Dende “Tudensia” queremos facer chegar aos nosos lectores e a todos os tudenses os nosos votos por unha feliz xornada de San Telmo, o patrono da nosa cidade e diocese.
Image may be NSFW. Clik here to view. ![]() |
San Telmo, retablo no Alcazar de Sevilla. Autor: Alejo Fernández, sec. XVI |
A celebración desta festividade é, xunto á devota celebración do patrocinio e intercesión que sobre a nosa cidade e persoas exerce con agarimo Frei Pedro González, unha rememoración do noso espírito colectivo que dende hai case oito séculos ten nestas festas a súa expresión máis requintada, nestas datas pascuais revitalizamos anualmente as xentes de Tui as nosas esencias comúns que, como fíos dunha urda, nos entrelazan e ligan, coa historia e co presente, creando un fermoso tapiz, que entre tecemos e que envolve a nosa existencia colectiva.
Recuperamos, neste ano 2022, un vello texto do pregón das festas de 1963 realizado polo médico José Casal Aboy e que foi publicamos no Boletín Informativo do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui (ano II, nº 31 de abril de 1963).
José Casal era natural de Santiago de Compostela, onde nacera en 1908, casado con Paulina García-Seco Seoane, natural de Mondoñedo (cuñada de Álvaro Cunqueiro), con quen tivo dous fillos, Mercedes e José Carlos.
Chega a Tui ocupando a praza de médico titular de asistencia pública domiciliaria dende o ano 1960, atendendo tamén na consulta que tiña no seu domicilio na rúa Ordoñez, cunha sala se espera cun acuario que sorprendía especialmente aos máis pequenos.
Dende o primeiro momento se implica na vida tudense, coa sintoniza de modo moi intenso, participando en numerosas iniciativas. É un dos fundadores do Centro de Iniciativas e Turismo tudense en 1961 e que pronto presidirá. Dotado de ampla cultura publica no Boletín do CIT un amplo traballo por entregas sobre a igrexa de San Bartolomeu e posteriormente sobre o claustro da Catedral. Publica na revista “Bracara Augusta” un documentado traballo sobre a “Estancia de san Fructuoso en Tuy”.
Tamén se incorpora á vida municipal, sendo nomeado concelleiro en 1961 con Ramón Peñarredonda como alcalde. Tras o cese deste, Jose Casal Aboy ocupa a alcaldía de Tui entre o 19 de xullo de 1965 e o 22 de marzo de 1969, en que dimite por motivos de saúde, falecendo o 2 de xullo dese mesmo ano.
O seu mandato como alcalde é un dos máis lembrados polos tudense pois nese período se culminaron importantes obras que transformaron á nosa cidade: declaración de Tui como conxunto histórico, se remata a rehabilitación da Catedral e do conxunto histórico, implantación do bacharelato superior masculino e elemental feminino, inauguración do Parador de Turismo, creación dun grupo escolar en Tui (o que hoxe é o CEIP nº 1) e outro en Guillarei, se inicia o novo cemiterio tras impulsar a nova ordenación urbanística do antigo campo da feira e cemiterio, etc. No seu mandato tivo lugar a única visita do Xeneral Franco a Tui, o 22 de agosto de 1968.
A súa pegada na vida tudense foi altamente significativa como queda acreditado ao ser o único alcalde que ten dedicada unha rúa co seu nome. Recibiu tamén a Cruz de Caballero de la Orden de Cisneros, unha distinción civil creada no réxime franquista para distinguir a quen prestase relevantes servizos ao engrandecemento de España.
Con este texto recuperado de Casal Aboy reiteramos os nosos desexos dunha feliz xornada de San Telmo neste ano 2022.
Image may be NSFW. Clik here to view. ![]() |
San Telmo, por Urbano Lugrís. Ano 1974. Colección Afundación. |
FESTAS DE SAN TELMO – PREGON (*)
Vi claramente visto o lume vivo
Que a maritima gente tem por santo,
En tempo de tormenta e vento esquivo,
De tempestades escura e triste pranto”
Camoens. “Os Luisiadas”, canto V
De las brumas del siglo XI, que disipó una infanta cabe el Miño, surge esplendorosa, sobre la vieja acrópolis, la estructura recia del Tuy medioeval.
Colma pronto la urbe el núcleo de la ciudadela y mansa se desborda hacia su camarada el río, donde baña su belleza en el cristal de sus aguas en un incomparable marco de fina orfebrería. Alzanse nueva murallas y almenados torreones, y se perforan túneles, bajo las antiguas, como escondidos abrazos. Blasones y labras nobiliarias de varias estirpes florecen sobre balconadas y portones, mientras las esquinas se abren con románicos santos dentro de hornacinas. Herrajes artesanos filtran la iluminación de austeros recintos, donde el obispo D. Lucas escribe sus cronicones. Y la luz, incansable, juega el claroscuro por bellos rincones y ocultos pasadizos.
Alcanza Túy en el siglo XIII gran relieve urbano, es hito fundamental del “camino portugués” a Santiago, y envidiada plaza fuerte del santo rey D. Fernando.
Desde la distancia, sobre la ciudad y triples defensas, destaca imponente el águila pétrea de su altivo Alkázar que, en las alturas, dicta normas de estrategia a la escolta lancera de su atenta crestería.
Bajo un dosel de estrellas, velado en parte por el brillo deslumbrante de las galaxias propias -poetas y artífices, guerreros y obispos, santos y mártires-, culmina la fiesta de la consagración solemne de la Catedral – Fortaleza, una noche novembrina de 1225.
En esta escena y ambiente medio episcopal y medio guerrero, poco después, quiebra el silencio de recogidos templos y empinadas calles el dulce caminar de un Santo. Llámanle unos el Predicador, San Pedro González; otros, segundo Apóstol San Pablo. Más tarde todos lo conocerán con muy popular nombre, “O Corpo Santo”.
Esbelta es su figura y viste de hábitos blancos. Es su vida viva estela de elocuencia y milagros. Conquista, solo en presencia, tierras y costas, islas y mares. Patrocina mareantes y su imagen, con la vela y el barquito, truécase en segura brújula del navegar inseguro sobre olas tenebrosas.
Todos los nautas lo invocan, y al divisar sus luces –“o lume vivo e santo” del lusitano poeta-, unánimes cantan y rezan: “Misericordia, Sant-Elmo ¡Salve Corpo Santo!”
Muere en Túy el 14 de abril de 1246 y se entierra el lunes de “pascuilla” en la Catedral, cerca de su Pórtico. Agonizando, otorga a la ciudad y comarca entera, el precioso legado de su eterna protección y patronazgo. Por ello es secular tradición celebrar su festividad el lunes de “pascuilla” – siguiente al de Pascua-.
Venid, pues, devotos y peregrinos desde los remotos confines de Galicia y Portugal, rendidle vuestro culto y homenaje, besad sus reliquias y luego postraos a los pies del Santo que, en el relicario de Túy, os espera, muy abiertos los brazos.
Y cuando oyéreis el canto que rezaban Bolandos:
Señor San Pedro González
De navegantes piloto
Libradnos de terremotos
Y defiéndonos del males”.
Como los portugueses de antaño, contestad:
Misericordia Sant-Elmo!
Salve Corpo Santo!
Amén!
Túy, abril de 1963
José Casal Aboy
(*) Mantemos a grafía do autor.