Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

Parlamentarios tudenses (I): entre absolutistas e liberais

$
0
0

A cidade de Tui pola súa condición de capital de provincia, ata 1853, pola súa posición como sede episcopal, e como cidade que contaba cunha burguesía acomodada e un conxunto de funcionarios públicos será, perante numerosos anos, un fornecedor de parlamentarios que representarán a este distrito ou outros e que amosan as diversas circunstancias políticas polas que transitou o noso país a longo do século XIX.

Vista de Tui de George Vivian, 1838

A relación que hoxe ofrecemos non é, dende logo, completa e baseámola na consulta de diversas fontes documentais e bibliográficas co que, de seguro, haberá omisións e valeiros.

Coa invasión francesa iniciase o século XIX; diante da falta de poder se constitúe unha Xunta Provincial contra os invasores, que envía un represente a Xunta Superior do Reino de Galicia, con representantes das sete provincias, creada o 5 de xuño de 1808, na que a cidade tudense estaba representada por Manuel María Avalle. Aínda que evidentemente non era un parlamento a Xunta funciona como máximo órgano de goberno. Avalle era fidalgo, rexedor do Concello de Tui, señor de Fiolledo e Salceda (onde residía). Xunto ao conde de Ximonde representará a Galicia na “Xunta Central”, constituida en Aranxuez o 25 de setembro de 1808. A ameaza napoleónica obrigou ao traslado desta Xunta a Badaxoz, Sevilla e finalmente Cádiz. Aínda que Avalle foi acusado de afrancesado e de pasarlle información ao goberno de José I, co retorno de Fernando VII mantivo sempre un apoio explícito ás ideas absolutistas, como logo sinalaremos. 

Tras a expulsión dos franceses no 1819 foi constituída na Coruña a Xunta Superior de Galicia con representación das sete provincias, formaba parte da mesma en nome de Tui: Cosme Seoane e o cóengo Antonio Umbría.


Cosme Rodríguez Seoane, estudara leis en Compostela e fora xuíz en varias xurisdicións do Conde de Salvaterra, cando a entrada dos franceses era xustiza da cidade de Tui, e dende primeira hora percorrerá o territorio provincial animando e promovendo a cooperación entre todos para a loita contra o francés; el mesmo será o responsable dun dos campamentos de asedio á cidade perante o cerco de Tui. Logo, tras a saída dos franceses de Galicia, terá un importante papel como membro da Xunta Superior de Galicia en representación da provincia tudense. Posteriormente será oidor da Real Audiencia de Galicia en el 1827 será nomeado polo Rei cóengo da Catedral de Santiago.

Pola súa banda, Antonio Umbría Alcalde, colexial da Universidade de Salamanca, era cóengo penitenciario da catedral tudense, foi electo polo Rei como bispo de Valladolid en 1821 aínda que non obtivo o placet de Roma, ao existir acusacións que o consideraban membro dunha asociación secreta de caracter liberal, denominada “Los comuneros”.



Nas denominadas Cortes de Cádiz, convocadas en 1810 diante da invasión francesa e a usurpación do poder, representan ao distrito tudense as seguintes persoas:


Agustín Rodríguez Vaamonde (ás veces figura como Bahamonde), avogado dos Reais Consellos foi deputado nas Cortes Constituíntes de Cádiz en 1810, ocupando a súa Secretaria. En posteriores comicios ocupará de novo escano de deputado. De tendencia liberal pertence a unha familia con longa traxectoria política. A súa figura ocupara a seguinte entrega desta serie de artigos.


Antonio Durán de Castro, cóengo e avogado da Audiencia de Galicia, alcalde maior e rexedor decano do Concello tudense, defensor das teses absolutistas. Temos o dato que dende Santiago de Ribarteme en 1812 pediu unha primeira prorroga para non asistir ás sesións en Cádiz e finalmente comunicou que estaba sumamente enfermo.

Tamén representa á provincia tudense, como suplente, o vigués Manuel López Araujo, oficial da Secretaría de Facenda e que foi Ministro de Facenda (interino no ano 1813 e titular no ano 1816).

Formaba parte da representación do Reino de Galicia outro rexedor do concello Benito María Mosquera e Lira, que unicamente participa no primeiro mes. Este Mosquera e Lira era un fidalgo con casa nas terras de Mourentán.

No ano 1813 convócanse un novo proceso de eleccións, neste caso de carácter censitario e excluíndo explicitamente a reelección dos integrantes das Cortes de 1810.

Representaran á provincia tudense Manuel María Avalle, rexedor da cidade e que fora integrante da “Xunta Suprema Central e Gubernativa” entre os anos 1808 e 1810, de tendencia absolutista moi marcada dende a volta de Fernando VII. Avalle será un dos 69 parlamentarios asinantes do coñecido como “Manifiesto de los persas”, de 12 de abril de 1814, no que pedía a supresión da Constitución de Cádiz e o regreso ao réxime absolutista, como decretará Fernando VII o 4 de maio de 1814.

O outro representante da provincia tudense Policarpo Rodríguez Correa, abade de Vide – Arbo, fora catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago nos anos finais do século XVIII promovendo a súa reforma e modernización e logo cóengo penitenciario na catedral tudense e membro da Xunta Superior de Galicia no ano 1811.

Como suplente figuraba Francisco Arines Troncoso, que non chegou a tomar posesión. Era segundo comandante do Batallón do Miñor en 1823 e formaba parte dunha familia orixinaria de Redondela e asentada en Tui había poucas décadas.


Coma curiosidade cómpre citar que  bispo tudense, Juan García Benito, foi elixido nestes comicios como deputado por Extremadura, aínda que a elección fora anulada posteriormente por diversos defectos.


Parlamentarios tudenses (II): a egrexia figura de Agustín Rodríguez Vaamonde

$
0
0
Reincorporado ao poder Fernando VII anulou as Cortes de Cádiz e a súa obra lexislativa e restaurou o absolutismo, en maio de 1814. Tras o pronunciamento de Riego en Galicia no mes de febreiro de 1820 se suman as diversas cidades e vilas, abrindose o coñecido como trienio liberal (1820-1823). A vida política tudense neste período resulta certamente convulsa, reproducindo o forte enfrontamento entre liberais e absolutistas que existía en toda España.

Semanario Pintoresco Español, 1847

En Tui ao coñecerse o levantamento de 1820 créase unha Xunta absolutista presidida polo coronel Marcó del Pont, furibundo defensor do absolutismo, pero a chegada dun destacamento procedente de Vigo fai fuxir a Marcó del Pont co seu pequeno grupo militar o 27 de febreiro de 1820. Curiosamente en Tui a oposición ao réxime liberal non estará encabezada polo bispo, Juan García Benito, que adopta unha actitude moderada e que mesmo afirma nunha pastoral que “defender la Constitución no es ponerse contra la religión” senón por diversos persoeiros que promoven unha “Junta Apostólica”.

Esta xunta, defensora do absolutismo, estará presidida por D. Juan Ramón de la Barcia, médico do Cabido e procurador, xunto a D. Manuel de Castro, barón de Sancti Johanni, D. Ignacio Manuel Pereira, señor de Reboreda e do Pazo da Xunqueira, D. Tomás Blanco Cicerón, capitán do Rexemento de Tui, D. José Pérez de Limia, crego de Valadares, D. Basilio Gil Araujo, crego de Cequeliños, D. Manuel María Núñez e D. Manuel María Avalle, señor de Fiolledo e exdeputado. Xunto a eles apoiaban o movemento contrarrevolucionario o cóengo Vázquez Bazán ou Frei Tomás Blanco. Os seus integrantes tiveron de refuxiarse, xa en 1820, en Portugal, onde Avalle foi Presidente da Xunta. Perseguido e incautados os seus bens, Manuel Maria Avalle foi un exemplo de fidalidade ás súas conviccións absolutistas.

A caida do réxime liberal, coa conseguinte restauración absolutista, acontece en Tui o 23 de xullo de 1823, sendo liberada co apoio de forzas portuguesas, “despois do TeDeum, cantado na Igrexa de San Domingos, foron paseados pola cidade os retratos mesturados de San Telmo, Fernando VII e Pio VII”. Ábrese en toda España un período de goberno absolutista de Fernando VII coñecido como “Década ominosa”.

No trienio liberal haberá dous procesos electorais nos anos 1820 e 1822 en que retornan os deputados liberais aos escanos das Cortes, entre eles, o tudense Agustín Rodríguez Vaamonde, avogado, “un dos deputados máis activos, en palabras de Xosé Ramón Barreiro, liberal templado, participa en moitos dos máis importantes debates”, apoia importantes medidas modernizadoras como a abolición dos señoríos eclesiásticos e civís. A representación nestes procesos electorais non é por distritos senón que abrangue a totalidade do reino de Galicia polo que Tui nestes comicios carece de representación directa.


Rodríguez Vaamonde era natural de Ponteareas, casou en Tui con Juana Roca Portela e na nosa cidade desenvolveu a súa actividade no ámbito xudicial. Tiña acadado os grados de bachaler en Leis e Canónes na Universidade de Santiago. Foi rexedor (1805), xuíz (1807) e rexedor decano (1809) en Tui, negándose a aceptar ás novas autoridades francesas e organizou “os servizos de defensa da provincia ata a constitución da Xunta de Armamento e Defensa da provincia tudense, da que foi secretario” e tivo un destacado protagonismo na organización do sitio da cidade fronteiriza. Consecuentemente foi electo, o 21 de febreiro de 1810, como representante da provincia tudense nas Cortes de Cádiz.

Nestas Cortes formou parte de varias comisións e participou activamente nos debates e presentando iniciativas lexislativas como sobre a abolición dos señoríos e a fiscalidade do Antigo Réxime como a reordenación da administración local. A Agustín Rodríguez Vaamonde cábelle a honra de ser un dos asinantes da Constitución Española de 1812 e foi logo elixido como secretario das Cortes o 24 de xaneiro de 1813, testemuñándose o prestixio do que gozaba naquel parlamento.

Mark A. Burkholder nos informa que “El 11 de julio de 1820, fue nombrado magistrado de la Audiencia de Cuba (Puerto Príncipe), puesto en el que nunca sirvió. Participó asimismo en las Cortes del Trienio Liberal. Fue nombrado magistrado de la Audiencia de Valladolid por título del 11 de julio de 1822, para reemplazar al difunto Francisco Vicente Yáñez”.

No trienio liberal (1820-1823) retornan ás Cortes os deputados liberais entre eles Agustín Rodríguez Vaamonde, agora como representante do reino de Galicia ao non existir distritos máis cativos. Tivo unha destacada actividade política nas Cortes de 1820, formando parte de numerosas comisións parlamentarias e promovendo múltiples iniciativas

Tras el Trienio Liberal, la reacción fernandina lo arrestó en Ribadavia, sufrió afrentas públicas y fue desterrado a Orense y Lugo. Muerto Fernando VII en 1833, fue rehabilitado como oidor de la Real Audiencia de Galicia. En ella se encontraba, cuando fue nombrado ministro en propiedad de la Audiencia de Asturias por decreto del 12 de noviembre de 1840, aunque —por motivos de edad y salud— solicitó dispensa, que le fue concedida en diciembre, aunque se le concedió en propiedad su plaza en la Real Audiencia de Galicia, de la que llegó a ser magistrado decano. Un año antes de fallecer, fue nombrado ministro honorario del Tribunal Supremo de Justicia”.


Superada a década ominosa (1823-1833) e tras o pasamento de Fernando VII e a rexencia da raíña gobernadora, María Cristina, diante da minoría de idade da futura Isabel II, consolídase o réxime liberal que chega ata 1868. Un novo proceso electoral desenvólvese no ano 1834, aínda que recuperando o voto censitario e establecendo o distrito electoral baseado nas novas provincias, no noso caso Pontevedra. Resulta elixido neste proceso o Provisor (xuíz eclesiástico) do Bispado de Tui, José Manuel Alcalde, pero axiña será desprovisto do cargo por carecer da renda esixida, sendo substituído polo militar vigués Manuel Llorente y Pastor.

Natural de Ponteareas a biografía de Alcalde está moi escura. Cando a invasión francesa cursara estudios na Universidade de Santiago que tivo de abandonar, será en 1819 cando acolléndose a unha medida extraordinaria para os alumnos que viran interrompidos os seus estudios logre, tras un exame, a licenciatura en Leis, o bacharelato en Canóns e, ao ano seguinte, o doutoramento en Leis. Liberal moderado, foi logo ordenado sacerdote, sendo cóengo da catedral tudense, arcediago de Taboexa e posteriormente provisor e vigario xeral do Bispado.

Nos diversos procesos electorais celebrados no ano 1836 retorna ao parlamento o político tudense Agustín Rodríguez Vaamonde, que renuncia por enfermidade o 22 de novembro de 1836 culminando así unha intensa actividade política, pero non será o único da súa familia en continuar esta vocación. Axiña tomarán o seu relevo os seus fillos Florencio e Teófilo.

Neste mesmo ano  resulta electo pola provincia de Pontevedra Pedro Telmo Piñeiro Cárdenas, que nacera en Tui fillo de Pedro Piñeiro de Lara, coronel e comandante xeneral de Tui. Pedro Telmo fixo tamén carreira militar e accedeu ao Congreso nesta lexislatura de 1836 que so durou dous meses. De seguido retornou ao seu rexemento. Morreu no ano 1837 en Vitoria loitando contra os carlistas.

Parlamentarios tudenses (III): Florencio Rodríguez Vaamonde, Antonio Arias Seoane, Esteban Areal, Bartolomé Hermida e Laureano Sanz

$
0
0

Entre 1833 e 1868, que corresponde co reinado de Isabel II, España vive un tempo histórico dominado pola consolidación do réxime liberal con diversos avatares propios das loitas políticas entre as diversas opcións políticas de moderados e progresistas e a irrupción do carlismo e a súa oposición armada ao réxime isabelino.


Nas eleccións celebradas o 24 de xullo de 1839 resulta elixido pola provincia de Pontevedra o tudense Florencio Rodríguez Vaamonde, fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Este avogado tudense, daquela era fiscal na nosa cidade, inicia neste ano a súa andaina política que o levará a ocupar importantísimos postos no Goberno e no Estado. Político e xurista, reitor da Universidade Central de Madrid, membro do Consello de Estado e presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Foi unha das grandes personalidades dos anos centrais do século XIX, sendo Ministro de Gracia e Xustiza, en 1847, e de Gobernación en 1863-1864. Sobre a figura de Florencio Rodríguez Vaamonde temos falado xa neste blog: http://tudensia.blogspot.com/2010/05/florencio-rodriguez-vaamonte-politico.html

No ano seguinte, nas novas eleccións realizadas en xaneiro de 1840, de novo Florencio Rodríguez Vaamonde, nesta altura “Xefe político da provincia de León”, accede a un escano en representación da provincia pontevedresa.

Tras a chegada ao poder do liberal Espartero, como Rexente en outubro de 1840, a principios de 1841 hai un novo proceso electoral no que ocupará unha cadeira nas Cortes o avogado tudense Antonio Arias Seoaneen substitución de Pío Pita Pizarro, que fora ministro de Facenda e Gobernación en gobernos anteriores, e que opta pola provincia de Zamora onde tamén resultara electo (presentarse por varias circunscricións foi unha práctica habitual na política daquel período, foi o caso, por exemplo, do político guardés, Juan Bautista Alonso, que chegou a Fiscal do Tribunal Supremo e a Subsecretario do Ministerio de Gobernación, e no ano 1843 resultou elixido polas circunscricións de Granada, Pontevedra e Lugo, optando por esta última).

Antonio Arias Seoane, nado en Tui o 17 de febreiro de 1803 na rúa Real (hoxe Cuenca), estudou filosofía e leis na Universidade de Santiago, graduándose como doutor; obtivo a Cátedra de lingua hebrea nesta universidade e logo na de Valladolid. Foi tamén agregado na embaixada de Francia cando ocupaba este cargo o Duque de Ribas. En Tui fora alcalde e en 1832 era subdelegado de policía e fronte aos primeiros intentos de Don Carlos mantivo a fidelidade á rexente María Cristina, que o recompensou concedéndolle a ampliación de estudos en París. En 1836 sería procurador a Cortes pola provincia de Pontevedra, en 1838 secretario da raíña e posteriormente deputado provincial. Suso Vila nos informa que dúas das súas principais actuacións en Tui foi lograr o mantemento do goberno militar na cidade e a construción das “pesqueiras” na desembocadura do río Louro que posibilitou ampliar o espazo agrícola na Veiga do Louro

Nos seguintes comicios, recupera o escano pola provincia de Pontevedra,  Florencio Rodríguez Vaamonde e ocupa outra praza o tamén tudense Esteban Areal e Rodríguez Figueroa. Este Areal tiña cursado dereito en Santiago e dende novo participou en política, segundo informa Manuel Fernández Valdés, primeiro como deputado provincial nos anos 1840, 1843 e 1854. Desenvolveu unha importante carreira xudicial: en 1841 era fiscal na Subdelegación de Rendas, no 1855 xuíz na Coruña, ao ano seguinte é nomeado xuíz do Xulgado do Mar de Valencia, no ano 1863 foi Gobernador Civil de Oviedo, e tralo paréntese retornou á Coruña, no 1868, como maxistrado, sendo nomeado no mesmo ano Presidente de Sala na Audiencia Territorial de Barcelona, cidade onde finou.


Esteban Areal protagonizará en Tui o levantamento progresista de 1846 que en Galicia rematará co fusilamento dos “mártires de Carral”. O cronista tudense Manuel Fernández Valdés narra así o levantamento en Tui: “a guarnición de Tui, integrada por dúas compañías do batallón Segovia, sublevouse ás 12 da noite do 10 de abril sumándose logo as forzas de Carabineiros de Facenda. Axiña foi sofocada a revolta, pois o 27 de abril o Alcalde de Tui comunica que a chamada Xunta de Goberno fuxira cara Portugal (…) Esta Xunta de Goberno revolucionaria estaba formada por D. Esteban Areal, D. Pablo Maceira, D. Ramón Cancio, D. Joaquín Mora, D. Fernando Córdoba, Eusebio Cea e outros” que son imputados por rebelión pois tiñan logrando formar unha milicia de case catrocentos voluntarios. Tras a actuación da tropa encabezada polo xeneral José Gutierrez Solana son imputados por rebelión e sufrirán diversas represalias.

Esteban Areal, “un gran luchador progresista” como o define o historiador X.R, Barreiro, volverá a protagonizar en Tui o apoio ao pronunciamento de O’Donnell en 1854, nunha Xunta Liberal que encabeza Lorenzo Cuenca.
Co inicio do Réxime Moderado (1844-1854) se recupera a representación política por distritos, á provincia de Pontevedra correspondíanlle 10 deputados, e un ao distrito de Tui.

Florencio Rodríguez Vaamonde, de novo resulta electo, xunto co tudense Bartolomeu Hermida Santabaia(nado en 1801), aínda que Fernández Valdés cámbialle o segundo apelido por Caravelos. Comezou os seus estudos no convento de San Antonio, e logo na Universidade de Santiago cursou teoloxía, leis e canons. Ocupou diversos cargos políticos co Partido Moderado: alcalde de Tui en 1844, Intendente de Lugo e A Coruña, Gobernador Civil en A Coruña (1853) e Granada (1858). Deputado posteriormente por Betanzos (1857) e. Foi tamén vocal da Xunta Consultiva da Moeda e Director Xeral da Caixa de Depósitos en 1856.



Hermida foi avogado na nosa cidade durante quince anos, compatibilizandoo con outros cargos como correxidor da cidade, fiscal de Facenda e subdelegado de Rendas en Tui. Membro do Partido Moderado, tivo de exiliarse tras ser destituido en 1840 tras a chegada ao poder de Espartero. En 1844 amáis de deputado foi electo alcalde de Tui. En 1846 o ministro Mon o nomea Intendente de Lugo para por en marcha a nova lexislación tributaria e polo seu papel tras o pronunciamento de 1846 foi premiado co traslado á Intendencia da Coruña. En 1853 foi nomeado gobernador civil da provincia coruñesa, sendo acusado de fraudes electorais nos comicios dese ano especialmente no distrito de Ordes. Caeu en desgracia no Bienio Progresista e voltará en 1857 á vida política como deputado por Betanzos  e director da Caixa de Depósitos do Ministerio de Facenda, en 1861 figura como vocal da Xunta Consultiva da Moeda no mesmo Ministerio e de novo Gobernador Civil agora en Zaragoza e Valladolid (1864), cidade na que falece nese mesmo ano
Foi deputado en 1844 con diversas intervencións parlamentarias, entre elas a defensa da necesidade de dotar con dignidade aos sacerdotes, poñendo como exemplo os membros das colexiatas de Baiona e Vigo, sumidos na indixencia dende que lle foran nacionalizados os bens á Igrexa.



Nestas mesmas eleccións de 1844 acadou un escano no Congreso o militar Laureano Sanz de Soto de Alfeirán, polo distrito de Ourense. O ano anterior, 1843, fora nomeado senador por Ourense, retornando ao Senado, como senador vitalicio no ano 1845 ata a súa morte. Unha dilatada traxectoria persoal e profesional fan de Laureano Sanz unha das figuras sobranceiras de Tui no século XIX, a quen o Concello dedicoulle unha das rúas da cidade. Nado en 1793 inicia primeiros anos do XIX a súa carreira militar, é dos soldados que se rebelan contra os invasores franceses en Porto ao mando do Conde de Maceda participando en numerosos episodios da Guerra da Independencia (batallas de Rioseco, San Marcial, etc.). En 1810 cae prisioneiro dos franceses logrando evadirse levando consigo ao xefe da garda de custodia francesa. Por tal motivo é ascendido a Capitán, participando, entre outras accións de guerra, na toma de Astorga, na batalla de Vitoria e San Marcial onde lograr, pola súas accións, a Cruz de San Fernando de 1ª clase.

Tras a Guerra de Independencia estivo como profesor na Academia de Enxeñeiros de Alcalá ata 1820 en que inicia a súa carreira en Infantería e Estado Maior, participando moi activamente na 1ª Guerra Carlista conseguindo a Cruz de San Fernando de 3ª Clase (asalto e toma do forte de Hort, en San Llorens de Pitens) en 1835; Gran Cruz de San Fernando (accións de Úbeda e Baeza de 1837) e sucesivos ascensos ata o de Tenente Xeneral. Desempeñando, sucesivamente, os cargos de capitán xeneral de Cataluña, Granada e Galicia onde logrou rematar coas partidas carlistas pacificando a nosa terra, polo que acadou grande sona; foi director xeneral de Estado Maior e de Enxeñeiros, e ministro da Guerra en 1846-1847. En 1846 cando era Ministro da Guerra, no goberno de Istúriz, é de novo responsable de sofocar a sublevación en Galicia logrando o seu fracaso. Nos dez meses que ocupou a carteira ministerial tivo unha intensa actividade parlamentaria, evidenciando un gran coñecemento dos temas militares e políticos. En 1853 foi nomeado de novo capitán xeneral de Galicia, cargo en que cesou ao ano seguinte, para en 1863 facerse cargo da Dirección Xeneral do Cuartel de Inválidos. Morre en Elorrio no ano 1868.

A primeira festa da angula

$
0
0
Facemos hoxe un alto na serie de "posts" sobre os diversos parlamentarios naturais da nosa cidade ou radicados nela ao longo dos séculos XIX e XX, para ofrecer outra temática nesta oferta diara que dende "Tudensia" achegamos a todos os nosos seguidores neste tempo de confinamento e crise que vivimos.



Un 27 de abril de 1968 celebrouse en Tui a primeira edición da festa gastronómica dedicada á angula do Miño na nosa cidade, cúmprense pois 52 anos deste evento gastronómico celebrado, agás algunha pequena interrupción, na nosa cidade coincidindo coas festas patronais de San Telmo. Unha alongada traxectoria para esta celebración dedicada á exaltación do “meixón”, que é como, nestas terras miñotas, denominamos ás angulas. Durante este medio século as angulas pasaron de ser un produto que comezaba a ser valorado gastronomicamente e que iniciaba tamén a súa produción en viveiros a ser na actualidade un produto moi escaso no río e a un prezo completamente desorbitado debido, segundo contan, á demanda do mercado oriental e ao seu risco de desaparición do Miño.

Na memoria dos tudense conservamos a tradición de que as angulas se collían a manchea dende a propia ribeira, sendo o peixe menos valorado, que sobraba en todas as mesas, ata o punto que servían para alimentar ás galiñas do curral doméstico. Andando os anos a produción industrial, a degradación do río e a comercialización en mercados como o nipón, levaron a que a angula acadase un prezo inalcanzables para calquera bolso.


Recuperamos hoxe neste post a memoria da primeira celebración desta festival gastronómico no ano 1968, celebrado o domingo seguinte á festa de San Telmo, en concreto o domingo 27 de abril.

Recollemos do Boletín Informativo do Centro de Iniciativas y Turismo de Tuy o programa desta primeira “Fiesta a la angula”:

A las 9 de la mañana se anunciará el comienzo de los festejos  con una salva de bombas, a continuación la típica Treboada Os Trovadores de Mallada recorrerán las calles de la ciudad
A las 13 horas, con una salva de morteros se anunciará la apertura del Gran Certamen
A las 14 horas comida en los Comedores del Hogar Fray Rosendo Salvado
A las 20 horas dará comienzo en el paseo de Calvo Sotelo una gran verbena amenizada por la Orquesta Iberia que durará hasta altas horas de la madrugada

Esta celebración se enmarca nun momento que xorden outras iniciativas como foi o caso da festa da lamprea de Arbo que foi creada no ano 1961, ou anteriormente a festa do Albariño de Cambados fundada en 1953, ou a romaría viquinga de Catoira creada en 1961... Tui vivía neste tempo unha época de grande dinamismo coas obras de restauración da Catedral e do conxunto histórico, declarado como monumento no ano anterior. Neste ano 1968 se culminan as obras da catedral e se inaugura o Parador de Turismo “San Telmo”. Neste contexto hai tamén nestes anos un intento de relanzamento das festas patronais coa celebración con diversos acontecementos deportivos: proba ciclista, rallye San Telmo, etc. Ao que se incorpora este festexo gastronómico.



Os promotores destas actividades, e tamén por conseguinte deste "1 Festival a la angula"é a Comisión de festas que está presidida por Benito Morais Martínez xunto as seguintes persoas:
-        Nazario Araujo García
-        Juan Valverde Domínguez
-        Manuel Besada Lemos
-        Manuel Martínez Gonda
-        Ildefonso Fernández Losada
-        Laureano Durán García
-        José Antonio Cendón Estévez
-        Nicolás Zoilo Míguez

No número de marzo de 1968 do citado Boletín figura tamén un artigo de Eliseo Alonso que reproducimos de seguido.  Eliseo Alonso (Goián, 1924 – Cuba, 1996) tiña retornado a Galicia, dende Buenos Aires había escasos anos e iniciaba neste tempo as súas múltiples colaboración xornalísticas e a súa dedicación investigadora en torno a etnografía do Baixo Miño. Eliseo Alonso estará vinculado durante moitos anos á celebración da festa do meixón, escribindo innumerables artigos sobre esta temática.

PRIMERA FIESTA A LA ANGULA

Este año, por el San Telmo patrón, se celebra la “I Fiesta de la angula”. Sobre la generosa mesa, el amplio mantel romero se extenderá en el Tui fluvial y catedralicio, con campanas derramadas sobre el Miño y el sabroso recorrido de una ruta tabernaria  con le fesco bodegón de los peces de nuestro río mayor.

Si durante la coquinaria fiesta, a usted le toca por vecino de mesa un inesperado comensal de circunstancias, y no tiene de que hablar, puede hacerlo sobre la angula. Brevemente, para que el otro no coma mientras usted parla, dígale lo que está comiendo o como se pesca.

Por si hubiere escrúpulos en yantarlas, conviene reafirmar que la angula es la anguila sin la “i”, esa “i” fina, huidiza y culebreante, que al parir la angula en el Mar de los Sargazos, se convierte en el “meixón” dicho se ahora en nuestro lenguaje bajomiñoto. Este tema aun puede dar origen a discusiones; ya se discutía en tiempo de Aristótoles, hasta que los biólogos que saben algo más que nosotros, lo han resulto. Repitamos, angula y anguila son dos edades distintas y un solo pez.

En las noches procelosas que entran por la barra del Miño, cuando el mazarico diluye si piar asustado entre el vendaval que revuelve la corriente del río, pasa la angula. Siempre eligen, para el pescador, estas desapacibles, desviándose de las correntadas centrales para aproximarse a las orillas donde son capturadas.

Corre el “meixón”. Los anguleros surgen de la lluvia envueltos en sus abstractas capas de junco y ropas de agua como inesperadas apariciones. Portan en sus manos esos inapagables faroles del miedo, que muchos han confundido, asustados, con la visión de una Santa Compaña fluvial. Por esta irresistible atracción a la luz, un buen lugar para pescarlas es el Puente Internacional, que brinda las mayores capturas.

Se pescan con un salabre de maya muy tupida, que por aquí llamamos “arrastrón”, desde tierra o desde una chalana, de un modo semejante a como si se estuvieran colando las aguas. Corre el “meixón” y el angulero tampoco ha de detenerse nunca en la oportunidad del banco que pasa.



Después de estas nociones, si usted quiere que su vecino de mesa nos las coma, en favor suyo, háblele de la similitud de la angula con las lombrices, o de lo que decía Aristóteles, que proceden de las grandes podredumbres de la tierra o, mejor aún, de esa creencia que asegura que la angula es un híbrido de anguila y de culebra. Estos temas dan buenos resultados.

Pero si no fuese así, y por culpa de la gula que ocasionan, su vecino embadurna la faz -cosa muy frecuente al comer angulas- procure ingeniárselas para decírselo discretamente. Deje caer su servilleta y luego límpiese usted primero (es muy posible que le imite); ofrézcale un cigarrillo; incítele a beber de nuevo: háblele de una pomada, que parece salsa, buena para los sabañones, etc., pero nunca se lo diga directamente si acaso recuérdele que son de un comer un tanto difícil, como los “spaghetti”…

Mientras tanto los comensales de esta primera fiesta de la angula, que es también el primer homenaje que se tributa a este pez, habrán llegado a un punto de euforia feliz, y ya habaklarán de todo, tras haber dado buena cuenta de las modalidades anguleras “a la tudense”, “a la vasca” o a la “moda del bajo Miño”, con cebolla, aceite, pimentón y guindilla, en sus cazuelas de barro y con el artesano tenedor de madera.
Eliseo Alonso.

No número de abril-maio de 1968 figura neste boletín un solto (que reproducimos) que valora positivamente esta primeira edición da festa do meixón:

Fiesta de la Angula
Es indudable que este primer festival de la angula, fue un significativo prólogo de lo que puede llegar a ser, ya que su éxito fue el éxito de la madurez condimentado con la sobrasa juventud.
Una nota que llamó la atención fue la gran afluencia de forasteros a este bautizo de la angula, a la que pronosticamos un futuro venturoso, que repercutirá favorablemente en el buen nombre que ya por sí, tiene la angula del Miño.
Nuestra felicitación y estímulo a los organizadores

Así pois esta iniciativa de 1968 tivo una prolongada continuidade que chega ata os nosos días e que, con diversos avatares e transformacións para adaptarse ás novas circunstancia e demandas do público, continua presente na actualidade no programa festivo tudense. Os mais de cincuenta anos de traxectoria teñen consolidado á festa da angula como un referente da cidade de Tui e que debe ser aproveitado, con intelixencia, para a promoción da gastronomía tudense baseada especialmente na ampla gama de produtos do río Miño. E tamén para reivindicar o mundo da restauración tudense, con magníficos profesionais e excelentes cociñeiros e cociñeiras que reclaman un recoñecemento ao seu alongado e, tantas veces, anónimo traballo entre os pucheiros pero que tanto aportan no ámbito turístico á nosa cidade.

Hoxe a gastronomía é valorada como unha parte do patrimonio intanxible dun territorio que contribúe ao seu posicionamento e a súa promoción como recurso turístico. Lamentablemente a pandemia do Covid 19 que agora padecemos obriga a suspensión da celebración neste ano 2020, pero a festa do meixón forma parte da nosa memoria local e da imaxe de Tui cara ao exterior, que precisamos relanzar con novos esforzos e ilusión cando superemos este período de confinamento e crise.

250 entradas en Tudensia... Gracias!

$
0
0

Coa publicación de onte sobre “A primeira festa da angula”,  Tudensia acabada 250 entradas ou posts. Foi un 31 de agosto de 2008 cando este blog iniciou a súa andaina nos novos soportes de comunicación e naquela altura diciamos: Agardamos que neste novo Paseo da Corredoira virtual que queremos establecer podamos atoparnos moitos interesados pola nosa cidade para compartir as nosas inquedanzas...



Ao longo deste doce anos foron cerca de 175.000 visitas que temos rexistrado neste humilde e sinxelo blog que non ten outra pretensión que achegar aos tudenses e a todos os interesados algunhas paxinas da nosa historia, das nosas xentes, das nosas tradicións...

Aquí tedes as entradas máis visitadas ao longo destes anos.



Como unha cidade, mellor dito os seus cidadáns, lembran a súa historia – coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír.

Este blog non pretende ser unha rememoración que añore o pasado, pois Tui non pode seguir vivindo no bucle melancólico no que os tudenses estamos instalados dende hai moitos anos. Apostamos dende Tudensia por reivindicar como os tudenses, colectiva e individualmente, ao longo dos séculos temos sido capaces de erguer esta cidade e unha historia colectiva da que nos sentimos orgullosos e que ten sido referencia para Galicia en tantos momentos da historia.

Dende Tudensia pretendemos achegar a nosa humilde aportación para colaborar na continuidade desta construción colectiva que é Tui, que todos estamos chamados a enriquecer coas nosas achegas.

Pero hoxe corresponde dar a todos os lectores e seguidores de Tudensia as gracias por acceder aos nosos contidos, sen lectores este blog non tería sentido.

Gracias a cada persoa que ten empregado o seu tempo para ler algunha das entradas de Tudensia

Gracias a todos os que tedes compartido os contidos de Tudensia con outras persoas

Gracias a todos os que tedes enviado nalgún momento un comentario, suxestión ou corrección

A todos: Gracias!!!

Unha pinga de humor tudense

$
0
0
Continuamos coa serie de post que nos acompañen neste tempo de confinamento, que se alonga sen data determinada de finalización, e que testemuña, nunha nova oportunidade, a responsabilidade colectiva na que precisamos todos amplas doses de afouteza. presentamos nesta xornada dúas pingas de humor tudense, pois a nosa cidade conta tamén cunha tradición humorística e de retranca, tanto nos ambientes urbanos como nas nosas parroquias. 

Presentamos nesta xornada unha pinga de humor tudense, pois a nosa cidade conta tamén cunha tradición humorística e de retranca, tanto nos ambientes urbanos como nas nosas parroquias. Unhas tradicións, tantas veces orais e transmitidas no ámbito familiar, que estamos en risco de perder irremediablemente, senón contribuímos a súa recuperación e difusión, garantindo a conservación desta parte do noso patrimonio intanxible.

No ano 1986 o Concello de Tui editou un fermoso libro titulado “En Tui llueve diferente” que recolle vivencias e experiencias, comentarios e lembranzas dun egrexio tudense, hoxe practicamente esquecido, Pedro Díaz Álvarez. Este libro está ilustrado por outro tudense, excepcional debuxante, como foi Alfonso Álvarez Pazo. Ambos merecen un recoñecemento na nosa cidade que ata agora non tiveron.


Pedro Díaz, fillo dun carabineiro,  nacera no ano 1917 e chegou de neno a Tui e ficou para sempre ligado a esta “cidade das mil campás” como el gustaba dicir. Educado en Tui e no Instituto de Segunda Enseñanza, axiña tivo de incorporar a filas na Guerra Civil. Foi mestre en diversos lugares da provincia e, finalmente, na cidade de Vigo. Foi un gran entusiasta da arqueoloxía e animador cultural, con numerosas obras de investigación e divulgación. Para quen queira coñecer a súa biografía e traxectoria no número 4 de “Castellum Tyde, revista do Instituto de Estudos Tudenses” está publicado un fermoso traballo do historiador vigués Juan Miguel González Fernández, titulado “Pedro Díaz. Mestre, arqueólogo, amigo”.

No limiar de “En Tui llueve diferente” o escrito Xosé Luis Méndez Ferrín afirma: Pedro Díaz é un detallista e esto fai que compuxera un libro que convirte a Tui nunha cidade transmutada en literatura. Pero hoxe unicamente querería recollers das páxinas desta obra tan persoal e intima de Pedro Díaz unha “humorada”, que el di foi unha tradición oral que lle contaron. Diríamos con Giordano Bruno aquela afirmación de "se non è vero, è molto ben trovato”.

Dejando toda pretensión erudita en mi, no justificada y ya en humorístico campo folklórico de procaz raíz galaico-miñota, contaremos para que no se pierda, la siguiente manera de ver con sonrisa, una explicación que escuché de pillo monaguillo, lo que a su vez había oído a otros tudenses edosos sobre el pórtico de nuestra Catedral




Se dice que una de las figuras discutidas del pórtico (acaso la supuesta Dª Berenguela, que tuvo fama de desvergonzada), soltó fétida ventosidad que llegó hasta el atrio. Cualquiera, a lo mejor un ángel o pastor, exclamó: ¡Qué fedooor!. La supesta Berenguela, puso su mano en el pecho real y sin venir a cuento aseguró que ella no había sido. El también supuesto Don Fernando III, cruzó los dedos y dijo: -Xúrote por estas que eu tampoco fun!. Moisés señala inequívocamente con su brazo y dedo hecho gesto acusador, dice: - Foi éste, seguro!. El acusado que, como puede verse porta pergamino o cartela, símbolo de profeta o evangelista, rechaza igualmente tan directa y grave acusación y desenrosca el pergamino evangélico y en el aire se escucha su poderosa voz gritando: -Tamén xuro por este papel santo que eu tampoco fun!... 


En esta dramática escenificación elaborada por el pueblo, nos quedamos sin saber la solución de este maloliente enigma… De San Pedro se sabe que continua con rostro indignado y de severa expresión, guarda silencio, pero no disimula su cara de cabreado por tan equívoca situación.

Parlamentarios tudenses (IV): Lorenzo Cuenca San Juan e de novo Florencio Rodríguez Vaamonde

$
0
0

Rematabamos a anterior entrega desta serie nas eleccións celebradas logo da revolución de 1846 que, en Galicia, encabeza o Partido Progresista e incluso sectores do partido moderado, en oposición á “ditadura” de Narváez e, sobre todo, un grupo de intelectuais encabezado por Antolín Faraldo que propugnaban unha autonomía para Galicia. A cidade de Tui pronunciase o 10 de abril formándose unha Xunta presidida polo avogado Esteban Areal, realizado unha proclama na que afirman “El león de España, si bien adormecido, puede sufrirlos (a los tiranos) algún tiempo, al despertar es terrible”. Ao día seguinte dos fusilamentos de Carral, o 27 de abril o xeneral José Gutiérrez de la Concha restitúe o goberno en Tui e controla o paso da fronteira, que tiñan cruzado para fuxir ao exilio moitos dos protagonistas do levantamento en Galicia.

Logo do levantamento de 1846, no mes de decembro hai de novo eleccións parlamentarias, agora de novo por distritos, recuperando deste xeito a nosa cidade un representante directo nas Cortes. Nesta caso foi electo Ramón López Vázquez, natural de Vilavella-Redondela (1807), que foi logo Presidente de Sala e Presidente do Tribunal Supremo e senador vitalicio dende 1861.

Lorenzo Cuenca San Juan

Nestes mesmos comicios acadaron escano, polo distrito de A Cañiza, un tudense de adopción Lorenzo Cuenca y San Juan, natural de A Coruña, onde naceu en 1800 e non de Valdemoro-Toledo como sinala Fernández Valdés (trabucándose coa súa nai que si nacera nesta localidade toledana). Chegara a Tui como funcionario da Administración de Rendas, casado con Dona Dolores Díaz de Rábago e Pérez Escudero. Promovido por José Elduayen como deputado, foi elixido en seis oportunidades polo distrito cañicense e finalmente, en 1863, por Verín – Ourense. Ao ano seguinte foi nomeado senador, ata o seu pasamento en Tui o 26 de decembro de 1882. Foi un dos principais impulsores do proxecto de construción da nosa ponte internacional e o Concello, en recoñecemento, nomeouno “fillo adoptivo” e outorgoulle o seu nome a unha das principais rúas da cidade tudense, que aínda conserva.

Florencio Rodríguez Vaamonde

Por último, nestas eleccións acada, polo distrito de Ponteareas, renova o seu acceso ao Congreso Florencio Rodríguez Vaamonde, que no ano seguinte, 1847, é nomeado senador vitalicio pola provincia de A Coruña ata 1877 en que ocupa asento no Senado na súa condición de Presidente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde, nace en Tui en 1807, estuda no convento de San Antonio de Tui (dos franciscanos) estuda na Universidade de Santiago onde acada o titulo de bacharel en Filosofía en 1820, na Universidade de Valladolid obtivo o grado de bacharel en Leis en 1823 e de novo en Compostela logra ser bacharel en Canones e licenciado en leis en 1828.

En 1832 foi nomeado administrador-tesoureiro de bulas da cidade e diocese  de Tuy, cargo que se lle concedeu en propiedade dous anos despois.  No mesmo ano é habilitado como avogado dos Reais Consellos e abre bufete en Tui e promotor fiscal no Xulgado tudense en 1835.

Accedeu ao Congreso dos deputados en 1839 e reelixido, como citamos, en 1840 e anos seguintes. Foi un dos redatores da Constitución de 1845. Xefe político en León, en 1840, fiscal da Audiencia de Zaragoza, nos anos 1844 e 1846, e Reitor da Universidade de Madrid entre 1846 e 1847.

O seu prestixio levouno, en 1847, á carteira de Gracia e Xustiza, no Goberno presidido por José Francisco Pacheco, sendo un dos artífices da sinatura do Concordato entre España e a Santa Sede, na que ésta aceptaba a Desamortización e o Patronato Rexio no nomeamento de bispos (ao abeiro desta prerrogativa Rodríguez Vaamonde promoveu a dous tudenses como bispos: Telmo Maceira, para Coria, e José Avila y Lamas, para Plasencia). Dende 1847 foi senador vitalicio. Nomeado membro do Consello Real ou de Estado, retornando ao goberno, como ministro de Gobernación, en 1863, no gabinete presidido por Miraflores. Na súa actividade parlamentaria reclamou con insistencia as comunicacións ferroviarias para Galicia.

Logo deste intre non entrou no xogo partidario, renunciando a diversos nomeamentos e publicando diversos libros sobre temática política e xurídica.


Tras a restauración da monarquía borbónica retornou ao primeiro plano da vida política, no ano 1875 foi designadopresidente da Sección Civil de la Comisión General de Codificación, que logo presidiu ata a súa dimisión en 1878. En 1877 aceptou a Vicepresidencia do Senado, que mantivo tres lexislaturas, a Presidencia do Consello de Instrucción Pública.

A súa principal actividade neste anos foi a Academia de Ciencias Morais e Políticas; foi un dos primeiros 18 membros nomeados ao crear esta institución en 1857 e desempeñou a Presidencia desta Academia dende 1872 ata 1884.
Faleceu en Madrid o 10 de xuño de 1886, alonxado dende había anos da vida política. Foi un dos mais egrexio tudenses e aínda hoxe escasamente coñecido na nosa cidade.

Florencio Rodríguez Vaamonde casou en Tui con María del Carmen Domínguez Figueroa, e tiveron unha filla Rosa Epifania Rodríguez Vaamonde y Domínguez que ao seu falecemento, en 1898, deixou un substancioso legado en memoria do seu pai para o Hospital que daquela estaba en construción na nosa cidade (actual edificio Francisco Sánchez, antiga Área Panorámica) polo que o Concello acordou nomear a unha rúa da cidade co seu nome.

Programa da Semana en Tui no ano 1880

$
0
0

A Semana Santa tudense ten sido obxecto de atención deste blog en diversas oportunidades reivindicando a súa alongada tradición e a súa consideración como parte do noso patrimonio cultural, neste caso de carácter intanxible pero non por elo de menor importancia e significación. Poden consultarse en: http://tudensia.blogspot.com/search?q=Semana+Santa


Neste ano 2020 en que, por vez primeira, as cerimonias desta semana maior do calendario litúrxico non poderán realizarse por mor das restriccións establecidas pola pandemia do Covid19 resulta aínda máis necesario reivindicar ao seu valor e a súa tradición.

O xornal tudense e católico “El Eco del Miño” recolle nas súas paxinas unha ampla descrición dos actos programados co motivo da Semana Santa ou Maior a celebrar na nosa cidade no ano 1880 e que publicamos para comprobar que máis aló dos cambios de horarios, promovidos coa reforma litúrxica do Concilio Vaticano II, en boa medida o contido das celebracións da Semana Santa tudense se conservan logo de 120 anos, conservando unha tradición que ven de tempos medievais como xa temos recollido noutras entradas deste blog. 

Esta perennidade temporal é un dos grandes valores deste cerimonial, que expresa unha parte substancial do noso patrimonio cultural inmaterial.

Reproduzo de seguido o devandito programa engadindo algún comentario que posibilite unha contextualización o explicación das diversas cerimonias destes días.

PROGRAMA DE LAS FUNCIONES DE LA SEMANA SANTA, REPARTIDO POR EL ILTRE. AYUNTAMIENTO DE ESTA CIUDAD



Domingo de Ramos

A las nueve de la mañana de este día después de bendecir los ramos el Excmo e Ilmo. Sr. Obispo con la mayor solemnidad en la S.I.C. (Santa Iglesia Catedral) y distribuirlos al Ilmo. Cabildo y clero asistentes, tendrá lugar la procesión de las Palmas que significa la entrada de Jesucristo en Jerusalén. Concluida ésta, seguirá Misa Conventual en que se canta la Pasión y lo mismo en los días siguientes.

A las tres de la tarde se verificará en la misma Santa Iglesia, la ceremonia significativa de arrastrar el Pendón.

Esta cerimonia aínda se conserva en bastantes localidades de España, se consiste nunha acto de rendición de honras; supoño que neste caso o Pendón da Corporación Municipal arrastrábase polo chan do templo catedralicio rendendo honras no inicio da semana maior do cristianismo. É unha cerimonia propia dos cortexos procesionais de época barroca e realizábase en numerosos lugares. Por exemplo, o Concello de Bilbao nas súas ordenanzas da vila de Bilbao de 1797 recolle esta cerimonia na tarde do Venres Santo, en concreto na procesión do Santo Enterro.

A las cuatro de la tarde, la Venerable Orden Tercera de San Francisco sacará procesionalmente la imagen del Ecce-Homo de la Iglesia del Seminario, á cuyo regreso se pronunciará un discurso alusivo a aquel misterio.

Esta procesión deixou de celebrarse ha xa bastante décadas e foi substituída pola procesión co Santo Cristo da Agonia o V Domingo de Cuaresma. Era unha procesión na que participaban exclusivamente os homes e que pérdeuse nos últimos anos da década dos sesenta do pasado século. Anos despois a imaxe do Cristo da Agonía, que foi creada para estar colocada sobre a rexa que separaba o coro do presbiterio da catedral, foi incorporada á chamada procesión dos Pasos do Venres Santo.

Miércoles Santo

A las cinco de la tarde se cantarán Maitines solemnes en la S.I. Catedral con asistencia del Exmo. Sr. Obispo y Cabildo las Lamentaciones a toda orquesta y un solemne Miserere.


Jueves Santo

He aquí el día quizás más grande del año en que la Iglesia exhibe todo el lujo de su grandeza, para solemnizar la institución del Santísimo Sacramento de la Eucaristía.

A las ocho de la mañana el Excmo. Sr. Obispo vestido con los ornamentos más preciosos que contiene el rico vestuario de esta Santa Iglesias Catedral celebrará una solemne Misa Pontifical a toda orquesta en que distribuye la Sagrada Eucaristía a los Sres. Capitulares, al clero y a todos los dependientes de la misma. Los doce pobres, representación de los doce apóstoles del Salvador, la suntuosidad de las ceremonias sagradas, la riqueza de los ornamentos, y los sentidos acentos de la música, todo contribuye a realizar la sublimidad de tan piadoso acto.

Terminada la Misa tiene lugar la consagración de los Santos Oleos, conduciéndose en seguida procesionalmente la Sagrada Forma al Monumento mientras la Capilla canta un majestuoso e inspirado Motete. Desde aquel momento quedan expuestas a la veneración pública, los vistosos Sagrarios de todas las iglesias de la población.

Na actualidade a ceremonia da consagración dos Santos Oleos celébrada na maña do Mercores Santo na catedral tudense, para facilitar a presenza dos párrocos de toda a diocese que, renovan a súa consagración presbiteral e recollen os novos óleos cos que impartirán os sacramentos do Batismo e a Unción de enfermos ao longo do ano.

A las doce, tiene efecto en el Palacio Episcopal, la Sagrada Cena, en que el Prelado preside a los doce pobres que en traje especial le acompañan a la mesa servida por sus familiares; representación de la Cena Pascual en que el Salvador comió por última vez con sus discípulos antes de su Pasión santísima.

A las tres de la tarde se celebra el Lavatorio en la S. I. Catedral con una plática alusiva a tan grandioso acto. El Excmo. Sr. Obispo, lavando los pies á los doce pobres representa a Jesucristo en el acto de lavar los pies a sus discípulos. Esta augusta ceremonia que se repite todos los años en las Catedrales y en el regio Alcázar de los reyes está llena de sublimes máximas y encierra una humildad profunda y una caridad verdaderamente evangélica.
A las cinco de la tarde se cantan las Lamentaciones como el día anterior.

O canto das Lamentacións do profeta Xeremías era realizado na oración litúrxica dos días do Triduo Sacro e por extensión na Semana Santa, corría a cargo da Capela da catedral tudense.



Aínda que non figura no programa dende 1818 a Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia prepara na capela da Misericordia a representación da Horta da Oliveiras.

Viernes Santo

Desde el día anterior la música forma una pausa melancólica; los sagrados cánticos se interrumpen; el sonido de las campanas enmudece, para dar lugar a la meditación de los augustos misterios que van a celebrarse.

Ya el sermón de la Pasión pronunciado a las seis de la mañana en la S.I.C. prepara los ánimos de los que van a presenciar el misterioso drama del Gólgota.

A las ocho, después de las Horas canónicas, el Excmo. Sr. Obispo vestido con ornato negro ofrece al público la adoración de la Cruz y terminada esta, es recogida procesionalmente la Sagrada Forma del Monumento.



A las diez la V. Hermandad de la Misericordia celebra el piadoso espectáculo denominado el Encuentro, en la plaza Consistorial, con sermón patético alusivo al objeto; terminado el cual, son conducidas las Santa Efigies por las calles con música religiosa, banda marcial y escolta.




Como podemos comprobar nas fotografias o sermón do Encontro celebrábase na Praza do Concello que ofrecía, daquela, mellores condicións que a Praza de San Fernando pois tiña menor superficie que actualmente (o Hospicio -actual delegación de Facenda- ocupaba una maior volume na praza) e amais había arbores nesta Praza de San Fernando.

A las tres de la tarde se verificará la solemne ceremonia del Descendimiento de la Cruz N.R.J. (Nuestro Redentor Jesucristo) en la Iglesia de Santo Domingo con sermón, terminado el cual tendrá lugar la procesión del Santo Entierro en una estensa carrera hasta la Iglesia del Seminario.Al reseñar tan vistoso espectáculo, no podemos omitir las variadas figuras que se exhiben al público, y que representan pasages, memorias y personages bíblicos que dicen una relación más o menos directa al Salvador y preceden a su Sagrada Efigie colocada en una preciosa urna (…) Esta procesión es la más distinguida entre las poblaciones de nuestros contornos; y a la que, presidida por la Autoridad Civil con asistencia de todas las Corporaciones, acompañará una escolta y la banda de música del Batallón de Cazadores de la fronteriza plaza de Valenza.

Sobre esta procesión e o seu contido publicaremos un post nos vindeiros días.

Y a las siete y media de la noche, se pronunciará un sentido discurso en la S.I.C. dedicado a la Soledad de la Virgen, cantándose en seguida un solemne Stabat Mater á toda orquesta.

Este sermón pronunciase na actualidade á primeira hora da maña do sábado Santo na catedral onde chega a procesión de Nosa Señora Dolorosa que sae da igrexa de San Francisco, nunha cerimonia na que participan exclusivamente mulleres. Tamén ata os anos setenta a procesión do Santo Enterro esta reservada para o homes en exclusiva.

Sábado Santo

A las ocho y media de la mañana, se celebran en la misma Iglesia las solemnes ceremonias de la bendición del fuego y del agua lustral, y seguidamente la misa de Aleluya á toda orquesta con repique general de campanas.

Este é o cambio máis substancial producido na liturxía da Igrexa, ao recuperar o Concilio Vaticano II á celebración da Vixilia Pascual como culmen deste Triduo Sacro a celebrar logo do solpor do sábado para o domingo, fica o Sábado Santo como unha xornada sen cerimonias ou desfiles procesionais (agás o xa comentado de Nosa Señora Dolorosa).

Domingo de Resurrección

En este día, en que se oyen ya los cantos de júbilo y regocijo, se celebra misa solemne con la Bendición Papal que dará el Excmo. Sr. Obispo a todos los asistentes.



As fotografias que acompañan a este post son tomadas de "Fotografias antiguas de Tui" agradecendo a  autorización de uso.

O cónsul tudense, Teodoro Varela y Gil, e os sefardís de Salónica

$
0
0
A historia da presenza en Tui dunha pequena comunidade xudía na Idade Media, ata o Decreto de expulsión de 1492, e posteriormente a comunidade de conversos e xudaizantes, se ten integrado nas últimas décadas na memoria colectiva tudense. Os traballos de investigación iniciados por Ernesto Iglesias Almeida e logo continuados por Gloria de Antonio Rubio, Jesús Casás Otero e culminados por Suso Vila cunha ampla investigación ao respecto, a celebración das Xornadas da Cultura Xudía dende o ano 2006 e a recente integración da nosa cidade na Red de Juderias de España, son etapas neste proceso de recuperación do patrimonio xudeu en Tui.


Dous fitos e un nome remarcan esta memoria. Por unha banda, a colección de Sambenitos da Catedral, conservados no Museo Diocesano. Unhas pezas excepcionais sen parangón en ningún outro lugar e que reclaman unha mellora da súas actuais condicións de exhibición nun Museo pechado dende hai mais dunha década (so aberto para visitas guiadas no verán pasado por iniciativa do Concello tudense), expostos nun espazo onde carecen dunha contextualización axeitada para tan significativas pezas  e, finalmente, unha colección agora infelizmente alterada ao expoñer, completamente descontextualizados, catros destes lenzos no Museo Catedralicio sendo substituídos por réplicas no Museo Diocesano. No claustro catedralicio temos a outra peza excepcional: a menorah gravada no granito nunha das cruxías deste claustro fronte á sala capitular románica. E finalmente, a figura do médico e filósofo Francisco Sánchez, nado en Tui en torno a 1550, de ascendencia xudía e autor dunha das obras de filosofía máis importantes do pensamento do século XVI, Quod nihil scitur.

Actual instalación de parte da colección dos Sambenitos no Museo Catedralicio


Non hai outro lugar en Galicia con mais restos materias que testemuñen a presenza xudía ao que temos que sumarlle a numerosa documentación. Unha comunidade xudía que vivía na nosa cidade sen que, en rigor, podamos falar nunca dunha xudería en Tui no sentido dunha rúa ou barrio no que residisen os xudeus. Nunca foi así entre nós senón que as escasas familias hebreas que vivían en Tui, arredor de dez ou doce familias, habitaban mesturadas co resto da poboación.

Unha convivencia que foi alterada polo decreto de expulsión de 1492, en que a Coroa de Castela se suma ao proceso que dende había varios séculos desenvolvíase nos diversos reinos de Europa. Nos traballos de Suso Vila se documenta como foi este proceso na nosa cidade e como un bo número dos xudeus tudenses marcharon cara Portugal e outros territorios de Europa e do norte de Africa.

Igual destino buscarán posteriormente os xudeus convertidos pero aos que a presión social e da propia Inquisición levará a buscar novos lugares de asentamento. Nun texto do Cabido tudense de 1601 sinala algún destes lugares de destino: ansi se an enbarcado en nabios en los puertos maritimos deste obispado con sus hijos nietos y familiares deudos y parientes, en mucha quantidad para las islas de Corfú, Salonique y la Rochela, y otras partes sospechosas en donde esta aberiguado aber sido bien reçividos por los Judios.

Tamén Suso Vila documenta unha familia que tiña fuxido a Salónica, onde foran circuncidados os seus fillos, logo retornaron a Tui, chegando un deles, Baltasar de Araujo, a ser un dos rexedores tudenses de 1653. 

Temos pois a constancia que houbo xudeus tudenses que se estableceron, nos séculos XVI e XVII, na cidade de Salónica, ao norte da península helénica, e que formaba parte do Imperio otomano.

Salónica contou con poboación xudía dende época antiga, pero no século XVI e posteriores recibiu numerosos xudeus procedentes da Península Ibérica, primeiro os expulsados dos reinos de Castela (1492) e Portugal (1497) e posteriormente de criptoxudeus, que fan da comunidade sefardí a maioritaria na cidade. Tesalónica converteuse así na cidade hebrea máis importante do Meditarráneo, sendo coñecida como “A Xerusalén dos Balcáns” e contaba como acabamos de constatar con xudeus procedentes de terras tudenses. 

Nos inicios do século XX, tiña unha ampla comunidade xudía con máis de 60.000 membros, todos sefardís; esta comunidade maioritaria naquela cidade veu alterado a súa posición coa desaparición do Imperio otomán e a integración de Salónica en Grecia no ano 1912. Esta comunidade mantiña vivo o idioma ladino, aparecendo nestes anos diversos proxectos culturais para a súa revitalización. Paralelamente, España vivía neste anos un redescubrimento do sefardismo, coas campañas impulsadas polo doutor Angel Pulido; se declara aos sefardís protexidos do reino de España e se recibe algúns xudeus perseguidos en Rusia e noutros lugares e, finalmente, se declara como cidadáns españois a sefardís que evitan así participar na I Guerra Mundial na que España se tiña declarado neutral.

Neste contexto o 18 de agosto de 1917 un gran incendio destruía case a metade da cidade de Salónica, ata 80.000 persoas quedaron sen casa e máis da metade eran membros da comunidade sefardí, por tanto protexidos de España, á que se dirixen en petición de axuda.
Era o cónsul de España en Salónica naquel momento, o tudense Teodoro Varela y Gil, que prestou unha grande axuda a esta comunidade xudía. As xestións de Varela y Gil, responden as peticións dos afectados, e foron solicitar o envío dun buque con víveres e prendas de vestir que non podían ser adquiridas polo bloqueo a que estaba sometida Grecia no decurso da I Guerra Mundial. Os propios sefardís pagarían os gastos pero non resultou posible lograr este envío pola devandita situación bélica no Mediterráneo.

Salónica tras o incendio de 1917

A outra medida que xestionou Teodoro Varela y Gil foi a concesión de axudas económicas directas aos afectados. O goberno de Madrid concede un total de 20.000 francos.

A historiadora Matilde Morcillo Rosillo, da Universidade de Castilla – La Mancha, ten publicados diversos traballos sobre a comunidade sefardí de Salónica e recollemos o seu relato destas axudas:

Para tal fin era necesario nombrar una comisión que conociera las condiciones de cada uno y eligiera la forma en que pudieran tener mejor aplicación los recursos enviados. Finalmente se constituyó en Salónica la comisión que debía ocuparse del justo reparto de los fondos remitidos; estaba formada por seis miembros de la colonia española y presidida por el cónsul en dicha ciudad, Teodoro Varela y Gil. Antes de empezar la sesión se acordó, a instancia de sus vocales, que en nombre de todos sus connacionales deseaban expresar su agradecimiento al gobierno español por su importante donativo y al cónsul por su eficaz apoyo en pro de la súplica formulada y tan generosamente concedida. No tuvo tanto éxito, sin embargo, el deseo de aumentar la suma concedida por España con fondos procedentes de una suscripción realizada entre los súbditos españoles más acomodados y que menos daños habían sufrido. En cualquier caso, dada la urgente necesidad de atender a algunas familias, se procedería al reparto lo antes posible, y para ello se reunió la comisión en el Consulado de España en Salónica . Tenía que distribuir los 18.057 dracmas con 50 leptas, importe en moneda griega de los 20.000 francos que el gobierno español había enviado para socorrer a las víctimas.

Para repartir el dinero se creó una comisión formada por seis miembros de la colonia sefardí española: D. Gino Fernández, D. Isaquino J. Carasso, D. Isaac J. Simha, D. Abraam Saportta, D. Jacob Elie Sides y D. Isaac J. Cohem. Dicha comisión estaba presidida por el cónsul Varela, encargado de repartir los 20.000 francos remitidos por el gobierno español. Se establecieron dos categorías, haciéndose la distribución en la primera a razón de 175 dracmas (moneda griega) por cabeza de familia, padre y madre, y de 85 dracmas por cada uno de los hijos existentes. En la segunda se asignaron 120 y 60 dracmas respectivamente, más un aumento en ambos de 20,50 dracmas por cada hijo menor de 16 años o hija soltera, cualesquiera fuese su edad, aparte del socorro que por el otro concepto correspondía

As xestións do cónsul Varela y Gil continuaron posteriormente para defender os intereses dos sefardís no proceso de reconstrución da zona incendiada para o que o goberno grego procedeu á expropiación dos terreos. As xestión consulares e da Embaixada diante do Ministerio español fixeron que este se dirixise ás autoridades gregas reclamando o respecto ás propiedades dos cidadán sefardís, protexidos de España, dereitos que foron garantidos.


Resulta curioso como os avatares da historia religaron, ao cabo dos séculos, a un tudense cos destinos da comunidade hebrea de Salónica que acollera no seu momento a outros tudenses que fuxindo da persecución atoparon naquela cidade hospitalidade e onde desenvolveron as súas vidas. O papel de Varela y Gil de apoio á comunidade xudía é valorado moi positivamente tanto polos seus contemporáneos como agora nos estudos que se abordan sobre este tema.

Teodoro Varela y Gil, era fillo do catedrático da Universidade de Santiago e prestixioso médico, Ramón Varela de la Iglesia, casado coa tudense Mercedes Gil Ruibal, filla do médico tudense Juan Benito Alonso Gil e Merces Ruibal y Quirós. Deste matrimonio, segundo recolle Manuel Fernández Valdés, “nacieron  cuatro mujeres Dº María, Dº Dolores, Dª Marcedes y Dª Josefa y tres varones, D. Teodoro, D. José y D. Juan Varela Gil, nacidos los tres en Tuy (...) poseía esta matrimonio una magnifica finca, que conservan sus herederos, en Paramos en la que pasaban las vacaciones estivales”.

José foi enxeñeiro, primeiro militar e logo civil pola Universidade suíza de Lausanne, radicouse en Buenos Aires, falecendo en Tui en 1955. Juan Varela y Gil foi un dos grandes médicos de Galicia no século XX e en vindeiras datas lle dedicaremos atención en Tudensia.

Nomeamento de Teodoro Varela como cónsul en Filadelfia - EEUU


Finalmente, Teodoro Varela y Gil, licenciado en Dereito accedeu á carreira diplomática ingresando no Corpo Consular, alcanzando a categoría de ministro plenipotenciario no ano 1948. Estivo destinado como cónsul en Salónica, en La Habana (arredor de 1914, onde naceu o seu fillo Fernando Varela Colmeiro), en Sao Paulo, Southampton e en Filadelfia, capital do Estado de Pensilvania pero cunha amplo territorio encomendado, alí estará ata o inicio da Guerra Civil. Participa na contenda nos buques Baleares e Canarias. Logo da Guerra acada a licenciatura en Químicas. No ano 1941 é nomeado como Cónsul Xeneral de España en  Xerusalén, aínda que a familia non lembra que se teña incorporado a ese destino. Aproveito para agradecer a súa neta, Mercedes Varela, e ao seu esposo, Luis H. Larramendi, as noticias aportadas sobre Teodoro Varela y Gil.

Nota. Nestes días as comunidades xudías celebran tamén a Pesaj (Pascua), para todos Shalom!.

A procesión do Santo Enterro de 1880

$
0
0

Recolliamos o pasado luns o programa da Semana Santa tudense de 1880 recollido do xornal tudense “El Eco del Miño”; unha información que agora ampliamos con outra crónica do mesmo xornal na que describe con moita concreción o contido do desfile procesional do Santo Enterro, na tardiña do Venres Santo.

Procesión do Santo Enterro no Venres Santo


A descrición que de seguido publicamos documenta un cortexo procesional propio da escenografía litúrxica do barroco hispano que era, ao mesmo tempo, unha excepcional forma de transmisión das doutrinas bíblicas e dos principais episodios da historia da salvación recollida na Biblia. Podemos atopar preto de nós unha referencia nas procesións da Semana Santa de Braga, onde esta tradición do desfile de personaxes bíblicos nos cortexos procesionais da Semana Santa coa presenza de numerosos figurante foi reorganizada nas últimas décadas. Xunto ás procesión dos Pasos, Ecce Homo e Santo Enterro (que se celebran o domingos de Ramos e Xoves e Venres Santo respectivamente) dende 1998, recollendo diversas tradicións perdidas, o Mercores Santo existe o chamado Cortejo bíblico “Vós sereis o meu povo” percorre a narración dos principais episodios da historia da salvación dende Abraham ata Xesucristo, revitalizando as tradicións de relixiosidade popular bracarense e converténdose tamén nun dos principais atractivos destas datas na cidade de Braga. Resulta moi interesante esta experiencia bracarense de actualización e promoción das tradicións da Semana Santa que teñen recuperado presenza e intensidade.

O contido desta procesión do Santo Enterro de Tui agochaba unhas referencias culturais que hoxe temos perdido (tanto na nosa cidade como en tantos outros lugares) e que nos impiden acceder a contidos básico da nosa tradición cultural  que ten na cultura xudeo-cristián o seu fundamento básico. Unha ignorancia que dificulta, entre outros moitas cousas, a comprensión de boa parte do noso patrimonio cultural realizado con estas claves ás que hoxe a nosa sociedade ten renunciado a súa transmisión.

Ilustraremos esta evocación desta procesión do Santo Enterro con diversas fotografías tomadas da colección de facebook “Fotografías antiguas de Tui” e que alí están identificadas como imaxes da Semana Santa tudense pero que agora podemos contextualizar axeitadamente, pois correspondían aos figurantes que participaban neste cortexo procesional da tardiña do Venres Santo de Tui. Aproveito para felicitar aos promotores e colaboradores deste proxecto cooperativo que están a recuperar e conservar a memoria da imaxe de Tui, gracias por este labor que a todos nos enriquece.

Dos diversos grupos de figurantes que participaban nesta procesión de 1880 na actualidade unicamente conservamos a presenza dos "gardas románs" que acompañan, tanto neste cortexo do Santo Enterro como na procesión dos Pasos ou do Encontro, a figura de Cristo, que testemuñan a continuidade das tradicións da Semana Santa tudense. 


LA PROCESIÓN DEL SANTO ENTIERRO

Entre los solemnísimos actos religiosos de Semana Santa que tienen lugar en esta religiosa Ciudad, llama particularmente la atención de los vecinos y extraños por su singularidad y significación mística la magnífica procesión del Santo Entierro. Gracias a los esfuerzos del Iltre. Ayuntamiento y al desinterés de los vecinos del pueblo, la de este año no ha desmerecido en nada a las que se verificaron en los pasados.

El orden que en la misma se ha observado fue el siguiente: Rompía la marcha el pendón o bandera negra con cruz roja y seguían inmediatamente los arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael ostentando los atributos con los que la Iglesia acostumbra a representarlos, y haciendo grupos con estos se veía al Ángel Custodio empuñando la espada y ofreciendo la corona al vencedor: quince Ángeles graciosamente vestidos  conducían en sus inocentes manos los instrumentos crueles de la Pasión del Redentor: Cruz, lanza, martillo, etc.

Arcanxo San Miguel


Arcanxo San Rafael


Figurante con símbolos da Paixón: escaleira e sudario

Neno coa cruz da Paixón


Aquí terminaba el mundo superior, el mundo de los espíritus para dar lugar a los personajes ilustres que acá en el suelo tuvieron una parte tan interesante en la realización de los misterios de Dios, referentes a la Encarnación del Verbo y Redención del género humano. Aparecía, pues, en primer lugar el anciano Abraham con la cuchilla levantada pronto a descargar el golpe sobre su hijo Isaac, como el Autor de la Vida se los había ordenado, á fin de probar su fe, pero al mismo tiempo se veía al Ángel del Señor detener su brazo porque Jeovah no acepta los sacrificios humanos; al anciano patriarca seguía el ilustre Legislador de Israel, Moisés, mostrando al pueblo aquellas dos misteriosas tablas en que el Señor grabó con su divina mano la ley que había de regir al mundo; cuatro robustos Levitas llevan sobre sus hombros el Arca de la Alianza en la cual se contenían magníficos recuerdos de la liberalidad de Dios con su pueblo escogido; después del Arca ocupaba su lugar el Sumo Sacerdote adornado con las vestiduras pontificales y llevando en sus manos el incensario, en aquella actitud magestuosa con que penetraba en el tempo de Dios; el Real Profeta ostentando las insignias de su dignidad, llevaba en sus manos el arpa con que celebraba las grandezas del Señor; Juda presentaba desde los montes de Betulia la cabeza ensangrentada de Holofernes que había ido a buscar al campo de sus enemigos y a la misma tienda en que dormía profundísimamente.

Nenas figurantes cos símbolos das virtudes


Figurante

Aquí terminaba el Antiguo Testamento cediendo su lugar al Nuevo en la Cruz y Sábana Santa que llevaba en alto el sacerdote, se representaba el doloroso sacrificio del Calvario, en el cual se realizó aquel misterioso encuentro de la misericordia y la verdad, aquel ósculo de la justicia y la paz de que nos hablan los libros Santos: cuatro mugeres célebres en la Ley de gracia y que comprendían los prodigios de la vida del Salvador seguían de cerca al glorioso trofeo: la Samaritana, la Viuda de Naín, la Verónica y María Magdalena, todas cuatro modelos de heroísmo y prueba constante de los que puede ser el débil corazón de la mujer animado de la fe y la caridad cristiana.

A continuación de estas heroínas daba precisamente su principio el Santo Entierro: precedido de la Cruz Parroquial, era conducido en hombros de sus ministros y custodiado por los guardas que habían puesto sus enemigos, guardas que habían puesto en el Sepulcro del Salvador, cuya ensangrentada imagen hacía ver hasta que punto le condujo su amor hacia los hombres; acompañaba al Santo Sepulcro la música religiosa que repetía tristemente los dolorosos acentos del Miserere que la Iglesia, nuestra Madre entona en aquellos días de aflicción al finalizar la Horas de sus oficios divinos; seguían los dos valerosos discípulos de Jesús, José y Nicodemo que le habían bajado del suplicio y dado honrosa sepultura; la Madre Dolorosa é Hijas de Jerusalén acompañaban de cerca a Áquel que no habían abandonado en los tormentos de la cruz cerrando esta magnifica y misteriosa procesión la Virgen sin consuelos, la dulce Madre, testigo de todos los tormentos de su Hijo Santísimo, la cual llevaba en su pecho la espada del dolor más agudo, al verse sola y apartada de la Prenda querida de su Corazón.

Grupo gardas de "románs"

Por demás parece el decir que todas las autoridades y corporaciones de esta muy noble Ciudad han tomado parte del fúnebre cortejo. Precedía la piadosa Hermandad del Smo. Cristo de la Agonía llevando todos sobre su pecho el distintivo de la Cofradía; le seguía el Colegio de los Seminaristas internos dirigido por los Ser. Superiores, el clero parroquial con su digno Cura Ecónomo revestido de Capa pluvial; el dignísimo Prelado de la Diócesis con sus familiares y otros señores individuos del clero catedral; la oficialidad del Batallón Reserva y su digno gefe; los Sres. Empleados de Aduanas y otros individuos cerrando este cortejo el Ilustre Ayuntamiento presidido por el Sr. Alcalde ostentando todos el distintivo propio de su autoridad. Acompañaba la procesión la Banda de Música del Batallón Cazadores nº 7 residente en la plaza de Valenza del vecino Reino y un piquete o escolta de Carabineros.

La concurrencia fue numerosa tanto de familias portuguesas como de gentes circunvecinas.

Los hijos de Tuy pueden tener un justo orgullo en los actos religiosos que se llevan a cabo durante la Semana Mayor, sobre todo el Santo Entierro, y deben procurar con empeño conservar esta religiosa costumbre ideada y fomentada por la piedad de nuestros antepasados.



A celebración nestes días das xornadas do Solemne Triduo Pacual, que actualizan o misterio da morte e resurrección de Xesús, interrompen a presenza diaria de Tudensia que retomaremos o lúns de Pascoa. Boa Semana Santa e feliz Pascua!

“El nombre de la rosa” e Tui: o inquisidor Bernardo Gui, bispo tudense

$
0
0
Ante todo, dende Tudensia os desexos dunha feliz Pascua a todos os nosos lectores e seguidores e que esta celebración acenda, neste momento que vivimos, a esperanza en todos nos, pois “o lume que alampea xamais o veredes morto”.


Bernardo Gui bendecido polo Papa Xoán XXII

De seguro que moitos dos seguidores deste blog leron nalgún momento unha das novelas de carácter histórico máis afamadas das últimas décadas dos pasado século, “El nombre de la rosa”, do italiano Umberto Eco. Ou igual se conformaron coa versión cinematográfica homónima, dirixida polo francés Jean-Jacques Annaud en 1986, con Sean Connery no papel do franciscano Guillermo de Baskerville e Christian Slater encarnando  ao seu discípulo, Adso. O pasado xoves, 9 de abril, estreouse en televisión unha serie de oito capítulos sobre esta mesma obra, que deste xeito retorna á actualidade.

En síntese, a obra de Eco está situada no ano 1327 cando nunha lonxana abadía nos Alpes italianos se suceden unha serie de asasinatos que teñen relación cunha espectacular biblioteca e o patrimonio que acolle no seu interior. O protagonista é o monxe franciscano Guillermo de Baskerville encargado da investigación que realiza acompañado dun adolescente nobre e entusiasta, Adso de Melk, que aspira a ser monxe defraudando ás aspiracións familiares á milicia.



Pero Eco non era un só un novelista senón un gran intelectual italiano con obras de semiótica, estética, lingüística ou filosofía así como varias novelas. Esta ampla cultura lle permiten a Umberto Eco construír a novela con dous niveis de lectura, o desenvolvemento da trama de intriga sobre a resolución dunha serie de asasinatos nunha época e ambiente de atractivo para o público como é a misteriosa Idade Media; pero a novela ten un segundo nivel de lectura pois esta baseada nun contexto histórico concreto que aborda con coñecemento, con numerosas referencias e citas textuais que enriquecen a obra e a dotan dun xogo de ironías e alusións de grande interese. Un xogo que completa, entre outras coas referencias, a A. Conan Doyle e os seu personaxe Sherlock Holmes ou á figura e obra de Jorge Luis Borges, etc.

Varios dos protagonistas teñen o seu trasunto histórico. O protagonista Guillermo de Baskerville ten como referencia ao pensador franciscano Guillermo de Ockham; o debate teolóxico que recolle a novela sobre a riqueza da Igrexa tómase do debate lanzado polos franciscanos espirituais no século XIV sobre a doutrina da pobreza apostólica e por tanto sobre as riquezas da Igrexa. Un tema que sempre suscita interese do público e que Umberto Eco sabe abordar con habelencia.

Outro dos protagonistas da novela é o inquisidor Bernardo Guidoni (ou Bernado Gui) que moitos consideran unha personaxe de ficción, pero o certo é que tratase dun relixioso francés do mesmo nome, historiador, haxiógrafo da orde dos Dominicos á que pertencía e coñecido por ser Inquisidor en Toulouse, perseguidor dos herexes cátaros, con ampla forza nese territorio naqueles tempos.

Pois ben este Bernado Gui foi bispo de Tui no ano 1323, de aí a relación entre este personaxe de “El nombre de la rosa” e a nosa cidade. Compartimos personaxe.

Gui naceu en Royèrs (Alto Vienne – Francia) en 1261 probablemente nunha familia da baixa nobreza. Aos 19 anos ingresa na Orde de San Domingos en Limoges. Destinado ao Languedoc, ocupara reitorías en Albí, Carcasona, Castres e Limoges. Nesta zona toma contacto e coñece á herexía dos cátaros amplamente asentada nesta zona. Gui aparece como un mediocre teólogo pero como un gran xurista. Os seus estudos abrangueron a lóxica e a filosofía, a historia e a haxiografía, realizando ata 17 libros.

En 1307 foi nomeado Inquisidor de Toulouse ata 1323 co encargo de centrar a súa acción contra as tres grandes herexías daquel tempo, especialmente os cátaros, as beguinas e os valdenses. Neste tempo investigou 647 casos, dos que mais da metade sufriron prisión, un terzo foi absolto, un terzo marcado con cruces (a modo de sambenitos) e 43 foron condenados a morrer na fogueira. Pero é coñecido popularmente polo seu tratado sobre a practica inquisitorial “Practica Inquisitionis Heretice Pravitatis (Conduta da Inquisición á maldade herética)" con instrucións sobre os deberes e dereitos do inquisidor e como abordar os interrogatorios, que tivo unha ampla difusión no seu tempo (é un dos recursos empregados por Umberto Eco na súa novela). No ano 1314 foi nomeado vicario de Toulouse e encárganlle varias misións papais en Italia e na corte francesa (lembremos que o Papado estaba daquela instalado en Aviñon).




Pero a súa principal obra é o “Speculum sanctorale”, unha moi ampla colección de vidas de santos realizada en 1312 e 1329 que é un fito na haxiografía. Esta obra, unha auténtica enciclopedia haxiográfica destaca polo seu espírito critico á hora de consultar fontes, rexeitamento de textos apócrifos, etc e contribúe á difusión dos novos modelos de santidade difundidos pola Igrexa. Participará activamente no proceso de canonización de Santo Tomás de Aquino, tamén dominico como Gui, que finaliza oficialmente o 18 de xullo de 1323. Tras isto, o 18 de decembro o Papa Xoán XXII noméao bispo de Tui e no ano seguinte bispo de Lodève (Herault – Francia), unha diocese modesta pero próxima a Avignon onde estará ata a súa morte no ano 1331.

Nun recente congreso de estudos xacobeos celebrado en Santiago en torno á figura do arcebispo compostelá, Berenguel de Landoira, o profesor Klaus Herbers presentou un interesante e documentado relatorio sobre Bernardo Gui, "O dominico Bernardo Gui, inquisidor, haxiógrafo e bispo de Tui en tempos de Berenguel", agardamos a edición das actas para coñecer este estudio. Pero todos os investigadores concordan en que Bernardo Gui ou Guido ou Guidone non ten chegado a visitar Tui no ano que ocupou a sede tudense.

Con todo, hai varios elementos que temos de considerar no seu nomeamento. Un amigo e con quen xa colaborara en Francia, tamén dominico, ocupa dende 1317 a sede compostelá, Berenguel de Landoira nomeado directamente polo Papa Xoán XXII (e non polo Cabido) para reafirmar a autoridade papal e aplicar as reformas que impulsa. Igualmente Bernardo Gui é o primeiro bispo tudense que non resulta elixido polo Cabido senón designado directamente polo Papa Xoán XXII. Un Papa que encargara a Berenguel de Landoira reclamar para a Cámara Pontificia o expolio do anterior bispo tudense, Juan Fernández de Soutomaior falecido en xullo de 1323. Trátase de reclamar o patrimonio adquirido polo bispo defunto que, por norma, pasa, tras unha tasación, á Cámara Pontificia.

A designación de Gui, amigo e colaborador de Berenguel de Landoira (que fora xeneral da Orde do Dominicos) e colaborador do Papa Xoán XXII non pode estar allea a este momento en que a Santa Sede reclama os seus dereitos sucesorios en relación ao predecesor na cadeira episcopal. Ter un bispo en Tui que favoreza os intereses do Papado que precisa non perder fontes de financiamento.

Bernado Gui, como informa o sempre ben documentado Avila y La Cueva, tras tomar posesión do bispado nomeou provisores para que gobernasen a diocese na súa ausencia namentres seguira residindo na curia de Avignon. Designa ao Mestre Guido Guidonis, arcediano de Cerveira e logo de Miñor, e ao mestre Almerinque ou Hugo Aymericus como os seus vigarios e procuradores xenerais. Este último era un clérigo francés, procedente da diocese de Poitiers, namentres que sobre o primeiro podemos conxeturar algunha relación familiar co bispo Bernardo Gui.

Descoñecemos as razóns últimas polas que o bispo Gui non chegase a tomar posesión en Tui da súa cátedra, pero era unha práctica moi habitual naqueles momentos en que se gobernaba a diocese a través de vigarios e o ascenso á sede episcopal era unha forma de recoñecemento eclesiástico e de acceso a rendas económicas. Posiblemente foi o caso de Bernardo Gui.  Tamén é probable, que os seus labores na Curia de Avignon impedisen a súa viaxe ata Tui, pois a nova diocese que lle concede o Papa Xoán XXII, Lodève na Occitania está a escasos 150 quilómetros de Avignon, facilitando así este traballo.

Sexa como fose, o nomeamento de Bernardo Gui como bispo de Tui, relaciona á nosa cidade coa novela de Umberto Eco, aínda que na diocese tudense o inquisidor Gui non podería exercer este oficio. Bernado Gui actúa en Touluse nunha Inquisición pontificia creada para erradicar, como xa temos dito, a herexía cátara implantada no sur de Francia e Norte de Italia e con moi pouca presenza na Península, pero sobre todo por que a Inquisición no Reino de Castela non se implanta ata 1478, no reinado dos Reis Católicos, e o Tribunal do Santo Oficio en Galicia chega no 1581, dous séculos e medio mais tarde do seu episcopado.

Parlamentarios tudenses (V): Telmo Maceira e Manuel García Maceira (dos "Rothschild" de Tui)

$
0
0

Dentro da sucesión de gobernos no período moderado do reinado de Isabel II (1844-1854) alterados pola Revolución de 1848 nos que ocupa en varios períodos a xefatura do goberno, o militar Ramón María Narváez, no ano 1850 hai novos comicios lexislativos. Resulta de novo elixido polo distrito de Tui, o redondelán Ramón López Vázquez Ballesteros. Este mesmo parlamentario renovará a súa acta nas eleccións de 1851 e chegará senador vitalicio dende 1861.

Neste mesmo proceso de 1850 tamén resulta electo polo distrito de A Cañiza o “tudense”, Lorenzo Cuenca San Juan, que manterá o seu escano por este distrito da Paradanta ata 1858; no 1863 resultará proclamado deputado por última vez, neste caso por Verín.

No proceso electoral do ano 1853 aparece como deputado polo noso distrito o tudense Manuel García Maceiraé membro dunha importante familia da nosa cidade. A casa familiar, na Praza de Manuel Caramés no Arrabal (antigo arrabalde de Freanxo) está na actualidade en ruínas pero evidencia aínda o seu poderío.


Os tios de Manuel García Maceira, cunha ampla capacidade emprendedora, fundan a empresa “Andres Maceira y Hermanos” que comeza dedicándose a operacións de cambio e bolsa pero rapidamente amplíase a outros negocios. Contará cun amplo número de correspondentes de Galicia e Portugal.

Os Maceira, nos informa Suso Vila, fixeron fortuna nos asedios sufridos por Valença especialmente na  chamada “Revolta dos mariscales” en 1837 impulsada polos grupos moderados portugueses (chamados cartistas): El papel de Andrés Maceira no sólo se centraba en la introducción del contrabando en la plaza asediada sino también ser agente del gobierno inglés del cual contaba con dinero y materiales. Na súa finca do Cruceiro do Monte – Randufe crean unha factoría con serradoiros de madeira, unha fábrica de curtidos, etc outra de lencería en Riomuiños, entre 1854 e 1863 estableceron o primeiro servizo de transporte con vapores de rodas entre Tui, Valença e Caminha, foron os contratistas do recheo e construcións de peiraos no porto de Vigo, etc.

A familia Maceira tiña unha inmensa fortuna, eran coñecidos como “os Rothschild”, e controlaban o poder social e político na bisbarra, consolidándose o mesmo tras o nomeamento de Telmo Maceira como bispo tudense en 1855.

En Tui,  Andrés Maceira será procurador do común en 1835 cargo ao que accede o seu irmá Juan Gregorio en 1844. Xa nos temos ocupado en Tudensia desta familia e da súa casa no Arrabal: http://tudensia.blogspot.com/2012/06/casa-dos-maceira.html).

Manuel García Maceira, é fillo de Leocadia Maceira e o lucense Vicente García, nace en Tui en 1816, foi Colexial de Fonseca en Compostela, doutorándose en Teoloxía na Universidade de Salamanca, onde o seu irmá Lucas era Catedrático de Dereito. Manuel García Maceira acadou asemade as cátedras de lingua hebrea nas Universidades de Salamanca e Madrid, foi correspondente da Real Academia da Historia en Tui, doándolle a aquela institución en 1860 diversas moedas procedentes da nosa bisbarra. Deputado en varias lexislaturas tivo de retornar á nosa cidade para facerse cargo dos negocios familiares, especialmente da sociedade “Andrés Maceira Hermanos” da súa familia materna. Mantivo unha grande amizade con Antonio Cánovas del Castillo, que en 1884 hospedouse no seu domicilio, e co seu paisano Frei Rosendo Salvado.

Diversos autores, como Manuel Fernández Valdés, sinalan a outros membros desta familia como deputados: Juan Gregorio Maceira Pazos e o seu sobriño Lucas García Maceira, aínda que na documentación do Congreso dos Deputados non existe constancia da súa elección, posiblemente non chegaron a tomar posesión do seu escano.

Manuel García Maceira foi deputado polo distrito de Tui no 1853, retornando ao Congreso tras o Bienio Progresista en 1857 e 1858.

Vitor a Telmo Maceira no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui

O seu tío, o bispo Telmo Maceira Pazos, fora designado senador por Pontevedra en 1843 e senador vitalicio no ano 1850. Telmo Maceira nacera en Tui o 12 de febreiro de 1798, tras estudiar Humanidades cos franciscanos tudenses, Filosofía cos beneditinos de Poio e de novo en Tui dous anos de Teoloxía, incorporouse á Universidade de Santiago acadando o doutoramento en Teoloxía e o bacharelato en Canóns (títulos que tivo de revalidar en 1827 ao considerar Fernando VII que as titulacións obtidas no Trienio Constitucional carecían de valor).

Segundo Máximo Casal no seu libro “Apuntes histórico-biográfico-descriptivos de la M. N. y M. L. Ciudad de Tuy y sus hijos ilustres” (1884) foi catedrático do Colexio San Clemente da Universidade de Bolonia “desempeñando las clases de Filosofía, Teología y Retórica por determinación del Claustro General”.

Foi ordenado sacerdote en 1823 e nomeado párroco de Vide. Membro desta rica familia, axiña gañou en 1828 a coenxía de Maxistral na Catedral tudense e logo foi Deán na mesma, cargo que ocupaba ao ser nomeado senador.

Designado bispo de Coria non chegou a tomar posesión pois entre tanto foi nomeado bispo de Mondoñedo (1852-1855) e finalmente bispo de Tui, a pesar de certa oposición polo que significaba de fortalecemento do poder familiar. Morreu en Tui o 9 de agosto de 1864 agarimado polos seus diocesanos.

No seu episcopado realizará importantes reformas no Seminario, no Pazo Episcopal (realizando a fermosa galería con vistas ao río Miño e Valença), na catedral mandou construír un pasadizo sobre as naves para comunicar o seu pazo coa capela maior e asistir privadamente as funcións litúrxicas dende unha tribuna no lado sur. Agasallou tamén á catedral cun terno de raso azul para a festividade da Purísima Concepción, unhas sacras de bronce e prata e unha fermosa lámpada de cristal para a capela do Santísimo. Promoveu a construción da capela de Frinxo e outra en Morgadáns.

Biblioteca do Seminario Conciliar de Tui

No Seminario Conciliar, inaugurado polo seu predecesor o bispo Francisco García Casarrubios y Melgar en 1850, iniciou a ampliación da biblioteca, á que dóalle boa parte dos seus libros, e promove a súa apertura pública; para elo acordou co Concello tudense o traslado da escola de primeiras letras , que ocupaba a planta baixa do Seminario, a un novo edificio, custeado por él, na rúa Sanz (actual Casa da Xuventude). Citar, por último outras das súas grandes iniciativas, como foi a publicación do “Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy”, cuxo primeiro número sae do prelo, de D. Manuel Martínez de la Cruz establecido na rúa da Corredoura, o 1 de febreiro de 1859, con periodicidade quincenal, e que aínda continúa editándose na actualidade.

Telmo Maceira foi soterrado inicialmente na cripta da Capela das Reliquias ou San Telmo da catedral, pero no 1881 os seus restos foron trasladados ao presbiterio da mesma capela, nun sepulcro que conta cun amplo epitafio.

Máximo Casal sinala tamén que “obtuvo la encomienda de Carlos III y de Isabel la Católica, Ministro honorario del Tribunal del Escusado, Predicador de S.M. y Senador del Reino. En la memorable sesión de 9 de enero de 1845 defendió la honrosa capacidad de los eclesiásticos para ocupar un asiento en el Congreso y en la no menos célebre de 3 de febrero del propio año sobre dotación del Culto y Clero. A él se debe también la brillante exposición que el Cabildo de Tuy elevó al Regente del Reino con motivo de la triste situación por que entonces atravesaba la Iglesia de España, siendo Ministro de Gracia y Justicia el docto Jurisconsulto y Canonista Aguirre, documento luminoso que puede verse en la Civilización del Sr. Balmes. La Santidad de Pio IX le hizo en 1862 noble Romano, su prelado Doméstico y Obispo asistente al Sacro Solio Pontificio”.

Nos seguintes comicios, celebrados en novembro de 1854, atopamos que retorna a un escano no Congreso o avogado tudense Esteban Areal, un dos protagonistas da revolución e 1846 en Tui, ao igual que o guardés Juan Bautista Alonso e de novo Lorenzo Cuenca San Juan. Iste último manterá a súa cadeira nas seguintes eleccións de 1857, na que retorna ao Congreso Manuel García Maceira, mantendo ambos a súa representación tamén no proceso electoral de 1858, agora representando non á provincia de Pontevedra senón aos seus distritos de A Cañiza e Tui, respectivamente.

Juan Bautista Alonso

Nas elección de 1863 asistimos a un relevo dos representantes políticos, pola nosa cidade resulta elixido o ponteareán Saturnino Álvarez Bugallal, primeiro membro dunha extensa familia de destacados políticos da época da Restauración. Álvarez Bugallal, nado en Areas – Ponteareas en 1834, foi Ministro de Gracia e Xustiza en dúas oportunidades.

Saturnino Álvarez Bugallal


José María Fernández de la Hoz

Tras a súa dimisión ao ano seguinte foi electo polo noso distrito José María Fernández de la Hoz Gómez, un “cunero”, pois era natural de Madrid, acadando a acta por Tui nesta única oportunidade. De la Hoz Gómez ocupara a carteira ministerial de Gracia e Xustiza, en 1858, e foi ministro interino de Gobernación neste mesmo ano. Cómpre salientar que nestas elección enfrontouse a Manuel García Maceira, ao que derrotou aínda que os comicios foron declarados nulos polos abusos cometidos por ambos candidatos.

San Telmo: unha reflexión e unha noticia sobre o seu compañeiro Frei Miguel González

$
0
0
Celebramos onte, 14 de abril, o aniversario da morte de Frei Pedro Gonçalves, San Telmo, na nosa cidade posiblemente no ano 1246. O vindeiro luns celebraremos a súa festividade litúrxica, no luns da infraoitava de Pascua. Resulta certamente sorprendente como tras case oito séculos os tudenses seguen conservando acesa a devoción a súa figura, marcando unha continuidade que nos corresponde manter e transmitir.



San Telmo, da antiga capela do Corpo Santo de Aveiro

A figura daquel frade dominico pode ser abordada dende varias perspectivas, máis aló do meramente devocional, pois acoller a súa figura exclusivamente dende este punto de vista resulta empobrecedor. Xa neste blog nos temos ocupado do contexto histórico e espiritual no que vive Frei Pedro González (http://tudensia.blogspot.com/2018/05/unha-contextualizacion-historica-de-san_14.html) e como a súa presenza en Tui enlaza á nosa cidade coas dinámicas daquel século XIII no que vive. San Telmo participa nunha situación social novidosa co desenvolvemento das cidades e do comercio, que impulsan os burgueses convertidos na clase social innovadora. Unha situación que reclama da Igrexa unha resposta, que non son capaces de ofrecer os mosteiros beneditinos (nas súas diferentes modalidades) sobre os que pivotara, en boa medida, a vida eclesial ata aquela.

Xorden pois na Igrexa novas experiencias e expresións de vivencia da fe que conectan e responden ás expectativas daquela nova sociedade que agroma, por toda Europa, na plena Idade Media. E xunto a numerosos intentos de reforma que derivan en movementos cualificados como heréticos, agroman dúas personaxes como son Francisco de Asís e Domingo de Guzmán, fundadores respectivamente de franciscanos e dominicos, que coas súas ordes mendicantes e urbanas conectan coas novas realidades do seu tempo. San Telmo é un dominico desta primeira xeración.

Detalle do retablo central da Capela de San Telmo - Tui

A abordaxe da figura de San Telmo pode ser dende numerosas perspectivas:
-        A súa ampla formación na recen creada Universidade de Palencia, avala a súa preparación para o diálogo entre cultura e fe.
-        A súa visión da vida e dos acontecementos, como unha expresión da vontade de Deus; así interpreta a vergonzosa caída do cabalo, cando se estreaba como Deán de Palencia, como unha chamada de Deus.
-        A súa vocación como frade dominico e a súa conseguinte experiencia da radicalidade evanxélica, de vida mendicante fiado en exclusiva da Providencia divina, ofrece un modo de vida alternativo á sociedade do século XIII preocupada especialmente polo seu desenvolvemento económico.

Imposición do hábito dominico a San Telmo - Francisco de Zurbarán

-        Un home preocupado polas necesidades da xente e que non dubida en implicarse con elas, e que a tradición o expresa cando nolo presenta como impulsor na construción dunha ponte en Castrelo na comarca do Ribeiro.
-        Preocupado especialmente pola vivencia da fe das xentes, pois a súa dedicación será a predicación itinerante e os sacramentos (especialmente penitencia e eucaristía).
-        Integrado na vida da xente, pois vive nas casas populares onde é acollido, dada súa condición de apóstolo itinerante que percorre vilas e cidades realizando o anuncio do Evanxeo, pois cabe lembrar que o único convento dominico en Galicia estaba daquela en Santiago de Compostela.

Un frade que encaixa naquela fermosa expresión do Papa Francisco e que repite con asiduidade, a necesidade da Igrexa de ter pastores “con olor a ovella”, próximos á xente, que vive mesturado co pobo ofrecendo un modo de vida distinto.


Estas mensaxes da vida de Frei Pedro González, San Telmo, seguen sendo de actualidade e mais nun momento en que a pandemia do Covid19 ten alterado a nosa existencia e nos abre interrogantes sobre a precariedade da mesma; unha dimensión da que prescindimos pero que un simple virus nola lembra con estrépito.

Achegarse á figura de San Telmo, sen prescindir dos aspectos de devoción e culto nos que se ten incidido especialmente ata agora, reflexionar sobre ás mensaxes que transmite a súa propia biografía, outórgalle á súa figura unha actualidade ou unha perennidade de grande interese. A celebración no vindeiro ano do 775 aniversario da súa morte na cidade de Tui é unha oportunidade para afondar na figura poliédrica de San Telmo e a súa actualidade.

San Telmo, portada da súa cripta en Tui, 
representado como apóstolo e evanxelizador

Sirva esta ampla introdución para achegarmos nest post de Tudensia a un episodio escasamente coñecido da vida de San Telmo por moitos tudenses e devotos e que nos ofrece unha mostra da súa misión como frade mendicante polas terras da antiga Gallaecia.

A biografía de San Telmo, tomando como referencia o estudio do P. Galmés, nos informa que a presenza de San Telmo en terras galaicas corresponde á súa derradeira etapa como frade dominico. Como xa comentamos os dominicos eran auténticos predicadores profesionais, que vivían de xeito itinerante, residindo alí onde fosen acollidos. Caracterizábanse pola súa austeridade de vida, sustentándose das esmolas que recibían, para amosar unha vida segundo o modelo evanxélico de Cristo. E realizaban esta misión sempre de dous en dous cumprindo a “regula socii” tan característica da vida regular.

Velaí como desenvolvería Frei Pedro González, logo denominado San Telmo, a súa misión pastoral polas terras de Galicia e o Norte de Portugal nos últimos anos da súa vida.

Nos percorridos evanxelizadores de Frei Pedro González estivo acompañado, segundo a tradición, por outros dos frades dominicos: Frei Pedro das Mariñas, soterrado no convento de San Domingos de Ribadavia, que contan fundou xunto con San Telmo. Orixinario tamén das terras de Betanzos é outro dos frades que o acompañan: Frei Miguel González. A misión destes frades é fortalecer a vida cristián entre as xentes de Galicia, pois entón, como agora, cómpre unha nova evanxelización, redescubrir o profundo significado da nosa fe.
Narran as crónicas que “pasando los tres compañeros (San Telmo, Fr. Miguel e Fr. Pedro) por las tierras de Taboada y llegando al lugar de Zepo, a dos leguas distante de la feligresía de Santa Cruz de Viana, acosado del sol, entró en la tierra el báculo, que era de peral, y puso en él la capa para descansar un rato, y luego al punto que ejecutó lo referido, se vio el báculo coronado de flores y de hojas hecho un fresco y ameno peral; y de esta suerte se conservó hasta 1670 y con el nombre que de su principio hasta hoy permanece, palo de romero (…) De aquí vinieron a la costa de Matanza (…), media legua distante de Santa Cruz de Viana y en ella profetizó su muerte el V. Padre con estas palabras: “Hermanos míos, sabed que ha llegado la hora de mi muerte y así os ruego que deis sepultura a mi cuerpo en la primera iglesia cuya campana se tocará de suyo”. Luego que dijo el siervo de Dios las palabras referidas prosiguieron el camino y llegando a una fuente, a dos tiros de mosquete de la iglesia de Santa Cruz, bebieron de sus aguas todos tres compañeros y desde entonces se llama Fuente del Santo. En este sitio entregó el siervo de Dios el alma a su Criador (…) Y estando los dos Padres tan cerca de la iglesia de Santa Cruz de Viana, cuya campana ya se tocaba por sí, luego que llegó a su noticia este prodigio que verificaba la profecía de su compañero, fueron allá y oyendo decir que hacía tres días que se tocaba por sí la campana, cuyo sonido oían sin que impulso humano la moviese, vieron también que en la campana estaba una paloma, cuyo retrato permanece hoy en el frontispicio del altar mayor; conocieron que por disposición de Dios en aquella iglesia de Santa Cruz de Viana había de ser sepultado su santo compañero”.

Igrexa de Santa Cruz de Viana (Chantada), en primeiro plano Capela do Corpo Santo (Fr. Miguel González)

Dende que San Telmo e Frei Pedro soterraron naquela igrexa das terras de Chantada ao seu compañeiro de evanxelización Frei Miguel González, comezaron naquel templo a obrarse numerosas milagres pola súa intercesión. Nun informe realizado, en torno a 1720, polo párroco de Santa Uxía de Asma e o seu anexo Santa Cruz de Viana (a petición de Frei José Rivera, do convento dominico de Tui, nomeado polo bispo e Cabido tudense para que realizase un informe sobre o culto a San Telmo, a requirimento da Santa Sede) sinalaba que na capela dedicada a Frei Miguel González había depositadas numerosas “muletas que los cojos y tullidos dejaron en la capilla del Venerable Padre y las bolsitas de tierra que sacaron de su sepulcro sin conocerse la falta. La cuales bolsitas, volviendo los enfermos a dar gracias al Siervo de Dios por la salud recuperada por su intercesión, dejan colgadas en la misma capilla”.

Pero a relación con San Telmo non rematou naquel día do pasamento de Frei Miguel González; curiosidades da historia ou da devoción popular nos levan a comprobar que aos dous frades dominicos o pobo os coñece como “O Corpo Santo”, polas propiedades taumatúrxicas do seus enterramentos. Esta fama de santidade, acreditada por numerosas milagres ao longo dos séculos, levou a que ambos frades dominicos foran canonizados pola devoción do pobo, sen agardar ao proceso eclesiástico establecido. E finalmente a festa de Frei Miguel González e a festa do noso San Telmo celébranse anualmente no luns da infraoitava de Pascua. Paralelismos na súa vida, paralelismos no seu culto… compañeiros de anuncio do Evanxeo pola terras de Galicia, compañeiros na devoción popular.

Para todos os tudenses e os diocesanos de Tui-Vigo que temos como patrono e protector a Frei Pedro González, a quen invocamos neste tempo de pandemia, feliz día de San Telmo!

O grumete "Juanes" Hernández, un tudense na expedición de Magallanes

$
0
0

Estamos celebrar os cincocentos anos da primeira circunnavegación do planeta realizada pola expedición comandada por Fernando Magallanes e culminada por Juan Sebastián Elcano entre 1519 e 1522.  Unha xesta histórica que nos enorgullece a españois e portugueses.

Mapamundi de Battista Agnese de 1544

Esta expedición promovida por Carlos I, en principio, non tiña ese obxectivo senón outros máis concretos:

a/ Continuar a exploración da costa de Sudamérica na procura dun paso por mar cara ao Oeste; poucos anos antes Vasco Núñez de Balboa descubrirá este mar no occidente de América
b/ Tras este descubrimento a expedición debería dirixirse as illas da Especiaría ou Molucas nas que se producían as cotizadas especias. Así non se incumpriría o Tratado de Tordesillas asinado entre España e Portugal tras o descubrimento de América que establecía unha liña de demarcación no Atlántico (a 370 leguas ao Oeste de Cabo Verde) polo que se repartían o mundo a descubrir: Portugal ao Este e España ao Oeste.

Para liderar a viaxe, o rei Carlos I elixiu ao portugués Fernando de Magallanes, un navegante experimentado. Magallanes morreu durante a viaxe, cando a expedición tiña alcanzado ás Indias Orientais (actual Indonesia e Filipinas). Entón, o mariñeiro español Juan Sebastián Elcano tomou o mando da expedición.

A nao Victoria, a última das cinco naves que quedaba da expedición, atracou na baía de Sanlúcar o 6 de setembro de 1522. Levaba 18 homes a bordo: os primeiros en dar a volta ao mundo e demostrar que a Terra era redonda. Como escribe Juan Sebastián Elcano, na súa carta ao monarca Carlos I dando conta da viaxe e pedindo  a súa intercesión pola liberación dos mariñeiros que foran apresados polos portugueses en Cabo Verde: «Mas sabrá su Alta Majestad lo que en más avemos de estimar y temer es que hemos descubierto e redondeado toda la redondeza del mundo, yendo por el occidente e veniendo por el oriente”.


Esta expedición abre paso a unha nova concepción do mundo, conformando a súa redondez, pero sobre todo é o inicio dun gran sistema de intercambio entre continentes a todos os niveis: humanos, biolóxicos, agropecuarios, económicos e culturais, no que se coñece como a primeira globalización ibérica ao estar controlada por España e Portugal.

A expedición estaba integrada por cinco naos, chamadas Trinidad, San Antonio, Concepción, Victoria e Santiago. Zarpan de Sanlucar de Barrameda, o 20 de setembro de 1519, un total de 270 homes: mariñeiros, oficiais, soldados, especialistas en diversos oficios, grumetes, paxes e criados. A presenza de galegos achegábase a un cinco por cento. A proximidade de Galicia con Portugal, con quen se competía pola Especiaría, puido influír no feito de evitar o alistamento de mariñeiros galegos ante o risco de infiltración de portugueses. Foi o caso de Juan de Muros, Domingo Gallego e Luis de Veas aos que se lle impediu o embarque -agás o último- cando se soubo da súa procedencia portuguesa.

A contribución galega á expedición ademais dos que actuaron como carpinteiros, arrieiros e peóns, identificase na Relación de sueldos  do Arquivo de Indias, onde figuran nomes, filiación e lugar de orixe.

Lista de tripulantes da nao Concepción - Arquivo de Indias

De aí podemos coñecer que na Trinidad viaxaron os grumetes Antón Baamonde, de Noia, e o pontevedrés Juan Gallego, realmente apelidado Rodal. Outras fontes engaden nesa nave a Vasco Gómez, aparentemente de Baiona. Na San Antonioían o grumete dezao Luis de Avendaño e o ourensán Rodrigo Nieto, un dos criados do capitán, quen antes de dobrar o estreito de Magalhaes pasou á nao Victoria, onde tamén ían o grumete coruñés Rodrigo Gallego e o piloto Vasco Gallego, quizais orixinario de Galicia. Nesta nave, a única que rematou a circunnavegación, viaxaba como mariñeiro o baionés Diego Gallego, que en 1524 declarou no preito entre Castela e Portugal pola posesión das Molucas.

Tripulantes galegos da Concepción,como grumetes, foron o tudense Juanes Hernández e Gonzalo de Vigo, que despois pasaron á Trinidad. Cando esta tocou as illas Marianas, Gonzalo de Vigo fuxiu e atinxiu a illa de Guam, onde aprendeu a lingua dos aborixes segundo o testemuño de Urdaneta, citado por Fernández de Oviedo. Grazas a iso, Gonzalo desempeñou un papel importante como intérprete da viaxe dunha das naves da expedición de Jofre de Loaysa que partira da Coruña en 1525 co obxectivo de colonizar as Molucas e na que participaba como segundo xefe desta armada Juan Sebastián Elcano, que morrerá no decurso da mesma.

Unicamente dous galegos, que en xeral se coincide eran orixinarios de Baiona, conseguen rematar esta expedición na nao Victoria: Diego Carmena Gallego, mariñeiro, e Vasco Gómez Gallego, o portugués, grumete.

Pero centremos a nosa atención no aventureiro tudense. Do grumete na citada Relación de sueldos figuran os datos concretos do noso expedicionario:“Juanes” natural de Tuy, hijo de Gonzalo Hernández e de Isabel Rodríguez. ha de haber de sueldo a ochocientos mrs por mes. Recibió por sueldo de cuatro meses adelantados.... iii mil cc rs. Formó parte de la expedición de Magallanes a bordo de la Concepción”.

Sinala Manuel Fernández-Valdés “podemos conjeturar que era hombre de gran corpulencia si no nos engaña su sobrenombre “Juanes”, plural de Juan, que nos recuerda otros apodos similares “Juanón”, “Juan y Medio”, “Dos Juanes”, aplicados siempre en número aumentativo."

A condición de grumete indica que era un mozo que está aínda aprendendo o oficio de mareante axudando á tripulación da nave nas numerosas faenas que se realizan habitualmente a bordo.

Continua Fernández - Valdés: "Poco más sabemos de tan sugestivo personaje. Alejandro Requejo en otro artículo “Los gallegos en la expedición de Magallanes” nos recuerda que muerto Magallanes y asesinado su sucesor en el mando Duarte Darbosa, fue designado para el mando de la flotilla Juan Carvallo, quien en vista de las mermas de la marinería ordenó quemar la “Concepción” y distribuir su gente a pertrechos entre la Trinidad y la Victoria”. Correspóndelle a “Juanes” incorporarse á nao Trinidaddescoñecendo o momento da súa morte.

Sirvan estas liñas breves de lembranza da figura deste grumete “Juanes”, orixinario de Tui, que participa nunha das grandes xestas ha humanidade da que estamos a conmemorar o seu quinto centenario e á que contribuíu con arroxo e valentía, como todos aqueles navegantes, deixando a súa vida nesta épica fazaña.


Nova pinga de humor tudense: os “monos” de Eduardo Padín

$
0
0

Eduardo Padín Rodríguez (1886-1979) é un apreciado artista tudense, cunha obra ampla e dispersa, escasamente coñecida e valorada e que segue reclamando un estudo para situala no lugar que lle corresponde.



Xa en Tudensia nos ocupamos co gallo do trinta aniversario da súa morte de Eduardo Padín: http://tudensia.blogspot.com/2009/01/trinta-anos-da-morte-de-eduardo-padn.html.

O pasado verán a Aula-Museo “Antonio Fernández” de Goián organizou unha interesante exposición titulada “Antonio Fernández, Eduardo Padín. Homenaxe entre amigos” que reuniu unha escolma de obras de ambos pintores así como documentos, artigos de prensa, cartas, debuxos, etc que nos achegaban a súa amizade e colaboración entre estes dous singulares artistas do Baixo Miño.

Pero unha das facetas máis reseñables da traxectoria de Eduardo Padín foi o seu labor como debuxante e humorista. Clodio González Pérez no libro que publicou sobre Padín na colección “Os nosos humoristas” de Edicións do Castro no ano 1983, di que Eduardo Padín foi un dos humoristas galegos “que souberon facer sorrir e castigar coa súa arte”.

Colaborou ao longo da súa dilatada traxectoria en “Faro de Vigo” o “El Pueblo Gallego” de Vigo, “La Semana” ou “La Integridad” de Tui, “La Región” de Ourense, “El Ideal Gallego” de A Coruña, etc. Pero fundamentalmente o seu traballo como humorista está vinculado á revista “Vida Gallega” que dirixía Jaime Solá. Esta revista mensual se edita ininterrompidamente dende 1909 ata 1938 (houbo unha segunda época entre 1954 e 1963 pero de menor interese) e supón un fito no xornalismo de Galicia, ao editar unha revista onde prima a imaxe realizado unha revista gráfica de calidade, logrando converterse na crónica da vida de Galicia durante varias décadas e que conta con numerosos colaboradores. Un deles, Eduardo Padín.


Padín publica, en 1916, con só vinte anos, a súa primeira viñeta humorística ou “mono” no número do 30 de outubro. En poucos meses e dado que conta co favor dos lectores, en concreto o 31 de marzo de 1917 un debuxo seu ocupa por vez primeira a portada da revista, un espazo que ocuparon nomes como Castelao, Torres, Vidales Tomé, etc. Unha colaboración que se alonga ata  xaneiro de 1935 e que o leva a ocupar a subdirección da revista entre o número 249 (de 3 de maio de 1924) ata o 328 (de 10 de xaneiro de 1927). Deseñou tamén a cabeceira da revista e aportou numerosas ilustracións ao longo deste tempo á “Vida Gallega”.

A Guerra Civil supón o fin da súa carreira como humorista que xa non  retomará logo do fin da contenda, aínda que nunca abandonou o seu traballo como artistas, miniaturista (era moi apreciado como debuxante para realizar diplomas institucionais e todo tipo de obras menores, pero onde demostraba a súa calidade) e ilustrador (colabora ocasionalmente en publicación tudenses como o libro das festas ou o Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo que se edita nos primeiros ano sesenta).

Como sinala Clodio González: “Tratou de facer rir sin mais, esplotando a “ignorancia” dos labregos, mariñeiros... -galegofalantes- cara á “sabiduría” dos médicos, empregados, oficinistas.... -castelán falantes-. Pero hai que tere en conta para poder xuzgar a obra de Padín, que non é un caso illado: esta caste de humor era a que privaba daquela, anque -como sempre pasa-, hai uns autores que cargan mais as tintas na “ignorancia” da cultura oficial que outros. Con todo, algunhas veces seguindo o camiño aberto por Castelao fixose eco da nosa situación sociolingüística (...) a súa laboura é merecente -como a doutros moitos artistas galegos- de sere coñecida polo home de hoxe: para que faga sorrir ós netos como xa o fixo ós abós”.

Reproducimos pois de seguido varios dos “monos” de Padín en “Vida Gallega” que continuar reivindicando e revalorizando a este artista tudense.












Naceu en Tui en 1170 o parlamentarismo?

$
0
0
No ano 2013 a Unesco procedeu á inscrición no “Rexistro da Memoria do Mundo” (a lista similar ao Patrimonio Mundial, referido ao patrimonio documental e bibliográfico) dos coñecidos como “Decreta de León” do ano 1188 por consideralos a proba documental máis antiga na que se testemuña a presenza do “pobo” na toma de decisións no goberno do reino, xunto ao monarca e os estamentos privilexiados da época, a nobreza e o alto clero. 



Estes “Decreta” de 1188 están integrados por dezasete estatutos ou decretos, sancionado polo rei Alfonso IX (1188-1230) coa finalidade de establecer a paz no reino integrado daquela polos territorios de Galicia, Asturias, León e as denominadas “Extremaduras” que correspondían ao territorio de fronteira co poder musulmán. A celebración da Curia Rexia en León no ano 1188, da que xorden este “Decreta”, está recoñecida como a primeira ocasión na que o pobo, neste caso os representantes das cidades ou burgueses, participaban nesta asemblea, recoñecendo a León como berce do parlamentarismo.

Non se conserva o texto orixinal dos Decreta de 1188, sen embargo en diversos arquivos existen copias dos mesmos contidas noutros documentos medievais e en textos manuscritos modernos. Deste conxunto forman parte do Rexistro da Memoria do Mundo unha escolma dos mais significativos, como son os conservados no Archivo Histórico Nacional, o Arquivo da Catedral de Ourense, a Biblioteca Nacional de España e a Biblioteca Capitular e Colombina da Catedral de Sevilla.

Existe unha ampla bibliografía sobre esta temática que analiza o papel da denominada “Curia rexia” no reino de León e que serviu de base para esta declaración da Unesco á proposta do Estado Español.

Estamos celebrando este ano o 850 aniversario da presenza en Tui do rei Fernando II e das decisión que toma nesta estadía: ampliación do espazo físico da cidade e do seu amurallamento, etc. Temas dos que xa temos falado neste blog: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/viii-kalendas-aprili-24-de-marzo-850.html .



Pero sobre o contido deste mesmo documento hai un interesante debate, pois para algúns autores este documento realizado en Tui no ano 1170, dezaoito anos antes que os “Decreta” de León, contén a primeira referencia a unha curia rexia na que participan tamén os burgueses, e por tanto sería Tui o primeiro berce do parlamentarismo, anticipándose a León.

Non entraremos no amplo tema dos inicios do parlamentarismo pois excede as nosas intencións. As primeiras cortes ou parlamento hispánico recoñecido son as Cortes celebradas en Benavente no ano 1202, pero a “Curia rexia” de León de 1188 e os “Decreta” alí aprobados contan cun amplo recoñecemento como o inicio das institucións representativas coa participación do que logo veu en denominarse “os tres estados” (nobreza, clero e burguesía) característicos do mundo medieval. Por tanto, o concepto de parlamentarismo, logo desenvolvido en Inglaterra, ten os seus inicios no reino de León, ¿en 1188 en León? ¿en 1170 en Tui?

No ano 1956 Manuel Fernández González, profesor e historiador galego, orixinario de Goián, publicou nunha prestixiosa revista, “Anuario de Historia del Derecho Español”, un artigo de investigación titulado “La entrada de los representantes de la burguesía en la curia regia leonesa” en que documenta como o referido diploma de 1170 conservado no Arquivo da catedral tudense é a primeira testemuña da presenza burguesa neste órgano de goberno do reino: La llave de la frontera de Toroño (nome medieval con que se coñece a unha parte do territorio da diocese tudense) con Portugal era Tuy, y con el objeto de hacer una ciudad más asequible a la defensa ese mismo año (1170) Fernando II decidió trasladarla a un lugar más seguro. A cambio de ello concedía amplias posesiones en el territorio de aquella diócesis al obispo y cabildo, con las cuales les señalaba extensos cotos. Ahora bien, en el privilegio correspondiente declaraba que lo hacía con el consejo de sus hombre buenos, a saber, prelados, nobles y burgueses (bonorum hominum consilio, pontificum, militum, burgensium).



En concreto, neste pergamiño o rei Fernando II manifesta a presenza dos representantes dos burgos ou cidades na Curia convocada en Tui:

(…) Ego, siquidem, Fernandus dei gratia ispaniarum rex, meo regno providens bonorum hominum consilio, pontificum, militum, burgensium civitatem tudensem cui ostium frequentissime parabantur insidie, (…)
  
Trad: (…) Eu, com certeza, Fernando, Rei dos hispanos pola gracia de Deus, cuidando do meu reino por consello dos homes bos, prelados, nobres e burgueses da cidade de Tui onde tiñan sido detidos frecuentemente os ataques dos inimigos, (…)

Segue o noso autor coa análise do documento: Este privilegio lo publico Flores (en el tomo XXII de su monumental España Sagrada) aunque no a través del original a que nos referimos, sino en una confirmación del mismo por Alfonso IX y que se conserva también en el archivo de aquella catedral. Dicho original se halla algo deteriorado en el margen izquierdo, por lo que faltan algunas palabras o letras correspondientes  al comienzo de cada renglón, pero que se puede reconstruir por disponer de la confirmación de Alfonso IX

Continua o seu artigo Manuel Fernández afirmando “Nosotros lo interpretamos como la primera intervención conocida hasta ahora de los procuradores de la burguesía en la Curia (...) se da asi el paso decisivo para la formación de las Cortes del reino”.

Aquel documento de 25 de marzo de 1170, como xa temos analizado en Tudensia, contemplaba xunto ao suposto traslado da cidade, dándolle o nome de “Buenaventura”, a concesión dunha carta foral que beneficiaba aos burgueses tudenses fronte ao señorío episcopal. Unha decisión que foi rectificada aos poucos días, o 1 de abril, en que o monarca “devolvía a la iglesia de Tuy todo lo que le había quitado, restituía al obispo la ciudad y el coto que tenía anteriormente, rompía los fueros que había dado a la misma y nuevamente le devolvía el nombre de Tuy. El privilegio correspondiente ofrece también un especial interés por que en la dirección el monarca invoca a los nobles y a los burgueses (Fernandus Dei gratia Hispanorum rex una cum uxore mea regina Urraca et filio meo Adefonso militibus burgensibus et omnibus aliis ad quos cumque littere iste pervenerint salutem et gratiam), lo cual contribuye a confirmar la importancia de la comentada intervención de éstos en la Curia, toda vez que, para justificar la revocación de un acuerdo tomado con su consejo, el rey se siente obligado  a dirigirse de un modo especial, además de a la nobleza, a aquella clase social, que poco después veremos figurar como uno de los los elementos constitutivos de las Cortes”.

Concluímos pois como Manuel Fernández establece que en marzo de 1170  na Curia Rexia celebrada na nosa cidade deuse un paso transcendental na conformación política institucional do reino de León ao introducir Fernando II á burguesía na Curía Rexia, o órgano de asesoramento do monarca na xestión do reino, precedente inmediato das Cortes e do sistema parlamentario posterior.

Este documento tudense de 1170 será sometido a unha análise crítica polo gran medievalista, Claudio Sánchez Albornoz, nun artigo publicado na “Revista Portuguesa de Historia” de 1969 titulado “¿Burgueses en la curia regia de Fernando II de Leon?”. D. Claudio realiza unha detallada análise deste diploma, tanto dos seus contido como do propio soporte documental.



Comeza sinalando que noutras reunións da Curia Rexia no reinado de Fernando II, en Salamanca (1178) ou Benavente (1181), non figuran os burgueses, nin tampouco figuran como asinantes nos numerosos documentos da súa cancillería e engade:  Es duro de creer que los hubiese convocado por primera vez con motivo del traslado de la ciudad de Tuy a lugar estratégicamente de más fácil defensa y para convalidar los actos jurídicos a que ese desplazamiento dio ocasión. Lo menudo del problema político que tales cambios y tales mercedes suponían, impiden sospechar que llevara al rey a dar un paso de la magnitud del que habría implicado incorporar a su curia al estado llano

E continúa desenvolvendo a súa disección do documento: La frase turbadora del documento de 1170 «meo regno providens bonorum hominum consilio pontificum, militum, burgensium» se alza por tanto singular e inexplicable frente al unánime testimonio de los textos diplomáticos y conciliares que presentan siempre a Fernando II rodeado de obispos y magnates y únicamente secundado por ellos. ¿Cómo no sentir desconfianza ante esa injustificable singularidad? Ahora bien, la desconfianza ante un documento no tiene sino una salida científica: el análisis ceñido y riguroso de la escritura cuya soledad suscita nuestras dudas. Al iniciar el estudio crítico de la escritura tudense de 1170 sorprende el tríptico de pontífices, milites y burgenses, con los que el rey declara regir su reino. En los diplomas de Fernando II donde se enumeran los asistentes a su curia se habla de los proceres y maiores de la misma. Y en ningún otro documental o narrativo donde se consigna la presencia de los representantes de las ciudades en la curia regia se cita a los burgueses

Pero non cesa neste punto a análise que realiza Sánchez Albornoz que agora se adentra en novos aspectos do documento: Un análisis del pergamino conservado en Tuy permite sin embargo juzgarle un original apócrifo, falsificado para hacerle confirmar por Alfonso IX en 1228. Sus caracteres exteriores no coinciden con los que muestran los documentos de Fernando II. No está escrito en la francesa cursiva, habitual en la cancillería regia del mismo durante sus treinta años de reinado; lo está en la minúscula muy correcta en que se escribieron los diplomas de Alfonso IX por sus últimos escribas. En los privilegios reales de Fernando II el león del signum regis mira siempre hacia la izquierda; en la escritura que comentamos el león mira a la derecha, como en los signos rodados de Alfonso I a partir de 1216; y en su dibujo quiere imitar los más tardíos diseños de las ruedas del mismo soberano En los privilegios reales de Fernando II con «Signo Rodado», nunca faltan las columnas de confirmantes y no figuran en la escritura comentada; la ausencia de lista de confirmantes en el diploma discutido es tanto más anómala cuantoaparecen en dos documentos otorgados en Tuy en las mismas fechas por Fernando II.

E, finalmente, o medievalista Sánchez Albornoz, nos ofrece as súas conclusións: Nos hallamos en presencia no sólo de un seudo original sino de una falsificación. De una falsificación llevada a cabo por escribas de la Iglesia de Tuy, hacia la misma fecha en que ésta arrancó su confirmación a Alfonso IX. ¿Por qué la iglesia tudense habría esperado a 1228 para arrancarle la confirmación de la más amplia de las mercedes concedidas por don Fernando II, si ésta no hubiese sido una superchería y hubiera en verdad existido antes de su amaño en la época en que se logró hacerla validar por Alfonso IX?

En definitiva a análise critica de Sánchez Albornoz desbota o documento tudense ao consideralo unha falsificación e consecuentemente estima que non pode ser considerado unha fonte de información valida para documentar a presenza da burguesía na Curia Rexia de León e retrotraer ao ano 1170 en Tui os inicios do parlamentarismo.

Unha recente tese titulada “Falsos y falsificaciones en la documentación latina medieval del Reino de León” de María Elena Díaz Salvado do ano 2011 ofrece algunha novidade. Non adoita unha postura tan clara sobre a falsidade do documento tudense de 1170 ao que cualifica coma dubidoso, aínda que estima que posiblemente trátese dun documento falso nun estudo que abrangue máis de 400 documentos e onde sinala a un bo número deles como falsificacións posteriores. En relación aos argumentos de Sánchez Albornoz, a investigadora estima que a non existencia de sinaturas no documento: “parece una forma muy breve y esquemática de abreviar la confirmación. Tal vez se deba a que el documento no fue expedido con la intervención de una curia sencilla de nobles y eclesiásticos, sino con el consejo de una asamblea numerosa, en la que habían sido reunidos los tres órdenes. La reunión tuvo una gran importancia, el acto jurídico asi nos lo está indicando. Se trató del traslado de una ciudad llave de la frontera noroeste y capital de un territorio recientemente recuperado -tras diez años en poder del monarca portugués Alfonso Enriquez, que en 1159 se hizó con las comarcas de Limia y Toroño, al sur de Galicia-, medida defensiva que revestía un interés nacional, no local, y que nos parece justifica la reunión de una Curia extraordinaria en la que, con la intervención de los representantes de la burguesía, se da el paso decisivo para la formación de las Cortes -ya en términos casi modernos- del reino”

Este novo estudo do documento de 1170 aínda que sen negar a súa posible falsidade non estima que a mesma implique a todo o contido do documento, senón que estes elementos que informan sobre a reunión da Curia Rexia en Tui poden resultar verídicos. Por tanto, estaremos recuperando como a devandita reunión celebrada en Tui nas Kalendas aprili supón a presenza dos elementos burgueses por ver primeira na reunión extraordinaria da Curia Rexía, abrindo un camiño que aos pouco anos desembocará, xa co sucesor de Fernando II, o seu fillo Alfonso IX nos Decreta de 1188.

Tumba de Fernando II no Panteón Real da catedral de Santiago

Por tanto, o documento tudense de Fernando II de 1170 é o primeiro precedente do parlamentarismo, establecido no reino de León dende 1188; cómpre por tanto recoñecer o papel da nosa cidade, gracias ao rei Fernando II -tan estreitamente vinculado a Galicia e que repousa no Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela- na implantación da participación dos burgueses na vida política do reino, mediante a súa incorporación á Curia Rexia.

De todos os xeitos, é preciso abrir de novo o debate sobre pretendida falsidade dese documento e do seu contido á luz dos novos estudos de paleografía e diplomática así como do seu contexto histórico, pois se podemos afirmar con garantía que este pergamiño tudense recolle a primeira presenza dos elementos burgueses na Curia Rexia nesta reunión extraordinaria de 1170, se marca un fito de singular transcendencia.

Nese caso, Tui podería reivindicar que este documento de 1170 de Fernando II de León sexa incluído, xunto cos "Decreta" de León, no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco.

Feliz San Telmo 2020, cun poema de M. Lago González e unha oración

$
0
0

Para celebrar a festividade de San Telmo nesta circunstancias inéditas recollemos en Tudensia os versos dun dos máis egrexios e lembrados fillos desta terra, Manuel Lago González, que no poema que de seguido reproducimos nos transmite as súas vivencias das festas de Tui na véspera de San Telmo.

"San Telmo" de Urbano Lugris - Museo Naval de Ferrol


LEMBRANZAS DA TERRA

 Ou qué terra a nosa terra!
ou qué vila a nosa vila!
ou qué xente aquela xente
da nosa doce Galicia!

  Así decía Pepiño
así layaba e decía,
lembrándose das orelas
do Miño, das augas limpas,
e da cidade que s’ergue
coas súas torres altivas
e xardíns de laranxeiras
antr’as dúas cumes irtas
do monte Aloya e do Faro,
na veiga verde e garrida
que rino atravesa o Louro
y-o Miño cantando bica.

  Tui, a dos vellos amores,
na memoria lle surdía,
toda de fores cuberta,
toda de groria vestida,
ca súa gran Corredoura
donde a xente andaba e viña
antre regueiros de luces
y-antre mares de alegría,
coa súa fresca alameda
donde vole e xeme a brisa,
co seu ponte, arpa de ferro
que fixo a bela Poesía
pra cantar ó son da gaita
a hermosura de Galicia,
coa Catedral, que somella
unha custodia bendita,
de pedra branca do monte
por maus d’anxeles tecida,
arca santa sonde dormen
as grorias nunca esquecidas
da patria de San Pelayo,
agardando que algún día
vaya alguén a despertalas,
pra que o mundo, ó velas vivas,
caya, asombrado de velas,
y-as adore, de rodillas.

   Coitado Pepe! Coitado!
esta noite son as vísperas
de San Telmo queridiño,
o patrón da nosa vila,
y-hai foguetes onda o Foxo,
foguetes de lucería,
que esparexen mil colores
do ceu a escura cortina,
y-hay repique de campanas,
aquel repique que brinca
polas almeas y-as torres
con tal e tanta armonía,
que parez que son os ánxeles
os que as campanas repican...
Y-hai músicas rebuldeiras,
e muita, muita xentiña,
enchendo prazas e rúas
de rumor e de alegría.
Qué noite, Pepe, qué noite,
esta noite, esta noitiña!
Pecha os ollos, péchaos, Pepe
e co-eles pechados mira...
Agora estamos en Tui,
na Corredoura; ahí enriba
hai faroles de color
e miles postos en fila;
ó pé de nós pasa a xente,
toda con cara de risa;
mira enfrente o seminario,
mira detrás..., ai que dicha!
O Rincho toca amuiñeira
e beilan as raparigas,
éche a música da terra,
esa música meiguiña
que trai as bágoas aos ollos
y-as penas do peito arrinca.
Esta gaita nunha festa
cómo canta y-agarima!
Arrula como as palomas,
coma os reiseñores pía,
coma o vento zoa e funga,
murmuxa coma as fontiñas,
ri e chora y-hastra canta
cal crego que canta a misa.
Ai, cómo a gaita conmove,
Como alegra y-enfeitza!
Mais agora durme, Pepe,
no teu leito das Penizas,
e non despéchel-os ollos
por non te ver en Castilla.

(Publicado nun programa de festexos de San Telmo de Tui, tomado de Lago Gonzalez: Poesía galega recollida e presentada por Xosé Filgueira Valverde, Santiago 1977).

E acompañamos este texto cunha sinxela oración ao noso Corpo Santo a quen, dende hai case oito séculos, os tudenses invocamos nos momentos de sufrimentos, persoal e colectivo, acollidos á súa intercesión pois como ben cantamos no seu himno: Con velas de esperanza, en nave carcomida, el golfo de la vida surcamos sin cesar... Neste momento de tanto dor e inquedanza provocado polo Covid19 ollar a San Telmo nos abre á esperanza: Ayúdenos tu mano las olas a surcar.


Feliz día de San Telmo a todos!

Foi o bispo Fernando Arias trovador?

$
0
0
No ano 2008, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas, ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez, o concello de Tui editou un libro titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui, da vella casa ao corazón aberto” no que xunto a unha semblanza dos seus intensos vínculos con Tui, á quen lle ten dedicado moitas páxinas de estudos e investigación, recollía unha serie de traballos e artigos inéditos ou escasamente coñecidos referidos á nosa cidade.
Recuperamos hoxe un destes traballos que atopamos manuscrito nas  múltiples carpetas que no arquivo persoal que a familia Álvarez Cáccamo nos facilitou naquela altura. Un texto que redactado no ano 1949 permaneceu inédito ata 2008 e que agora recuperamos polo seu interese.


Lembrar que Xosé María Álvarez Blázquez foi un dos grandes especialistas na lírica galaico-portuguesa con obras aínda hoxe referenciais nesta materia. Unido a este coñecemento está a súa vocación literaria que o levou a componer unha obra “O Cancioneiro de Monfero”, nunha das trasnadas maís logradas da historia da literatura galega, anunciando un 28 de decembro que, nas súas andanzas como investigador e bibliofilo, descubrira un manuscrito que contigas medievais que publica con este nome de “Cancionero de Monfero”. Moitos acreditaron nesta trasnada ata que foi desvelada. Pero evidenciou a súa alta calidade literaria e o seu coñecemento da nosa lírica medieval.



A condición de trovador do noso bispo é moi interesante, pois xunto cos poemas do xograr Golparro sobre a romaría de San Xoán Treson, na igrexa tudense de San Xoán do Porto, son dúas testemuñas da presenza tudense no panorama da lírica galaico-portuguesa, unha das expresións máis excelentes da nosa cultura común.


¿DON FERNANDO ARIAS, OBISPO DE TUY, FUE TROVADOR?

Vigo, 26-27 Junio 49


Los Cancioneros medievales galaico-portugueses son –entre cosas de más fuste- un nutrido vivero de incógnitas, que de continuo incitan nuestra curiosidad. Allí abundan las alusiones veladas, lo relatos de francés oscuro, las fraccionadas notas históricas, los sarcasmosúa s punzantes, los nombres desconocidos, los anónimos, los sobrenombres. Uno de nuestros más acuciantes deseos es, leyéndolos, conocer al detalle la vida de los poetas, sus andanzas, sus inquietudes, triunfos y desvelos; pero no siempre es fácil la tarea, pese al mucho camino recorrido por los investigadores, en este quehacer gozoso de extraer de las sombras del pasado retazos de unas remotas existencias, durante tantos siglos ignoradas para el arte y la cultura universales.



Todo cuanto sea rastrear en la vida y obra de nuestros trovadores, lleva aunado al interés general de la tarea el personal deleite del rastreador, a poco que éste ponga en ello una mínima emoción humanal. La historia de la poesía medieval gallega precisa aún de muchos buceadores del pequeño detalle para completar su cuadro; tras el mágico descubrimiento de los Cancioneros, de esas indias vírgenes del arte universal, queda aún para los soldados de fortuna un vasto campo a la aventura en los recodos y encrucijadas del paisaje poético, en los valles recogidos y en los manantiales ocultos, en los solitarios hontanares que no han podido atravesar, en su ingente empeño, los grandes capitanes del descubrimiento.

Ráfagas de infortunio han sepultado o destruido los viejos textos; de muchas obras, ni la memoria queda; de otros apenas más que el nombre del autor; de no pocas ni esto siquiera. El tratar de recomponerlo todo, de hallar la obra y conocer al hombre, es tarea alucinante, tanto por lo que tenía de ilusoria como por lo que pueda aparentar de vano.

Y he aquí que el trovador Esteban d’A Guarda (*) nos pone en el trance de rastrear. Desde una pequeña villa marinera, enfrentada al Atlántico, a la orilla del Miño de amargos destinos. Esteban d’A Guarda pasó a la corte portuguesa donde llegó a ejercer diversos cargos públicos y, en pulo supremo, obtuvo la privanza del rey D. Dinis. Monarca y valido eran trovadores, el monarca empeñado en bregar a favor de lo provenzal y el cortesano tratando de seguir los regios rumbos, pero el uno y el otro sin lograr hurtarse por entero al acento felizmente delator de la lírica tradicional.

Esteban d’A Guarda, de vez en cuando, recaía en el aviejado ejercicio de escarnio, no sencillo y mol como la cantiga de amor, ni sereno y terso como la de amigo, sino espinoso y quebrado, como un áspero camino aldeano que le llevase a la cumbre avizora de la ironía y el sarcasmo. Y en estas andanzas, un día se encara con un personaje, que le había dirigido una cantiga; el personaje era un obispo gallego, en la corte portuguesa a la sazón, pero parece ser que el trovador guardés no quiso o no supo entender la intención de sus versos, y replicó al tonsurado con una cantiga de escarnio que lleva el nº 915 del Cancionero de la Vaticana. El colector que conocía el pleito quiso dejarnos esta nota fugaz: “Esta cantiga foy feyta a un gallego que preçavase de trobar e non o sabya ben”. El gallego era un obispo, más ¿qué obispo gallego pudo ser?

Creemos que este y no otro: Don Fernando Arias, obispo de Tuy.

Pocos datos tenemos de la vida de este prelado (**). Su apellido basta para juzgarle gallego y muy probablemente nacido en el propio obispado tudense, esto es, de donde era también natural el trovador d’A Guarda. Esto acaso bastase para suponer la incidencia, una pretérita amistad entre ambos, que dice fácil pié al punzante cambio de trovas antes referido.

Fray Prudencio de Sandoval nos ilustra con una interesante noticia. “Fue este obispo mucho del servicio del rey Don Dionysio de Portugal, y assi le hiço algunas mercedes, y a su Iglesia, como fue darle el patronazgo dela iglesia de Aurega, dice: Id circo ego Dionysus rex proedictus, volens in persona dicti Episcopi pro multo servitio quod mihi et donae Beatricae, serenissimae matria mea impendint, eidem et Ecclesiae suae cinctis q succesoribus etc. Oct. Colimb. 5 die octub. Rege mandante. Era 1317 que es año 1279 está en el Archivo y torre del Tumbo delos Arçobispos de Braga” (1)



Hasta aquí Sandoval. Por su parte el P. Flórez, que utiliza –rectificándolas frecuentemente- las noticias de primera mano de Fr. Prudencio, amplía esta de la amistad y el favor real en los siguientes términos: “Fue D. Fernando muy afecto a la Reyna D. Beatriz, hija de D. Alfonso el Sabio, y madre del rey D. Dionisio de Portugal: por lo que hizo muchos servicios a la madre y al hijo: y de aquí parece se infiere que anduvo en la corte de la Reyna D. Beatriz y del Rey su marido D. Alfonso III de Portugal, padre del expresado D. Dionisio. Este al punto que empezó a reynar en el año 1279 remuneró a D. Fernando lo mucho que le había servido a él y a su madre, y le dio el patronazgo de la iglesia de Aurega para él y para sus suscesores...” (2)

No hemos de olvidar que la diócesis tudense se adentraba entonces en territorio portugués, cosa que el mismo P. Flórez recuerda oportunamente al hablar del obispo D. Gil Pérez de Cerveyra (1250-1274) nacido en la margen izquierda del Miño: “Como Tuy no era solamente confín del Reyno de Portugal, sino que tenía la parte meridional de su diócesis dentro de aquel Reyno, había proporción de que algunos eclesiásticos portugueses sirviesen á esta iglesia como a propia Matriz” (3). Este es el caso de de D. Gil Pérez, y esto explica mejor que otra la posible razón de los servicios que D. Fernando Arias pudo prestar a los reyes de Portugal; el poder temporal de éstos y el espiritual de aquel se ejercían en parte de un mismo territorio, y la frontera política desaparecía asi, para permitir una estrecha vecindad de vasos comunicantes.

D. Fernando Arias no pasó a los Cancioneros

Otras noticias de D. Fernando Arias nos da el P. Flórez todavía, como la de su adhesión al partido de Don Sancho, de quien obtuvo diversos privilegios, y en fin su muerte en principios de 1286, después de regir la silla tudense por espacio de ocho años.

Pero nada interesa tanto a nuestro objeto como la noticia de la estancia del Obispo D. Fernando en la corte de Portugal, ya fuese en tiempos de D. Alfonso III ya en los de su hijo D. Dinis. Por entonces también estaba allí Esteban D’A Guarda haciendo versos y política que eran uno y el mismo cortesano quehacer.

Ya se sabe que en aquel tiempo toda la corte trovaba, bajo la regia presidencia de D. Dinis; que a D. Fernando Arias, su amigo y bienhechor, le atacase la comezón poética, nada es de extrañar; un día pudo haberse atrevido a zaherir en verso a aquel su paisano Esteban, que tan alto escalara, y poco avezado a trovar “non o sabía ben”. El de A Guarda le replicó con su acerado escarnio, que era como un dardo, fino y ornado de gayas plumas, y fue para el obispo un aviso fulminante de retirada. El ya había rendido su obligado culto a las musas y contento con su parca fortuna, abandonó el campo, para regresar al reposo silente de su sede episcopal, donde la poesía no se hacía tan necesaria.

Notas
(1) Fr. Prudencio de Sandoval: “Libro de la Iglesia de Tuy y sus antiguedades, compuesto por don.... cronista de S. Mag. en los Reynos de Castilla en los años de 1607” (¿). Fol. 158
(2) Fr. Henrique Florez: “España Sagrada... Tomo XXII. De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto”. Madrid, Antonio Martín, 1767, p. 152.
(3) P. Florez, op. cit. pág. 154.


(*) Estevan d’A Garda veu moi probablemente a Portugal co séquito da raíña Beatriz en 1288. Perfílase como home de confianza do rei D. Dinis nos últimos anos de goberno, cando é testemuña do tres manifestos e do testamento do rei en xuño de 1322. Foi escribano da cámara do rei polo menos desde 1299 ata 1314, as cartas que redacta son todas de subscrición rexia. Desde 1312 é de especial confianza do rei, xa que pon a data en documentos con elementos topográficos; 160 cartas desde 1312 até a morte Don Dinis. Ningún outro oficial exerceu nesta corte unha función semellante. A partir de 1325, con Afonso IV, a súa presenza na corte é máis esporádica, aínda que non menos significativa, sendo mencionado como conselleiro do rei e o seu procurador en asuntos de política ibérica.

Nin Álvarez Blázquez nin outro autor algún teñen defendido públicamente a hipótese do berce deste Esteban d’A Guarda na vila mariñeira da foz do Miño, senón que como apunta o propio Álvarez Blázquez nunha nota que acompaña a este escrito podría ser de ascendencia aragonesa.

(**) A presenza do prelado tudense na corte de Alfonso X e a través do casamento da súa filla Beatriz con Alfonso III de Portugal, accedeu á corte do seu fillo D. Dinis. Nunha traxectoria parella ao escribano e trovador Esteban d’A Guarda que explicaria a súa relación e reforzaría a tese de Xosé María Álvarez Blázquez.

Unicamente un apunte que sobrepasa ao contido deste post. Pero como vimos de comprobar o bispo Fernando Arias tiña forte presenza e ascendencia tanto na Corte de Castela como de Portugal (un equilibrio que sempre tentarán manter os prelados tudenses) era por tanto unha persoeiro relevante. Ata 1250 foi bispo de Tui, D. Lucas con gran presenza na corte de Alfonso IX, que lle encarga a crónica da raíña Dona Berenguela e logo o famoso “Cronicón de España”. O sucesor de D. Fernando Arias, o bispo Juan Fernández de Soutomaior foi notario do rei D. Sancho e chanceller da raíña, por tanto con alta condición na corte. O seu sucesor foi Bernardo Gui, a quen recentemente témoslle dedicado un post en Tudensia. En defitiva hai case un século en que a sede tudense é ocupada por bispos estreitamente relacionados coa corte, a que razón pode responder que se designe para a catedra tudense a personaxes dunha relevancia moi superior ao nível da diocese tudense, que non era, pola sua estensión e conseguintes rendas, das máis relevantes. Un enigma que teremos, entre todos, de responder.

A Catedral de Tui en 1896 por Alfonso Pérez Nieva

$
0
0

Ao longo dos anos son moi numerosas as descricións publicadas sobre a nosa cidade e os seus principais monumentos, moi especialmente da Catedral. Canto máis antigo sexa o relato, máis alá da súa calidade literaria, nos ofrece unha imaxe da cidade e da catedral que nos proporciona unha interesante información para contrastar coa documentación e contribuír á unha fidedigna representación da nosa cidade.


Ofrecemos hoxe aos lectores de Tudensia as páxinas referidas a Tui dun libro de viaxes publicado pola “Biblioteca Gallega”, a prestixiosa editorial coruñesa que promovía Andres Martínez Salzar, no ano 1900 titulado “Por las Rías Bajas: notas de un viaje por Galicia” de Alfonso Pérez Nieva.

O escritor e xornalista Alfonso Pérez Nieva, asinaba así aínda que en realidade chamábase Alfonso Pérez Gómez-Nieva, foi un prolífico escritor. Naceu en Madrid o 19 de maio do ano 1859 e faleceu en Badaxoz en 1931. Estudou Filosofía e Letras e foi funcionario do Ministerio de Instrución Pública, onde exerceu o cargo de xefe do Negociado de Institutos Xerais e Técnicos. Chegou a ocupar o posto de Ministro de Instrución Pública e Belas Artes en dúas ocasións, aínda que en ambas as de maneira ocasional: do 17 de setembro ao 21 de decembro de 1923, como funcionario habilitado; e do 5 de agosto ao 24 do mesmo mes de 1925, como interino durante a ausencia do titular do cargo.

Colaborou en numerosos xornais e revistas, entre eles en 'Revista de España', 'A Ilustración Española e Americana', 'O Imparcial', 'O Liberal', 'Heraldo de Madrid', 'ABC' e 'Branco e Negro'.

Autor de máis de corenta títulos, Pérez Nieva cultivou case todos os xéneros: novelas, contos e narracións, poesía, libros de viaxes, teatro. Literariamente encádrase dentro do naturalismo cristián e conservador, defensor dos valores tradicionais.

Alfonso Pérez Nieva, ilustración de Cilla, en Madrid Cómico (1895)


A súa primeira novela, “Esperanza e Caridade” (1885) trazou as constantes do resto da súa produción, exaltadora da virtude e a educación cristiás, do poder redentor do traballo, do matrimonio por amor e da independencia profesional da muller. “La clase media” é o título dunha serie novelesca inconclusa que se inicia en 1889 con “El alma dormida” e pretende ser unha galería de retratos da burguesía como os presentados en “La última lucha” (1888), “El buen sentido” ou “La dulce oscuridad, para dar paso nos últimos anos da súa vida ás novelas histórico-costumistas como “El paje de la duquesa” (1923) ou “El juez, el duque y la comedianta” (1931).

Publicou ademais numerosos contos e relatos; tres libros de poemas; 'La romántica' (1892), obra que se estrenou no Teatro de la Princesa de Madrid; e os libros de viaxes 'Por Levante' (1892), 'Un viaje a Asturias pasando por León' (1895), 'Por la Montaña' (1896), 'Por las Rías Bajas' (1900) y 'Viajando por Europa' (1911).

Realiza dúas viaxes a Galicia, unha a inicios da década dos oitenta do século XIX e a viaxe que recolle neste libro “Por las Rías Bajas” entre agosto e setembro de 1896, aínda que o libro non será publicado ata o ano 1900 e nes mestura as impresións de ambos recorridos.

Inicia a viaxe por Galicia que recolle no seu libro en Tui, pois tras un percorrido por Portugal chegan en tren ata Valença “cruzando luego á la otra orilla en un llamémosle ómnibus, sin que, por no llevar equipaje, ni ser hora de viajeros, tropezáramos con caribinero alguno”.

En Tui céntrase exclusivamente na Catedral pois á cidade non lle resulta de interese (“Tuy es moderno, del día...”) e nos ofrece unha descrición do templo catedralicia e do seu claustro (“de los más bellos que he visto”) e algunha noticia de interese no seu relato que iremos anotando sobre o mesmo. Estamos pois diante da imaxe da Catedral tudense nos finais do século XIX que recolle este relato de Alfonso Pérez Nieva.

TUY
I
LA CATEDRAL DE TUY

Entrar en Galicia viniendo de Portugal, es penetrar en la encantada región de los robles por su pórtico de la Gloria, por su atrio de honor. Debajo de nosotros, del tren que rueda á lo largo de lo que los hombres, los eternos pigmeos rebelados con la madre naturaleza, han bautizado jactanciosamente de puente internacional, se desliza buscando el mar próximo, el río sagrado, el Miño, que ciñe y bordea y defiende el paso de su tierra querida, y á nuestro frente, con su tendencia céltica de raza á encaramarse, se yergue Tuy y su catedral negra de los tiempos medioevales, á la vez templo y fortaleza, almenada, como un arcáico centinela cubierto de loriga, que los pasados siglos se hubieran olvidado de relevar y que aún pretendiera vigilar el arribo de toda gente extraña a sus custodiadas vegas.



La mañana es espléndida y luminosa, circunstancia favorable para nuestra visita á ese viejo gigante de Tuy. Cuando la senectud pesa sobre las espaldas, ya sean de piedra, ya de carne, el sol alegra el alma de los edificios como de las personas y da á su ancianidad un estraño sello de beneplácito. La catedral tudense, sin parecerse en nada a la de Ávila, traémela á la memoria. Como ella posee firmes sillares de castillo, como ella tiene muros almenados, como en ella horadan sus bloques las aspilleras que dejaron escapar un día ya las plácidas bendiciones de la calma monástica, ya las sibilantes flechas de la comunidad, lanzando la campana mayor á vuelo y enarbolando el pendón de combate. Pero todo pasó. Ahora que yo la veo, sonríe con su sonrisa senil de segunda infancia, ufana de sus recuerdos históricos y de sus golondrinas.

El gran aliciente de la catedral de Tuy es su fachada originalísima. De fondo ceñudo, dos recias torres con almenas reforzadas por estribos, aprisionando un ático liso, sin otra ornamentación que una estrella orlada por varias semicircunferencias concéntricas y en primer término el pórtico techado, con su exquisita puerta de labores de piedra, tímidamente abierta en lo hondo del vestíbulo, quizás agobiada bajo el peso de la mole de granito que la cobija y no del todo descontenta de la vecindad de los dos arcos apuntados que para darla paso caen graciosamente sobre los grupos de esbeltas columnitas que los sustentan.

¡Bien conservada se halla la puerta! Seguramente que los que la encerraron entre recios muros y la pusieron una montera de granito no pudieron calcular el favor que la hacían librando á sus figuras de piedra de la decapitación de unos siglos “sans culottes” en materia de arte. Lo mismo las ocho estatuas de los apóstoles, santos, y reyes, erguidas á uno y otro costado sobre sus esbeltos y derechos fustes, que los dos bajo relieves del montante y el tímpano representando escenas del nacimiento de Jesús, osténtanse con todos sus detalles respetados, permitiendo así gozar de las bellezas de la ornamentación. En España perduran muchos monumentos arquitectónicos, pero sin narices. Apenas existirán por ahí media docena de monarcas sobre sus capiteles, que no hayan llegado chatos hasta á nosotros. Constituyen las archivoltas en el remate de la entrada guirnaldas de rosas. La impresión de la portada es de riqueza en el conjunto y en los detalles. El artífice cuidó tanto del efecto como de la minuciosidad.

Tiene esta puerta otra hermana, mayor que ella en edad, de ese estilo románico lleno de sencillez que yo calificaría de modesto, con dos columnas en los flancos y cuatro archivoltas de parca labra en el medio punto. Entre ellas debió existir un tímpano con figuras; pero por allí ha pasado la ola de la posteridad dejando sólo restos informes y una arcada doble y tupida con un bajo relieve en el que destaca la efigie en buen estado de un obispo echando la bendición. Es cosa de felicitar á su ilustrísima por tal suerte.

No hay tiempo para detenerse. Admiremos el óvalo amplio y artísticamente labrado, parejo á la puerta citada, los ábsides elegantísimos de traza y el campanario con sus ricas veletas de hierro, vieja torre que corona el edificio á manera de una de esas cabezas de centenario en un cuerpo que la senectud encorvó. Y antes de penetrar en el templo, maldigamos la plebe de casucas que, como en otras poblaciones, estrecha en Tuy á la catedral, y que no parecen sino los pobres de cal y canto de las históricas fábricas.

LA TUDENSE POR DENTRO
Poco puede apreciarse en una visita al paso. La iglesia es de clásica belleza, de cruz latina en su disposición y de muy original desarrollo en sus naves alumbradas por hermosos rosetones que se prodigan, menos en la mayor que resulta envuelta en sombra. ¡Y ojalá que ésta envolviera también el altar de gusto deplorable![i] Los aficcionados á rejas deben visitar el interior de la catedral de Tuy. Las hallarán de puro estilo renacimiento[ii]. Notable es la capilla del Sacramento[iii], de bóveda ojival y magníficas fenestras, con dos buenos nichos tumulares. Huelga advertir que donde quiera se descubren remates de obra del siglo anterior, con su barroquismo pesado y delirante que no respetaba estilos, ávido de imponer sus extraños caprichos artísticos. Ejemplo la verja de la mencionada capilla y eso que en ella el artífice se comprimió, como dice Ricardo Vega, en su sainete, acaso seducido por la belleza de forja del hierro confiado á su gusto estético.



Pasamos al claustro. Para mi es uno de los sitios que mayor encanto ofrecen en las catedrales. En primer lugar el claustro es la devolución á los ojos del don preciado que el Supremo Hacedor los concedió: de la luz. El templo en la penumbra, rasgada sólo por las palideces de las lámparas y de los cirios, abruma con la pesadumbre de los éxtasis místicos que, si elevan el espíritu, ahogan á la materia. No hay sombra de nave que no deje caer en el alma una gota de tristeza. La salida al claustro es la salida á la vida, al sol, á la naturaleza libre dentro del medio ambiente religioso de la oración recién concluída. El claustro, además, es la catedral íntima, la catedral familiar, la catedral “humana” si vale la frase, donde se pasean los canónigos cuando consagran su mente á la tierra, la que oye sus coloquios, la que sabe cuanto en la santa casa sucede. Preguntárase a sus bloques y cada uno será un cronicón. En mi expedición a Ávila, vi, discurriendo por los claustros del convento de Santo Tomás, varios dominicos blancos. ¡Qué no hubiera dado por oírles! Me tuve que contentar con gozar viendo sus siluetas suaves tan bien encajadas bajo las venerables y románicas bóvedas!

El claustro de la tudense es de los más bellos que he visto y no se me han olvidado los admirables de las catedrales de Oviedo, León, Segovia y Tarragona, entre otros. Este de Tuy es un puro ejemplar del ojivo en su primera época, en la que todavía se advierten, junto a la gracia sencilla de los arcos góticos, las robusteces románicas, formando un delicioso maridaje los sólidos machones de columnas con la finura aérea de las rosas de las claves. Como detalles, aparte de dos sepulcros murales, merecen citarse el altar del Crucificado[iv], un relieve de alabastro[v]; Santa Isabel y el Niño Jesús[vi] y la tumba de mármol de San Pedro Telmo[vii]. Nota al margen. El claustro se conserva bien, con escasos deterioros, sin haber necesitado nunca probablemente la mano reparadora de ningún alarife del siglo pasado, y quizás por eso mismo.

Para un entusiasta de los antiguos edificios, como yo lo soy, resultaría miel sobre hojuelas encontrarme ahora con un montón de casas viejas, con un Santillana cántabro, v.g. Pero no sucede asi. Tuy es moderno, del día, parece recién levantado. La atención del artista se la lleva por ende la catedral… y el paisaje. Ocupa el sagrado edificio la cumbre sólo del castro sobre el que se yergue. Diríase que todas las piedras han querido alzarse en la cúspide para “ver” la campiña, para recibir en sus poros el continuo beso de la brisa que sube del río, que sube de los valles, que sube de los huertos, que mantiene en la atmósfera una permanente emanación de frondas espesas, escalando á todos los vientos el cerro y purificándose y haciéndose más sutil á medida que se eleva hasta la enhiesta fábrica por los peldaños de los árboles!



[i]O retablo do altar maior da Catedra de Tui era unha obra neoclásica que foi desmontado cando a rehabilitación e reforma da Catedral dos anos sesenta do século XX, para instalar no pesbiterio o coro que ata aquela ocupaba a nave central do templo. A imaxe da Asunción de Nosa Señora que preside hoxe o altar maior formaba parte dese retablo.

[ii]Esas rexas marcaban o espazo que comunicaba o coro co altar maior, formando a denominada Vía Sacra. Na actualidade aínda se conservan parte deste conxunto nos lateriais do presbiterio da catedral e as outras rexas retiradas as podemos contemplar no claustro e no Museo Diocesano.

[iii]Naquela o Santísimo Sacramento se gardaba na Capela das Reliquias ou San Telmo (non como na actualidade que cumpre esta función a capela de San Andrés).

[iv]Conservado aínda na actualidade unicamene o Cristo “das batallas” pero tendo perdido o resto do retablo do que fala Alfonso Pérez Nieva

[v]Esta peza é descoñecida na actualidade.

[vi] Esta peza, que formaba parte do retablo central da Catedral realizado en pedra caliza de Coimbra, podemos ollala actualmente no Museo Catedralicio.

[vii]Na actualidade este sartego de mármol está depositado no Museo Diocesano; aproveito para reivindicar unha mellor atención a esta peza, pois amáis do seu evidente valor histórico, posue outra valor intanxible e devocional, ao ser unha reliquia “de contacto” de San Telmo.

“Eterno Tuy” obra de teatro de Antonio Gala sobre a nosa historia

$
0
0

O 22 de agosto de 1968 é unha data lembrada por moitos tudenses: é a inauguración do Parador de Turismo “San Telmo” na que participan o anterior Xefe do Estado, o xeneral Franco, que previamente visita a Catedral para coñecer as obras de rehabilitación e restauración realizadas na mesma. Esta visita de Franco é, dende época medieval, a única oportunidade en que o Xefe do Estado Español visita a nosa cidade.


Pero a nosa atención non vai tanto na inauguración deste establecemento turístico senón no programa de actividades complementarias celebradas co gallo deste evento. Amais da consabida visita ás  instalacións do novo Parador e os discursos de rigor no acto protocolario, se porá en escena unha pequena obra de teatro, encargada polo Ministerio de Información e Turismo que dirixía Manuel Fraga Iribarne, titulada “Eterno Tuy” composta polo daquela prometedor escritor, Antonio Gala.

A obra estivo interpretada por un plantel de actores de Televisión Española contando coa colaboración de “extras” locais para algunhas escenas. A obra contaba coa dirección de Roberto Carpio, persoa de alongada traxectoria no ámbito teatral, e como protagonista interpretando ao Pai Miño, co actor José Franco (tamén popular con numerosas obras de teatro e películas con directores como Berlanga ou Eloy de la Iglesia). A obra foi retransmitida pola senda canle de Televisión Española coa realización de Eugenio García Toledano. Neste enlace podemos visionar algunhas imaxes deste acto editadas polo Nodo: https://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1339/1486393/





Non é lugar de ocuparnos sobre a traxectoria e personalidade de Antonio Gala pois é amplamente coñecido polos nosos lectores pola súa traxectoria como dramaturgo, novelista, guionista e columnista en numerosos medios de comunicación.

Esta peza teatral foi publicada, no ano 1976, xunto con  outras tres obras máis, nun libriño titulado “4 conmemoraciones”, que recolle xunto a “Eterno Tuy”, outra peza sobre Xaén e o Castelo de Baños de la Encina, “Auto del Santo Reino”; outra sobre Hondarribia titulada “Oratorio de Fuenterrabia” e finalmente “Retablo de Santa Teresa” sobre a santa de Ávila.

Estas pezas de ocasión responden, sen embargo, a un obxectivo máis amplo de Antonio Gala, que dende os primeiros anos sesenta xa vive en exclusiva de escribir. Nun tempo en que a televisión se populariza moi rapidamente Gala dí: «Me doy cuenta de que la manera de comunicar es la prensa, todavía más que el teatro, porque hay gente que no va al teatro y que sin embargo, sí lee, y la televisión para comunicar de verdad con el pueblo... el interés en escribir en una prensa muy leída, y la televisión son porque los considero como dos métodos inmediatos de conectar con el pueblo...» E nese contexto están estas colaboracións de Antonio Gala con Televisión Española que lle reportarán enorme popularidade.  Destacan: Al final la esperanza; 4 conmemoraciones: Eterno Tuy, Auto del Santo Reino, Oratorio de Fuenterrabía, Retablo de Santa Teresa; para celebrar o ano santo compostelán: Cantar de Santiago para todos;e dúas interesantes series tituladas: Si las piedras hablaran y Paisaje con figuras.

Noutra entrevista Gala manifesta: «he procurado que por lo menos, conozcamos algunas cosas. Cosa de este sitio en que vivimos y que se llama en general España. Cosas de gentes que nos han hecho ser como somos; de españoles que nos fueron haciendo así: españoles (...) me parece de verdad esencial que el español reconozca su pasado para que aprenda a convivir con su presente y con su futuro. El pasado se nos ha enseñado de manera muy mala, de una manera triunfalista y falsa. Los españoles no conocen como han llegado a ser lo que son, entre otras cosas porque no son, porque no saben lo que son...»

Esta peza teatral se enmarca dentro deste contexto da traxectoria de Antonio Gala, e podemos afirmar que é unha das escasísimas pezas teatrais que ten a Tui como protagonista, xunto co famoso Entremés famoso en que se contiene La contienda que tuvieron los labradores de la provincia de Caldelas con los portugueses, sobre la pesca del río Miño do ano 1671 e que é a primeira peza teatral escrita en galego (xa en Tudensia falamos da mesma: http://tudensia.blogspot.com/2008/12/caldelas-protagoniza-primeira-peza-de.html).

Esta obra teatral como o propio Antonio Gala sinala na presentación do libro “4 conmemoraciones”: “en la hermosa Galicia verdeazul, el Padre Miño nos narra -con su agua, la misma de siempre y siempre diferente- la crónica de Tuy”.

A obra teatral se estrutura en sucesivas escenas sempre co “Padre Miño” como elemento permanente e referencial. Na primeira escena está con Diomedes, na segunda aparece no escenario Witiza e de seguido Don Rodrigo xunto co bispo Opas e Paio (D. Pelayo iniciador da Reconquista). Continua avanzando a obra, como o Miño, coa presenza das tres raíñas Urraca que nos conducen ata o noso Corpo Santo, San Telmo, e logo a Pedro Madruga e o bispo Diego de Muros. Tamén sae a escena o Abade do Couto, heroe da guerra contra o francés, e finaliza cun encontro entre galegos e portugueses sempre na presenza do Pai Miño.
Este Pai Miño que, xa no final da peza, proclama:

Me emocionaron estos gallegos míos y lloré como un niño. Francia salió de Tuy, pero quedó al salir sus arrabales. Corrieron malos días. Yo quiero a mis gallegos lo entendéis. Me llaman Padre Miño. No mis ríos: los hombres son mis hijos. Nunca les he faltado. Durante centurias han jugado conmigo como un caballo de cartón. Me ha cruzado barcas; han pescado mis sábalos, mis angulas, mis salmones rosados; se ha venido a besar a mis orillas: me han ceñido con puentes. ¡Ah mis puentes! Esbeltos y rotundos. Puentes de sillerías bien labradas... Pero hay uno al que amo sobre todos. Uno sólo de hierro, al que, en vuestro lenguaje que no comprendo bien, le llamáis Puente Internacional. Me lo pusieron prieto sobre el lomo, ahora para morir. No me molesta, no: me gusta pasear mansamente a la luna o al sol, debajo de él. Me apoyo en sus pilares. Creo que es un bello sitio para una cita de los novios de siempre: Portugal y España. Hace casi cien años que ya paso y lo reflejo. Cada día arqueo bien el cuello y la grupa por él, que se me encuentre hermoso. Yo quiero a mis riberas a las dos: ya sabéis: este vaivén
Meus ollos van por lo mare
mirando van Portugale;
meus ollos van por lo río,
mirando van meu amigo.

Sirva esta referencia á obra teatral “Eterno Tuy” para divulgar a súa existencia, descoñecida para moitos, e incentivar aos numerosos afeccionados tudenses ao teatro amador para a súa representación, pois esta peza que nos aproxima á nosa historia estou convencido resultaría de gran interese para tudenses e visitantes.

En numerosos lugares unha representación teatral de similares características constitúe un atractivo cultural e turístico que enriquece a oferta da localidade e contribúe a unha maior valorización da nosa historia e patrimonio.

Para todos feliz día do libro 2020!


Viewing all 229 articles
Browse latest View live