que evoluciona na súa concepción e na súa análise do pasado, pois os historiadores analizando os feitos ofrecemos unha visión do pasado, das sociedades pretéritas e das súas dinámicas. Pero esta visión responde basicamente aos requirimentos do presente, ás necesidades e reflexións que xorden no tempo actual. Así dunha historia baseada nos grandes feitos políticos do pasado, temos evolucionado a unha análise das estruturas sociais e económicas que condicionan e determinan os acontecementos e a evolución da sociedade. Hai varias décadas a historia centrouse na análise das mentalidades, da vida cotiá, da historia dos sen historia, dos que non figuran nas crónicas nin nos relatos do pasado e en esporádicas ocasións aparecen nalgún documento que teña chegado aos nosos días.


En paralelo ao proceso social que vivimos na actualidade de reivindicación do papel da muller na sociedade, dos procesos de igualdade en todos os ámbitos, dunha lectura feminina, e ás veces feminista, da realidade, a análise histórica se achega, con xustiza, na análise do papel das mulleres nas sociedades ao longo do tempo. Certamente, ata agora o papel que a muller ten xogado na sociedade non era valorado e tantas veces silenciado.
Pero o meu obxectivo non é facer unha reflexión sobre o papel da historia e dos historiadores, senón realizar unha pequena aportación dende Tudensia a visibilizar a achega que tantas mulleres teñen realizado ao longo dos séculos a todos os ámbitos da vida tudense. Pero especialmente rescatar do anonimato o nome daquelas mulleres que no devir do tempo realizaron algunha aportación que ten enriquecido a nosa historia colectiva e que son merecentes do noso recoñecemento.

Achego de seguido unha relación de nomes de mulleres tudenses que, ao longo do tempo, teñen deixado unha pegada na nosa historia. Pero é, claro está, unha lista incompleta á que cómpre sumar mais nomes. E para esta labor, aproveitando este tempo de confinamento, solicito a colaboración dos lectores de Tudensia.

Con este listado que figura de seguido abriremos unha páxina neste blog que se manterá permanentemente accesible, e que denominaremos “Mulleres tudenses”. Aqueles seguidores que desexen enriquecer este listado lle rogo que envíen un comentario a este post ou entrada do blog, onde figure o nome e unha semblanza breve da muller e, se fose o caso, algunha referencia bibliográfica.

Estas achegas as irei subindo cada día á paxina “Mulleres tudenses” na confianza que entre todos lograremos darlle presenza e difusión a tantas e tantas mulleres de Tui que ao longo do tempo teñen contribuído á nosa vida colectiva e que, por tanto, reclaman ser coñecidas por toda a sociedade.

Gracias de antemán aos que se animen a colaborar.



MULLERES TUDENSES

Relación de mulleres que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada na vida tudense, cunha mínima referencia da súa achega e traxectoria (todas elas xa falecidas)


AGUSTINA, Isabel
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio de las hermanas clarisas de Tui, p. 16



ALVAREZ, Beatriz
Solteira, filla de Enrique Mendez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

ALVAREZ DE LEON, María
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader, veciña de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

ALVAREZ MENDEZ, Catalina
Natural de Viana en Portugal, solteira, filla de Enrique Méndez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

BAHAMONDE, Rosa
Rosa Epifania Rodríguez-Vahamonde y Dominguez, naceu en Tui o 22 de maio de 1832 e faleceu en Madrid o 1 de abril de 1898, deixando un cuantioso legado ao Hospital de Tui en memoria do seu pai, o político e académico Florencio Rodríguez Bahamonde
En Fernández Valdés: “Familias antiguas de Tui”, 1958, p.118


CONCHEIRO GARCIA, Ascensión (Chonchiña)
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 112-113


CORONEL, CATALINA
Natural de Salvaterra, viuva de Tomé Rodríguez, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORONEL, Isabel
Muller de Antonio Paz, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada, año de 1621” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORREA, Josefa
“Vivió en el siglo XVIII. Esta señora inventó un sistema de hilar al torno y fundó en Tui una escuela gratuita, por lo que mereció en 1785, la honrosa distinción de ser la primera persona de su sexo a quien confirió el titulo de socio de mérito de la Real Sociedad económica de Galicia”
En: Fernandez Valdés, m.: Familias... p. 43

CRISTO, Blanca de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio... , p. 16


CRISTO, Leonor de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

CRUZ, Ana de la
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

DELGADO PIÑAR, María del Pilar
Profesora de Xeografía e Historia do Institito de Tui (1936)

ENRIQUEZ DE MUÑOZ, Inés
Esposa de Álvaro de Soutomaior, fillo de Pedro Madruga, soterrada nun dos arcosolios da Igrexa de San Domingos de Tui (sec. XV)

FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Emilia
Alumna de 4º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “Nuestro Instituto” (1935), “San Telmo, patrón de Tuy y de los navegantes” (1936)

FRANCISCA, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

G. LORENZANA, Isabel
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “Quisiera estar en Babia” (1936)


GARCIA SEGRET, Josefa
Aínda que nada en Santiago, casada con Hipólito Gallego Camarero mestre en Forcadela-Tomiño e vítima da represión política do franquismo en Tui, con episodios que recolleu no seu libro “Abajo las dictaduras” (1982).
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 186-187


GARCIA-VALDECASAS SALGADO, Julia
Aínda que natural de Barcelona sempre estivo vinculada a Tui. Foi, entre outros cargos, Ministra de Administracións Públicas de 2003 a 2004.

GOMES, Isabel
Natural de Viana, en Portugal, neta de Manuel Falcón, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

GOMEZ, Antonia
Viuva de Fernando Pereira, natural de .... veciña da cidade de Tui “quien fue muger de Diego Falcón, herege judaizante, reconciliada, año de...” (Sambenitos da Catedral de Tui)

GONZALEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

GONZALEZ RODRIGUEZ, Julia
Mestra e primeira muller concelleira na Corporacion Municipal de Tui en 1973

HENRIQUEZ, Antonia
Viuva de Duarte Coronel, veciña da cidade de Tui condenada pola Inquisición, ausente, “herege judaizante ante reconciliada, relajada en estatuta” ano 1619 (Sambenitos da Catedral de Tui)

IZQUIERDO DURAN, Pilar
Directora do Hogar Rosendo Salvado de Auxilio Social en Tui
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.83


JASO, Evangelina
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 220

JASON LIDNER, Elfride
Profesora de lingua francesa do Instituto de Tui (1935)

MARIA DE LAS NIEVES
Natural de Tui, muller de Pedro Corera, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada año 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui).

MARTINEZ, Aurelia
De Tui, colaboradora de El Correo de la Moda
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 262


MALLO, Maruja
Pintora, natural de Viveiro (1902) viviu de nena en Tui, onde naceu o seu irmá o escultor Cristino Mallo (1905). Escrebe unha serie de artigos sobre a represión en Tui no diario barcelonés La Vanguardia en 1936: Relato veraz de la realidad de Galicia.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 192-194

MENDEZ ENRIQUEZ, Blanca
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader e veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

MENDEZ DE RIVADENEIRA, Isabel
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mender, mercader, veciño de Tui, condenados pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

MONTENEGRO Y SOTOMAYOR, Paula
“Venerable Madre Paula Antonia de San Agustín (Paula Montenegro y Soutomaior) bautizada en la Catedral el 8 de marzo de 1631 y murió en olor de santidad en 1687 en el convento de las Agustinas Recoletas de Villagarcia”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

MONTEGRO Y SOTOMAYOR, Isabel
“Venerable Madre Isabel María de Santo Tomás (Isabel Montenegro y Soutomaior) nacida en 1627, que falleció en 1712 en el mismo convento de Villagarcía, tambien en olor de santidad, obrando la Divina Providencia muchos prodigios en vida y en muerte de ambas hermanas”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

NÚÑEZ NOVÁS, Amalia
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “El Miño quiso ser mar” (1935)

PEREZ, Inés
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

RODRIGUEZ, Cándida
“Martir de Sobredo”, unha das persoas mortas a tiros pola Guarda Civil o 28 de novembro de 1922 na manifestación antiforal de Sobredo – Guillarei. Era de Pazos de Reis e estaba embarazada.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379

RODRIGUEZ PUMAR, Amalia
Alumna do Instituto de Tui, autora de obras na exposición celebrada en Vigo polos alumnos do Instituto dirixidos polo seu profesor Benito Prieto Cussent (1935)

SANTOS, Ana de los
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

SARAVIA, Antonia
Muller de Tomé Coronel, veciña de Tui natural de Baiona. Condenada pola Inquisición por “herege judaizante”, reconciliada en 1617 (Figura nos Sambenitos da Catedral de Tui)

SUAREZ SARMIENTO, María
Vicaria (Superiora) e fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

TATO, María
Pianista premiada no Certame musical de Tui, celebrado en abril 1890
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379


TORRES, Clara
Mestra e pedagoga

VAZ MENDEZ, Margarita
Viuva de Miguel Coronel, filla de Enrique Méndez, mercader, veciños de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

VAZQUEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

VILA BÉLA, Mercedes da
Alumna de 6º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “El sueño de los alquimistas realizado...?” (1935), “Los hijos de Pilichinela de Benvanete” (1935)

Un artigo de Marga do Val sobre Tui: "Nós, na Gran Maza"

$
0
0

Los pueblos viejos, los que tienen historia, suelen tener también su novela. Santiago. Tui, Monforte, ofrecen al escritor los rasgos firmes de sus fisionomias acusadas, que el tiempo ha ido dibujando con duros trazos de piedra (...) todo el conjunto, en fin, trabajado por los años, de la ciudad brinda al observador su acusada personalidad novelesca”... asi escribía Xosé María Álvarez Blázquez no “Suplemento del sábado” do xornal “La Noche” de Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1949.


Con estas palabras inicia unha serie de colaboración naquel xornal da tarde compostelá que baixo o título de “Tuy en la novela” se achegaba a varias obras literarias centradas en Tui de Leopoldo Martínez Padín, Benito Vicetto, Camilo Bargiela, Dr. López de la Vega, Mauricio Bacarisse, Aquilino Ribeiro o Camilo J. Cela. Habería que engadir a esta lista os nomes do propio Xosé María Álvarez Blázquez, de Roque Cameselle, Fernando J. Álvarez, etc.

Tamén na poética a cidade de Tui ten ocupado a atención de diversos autores locais e foráneos, entre moitos outros: Camilo Bargiela, Teodosio Vesteiro Torres, os irmás Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Manuel Lago González, Manoel María, Manolo Rivas ou Marga do Val.

Con todo, Tui segue agardando mais nomes que se sumen a esta relación, por que os tudenses precisamos que dende a creación literaria podamos coñecernos e recoñecernos dun xeito máis nidio e expresivo, por que, tantas veces, a literatura logra expresar o que non se logra a través doutros medios.

Marga do Val co seu poemario “A cidade sen roupa ao sol” acadou no ano 2011 o Premio da Crítica (ver neste mesmo blog: http://tudensia.blogspot.com/search?q=marga+do+val). A voz de Marga do Val recolle, nos poemas deste libro e en tantas oportunidades, a alma tudense, nos aprende a ler novas páxinas da nosa personalidade, que fan agromar parágrafos ocultos, ou quizais, roubados da nosa existencia... pois a palabra escrita ten a capacidade de abrir novos espazos, novos mundos ao poñer en negro sobre branco o que os demais tantas veces sentimos pero non somos quen de expresar.

Amais das súa obra poética, de tradución ou investigación literaria, Marga do Val é unha columnista habitual na prensa. Mantiña no semanario “Sermos Galicia” unha columna periódica, “No Folón” que agora continúa no xornal “Nós”. O pasado 17 de xaneiro publicou unha columna que, centrada nas súas vivencias na cafetería tudense “La Gran Manzana”  e na aparición do xornal “Nós”, transcende, con moito esta experiencia persoal, para achegármonos, coa súa sensibilidade, a unha parte do espírito que alenta nesta cidade.

 

No Folón.

Nós, na Gran Mazán.

Todas as cidades e os lugares máis pequenos teñen un punto neurálxico; un punto nesa articulación de vértebras, do rueiro, da espiña dorsal que se converte en paseo obrigado, en sala aberta ao mundo. En Tui ese lugar, paséase, vívese, como en moi poucas cidades que coñezo. En Tui aínda pensamos camiñando; Corredoura arriba, Corredoura abaixo, arranxamos o mundo, somos cidadanía peripatética. Aínda pasamos o exame -aprobamos ou non- de quen ocupa os bancos, de principio ao fin, todas as tardes, de quen os deixaba libres os domingos para que, só nese día, viñese pasear a aldea que traballa. Aquí temos a nosa gran mazán, cos nosos dialectalismos, co noso ritmo de vida de non andar ás présas, con horarios comerciais máis acaídos para reivindicarmos a preguiza e o dereito á lentitude, para saborearmos cada raiola de sol, para nos deleitarmos nas noites de verán até que chegue a alba, para vermos a cara de abraio de quen vén de fóra e non pode entender ese xogar, esa alegría nouturna da rapazada pequena até ben entrada a noite. Aquí, as horas do café poden ser todas e moitas horas se poden botar nos cafés. Eu vivín neste punto e sei do que falo. Teño o meu café preferido do mundo nesta gran mazán, chámase La Gran Manzana, poderíase chamar The Big Apple e quedaríalle ben. No seu interior nunha parede pintada, sobre a cidade The Big Apple, un home toca o saxo, en primeiro plano, e a ponte internacional que atravesamos tantas veces, conecta eses enormes rañaceos coa cidade de Tui, coa catedral no fondo. E isto é así, esa conexión existe, sen complexos. Aquí, Aquilino, pon a mellor música para cada momento e Mónica atende no meu galego, o de Mosende. Aquí teño asistido nese silencio educado de estar na mesa do lado, a magníficas conversas, en faladoiros diarios, pola volta das once da mañá, teño aprendido moito dese grupo de homes e das súas múltiples lecturas, poño a orella, escoito e resisto e non falo, feliz como espectadora silente. Este café salvoume da morte por tristura e deume a vida, púxome a andar nas mañás para tomar rumbo. Aquí, lin, escribín e sufrín o pánico ao espazo sen caracteres que arquivar. Aquí, vin crecer Tamiru, Mónica, pequena, e Carmen. Aquí chorei mortes e celebrei vidas. Aquí gardan as chaves da miña casa, imaxe da miña ausencia. Aquí o transcorrer do tempo márcao a xente de todos os días, co seu entrar e saír: comerciais, traballadoras da banca, funcionariado dos xulgados, mocidade co primeiro pasaporte, o grupo do dandi, as vellas misias e Damas do Anel para xulgaren todo e  poñérense estupendas e quen quere rematar o día cunha boa conversa. Aquí lense xornais e fálase das novas dos xornais. Este café situou Nós, Diario, na gran mazán, fala sobre as novas de Nós, que non están noutros xornais. Introduce Galiza na conversa dos mellores faladoiros, no debate, nos xuízos, visibiliza a lingua galega, sitúaa no punto neurálxico, conectanos pola ponte coa The Big Appel, mostra a nosa identidade a quen vén de lonxe e vai de paso, sen complexos. Sen complexos, se está Nós, estamos máis felices, na mellor compaña, coa mellor música e co mellor café na Gran Mazán.

Francisco de Caldas Pereira e Castro, singular xurista tudense no século XVI

$
0
0
A dilatada historia tudense fornece abondosos nomes merecentes de lembranza pola súa achega á vida social ou cultural non xa da nosa localidade senón da Península Ibérica e, como no caso que hoxe nos ocupa, mesmo de Europa. A sona do xurista Francisco de Caldas Pereira e Castro alongouse polo vello continente nos séculos da Idade Moderna, pois os seus libros sobre dereito acadaron prestixio dabondo e foron referencia obrigada en numerosas universidades. Na actualidade é un descoñecido para a inmensa maioría dos tudenses cando estamos diante dun persoeiro de singular transcendencia pola súa aportación ao mundo do Dereito.

Portada actual da Casa ou Pazo de Arcos - Randufe

Francisco de Caldas forma parte da liñaxe dos Pereira de Castro, unha antiga familia de orixe portugués, en concreto, segundo informa Ernesto Iglesias Almeida, na antiga casa e torre da Camposo, na montaña de San Pedro de Arcos (Ponte de Lima). Un nome que traspasa á terras tudenses de Randufe, con homónima casa e torres de Arcos, da que hoxe só conservamos os restos do seu portalón de entrada e escudos familiares, que tamén podemos atopar na igrexa de Santa María da Guía, a antiga capela dos Remedios desta casa ou pazo señorial. As mesmas armas as documentamos tamén en dous sepulcros de San Domingos e nunha casa da rúa Canicouva.

Escudo na porta da Casa ou Pazo de Arcos - Randufe


Como sinala Manuel Fernández Valdés nos cuarteles do seu escudo “están representados los Pereira, con la cruz de Calatrava, que apareció al caballero portugués, primero de este apellido, sobre un peral, en la batalla de las Navas de Tolosa. Los Castro, con seis roeles; la quinas de Portugal, que pertenecían al apellido Sousa; los Cadavales, con dos lobros afrontados a un pino y encima de este los despojos de un águila. En la casa de la Canicouva se añade otro cuartel, un sarmiento con racimos, que son las armas de los Bacelar”.



O primeiro membro coñecido desta familia en Tui é don Antonio de Caldas Pereira de Castro Sousa y Magallanes, fidalgo, cabaleiro da Orden de Santiago, estivo na casa real portuguesa de Filipe II e foi comendador da Orde de Cristo –a máis importante do Reino portugués-, era oriúndo desta terras miñotas. Foi señor da Casa de Arcos, na parroquia tudense de Randufe, e faleceu o 4 de novembro de 1592 sendo soterrado na primeira das tres sepulturas que posúe esta casa na Capela das Angustias da Catedral tudense. Ernesto Iglesias contradí esta afirmación de Manuel Fernández Valdés afirmando que o seu pasamento foi o 11 de decembro de 1592, sendo soterrado no Panteón que a familia tiña coas súas armas no claustro do convento de San Domingos. Na capela das Angustías da catedral foi soterrado o seu fillo Paulo Pereira de Castro y Cadaval que casado con María de Montenegro constituíu o morgado e vinculo de Arcos, en Randufe.

Casou Antonio de Caldas con dona Francisca Cadaval, filla de don Juan de Cadaval, Rexedor perpetuo de Tui e irmá do humanista tudense Álvaro de Cadaval de quen xa nos temos ocupado neste blog (http://tudensia.blogspot.com/2014/08/o-humanista-tudense-alvaro-de-cadaval.html)

Un dos seus fillos é Francisco de Caldas Pereira y Castro. Murguia sinala o seu nacemento en Tui, a mediados do século XVI, namentres que Nicolás Antonio e outros autores din que era portugués. Coinciden a maioría dos autores en sinalar como data do seu nacemento o 8 de xullo de 1543 na nosa cidade. Sábese que os primeiros estudos de Francisco transcorreron no seu Tui natal, nunha das dúas escolas que daquela funcionaban na cidade: a catedralicia ou a dos dominicos no seu convento. Posteriormente, trasladaríase a Compostela ao obter unha bolsa para cursar Humanidades no Colexio de San Xerome. Continuaría os estudos de bacharelato en Leis en Salamanca, tendo como profesores aos célebres Manuel Costa e Hector Rodríguez, aínda que obtivo finalmente a licenciatura en Coimbra no 1578.



Exerceu a avogacía en Lisboa e Braga. Foi oidor (“desembargador”) da Audiencia de Porto e conselleiro do Rei Felipe II en Lisboa, nos tempos de unión dos reinos de Castela e Portugal, e cabaleiro da Orde de Cristo. En 1597, poucos meses antes da súa morte, foi nomeado profesor de Dereito Cesáreo da Universidade de Coimbra. Francisco de Caldas morreu, o 7 de setembro de 1597, deixando gran parte da súa produción inédita.

Casara en Portugal con Ana Rocha de Araujo, filla de D. Antonio Francisco de Alcazoba, procurador da Coroa e Alcalde Maior de Erededo A súa viúva encargouse de buscar o financiamento necesario, xestionando a publicación das obras do seu marido.

Segundo Rioboo “da muestras de un gran magisterio en las más dificiles materias de la jurisprudencia, pero en el tratado de renovatione emphiteusis se escedió a si mismo, por que fué de los primeros que ilustraron este dificil asunto”, referíndose ao censo enfitéutico ou foro, unha cesión temporal do dominio útil dun ben a cambio do pago dun canón.

Segundo J. F. Ogando Vázquez, que lle dedicou un amplo estudo en 1971, “una parte fundamental de la obra jurídica de Caldas versa sobre la enfiteusis, cuyas lamentables consecuencias para el pobre cultivador de la tierra no hace falta poner de relieve. Bajo el disfraz de un contrato jurídico, la masa campesina queda sometida a las exigencias del señor [...]. Caldas compartió la dramática situación del pueblo portugués, asistiéndole con todos los resortes profesionales [...] intentando crear una doctrina jurídica [...] una conciencia social que hiciese posible la redención de los humildes”.

O foro é unha figura xurídica espallada amplamente na Idade Media e que chegou ata as primeiras décadas do século XX na nosa terra, e que xa no século XVI preocupaba aos estudosos do dereito como Francisco de Caldas.

Avila y Lacueva sinala que “reunía D. Francisco a su elevada sabiduria una aplicación grande al estudio de su facultad, y de aqui resultó el bentajoso beneficio público de dedicarse a escribir sobre lo mismo que leía, y en efecto escribió mucho y bueno, de que se hicieron varias impresiones en Lisboa, Coimbra, Antuerpia (Amberes), León, Francfort y en Madrid

Destacou Francisco de Caldas como notable filósofo do Dereito, tendo estudado practicamente a todos os filósofos gregos e aos xuristas latinos do período republicano da historia romana. Escribiu diversas obras, entre as que salientan "Receptarvm Sententiarvm", "Quaestionvm Forensivm, et cotroversiarvm civilvm", amais de compilacións e comentarios aos testamentos inoficiosos e decisións dos emperadores romanos Maximiano e Deocleciano.



Foi tamén comentarista das ordenacións manuelinas( do rei D. Manuel I de Portugal), de onde se deduce que Caldas Pereira foi un “iuspublicista”, o que representaba, na súa época, alguén que se propuña investigar as relacións entre a lei natural e a orixe do poder político. Así, os vínculos existentes entre a xustificación do poder monárquico en Portugal e súa dimensión xurídico-natural, era un tema bastante afondado a partir dos escritos de Caldas Pereira. Se evidencia a influencia da chamada “Escola de Salamanca” na súa formación e que ten en Francisco de Vitoria o seu principal expoñente.

Faleceu antes de ver publicada boa parte da súa obra. Aínda que a súa viúva e o seu fillo Gabriel procuraron editar as súas obras, é difícil facer unha relación segura das mesas polas múltiples edicións realizadas no século XVII en toda Europa.

O conxunto do seu traballo foi publicado finalmente en sete volumes en 1660. E cento cincuenta anos logo da súa morte, 1745, volveuse recompilar a súa obra con título deOpera omnia iuridica” en Cologny (Suiza).

O seu fillo Gabriel Pereira de Castro naceu en Braga e salientou tamén como xurisconsulto e notable escritor e, como o seu pai, estudoso da política. Escribiu "Decisiones Supremi Eminentissimique Senatus Portugaliae ex Gravissimorum Patrum Responsis Collectae, Noverteque impressae, et correctae legibus et auchoritatibus in gripfo positis" e "Manu Regia", verdadeiros tratados de ciencia xurídico-política, o que resulta innovador no seu momento en que se abordaban con máis dedicación os temas do dereito civil e canónico.

Outro fillo de Caldas figurou como grande xurista do final do século XVI e inicio do século XVII: Luis Pereira de Castro, “deputado e desembargador dos agravos da Casa da Suplicação”, foi licenciado en Dereito Canónico. Elaborou a obra "De Lege Mentali", e salienta por participar no Congreso de Westphalia, en 1648, evento decisivo para a fundación dos Estados Modernos na Europa barroca.



Sen sombra de dúvida, afirma o bloguero Marcos Boeira, tais autores foram precursores da ciência jurídica em Portugal, tendo preparado o caminho para o desenvolvimento das ciências canônicas, políticas e jurídicas que alcançariam estatura superior ao período da restauração, a partir de 1640, com a volta da dinastia lusitana ao trono, com D. João IV. Ora, os juristas da restauração, como Gouveia Velasco e outros encontrariam nos intelectuais citados as fontes necessárias para a formulação de uma teoria justificativa do poder sedimentada na tradição clássica, formulada tanto na teologia patrística e escolástica- com o Governo dos Príncipes de Santo Tomás de Aquino e também nas fontes dos concílios de Toledo e nas obras de São Isidoro de Sevilha- como também nas obras dos discípulos de Francisco de Vitória, uma vez que a influência da Escuela de Salamanca em Coimbra e no pensamento português era fortíssima. Temos, assim, os primórdios de uma autêntica ciência jurídica portuguesa, de cunho tomista, fundamentando o momento mais decisivo da história de Portugal: a Restauração. (en http://www.midiasemmascara.org/artigos/direito/11644-os-juristas-portugueses-e-a-restauracao.html)

A figura de Francisco de Caldas Pereira e Castro é un exemplo máis do papel que a cidade de Tui xugou ao longo dos séculos na relación entre Galicia e Portugal, formando parte dunha liñaxe que vive entre ambos reinos e participa activamente na vida social e política de ambos territorios. Nesta caso no ámbito xurídico que no seu momento acadou sona en toda Europa e que hoxe cómpre rescatar do esquecemento e recuperalo á memoria da nosa cidade.
Viewing all 229 articles
Browse latest View live