Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

Parlamentarios tudenses X: Manuel Lago González

$
0
0

En 1914 accede ao Senado, en representación da provincia eclesiástica de Burgos o tudense  Manuel Lago González, daquela bispo de Osma. Lago será de novo senador nos anos 1918 e 1919, sendo xa bispo de Tui en representación da provincia eclesiástica de Santiago. Lago é unhas das personalidades mais egrexias na historia da nosa cidade, sentido por todos os tudenses como propio.


Manuel Lago nacera en Tui o 26 de outubro de 1865. Fillo de José Lago Maceira e de Carlota González Fernández, que vivían nun pavillón da finda “das augas”, en Randufe, por estar alí instalados os depósitos para o subministro da cidade, propiedade dos seus parentes, os Maceira (dos que xa falamos nun anterior post). Posteriormente os pais adquiren unha parte do pazo “San José” ou de Vista Alegre, tamén en Randufe, que fora reconstruído por D. Francisco Pérez Escudero.

Placa na igrexa de Santa María da Guía, parroquial de Randufe

Estudiou no Seminario tudense para posteriormente licenciarse e doutorarse en Teoloxía en Santiago no 1893. Xa no ano 1887 é nomeado catedrático de Hebreo e Grego no Seminario tudense, antes de ser ordenado presbítero, que terá lugar no ano seguinte asi como a súa designación como Secretario de Estudios do Seminario, onde era de sempre un activo animador. En 1881 publica en “El Eco del Miño”, que promovía o seu admirado Antonino Cerviño, os seus primeiros poemas.

Lago González foi, de novo un activo militante dos movementos políticos de herdanza carlista, que tras a súa derrota militar, crean novas expresións políticas como é o caso do Partido Integrista que defende un ideal católico. Naquela altura en Tui había un grupo de sacerdotes cunha sólida formación intelectual e de marcada tendencia integrista, salientando Florencio e Antonino Cerviño e o propio Lago, que dinamizan a vida da cidade e abordan numerosas polémicas dende a prensa, un medio de acción política moi en boga daquela. A presenza do bispo Hué Gutiérrez na sede tudense reforzou esta liña. Os xornais “El Eco del Miño” e, dende 1888, “La Integridad” son os voceiros deste grupo. Lago colabora especialmente no segundo xornal como responsable de varias seccións. En 1891 ten lugar o famoso episodio da súa expulsión do Salón de Plenos do Concello polo alcalde Hipólito Padín e a súa posterior detención, que provoca unha onda de solidariedade en Tui e na prensa de Galicia, medrando enormemente a súa sona en todo o país.


Lago e os seus compañeiros integristas encontran os valores católicos na tradición e na cultura de Galicia e así converxen, en contacto con Alfredo Brañas, co movemento rexionalista como quedou patente no seu importante papel no desenvolvemento dos Xogos Florais de Galicia celebrados en Tui en xuño de 1891. Manuel Lago, como representante da Xunta Rexionalista de Tui, pronunciará o seu discurso “Gabanza da lingua galega” no que testemuña o seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia que manterá ao longo da súa traxectoria.

En 1893 este grupo integrista tudense apoia decididamente nas eleccións a Cortes a un deputado alternativo ao sinalado polos conservadores de Ezequiel Ordoñez que controlaban politicamente o distrito. Vendo ameazada a vitoria recorren a diversas artimañas, ata que se retira o candidato integrista. O desafío estivera a punto de saír vitorioso. Consecuentemente os liberais e os conservadores, con Ordoñez e González Besada á cabeza, inician unha ofensiva contra este grupo e especialmente contra “La Integridad” como o seu voceiro. Coa chegada do novo bispo Menéndez Conde este grupo desfáise, e Lago ten que marchar a Lugo.

Naquela cidade oposita á praza de Cóengo Maxistral que non logra, pero o bispo lucense Murua “compensa o seu fracaso” nomeándoo como o seu Secretario de Cámara. En Lugo será catedrático no Seminario, reitor da Igrexa do Carme e en 1899 logra a dignidade de Lectoral da Catedral lucense, “traballa na xunta de Reparación de Templos, na fundación de sindicatos agrarios e caixas de aforros, dirixe o boletín eclesiástico, realiza traducións do alemán, dedicase ao estudo das Ciencias Naturais, relacionase coas personalidades máis destacadas da cultura galega e xunta xa os escomezos da súa formidable biblioteca de erudito nas letras e na historia de Galicia (...) edita un “Manual de Estudios Bíblicos” adaptación do Bibelkunde...” acreditando tanto o seu labor apostólico como a súa alta capacidade intelectual. Goza de xeral recoñecemento ata o punto que o Concello de Lugo o nomea como “fillo adoptivo” daquela cidade.

Dende 1906 forma parte da Real Academia Galega, fundada no ano anterior participando no seu acto inaugural como membro fundador. Posteriormente será nomeado membro da Academia Literaria de Mont-Réal, de Toulouse, e académico correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de la Lengua Española.

Escudo episcopal de Manuel Lago, tomado de G. Santiso, A.: 
Los obispos de Tui y sus armas. Heráldica eclesiástica. Tui, 1994.

En 1909 é designado bispo de Osma, adopta no seu escudo o viril de Galicia, na parte superior, e o brasón de Tui, no inferior e nunha banda, que lembra á bandeira galega, as sete cruces das vellas capitais galegas co seu lema “Nobiscum Deum” (lembrado o Emmanuel, Deus con nós, do profeta Isaías).  Filgueira Valverde na biografía que edita en 1934 en Pontevedra escribe a propósito da súa consagración episcopal, na Catedral de Tui, unhas liñas que expresan a personalidade de Lago: Na prensa galega debúllanse unánimes gabanzas. Intre de exaltación patriótica: a xeneración dos “continuadores” ofrece una verdadeira coroa poética ao poeta que é ergueito á cadeira episcopal. Lago é tamén acaroado tamén polo fervor das moitedumes, que o acompaña dende entón. É curioso anotar que a súa modestia, que padecía na presenza alabeeria dos políticos, ou nos ditos gasalleiros dos cregos, ou nas gabanzas da prensa, non sofría nas acramacións populares. Polo contrario, foron dende entón ben acollidas do seu esprito. Lago tiña paixón de moitedumes e interpretaba as acramacións do pobo como recoñecemento da súa participación da potestade divina. Nas súas conversas tenme confesado como gozaba neses intres, desdobrando a súa persoalidade sin sentirse el como individuo, ouxeto das manifestacións. Os seus mellores discursos foron improvisacións inmediatas a un desbordamento da simpatía fondísima que despertaba no pobo”.

En 1917 foi trasladado á sede tudense, tomando posesión o 15 de agosto e o 26 de agosto entra en Tui. Tui recibe ao seu fillo cunha emoción formidable. Na catedral pronuncia Lago unha das súas mais fermosas oracións. Lembra a súa homilde nacencia, a súa estancia en Lugo, as súas viaxatas pola terra castelán.< Creo modestamente tener un título a vuestro afecto: en Castilla, en la Corte de España, en Levante, en Barcelona yo nunca tuve empacho en confesar mi tierra natal. Gallego soy y me he declaro con noble orgullo en todas partes, no ocultando a nadie, antes buscando la ocasión de cantar a mi viejo solar..>. Neste mesmo sermón ofrece unha definición do que quere sexa o seu episcopado: Un obispo eucarístico y social quiere ser entre vosotros el que ahora inaugura su pontificado.

Permanece seis anos na cátedra tudense onde publica diversas pastorais e sobre todo as súas “Circulares” que edita en case todos os números do Boletín da diocese de Tui. En moitos destes escritos glosa os acontecementos buscando neles o seu sentido espiritual.  No seu mandato mellorou as instalacións do Seminario, acometeu obras na Catedral, en numerosas parroquias e reitorais, etc. promoveu os sindicatos agrarios católicos e as asociacións de segrares e as novas ordes relixiosas asi como a visita pastoral a todas as parroquias.


O 24 de xullo de 1923 é preconizado arcebispo de Santiago, aínda que a súa toma de posesión se retrasa ata o 1 de abril de 1924. A súa chegada suscita un grande apoio, especialmente dos sectores do galeguismo, que viron nel unha esperanza para a Igrexa galega.

Recollemos de novo as palabras de Filgueira: Ninguén como é acolleu a mitra compostelán ca prenitude da responsabilidade que entrana. A súa conciencia hestórica do cargo, formada na máis fina coñecencia da gloria compostelán e do seu rol no futuro galego, pesáballe no esprito como unha obsesión (...) Porque Galicia recibeu esta nova cun fervor unánime. Si algún intre de íntima solidaridade galega houbo na hestoria, si Galicia recoñeceu en plenitude os seus propios vínculos , adheríndose  voluntariamente a unha autoridade moral, si algunha vez a unidade galega encarnou nun prestixio en quen todo o pobo se vise representado, foi na preconización e na entrada do bispo Lago a Compostela.Esas eran as expectativas que o nomeamento de Lago González á sede compostelá suscitaba na sociedade galega, o primeiro arcebispo galego dende Sebastian Malvar e Pinto, morto en 1795.

Entrada como arcebispo en Santiago de Compostela, 1 de abril de 1924

No 4 de maio Lago ingresa no Seminario de Estudios Galegos sendo nomeado Presidente honorario e organizándose unha Exposición Castelao, que inaugura o arcebispo xunto co artista rianxeiro. Eu son cabo de vós un soldado mais e carón voso traballarei como un mozo nos estudos galegos (...) temos de anovar o noso espiritu. Tornemos o noso ollar á estrela que brilou sobor das carballeiras de Solovio e anunciou ás xentes o lugar do sartego de Santiago. Aquela é a estrela da nosa fe, i-a nosa fe é a nai do tesouro espiritoal de Galicia, da nosa cultura.

Por mágoa a súa prematura morte, o 18 de marzo de 1925, impediulle levar adiante os seus proxectos. Neste breve período temporal, acometeu o acondicionamento do claustro da Catedral e aprobou e publicou os Estatutos do Cabido, cun texto redactado por unha comisión de capitulares, e que consta de 191 artigos. O seu médico afirmou logo na prensa que as súas últimas palabras foron: “Hay que unirse para defender a Galicia”.

O seu testamento da conta da súa personalidade: Declaro que no poseo dinero ninguno, si no es la escasa cantidad que se haya en poder de mi mayordomo o las más escasas que se encuentren en mis muebles o en la ropa de mi uso. En cambio estoy gravado con deudas que conocen mis familiares, las cuales deseo satisfacer enajenando mis libros y ornamentos y los demás objetos de mi propiedad”

Ao coñecer a opinión pública este testamento xorde una campaña para evitar a enaxenación da biblioteca de Lago promovendo que a Universidade de Santiago adquira, coas achegas das xentes de Galicia, esta biblioteca coa finalidade de saldar as débedas do bispo Lago González.  Unha grande resposta levou que os sete mil volumes formasen a denominada “Biblioteca Lago” na Universidade compostelá, sendo inaugurada o 26 de xullo de 1929 nun solemne acto.

Filgueira Valverde no libriño editado en Pontevedra no ano 1934, co gallo do traslado das cinzas de Lago á Capela do Sacramento da Catedral compostelá, escribiu o seguinte:

Vivo e perenne, como a lembranza dos seus feitos, queda na escolma das súas lecturas o maxisterio deste home exemprar. A apoloxia parcial de cada unha das facetas do seu esprito é cousa cativa. Nin a súa obra literaria, nin mesmo os seus actos de goberno, lle farían acadar este fervor galego que semella inmorredoiro. É que Lago foi mais que nada, e así sagazmente o sinalaron L. García e Mons. Tedeschino nos seus póstumos alaudos “como unha encarnación de Galicia”, como o “prototipo cultural” da nosa Terra.


Pero Manuel Lago salienta tamén pola súa obra de creación, especialmente poética. Da páxina web da Real Academia Galega recollemos a súa semblanza como autor:

Lago González foi un importante teólogo, gran coñecedor de linguas, orador, arqueólogo e, especialmente, un destacado poeta. Era un creador formalista, que puña freo á súa creación coa rixidez da norma e do canon. A formación bíblica e clásica recibida ao longo da súa vida levouno ao uso das amplificacións, reiteracións e estruturas paralelísticas. Os principais eixes temáticos da súa obra son a natureza, algúns motivos histórico-narrativos e relixiosos, así como as lembranzas da mocidade, da cidade natal e das súas xentes. A lingua empregada oscila, dependendo do poema, entre un amplo repertorio de ornamentos literarios e os xiros da fala familiar aldeá.

O conxunto dos seus sesenta e dous poemas galegos foi recollido en 1967 por Filgueira Valverde, ao quedaren moitos deles manuscritos ou espallados en publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia ou Galicia Diplomática. Tamén é autor dalgúns poemas e obras eruditas en castelán.

En recoñecemento a súa achega á cultura de Galicia foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1973.

Unha aproximación á súa obra é a seguinte:

-        El renacimiento de la escolástica en España: Discurso leído en la inauguración del curso académico de 1901-1902 en el Seminario Conciliar de Lugo. Lugo: [s.n.], 1902.

-        Manual de estudios bíblicos. Friburgo, 1911.

-        El catecismo y la civilización: Discurso pronunciado en el Congreso catequístico de Valladolid por el Excmo. Señor D. Manuel Lago y González el 23 de Junio de 1913.  Tui: Tip. Regional, 1914.

-        El régimen espiritual: carta pastoral. Tui: Tip. Regional, 1917.

-        Poesía galega. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1966

-        Escolma de poesías. A Coruña: Real Academia Galega, 1973.

Escolmas, homenaxes e obras sobre o autor

-        La inauguración de la Biblioteca Lago. Coruña, Tip. El Ideal Gallego, 1929.

-        Homaxe ao arcebispo Manoel Lago González. Santiago de Compostela: Nós, 1934.

-        FILGUEIRA VALVERDE, X. (ed.): Lago González, arcebispo galego. Pontevedra: Antúnez, 1934.

-        FILGUEIRA VALVERDE, X. (ed.): Lago González: biografía y selección de su obra gallega. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1965.

-        Algunhas características do galego de Lago González. Santiago de Compostela: Universidade, 1973.

-        Lembranza de Lago González. Vigo : Galaxia, D.L. 1973

-        Homaxe ó Arcebispo Lago González. Día das Letras Galegas: 17 de maio de 1973. Bos Aires: Centro Gallego de Buenos Aires, 1973.

-        El pensamiento jurídico del arzobispo Lago. Discurso pronunciado el día 28 de abril de 1979, en la solemne sesión celebrada en el Seminario Conciliar de Tuy por el Académico de Honor, Ilmo. Sr. D. Manuel Cela Diz, y contestación del Ilmo. Sr. D. Rafael Areses Pérez. Coruña, Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación, 1979.

Tui e as súas xentes sentiron sempre, pola súa proximidade a todos, unha grande admiración por este singular persoeiro. No ano 1923 a Corporación Municipal, presidida por Venancio Lorenzo Álvarez, acorda darlle o nome do recen  nomeado arcebispo de Santiago á rúa Nova. Nomenclatura que continúa na actualidade cunha fermosa placa en mármore obra do tudense Gumersindo Juncal, placa financiada pola comunidade tudense en Vigo. 


Na actualidade esta fermosa placa está parcialmente oculta pola irrespetuosa colocación dunha sinal de tráfico e un espello que alteran a visión desta fermosa placa. Dende este blog rogamos o cambio de ubicación destes sinais para que esta homanexe dos tudenses a Lago recupere a visión completa.

Tras o falecemento de Lago o Pleno do Concello, presidido daquela por Estanislao Ferreira Martín de Argenta acorda colocar un retrato seu no Salón de Sesións, que será realizado posteriormente por Antonio Medal Carrera.

Por último, no ano 1984, sendo alcalde Ángel Álvarez Durán, acordouse adquirir á viuva do escultor Xoan Piñeiro a estatua que realizara do arcebispo Lago. Será o escultor Antúnez Pousa quen remate a peza e a prepare para a súa instalación na praza da rúa Ordoñez tudense.

No Museo Diocesano tudense se conservan numerosos obxectos de Lago doados polos seus familiares e que, en parte, podemos contemplar nunha vitirna do primeiro andar do Museo.

Actualmente, aproximándonos ao centenario do seu falecemento, segue sendo para os tudenses unha personalidade referencial conservándose unha agarimosa lembranza da súa figura. Este post recolle unicamente algunhas referencias fundamentais sobre Lago, que segue reclamando unha biografía que posibilite o coñecemento da súa traxectoria e o recoñecemento da súa achega.

 


Derrubado o acueduto do Pontillón en Caldelas

$
0
0

Recollemos hoxe en Tudensia unha noticia que publicaba onte o xornal “Faro de Vigo” na que recolle o malestar dos veciños de Caldelas polas obras que está realizando a Confederación Hidrográfica Miño – Sil para “Mellora da permeabilidade no río Caselas” que busca facilitar o acceso de peixes polo río Caselas, en especial o salmón.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/14/caldelas-defiende-antiguo-acueducto-regadio/2326458.html

A intervención ten ocasionado o derrube dun acueduto existente nese lugar de Pontillón, unha obra de arquitectura popular que forma parte do patrimonio cultural daquela parroquia de Caldelas ou da inmediata de Porto, pois existente dúbidas da situación deste acueduto. Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero omite, esperemos que non deliberadamente senón por desafección ou descoñecemento, a conservación dos valores do patrimonio cultural de carácter popular ou antropolóxico.

O lamentable, insisto, é que cheguemos a situacións como esta por unha indolencia diante do patrimonio cultural, tantas veces case sistémica, nas actuacións de determinadas administracións e entidades que interveñen no territorio (caso moi estendido son as agresións ao patrimonio na xestión das zonas forestais, tanto por entidades públicas como empresas privadas).

Ao parecer esta construción non figura no catálogo de elementos patrimoniais do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui ou Salvaterra (de ser así resulta necesario proceder a revisión do mesmo) que establece os criterios de proteccións dos bens patrimoniais do municipio, pero máis aló deste aspecto normativo resulta evidente para quen actúa sobre o terreo, con sensibilidade e cun criterio de sustentabilidade social,que este acueduto do Pontillón é un elemento de interese patrimonial que merece conservarse e non ser destruído, máis aló do establecido na normativa de aplicación ou polo seu réxime xurídico.

Fronte a insensibilidade da Confederación Hidrográfica xorde a sensibilidade dos veciños que consideran este acueduto como unha expresión significativa da súa forma de vida, da súa cultura, da súa herdanza e tradición. Resulta absurdo e carente de sentido que a mellora do río Caselas implique, para a Confederación Hidrográfica, a destrución do patrimonio cultural vinculado a este curso fluvial. No medio deste novo estrago ao noso patrimonio cultural resulta esperanzador que sexan os propios veciños os que asuman e reclamen a súa protección.

Ao abeiro do espírito da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que fala do valor dos bens culturais que integran o patrimonio cultural de Galicia desde unha perspectiva ligada ao seu uso e desfrute pola cidadanía e que o conciben como un instrumento de cohesión social e desenvolvemento sustentable que dá soporte, como elemento integrador, á identidade do pobo galego, resulta necesario que, dende a cooperación entre os diversos ámbitos administrativos implicados, se adopten as medidas necesarias para a reposición ao seu estado deste acueduto do Pontillón, pois o Concello de Tui conserva estas lousas en dependencias municipais.

As seguintes fotografías ilustran estas consideracións









Os veciños de Caldelas protestando polas obras (de Faro de Vigo)

Agracedemos á concelleira Ana María Álvarez Nuñez as fotografias que ilustran este post.

Hai hoxe 140 anos rematou a primeira peregrinación colectiva a pé polo Camiño Portugués de Tui a Santiago de época contemporánea

$
0
0

O século XIX é unha época de acelerado crecemento da secularización en numerosos ámbitos da sociedade e, consecuentemente, un tempo dos intentos da Igrexa Católica por reaccionar fronte a este proceso impulsando diversas iniciativas. Un século marcado pola popularización das viaxes, gracias á mellora e extensións dos medios de transporte colectivo, especialmente o ferrocarril. Neste contexto, a Igrexa incentivou as grandes peregrinacións como unha nova expresión pastoral, Roma e Lourdes concentraran boa parte das mesmas. 


En Italia, noutro aspecto destas iniciativas, se promoven as investigacións e escavacións arqueolóxicas para o redescubrimento de reliquias sinaladas -abonde con citar os casos de San Francisco e Santa Clara en Asís, San Ambrosio en Milán ou os apóstolos San Felipe e Santiago Alfeo en Roma- que animan os desprazamentos a estes centros de peregrinación. En España xunto ás peregrinacións ao exterior se incentivan a lugares como Begoña, Montserrat, etc. En definitiva a Igrexa promove un movemento de masas ligado ás peregrinacións, con espírito militante e masivo, especialmente dende 1868.

En 1875 ocupa a sede de Compostela un novo arcebispo, o cardeal Miguel Payá y Rico que promove un amplo proceso de reactivación da igrexa compostelán e, neste contexto europeo, entre 1879 e 1884 impulsa o proceso de búsqueda, achado e confirmación como auténticas das reliquias do apóstolo Santiago e dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio.

El lugar donde estaban los huesos sagrados se ignoraba al menos desde el siglo XVI, cuando se habían ocultado por miedo a que el corsario inglés Francis Drake que atacaba las costas coruñesas, llegase a Compostela (1589). Se ha llegado a afirmar que el paradero de las reliquias era ya un misterio desde siglos antes. Fuera cual fuese el momento y el motivo, lo cierto es que la memoria del lugar del ocultamiento se había perdido. Algunos dudaban incluso de que existiesen ya reliquias. Sólo una leve tradición popular sostenía que no habían llegado a salir de la catedral y se apuntaban posibles espacios. La ignorancia de su paradero y el hecho de que su asunto permaneciese sin resolver tanto tiempo hablaban a las claras de la apatía y la falta de exigencia en la que habían caído el Cabildo catedralicio y el Arzobispado compostelano.

Payá fronte ao inmobilismo do Cabido camufla estes traballos de investigación como se fosen obras na Catedral, os financia do seu peculio, encargándollos aos cóengos e arqueólogos Antonio López Ferreiro e José Labín Cabello, que realizan un traballo de investigación de gran rigor e modélico para o seu tempo. Tras varios fracasos, logran localizar as reliquias, soterradas nun espazo do tras-altar, na noite do 27 ao 28 xaneiro de 1879.

Miguel Payá y Rico por Bernardo López Piquer, Universidad de Valencia, Estudi General en https://es.wikipedia.org/wiki/Miguel_Pay%C3%A1_y_Rico#/media/Archivo:Bernardo_l%C3%B3pez_piquer-miquel_pay%C3%A1.jpg

Tras o descubrimento o arcebispo encarga a súa verificación a unha comisión integrada por persoas devotas pero de gran rigor académico como Antonio Casares, reitor da Universidade e catedrático da Facultade de Farmacia de Santiago, Francisco Freire Barreiro, catedrático de Medicina, e Timoteo Sánchez Freire, catedrático de Cirurxía. O seu informe conclúe afirmando que No parece temeraria la creencia de que dichos huesos hayan pertenecido a los cuerpos del Santo Apóstol y de sus dos discípulos.”

Pero necesita un maior refrendo e encarga a dous reputados historiadores e académicos da época, Fidel Fital e Aureliano Fernández-Guerra, que documenten e avalen, se fose o caso, o achado. En total pasarán tres anos ata que en marzo de 1883, Payá y Rico asina o Decreto Arcebispal de confirmación do achado das reliquias do apóstolo. O paso final é solicitar a confirmación definitiva a Roma que, tras un longo e pormenorizado estudo, conclúe coa promulgación polo Papa León XIII, o 1 de novembro de 1884, da bula Deus omnipotens que confirmaba definitivamente como auténticos os restos atopado en 1879 e convidaba aos católicos a volver de novo a súa ollada á peregrinación xacobea, á que colocaba de novo á altura das de Roma e Xerusalén. Certamente esta bula pontificia, como sinala o investigador Antón M. Pazos, está no albor do renacemento da peregrinación a Santiago e, xa na segunda década do século XX, do seu Camiño.

A sede tudense estaba ocupada neste tempo polo bispo Juan María Valero Nicarino (1876-1882), que fora doctoral na catedral de Cuenca, cando Payá era bispo daquela diocese. Valero Nicarino e o clero tudense se sumarán dende primeira hora en apoio da veracidade dos restos atopados na Catedral compostelá e no renovado impulso ás peregrinacións xacobeas.

Juan Maria Valero Nicarino, bispo de Tui,

Cabe lembrar que na súa primeira carta pastoral, na Coresma de 1877, co gallo das vodas de ouro episcopais do Papa Pío IX o bispo Valero animaba aos diocesanos a peregrinar a Roma, onde tiña lugar una exposición universal de arte cristián.

En Agosto de 1879 edítase o primeiro número do xornal “El Eco del Miño” impulsado por un activo sector do clero tudense que lideraba o cóengo Antonino Cerviño e que contaba co apoio episcopal. No número de 16 de xuño de 1880 figura unha nota en “El Eco del Miño” que anuncia unha peregrinación a Santiago coincidindo co ano xubilar: en la noche del domingo último se verificó en esta ciudad una reunión con objeto de organizar una peregrinación a la de Santiago. Según lo acordado el viaje se hará a pié y formaran tan santa expedición solamente hombres.

O xornal tudense irá publicando artigos sobre a peregrinación; o primeiro no referido número de 16 de xuño e outros posteriores, para crear “ambiente” á mesma e tamén publica diversos soltos sobre a presencia de peregrinos portugueses. Así o 27 de xullo figura: grandes caravanas de peregrinos portugueses se ven atravesar estos días por esta ciudad en dirección a la de Santiago.

A primeira idea dos promotores era chegar a Santiago na véspera da festa do Apóstolo, 24 de xullo, pero cómpre un aprazamento para estar na Catedral compostelá o 24 de agosto, festa doutro apóstolo, San Bartolomeu. Dende “El Eco del Miño” animan aos lectores e aos fieis a sumarse a esta iniciativa. Finalmente se organiza do 20 ao 24 de agosto do ano 1880. Unicamente tres etapas (Tui – Pontevedra, Pontevedra – Padrón e Padrón – Santiago) a realizar en horario de tarde e noite, repousando polo día. O grupo estaba integrado por ata 50 persoas procedentes de Tui e doutras localidades da diocese e no mesmo participaban diversos sacerdotes.

Los gastos del viaje, comiendo en comunidad serán próximamente unos 70 rs sin embargo deberán poner de fondo 80 y luego se devolverá por parte iguales lo que haya sobrado. Los que no quieran comer en mesa común, lo harán con más ventaja (…) Se desearía que todos los romeros fuesen vestidos con la capilla y conchas tradicionales. Si alguno desea que nos encarguemos de proporcionársela lo haremos con gusto.

No seu número de 4 de agosto se publica un artigo sen firma titulado “Sobre la peregrinación a Santiago” no que se manifesta:

La idea de ir a Santiago sin el atractivo de las fiestas tan solo con el santo fin de ganar el jubileo y visitar las reliquias del grande apóstol debiendo hacer para ello las jornadas que de allá nos separan a pie, no hay duda que es un sacrificio penoso y muy poco conforme con el espíritu de nuestro siglo, a pesar de ello creemos que la forma ideada para nuestro viaje será, sino recreativa, al menos más fácil y llevadera dado el carácter de la peregrinación.




Reiterase o mesmo obxectivo noutra columna o 23 de agosto:

Muy grato y muy consolador es ver que en algunos pueblos se está verificando una efectiva reacción en este sentido. Sobre todo en Cataluña se han visto el espectáculo de muchedumbres que en forma de peregrinación han acudido a Montserrat (...) Galicia, en esta parte, no debería quedarse a la zaga y con un pequeño esfuerzo los católicos celosos pudiera verificarse una romería anual al sepulcro del Apóstol

Deixaremos que o relato desta peregrinación sexa a crónica que publica o xornal “El Porvenir” de Santiago de Compostela no seu número de 27 de agosto.

En la capilla de la Virgen del Camino, a dos kilómetros de la ciudad, oraron devotamente un buen rato, saliendo en dirección a Porriño donde visitaron al Santísimo Sacramento. De alli partieron a Redondela rezando el santo rosario y cantando la salve y el alegre himno del peregrino. A las doce y media de la noche se detuvieron a cenar en aquella hermosa villa y alli se les agregaron los terciarios de Vigo con el estandarte de la asociación.

Después de descansar un rato partieron para Pontevedra a donde llegaron a las ocho de la mañana del sábado. En esta ciudad permanecieron hasta las seis de la tarde, hora en que salieron para la antigua villa de Caldas de Reyes en donde el párroco, el Ayuntamiento y el pueblo les hicieron una brillante recepción.

Ayer a las cinco de la mañana las campañas anunciaron la llegada de los peregrinos a Caldas. El pueblo en masa salió a recibirlos acompañándolos hasta la iglesia parroquial, la cual estaba profusamente iluminada. En esta villa se presenció una escena conmovedora que honra a sus pacíficos y sensatos habitantes.

Necesitaban descansar los peregrinos del incomodo y ya largo viaje a que se habían sujetado por devoción y carecían de habitaciones por que el crecido número de bañistas tenía ocupadas las principales posadas. Apenas se apercibieron de esto los vecinos, todos sin excepción se apresuraban a ofrecer sus casas, para alojar a los católicos tudenses, que tan elevada prueba dan de su fe inquebrantable, de su adhesión sin limites a las gloriosas tradiciones de España.

El celoso Párroco de Caldas que recibió con gran entusiasmo a los peregrinos obtuvo del Sr. Alcalde que se les cediera la casa consistorial, en donde descansaron algunos momentos.

Después de oír Misa se dirigieron a Padrón, en cuya villa les esperaba el clero parroquial con su digno párroco a la cabeza y después de orar en el venerable templo que conserva el Pedrón a que amarrada la preciosa barca que condujo los preciosos restos del Hijo del Trueno, se dirigieron a la capilla del Monte Santiago y recorrieron los lugares que según piadosisima y muy respetable tradición recorrió por primera vez el Santo Apóstol.

Descansaron en la vecina villa hasta las tres de la mañana que salieron para Santiago, a donde llegaron a las nueve y cuarto. Esperábanlos en la carretera del Camino Nuevo el Sr. Gobernador Eclesiástico, acompañado por lo Sres. Canónigos Magistral y Nuñez Santana, el Sr. Cura párroco de San Andrés Sr. Rodriguez Blalon, el Sr. Vázquez Queipo, Presidente de la Juventud Católica, el Sr. Comesaña, catedrático de Medicina y vicepresidente de aquella Academia y gran número de personas. Oraron algunos momentos en la Capilla del Franco, dirigiéndose después a la Catedral donde oyeron la Santa Misa que celebró uno de los Señores Sacerdotes que vinieron en peregrinación. De allí se dirigieron cantando la Salve a la iglesia de San Francisco, en donde les recibió una comisión de religiosos franciscanos. En el hermoso templo consagrado al exclarecido patriarca de Asis quedaron depositadas las banderas.

(...)

En la peregrinación figuran varios señores sacerdotes y muchos particulares. Uno de los estandartes lo llevaba el Sr. D. Antonio Mosquera, conocido propietario y abogado de Tuy y otro el Sr. García, comerciante de Vigo.

(...)

Los peregrinos llegados ayer confesaron por la tarde en la Catedral y el convento de San Francisco. Hoy a las ocho y media de la mañana recibieron en pan de los ángeles en la capilla de tras-altar, de manos del capitular Sr. Nuñez Santana, llamando poderosamente la atención la unción y compostura con que asistieron a tan solemne acto.

Desde las diez de la mañana se observaba en todas las avenidas del convento de P.P Franciscanos un numerosísimo gentío, ávido de presenciar la procesión anunciada para aquella hora. En efecto salió esta a las diez y media después de haber oído la brillantísima arenga que el P. Ferrando pronunció en el acto de entregar los estandartes a los peregrinos. Pálido sería cuanto pudieramos decir aquí acerca de la plática pronunciada por el distinguido orador sagrado que ya tiene muy justamente adquirida valiosa fama de elocuente. Modelo de unción y ternura hizo derramar lágrimas á cuantos tuvieron la fortuna de escucharle. Una comisión de PP. Misioneros  acompañó a los peregrinos hasta las afueras del templo.

Cantando la Letanía se dirigieron procesionalmente a la Catedral donde entraron por la puerta de Azabachería, siendo recibidos por el Sr. Gobernador eclesiástico y el Sr. Maestro de ceremonias. Inmediatamente pasaron a la Capilla Mayor donde hicieron oración, durante cuyo espacio de tiempo la orquesta interpretó magistralmente dos preciosos himnos, a cuya terminación tuvo lugar la ofrenda, pronunciando una sentida alocución el Sr. D. Antonio Mosquera, a quien estaba encomendado uno de los estandartes y siendo contestado por el Sr. Gobernador Eclesiástico.  Después de estos los peregrinos descendieron a la cripta a orar ante los venerandos restos.

Grato solaz produce ciertamente el ver renacer en nuestra época la antigua fe y los pasados esplendores. Antes que los hijos de San Telmo abandonen nuestra ciudad, reciban el más cordial parabién y las más entusiastas enhorabuenas por ser los primeros en idear y llevar a cabo la primera peregrinación diocesana.

Tanto en “El Eco del Miño” como noutros xornais composteláns atopamos crónicas similares de linguaxe triunfalista sobre esta peregrinación. Foi repetida nos dous anos posteriores, 1881 e 1882, polos mesmos protagonistas e cun número superior de romeiros segundo indican as crónicas.

Unha iniciativa a que non será allea a relación do bispo tudense Valero co arcebispo Payá, nin o papel protagonista que o núcleo integrista tudense, que encabeza o cóengo Antonino Cerviño e que ten o seu voceiro no xornal “El Eco del Miño”, asumirá nesta iniciativa, como acabamos de comprobar, no contexto de revitalización do catolicismo fronte aos retos da secularización e que atopan nas peregrinacións unha boa ferramenta nestes anos.

Esta peregrinación ben merece unha investigación mais acaída que documente axeitadamente o que o xornal “La Gaceta de Galicia” define como a “primera peregrinación gallega”tras a redescuberta do sepulcro do apóstolo Santiago había escasamente un ano e medio. Unha peregrinación colectiva a pé ata a Catedral de Compostela organizada dende a diocese tudenses que, como indica “El Provenir”, recupera a memoria das antigas peregrinacións medievais: Cuantos siglos pasaron sin que por el antiguo camino de Libredón atravesasen piadosas caravanas tan llenas de fe y entusiasmo tan agradecidas a los favores del Santo Apostol!.

Hoxe 24 de agosto ao cumprirse o 140 aniversario lembramos esta romaxe a Compostela dos peregrinos tudenses, recuperando o histórico Camiño Portugués de peregrinación que, en Galicia, une Tui con Santiago de Compostela. Posiblemente estamos diante da primeira peregrinación colectiva a pé polo Camiño Portugués da época contemporánea.

Visitas rexias a Tui. Dende 1502 con Manoel I de Portugual ningun outro monarca visitou Tui

$
0
0

Coñecedor da noticia da visita mañá mércores de S.M. El Rei D. Filipe VI á nosa cidade, concretamente á Comandancia Naval do Miño, inmediatamente xorde o interese por coñecer as anteriores visitas de monarcas á nosa cidade. Hai mais de cinco séculos que non visita Tui ningún monarca en exercicio. A última visita foi do rei portugués Manuel I no ano 1502 na súa peregrinación a Compostela. 


Con brevidade faremos unha enumeración sinxelas destas visitas rexias á nosa cidade que non pretende ser exhaustiva, pois varios dos seguidores deste blog nos reclaman este post e non houbo tempo de consultar a documentación e bibliografía necesaria. Sirvan estas notas como un apunte abondoso. Como sempre o extraordinario traballo de Francisco Ávila y La Cueva, “Historia civil y eclesiásticas de la ciudad de Tuy y su obispado”, é a fonte básica de información para enumerar estas visitas rexias á nosa cidade, que trataremos de presentar cronoloxicamente.

Carecemos de noticias sobre a presenza dun monarca do reino suevo na nosa cidade. Pero tendo en conta que tras a cidade de Braga, capital do reino, os outros enclaves urbanos de entidade eran Lugo e Tui é posible conxeturar coa presenza dos monarcas suevos nalgún momento na cidade tudense.

697: A primeira noticia certa é a presenza en Tui do rei Witiza, asociado ao trono polo seu pai, o rei Egica, e que instala en Tui a súa corte (a tradición atopa nesta circunstancia a orixe do topónimo tudense de “Pazos de Reis”). A presenza en Tui de Witiza apunta a que a nosa cidade ocupa, tras a conquista do reino suevo polos visigodos, unha posición preeminente en detrimento de Braga.

1057: Están en Tui o rei Fernando I e a súa esposa a raíña Dona Sancha que logo da toma de Lamego aos exércitos musulmáns visitan Tui de camiño á Catedral de Santiago, onde peregrinan para agradecer a vitoria militar ao apóstolo Santiago. Outros autores vinculan esta peregrinación á toma de Coimbra no ano 1064.

Fernando I de León, nun códice da Catedral de León

1112:  visita Tui a raíña Urraca que concede ao bispo Afonso II novas doazón que amplían o espazo xurisdicional concedido á sede tudense no ano 1095, agora coa entrega das vilas de Santa Mariña de Areas e de Spenicelo (Rebordáns) e outras propiedades na Veiga do Louro, etc.

1121: ao abeiro das loitas nobiliarias tan características destes tempos, coñecemos a presenza en Tui da condesa dona Tereixa de Portugal que conquista a nosa cidade, da que se retira diante da ofensiva da súa irmá, dona Urraca que viña acompañada do seu fillo, o futuro rei Alfonso VII, e outros nobres.

1137: Tras unha invasión do territorio tudense polo futuro Alfonso I de Portugal e unha inmediata reconquista polas tropas do monarca leonés, realizan unha estadía en Tui o emperador Afonso VII e a súa esposa dona Berenguela, que no 26 de xuño asinan na nosa cidade diversos privilexios e doazóns ao mosteiro de Oia e ao día seguinte ao favor do mosteiro de San Cosme e San Damián.

Posteriormente, o 4 de xullo, o monarca leonés asina en Tui co infante Afonso Henriques o coñecido como Pacto de Tui que lle garante a fidelidade do conde portucalense, aínda que por escaso tempo.

1159: visitan Tui os reis Fernando II e a súa esposa Dona Urraca onde asinan diversos documentos

1160: a finais do mes de xaneiro se reúnen en Tui o rei de Portugal Afonso I e o conde de Barcelona D. Ramón IV cunha representación de nobres e bispos de ambas partes para acordar as condicións da voda entre o herdeiro ao condado de Barcelona, D. Ramón, e a filla do monarca portugués, Dona Mafalda. Os esponsais foron asinados en Tui o 30 de xaneiro.

1169: Don Alfonso I de Portugal ao apoderarse da cidade ratifica a concesión do señorío da cidade ao bispo e igrexa de Tui nun documento asinado o 28 de marzo como compensación polos danos feitos á sede tudense.

1170: a finais de marzo está en Tui o rei de León, Fernando II que tras reconquistar a cidade, concede un dos privilexios mais importante da nosa historia, que determina o asentamento da cidade e o seu amurallamento así como a concesión de foros á cidade e os seus habitantes. Sobre esta estadía de Fernando II, que neste ano conmemoramos o seu 850 aniversario, nos temos ocupado en Tudensia: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/viii-kalendas-aprili-24-de-marzo-850.html


Fernando II de León, nun códice da Catedral de Santiago de Compostela

Nestas xornadas posiblemente Tui acolleu unha reunión da curia rexia que para algúns historiadores sinala o inicio do sistema parlamentario. Tamén temos escrito sobre este tema neste blog: http://tudensia.blogspot.com/2020/04/naceu-en-tui-en-1170-o-parlamentarismo.html

1186: conquista Tui o monarca portugués Sancho I causando diversos danos á igrexa e cidade que logo compensa cunha doazón ao bispo D. Beltrán o 1 de xullo.

1201: o vinte de xaneiro estaban en Tui o monarca Alfonso IX de León e a súa muller, Dona Berenguela de Castela onde asinan un documento a favor do Mosteiro de Oia; seguen na nosa cidade o 11 de abril onde volven asinar a doazón do realaengo e vila de Saa e a igrexa de Erizana (Baiona) ao favor dos monxes de Oia. Avila y La Cueva citando a varios autores da certa verosimilitude a hipótese do nacemento en Tui do futuro Fernando III, na prolongada estadía dos seus pais na nosa cidade.

1208: Alfondo IX retorna de novo á cidade de Tui onde asina diversos documentos

1213: De novo está documentada a presenza de Alfonso IX en Tui xunto ao seu fillo Fernando.

1219: o rei de Portugal, Afonso II, visita Tui na súa peregrinación a Santiago para implorar do apóstolo a saúde.

1232: Visita, xa como titular da coroa unificada de León e Castela, Fernando III a nosa cidade nos meses de febreiro e marzo.

Fernando II, nun códice da Catedral de Santiago de Compostela

1243: O rei Sancho II de Portugal visita á nosa cidade no seu Camiño de peregrinación a Compostela.

1372: Enrique II de Castela ao coñecer a ocupación da cidade por un grupo de nobres que encabeza Alfonso Gómez de Lira luego que el rey lo sopo partió de Burgos e fue para Tui e cerco la cibdad e estovo y fasta que la cobró e dexó en ella recabdo , asi recolle Suso Vila citando a Pero López de Ayala a presenza do rei en Tui, onde permanece varias xornadas negociando co monarca portugués o “Acordo de Tui” que pacifica temporalmente as fronteiras.

1390: Suso Vila, a quen lle agradezo a súa colaboración, recolle tamén a presenza do monarca castelán Juan I en Tui logo dunha nova ocupación portuguesa por Joao I.

1418: o 26 de xullo deste ano o rei D. Joao I de Portugal conquista Tui e o noso historiador de referencia  Avila y La Cueva sinala: y estando aqui aquel Soberano para entrar en ella armo caballero en el mismo campo a su hijo natural don Alonso, primer duque de Bragança, y después de esta ceremonia entró en Tuy con su gente

1502: no mes de outubro visita Tui o monarca portugués D. Manuel o Venturoso, na súa peregrinación á Catedral de Santiago de Compostela.

Tanto na Idade Moderna como nos séculos contemporáneos a cidade de Tui estaba situada nun dos limites do imperio español e afastada por tanto dos centros de poder que xustificasen a presenza dun monarca neste territorio.

Haberá que agardar ás visitas que realiza Alfonso XIII á cidade de Vigo nos anos 1904 e 1927 en que viaxa ata a cidade olívica en ferrocarril que circula pola liña de Ourense pasando pola estación de Guillarei onde é saudado, ao paso do tren, por grupos de veciños.

Nin presidente das dúas Repúblicas españolas visitaron Tui durante o exercicio do seu cargo. Será no ano 1968, en agosto, cando o anterior Xefe do Estado, Francisco Franco, achéguese a Tui para visitar as obras recen finalizadas de rehabilitación do conxunto catedralicio tudense e inaugurar o Parado de Turismo “San Telmo”.

Logo de cinco séculos de novo un monarca, herdeiro dos monarcas do reino de Castela, visita de novo esta cidade e de novo a súa presenza está vinculada con temas militares; agardamos que no futuro poidamos contar cunha nova visita do monarca español á propia cidade de Tui.



Parlamentarios tudenses (XI): Alfonso Senra Fernández, deputado por Ordes

$
0
0

No ano 1916 accedeu ao Congreso dos Deputados outro tudense, Alfonso Senra Bernárdez, aínda que como representante do distrito de Ordes (A Coruña).

Alfonso Senra naceu en Tui o 7 de xuño de 1877, na casa da Corredoira onde estivo a imprenta e libreria Baquero. O seu pai foi interventor na Depositaria do distrito de Tui e logo conseguiu a praza de Xuíz Municipal en Vigo, deputado provincial por Ponteareas. A familia trasladouse ao pouco tempo de nacer Alfonso, á cidade de Vigo, onde o seu pai Ricardo Senra Fernández, ocupou diversos cargos na administración pública e mesmo a Alcaldía viguesa en dúas ocasións deixando boa sona coa súa xestión.


Tomado dun folleto sobre Alfonso Senra, 
editado polo Obradoiro de Historia de Ordes

Tras estudiar Dereito achegouse ao mundo do xornalismo dende o que accedeu á política. Na súa traxectoria, realizada tras o seu traslado a Madrid, cómpre salientar os seguintes cargos: Deputado por Ordes en 1918, 1919, 1920 e 1923, Tenente de Alcalde no Concello de Madrid, Deputado provincial por Madrid, polo distrito de Hospital-Congreso.

Nesta etapa, entre 1916 e 1923,  baixo as ordes do ministro madrileño Rafael Gasset Chinchilla, de quen se declara seguidor, ocupará Senra a Subsecretaría do Ministerio de Fomento e posteriormente a Dirección Xeral de Minas, Metalurxia e Industrias Navais. Tamén formará parte do equipo do ministro lugués Manuel Portela Valladares durante o seu breve paso polo Ministerio de Fomento en 1923 ata o golpe de Estado.

En principio figuraba afiliado ao Partido Liberal, na facción gassetista. Na lexislatura de 1923 proclámase liberal agrario.

Posteriormente, Senra foi avogado da Unión Patriótica o partido promovido polo réxime durante a Ditadura de Primo de Rivera e membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.

En outubro de 1928 padeceu un drama familiar: un dos seus fillos, Alfonso Senra Díaz, asasinaba a súa noiva, Dolores Polo, porque a rapaza o enganaba con Enrique Meleros, director da revista "Cosmópolis", publicación na que a vítima colaboraba como xornalista.  

Manuel Fernández-Valdés nos informa que  Alfonso Senra se casó en Madrid, en 1904, con Doña Ascensión Díaz Ramírez, hija del coronel de Infantería, después general, D. Francisco Díaz. Hizo la petición de mano, el abogado tudense, Presidente de la Diputación Provincial de Madrid, D. Ricardo F. Pérez de Soto, y bendijo la unión otro tudense, D. Ricardo del Río y Mora, canónigo en Madrid. Al igual que tantas otras familias, estos Senras buscaron otros derroteros y se alejaron defintivamente de Tuy””.

Destacou como xornalista nas columnas de “Diario Universal”, “La Época”, “La Nación” y “El Imparcial”. Especializouse na crónica de tribunais acadando un gran prestixios, ata o punto que o Colexio de Avogados de Madrid ao instituír un premio anual á mellor crónica de tribunais acordou denominalo “Premio Manuel Tercero y Alfonso Senra”. Foi vicepresidente primeiro do Ateneo de Madrid entre 1926 e 1930, nunha Xunta Directiva que é imposta pola Dictadura de Miguel Primo de Rivera, por Real Orden de 25 de xuño de 1926, substituíndo “ilicitamente” á xunta elixida polos socios da que formaban parte Gregorio Marañón o Luis Jimenez de Asua, opostos á Ditadura.

Publicou dous libros:

·        Laicismo y neutralidad en los hospitales, 1913.

·        Del 10 de Agosto a la Sala Sexta del Supremo, 1933.


Fotografía en Vida Gallega, 1936

Mantivo unha activa relación co seu distrito de Ordes, que controlaba o cacique local, o avogado Saturnino Aller Rodríguez. Nun folleto editado polo Obradoiro da Historia recollese que: Visitou a vila de Ordes en varias ocasión sendo recibido polos veciños con grande suntuosidade. No ano 1922 conseguiu unha axuda do Estado para colocar o adoquinado e construír os paseios da “Calle Real”, tamén xestionou material docente e para amañar a igrexa parroquial, para a cual a súa muller donou un Crisro que está colocado no lateral do templo. Como agradecemento foi nomeado “fillo adoptivo” da vila en 1923 e a “Calle Real”, rúa principal de Ordes, pasou a denominarse “Avenida Alfonso Senra”.

Tras a Guerra Civil se incorpora á administración franquista e participa como membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas de Madrid e como Asesor da Delegación Nacional de Justicia y Derecho. Finou na capital do Estado o 9 de decembro de 1951.

 

Posibles vestixios do hospital de San Xián dos Gafos na rúa do Rollo

$
0
0

 Ven de saír do prelo un novo número, o sexto, de “Castellum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses” que recolle unha serie de artigos de investigación sobre diversos aspectos da rica historia tudense. Agradecese que o Concello de Tui siga financiando esta publicación xa imprescindible para achegarse ao coñecemento da historia e do patrimonio tudense.

Entre os artigos contidos neste número, figura unha nova achega do cronista oficial da nosa cidade, o investigador Ernesto Iglesias Almeida, dedicado ao antigo Hospital de San Xián dos Lázaros, ou Gafos, existente no arrabalde do Rollo dende a Idade Media e cuxa lectura recomendamos ao axudarnos a recuperar a súa memoria.

Xunto ao hospital de pobres e peregrinos, localizado á beira da catedral, tamén dependía, en época medieval, do Concello tudense estoutro Hospital, o de San Xiao dos Gafos, no arrabalde do Rollo, que atendía aos enfermos máis temidos daqueles tempos: os leprosos, chamados tamén “os gafos”. Non coñecemos o momento da súa fundación, segundo Mª Carmen Sánchez Carrera posiblemente no século XIII, pois en 1246 no testamento do arcediano Fernán Eans figura unha manda para os leprosis tudensis.

A mesma autora recolle un documento de interese: item mando a os lazerados da casa de Santiago de Tuy un almadraque e hun cabesal e duas mantas de burel das que andan enna casa se alguns lacerados ende vinieren a morar. Esta referencia xacobea podería indicar que este hospital dos gafos ou lázaros fora creado por unha confraría baixo a advocación do apóstolo Santiago que hoxe descoñecemos; pero a administración deste centro correspondía ao Concello que nomeaba procuradores para a súa xestión, ás veces compartidos co hospital da cidade. Ernesto Iglesias no referido artigo recolle un documento de 1358 no que figura Ruy Domínguez Home bon da casa de Sam Giaaon”, posiblemente un destes procuradores, tamén denominados “ouvençal”.

A partires do século XV, ao descender o impacto deste andazo, foi reducindo a súa actividade. Este hospital estaba situado na saída da cidade, extramuros da fortaleza medieval non lonxe do camiño real que conducía cara O Porriño, polo que tamén transitaban os peregrinos. O nome de Rollo deste arrabalde ven dado pola existencia neste lugar do rollo e/ou a picota da cidade. A picota era unha columna, primeiro e madeira e logo en pedra, colocada á entrada da cidade para execución das sentenzas xudiciais e como permanente advertencia aos forasteiros do cumprimento de penas e castigos. O rollo era outra columna, normalmente pétrea e con decoración, que expresaba as prerrogativas xurisdicionais dunha cidade ou territorio, no caso tudense o señorío episcopal. Co tempo se unificaron no mesmo monumento ambas funcións: sinalar o señorío e o patíbulo ou lugar de execución das penas ou condenas xudiciais. O rollo tudense foi derrubado, por orde do Concello, en xullo de 1813 logo que as Cortes de Cádiz decretasen a abolición dos señoríos, simbolizando así o fin do poderío episcopal sobre a cidade tudense.

Amais do edificio hospitalario existía unha capeliña e algunha outra dependencia xunto con terreos anexos segundo apunta a documentación.

Ernesto Iglesias recolle que El 30 de junio del año 1578  el “obençal”, Antonio González, pide mandar reedificar esta capilla del hospital por hallarse muy deteriorada y próxima a la ruina, cuya obra remató el propio Concello. Añade Ávila y La Cueva que, a finales del siglo XVII, se incorporaron sus rentas al de pobres de la ciudad, quedando extinguido enteramente, demoliéndose los edificios, la propia capilla y terrenos que tras su venta por parte del Concello pasaron a manos particulares.Este proceso tamén está relacionado, ao parecer, coas obras da fortificación da nosa cidade con motivo das guerras con Portugal.

Con todo, como apunta Iglesias Almeida, os seus vestixios teñen chegado ata nos por las fincas y casas que hoy en día todavía podemos ver. Son humildes vivendas, hoxe en ruínas, situadas na rúa do Rollo e que agardan que algún promotor urbanístico de conta delas e remate por borrar a memoria deste hospital. Formaban parte dun arrabalde da cidade que chegou ata as últimas décadas do pasado século, con algunha edificación de singular interese arquitectónico que recollemos neste debuxo do tudense Martín que plasma con fidelidade a referida vivendas (situaríase na actual confluencia da rúa Rollo e Irmáns Maristas). Suso Vila no seu libro “O Tui esquecido” sinala: Era un vello caserón do século XVIII, de xanelas pequenas e balcón de ménsula corrida e perfil curvo, como todas as da súa clase estaba rebocada. O peto de ánimas situado nesta encrucillada do Rollo conservase na actualidade no Museo Diocesano de Tui. Unha mágoa a desfeita realizada neste barrio tudense que a duras penas conserva a súa memoria gracias ao nome da rúa.

Debuxo de Martín Rodríguez

Na propia rúa do Rollo se conservan, como apuntabamos, diversas edificacións e nas súas paredes exteriores aínda podemos contemplar, a simple vista, algunha inscrición gravada na pedra granítica e mesmo una representación cruciforme nunha xamba da porta. Estas representacións da cruz está relacionadas, segundo algúns investigadores, coas presenza de “cristiáns novo” ou xudeus recentemente bautizados que con estas representacións quería demostrar publicamente a súa adhesión á fe cristián. A inscrición, pola súa banda, resulta neste momento ilexible pero pola tipoloxía das letras podemos considerala de época medieval. Restos epigráficos posiblemente deste antigo hospital tudense.






Temos pois como as pegadas da historia da nosa cidade seguen conservándose agochadas no noso entorno mais inmediato e pasan tantas veces inadvertidas. Divulgar a súa presenza agardamos sirva para a súa axeitada conservación e para valorizar estas testemuñas que teñen chegado onda nos do hospital medieval de San Xián dos Gafos e da configuración urbanística da cidade en época medieval e moderna.

Parlamentarios tudenses (e XII): José Calvo Sotelo e Rosendo Bugarín Domínguez

$
0
0

Rematamos hoxe este longa serie de artigos sobre os tudenses que acadaron unha cadeira nas Cortes Españolas cunha referencia a outro político natural de Tui que comeza a súa traxectoria política, curta pero intensa, en 1919 resultando electo deputado polo distrito de O Carballiño, tratase de José Calvo Sotelo.

Caricatura do José Calvo Sotelo de Eduardo Padín,
publicada en "Faro de Vigo" 15.05.1929

Calvo Sotelo nace en Tui o 6 de maio de 1893,  na Corredoira número 59, fillo do xuíz Pedro Calvo. A súa casa atópase actualmente en ruínas e apuntalada. Viviu en Tui ata os sete anos pois os traslados profesionais do seu pai o levan a estudiar bacharelato en Coruña e Lugo e cursar de seguido Dereito nas universidades de Zaragoza e Madrid. En 1914 entrou como oficial de Administración no Ministerio de Gracia e Xustiza e en 1916 gaña as oposicións á avogacía do Estado e no ano seguinte foi nomeado profesor auxiliar na Facultade de Dereito da Universidade madrileña.

Casa natal de José Calvo Sotelo 

Afiliouse ao conservadurismo maurista desde mozo. “Os seus enfoques anticaquís e as ideas que tiña sobre a reorganización administrativa do Estado, favorables a un recoñecemento das rexións como entes administrativos, aproximárono inicialmente ás Irmandades da Fala e, aínda que non consta que se integrase nelas, si consta que os nacionalistas das Irmandades apoiaron a súa candidatura polo Carballiño nas eleccións de 1919, nas que resultou elixido.[1]

Calvo Sotelo que fora líder das “Juventudes Mauristas” é designado por Antonio Maura como o seu secretario particular cando ocupaba a presidencia do Goberno, nun gabinete no que estaba outro tudense, Augusto González Besada, como ministro de Facenda. Aínda que foi gobernador civil de Ourense, en 1921, e de Valencia en 1922 será coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera cando acceda a posto no goberno, sendo nomeado Director Xeral de Administración Local. Dende este posto logra a aprobar o Estatuto Municipal (1924) e o Estatuto Provincial (1925) promovendo un proxecto de rexionalización que atopa iniciais simpatías en galeguistas como Losada Dieguez e Vicente Risco, pero cando evidenciouse que os proxectos de Calvo Sotelo tiñan no mesmo Directorio un total rexeitamento, optaron por deixar esa colaboración en paralelo a tantas outras forzas progresistas que apoiaran inicialmente ao xeneral Primo de Rivera polos seus anuncios de rexeneración nacional.

En 1925 foi nomeado ministro de Facenda, cando contaba con 31 anos, realizando un importante labor: creación do Banco de Crédito Local, Banco Exterior de España, Campsa, Estatuto de clases pasivas, etc. A valoración que suscita a súa política económica depende basicamente das perspectivas ideolóxicas de cada quen, namentres que para uns é realmente exemplar para outros economistas as súas medidas eran esencialmente publicitarias sen abordar os auténticos problemas.

Deixou o ministerio o 20 de xaneiro de 1930, polo fracaso das súas medidas monetarias en torno á devaluación da peseta, e cando agonizaba a Ditadura e na súa figura se proxectaron as críticas a aquela época. Promove a creación dun novo partido, a Unión Monárquica Nacional. Tras a proclamación da II República exiliouse en Lisboa e logo en París ao abrírselle un proceso por responsabilidades políticas durante a Ditadura (polo que aínda que foi electo en 1931 como deputado pola provincia de Ourense non chegou a tomar posesión), retornando a España en 1934.

Retrato de José Calvo Sotelo no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui

En Francia tiña contactado co pensamento de estrema dereita de Action Française que o influirá decisivamente. Na II República intégrase primeiro en Acción Española e logo dirixe Renovación Española, erixíndose nas Cortes de 1936 como líder do Bloque Nacional, que procuraba a unión de todas as forzas de dereita, cunha política moi crítica cara a República. En 1933 tiña sido electo deputado por Madrid, Coruña e Ourense, optando á representación por esta última provincia, que volverá a elixilo en 1936.

Foi vilmente asasinado o 13 de xullo de 1936, nun crime político que acelerou o golpe de Estado. “A Guerra Civil e o posterior franquismo convertérono en símbolo da chamada barbarie vermella, en protomártir do novo réxime co que, de vivir, sen dúbida mantería distancias. Calvo Sotelo foi un sólido político e xurista, un gran xestor, aínda que fosen discutibles algunhas das súas decisións facendísticas máis importantes. Sen embargo foi aproveitado polo réxime ao convertelo nun dos seus símbolos, cando ben sabemos as insalvables diferencias que mantiña coa doutrina e a persoa de José Antonio. Aínda está agardando a biografía que se merece e na que a súa personalidade apareza sen as contaminacións que a propaganda franquista creou en torno á súa personalidade[2]. 

Esta utilización distorsiona a comprensión dunha personalidade que asumimos como integrante dun panteón de pro-homes dun réxime ao que non tivo a oportunidade de pertencer. A figura de José Calvo Sotelo é, pois, moito máis ampla que a de icona da Cruzada e probablemente o seu proxecto político, certamente corporativista e de dereita estrema, distaría sensiblemente, unha vez superada a guerra civil, do que comezou na devastada España de 1939 baixo a éxida de Francisco Franco.

José Calvo Sotelo mantivo unha constante relación coa nosa cidade, á que acudiu en diversas oportunidades. En 1927 o concello en sesión de 21 de abril acordou o seu nomeamento como “Fillo predileto” como “homenaje de predilección al insigne tudense, de inteligencia altísima y corazón de oro, que ofrena a su ciudad natal, que dejó siendo muy niño, devociones y afanes filiales”.

No ano 1929 a Liga de Amigos de Tui de Vigo (entidade moi activa naquela altura) colocou unha placa na fachada da casa natal: “En esta casa nació el 6 de mayo de 1893 el Excmo. Sr. D. José Calvo Sotelo, ministro de Hacienda, homenaje de sus paisanos residentes en Vigo. Agosto 1929”. Esta mesma entidade colocará unha nova placa no ano 1937 co seguinte texto: “Esta lápida fue descubierta por la Liga de Amigos de Tui al cumplirse el primer aniversario del martirio de este ilustre tudense. Tuy, 13 de julio de 1936”. 

Posteriormente, en sesión de 8 de agosto a Xunta Xestora do Concello de Tui, presidida por José Peñarredonda, acorda modificar diversos nomes de rúas, entre eles a Corredoira, ata daquela denominado Paseo Galán e García Hernández (dous militares que lideraran un falido levantamento republicano en Jaca en decembro de 1930) polo de Paseo de José Calvo Sotelo.

O principal tributo tudense á súa figura, é o conxunto escultórico, deseñado polos arquitectos Pérez Llorente e Ulloa, e esculpido por Xoán Piñeiro, unha acreditada figura da arte contemporánea de Galicia, situado na entrada á nosa cidade, inaugurado tardiamente en 1963, ao cumprirse o 25 aniversario do seu asasinato.


Rematamos este traballo dedicado aos tudenses que accederon ás Cortes Españolas coa referencia a Rosendo Bugarín Domínguez, nado en Tui no ano 1909, dedicándose profesionalmente ao ámbito da banca como apoderado no Banco Pastor. Afiliado á Falange Española dende a súa mocidade na II República, foi posteriormente o seu Jefe Comarcal e responsable da Delegación da chamada “Vieja Guardia”, un sector da Falange caracterizado polo seu inmobilismo.

Ocupou a Alcaldía tudense entre 1944 e 1951, continuando posteriormente como tenente alcalde con José Jurado Romero, entre 1951-1957 e como concelleiro co alcalde Gonzalo Álvarez Besada en 1957. Durante o seu mandato como Alcalde, entre outras medidas, podemos resaltar que comezou a ampliación da Casa Consistorial, a Inspección de Policía foi elevada a Comisaría e foi creado o Instituto de Enseñanza Media e Profesional da modalidade técnica agrícola-gandeira.

Rosendo Bugarín foi elixido, en maio de 1946, como procurado en Cortes en representación dos municipios da provincia de Pontevedra, nunha lexislatura que remata no ano 1949.

Dende aquel non houbo novos tudenses que ocupasen escano no Congreso ou no Senado.

Aínda que non é obxecto desta serie de posts dedicadas aos parlamentarios nas Cortes, citar que no Parlamento de Galicia tiveron acta de deputados tanto Juan Miguel Diz Guedes como Moisés Rodríguez Pérez, ambos tiñan desempeñado previamente á alcaldía de Tui. Diz Guedes foi parlamentario galego entre 1990 e 1996 e Moisés Rodríguez, entre 2017 e 2020.



[1] BARREIRO FERNANDEZ, Xosé Ramón (Coordenador Xeral): “Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2001)”. Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia e Real Academia Galega, 2001. 2 vol. P. 153

[2]Nos últimos anos foron editadas diversas obras que abordan dende novas perspectivas a súa figura: Rodríguez Lafuente, José: “España antes del odio. Calvo Sotelo en la política de su época (1902-1931)”. Madrid, 2007 ou Bullón de Mendoza, Alfonso: “José Calvo Sotelo”. Barcelona, Ariel, 2004.

Tuyd, a visita de Ambrosio de Morales en 1572

$
0
0

 

Temos recollido en diversas oportunidades en Tudensia textos antigos sobre Tui que nos permiten acceder a unha visión diacrónica da nosa cidade dende a ollada e intereses dun visitantes doutros tempos e nos ilustran sobre a evolución histórica desta localidade.

Presentamos hoxe as páxinas escritas en torno a 1572 por un historiador e cronista de grande prestixio naquel momento, Ambrosio de Morales, que visita, como veremos, o Noroeste da Península entre xuño de 1572 e febreiro de 1573 e nos deixa varias páxinas de interese sobre a Tuyd, que é como escribe o nome da nosa cidade.

Natural de Córdoba, onde nace en 1513. Estuda na Universidade de Alcalá e na de Salamanca, onde é Reitor o seu tío, o humanista Fernán Pérez de la Oliva. Aos vinte anos profesa como xerónimo, e exaltado de fervor chega a castrarse para extinguir toda tentación. Tivo que saír da Orde de San Xerome por tal suceso pero consegue, tras unha viaxe a Roma, continuar a súa vida con hábito secular. Completa a súa formación na Universidade Complutense que, dende a súa fundación polo cardeal Cisneros, era a principal institución cultural e ideolóxica daquel tempo.

Pouco antes de 1550 obtivo a cátedra de retórica nesta universidade e comezou unha produción científica abondosa que o acredita como unha das personalidades mais preclaras do século XVI español, tanto pola súa heteroxénea formación como pola importancia e innovación das súas investigacións no ámbito dos estudos de historia e arqueoloxía.

En torno a 1559 a súa sona chega ata a Coroa e comeza a recibir encargos de parte do monarca Filipe II que mostra a súa satisfacción ao nomealo, en 1563, como cronista real. Un destes encargos rexios foi a busca de manuscritos e obras impresas para destinalas á recen creada biblioteca de El Escorial, o que posibilitou que Ambrosio de Morales descubrise importantes crónicas, códices e manuscritos que foron integrados naquela biblioteca real.

En torno a 1577 recibe do novo arcebispo de Toledo, o cardeal Quiroga, o nomeamento como administrador dos hospitais de Puente del Arzobispo, aloxándose da súa actividade científica. En 1581 retorno a súa cidade natal de Córdoba, afectado xa de problemas de saúde, onde reside ata a súa morte en 1591.

A gran achega de Morales como historiador é a elaboración da “Crónica de España”. No mesmo ano do seu nomeamento como cronista as Cortes solicitan ao Rei que continuase a publicación das Crónicas de España iniciadas por Florián Ocampo. Nesta tarefa pon especial empeño en realizar unha historia referendada polas fontes documentais e arqueolóxicas, cuestionando numerosas tradicións e lendas. Para continuar coa elaboración desta crónica Morales emprende unha viaxe de carácter científico por toda a xeografía peninsular na procura de datos e documentos para a redacción da historia antiga e medieval do reino. Nestas viaxes recompilou numerosas crónicas, anais e outros documentos históricos de grandísimo valor e tratou, por todos os medios, o recoñecemento e descrición das antigüidades de España, estudando “in situ” numerosos obxectos de interese, analizándoos con espírito crítico e grande atención. A súa “Crónica General de España” editada entre 1574-1577 é moi superior á de Florián de Ocampo e introduce por vez primeira unha metodoloxía científica en España.

Un froito destas viaxes pola península é o informe realizado en 1573, cuxo manuscrito orixinal se conserva na Real Academia da Historia, que sería publicado por Enrique Flórez dous séculos despois, en 1765, titulado: Viage de Ambrosio de Morales por orden del Rey D. Phelippe II a los Reynos de León, y Galicia y Principado de Asturias. O propio Flórez recoñece ter empregado esta obra na redacción da súa monumental “España Sagrada”.

O mandato do monarca era que lle trouxera razón y certificación por vista de ojos de las tres cosas ya dichas; Reliquias, Enterramientos Reales, y Libros antiguos, que en todas partes se hallasen. Asi pois o principal obxectivo desta viaxe era reunir reliquias, libros, documentos e pezas con destino á colección do mosteiro de San Lourenzo do Escorial.

Esta viaxe e actividade de Ambrosio de Morales por encargo de Filipe II responde a un programa ideolóxico de fortalecemento da monarquía hispana baseado en tres ámbitos: relixión, dinastía e coñecemento. Concretado no traballo encargado a Morales de procura de: reliquias, sepulturas rexias e libros antigos.

Esta obra, escrita en primeira persoa, e dirixida á lectura por parte do monarca, é unha obra descritiva. Para a investigadora Rosa María dos Santos Capelao esta viaxe de Ambrosio de Morales: acabó por transformarse en un elemento esencial en el proceso de construcción de un poder real centralizado y centralizador a través por un lado, de la identificación de espacios políticos, religiosos y culturales, que en algunos casos vivían de forma autónoma con sus propias lógicas y prioridades. Por otro lado, también buscó señalizar las fuentes de un poder simbólico a través de elementos religiosos, dinásticos y objetos de conocimiento, pues el poder real además de alimentado por mecanismos de afirmación política y estrategias administrativas, también depende del poder carismático de los símbolos – políticos, religiosos, culturales-, que dan sostenibilidad a la persona del monarca. El viaje es en este contexto un medio que se hace imprescindible para la afirmación de un poder político centralizado. Esto fue posible gracias a una nueva mirada que se vislumbra en nuestro viajero, y la cual nos obliga a referirnos a un encuadramiento contextual específico, el Humanismo. Este estimuló la búsqueda de testimonios de un pasado remoto, de preferencia clásico, el coleccionismo privado, y favoreció que se desenvolviese una mirada crítica junto con nuevos procedimientos metodológicos que cuestionaron la autenticidad de ciertos testimonios (véase: https://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/8832.pdf).

Realizada esta necesaria contextualización reproducimos de seguido o texto elaborado por Ambrosio de Morales na súa vista á nosa cidade no ano 1572:

 

TUYD.  

Esta Ciudad está  tan  cerca de  Portugal, que  pasando el Rio  Miño  por  ella, la  otra Ribera  con el  Lugar de  Valencia que está  en  ella, es  ya  de  aquel  Reyno.  Es  Tuyd tierra  de grandes frescuras  de Naranjos, y todos  frutales, con ser  de  lo bueno  de Galicia  en fertilidad.

El Conde D. Rarnón  juntamente  con  su  muger  la Infanta  D. Urraca, quando ,tenian  el Señorio  y Gobierno de Galicia  en  vida  del  Rey  D.  Alonso su suegro, y Padre, dieron  la Ciudad  y su  tierra a la Iglesia y al Obispo della ,como  aparece por Privilegio  de  once  de Febrero  año MXCV  y  en  la  misma Escritura confirma  el Rey D.Alonso.  Hay  otro Privilegio  de  confirmación del Emperador D. Alonso , hijo  de  los pasados.

Después pareció que quitó la Ciudad á la Iglesia y a Obispo, el rey D. Fernando de León, hijo de D. Sancho el Deseado, por que hay Privilegio donde se le restituye: su data en la Ciudad de Santiago primero dia de Abril. El año no está señalado por número sino por estas palabras: el año que el dicho D. Fernando Rey famosisimo con grande gloria prendió al Rey D. Alonso, Rey de Portugal, en Vadaloncio.

Hay algunas confirmaciones de los Reyes siguientes.

En la Capilla Mayor al lado del Evangelio en el Crucero está la Capilla del Santísimo Sacramento, y allí está el bendito Cuerpo del bienaventurado Fr. Pedro González Telmo, llamado comunmente San Telmo, principalmente por los Navegantes, que mucho se le encomiendan. Está con mucha decencia en un arco alto de piedra con reja delante, en un Arca de plata labrada  de vultos de medio relieve, y encima su vulto de la misma chapería de plata, tamaño como el natural, la suma de su vida es ésta.

Fue pequeño de cuerpo, alegre de rostro, natural de Fromeste, de parientes honrados y ricos, llamados Telmos por su Alcuña, sobrino del Obispo de Palencia que a la sazón era, y el lo hizo estudiar en aquella Ciudad, y lo ordenó , y le dió allí un Canonicato, y despues tuvo tambien la dignidad de Prior de aquella Iglesia. De allí le llamó Dios con ocasión bien manifiesta, y tomó el Habito de S. Domingo. Cuentanse grandes particularidades de su santidad desde estos principios, y despues en su ocupacion, que fue siempre confesar y predicar. El Rey D. Fernando el Santo con la noticia que tuvo de su gran santidad lo llevó consigo al Cerco de Sevilla, adonde obró Dios por el un gran milagro. Despues siendo conventual en el monasterio de S. Domingo, predicaba por la tierra, y más ordinario por esto de Tuid y sus comarcas.

Comenzó á hacer milagros, y juntó limosnas, y hizo de ellas algunas Puentes de las señaladas que hay en Galicia por gran necesidad que habia dellas, señaladamente para pasar á oir Misa, que se busca en aquella tierra por harto camino en algunas partes. Supo quando habia de morir, e hizose traer a Tuyd para esto, y falleció Lunes de Quasimodo el año de nuestro Redemptor MCCXLVI. Enterrole el famoso Obispo D. Lucas de Tuyd muy solemnemente como á Santo, y pusole una lauda de piedra con letras, que agora ya no se pueden leer. Su Fiesta se celebra con haber no mas que conmemoracion de el en Visperas del Domingo de Quasimodo en cualquier tiempo de cayga , y a dia siguiente tambien en la Misa. Aquel dia hay gran concurso de toda la tierra, y en algunos de aquellos lugares principales de Galicia y Portugal alli cerca, tiene Cofradias. Y los milagros que han sucedido por el Santo son muchos: harta parte de ellos con todo lo de su vida, está escrito en un libro Santoral de pergamino de la Iglesia Mayor, y parece de mas de doscientos años : y en este libro hay tambien otras cosas de mucha importancia para la Iglesia, y la Dignidad de su Silla Cathedral.

Sin lo de su Fiesta, todos los Sabados antes de la Misa Mayor van el Obispo y Beneficiados en procesion à la Capilla de su Sepultura de agora con el Te Deum Laudamus y y dicen la oracion, que hay propia del Santo, y esto se hace de tiempo inmemorial.

El obispo D. Diego de Avellaneda teniendo deseo de honrar este Santo, determinó sacarlo de alli donde estaba antes sepultado: halló resistencia de muchos de su Capitulo, mas à fin una noche despues de Maytines con algunos Capitulares hizo quitar la lauda y cabar la Sepultura. A medio estado de halló otra lauda con que el Obispo se regocijo mucho pensando estaba luego debajo della el bendito Cuerpo. Quitada la piedra se halló tierra maziza, por donde los Canonigos de contrario parecer le convencian que no se cabase mas. El Obispo tambien con lagrimas manifestó su congoja, mas perseverando en su devocion , mandó cabar adelante hasta otra tercera lauda que se descubrió à otro estado de hondo. Quitada esta pareció un encage de cuatro maderos muy gruesos, y dentro de ellos en Arca de piedra el bendito Cuerpo con su habito negro y blanco, y su baculo. Sacaronlo con gran procesion y alegria de todos, y parecióse bien por quan gran thesoro lo tenia el Obispo D. Lucas, quando à tan recaudo y con tanta solemnidad lo guardaba. El Obispo Avellaneda le puso à su costa tan ricamente como está agora. Y todo esto de la invencion y devocion cuentan los Beneficiados de la Iglesia que se hallaron entonces presentes.

En la sacristia tienen el habito que en trescientos años no se consumió del todo, y tiene buen olor, y el Obispo me dió de su mano un poquito que muestra el milagro de haberse conservado. Tenianlo en una Arquita no muy decentemente, mas à la hora de agora tengo por cierto está muy bien., porque el Obsipo à mi advertencia se ofreció a hacerlo. Mejor está el baculo, todo engastado en plata, y en la procesión de su Fiesta lo lleva el Obispo levantado en alto: es pequeño y como muleta. Tambien tienen alli la cinta del Santo, en quien ha sucedido un gran milagro.

Alli en la Sacristia tienen muchas Reliquias menudas, y una sola muy insigne, que es la Cabeza de San Binardo, uno de los diez mil martires de Alejandria, cuya Fiesta es à los 22 de Junio. Está bien engastada con vulto de plata hasta los pechos con decir en la Diadema Caput Sancti Binardi Martyris. Tiene buen testimonio por que la trujo el Cardenal D. Gaspar de Avalos, con otras muchas reliquias bien atestiguadas.

No tienen Libros, ni enterramientos Reales, mas hacen un aiversario por el Conde D. Ramón, y por su suegro, y su muger y por el otro Rey D. Henrique el II y San Telmo no esta canonizado, sino que la devocion y milagros le han hecho tener en tanta veneracion.

Aunque no es de mi comisión, todavia quiero decir que se saca oro en Tuyd del Rio Miño, y el Obispo tiene un grano del tamaño de un garbanzo pequeño, que se sacó habrá dos años y como lantejas se sacan hartos , y es oro purísimo: y el Conde de Monterrey arrienda un sitio de esta Ribera en 24 ducados cada año, o 24 mil maravedis, si bien me acuerdo, para solo sacar oro, y sin duda por falta de industria no se saca todo lo que Plinio encarece de estos Rios, y es cosa que yo traté muy a la larga en Coronica.

No hay memoria ninguna en edificio, ni en otra cosa de la Fundación Griega de aquella ciudad, sino es una Pila de fuente con quince pies de diametro, y tan honda que llena de terra sirve de Jardin, y tiene arbolillos. Está más de dos, y aun tres estados alta del suelo, fue una peña que labraron en el mismo lugar donde estaba, y cortaron después las peñas y tierra en derredor, y asi quedó levantada al igual de unas ventanas por donde se cultiva el Jardín.

De Griegos tambien es haber conservado la lucha, y usarlas en las Ferias y en los otros ayuntamientos de gran muchedumbre. La Fiesta que con esto hacen es cierto insigne, porque tienen diversos generos de maña y destreza, y siendo hombres de grandes fuerzas, se aprietan algunas veces tanto, que se ve como están a punto de muerte. Y entonces se sueltan por el peligro que sienten, porque todo se hace en buena amistad. Luchan en carnes como Griegos con solo pañitos, y tienen particularidades y leyes en la Fiesta, que mucho la regocijan.

Este texto de Ambrosio de Morales corresponde coa visita que realiza a Tui no ano 1572 do texto podemos abordar diversos comentarios de interese, lembrando que naquela altura ocupaba a sede tudense, o bispo Diego de Torquemada.

En primeiro lugar, que se centra no mandato recibido do monarca: estudo das reliquias (unicamente amosa interese polas de San Telmo e a de San Binardo), polos libros e documentos antigos (cita ao Pasionario e polo datos que narra no seu relato consultou os pergamiños conservados no Arquivo da Catedral que conteñen os privilexios da sede tudense) e ao non existir sepulturas rexias recolle a relación do culto catedralicio coa monarquía, centrado en varios aniversarios de monarcas.

En segundo lugar, resulta de interese a súa referencia ao culto e devoción santelmiana na Catedral, co relato do traslado da sepultura de San Telmo dende a entrada do templo catedralicio á capela dos bispos, no lado do Evanxeo (na actual capela do Cristo da Agonía), onde o bispo Diego de Avellaneda buscaba un maior realce do culto ao patrón da cidade. Aínda na actualidade podemos ollar nesta capela os restos decorativos do altar realizado con motivos platerescos, propios daqueles anos iniciais do século XVI. 

Resulta interesante comprobar a continuidade na data de celebración da festividade de San Telmo, o culto que tiña na Catedral e como xa daquela existía unha celebración popular, centrada posiblemente na feira anual, que reunía a moitos visitantes na nosa cidade.

En terceiro lugar, Ambrosio de Morales froito da súa inquietude e interese aporta outros datos relevantes. A permanencia da explotación aurífera do leito do río Miño, que o conde de Monterrei arrendaba por un importe relevante, pois continuaba aportando mineral de ouro, con pezas excepcionais como a que móstralle o propio bispo Torquemada. Unha minaría no río Miño que entronca directamente cos tempo da romanización, pois como acreditan recentes investigacións a explotación aurífera do Miño no territorio tudense era de gran intensidade conservándose aínda as pegadas destes métodos mineiros de época romana.

Por último, o texto de Ambrosio de Morales afonda nas supostas tradicións gregas existentes en Tui como testemuña da súa orixe grega. Un tema que Morales, gracias ao seu amplo coñecemento das fontes clásicas grecolatinas, coñecía e que enlaza co interese que neste século XVI existe pola revitalización desta tradición na nosa cidade co obxectivo de incrementar o seu prestixio (temos abordado este tema en Tudensia ao falar da suposta fundación de Tui por Diomedes de Etolia: http://tudensia.blogspot.com/2009/07/encol-da-fundacion-de-tui-por-diomedes.htmlou das armas heráldicas da cidade: http://tudensia.blogspot.com/2020/02/as-armas-heraldicas-da-cidade-de-tui.html

En primeiro lugar, aborda a descrición da pía existente xunto á entrada oeste da cidade, na porta homónima: una Pila de fuente con quince pies de diametro, y tan honda que llena de terra sirve de Jardin, y tiene arbolillos. Está más de dos, y aun tres estados alta del suelo, fue una peña que labraron en el mismo lugar donde estaba, y cortaron después las peñas y tierra en derredor, y asi quedó levantada al igual de unas ventanas por donde se cultiva el Jardín. Trátase pois dunha gran pía escavada e labrada na rocha do lugar que tería unhas dimensións de arredor de catro metros e medio de diámetro destinada como sinala o propio Morales a servir de fonte na entrada da cidade para o abastecemento dos veciños (sería o único lugar con auga na época medieval), aínda que non ofrece a súa localización concreta.

Sobre esta pía Enrique Flórez ao falar de Tui no volume XXII da súa monumental obra “España Sagrada” editado en 1767 comenta: Ya no persevera más que la casa llamada de la Pila junto a la qual estuvo : y hay ancianos que la vieron : pero su grandeza, que la hacía recoger mucha agua y no poca inmundicia, la ocasionó su destrucción, para evitar el mal olor, y hálitos perjudiciales, que especialmente en verano ocasionaba a las casas vecinas (...) pero acerca del modo con que explica la formación y colocación de la Pila no hay seguridad.

Tamén o historiador tudense Francisco Avila y La Cueva na súa afamada obra sobre a nosa cidade, escrita en torno a 1852, comenta sobre esta pía o seguinte: Hoy en día  no hay noticia de esta casa (de la Pila) por haber borrado su memoria el tiempo, cuya pila debió ser muy célebre y señalada de la antigüedad por cuanto dió nombre a una de las puertas de esta ciudad que tiene su salida acia donde existió aquella.

Recentemente o historiador tudense Suso Vila nos seus traballos sobre a presenza xudía en Tui vincula esta pía coa existencia dunha mikvé ou espazo destinado ao baño ritual dos xudeus dada a localización da sinagoga neste espazo urbano: la existencia de una famosa pía/pila, que daría nombre a una de las más importantes puertas de la ciudad medieval, junto a la sinagoga tudense, permite interpretarla como parte del baño ritual hebreo, ya que su proximidad a la sinagoga y sus características sólo hace posible que tuviese ese destino. Estamos diante dunha hipótese de traballo que precisa a súa verificación documental ou arqueolóxica.

Sobre a localización desta pía, que Ambrosio de Morales non especifica, será Suso Vila quen gracias a senllos apeos de bens de 1529 e 1556 a localiza nun espazo intramuros cerca da porta a que lle da nome: unha casa que “sale con puerta al eyrado donde esta la pila grande” (...) el eirado, un espacio abierto dentro de la ciudad, del que habla el documento y al cual salía la casa de María Castellana se ha conservado parcialmente hoy en día como acceso al caserón de los Sarmiento-Zelaya en la calle Ordoñez. Neste lugar está situada na actualidade a sinalización turística da sinagoga e a mikvé da ruta do patrimonio xudeu tudense.

Tomado de://www.galiciamaxica.eu/mini/un-paseo-por-el-casco-vello-de-tui/dir lenda


Sen embargo é preciso resaltar que esa zona urbana tivo numerosas alteracións ao longo dos séculos que dificultan esta identificación. Neste espazo levantouse, en torno a 1669, a carnicería da cidade (e a peixería ao sur da porta da Pía) cunha estrutura cuberta que apoiaba na muralla medieval. Posteriormente, entre 1813 e 1824 o Concello promove a construción da nova Praza do Comestible, que non incluía unicamente a edificación de novos postos senón a apertura en condicións da rúa que unía a Porta da Pía coa Rúa Nova, derrubando a falsa braga neste espazo e nivelando esta rúa. Para esta obra foi derrubada a torre das Estrabancas que obstruía a zona e reedificouse o tramo da muralla (na actual rúa Ordoñez).


Sabemos que no ano 1859 o tramo da muralla situado ao norte da Porta da Pía foi sacado a poxa polo Estado no proceso desamortizador de bens públicos. O rico propietario José Sarmiento Zelaya adquire este tramo e en febreiro de 1862 obtén autorización municipal para reedificar a fachada da súa casa que da á Praza do Comestible (o que implica o derrube da muralla) e completar unha vivenda que ata daquela tiña unicamente acceso intramuros, e agora a través dun patio con acceso directo dende esta Praza (no lugar do eirado da pía medieval? Se así fose estaría totalmente alterado pois esta a un nivel inferior o que implica a destrucción do nivel medieva) levantando un casarón que aínda hoxe podemos contemplar.

Finalmente, Ambrosio de Morales describe as loitas que se celebraban na cidade como un entretemento público e que liga a tradicións gregas. Este tipo de loitas estaba moi estendido noutrora, e aínda hoxe conservamos testemuñas destas loitas tradicionais na loita canaria, na loita leonesa (ou aluche) ou a galhofa ou loita tradicional da zona portuguesa de Tras-os-Montes.

Imaxe antiga dos Aluches - loita leonesa

Flórez xa no século XVIII comenta sobre estas loitas: Esto persevera hasta hoy, aunque no es tan frecuente como antes, ni desnudos sino en camisa y calzoncillos. Si los dos competidores son muy diestros, dura mucho la lucha, hasta que rendidos caen ambos à un tiempo. Pero Avila y La Cueva, a mediados do século XIX, sinala que en la actualidad ya son casi del todo desconocidos estos entretenimientos públicos, aínda que el cita como de orixe grego outra tradición moi estendida nas romarías de Galicia ata tempos recentes a chamada  carreira da fogaza ou bolo (hogaza en castelán), un tema sobre o que trataremos nun vindeiro post.

Este relato de Ambrosio de Morales é, como temos comprobado, unha interesante fonte documental da vida tudense na segunda metade do século XVI.


"Sobredo" un poema de Alfredo Guisado

$
0
0

A historia contemporánea da cidade de Tui e a súa contorna segue aínda escasamente coñecida pola veciñanza tudense. Un dos episodios máis notables, nas primeiras décadas do século XX, foi a importante mobilización dos labregos de Galicia reclamando o fin do sistema foral, polo cal estaban obrigados a inmensa maioría dos nosos campesiños ao pago dunha renda anual polo dominio útil da terra aos titulares da mesma; dende os procesos desamortizadores os eclesiásticos foron substituídos polos rendistas, fidalgos e burgueses que compraran estes títulos forais. Unha mobilización que tivo un dos seus fitos o 28 de novembro de 1922 cando no decurso dunha manifestación contra un embargo polo impago de rendas forais, tres persoas resultaron mortas polos disparos da Garda Civil en Sobredo - Guillarei.

Monumento aos mártires de Sobredo, 1932

Xa en Tudensia nos temos ocupado hai algún tempo desta temática; nos remitimos a aquel post aos interesados en afondar ao respecto: http://tudensia.blogspot.com/2013/11/notas-sobre-o-agrarismo-tudense-e-os.html

Dende os inicios do movemento agrarista Tui tivo un papel importante neste proceso, pois amais de contar con sociedades de agricultores en todas as parroquias, posúe a capacidade organizativa para acoller, en xullo de 1922, o Congreso Rexional Agrario no que acordouse fundar a Confederación Rexional de Agricultores Galegos baixo a presidencia de Basilio Álvarez. A este congreso asisten delegados de 133 entidades parroquiais, das Federacións Provinciais Agrarias de Pontevedra e Ourense e de 7 federacións locais, en representación entre todos de case 60.000 labregos.

Neste intre de fortaleza do movemento agrario a resposta foron as accións xudiciais e gubernativas contra os labregos-foreiros morosos, que non pagaban as súas rendas anuais en prazo. Pouco tempo despois é detida toda a directiva da sociedade de Ribadelouro, polo que comeza unha folga xeral en todo o sur de Galicia, que en Tui coincide – aquí abrimos o debate sobre a unidade de acción entre obreiros, agora xa dirixidos pola CNT que será o principal sindicato tudense ata a Guerra Civil,e os agrarios- cunha folga xeral ao longo do mes de novembro, que provoca detencións de destacados sindicalistas ou a clausura de locais societarios.

Neste ambiente de tensión se chega ao 28 de novembro de 1922, no que o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo-Guillarei para lle embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros ao rendista tudense José Sarmiento, representante do ordoñismo e que mesmo fora Alcalde de Tui. Unhas dúas mil persoas acoden en solidaridade co embargado e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo, e Venancio González, de San Estevo de Budiño, morren e outras sete persoas resultaron feridas e moitas detidas.

Venancio González Romero, dirixente agrario de
San Estevo de Budiño, un dos mártires de Sobredo

A mobilización que se produce en toda Galicia é moi importante, mesmo no Congreso do Deputados en Madrid ábrese un debate por mor destes tráxicos sucesos, nun momento en que era Ministro do Interior o deputado polo distrito tudense, Mariano Ordoñez. Pero esta folga significou tamén un aumento da represión sobre obreiros e labregos: se clausuran locais, a detención de moitos dos seus dirixentes, entre eles un dos protagonistas dos acontecementos que é desterrado: Severino Estevez, un emigrante de Guillarei forxado no sindicalismo portuario de Buenos Aires e de orientación anarquista que, tras o seu retorno, impulsou o movemento asociativo. Pero esta represión non logra rematar coa conflitividade no campo que non finalizará ata a completa redención (que non abolición) dos foros, iniciada na Ditadura de Primo de Rivera.

A repercusión dos sucesos de Sobredo na opinión pública foi de grande alcance ao igual que as mobilizacións que provoca. Na prensa se recollen numerosos artigos e escritos arredor do “mártires de Sobredo” con iniciativas que estarán acesas moitos meses despois evidenciando o impacto que estas mortes tiveron na opinión pública e en todo o movemento agrario e sindicalista.

Achegamos hoxe un poema publicado no decenario agrarista de Ponteareas, e auténtico voceiro do movemento asociativo agrario, “El Tea” que dirixía o avogado ponteareán Amado Garra Castellanzuelo, a quen están dedicados estes versos, publicados nun número especial do xornal de 1 de abril de 1923 que recolle a homenaxe realizada a Amado Garra. O autor é o poeta luso-galaico Alfredo Pedro Guisado e o titulo do poema: Sobredo.

Alfredo Guisado naceu na Santa Justa lisboeta un 30 de outubro de 1891, fillo dun emigrante de Pías (Ponteareas), Venancio Guisado, casado con Benedicta Abril, de Mondariz; o seu pai e tío fundaron na Praza da Figueira no Rossio o restaurante “Os Irmaos Unidos”, que logo rexerá Venancio Guisado, converténdose nun dos locais habituais das novas xeracións de intelectuais e artistas.


Alfredo Pedro Guisado inicia moi novo a súa actividade poética, publicando en 1913 o seu primeiro libro, “Rimas da noite e da tristeza” que recolle os seus versos de anos anteriores, moitos deles publicados en “El Tea”. Portugal vivía neste anos o nacemento do novo réxime republicano, instaurado no ano 1910, e Alfredo Guisado formará parte, xa dende os seus tempos de estudante de Liceo, do Partido Republicano Portugués e na década dos 20 acadou diversos postos de relevancia política: vereador da Cámara Municipal de Lisboa, vice-presidente da mesma, gobernador civil substituto de Lisboa, Presidente do Consello Xeral de Xuntas de Freguesías de Lisboa e da Federación das Xuntas de Freguesías de Portugal e finalmente no ano 1925 foi elixido Deputado da Asemblea da República. O golpe militar do ano seguinte cortou a súa carreira política e levou a Alfredo Guisado á oposición ao novo réxime salazarista, sempre dentro do estreito marxe que deixaba o marco legal. Foi durante moitos anos director adxunto do diario “A República”, único xornal que ficará como voceiro das correntes republicano-liberais na prensa portuguesa, mantendo unha irreprochable traxectoria de defensa dos ideais democráticos. Inda que acadou a titulación en Dereito, nunca exerceu a non ser a título gratuíto. Morre un 30 de novembro de 1975 e a prensa lisboeta, ocupada no remuíño informativo daqueles tempos non dan sequera a noticia.

Notable poeta Alfredo Guisado, ou Pedro de Meneses como asina boa parte das súas obras, é un dos principais renovadores da lírica portuguesa contemporánea. Foi un dos impulsores xunto a Fernando Pessoa, Marío de Sá Carneiro ou José Almada Negreiros da revista “Orpheu” –ideada segundo moitos no restaurante do seu pai- que marca o inicio dunha nova época na historia de poesía portuguesa, achegándolle os aires das novas vangardas europeas. Compre destacar a estreita vinculación de Guisado e Pessoa, sendo no primeiro evidente a influencia do “paulismo” pessoano nalgunha das súas obras, especialmente, “Ánfora” (1918) recoñecida polos críticos como a súa mellor publicación. Anteriormente tiña editado “Rimas da Noite e da Tristeza” (1913), “Distancia” (1914), “As Treze Baladas das Maos Frias” (1916) e “Máis Alto” (1918). Publica posteriormente “A Lenda do Rei Boneco” (1920) e “As cinco chagas de Cristo” (1927).

No ano 1921 edita “Xente d’aldea”, escrito en lingua galega e que conta na portada cunha ilustración do seu amigo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Neste libro evoca Alfredo Guisado as súas vivencias de nenez en terras de Pías. Pero a relación de Alfredo Guisado coas terras de Ponteareas ten tamén outra dimensión. Foi un afervoado agrarista colaborando con este movemento socio-político en numerosas oportunidades. Foi presidente da Sociedade de Agricultores de Pías, cando se funda, en 1917, a Cooperativa Agrícola de Ponteareas foi nomeado inspector da mesma, xa anos antes fora en Lisboa impulsor e primeiro presidente da “Unión Agraria”. A miúdo as páxinas do decenario agrarista ponteareán “El Tea” recollen as súas palabras e discursos en actos políticos na capital lisboeta, dende a que se desprazaba con asiduidade ata as terras de Pías e a súa "Casa das Camelias".

Para saber máis sobre Guisado os interesados poden consultar o artigo titulado “Alfredo Pedro “Guisado (1891-1975), un poeta portugués de Pías (Ponteareas)” que publiquei en A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, Nº. 80, 2009, págs. 109-127.

O poema que agora reproducimos combina a habelencia poética de Guisado co seu compromiso co movemento agrario e o recoñecemento aos Mártires de Sobredo que testemuñan o compromiso de Galicia e as súas xentes a prol do progreso: pro Sol nacer, aparece todo de sangue o nacente.


¡Sobredo!”

A D. Amado Garra.

I

Galicia, a Santa das frores,

Das fontes, das romarías,

Dos namorados pastores

Que cantan nas noites frías

As tristezas dos amores.

 

Galicia, a sempre esquecida,

Que mans alleas prenderon,

Que inda vive adormecida

Na torre donde a meteron

Os que lle rouban a vida.

 

Galicia, a Santa a quen reza

Meu corazón, libertade,

Pra que en miña Alma pareza

Hirmán da miña Tristeza,

Triste nay desta Soedade.

 

A Soedade é filla d’ela.

Deulle beixos, deulle abrazos.

Quixo levarlla Castela,

Tuvo medo de perdela

Defendeuna nos seus brazos.

 

Foi a unica riqueza

Que lle deixaron quedar,

Cando un dia o despertar,

Deixa de ser a Tristeza

Pra ser a Alma a cantar.

 

II

Sinto que Galicia chora.

¿Que ten ela, que lle pasa,

Que lle fixeron agora?

¡Galica, a nosa Señora

Do altar da miña Raza!

 

Y-eu sinto de monte en monte,

Boca en boca, alto, sin medo,

Na sombra do arboledo,

No triste soñar da fonte,

O mismo berro: - ¡Sobredo!

 

E un berro que dá vida

Porque nos fala de morte,

Un berro qu’ é fouce erguida,

Que deixa Galicia forte,

Vencedora e non vencida.

 

Que todos veñan serenos,

Boa estrela vay guiar,

No eido quedan os nenos

Y-o mismo así os pequenos

Pr’a victoria han de rezar.

 

Todos xuntos, frente a frente.

Chegou a hora. Amañece.

Porque -sabedeo tod’a xente –

Pr’o Sol nacer, aparece

Todo de sangue o nacente.

 

ALFREDO PEDRO GUISADO

(El Tea, 1/04/1923)


Estes versos de Alfredo Guisado serven para lembrar de novo esta efeméride que tinguiu a Tui de sangue e espanto, pero tamén a determinación de que o movemento impulsado polo agrarismo, cun enorme apoio social, era xa irrefrenable. Hoxe o monumento de Camilo Nogueira (inaugurado no ano 1932 e reconstruído no 1988 cos restos conservados logo da súa destrución con dinamita en 1936) é un memorial daquelas vítimas e do asociacionismo agrario, que anualmente lembra o Instituto de Estudios Agrarios “Mártires de Sobredo”.

Catro bispos tudenses e os nove aneis dos santos bispos de Santo Estevo de Ribas de Sil

$
0
0

Nestas xornadas de decembro os medios de comunicación recollen a descuberta de catro aneis nun dos relicarios da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (actualmente en proceso de restauración), concretamente nun arca que acollía no seu interior os restos óseos dos coñecidos como “os nove santos bispos”. Segundo recollen as informacións xornalísticas a urna preséntase dividida en catro compartimentos, que presuntamente conservan as reliquias de catro de aqueles nove bispos. Nun dos compartimentos, entre as reliquias óseas, atopouse unha bolsa de tea (probablemente seda) con bordados en fío de ouro. Ante a sorpresa dos presentes, dentro da pequena bolsa atopábanse catro aneis de prata con pedras de diversa calidade e dous documentos escritos.


Tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

Un deles é unha pequena etiqueta en pergamiño, que debía recoller os catro aneis. Na parte interna da mesma aparece un texto no que se pode ler: "Estes quatro aneis son dos que quedaron dos nove Santos Bispos. Son os que quedaron. Os demais desapareceron. Por eles pásase auga para os enfermos e sanan moi[tos]".



Tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

Emilio Duro Pena, fala na súa monumental obra sobre o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil ao abordar o tema dos nove santos bispos galegos que alí morreron, recolle que no proceso de canonización sobre a vida, milagres e veneración e culto público dos corpos e reliquias destes nove bispos faise referencia aos milagres obrados polos aneis, aínda que sen indicar de cantos son. En concreto, preséntanse varios casos de curación, entre os que destaca o da afillada de Bautista Celma, mestre reixeiro, cega de nacemento.

A lenda dos aneis, recolle o dixital Historia de Galicia, remóntase ao ano 921 cando nove bispos;  Osorio, Servando, Froalengo, Ansurio, Viliulfo, Vimarasio, Pelaio, Afonso e Pedro chegaron ao mosteiro fuxindo dos musulmáns. Portaban aneis que as xentes do lugar comezaron a dicir que eran milagreiros. A lenda foi crecendo e o caso é que as súas sepulturas serviron como lugar de culto e peregrinación durante a Idade Media, pois se lles atribuíron  feitos sobrenaturais. E aquí entra en xogo a lenda popular: supostamente os nove aneis episcopais -depositados durante décadas e décadas nun cofre de prata- atesouraban propiedades portentosas…. se os cegos os tocaban recuperaban a vista, se os tolleitos tamén o facían volvían andar, e se alguén co demo no corpo se situaba fronte a eles entraba en transo e regresaba á cordura devota.

A sona destas reliquias milagrosas é testemuñada polo rei Afonso IX que en 1220 nunha doazón a este mosteiro sinala: doy y concedo al monasterio de San Esteban y de los nueve cuerpos de los santos obispos que allí están enterrados por quien Dios hace infinitos milagros A construción do cenobio benedictino respecta estas reliquias que atraían a grande número de peregrinos situadas anteriormente no exterior do templo e agora no claustro principal, denominado “dos bispos”. Como recolle Manuel Castiñeiras no seu magnifico traballo "San Estevo de Ribas de Sil revisitado: nuevos hallazgos e hipótesis sobre el monasterio medieval” publicado na revista “Porta da aira” de 2006 existe incluso un intento de internacionalización do seu culto nun documento asinado en Rieti (Italia) en 1298 por nove arcebispos e bispos hispanos, lusitanos e italianos concedendo indulxencias aos visiten o mosteiro de Santo Estevo.

Non é obxecto deste post abordar a evolución do culto destes novo santos bispos nen a situación dos seus corpos, primeiro no exterior do primitivo templo románico, logo no claustro do mosteiro e, finalmente, nun retablo no interior da igrexa do cenobio da Ribeira Sacra. O interesado atopará información no artigo de Manuel Castiñeiras.


Escudo do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil coas mitras dos nove santos bispos

Pero, nesta altura preguntará o lector de Tudensia, que relación existe entre estas reliquias e Tui. Chegaremos a elo.

Ata a Idade Moderna non temos referencias á identidade destes nove bispos santos e milagreiros, seguindo a M. Castiñeiras o principal documento corresponde a 1662 cando o abade de Santo Estevo solicita ao bispo de Ourense o privilexio de rezo e misa para estes nove bispos. Neste documento figuran os seus nomes e sedes: Ansurio e Vimarario, de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coimbra; Servando, Vililufo y Pelayo de Iria; Alfonso, de Astorga e Ourense; Pedro, sen sede coñecida. Asi como o dato de que todos eles abandonaran a súa sede para retirarse á vida monástica.

Manuel Castiñeiras no seu estudo certifica a historicidade destes bispos. Ansurio é bispo de Ourense entre 909 e 922; Vimarario ou Vimara foi bispo de Tui entre 937-942; tanto Gonzalo Osorio como Froalengo son bispos coninbricenses nos inicios do século X; Servando non está documentado ao contrario que Pelayo, bispo de Iria entre 977 e 985 e logo retirado como monxe a Celanova; Viliulfo foi bispo tudense entre 952 e 990 e finalmente Pedro, que nunha pintura existente no mosteiro se liga á sede de Braga.

A presenza de Vimario e Viliulfo no mosteiro de Ribas de Sil está relacionada con dous aspectos históricos que ambos ilustran. Viliufo refúxiase en Ribas de Sil fuxindo das acometidas de viquingos e normandos que asolaban a Galicia occidental naqueles tempos, como anteriormente outros prelados chegaron a este cenobio escapando das acometidas musulmáns. Pero outros como Vimario reproducen un ideal relixioso ou ascético característicos daqueles anos, unha renuncia ao mundo na liña do que tamén realizou San Rosendo, que sendo bispo de Mondoñedo ingresou como monxe en Celanova. Como subliña Manuel Castiñeiras en todos ellos subyace el horizonte del retiro a la vida monástica como medio de expiación de culpas y de la consiguiente búsqueda del estado de beatitud. No olvidemos que en el período altomedieval el modelo eclesiológico imperante es el monástico, por lo que el monje goza siempre de un prestigio mayor desde el punto de vista religioso. De ahí lo sintomático que resulta que nueve obispos hubiesen huido del mundo en busca de un retiro en Ribas de Sil.

Pero para afondar nesta relación da sede tudense cos bispos santos de Ribas de Sil cómpre recorrer ao sempre ben documentado historiador tudense Francisco Ávila y La Cueva que na súa monumental Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado escrita en torno a 1854 ao referirse varios bispos de Tui sinala tamén a súa vinculación co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e a tradición do nove bispos santos. Dedica mesmo un capítulo a este tema Del culto que los nueve santos obispos tienen en San Esteban de Ribas de Sil onde recolle diversos pormenores do seu culto. Pero ao longo da súa obra da noticia dos diversos prelados tudenses que integran a nómina dos santos bispos de Ribas de Sil.



Un dos aneis atopado tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

En concreto, Ávila y La Cueva sinala aos seguintes:

-        Vimara, bispo de Tui dende o ano 936 e después de haber gobernado la iglesia de Tuy con acierto y edificación cosa de doce años, renunció a la dignidad acia el de 948, y enamorado de la particular observancia que se profesaba en el monasterio de San Esteban de Ribas de Sil orden del gran padre San Benito que llevaba a si los ojos de los varones más espitiruales, se retiró a vivir a el con los Monges y allí entregado a una vida todo contemplativa austera y edificantes concluyó la carrera de sus días con gran fama de santidad como lo acredita la multitud de milagros que Dios obró por medio de este su siervo y de los otros ocho compañeros santos que con el descansan en aquel Monasterio y mas la veneración y culto que siempre le han tributado los fieles. Sinala que este bispo Vimara, igual que o mozo San Paio, é sobriño doutro prelado tudense, San Hermoxio, que tamén se retirou a un mosteiro neste caso, en Labruxa.

-        Viliulfo, dende o ano 952 ata o 1003. Cita Avila y La Cueva que no ano 970 los Normando con una crecida Armada hicieron una entrada en Galicia, en la que destruyeron completamente los territorios de Tuy y Orense (…) no pudiendo susistir San Viliulfo en esta ciudad pasó a vivir con los monges de San Esteban de Ribas de Sil (…) y allí pasó el resto de su vida, ocupado con más empeño en el ejercicio de todo género de virtudes y austeridades (…) pero no obstante su retirada de Tuy siguió desde San Esteban gobernando su Iglesia. (…) acabó con fama de santidad en que hasta hoy persevera, siendo uno de los nuevo obispos a quienes tributa culto aquel Monasterio y sus Fieles

-        Paio ou Pelayo, dos primeiros anos do século XI. Con varios argumentos esgrime Avila y La Cueva que o Paio dos bispos santos de Ribas de Sil non pode ser nin o prelado de Iria nin o de Lugo, afirmando la retirada de Pelayo obispo de Tuy al indicado monasterio pues en el tiempo en que este vivía era frecuentemente invadido nuestro país y no podían vivir los obispos en su ciudad sin gran riesgo de sus personas, por cuyo motivo ya su antecesor (Viliulfo) pasó a vivir al propio Monasterio (…) y allí su vida fue de tanto exemplo y edificación que acabó con gran fama de santidad, tributándole los Fieles desde entonces hasta hoy culto de veneración.

-        Alfonso I, tamén dos primeiros anos do século XI, foi o último prelado tudense ata a restauración da sede cara o ano 1069 co bispo Xurxo. Sinala o erudito tudense que tal vez Alfonso 1º despues de llevado cautivo por los Normandos tuvo modo para proporcionar su livertad o rescate y precaviéndose de otro insulto igual imitó a sus antecesores Viliulfo y Pelayo retirándose a vivir al Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil donde exercitado en obras de virtud y edificación concluyó sus días santamente, pues como aseguran algunos historiadores es Alfonso obispo de Tuy uno de los nueve santos prelados que se veneran y reconocen por tales en aquella casa.

Temos pois a tradición que catro destes bispos santos de Ribas de Sil ocuparon a sede tudense e tras a súa morte en aroma de santidade forman parte deste elenco de santos de Riba de Sil. Como sinalou o Licenciado Molina, e repite Avila y La Cueva, en los dedos de los cuerpos de estos obispos se hallaron muy ricos anillos, en los cuales agora, dice, se halla mucha virtud que procede ansi de las piedras como de sus dueños, esto denota la veneración en que por entonces, esto es, a mediados del siglo 16 eran tenidos los mencionados anillos.

A noticia da descuberta de varios destes aneis nun dos relicarios da igrexa monástica de Ribas de Sil permite recuperar estas antigas tradicións que relacionan a sede tudense con esta devoción da Ribeira Sacra, amplamente estendida e que ten orixinado afamadas tradicións que se conservan na memoria colectiva do noso pobo.

Bo Nadal cunha panxoliña de Manuel Lago e debuxos de Eduardo Padín

$
0
0


A chegada do Nadal é unha oportunidade marabillosa para que dende Tudensia fagamos chegar a todos os nosos seguidores, en primeiro lugar, a nosa gratitude pola súa constancia e alento, especialmente neste ano de dor, confinamentos e incertezas, así como os nosos mellores desexos dun feliz Nadal e un venturoso ano 2021 que agardamos sexa unha alborada de alento que nos acariñe.

Neno Xesús, debuxo de Eduardo Padín

Achegamos este fermoso poema, case unha panxoliña, do egrexio tudense Manuel Lago González que transmite coa súa habelencia o espírito deste tempo navideño que recolle a grandeza da existencia que é o amor xunto as fermosas imaxes de Eduardo Padín (cedidas xentilmente polo amigo Álvaro Caramés) e da recente nevada no monte Aloia, para desexarvos a todos: 

Bo Nadal  !!!

 

O NENO DE BELEM

 

    Neno de cabelos d’ouro

meu amor e meu tesouro,

          rico, ben,

tanto coma a tu che quero

non lle quixen nin espero

quererlle nunca a ninguén.

 

    Esas manadas de feno,

en que estás deitado, Neno,

          frías son;

deixa que onda ti m’achegue

e te deite y-atafegue

no meu probe corazón.

 

    Pra que durmas ben contente,

n’el terás un leito quente,

          Neno Rei;

e d’amor unha fogueira,

no meu peito, á mesma veira

do teu berce che faréi.

 

    Ven e durme, queridiño;

ven á casa d’un mendiño

          descansar.

Esta cova está moi fría;

Fora d’ela venta e xía...

Vem a pôrte ó pe do lar.

 

    Hei facerche logo un trono;

mais agora durme un sono,

          caravel.

E despóis, cando t’ergueres,

heiche dar, si m’os quixeres,

leite amáis favos de mel.

 

    Hou, meu rei, meu amiguiño,

que na veira d’un camiño

          berce tes,

ven acá, ven ó meu peito

e descansa neste leito

que tan doce e quente ves.

 

    Aquí, neno, meu amigo,

vivirei solo contigo

          pra en xamáis;

e non quero máis ventura

nin riqueza nin fatura.

Ti soliño, e nada máis!


 

Manuel Lago González

Publicado en “La Integridad”


 



 

Non deixemos de "cantalos Reises"!

$
0
0

Este blog dedicado a temas relacionados co territorio tudense non quere deixar pasar estas datas de final do ciclo do Nadal, coa festividade da Epifanía ou dos Reis Magos, sen lembrar nunha nova oportunidade unha alongada tradición, de grande presenza hai décadas nas parroquias tudenses, e da que paseniñamente imos perdendo á memoria. Na actualidade, as cabalgatas son a principal manifestación da celebración dos Reis,  pero estes desfiles son un costume moderno e burgués implantado ao longo do século XX nas cidades e vilas e que hoxe está consolidado como a principal expresión popular desta festividade chea de luz e ilusión.

Rondalla de Malvas, 1969. Tomada do libro "Memorias dun pobo Santiago de Malvas
e as súas xentes" de Raimundo Martínez

Tradicionalmente a principal manifestación festiva na cultura tradicional nesta xornada eran os cantos de reis que forman parte dun ciclo festivo máis amplo. Adoitaba ser habitual nas festas do Nadal ir cantar polas casas do barrio ou parroquia. Os mozos e mozas percorrían camiños e congostras cantando peziñas de literatura popular, transmitidas basicamente a través da oralidade. Ao cambio da interpretación destas cantigas se reclamaba o aguinaldo, sempre en especie (viño, chourizos ou lambetadas e doces) que logo estes grupos informais de mozos consumían xuntos prolongando a festa.  En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as Xaneiras, Manueis ou Aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.

Comenta o músico Rafael Quintíá  que “normalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoitaban xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir.

Estes cantos de Reis soian comezar cunhas estrofas de presentación dos “Reiseiros” na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha de loubanza aos da casa onde cantaban, en caso de obter o aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber aos veciños quen estaba menos disposto a compartir os seus alimentos. De seguido tocábase unha xota ou muiñeira e convidaban a danzar aos da casa.

Rancho de Reis de Guláns (Ponteareas), circa 1920

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.

A meirande parte deles son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.

Rancho de Reis en Salceda

Os grupos de mozos e mozas que cantaban os Reis, denominados ranchos no sur de Galicia, estaban compostos por un gaiteiro e varios cantores e se incorporan outros instrumentos en especial de percusión, como pandeireta e outros de extracción doméstica como paos, cunchas, botellas de anís, etc.

Cando estes grupos estaban formados por un número superior de integrantes, na nosa zona, se denominan “rondallas”. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa, moitas veces feitos a man, e ían de pasarrúas polos barrios.

Rondalla de Pexegueiro

Noutras ocasións estas tradicións populares dos cantos de Nadal e Reis estaban integrados nas celebración litúrxicas das parroquias. Neste caso os cantos se unían a danza, cos pasos clásicos, e co uso de elementos vistosos como arcos, paos de entrenzados, castañetas, etc. Aínda na parroquia de Guláns, en Ponteareas, na festividade de San Xián (7 de xaneiro) podemos asistir a estas tradicionais danzas, tamén conservadas noutras parroquias de Ponteareas, Salceda ou Mondariz. Hai unha coincidencia na indumentaria predominantemente branca, con adornos florais, exóticos ou chamativos como espellos, etc.

Nas parroquias tudense conservase a memoria destas tradicións como xa temos recollidos neste blog e as tradicións de cantar os Reis, tantos nos diversos barrios como de achegarse ata a cidade para obter mellores aguinaldos. Nos traballlos de Manuel Fernández Valdés ou nos libros de Alberto Romer recóllense estas tradicións dos ranchos de Reis: http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.htm

Mais recentemente Raimundo Martínez no seu libro "Memorias dun pobo Santiago de Malvas e as súas xentes" recolle ata dez cantos de Nadal e Reis procedentes da tradición oral de Malvas.

Un exemplo deste labor de recuperación foi o realizado polo director do arquivo catedralicio e diocesano de Tui e párroco de San Bartolomeu de Rebordáns, o cóengo Avelino Bouzón, que en decembro de 2010 publicou na folla parroquial de San Bartolomeu un destes cantos de Reis recollido na parroquia de Ribadelouro de Mercedes Domínguez González, irmá do lembrado maxistral tudense D. Basilio. Comenta D. Avelino que di a señora Mercedes que esta cantiga ensinouna D. José, natural de Tabagón e párroco de Ribadelouro polo ano 1934, e retocouno o Rvdo. D. Jesús María Fernández na última década do século pasado.

https://aboga.wordpress.com/2010/12/05/romances-de-ano-nuevo-y-de-reyes/

Transcribimos de seguido este canto do Reis como testemuña desta tradición popular da nosa terra:

 

Boas entradas dos Reis

teñan vosas señorías,

camiñando vai Xosé,

camiñando vai María.

 

Camiñan para Belén,

máis de noite que de día;

cando a Belén chegaron,

aquela xente durmía.

 

Aquela xente tirana,

aquela xente dicía:

para Xosé non hai pousada

e menos para María.

 

– Abre a porta porteiro,

porteiro de portería.

– Eu a porta non a abro

mentres que non chegue o día.

 

Vinde aquí todos señores,

acompañade a María,

que nos deu a luz do mundo,

que nos deu a luz do día.

 

A media noite iba dando,

e a porta aberta iba,

que abriu un anxo do ceo

para que entrara María.

 

Pasou alí un pregoeiro

preguntando por María.

María pariu esta noite,

antes que nacera o día.

 

Pariu un neno tan fermoso,

todo o mundo relucía;

tanta era a súa pobreza,

que nin os pañales tiña.

 

Vinde aquí todos señores,

acompañade a María,

que nos deu a luz do mundo,

que nos deu a luz do día.

 

Botou a man a cabeza,

tirou un pano que traía,

partiuno en tres pedazos

e envolveu o Neno María.

  

Baixou un anxo do ceo,

ricos pañales traía;

deles uns eran de holanda

e outros de holanda fina.

Outros de seda bordada,

para a Virxe María.

 

– Reis Magos, Reis Magos,

¡que boa estrela vos guía!,

nunca houbo estrela no ceo

que brile como ela brila.

 

Os cabalos que levaban

relucían coma o día,

que os señores que iban neles

coma o sol do mediodía.

 

Vinde aquí todos señores,

acompañade a María,

que nos deu a luz do mundo,

que nos deu a luz do día.

 

Lle ofreceron os seus cofres

con ouro, incienso e mirra;

nestes presentes dos Reis

cantos misterios había.

 

O ouro porque era Rei,

por ser Deus danlle o incienso;

a mirra porque era home,

a mirra pro seu enterro.

 

– ¿Que lle ofreceremos nós,

Señores desta casiña?

– Ofrécelle o corazón

que ten ouro, incienso e mirra.

 

Vinde aquí todos señores,

acompañade a María,

que nos deu a luz do mundo,

que nos deu a luz do día.

 

Podemos escoitar este canto no seguinte enlace.

https://aboga.files.wordpress.com/2011/01/boas-entradas-dos-reies-a-tono.mp3

Estes cantos de Reis, cos seus ranchos e rondallas, forman parte do noso patrimonio cultural que reclaman unha maior atención tanto na recollida e documentación dos mesmos como na adopción de medidas que incentiven a súa conservación e difusión. Son tradicións moi características do noso territorio que constitúen de por si un elemento de gran riqueza cultural e patrimonial que axeitadamente promovidos amais de contribuír a súa conservación, constitúen elementos singulares de ampla capacidade de atractivo. En diversas parroquias tudenses, como Pexegueiro ou Ribadelouro, temos constancia de iniciativas de interese nesta temática.

Rondalla de Pexegueiro na Cabalgata da Eurocidade Tui - Valença

Temos botado de menos que no programa de animación do Nadal tudense non participase este ano ningunha rondalla (en anos anteriores foi a rondalla de Pexegueiro a que ten participado en desfiles pola Corredoira e na Cabalgata de Reis). Finalmente, recollemos neste blog unha suxestión que temos escoitado en diversas oportunidades ás xentes relacionadas coas tradicións populares da nosa contorna, que ao igual que existe un festival de rondallas, se promova a creación dun evento anual que reúna ás diversas agrupacións de ranchos de Reis existentes para incentivar a súa conservación e a súa difusión entre a veciñanza e amosar a ampla diversidade das tradicións musicais da nosa cultura popular.

Alberto Estévez Piña, unha lembranza

$
0
0

 O pasado mércores, 27 de xaneiro, na tardiña recibía a noticia, inesperada, do falecemento de Alberto Estévez Piña. Unha triste nova coñecida, por eses azares inexplicables, xusto diante da igrexa de San Domingos, á beira da súa casa familiar, no barrio homónimo a quen tamén eu estou ligado por proximidade e vivencias.


Dende Tudensia, que como sinala o seu subtitulo está dedicado a ofrecer “
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses”, cómpre lembrar a Alberto pola súa abondosa achega, ao longo de tantas décadas, á vida tudense, onde ten sido un constante animador de múltiples iniciativas, unha prodixiosa memoria sobre a vida de Tui e os tudenses, un espléndido conversador sobre a nosa cidade, pois sabía adornar cunha elocuencia, ás veces case cunqueiriana, calquera detalle da nosa existencia colectiva... unha bagaxe que se plasmaría no seu anunciado libro sobre o chamado crime do “Mosca”, na Sombraboa.

Non pretendo facer unha biografía de Alberto Estévez Piña (1937-2021) nada máis lonxe do obxectivo deste post que so aspira a ofrecer unhas notas de recordo sobre a súa figura. Integrante dunha familia que viviu sufriu a represión caínita da postguerra como lembraba nun fermoso e emotivo artigo publicado no libro das festas de San Telmo de 2006 dedicado ao seu avó, Ulpiano Piña, boticario en Cuba e en Tui, exiliado pola súas ideas republicanas. Tamén nun dos seus blog “La guerra civil en Tui” temos un relato intenso e vibrante daqueles terribles tempos de represión con moi interesantes datos. Tamén en Tudensia recollimos, no seu día, referencias xornalísticas sobre Ulpiano Piña e a súa familia, narradas algunhas polo propio Alberto: http://tudensia.blogspot.com/2011/06/ulpiano-benito-pina-farmaceutico-en-tui.html

Tomado de La Opinión de A Coruña: 
https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2009/12/06/ulpiano-benito-pina-botica-abuelo-25271427.html

Nos programas das festas de San Telmo ten publicado máis dunha ducia de traballos sobre historia e crónicas sobre Tui e as súas xentes. Nas redes sociais atopou Alberto Estévez, nos últimos anos, un novo espazo de actividade, especialmente en facebook, para ofrecer os seus, sempre interesantes, coñecementos e opinións.

Completamos este post cun par de notas, baseadas mais en lembranzas que en datos, para rememorar a súa inestimable achega á nosa cidade.

Correspondente do xornal “Faro de Vigo” durante vinte anos, comezou no ano 1962, as súas crónicas recollen a vida tudense naqueles tempos da transición política, dos primeiros concellos democráticos, dos novos movementos sociais que xurdían en tantos lugares e sectores, do dinamismo que impregnaba a vida colectiva con renovados folgos, con numerosas e intensas entrevistas aos persoeiros da vida local... as súas crónicas son unha fonte de coñecemento daqueles anos que cómpre lembrar. Este mesmo espírito de cronista podemos coñecelo nos diversos blogs que, con maior ou menor orixinalidade, ten publicados, citamos entre outros os seguintes:

http://albertoestvezpiaenlaprensa.blogspot.com/

http://laguerracivilentuy.blogspot.com/

http://lsruinasdelteatroprincipaldetuy.blogspot.com/

http://albumdeprensadealbertoestvezpia.blogspot.com/

Fillo de libreiro portugués, Alberto Estévez de Figueiredo de Vilanova de Cerveira, asentado en Tui, cunha inesquecible libraría-papelaría na Corredoura, que na miña lembranza está asociada aos lotes de selos usados, procedentes de países estranxeiros, que mercaba naquel establecemento e que enriquecían a colección familiar, cos que voaba a imaxinación a lugares tan afastados como Mozambique. Desta herdanza familiar ven a paixón de Alberto Estévez Piña polos selos e polos sobres franqueados asi como o seu interese por todo o que ten que ver cos nosos veciños de Portugal, tendo implicación en varios proxectos de colaboración cultural mutua. Foi tamén correspondente de prensa en terras portuguesas.

Animador de múltiples actividades na nosa cidade, sinalarei unicamente a súa participación na organización das festas de San Telmo. No ano 1964 auspicia a celebración da coroación da raíña das festas, unha auténtica gala no Teatro Principal que contaba con prestixiosos mantedores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Filgueira Valverde ata o ano 1971. Formando parte da Comisión das festas que presidía o seu amigo Carlos Dagá Escribano, nos anos 1972 e 1973 dan un gran golpe de efecto coa presenza en Tui das “Very Girl’s Majorettes” de Xenebra- Suíza e no ano seguinte as “Timbaleras de Barcelona y Majorettes de Rayo-Visión”. Aínda lembro a expectación que suscitaron os seus desfiles polas rúas tudenses e os aplausos que recollían. Daqueles anos son tamén os espectáculos de maxia e ilusionismo que realizaba, no programa de festas de San Telmo, no cine Bolívar, inaugurado había pouco, e que deixaban atónita a concorrencia infantil.

Fotograma de "A romería da morte"

Lembrar tamén a súa dedicación pioneira ao mundo cinematográfico. Julio Pérez Perucha, presidente da Asociación Española de Historiadores do Cine, escribiu: Pese a corta y amateur, la trayectoria de Estévez Piña nos dejó dos filmes de referencia por su calidad, innovación y compromiso. “A Romería da Morte”, es un documental que trata la fiesta tradicional de Santa Marta de Ribarteme, en la que los vivos desfilan dentro de ataúdes para cumplir promesas. Más allá de su valor etnográfico, destaca lo arriesgado del lenguaje audiovisual de este filme, mérito que le valió el Premio Ramón Daga a la investigación de las nuevas utilizaciones del lenguaje cinematográfico en la comunicación social. Contaba con música de Miro Casabella e recibiu o primeiro premio no IV Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía en 1976. Podemos visionar este documental en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=fmyn0ahzPZ8

A segunda película é “Después del silencio” do ano 1978, é, seguimos recollendo as palabras de Pérez Perucha, es un retrato político de la sociedad gallega en los primeros años de la democracia española, con sus traumas e ilusiones. Ambos filmes esta realizado en Super8, que naqueles anos setenta animou a moitos cineastas amateurs a pasar das películas familiares a outro tipo de gravacións. As dúas películas foron recuperadas e proxectadas no Festival Filminho, en Vilanova de Cerveira, no ano 2008, no decurso dunha homenaxe de recoñecemento a Alberto Estevez Piña como cineasta vocacional ou no festival “Primavera de cine” de Vigo no ano 2016 (temos tamén en Youtube dispoñible o coloquio posterior á proxección coa súa presenza:https://www.youtube.com/watch?v=X6R6leW0y2Q&feature=youtu.be&fbclid=IwAR0cHVmezDgEI7IsHSW0ZtQGJjxItmbIrRiJy2w8ccHecQJ6XbFTAMRIkwc)

Estas liñas queren lembrar a Alberto Estévez Piña e patentizar a súa inesquecible achega á vida local, guiada pola paixón que sentía poa súa cidade, como el mesmo escribe nun dos seus blogs: Este blog que te ofrezco amigo lector, tiene el propósito de dar a conocer, un poco más, una parte de la historia de mi ciudad, de nuestro querido Tuy; ese Tuy, arropado de un marco cultural, histórico, paisajístico y monumental que, poco a poco, quizás se esté olvidándose y perdiéndose (...) que está oscureciéndose, apagandose con el paso del tiempo la memoria ciudadana. Pero será muy difícil, para muchos tudenses olvidar a los amigos, a los compañeros ejemplares, que perdieron sus vidas en una fría mañana en la alameda tudense... Perdonemos, olvidemos todo; pero defendamos con todas nuestras fuerzas lo que nos pueda quedar de los singulares valores de Tuy; como ciudad milenaria, fronteriza y ciertamente encantadora, adornada de naranjos y limoneros; de la que todos los tudenses, tenemos que sentirnos orgullosos.

Para os seus fillos, familiares e amigos as nosas condolencias.

Visitas ao patrimonio tudense menos coñecido

$
0
0

Hai poucos días nunha conversa informal comentando estes tempos difíciles que estamos vivindo, de restricións pola pandemia, comentabamos que unha das alternativas de lecer posibles é camiñar, realizar paseos polo noso territorio, cinguidos exclusivamente, claro está, ao noso municipio. No decurso da charla xurdiu que publicase en Tudensia lugares de interese, e non moi coñecidos, para visitar nestes paseos que tantos e tantos facemos nestas xornadas.

Dada a insistencia dos interlocutores ofrezo de seguida diversos lugares de interese patrimonial para visitar. Lugares menos coñecidos, e sobre todo menos visitados, pola maioría dos nosos conveciños Non é unha lista exhaustiva nin o pretende, senón unha serie de lugares nas parroquias tudenses que xustifican unha camiñada. Tampouco ofrecerei unha análise dos valores de cada lugar senón unhas liñas que xustifiquen a visita.

Non hai outra pretensión que convidar aos seguidores de Tudensia a achegarse a este lugares e coñecer o amplo patrimonio que se acumula no noso territorio e que tantas veces é moi escasamente valorado polos que estamos ao seu carón.

Esta relación quedará coma unha páxina de acceso directo dende Tudensia (igual que a de mulleres tudenses) que iremos incrementando progresivamente, aceptando gustosamente as suxestións que os nosos lectores nos queiran facer chegar.

Igrexa de San Miguel de Pexegueiro

Esta igrexa formaba parte dun mosteiro documentado xa dende o século X. A igrexa conserva a súa fábrica románica está construída en estilo románico, conservando as tres portadas. Ni tímpano da portada principal se representa unha loita entre dous leóns, conserva a pía bautismal románica e un interesante relevo dun león. A capela maior foi reconstruída no século XVIII polo bispo Juan M. Rodríguez Castañón, en 1765, que deixou as súas armas heráldicas no exterior da ábsida. Conta a tradición que nesta igrexa tivo lugar a última predicación de San Telmo, antes da súa morte en 1246.

Petróglifo de As Carneiras – Baldráns

Estación de gravados rupestres con representación de ofidios (serpes) pero que ten a singularidade, única en Galicia, de estar situados á ribeira do Miño na parroquia de Baldráns. Accedese a través da senda Tui – Caldelas (PRG19).

 

Viveiro Forestal de Areas

Este recinto data de 1906 cando Rafael Areses Vidal promoveu este lugar destinado a fornecer arbores para a repoboación dos nosos montes e en especial do Aloia en 1908 edificouse a casa, onde estivo un Museo Forestas nas primeiras décadas do século, e as dependencias de traballo deste lugar na parroquia de Areas

 

Balneario de Caldelas

Aínda que o manancial é coñecido de sempre será no século XVIII cando comeza o seu uso para baños polos veciños e tudenses. Antonio Oliver Rubio será o gran creador e promotor do Balneario, cuxa construción comezou en 1885 e aos catro anos iniciou a obra do “Gran Hotel”, instalacións que aínda hoxe conservan o sabor da época, na que gracias ao ferrocarril esta localidade termal contaba con sala de cine e de festas e varios hoteis para acoller aos visitantes que chegaban de toda a Península.

 

Muíños do Regueiro - Paramos

Este fermoso lugar no barrio do mesmo nome na parroquia de Paramos agrupa a un conxunto de catro muíños hidráulicos, coas súas correspondentes canles e levadas coas augas do río Pantel que o conforman coma un enclave de gran valor etnográfico. Iglesias Almeida documenta os muíños de Bazoca ou de Abaixo, o Familial ou da Ponte, o da Devesa nos século XVII e XVIII.


Ponte Mosteiro - Pexegueiro

Nun vello camiño que conducía ao antigo mosteiro e sobre as augas do río Furnía está a ponte medieval coñecida como “Mosteiro” recentemente restaurada polo concello tudense. A actual fábrica, como en tantas outras pontes, corresponde a épocas máis recentes, así en 1783 foi reconstruída polo mestre de cantería de Pazos de Reis, Juan Francisco Novás Gayoso, e Andrés de Orxe Corbacho, de Pontecaldelas pero aveciñado en Guillarei.

 

Penedo da Malladoura - Baldráns

Monumental penedo granítico aproveitado, durante séculos, para o traballo comunitario da malla do cereal, de onde provén o seu nome de “Malladoura”. Se completa esta enclave etnográfico cun muíño do mesmo nome.

 

Monumento aos mártires de Sobredo – Guillarei


Este monumento marca un lugar de memorial en lembranza do tráxico suceso acontecido o 28 de novembro de 1922 na loita antiforal. No decurso dunha manifestación contra un embargo, a Garda Civil abriu fogo contra a multitude alí concentrada provocando numerosos feridos e tres mortos: Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo, e Venancio González, dirixente agrario de San Estevo de Budiño. O monumento realizado por subscrición popular é obra de Camilo Nogueira e foi inaugurado en 1932. En xullo de 1936 foi destruído con dinamita e reconstruído, por iniciativa de entidades sociais e culturais, coas pezas orixinais conservadas, en 1988.

 

Lagoa de Caldelas


Este lugar localizado nas inmediacións da ribeira do Miño en Caldelas destaca por conservar unha das escasas poboacións da Península Ibérica de Nymphoides peltata que semella un delicado nenúfar dourado. A maior parte das outras poboacións que estiveron presentes no sistema Miño-Sil teñen desaparecido.

 

Panteón da familia Alejos no cemiterio parroquial - Paramos

No barrio da Carrasqueira de Paramos localízase o cemiterio desta parroquia que conserva un monumental panteón funerario, da familia Alejos. Este singular enterramento, de gran porte, foi edificado no cemiterio de Tui, pero cando este pechou e foi desmantelado, no anos setenta do pasado século, foi traslado ata este lugar onde hoxe podemos seguir contemplando a súa magnifica estrutura coroada por unha copa, todo realizado en pedra.

 

Pasais - Ribadelouro

Se facemos o Camiño Portugués se logo de chegar ao barrio de Orbenlle, xa na parroquia de Budiño, se tomamos o itinerario alternativo que evita o paso polo polígono industrial das Gándaras, no seu itinerario volveremos a entrar en terras de Ribadelouro e nos atoparemos con estes pasais, unha obra de enxeñaría popular para salvar as correntes de auga que resultan de gran atractivo.

 

Ponte da Madalena (ou de Orbenlle) - Ribadelouro

Ponte existente sobre o río Louro, no límite do municipio de Tui, no trazado do Camiño Portugués e que corresponde cunha ponte de época medieval no camiño real que partía de Tui. Moito menos coñecida que a Ponte das Febres, na mesma parroquia de Ribadeluro, atópase tamén nun fermoso enclave integrado nas ribeiras do Louro e na paisaxe das Gándaras de Budiño que forma parte da Red Natura 2000.

 

Pazo de Bouzavalada e capela das Maravillas – Areas

Un dos escasos exemplos de arquitectura pacega en Tui, na parroquia de Areas nos límites con Sobrada. Foi edificado polo cóengo Juan Piñeiro Falcón en 1726. Na fachada do pazo figura unha inscrición de 1790 asi como un escudo oval coas armas dos Falcón. O pazo posúe unha estrutura en “U” e unha pequena torre formada por un reloxo de sol e unha campá de ferro. Ao seu carón está a capela dedicada a Nosa Señora das Maravillas e que forma conxunto co pazo.

 

Acueduto da Porteliña – Pazos de Reis

Tomada de www.patrimoniogalego.net

Estrutura en pedra para o transporte de auga entre un manancial nas abas do Aloia ata a casa da Lagarteira (ou de Oliveira, polo seu último propietario). Formado por una serie de piares que forman unha estrutura adintelada con 22 tramos ao longo de aproximadamente 70 metros. Hoxe un dos extremos, o máis próximo ao final, está mutilado pola ampliación da pista asfaltada perdendo alo menos dous dos seus tramos. Segue en funcionamento.

 

Muíños rupestres e gravados no Alto do Coello - Randufe


Nas laxes existentes no Alto do Coello, en Randufe, podemos atopar ate 5 muíños naviculares, coviñas e  gravados rupestres de serpentiformes, que configuran un interesante xacemento arqueolóxico localizado nun enclave privilexiado cunha ampla panorámica do val do Miño. A visita se complementa cos petroglifos de Rozacús situados nas inmediacións.

 

Petróglifos de Rozacús / As Fontiñas - Randufe


Gravados rupestres descubertos polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño en torno a 1972, son un amplo conxunto de laxes con diversos tipoloxías de gravados: cazoletas, círculos e representacións de animais cuadrúpeos, con diversos estados de conservación. Sinalizados para a visita polo Concello de Tui e a Comunidade de Montes de Randufe. Asociados ao dos Alto do Coello nas inmediacións.

 

Muralla ciclópea do Monte Aloia

Muralla ciclópea do Monte Aloia en https://galiciamaxica.eu/wp-content/uploads/2019/10/100_7982.jpg

A muralla ciclópea que rodea o seu cume do Aloia, cunha extensión de máis de 3 quilómetros e 30 Ha. de superficie. Os traballos arqueolóxicos realizados neste monumento pétreo permiten determinar que este recinto non foi un lugar de residencia, pois se carece de restos de utensilios domésticos, nin hai sinais de accións bélicas, sendo imposible, polo de agora, definir a súa funcionalidade aínda que polas súas características habería que datala entre os séculos V e IX; pese a súa monumentalidade a súa factura non é de calidade. Trátase dun recinto fortificado dun tamaño extraordinario e pouco común no noroeste peninsular.

O Parque Natural do Monte Aloia posúe numerosos recursos e rutas de interese patrimonial moito máis coñecidos e visitados: Muíños do Tripes (que superan o seu territorio), Muíños de Paredes en Rebordáns, Castro Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos, Ermida e e entorno de San Xian, Cama do Santo, etc,

Como exemplo dos múltiples recursos do noso Parque Natural faremos referencia a un dos seus principais monumentos naturais

A faia do monte Aloia

No Parque Natural do Monte Aloia existen dúas faias de gran porte. A que figura na imaxe é a mais destacada e está localizada xunto á fonte do santo e posiblemente traída por Rafael Areses dende o Viveiro de Areas en torno a 1912. Destaca pola extraordinaria volumetría arquitectónica e a configuración do seu porte, de silueta aovado-redondeada, que o converten nun exemplar realmente singular. A outra faia, cun porte alto e estreito, está localizada nas escaleiras do entorno da capela de San Xiao.


Tui na revista "Nós"

$
0
0

 

Galicia está a conmemorar o centenario da fundación, na cidade de Ourense, da revista “Nós” e, por extensión, da denominada xeración ou grupo Nós. Un feixe de creadores e dinamizadores da vida cultural, social e política de Galicia entre 1920 e 1936. Vicente Risco (1884-1963), Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), Antón Losada Diéguez (1884-1929), Florentino López Cuevillas (1896-1958), Ramón Cabanillas (1876-195) e Castelao (1886-1950) son algún dos nomes máis relevantes da historia da cultura galega e os principais representantes deste grupo.


En xuño de 1920 unha xuntanza deste fato de intelectuais realizada no Café Méndez Vigo, de Pontevedra, foi o xerme dun fito histórico e cultural en Galicia: o nacemento da revista Nós, o 30 de outubro dese mesmo ano na cidade de Ourense, verdadeira cerna deste grupo. A revista será impresa en Pontevedra dende 1923, ata que no número 18, coa ditadura de Primo de Rivera, suspéndese a publicación. En 1925 volvería á imprenta na Coruña e logo en Santiago de Compostela ata o derradeiro número, que viu a luz pouco antes da sublevación militar de 1936.

Creada e editada por este grupo de intelectuais desde 1920 ata 1935, con Risco como director literario e Castelao como director artístico, a revista insírese dentro do proxecto de modernización e europeización da cultura galega que esta xeración proclamaba, combinando así dunha maneira novidosa tradición e innovación. Vinculada estreitamente ao pensamento nacionalista, a revista Nós pretendía defender e normalizar o uso do galego, utilizándoo integramente, incluso nos anuncios publicitarios e nas ilustracións que presentaba. Con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político, o seu carácter multidisciplinar tivo unha profunda pegada na cultura galega, non só pola renovación e a vangarda que supuxo, senón por reforzar a nosa identidade como comunidade.  Foi unha aposta por un discurso cultural e moderno desde Galicia en diálogo coas correntes innovadoras daquel momento. Como afirmaba Vicente Risco: “Ser diferente é ser existente”.

Xa neste blog nos temos ocupado dunha das máis relevantes achegas realizadas dende esta revista en relación con Tui, como é a tradución, por vez primeira, a unha lingua romance do “Quod nihil scitur”, a gran obra filosófica do humanista tudense Francisco Sánchez.

Na arela multidisciplinar da revista no seu número 12, de 25 de agosto de 1922, publica o artigo “O filósofo de Tuy  dedicado á figura do tudense Francisco Sánchez, que, tras esta primeira entrada, cunha introdución á obra e biografía do filósofo, continuará coa tradución ao galego da principal obra de Francisco Sánchez, “Quod nihil scitur”.  A tradución se publica nos seguintes números: 14-15, 19-23, 26-27, 30, 35-37, 40, entre 1922 e 1927.A tradución da obra e a introdución é realizada polo profesor de filosofía Xan Aznar Ponte, que naquel ano 1922 exercía a docencia no Instituto de Ourense. Os coñecementos de Xan Aznar da filosofía moderna e da historia da filosofía consolidados na súa estadía en Europa, como bolseiro da Juan de Ampliación de Estudios, encaixan perfectamente co espírito que Risco e os seus compañeiros en “Nos” pretendía darlle á revista para normalizar e internacionalizar a cultura galega. Neste sentido a figura do médico e filósofo Francisco Sánchez resulta sumamente pertinente para este obxectivo.

Máis información deste tema en: http://tudensia.blogspot.com/2020/05/francisco-sanchez-traducido-ao-galego.html

O único tudense que figura como colaborador nas páxinas de “Nós” é o egrexio investigador Manuel Fernández Costas (que dende 1947 asinará como Manuel Fernández-Valdés Costas). Dedicado profesionalmente ao mundo administrativo (era administrador de Aduanas) a inquietude intelectual levouno, dende moi cedo, ao ámbito da prehistoria e a arqueoloxía, chegando a ser un reputado especialista nas industrias líticas. Foi membro do Seminario de Estudios Galegos e de numerosas institucións culturais e científicas (máis información en:  http://tudensia.blogspot.com/2018/02/manuel-fernandez-valdes-costas-unha.html).

Na revista comeza a súa colaboración en 1926 cun traballo titulado “Unha nova vía romana” que asina con Manuel Fuentes Canales onde estudan os restos arqueolóxicos deste antigo camiño no val do Támega. Fuentes Canales, tamén como Fernández Costas, un profesional administrativo, neste caso da banca, que investiga sobre o noso pasado, morrerá paseado nos inicios da Guerra Ciivil.

Fernández-Valdés publica logo, nos números 64, 65 e 66 (de abril, maio e xuño de 1929), un artigo por entregas sobre “As Industrias líticas d'a Guardia” que aborda o estudo do material desta industria achelense, denominada naquel momento como “camposanquiense”, cos debuxos de C. Padín (que completa as ilustracións nunha nova entrega no número 69 de 15 de setembro de 1929).

Este ilustrador C. Padín é, practicamente seguro, o tudense Eduardo Padín, familiar e amigo de Manuel Fernández. Alvaro Caramés, experto coñecedor da obra de Padín, comenta que nese tempo o debuxante de Tui empregaba como sinatura unha “e” maiúscula que ben puido ser confundida cun “c”.




No ano seguinte Manuel Fernández continuará afondando no tema cunha nova aportación: “Notas en col do asturiense na bisbarra d'A Guardia : campaña de 1929” cun artigo no número 83, de 15 de novembro de 1930. Será este o último traballo de Manuel Fernández-Valdés na revista “Nos” pero non a última mención ao seu labor, pois aparecerá citado posteriormente na revista ao referirse á sección tudense do grupo xuvenil “Ultreya” nos números de xullo e agosto de 1933.

As mencións ao historiador tudense se completan cunha cita do investigador portugués Afonso do Paço que nun artigo sobre “pesos de rede e chumbeiras” sinala: Informame o Rev. P. Jalhay que está em preparaçao um trabalho do Sr. Manuel Fernandez Costas sobre pesos de rede. Esperando que o ilustre arqueologo resolva o assunto ou sobre ele nos traga grande conhecimentos, faço votos por un feliz éxito da súa obra. Publicado no número 78 de xuño de 1930. Non me consta que o agardado traballo de Manuel Fernández chegase a ser editado.

O seguinte autor vinculado á esta revista foi, serodiamente debido a súa idade, Xosé María Álvarez Blázquez. A primeira referencia ao polígrafo tudense data de 1933; no número 109 de 15 de xaneiro, Vicente Risco asina un breve que recolle unha referencia á edición de “Abril, versos”, o primeiro libro editado por Álvarez Blázquez, con portada deseñada por outro tudense, José Castro Arines, que daquela, compartía con Xosé María Álvarez militancia nas Mocidades Galeguistas e daba os primeiros pasos como ilustrador, aínda que sería logo coñecido pola súa condición de crítico de arte.

JMAB seica é de Tui, qu’esta antr’o mar e a terra e antre Galiza e Portugal. Cecais como fronteirizo, home da raia, escribeu este libro en castelán. A critica de Risco incide neste aspecto de obra aínda inmadura e de escaseza literaria.

“Nós” editaba, aínda que sen unha periodicidade concreta, unhas separatas ou auténticos libros sobre diversas materias, desde teoría nacionalista a obras literarias. Así no ano 1935 nunha destas separatas foi publicada “Os ruíns (novela)” de Xosé María Álvarez Blázquez, que amais de ser a primeira obra narrativa do autor tudense evidencia como a súa calidade literaria incrementarase superando as reticencias de dous anos antes.

Un persoeiro tudense ao que “Nós” presta ampla atención é Manuel Lago González. No número 17, de 1 de marzo de 1923, saúdan con entusiasmo ao novo arcebispo de Compostela: Dempois de mais d-un seculo en que ningún galego rexia a groriosa Eirexa Compostelán, co-a mais grande ledicia vemos hoxe nomeado pr-o mais outo posto relixioso de Galiza ó siñor Manoel Gonzalez Lago, bispo de Tuy, galego de nacimento e de corazón, grande teólogo e filólogo, sentido poeta galego e de tantas virtudes como cencia: un verdadeiro prestixio da Eirexa e da Nosa Terra. Creemos con toda fe que este feito siñificativo marca un novo tempo y-un froitoso camiño pr-á vida relixiosa y-espiritoal de Galiza. NOS leva ó Dr. Gonzalez Lago a mais forte noraboa chea de quentura e de fondas esperanzas.

O falecemento de Lago, o 18 de marzo de 1925, non é recollido pola revista pois entre xullo de 1923 e agosto de 1925 estivo suspendida pola Ditadura de Primo de Rivera. Pero a estima polo arcebispo tudense non esmoreceu e así en febreiro de 1934, cando o traslado das súas cinzas na catedral compostelá, edítase unha separata co titulo “Homaxe ao arcebispo Manoel Lago González” con palabras emocionantes sobre a figura de Lago e unha escolma de poemas.

Xa anteriormente no número 75, de 15 de marzo de 1930, Xosé Filgueira Valverde dedica un artigo á recentemente creada “Biblioteca Lago” tras a adquisición pola Universidade de Santiago da biblioteca persoal do egrexio prelado: “Biblioteca Lago é decir galeguidade e universalidade, ampria longanza científica, investigacións das orixens e degoro das novedades, aficións de botánico, bibliófilo e poeta, alicerce de rexa formación relixiosa, e practica de moitas linguas, como medio de traballo (...)

Na noite de Tuy, deitada en fondas venelas, como auga en pousados canles, a luciña da cámara do bispo remexía as tebras deica o rayar do sol, e na noite compostelán, temerosa sempre d’un espertar das arquitecturas barrocas, aquel cuartiño de estudiante en que durmía, acenaba sempre roitas de traballo, c’unha limpa rayola, testemuño do ser ergueito viaxar. Aínda aquela doorida mañán de marzal en que, denantes que soaran as bateladas da i-alba, viñeronme chamar pra acompañar o seu Viático, o mellor adobío da espida habitación eran uns libros, pechados de días, sobre calquera mesiña, uns pobre libros que agardarían aínda agora un mán cariñenta se non estiveran cabo de nós. O busto romanizante posto no medio da Biblioteca, do seu nome, non é o do brando pastor do pobo fiel senón o de un xerente de pobos.

Completan as referencias a Tui dous artigos de Ramón Otero Pedrayo. No número de decembro de 1928 e no seguinte, xaneiro 1929, publica o “Itinerario facultativo del viage a Galicia que el Sr. Conde de Guzman, del Consejo de S.M. en el de Hacienda, Intendente del Exercito, Inspector General de Caminos y Canales de Navegación... emprendió en este año de 1799 con motivo de inspeccionar la carretera que solicitan las tres provincias de Santiago, Orense y Tuy”. Nesta visita que realiza achega unha breve descrición da nosa cidade con pouca estima pola mesma: Ningún edificio antigo meresce atención. Catedral: unha mole gótica que aún ni en esta especie de arquitectura se le concede mérito.

Nun novo artigo, publicado no número 116, de 15 de agosto de 1933, Otero Pedrayo describe a viaxe de John Milford por Galicia, en 1814, con referencia a Tui, cunha opinión máis benigna sobre a nosa cidade: “vila ben edificada, coa súa Catedral soilo notable pol-antiguedade, disfroita de ditosos paseos e da vista do val”.

Referenciar outra breve referencia de Marvin Chauncey Ross que analiza nun traballo sobre “O bággo en forma de Tau na Galiza” con referencia ao bágoo, ou báculo, atribuído a San Telmo que xa cita Ambrosio de Morales e que se conserva na catedral tudense (no número 120, de 15 de decembro de 1933).

Finalmente, completa esta panorámica a importancia que dende “Nós” outórganlle á relación entre Galicia e Portugal. A presenza de autores portugueses é habitual, pero especialmente a información sobre novidades literarias e editoriais portuguesas, ou coa publicación de textos literarios de autores portugueses ou galegos que abordan esta relación. Como é este poemiña do Marqués de Figueroa, Juan Bautista de Armada y Losada, titulado “Falares miñotos”, publicado no número 15, de setembro de 1925:

 

D’unha n-outra beira o rio,

como os paxariños saltan,

dan ôs aires váreos sons,

e tan soyo un amor cantan!

 

Eu, miñoto, de ribeira

cámbeo sen mudar meu ser;

as ribeiras dan no río,

a él vai todo o meu querer.


Sobre este tema mantiven, no programa de actividades do festival “Música no claustro” do pasado ano 2020, unha conversa dixital co director do festival, Samuel Diz , que os interesados poden visionar no seguinte enlace: http://www.musicanoclaustro.com/2020/07/revista-nos.html


Mulleres tudenses II (incorporacións a 04.03.2021)

$
0
0

Hai uns meses publicamos en “Tudensia” un post que recollía unha relación de mulleres tudenses que ao longo dos tempos teñen deixado a súa pegada con testemuñas na documentación que posibilitan que hoxe poidamos darlle luz aos seus nomes e rescatalos do esquecemento. Elas como expoñente de tantas e tantas mulleres que coa súa achega á vida da nosa cidade teñen contribuído á conformación da nosa historia e identidade.

Seguimos reclamando ao nosos lectores que colaboren achegando novos nomes que enriquezan esta relación á que hoxe engadimos dezaoito novos nomes cunha breve semblanza.

O listado completo na nosa web: http://tudensia.blogspot.com/p/nova.html


Alonso, Rosalía

Era a tía de Gumersindo Rodríguez e foi detida despois da folga de solidariedade cos folguistas de Ferrol, en xuño de 1932. Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da FAI en Tui, en 1934.

Bello del Soto, Socorro (Doña Socorro)

Mestra dun afamado colexio da nosa cidade, “Sagrado Corazón”, nos anos da postguerra que educou a varias xeneracións de tudenses, estaba localizado na rúa Antero Rubín fronte ao Asilo. Deixou un gran recordo nos seus alumnos.

Chamoa Gomes

Posiblemente tudense, filla do comes tudensis (conde de Tui), Gomes Nunes que gobernaba a nosa cidade en torno a 1138. Casada, primeiro con Paio Soares da Maia, ao enviuvar ingresa no convento de  Vairâo, do que sae pola súa nova relación con Mem Rodrigues de Touges, pero é coñecida por ser a compañeira do primeiro rei portugués, Afonso Enriques que só despois da morte de Chamoa, en 1145, comeza a procura de esposa.

Díaz Carpintero, Pilar

Raíña dos Xogos Florais de Galicia celebrados en Tui do 24 ao 26 de xuño de 1891.

Filgueira, Carmen (Sor)

Relixiosa que lega todos os seus bens, cun valor de 9.000 pesetas, para as obras do Hospital e Inclusa no ano 1900-1901 (en Pérez-Fonterosa Antón, Carlos: “Resumen histórico del antiguo hospital e inclusa, hoy área panorámica de Tuy”. Libro festas San Telmo, 2000).

García Rodríguez, Loreto

Participa na exposición de arte celebrada en Tui promovida pola “Juventud Artística” en maio – xuño de 1925 no programa de actos do milenario de San Paio: “se nos revela una gran futura artista pues emplea colores muy limpios y buen dibujo”. (El Pueblo Gallego, sábado 4 de xullo de 1925)

Gerpe, Elena

Envía dende Tomiño ao xornal tudense “La Tetera” un canto a Tui, en verso (en G. Paramos, J.: Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid, 1918)

Izquierdo Balbuena, Carmen

Participa na exposición de arte celebrada en Tui promovida pola “Juventud Artística” en maio – xuño de 1925 no programa de actos do milenario de San Paio: “la cabeza de estudio está bien ejecutada en todos sus detalles”. (El Pueblo Gallego, sábado 4 de xullo de 1925)

Pérez Núñez, Josefa.

Detida en Paramos, en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

Ribas, Francisca

Viúva de D. José Bernárdez. Cita Suso Vila no seu libro “Hermandad del Dulcísimo Nombre de Jesús y de la Santa Casa de la Misericordia” que foi gracias Francisca Ribas que foi gracias ao seu traballo e paciencia quen mantivo a Santa Casa de Misericordia de Tui entre finais do século XVIII e inicios do XIX, en que recuperou.

Riva, Josefa de la

Casada co impresor tudense José Pérez Hermida, ao enviuvar, en 1888, continuo coa imprenta baixo o nome de “Viuda e hijo de L.P.Hermida” no Cantón de Diómedes, 5.

Sánchez Robles, Hermina

Viúva de Eduardo Díaz Disdier, xefe da imprenta tudense, “Tipografía Regional”, que en 1936 adquire a mesma ao seu propietario Vicente García Rivera. Estaba daquela na rúa Consistorio, 5.

Santolalla Iglesias, Carmen

Nada en 1907, mestra, de Izquierda Republica, Secretaria das Juventudes Republicanas de O Porriño. Tras o asasinato do seu marido, o dirixente socialista Joaquín Alonso Granados, con tres fillos marcha exiliada a Buenos Aires, onde é unha destacada dirixente do Centro Republicano Español daquela cidade arxentina, e posteriormente a Chile.

Sousa, Filipa

Nai do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez

Sousa Castro, Isolina Celeste (?-Portugal, 1906 – ?).

Noutras fontes figura como Pousa ou Isolina Celeste Laura Castro. Compañeira de José Adán Rivas. Despois dos sucesos de Tui en xuño de 1932, na folga en solidariedade con Ferrol, participa na preparación dunha manifestación contra a represión, xunto a Josefa Prado. As dúas foron detidas e Isolina foi entregada ás autoridades portuguesas días despois. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Pontevedra, nunha casa da rúa Oliva, na que se atoparon documentos e folletos; por esta causa foi expulsada a Portugal. Uniuse civilmente a José Adán Rivas en xuño de 1934.

Spuch, Angélica

En 1909 coa súa irmá María Delia participa nunha gala no Teatro Principal cun diálogo en verso “Amor de madre” (Vila, Suso: O Teatro de Tui. Tui, 2019.

Spuch, María (Delia)

Publica diversas “charadas” no decenario “El Eco del Miño” (en G. Paramos, J.: Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid, 1918). En 1909 coa súa irmá Angelica participa nunha gala no Teatro Principal cun diálogo en verso “Amor de madre” (Vila, Suso: O Teatro de Tui. Tui, 2019).

Suárez Fernández, Peregrina.

Detida en Paramos, en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

 

O traxe das terras de Tui

$
0
0

 

En numerosas oportunidades neste blog temos comentado a importancia de conservar as tradicións, ás menos das veces aínda vivas, como valiosas reliquias do pasado, pois amais de conformar o noso acervo patrimonial constitúen unha mostra da identidade colectiva dunha poboación, que se é quen de conservalas e transmitilas significa que está orgullosa de si mesma, da súa historia, que ten capacidade para reafirmar a súa singularidade ao longo dos tempos.

Nos últimos séculos a revolución industrial e a conseguinte revolución dos transportes ten impulsado un proceso de uniformización a escala planetaria que agora, coas novas tecnoloxías da información e comunicación, acada as cotas máis altas ata agora coñecidas.

Parella coa indumentaria tudense, debuxo de Lis


Un dos ámbitos onde mais expresivo resulta este proceso de globalización é no referente á indumentaria, o que hoxe chamamos industria da moda. Aínda que a moda ou as tendencias sempre existiron (xa en época romana ou antes) sendo adoptadas polas clases poderosas e popularizándose de seguido; na actualidade a produción industrial leva a que un habitante de calquera país do globo vista a mesma indumentaria que o que reside nas súas antípodas.

Un proceso que se inicia coa revolución industrial e a produción de fibras artificiais a gran escala e a prezos económicos que converteu á industria artesanal do tecido, as tecedeiras, en inviables. Podemos citar que o Catastro do Marqués da Ensenada realizado no 1735 recolle que só en Tui existían 49 tecedores. Ao longo do século XIX, asistimos a un progresivo abandono dos oficios tradicionais relacionados co tecido e a súa confección. Desta forma a indumentaria tradicional das xentes da nosa terra é substituída por unha nova roupa derivada da produción industrial.

Pero ao mesmo tempo que desaparece esta indumentaria tradicional xorden os primeiros defensores da mesma ao entender que é un dos elementos máis representativos da idiosincrasia dun territorio. Como sinala Clodio González Pérez no caso de Galicia: a situación tórnase cada ano que pasa mais critica xurdindo entón os primeiros defensores da recuperación, entre os que sobresae o pontevedrés Perfecto Feijóo, fundador dos coros galegos (en 1883), que tamén foi un dos primeiros en lucir o traxe tradicional (...) dándose o paradoxo de que individuos que vestían “á moderna” dende sempre tentan recuperar o traxe antigo, mentres están a desaparecer as derradeiras persoas que o usaron decote dende nenos, por mor da tradición ou por non dispoñer de medios económicos para mercar outro, converténdoo así nun atavío exclusivamente folclórico e tamén nun dos distintivos característicos da nosa identidade (...) Hai países nos que os seus habitantes, homes e mulleres, teñen a gala lucir en determinadas datas do ano e mesmo algúns os máis dos días festivos e domingos, a indumentaria tradicional, a roupa que foi pasando de pais a fillos ou que se reproduce fielmente seguindo vellos patróns, de xeito que varios roupeiros constitúen valiosos museos familiares. En Galicia non sucede así, agás contadas excepcións, non se amosou especial cariño pola vestimenta dos devanceiros, e aínda máis, sacábase da hucha na que se gardaba para usala no Entroido como roupa das máscaras, o que provocou a desaparición de prendas antigas ou que sufrisen graves e irreparables danos. O seu uso rematou por cinguirse exclusivamente a actos de carácter folclórico relacionados coa música e coa danza e algunha xornada de enxalzamento.

Unha recuperación, ás veces deturpada ao intentar crear un  modelo de indumentaria (especialmente no franquismo) unificado para toda Galicia, cando en realidade esta era moi diversa con características diferenciadas en cada zona e cunha constante evolución debido á renovación dos materiais e á influencia de modelos externos.

En Tui, dende os anos setenta / oitenta do pasado século vimos empregando o denominado traxe tudense, como unha indumentaria vinculada a eventos folclóricos primeiro e logo ampliado o seu uso ás festas patronais de San Telmo, nomeadamente á procesión da súa festividade. Pero onde podemos documentar esta roupa? Cal é a fonte de información para esta vestimenta? Xa que logo, cal era a indumentaria tradicional no territorio tudense? Había un modelo definido que era empregado decotío? Ou os trazos singulares eran na indumentaria de festa? En definitiva, ten historicidade o que hoxe coñecemos como traxe de Tui?

Comezaremos por analizar os datos que podemos documentar na bibliografía especializada nesta materia.

A primeira imaxe que posuímos de indumentaria tudense, foi publicada por Ernesto Iglesias Almeida nun traballiño titulado “Un gaiteiro tudense do século XVI” publicado no Anuario da Gaita da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense do ano 1996. Neste artigo recolle unha ilustración existente no libro, realizado en pergamiño, titulado “Forma de dar el habito y recibir la profession de las monjas conforme a las Reglas Pontificales”. No colofón figura o nome do seu autor e data da obra: “Scribebat Franciscus Caldensis anno dm 1569 de mandato Illustrissimi D. Didaci episcopi tudensis”. O libro está pois escrito e iluminado polo artista Francisco de Caldas do que carecemos doutros datos ou referencias á súa obra e traxectoria e foi realizado no episcopado de Diego de Torquemada,  que ocupa a sé tudense entre 1564 e 1582.


A vestimenta deste gaiteiro está composta por unha chaqueta vermella e uns amplos calzóns brancos, as medias tamén vermellas fan xogo coa chaqueta. Salienta a monteira coa que cubre a cabeza, un afiado gorro de bordados que remata cun penacho.

Resulta especialmente de interese os calzóns deste gaiteiro de 1569 pois veremos, mais adiante, a súa directa relación coa indumentaria do tudense que figura no gravado de Juan Cruz de Olmedilla de 1876, con trescentos anos de continuidade nestas pezas de roupa.

En diversos retablos barrocos podemos atopar mostras da indumentaria popular que nos permite descubrir a súa evolución. No ano 1685 o retablista redondelán, Domingo Martínez, realiza un baixo relevo sobre o Nacemento de Cristo con varios músicos adorando ao Noso Señor, entre eles un gaiteiro que porta unha monteira que segue cubrindo a cabeza do músico e uns amplos calzóns que manteñen unha continuidade coa anterior representación. Esta peza procedente de Santa María de Vigo podemos contemplala actualmente no Museo Diocesano de Tui.


A seguinte mostra de indumentaria podemos atopar no retablo de Nosa Señora da Expectación da Catedral de Tui, nun dos medallóns dedicados aos misterios do Santo Rosario, en concreto no referido á adoración dos pastores ao Neno Xesús, temos a figura dun gaiteiro. Esta obra foi realizada polo escultor e retablista, de Redondela, Antonio del Villar  no ano 1777 . O máis interesante é a monteira que leva este gaiteiro que segue mantendo a tipoloxía anterior que cubre a cabeza, aínda que no caso que nos ocupa con certo desleixo.


 O estudoso Antón Fraguas na monografía que realizou sobre “El traje gallego”(1985) publica dous interesantes documentos que ofrecen unha ollada á indumentaria no territorio tudense a mediados do século XIX. Citamos:

el 26 de febrero de 1842 en la parroquia de Santa María de Budiño el matrimonio formado por Manuel Andrad. y Francisca de Seijo, dan en dote, entre otras cosas, a su hija Antonia que contrae mantrimonio con Andrés Barreiro, lo siguiente

Un arca nueva

Un refajo de Tarazona

Un refajo de bayeta

Un mantelo de Tarazona

Otro de Segovia

Un dengue de escarlate

Un justillo y un mantelo de estambre

Cuatro camisas, dos medianas y dos nuevas

Cuatro panos de lino

Otro paño

Una cofia

Dos servilletas

Dos manteses

Dos almoadas de guarnición

Una sábana de lienzo de nueve varas

Otra de estopa de cuatro varas

Un travesero

Una manta de lana

Un justillo

 

En la misma parroquia el día 22 de marzo del mismo año 1842 Fernando Filgueira recibe como dote de Josefa Barreiro, con quien acaba de casarse, entre otras cosas lo siguiente:

Un arca de castaño nuevo

Una refaijo de Segovia

Un mantelo de Tarazona

Un dengue de grana

Un mantelo de lana

Otro mantelo de lino

Una almoada de buelos

Un travesero

Otro travesero y una servilleta

Otra servilleta de vara y media

Tres paños, una cofia y otro paño

Dos camisas nuevas

Un par de enaguas

Una camisa

Dos sábanas, una de lienzo, otra de estopa

Dos pares de medias

Un refajo de Tarazona y un justillo

Media vara de lana

Dos mantas de lana

Ambos inventarios son ilustrativos da roupa dunha moza casadeira e consecuentemente da indumentaria das xentes no noso rural, posiblemente de certo acomodo. Na descrición non atopamos elementos especialmente diferenciadores respecto da roupa empregada polas xentes de Galicia naquela altura e tampouco figura ningunha referencia que poidamos relacionar co denominado traxe tudense.

En diversas oportunidades teño escoitado que a vestimenta de Tui está recollida polo historiador tudense Leopoldo Martínez Padín (1823-1850) na súa inacabada obra Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (Madrid, 1849), pois por mor do seu prematuro pasamento, só escribiu o primeiro tomo e parte do segundo.

Na sección IX do primeiro volume ao expoñer o “Tratamiento individual de los campesinos de Galicia” Martínez Padín publica a seguinte descrición do traxe popular:

En el interior usan un paño ordinario tegidos en el país en telares caseros con la lana áspera de los carneros, hilada a mano por las mugeres. Los de la costa gastan las panas, panillas, granas, paños delgados y telas inglesas, introducidas por la raya de Portugal, ó comparadas en los puertos á los que desembarcan procedentes del estrangero; aqui los percales pintados sustituyen en las mugeres á las estameñas gruesas y bayetas de que hacen las sayas las de la montaña; la lana entre las primeras es muy poco usada, y como indicando su escasez de rebaños, solo la tejen mezclada con el lino  formando una tela particular, de que hacen ropa para las labores del campo. Al mismo tiempo se advierte que en estas comarcas litorales apenas se conservan trajes comunes á muchas. En ellas usa cada hombre  uno diferente llevado de Andalucia,  de Madrid ó de Portugal. Pero el que parece ser el patronímico, aunque en algunas comarcas  poco usado, se compone de chaqueta parda, chaleco de grana ribeteado con terciopelo ó con filetes de seda y botones de filigrana, pantalón pardo ó de pana negra, polainas de paño, zapato con botón ó lazo, camisa punteada y sujeta con botón doble de plata al cuello, montera con ribetes  bordados de seda y un palo no muy largo en la mano.

En cuanto á las mugeres es mas notable la variedad y mas dificil de averiguar el traje originario de este país. Sin embargo, no hemos podido menos de reirnos de la ignorancia de algunos actores en los teatros de la corte, al ver que visten á las gallegas con medias encarnadas, sayas cortas, y en tanto número, que las semejan a la panza de un globo aerostático, cófias harto ridiculas, y otros afeites del peor gusto y nada decentes. Diremos por lo que hemos observado , que la cófina casi no existe ya, y que esos otros adornos jamás se usaron en Galicia: el traje mas general se compone de pañuelo de seda ó algodón estampado á la cabeza , con el lazo sobre el pecho y encima de él la mantilla con franja de terciopelo, el pecho cubierto hasta el cuello con pañuelo de seda, sobre el que ciñen un justillo bordado adelante ó sin este adorno, llevan jubon negro, ó van en mangas de camisa, la que en este caso está bien punteada en las mangas y puños; usan al cuello el dengue, que es una especie de mantela bastante airosa encarnada u oscura con franjas de terciopelo sujeta con broches de plata  ó de otros metales , saya de grana, bayeta o percal estampado, larga hasta los tobillos  y otra especie de saya abierta  que se ciñe á la cintura , á que llaman mantelo, es de paño negro, con franjas de terciopelo y broches de plata, media blanca, ó desnuda la torneada y limpia pierna con zapato de lazo.

Martínez Padín recolle pois unha visión da indumentaria tradicional da nosa terra e en ningún caso recolle unha descrición do traxe tudense que actualmente empregamos, certamente que a roupa das xentes da contorna de Tui son as que inspiran a descrición que acabamos de transcribir.

Tampouco atopamos mención algunha nunha obra de referencia editada nas primeiras décadas do pasado século: a Geografia General del Reino de Galicia, dirixida por Francesc Carreras Candi. No volume a cargo de Eugenio Carré Aldao realiza un estudo da etnografía de Galicia e analiza a evolución da indumentaria: la cofia, el pañuelo de bobiné, el dengue, el xustillo, el mantelo, la mantilla con franja de terciopelo, los grandes pendientes y aderezos, los collares de cuentas y otros adornos femeninos puede decirse que pasaron a la historia (...) del mismo modo pasó a las cosas que fueron lo típico del traje de varón.

Outra fonte documental á que cómpre recorrer é a fotografía, pero tendo en conta que a produción de fotos comeza nas últimas décadas do século XIX, popularizándose a medida que avanza o século XX, estas instantáneas reflicten xa os últimos momentos ou as derradeiras manifestación dunha indumentaria popular. Achegamos diversas fotografías de finais do século XIX ou primeiros anos do século XX que mostran as roupas empregadas pola poboación de procedencia rural, pois os habitantes da cidade adoitaban usar outra indumentaria que certificase a súa diferencia social, onde os modelos burgueses importados eran os máis comúns.




Outra tipoloxía son as fotografías de estudio realizadas co “traxe galego” por membros das clases acomodadas tudenses, tamén aquí comprobamos que non empregaban o que hoxe coñecemos como traxe tudense senón que adoitan vestirse con elementos da indumentaria tradicional confeccionados para estes usos folclóricos ou festivos que se recollían nestas instantáneas.



Pola súa banda, a magnífica fotografía de F. Zagala sobre o “Gaiteiro de Guillarei” testemuña os cambios de indumentaria e como as calzas das ilustración de 1569 do libro das Clarisas tudenses ou do gravado de Juan Cruz perdéranse xa, pero non asi a tipoloxía de monteira en pico que segue portando o gaiteiro de Guillarei, cun ampla extensión que chega a cubrir ata as orellas e mesmo ata practicamente o colo.

En consecuencia, cómpre  continuar coa pregunta de onde podemos documentar e testemuñar o que hoxe denominamos como traxe de Tui. Ten algunha base histórica? Existe unha referencia gráfica ou documental sobre o seu uso en tempos pretéritos?

Tui posúe o privilexio de contar cunha lámina, da segunda metade do século XVIII, que reproduce a vestimenta dun home identificado como “un gallego de Tuy” que acompaña a unha galega de Noia, nunha ilustración realizada por Juan Cruz de Olmedilla

Juan de la Cruz Cano y Olmedilla (Madrid, 1734 - 1790) foi un xeografo, catógrafo, gravador e ilustrado español do século XVIII. En 1777 comezou a edición da “Colección de trajes de España, tanto antiguos como modernos, que comprehende todos los de sus dominios”. Esta colección de láminas recolle tanto traxes do pobo como da elites nobiliarias; estaban previstos oito cadernos de 12 estampas cada un, sen embargo a obra ficou inconclusa pola morte do autor. Juan Cruz de Olmedilla é autor dos gravados namentres que nos debuxos colaboraron o seu sobriño, Manuel de la Cruz, Antonio Carnicero, Luis Paret e outros.

Juan Cruz de Olmedilla inaugura en España con esta obra unhas publicacións xa moi populares noutros países europeos como Francia. A serie foi un gran éxito con numerosas edicións tanto en España como no estranxeiro e foi referencia para outras coleccións como as realizadas por Antonio Rodríguez, Miguel Gamborino o José Ribelles.

A lámina que nos atinxe leva o número 82, trátase dunha estampa realizada en augaforte e buril, con huellada prancha de 290x192mm en h de 434x310 mm. Editada en Madrid, Casa de D. M. Copin, Carrera de S. Geronimo, entre 1777 e 1788.


Nieves de Hoyos na súa monografía sobre “El traje regional de Galicia” publicada no ano 1971 recolle esta ilustración e sinala sobre esta lámina: en su porte se les ve, sobre todo a él, que son personas de elevada posición social; viste, también, dos calzones, pero lo curioso es que aquí el calzón verdadero es el de abajo, ajustado a la rodilla de un modo normal, llevando encima un calzón de vuelo de un tejido rayado que, por el movimiento, parece de seda (...) La chaqueta, también de tejido suave, tiene un corte estilo Carlos III, lo mismo que los zapatos con grandes hebillas de plata. Lleva una montera achatada por delante, muy dieferente de las  monteras de punta.

En relación ao traxe feminino as informacións que posuímos son moito máis limitadas, basicamente dúas. Por unha banda o Museo das Mariñas, en Betanzos, custodia o legado do coreógrafo José Manuel Rey de Viana, fundador do Ballet do seu nome xunto coa súa esposa Victoria Canedo. Para as súas coreografías Rey de Viana dotouse dun amplo conxunto de traxes das diversas comarcas ou terras de Galicia, a maioría de nova confección pero posuía outros recollidos de vellas arcas domésticas no seu labor de pescuda por Galicia adiante. Entre estas pezas históricas está o traxe de muller tudense que hoxe podemos coñecer no referido Museo betanceiro. Descoñecese a procedencia desta peza pero a súa composición posúe xa elementos que podemos atopar no que denominamos traxe tudense.


O que hoxe adoitamos chamar traxe tudense débese a un achado fortuíto de Emilia Alonso González, que nos anos setenta / oitenta do pasado século promovía o baile galego con diversas agrupacións folclóricas e realizaba traballos de investigación informal do folclore tradicional nas parroquias tudenses. Relata que nunha destas visitas as terras de Ribadelouro tivo acceso a unhas pezas de indumentaria gardadas nunha desas arcas de madeira que puido analizar e que logo reproduciu con habelencia recuperando o traxe tudense de muller coa referencia das pezas achadas en Ribadelouro.

Tomamos dun artigo de Emilia Alonso publicado no libro das festas de San Telmo  do ano 2007 a descrición do taxe tudense:

A calza, de pano aliñado de cor branca como toda a roupa interior, é moi folgada e chegan ata debaixo dos xeonllos, tapando o final das medias. Cínguese á perna cunha fita que pode ir, tanto entrelazada ó encaixe, coma por dentro dun dobrado.

A chambra, de liño forte, vai por debaixo da camisa como se fose un camisón sen mangas que chega ata debaixo dos xeonllos. Cortada polo van, a parte de arriba chamada cos, faise con lorzas moi finas. A de abaixo, aba, ten lorzas máis anchas nos baixos e pouco voo.

A camisa, de liño fino, é de amplas mangas rematadas en puños con dobre fila de encaixe. Este mesmo adorno ponse no colo e pode levar lorzas ou outros adornos de bordado por mangas e dianteiro.

A enagua faise con moita roda en liño fino, con puntillas e sobrepostos de encaixe, para se atar no van con fitas ou cordóns de algodón.

O refaixo é unha saia de bastante voo en batea marrón que, sobre a enagua, axústase no van. Leva no baixo dúas franxas horizontais doutro pano diferente como lenzo, veludo ou raso e que se colocan separadas uns quince centímetros. Tapa totalmente a enagua pero o seu longo deixa ver os zapatos, que son de coiro negro e con lazo ou fibela.

A vasquiña, que vai por riba do refaixo é mais curta e non chega a tapalo. É unha saia de moito voo que non se pecha en roda con costura, senón que queda aberta a modo de mandil e vístese montando un extremo sobre outro. Pode levar adornos de acibeche, veludo ou pasamanería na zona que se deixa ver ó poñer o mantelo enriba.

O mantelo é un mandil moi grande cortado en capa que deixa ver por detrás o adorno da vasquiña. Non leva tanto voo como esta e o seu alto é o do refaixo. Vai abrochado ou atado ó van por detrás. Esta confeccionado en pano fino de cor marrón e leva unha franxa ancha en veludo ou adamascanado negro que, cubrindo toda a roda, sobe pola parte traseira ata chegar á cintura. O demais é pasamanería e acibeche adornando o resto do mantelo.

O xustillo, que se viste sobre a camisa despois de atar o mantelo, é un chaleco moi longo e axustado ó van. Confeccionado en veludo ou adamascanado, vai aberto por diante con presillas a cada lado para entrecruzar a fita que, chegando á altura da cintura, crúzase cara atrás para atar con lazo nas costas por enriba do mesmo xustillo. Pode levar adornos de acibeche e pasamanería polas partes visibles.


A chaqueta toureira, como ben indica o nome, é axustada ó corpo de moi curta, pechándose con enganche ou botóns sen chegar a cruzarse por debaixo do peito e por riba da cintura. As mangas non son axustadas senón bastante amplas. Tamén vai en pano fino de cor marrón con sobrepostos en puños e solapas en veludo ou adamascanado negro, de acordo coa elección que se faga para o traxe. Leva adornos de pasamanería e acibeche como o resto das pezas.

O casquete é un tocado circular composto dunha banda de veludo ou adamascanado negro, que con catro centímetros de alto forma a base que se acopla sobre o pano da cabeza. Vai pechado na parte superior con pano fino marrón. Os adornos son acibeche e un ramo de plumas, posiblemente de faisán, cinguidas cun colgante. Isto, xunto con pendentes, colares e outros colgantes en prata, acibeche ou prata dourada de arraigada tradición na zona miñota, forman o conxunto de alfaias do traxe de gala tudense.

Nesta ampla descrición de Emilia Alonso interesa destacar dous aspectos. Por unha banda, a condición de traxe de gale ou de festa, por tanto unha indumentaria que era empregada polas clases sociais acomodadas para datas especialmente sinaladas no calendario ou para os acontecemento familiares, coincidindo neste sentido co traxe masculino que recolle o gravado de Juan Cruz de Olmedilla. En segundo lugar indica a relación estreita entre esta indumentaria tudense e os traxes tradicionais do Norte de Portugal, o que ela denomina zona miñota.

Dende aquel momento Emilia Alonso empregou esta indumentaria nas actividades que promovía nos seus grupos de baile e foi como paseniñamente foron divulgando e popularizándose aquelas roupas atopadas en Ribadelouro como referencia da nosa cidade. Acompañamos unha imaxe dunha destas actuación no Cine Yut.


Certamente podemos atopar evidentes paralelismo entre as pezas tudenses e as do sur do río Miño. Moi especialmente no elemento más singular do roupeiro tudense como é o bonete que adorna a cabeza. Algunhas fotografías facilitadas por Emilia Alonso permiten ilustrar esta relación directa.

 



Podemos comprobar os evidentes paralelismos ente o bonete, os adobíos de ouro que portan as mulleres, e mesmo noutros elementos como o xustillo. En consecuencia, aquela roupa que Emilia Alonso puido recoller e documentar en Ribadelouro e logo popularizou  a través dos seus grupos folclóricos e do seu asesoramento persoal, era abofé un traxe de gala de procedencia ou influencia portuguesa que ben puideron portar as mulleres das elites sociais tudenses. Non podemos esquecer que, ao longo dos séculos, o río Miño, pese a súa consideración legal de límite fronteirizo sometido a todo tipo de control aduaneiro, nunca deixou de ser unha potente vía de comunicación entre ambas ribeiras. As xentes casaban e mantiñan estreitas relacións sociais, incluso acreditadas familias nobiliarias tiñan propiedades e relacións familiares en Galicia e Portugal, a pesar dos esforzos dos Estados por limitar e reducir esta ampla comunicación. Amais dende a Idade Moderna moitos eran os galegos, e tamén tudenses, que emigraban a terras portuguesas e posteriormente retornaban, traspoñendo os usos e costumes que coñeceran en Portugal.

Por tanto, que a roupa feminina do chamado traxe tudense corresponda cunha indumentaria cunha forte influencia portuguesa, ou incluso cunha orixe ou procedencia lusa; non resulta en absoluto estraño e afonda no esencial papel que xogou, e segue xogando, Tui como punto de comunicación e mestura entre as culturas galegas e portuguesas, especialmente minhotas. 

Nesta mesma liña podemos apuntan tamén as conclusións dun escrito manuscrito de Basilio González Domínguez, cóengo maxistral da Catedral tudense que nos facilita Emilia Alonso e que polo seu interese reproducimos:

El traje gallego de la provincia de Tuy

1ª.- Para conocer el traje gallego anterior a la mitad del siglo XVIII hay que utilizar la arqueología. Existió el “traje urbano” y el “traje rural”. Sería posible encontrar, aún hoy, trajes completos gallegos en los sarcófagos de los pazos y en los cementerios aldeanos. No sólo se conservan huesos! También aparecen en los sepulcros cuya apertura me correspondió presenciar en la Catedral de Tuy; fragmentos de buen tamaño correspondientes a prendas de vestir.

Este método de investigar sobre el antiguo traje gallego todavía no se inició.

2ª.- Desde el siglo XVIII comienza la fijación del traje gallego mediante textos literarios ya se puede conocer “algo”. Digo “algo”, por que el traje gallego tuvo algunas variantes. La ropa de los de Muros (muradanas) son distintas de las betanceiras (Betanzos). Cada una de las siete provincias gallegas tenía su tipismo diferencial en el colorido en la ornamentación de las prendas

4º.- El día 30 de noviembre de 1833 la provincia de Tuy y su capital (la ciudad de Tuy) dejaron de existir. ¡Murió la provincia en el mes de Difuntos!

Según mi análisis, el color castaño de las prendas del traje tudense se inspiró en el color de los peregrinos hacia Santiago, que era parda como símbolo de penitencia.

El color de las franjas verdes recoge el color del lino que se cultivó durante siglos en Galicia y Portugal.

Aún hoy, en Portugal, la lenceria de lino rural tiene bordados del verde lino, asociando asi la industria del lino comarcal. Tuy tuvo una destacada industria de telares de lino. Desde Tebra hasta Ribadelouro no había un campo en el que no se cultivase esta extraordinaria planta textil.

5º.- La provincia de Tuy, con su via terrestre y fluvial mediante barcas del Miño, logró para su traje típico y deferenciador, los colores castaños y verde. Sin faltar el canutillo propio de todas las provincias gallegas.

A mediados del siglo XIX desaparece el “calzón” del traje masculino y aparece el pantalón de hoy. Desaparecen también las medias de “lan” blanca en las medias femeninas. Las sustituyen las medias catalanas. La industria catalana presenta en el mercado los terciopelos que anulan los primitivos “dengues” del traje rural femenino. Desaparece la “cofia” que es sustituida por el pañuelo de muchos colores entre los que sobresale el de oro apagado y el chillón rojo.

Desde la mitad del siglo XIX los gallegos urbanos y los rurales utilizan un traje cosmopolita.

Anotaciones complementarias

Actualmente se celebran con éxito, muchos festivales gallegos en los que aparece el traje que hace un siglo no se utiliza ni a diario ni tampoco en los días festivos.

El traje corresponde a la historia de la colectividad que lo pone en uso y lo sostuvo comoun blasón.

(...) El traje gallego que presenciamos hoy, en los festivales, es un traje estandarizado. ¡Me da pena!

La única diferencia que destaca es la mayor o menor cantidad de abalorios y canutillos. La diferencia histórica no consiste en esa ampulosa o pobre cantidad de abalorios.

(...) Por eso, con el modelo que encontraste y como se vestía el Tuy provincial estás dando una lección de historia. ¡Que poco se estudia sobre la historia tudense! Y lo que es peor ¡que poco se enseña!. Y tu, Emilia, la estás enseñando.

BGD agosto de 1979

Este texto de D. Basilio corrobora as liñas de traballo que vimos apuntando neste pequeno estudo sobre a indumentaria tudense, a súa excepcionalidade, a súa relación directa, como non pode ser doutro xeito, coas terras do alen Miño, con Portugal.

Podemos logo deste percorrido polas referencias coñecidas ao denominado traxe tudense establecer algunhas conclusións

-         O traxe masculino posúe unha acreditada documentación histórica que ata podemos levar, alo menos para os calzóns, ata o século XVI. Sen embargo, non se conservou peza algunha e dende o século XIX desapareceu das roupeiros tudenses das clases acomodadas pois a elas correspondía o recollido por Juan Cruz de Olmedilla.

-         A súa recuperación responde pois a este modelo histórico do gravado de 1786 o que lle outorga un certo arcaísmo, pero sen dúbida estamos diante dunha indumentaria histórica dos homes tudenses.

-         A roupa feminina, ao contrario, carece desa referencia histórica clara ao non contar con ilustracións ou fotografías que posibilite unha documentación fidedigna das súas pezas.

-         Sen embargo, por paralelismo con pezas portuguesas e mesmo coa roupa conservada no Museo das Mariñas, cómpre considerala como unha recreación contemporánea no actual estado da investigación sobre a indumentaria tudense. O que non significa un menor valor do seu carácter como peza representativa da indumentaria tradicional tudense.

En definitiva, a recuperación, hai varias décadas, do denominado traxe das terras de Tui recolle o restablecemento e reprodución de pezas históricas e a recreación, dende estas bases históricas, doutros elementos que dan lugar a esta indumentaria que as xentes de Tui asumen xa coma propia.

O traballo iniciado por Emilia Alonso, logo continuado por numerosas veciñas e veciños e diversos colectivos e asociacións, resulta de sumo mérito ao promover unha indumentaria tudense que ao ser asumida pola sociedade como elemento diferenciador e de seu se integra na memoria colectiva enriquecendo, de xeito excepcional, o acervo patrimonial tudense.

Sen falsear ou manipular a historia e a tradición, este traxe tudense está consolidado logo de varias décadas e corresponde á sociedade tudense continuar asumíndoo como propio e promover a súa utilización nos acontecementos festivos e solemnes da vida colectiva da nosa cidade. Na miña opinión tras corenta anos de uso esta indumentaria tudense precisa ser coidada e impulsada polos propios tudenses e as súas institucións ao constituír un xeito excelente de afondar na singularidade da nosa cidade e promover os seus valores e identidade.

 

Este traballo foi posible gracias á xenerosa colaboración de Emilia Alonso González, que achegou información e boa parte das imaxes, debendo, en consecuencia ser considerada co-autora deste texto, que pretende ser un primeiro achegamento a esta temática da indumentaria tudense no que seguiremos afondando no futuro. Agradecemos a "Tui, fotos antigas" o permiso para empregar algunhas fotos do seu excepcional arquivo.


Feliz día de San Telmo, co pregón de 1987 de Ángel Luis Vázquez de la Cruz

$
0
0

A inmediata celebración da festividade de San Telmo, patrono da nosa cidade, é unha marabillosa oportunidade para felicitar dende este modesto blog a todos os nosos seguidores. Aínda que sen esquecer ás vítimas da Covid neste longo ano de pandemia, asi como aos que tiveron e teñen esta enfermidade e a cantos teñen traballado, dende a súa actividade profesional o dende o seu compromiso persoal, por superar esta crise sanitaria e por facilitar a vida de todos nós. Para todos que San Telmo nos coide pois como di o seu himno: Ayúdenos tu mano las olas a surcar.

Cripta da Igrexa tudense de San Telmo, onde a tradición sinala o seu falecemento

Achegamos a nosa felicitación cun fermoso texto do médico e escritor tudense Ángel Luis Vázquez de la Cruz.  O texto do pregón das festas de San Telmo do ano 1987 que zumega querencia pola nosa terra e que conserva, pese a tempo pasado, a cálida escrita chea de retranca que caracteriza á obra literaria de Ángel Luis Vázquez de la Cruz. Nado en Tui no ano 1942, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, dedicándose profesionalmente a este actividade. Comezou no Hospital Municipal de Vigo,  completou a súa especialidade no Hospital do Vall d’Hebron de Barcelona como pediatra e posteriormente como neonatólogo. Dende 1974 ata a súa xubilación desenvolveu a súa actividade na Coruña, onde, como director, participa na fundación e posta en marcha do Hospital Materno-Infantil “Teresa Herrera”.


Pero, paralelamente, á súa dedicación sanitaria mantivo dende época de estudante colaboracións literarias diversas. Os seus primeiros escritos foron publicados no afamado xornal vespertino de Compostela “La Noche” ao que seguirían relatos e artigos en xornais e revistas como “Bravú” e “Luzes” ou en modestas publicacións tudenses como o “Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo” de Tui ou diversos libros das festas patronais.

Escribiu ademais o guión da película -premio Ramón Dagá de cine social en 1975- “A Romeria da Morte”, dirixida polo tudense Alberto Estévez Piña, recentemente falecido.

No ano 2010 publicou un fermoso libro de relatos, “Luz de Tebra” que recomendamos va todos os nosos lectores. Como dixo o escritor Eduardo Galeano, “Ánxel acepta ser llamado doctor aunque él cura contando”.

O texto deste pregón das festas de San Telmo de 1987 é unha boa mostra da capacidade narrativa de Ángel Luis Vázquez de la Cruz e da súa habelencia para recoller oe mostrar o espírito da nosa cidade

 

Tui: cidade limite (*)

Ten a palabra Tui resonancias inmediatas de fronteira, só os que coñecen ben a cidade saben ata que ponto iso tamén é verdade no sentido de límite; un límite no que  se cruzan a realidade e os soños. Como si nos seus vellos ollos permanecera todo o que foi pasando en miles de anos. Tui é unha e moitas cidades ao mesmo tempo. É, ademais, un retablo barroco de paisaxes, de climas, de aromas, de xentes.

Esta armonía de contrastes conta cun santo patrono moi especial e representativo: San Telmo. Un aristócrata que se apelida González, como calquera; un cabaleiro que botou pé a terra para facerse monxe, e as súas pobres sandalias campesinas levaríanno mais lonxe que o seu cabalo de capitán: Trouxerenno a estas terras tan distintas ás da súa infancia, terras ás que lle acabaría por entregar a súa propia morte que, como está escrito, pode ser mais que a propia vida.

Aquí amou, sofriu, tivo febres e navegou sobre a fraxil nave do seu manto o que había se ser o patrón dos mariñeiros. Él, que nacera nas chairas casteláns esquecidas para sempre do mar, xa tiña entón decidido deixar a épica pola lírica, a recta pola curva, a claridade pola bruma.

Un santo orixinal que nado en terras lineales e escuetas, repousa baixo as formas frondosas dunha igrexa de estilo manuelino. Un santo con humor que tendo prometido salvar a Tui das tormentas permitiulle a un raio desmandado que desbaratase o seu propio campanario; a xente, lonxe de perderlle a fe ou o respeto, tomou o asunto como unha tolería de tudense.

Santo tan complexo non podía deixar as súas reliquias o albur do destino dunha cidade calquera. Ollade a Tui. Ollade a Vella Señora: Alta, adusta -soberbia dixo Camoens- na colina. Un xesto hierático de pedra que, non obstante, se deixa trepar por buganvillas e limoeiros. Finxe indiferencia e mesmo desdén o tráfico incesantes de bacallaos e toallas; pero mira de reollo porque a súa entraña mediterránea vibra tamén coa vitalidade do comercio. Alta dama de nidios perfiles, pero amante asi mesmo das evanescencias de acuarela nas tardes de choiva. Cidade forte, cidade de guerra que cerra un país; e, ao mesmo tempo, umbral, man aberta ao outro lado do río.

Tui é ademais clima: moitos climas. Lugar de feroces invernos de vento sur, pero tamén de victoriosas primaveras; de verán de cal e febre sobre as veigas adormecidas; e de outonos dilatados e transparentes cuio naufraxio de follas leva o río.

O río. Sempre o río. Filla do río. Señora do río. Él, o Miño, baixa con apresuramento de neno ata as mesmas portas da cidade. Alí sosega, amplíase, faise vello e faise sabio. A un tempo vaise e quédase, une e separa, da vida e mata. E ofrece o mellor do seu ventre -o meixón- nas noites mais turbulentas. Noites de tormentas, de mareas vivas, de lúas mortas. Noites nas que a xente baixa a súa beira con candelas nunha sorte de adoración primitiva e frenética.

Mirade o grande val: os cumes do Aloia e o Faro, as cidades frente a frente, o río durmindo abaixo: todo parece ter brotados dun estasis da Terra.

Pero Tui é, ademais, una cidade de camiño: coñece e ama ao viaxeiro, a súa canción e o seu afán. Pero é tamén unha trampa para os que deixaron un momento a súa ansiedade de camiñantes e sucumben a tentación de perderse no feitizo das rúas que se derraman desde a Catedral. A severidade da pedra, o silencio reverencial das prazas e praciñas: a historia atrapada na maraña de rúas sempre a punto de desplomarse hacia o abismo. E dos abismo, a cada pouco, o destelo virxinal do río.

O viaxeiro tentará de descifrar o enigma dunha cidade que permanecerá xa para sempre na súa memoria facéndolle señas dende unha nostalxia nova que o obrigará a voltar.

Otero Pedrayo comparaba a Tui cun froito, e engade estas fermosas palabras: É unha cidade rematada, completa. Os silencios de arestora fan medrar a impresión, cecais angustiosa, de cousa perfecta”.

Tal vez sexa esa angustia a que nos leva a unha pregunta: ¿Existe de verdade esta cidade, ou é un soño da nosa tolería de tudenses?

Eu creo que sí; eu creo que existe. Somos nos os que somos un soño de Tui.

Angel Luis Vázquez de la Cruz

 

(*) mantemos a escrita do autor.

Nomes do anarquismo e sindicalismo tudense ata 1936

$
0
0

 O mundo de internet ofrece múltiples recursos de información, tantos que, en moitas oportunidades, resulta toda unha aventura internarse no mundo web na procura dalgunha información. Ás veces estas procuran levan ao internauta  a atoparse con interesantes e, incluso, sorprendentes traballos ou informacións ás que doutro xeito sería impensable acceder.

1918. Fábrica de galletas "La Peninsular" na revista "Vida Gallega"

Unha estas búsquedas levoume ata un traballo inxente de recompilación titulado “Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego” publicado na web do sindicato anarquista CNT Galicia e coordinado está por Eliseo Fernández https://cnt.gal/enciclopedia/

Nesta enciclopedia se recollen nomes de persoas e colectivos anarquistas ou relacionado co movemento anarquista logrados gracias ao baleirado de arquivos, fondos xornalísticos e achegas de colaboradores desta obra documental. Na introdución desta obra se sinala: Este é un traballo que se enmarca dentro da corrente historiográfica que considera a prosopografía (o estudio das biografías das persoas protagonistas) como método da investigación dun acontecemento de carácter histórico.No caso do anarquismo galego será fácil constatar por medio deste traballo a similitude nas orixes e destinos dalgúns movementos migratorios, así como a influencia das expulsións de militantes de países de América Latina; tamén se poden visualizar os diferentes ritmos da organización sindical segundo esteamos falando do mundo rural, vilego ou urbán, así como a maior ou menor influencia do anarquismo en cada un dos diferentes espazos xeográficos; e vaise saber algo máis dos efectos da represión, co coñecemento da mortandade en diferentes lugares, os cárceres aos que foron levadas as persoas presas ou tamén os lugares do exilio onde remataron establecéndose.

Como xa temos sinalado neste blog en diversas oportunidades carecemos dunha achegamento sistemático á historia contemporánea de Tui. Unicamente os traballos de Bieito Alonso aportan unha análise do anarquismo e o movemento obreiro en Tui e que son o complemento para este listado que achegamos.

Unha relación de nomes tomada da documentación consultada por Eliseo Fernández e de xornais e revistas da época, por tanto nalgún caso haberá erros na transcrición dos nomes ou botaremos en falla unha maior profundidade na achega biográfica. Calquera aportación dos nosos lectores será sempre de utilidade para enriquecer esta lista de nomes e o seu contido. Con todo, é unha excelente aportación ao coñecemento da evolución social de Tui e a súa comarca nas primeiras décadas do pasado século. Agradecemos dende Tudense a xenerosidade do autor que nos permite compartir esta investigación.


ADÁN RIVAS, José.

Sae tamén como José A. Riba, José A. Rivas ou Adán Rivas, indistintamente. Colabora economicamente dende Tui para a publicación do diario CNT de Madrid en 1932. Militante de Tui, procesado despois da folga xeral de maio de 1932, por asinar unha circular. A súa compañeira Isolina Sousa Castro estivo tamén detida e foi expulsada a Portugal; José Adán non podía ir a Portugal porque fora expulsado dali. Escribe a “Solidaridad Obrera” da Coruña dende o cárcere de Tui, en xullo de 1932. Despois da liberación doutros sete militantes tudenses en agosto de 1932, quedou na cadea, procesado por chamar ao boicot a certos industriais. Correspondente de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Pontevedra en xullo de 1933. Uniuse civilmente con Isolina Pousa Castro en Porriño, en xuño de 1934. Paqueteiro de “Solidaridad” en Tui en marzo de 1936. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Vendedores Ambulantes e ao Sindicato de Confiteros y Similares de Vigo. Responsable da Comisión de Propagada y Cultura das Juventudes Libertarias de Vigo en xullo de 1936. En xuño de 1939 estaba nunha listaxe de refuxiados galegos en Francia. En xullo de 1939 no Campo de refuxiados de Argelès sur Mer en Francia.

 

ALONSO

En novembro de 1933 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Tui.


ALONSO

Militante de Tui, procesado despois da folga xeral de maio de 1932, por asinar unha circular. Despois da liberación doutros sete militantes de Tui, en agosto de 1932, aínda seguía no cárcere, procesado por chamar ao boicot a certos industriais.


ALONSO, José.

Secretario da Federación Obrera de Tui, estaba detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932, procesado por inxurias; liberado a mediados de agosto. Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao Congreso Nacional. A fins de abril de 1933 participou nunha reunión da Federación de Trabajadores, integrando unha comisión para redactar as conclusións da manifestación do 1º de maio. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia; á altura do día 20 de maio pasou de detido gobernativo a xudicial. Presentou aos oradores do mitin do 1º de maio de 1934 en Tui. Participou nunha ponencia do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. Mantén correspondencia con “Solidaridad” dende Tui en marzo de 1936. Participa no mitin do 1º de maio en Tui en 1936.

 

ALONSO, Manuel

Contador da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de 1931.

 

ALONSO, Rosalía

De Tui. Era a tía de Gumersindo Rodríguez e foi detida despois da folga de solidariedade cos folguistas de Ferrol, en xuño de 1932. Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da FAI en Tui, en 1934.

 

ALONSOFERNÁNDEZ, Rogelio (Rebordáns-Tui, 28-4-1895 – ?).

Panadeiro. Secretario da Federación Obrera de Tui, detido en xuño de 1921, por inxurias á garda civil. Detido en Tui en novembro de 1922, como vocal do Comité de Folga. Procesado por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de decembro de 1922. En novembro de 1932 escribe dende Vigo sobre a folga pesqueira. Panadeiro, enlace da organización clandestina nos anos 40. Procesado na causa 156/47, pedíronlle 3 anos e foi condenado á esa pena.

 

ALONSO GREGORES, Manuel.

En marzo de 1933 era contadora da Federación Obrera de Tui, e desexaba deixar o cargo, ao levar máis de seis meses. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. Foi posto en liberdade a finais de maio.

 

ALONSO MARTÍNEZ, José.

Tamén sae como Jesús. Representou á Federación de Trabajadores de Tui no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

 

ÁLVAREZ ROCHA, José “Rocha” (Randufe-Tui, 13-2-04 – ?).

Detido en novembro de 1934 por reunión clandestina no local da CNT en Vigo, estivo na cadea uns vinte días. Cando o golpe de estado estivo vixiando a carreteira Tui-A Garda e requisando algunhas armas. Detido en agosto de 1936 no seu domicilio en Bornetas-Tui. Ferreiro, condenado a 30 anos por rebelión militar en novembro de 1936. En liberdade atenuada en setembro de 1940, sae do Penal de Burgos. En maio de 1943 estaba traballando na Sociedad de Grandes Redes Eléctricas, en Tudanca-Santander. Participou nos traballos de reorganización da CNT clandestina en Tui cara a 1947. Procesado na causa 156/47, pedíronlle 15 anos e foi condenado a 3.

 

BAÑOS, Ramón.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto.

 

BARREIRO, José.

Presidente da Federación Obrera de Tui a finais de setembro de 1930, asinou un telegrama de protesta polos sucesos do mitin monárquico de Lugo. Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao Congreso Nacional. A finais de abril de 1933 foi elixido contador da Federación de Trabajadores, mais ao final rematou permutando o seu cargo con Fernando Martínez e ocupou o de secretario xeral. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra. Paqueteiro de “Solidaridad” de A Coruña en agosto de 1935 en Tui.

 

CABALEIRO DIZ, Juan.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia.

 

CASTILLO.

Participou nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933.Traballador do taller onde se publicaba o semanario “Tribuna”, este denunciou que deixara de traballar para eles por orde da Federación de Trabajadores, provocando a suspensión durante unha sema.

 

CASTIÑEIRA GONZÁLEZ, José.

Detido en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

 

CASTRO, Valentín.

Detido en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción do xornal “La Integridad” de Tui.

 

CASTRO RODRÍGUEZ, José.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, por coacción.

 

COMESAÑA, José.

Actúa de secretario nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933.

 

CORREAS TRALLERO, Gregorio.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, á altura do 20 de maio pasou de detido gobernativo a xudicial.

 

CORTÉS, Enrique.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a finais de mes aínda estaba detido.

 

CORTÉS, José.

Paqueteiro de “Solidaridad” en Tui en febreiro de 1936. Paqueteiro de “Solidaridad” en Goián en xullo de 1936.

 

COSTAS, Alejandro.

Mantén correspondencia con “Solidaridad” dende Tui en marzo de 1936.

 

COSTAS FERNÁNDEZ, Emilio (1913 – ?).

Colaborador do xornal “Mar y Tierra”. Panadeiro en Vigo, detido en novembro de 1932 por un tiroteo no que foi ferido Valentín Paz Andrade, xunto a Vicente Vales, no transcurso da folga pesqueira. Era veciño de Teis e tiña 19 anos. En febreiro de 1933 asinando unha subscrición nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo. En xuño de 1933 envía unha colaboración a “Tierra y Libertad” de Barcelona, asinada con Vicente Vales, pedindo a realización dunha campaña de propaganda anarquista. En xullo de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad” co título “A la juventud revolucionaria de Galicia”. En Vigo en setembro de 1933. En outubro de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona sobre unha campaña de organización anarquista na Galiza. Denuncia as pésimas condicións do cárcere de Vigo en outubro de 1933. Para o xuízo, en novembro de 1933 polas feridas a Paz Andrade se lle pediron 18 anos de cárcere. Absolto a mediados de novembro de 1933. En setembro de 1934 se lle quixo aplicar a Lei de Vagos en Tui. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Alimentación y Similares e Sindicato de Construcción y Similares de Tui, e Sindicato de Oficios Varios de Guillerei. Falou no enterro de Ramón Domínguez en xuño de 1936.

 

COSTAS FERNÁNDEZ, José.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. A finais de maio de 1933 polemizaba no xornal “Tribuna” de Tui; foi contestado no mesmo xornal a comezos de xuño. Secretario do Sindicato del Ramo de la Alimentación de Tui en setembro de 1933. En agosto de 1935 escribía en “Solidaridad” dende o cárcere de Tui. Detido en setembro de 1935, nunha reunión do Sindicato de Alimentación de Tui, foi procesado por reunión clandestina e condenado a tres meses de cárcere. Participa nun acto organizado polo grupo “Mar y Tierra” de Cangas en abril de 1936.

 

DÍAZ RODRÍGUEZ, Benigno.

Procesado en Tui por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de decembro de 1922.

 

DOMÍNGUEZ, Antonio

Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión revisora de contas.

 

DOMÍNGUEZ, Ramón.

Secretario da Federación Obrera de Tui a finais de setembro de 1930, asinou un telegrama de protesta polos sucesos do mitin monárquico de Lugo. Participou nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933, sendo elixido na comisión que ía elaborar as conclusións da manifestación do 1º de maio. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a finais de mes aínda estaba detido. Faleceu ao caer dun andamio na Corredoira-Tui en xuño de 1936. O seu corpo foi depositado no local da CNT de Tui.

 

ESTÉVEZ, J.

Correspondente de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1933. Paqueteiro do xornal “Brazo y Cerebro” en Tui en xaneiro de 1936.


ESTEVEZ, Joaquín

Na enciclopedia figura erroneamente como Joaquín Alonso. Veciño de Soutelo, asasinado en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.

ESTÉVEZ, Manuel.

Nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido membro dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o edificio social. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra.

 

ESTÉVEZ AREAL, Severino.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas de Tui de comezos de século. No final da década dos 10 e no inicio da década dos 20 Juan Noya, José Villaverde e Severino Estévez formaron parte da redacción dun xornal mensual editado en Vigo. En xaneiro de 1921 falou en nome do Ateneo Obrero Sindicalista de Vigo nun mitin na Guarda. Anarquista expulsado da Arxentina, residente en Vigo, foi detido en novembro de 1922 pola colocación de pasquíns en Tui.

 

ESTÉVEZ GÓMEZ, Manuel

Detido en marzo de 1932 en Tui con David García de Altamira, sospeitoso de ter apedrado un automóbil; tiña 29 anos.

 

FERNÁNDEZ, Antonio.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de maio de 1933 en Tui; a finais de xuño de 1933 era o único detido que aínda quedaba no cárcere.

 

FERNÁNDEZ CABANAS, Luis

Falou en representación de Tui no mitin de protesta organizado pola FLO da Coruña polos sucesos de Sobredo, en decembro de 1922.

 

FONTÁN NÚÑEZ, Juan.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia.

 

FUENTES, Manuel.

Chofer, detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui. Foi condenado a dous meses polo Tribunal de Urxencia, que cumpría no cárcere de Pontevedra.

 

GARCÍA, Félix.

Detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui, acusado de desacato á autoridade. Foi condenado a catro meses polo Tribunal de Urxencia, que cumpría no cárcere de Pontevedra.

 

GARCÍA DE ALTAMIRA, David (Tui, 1910 – ?).

Panadeiro. Sospeitoso de ter apedrado un auto en Tui en marzo de 1932, con Manuel Estévez Gómez. Detido en Lugo despois do movemento de maio de 1933. Preso social no cárcere de Lugo en xullo de 1933. En xullo de 1933 publicábase unha nota en “Tierra y Libertad” pedindo que os que mantiveran correspondencia co grupo “Júpiter” de Lugo se abstiveran de facelo até novo aviso; asina o aviso David García, desde o cárcere de Lugo. En xaneiro de 1935 detido en Barcelona, nunha redada contra un suposto grupo de atracadores. Presidente do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1936. Electricista natural de Tui, de 33 anos, foi xulgado en maio de 1943, acusado de ter cometido un atraco en 1933, de ser vocal dun tribunal popular en 1936, ser home de confianza de Aurelio Fernández, estar no fronte de Huesca e participar no atentado contra o xuíz Andreu. Condenado á pena de morte, foi executado no Campo da Bota o 27 de xullo de 1943; soterrado en Fossar de la Pedrera.

 

GONZÁLEZ, Andrés

En 1928 entregoulle ao Presidente do Consello de Ministros unha carta en nome dunha comisión de obreiros sen traballo de Tui, pedindo se executaran os traballos de amaño da estrada de Porriño á Ponte Internacional, que foron finalmente aprobados en xuño de 1928.


Vista da fábrica de Hijos de Justo M. Estéllez


GONZÁLEZ, Manuel

Participa nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933, como militante dos serradoiros. Nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido membro dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o edificio social.

 

GONZÁLEZ IGLESIAS, Jesús.

Secretario da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de 1931. Representou ás Federaciones Locales de Tui e A Guarda no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao Congreso Nacional. En marzo de 1933 era vicepresidente da Federación Judicial Agraria de Tui, representando á organización de Guillarei; nesta data foi reelixido como vicepresidente mais non aceptou o cargo por non ser delegado; tempo atrás fora presidente da Federación Municipal Agraria. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. En xuño de 1933 contesta a un artigo sobre o “reparto de utilidades” no que fora citado. Participa no mitin do 1º de maio en Tui en 1936.

 

GONZALEZ ROMERO, Venancio

Veciño de Budiño e dirixente agrario, asasinado en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.

 

GUTIÉRREZ A(R)MANDI, Manuel.

Alta na F.L. de Metz-Moselle no segundo semestre de 1949. Viña de España, e estivera afiliado ao Sindicato de Transporte de Tui.

 

IGLESIAS, Cándido.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo, foi liberado a finais do mes.

 

IGLESIAS, Francisco.

Actúa de secretario nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933.

 

JASO

Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922, como delegado de Tui.

 

JASO, Enrique.

Fillo de Enrique Jaso Paz, foi detido en decembro de 1933 xunto a Gumersindo Rodríguez, acusado de tentar sublevar á tripulación da canoneira “Cabo Fradera”; foron conducidos a Ferrol.

Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai.

LÓPEZ, Avelino

En marzo de 1928 asinaba un comunicado protestando pola paralización das fábricas de madeira de Tui, en nome dunha comisión nomeada para reclamar a execución dalgunhas obras.

 

LORENZO, Baldomero.

Secretario da Sección del Ramo de la Alimentación da Federación Obrera de Tui en novembro de 1924.

 

MALLEIRO, Paulino.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.

 

MÁRQUEZ, Álvaro.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.

 

MARTÍNEZ, F.

Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña sobre a inxustiza no reparto de utilidades, dende Tui, en xaneiro de 1933.

 

MARTÍNEZ, Fernando.

Preside varios plenos da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933; a finais de mes foi nomeado secretario xeral da Federación por dimisión do anterior por razóns de saúde. Ratificado por un Pleno a finais de abril de 1933, terminou permutando o seu posto con José Barreiro e ocupando o cargo de contador. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo. Á altura do 20 de maio pasou de detido gobernativo a xudicial.

 

MÉNDEZ, Francisco.

Vicepresidente da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de 1931.

 

MÉNDEZ NIÑO, Manuel.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo.

 

MOREIRA MARTÍNEZ, Francisco.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia.

 

MOTA OTERO, A.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Tui, en xullo de 1933.

 

MOTA OTERO, Manuel

Presidente da Federacion Obrera de Tui, ingresou no cárcere en xullo de 1920 polo conflito da Panadería Reguladora. Presidente dos canteiros e vicepresidente da Federación Local de Tui foi detido en agosto de 1920 na folga xeral, e quedou a disposición gobernativa. Participou no mitin do 1º de maio de 1922 en Tui, como presidente da Federación de Trabajadores.

 

PEIXOTO, Antonio.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto.

 

PÉREZ, Heriberto.

Detido en Ourense como suposto implicado na folga xeral de agosto de 1917. Designado para intervir no mitin do 1º de maio en Ourense en 1922, finalmente non participou; estivo no 1º de maio en Tui, dando unha conferencia na sociedade de agricultores e falando no mitin en nome da Federación Agraria de Tui. Participou nunha ponencia na primeira sesión e foi secretario na segunda sesión do Congreso Obrero de Vigo, en agosto de 1922, como delegado da Federación Agraria de Ourense.

 

PÉREZ, J.

Correspondente de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1933.

 

PÉREZ, Venancio.

Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión revisora de contas.

 

PÉREZ ESTÉVEZ, Francisco.

Pronunciou un discurso en Sobredo en nome dos traballadores de Pontevedra no acto de colocación do monumento aos mortos do 22, a finais de novembro de 1931. Nomeado delegado ao Congreso Nacional da CNT pola Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gubernativo; á altura do día 20 pasou a detido xudicial.

 

PÉREZ NÚÑEZ, Josefa.

Detida en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

 

PINTOS, Joaquín.

Nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933 foi elixido membro dunha comisión para tratar co Concello da cesión dun solar para o edificio social.

 

PRADO VILANOVA, Ricardo

Obreiro carpinteiro, en setembro de 1920 foi detido no centro sindicalista de Riomolinos, en Tui, e quedou a disposición gobernativa.

 

RIVEIRO, Perfecto.

Elixido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión revisora de contas.

 

RODAL LANZÓS, Rafael

Carpinteiro de Tui, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da Panadería Reguladora.


RODRÍGUEZ, Antonio.

Sindicalista de Tui, deixou a vila en agosto de 1934, levando a ferramenta da barbearía onde traballaba, segundo denunciaba o xornal “La Tribuna”.

 

RODRÍGUEZ, Cándida.

Veciña de Pazos de Rei-Tui, asasinada en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.

 

RODRIGUEZ, Gumersindo “Santiaguiño”

Presidente do gremio de panadeiros de Tui, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da Panadería Reguladora. Presidente da Federación Obrera de Tui, detido en xuño de 1921, por inxurias á garda civil. Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922 como delegado da Federación de Trabajadores de Tui. Detido en Tui en novembro de 1922, como presidente do Comité de Folga. Procesado por coacción, decretouse a súa liberdade baixo fianza a comezos de decembro de 1922. Secretario xeral da Federación Local Obrera de Tui en outubro de 1924. Presidente da Sección del Ramo de la Alimentación da Federación de Trabajadores de Tui en novembro de 1924. Mitin en Tui xunto a Pestaña e Villaverde en setembro de 1930. Participou no mitin do 1º de maio de 1931 en Tui. Representou á Federación Obrera de Tui no Congreso da CNT en xuño de 1931 en Madrid. Mitins en Tui e Tomiño, con Villaverde, Moreno e López, en outubro de 1931. Nunha reunión das Comarcales Campesinas e de Oficios Varios en Sada, en novembro de 1931, foi nomeado delegado dos agrarios ao Pleno de Madrid, no que tomou parte. Intervén nun mitin organizado por “La Antorcha del Porvenir” de Beade en xaneiro de 1932. Nos mitins de Tui e A Garda o 1º de maio de 1932. En xuño de 1932 de unha conferencia na Agrupación Cultural “El Libro” de Moledo-Sárdoma. A fins do mes de xuño de 1932 estaba no cárcere de Tui xunto a outros seis militantes da Federación Obrera; foron liberados a mediados de agosto. Mitin no Tamberlick en Vigo xunto a Eduardo Collado, José Láuzara e Avelino Gonzalez en xullo de 1932. Estaba previsto que intervira nun mitin da Federación de Trabajadores de Tui e a súa contorna, no Teatro Principal de Tui, en abril de 1933, mais foi suspendido. A finais de abril de 1933 foi nomeado delegado da Federación de Trabajadores de Tui ao Congreso Nacional mais non aceptou; estaba previsto que intervira no mitin do 1º de maio. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a final de maio aínda estaba detido. En xuño de 1933 escribe varios artigos para “Tribuna” dende o cárcere de Tui. Detido en decembro de 1933, xunto a Enrique Jaso (fillo), acusado de delito de sedición por ter intentado sublevar á tripulación do canoneiro “Cabo Fradera”; foron conducidos a Ferrol.

Completamos dende Tudensia a información sobre Gumersindo Rodríguez, engandindo que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 forma parte da Comité en Defensa da República tudense, e participa no intento de deter as tropas na Volta da Moura. O 26 de xullo fuxe ao Monte Aloia, onde foi executado xunto a outros republicanos e guindárono nunha fosa. Ferido de bala na cabeza, o crego don Basilio, descubrindo que seguía vivo antes de soterralo, mandou que o enviasen ao Hospital Provincial de Pontevedra. Quedou cego sendo rexistrada a súa morte aos poucos días, que algunhas fontes atribúen a un envelenamento.

 

RODRÍGUEZ, Manuel.

Detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui, acusado de desacato á autoridade.

 

RODRÍGUEZ AMANDI, Ramón.

Ou Domínguez Amandi. Detido en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción do xornal “La Integridad” de Tui. Foi liberado sen cargos.

 

RODRÍGUEZ DOVAL, Ramón.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia.

 

RODRÍGUEZ IGLESIAS, Bernardino.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un arame de espiño no monte Aloia.

 

ROIBAL, J.

Correspondente de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1932.

 

SILVA, Eduardo Da “Coriño”

Panadeiro de Tui, portugués, en xullo de 1920 ingresou no cárcere polo conflito da Panadería Reguladora. Panadeiro portugués, ingresou no cárcere do partido a finais de agosto de 1920.

 

SOUSA CASTRO, Isolina Celeste (?-Portugal, 1906 – ?).

Noutras fontes figura como Pousa ou Isolina Celeste Laura Castro. Compañeira de José Adán Rivas. Despois dos sucesos de Tui en xuño de 1932, na folga en solidariedade con Ferrol, participa na preparación dunha manifestación contra a represión, xunto a Josefa Prado. As dúas foron detidas e Isolina foi entregada ás autoridades portuguesas días despois. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Pontevedra, nunha casa da rúa Oliva, na que se atoparon documentos e folletos; por esta causa foi expulsada a Portugal. Uniuse civilmente a José Adán Rivas en xuño de 1934.

 

SUÁREZ FERNÁNDEZ, Peregrina.

Detida en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

 

TAGES, Marcelino.

Presidiu un pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933.

 

TAJES, Manuel.

Presidente da Sección del Ramo de Construcción da Federación Obrera de Tui en xuño de 1931.

 

VICENTE TABOADA, Modesto.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gobernativo; despois do 20 de maio pasou a detido xudicial.

 

VIÑAS ALONSO, Jaime

Foi detido por dous gardas de seguridade en Tui en maio de 1925 por reparto de follas clandestinas, e foi posto a disposición do comandante militar da praza. A folla referíase a necesidade de evitar a disolución da Federación Obrera, moi resentida despois da folga na fábrica de Salcedo. En marzo de 1928 asinaba un comunicado protestando pola paralización das fábricas de madeira de Tui, en nome dunha comisión nomeada para reclamar a execución dalgunhas obras. En 1928 entregoulle ao Presidente do Consello de Ministros unha carta en nome dunha comisión de obreiros sen traballo de Tui, pedindo se executaran os traballos de amaño da estrada de Porriño á Ponte Internacional, que foron finalmente aprobados en xuño de 1928.

 

 

En : Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego: https://cnt.gal/enciclopedia/

Tui, "la bella durmiente", por Alfredo Vicenti

$
0
0

Temos recollido en Tudensiadiversos textos, dun amplo abano de autores, dedicados á nosa cidade. Estes textos recollen a súa visión de Tui, a súa experiencia da estadía na nosa localidade, a súas vivencias percorrendo as rúas tudenses... e nos ofrecen unha instantánea, sempre interesante, de Tui ao longo do tempo e, especialmente, a súa ollada sobre a nosa cidade, ás veces crítica, ás veces impresionada, ás veces indiferente... pero sempre enriquecedora para os tudenses e os interesados polo devir desta vella cidade.


Alfredo Vicenti, caricatura de Castelao

Hoxe achegamos un texto de Alfredo Vicenti publicado no ano 1908 co titulo de “La provincia de Pontevedra”. Trátase dun conxunto de artigos que recollen a súa experiencia das viaxes e das lecturas realizadas sobre este territorio e que foi publicado como un folletín na “Biblioteca de la La Temporada de Mondariz”, unha revista gráfica que editaba para os seus usuarios o Balneario de Mondariz impulsado por Enrique Peinador.

A figura de Alfredo Vicente Rey (Santiago de Compostela, 1850 – Madrid, 1916) é unha das personalidades mais atractiva da vida política galega e española, dende os seus anos de estudante de Medicina na facultade compostelán. Dende aqueles tempos italianiza o seu apelido, asinando como Alfredo Vicenti. Foi de sempre un convencido republicano federal dentro do Partido Demócrata e colaborador de Emilio Castelar, o gran líder dos republicanos.

A súa vocación foi o xornalismo ao que se dedica dende mozo, comezando no “Diario de Santiago” que chega a dirixir en 1878, emigrando a Madrid en 1880 tras ser excomungado polo arcebispo compostelán Paya y Rico, pola súa defensa da liberdade de cultos (de quen, por certo andando os anos, chegaría a ser amigo). Na capital do Estado comeza traballando en “La Ilustración Gallega y Asturiana” que chegara a dirixir, de alí pasa a redacción do xornal “El Globo”, o diario de Emilio Castelar, ao que converte en referencia do periodismo nacional. En 1893 rompe con Castelar ao adoptar este un posibilismo político de participación na réxime da Restauración. En 1896 tras abandonar “El Globo” se incorpora a “El Liberal” onde irá marcando o seu estilo xornalístico, converténdoo no diario “mellor escrito da prensa española” do que foi director entre 1907 ata 1916. Fundador da Asociación de la Prensa de Madrid é recoñecido como unha grande plumas da prensa española de todos os tempos.

Gran referencia do republicanismo español, nunca deixou de participar, directa ou indirectamente, na vida política española. Será un dos impulsores con Basilio Alvarez, o abade de Leiro, e Manuel Portela Valladares, de “Acción Gallega”, vangarda do movemento agrario anticaciquil, sendo candidato republicano-agrario por Becerreá en 1910. Apoia, en 1911, a creación do partido republicano galego, a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), e accede ao Parlamento español pola chamada vía “do artigo 29” (sen elección ao ser o único candidato) en representación de Santa Cruz de Tenerife. En 1914 accede, de novo, como deputado polo distrito de Ordes.

Estes breves apuntes non son mais que unha pobre achega a unha das figuras máis senlleiras da vida social e política de Galicia e España naquelas décadas.

Noutra oportunidade falaremos do seu papel na primeira viaxe de Emilio Castelar a Galicia no ano 1883 e que Alfredo Vicenti, que era un dos seus organizadores, recolle nas súas crónicas xornalísticas. Chega a Galicia en ferrocarril, vía Portugal, ata Valença, tras cruzar o río e agasallado en Tui cun banquete organizado polos seus correlixionarios políticos que na nosa cidade lideraba o médico Eduardo Caballero Canals, que xa fora en tempos da I República presidente local do Partido Republicano Federal, xunto a Severiano Hortas, vicepresidente, Segundo F. Gándara, como secretario, e os vocais: Plácido Fernández, Máximo Casal e Andrés Herrerín, aos que habería de engadir o avogado e deputado (en tempos da República), Severino Martínez Barcia, dedicado nestes anos a súa carreira profesional na maxistratura.

Alfredo Vicenti, como xa indicamos, conservaba unha estreita relación con Galicia e retornaba, cando menos, para as vacacións estivais. Na súa estadía de 1896 no Balneario de Mondariz escribe un folletín, unha deliciosa guía de viaxe polas terras da provincia de Pontevedra, en varios capítulos que vai publicando a revista gráfica que editaba aquel establecemento termal, “La Temporada en Mondariz”. José Antonio Durán, editor deste texto no seu libro “Galiciana básica de Alfredo Vicenti. Poesía e prosa, 1868-1916” contextualiza esta obra escrita logo do seu abandono do diario “El Globo”, carecendo doutros ingresos, “nunha mostra de solidariedade dos propietarios do Balneario de Mondariz, naquel ano, ademais de albergue, pagáronlle “La Provincia de Pontevedra”, un texto que rematou en maio de 1896 (que escribiu, polo mesmo, nos 60 días de paro forzoso, cando reinaba a incerteza, mentras meditaba as ofertas). O texto foise publicando como folletín de La Temporada en Mondariz. En 1908, cando xa era director de El Liberal (o diario de máxima difusión e prestixio daqueles anos) pasa a formar parte da curiosa “Biblioteca” do curiosísimo semanario”

Un dos capítulos desta obra leva o título de “Viaje al interior” de onde recollemos o seguinte texto no que fala de Tui e das relacións entre Galicia e Portugal. Como queda acreditado neste texto, Alfredo Vicenti era tamén un gran coñecedor da cultura portuguesa e das ideas do “iberismo”.

Neste texto Vicenti equipa á nosa cidade como “la princesa dormida en el bosque de que habla el amable Perrault en sus cuentos de hadas” e recolle amables palabras para esta cidade de Tui, “bella, callada, tranquila”.... Agardo que os nosos lectores saboreen este texto dunha das grandes sinaturas do xornalismo español.



Mas allá de Porriño, prolongase una vasta planicie monótona, inhospitalaria e inculta como estepa. Es la gándara de Budiño, en cuya larga extensión apenas si se deja ver algún pastor que guarda inmóvil un hato de ovejas, o algún caballejo medio salvaje que emprende al oír el menor ruido un descompuesto galope. De no ser demasiadamente conocidas las artes de nuestra administración, nadie podría explicarse como en un país donde llegan los sembrados hasta la cima de los más agrios montes permanece baldía aquella enorme franja de terreno. Al acabarse la gándara de Budiño asoma en el centro de una serie de colinas y hondonadas, perpetuamente verdes, la noble ciudad de Tuy, que contempla su hermosura de rica-hembra venida a menos, en los cristales del anchuroso Miño.

La catedral, encaramada en una eminencia, y en la cual hay todavía más almenas que cruces, mira de hito en hito a la vecina plaza fuerte de “Valença”, sobre cuyos murallones vestidos de yedra, flamean las quinas lusitanas.

Por entre las dos ciudades corre mansamente el río, después de aceptar el tributo que en nombre de Galicia le brinda el Tea y el Louro.

Es opinión general en el país, aunque no comprobada por ningún dato seguro, que la ciudad de Tyde debió su fundación a Diomedes, hijo de Tydeo. Otros dilucidarán con mayores luces la cuestión; por nuestra parte nos contentamos con saber de cierto que en la época de los visigodos tuvo categoría de corte, y fue durante algunos años residencia de Witiza.

Población de excepcional importancia, no logró con su belleza y abolengo hacerse respetar de la fortuna. Arrasada varias veces por los normandos y los moros, despoblada en dos o tres ocasiones, y sin pastor durante mucho tiempo que rigiese la sede episcopal, cuando se vio libre de los sectarios de Odim y de Mahoma, encontrase no menos requerida y atropellada por la natural codicia de los portugueses. El amor de éstos fue para ella tan funesto como la saña de los otros. Desde mediados del siglo XII hasta finales del XV no cesaron los reyes de Portugal de disputar su posesión a los de Castilla, y dentro de sus murallas se hicieron fuertes a intervalos más o menos largos, la infanta Dª Teresa, Alfonso Enríquez, Sancho I, el Maestre de Avis, el duque de Lancaster y Pedro Madruga.

Hoy cuenta solo 11.000 habitantes, y vive no más que de sus recuerdos, desde que dejó de ser capital de provincia. Pero ninguna se encontrará en España que conserve tan grato y tan típico el carácter de las ciudades medio guerreras y medio episcopales de la Edad Media; ninguna que por los restos arqueológicos y por los encantos naturales suscite en el alma del historiador y del artista, mas delicadas emociones. Bella, callada y tranquila, guardada a distancia por el monte Aloya con el mágico valle del Louro tendido a sus pies, oreada por las brisas que se saturan de azhar al discurrir entre los naranjos y los limoneros. Recuerda y semeja la princesa dormida en el bosque de que habla el amable Perrault en sus cuentos de hadas. Y aún es mayor la semejanza en las noches estivales de luna, cuando los ruiseñores metiéndose sin cuidado hasta el centro de población, se ponen a cantar entre los frondosos árboles de la Corredera.

Río abajo está La Guardia, que tiene al lado el valle Miñor, y detrás, hacia la parte de Bayona, el del Rosal, sin que acierte a definir, orgullosa con la posesión de ambos, si es el segundo quien aventaja al primero o si el primero quien aventaja al segundo.

Sigue la villa y sobre el lugar de Camposancos en que los jesuitas han establecido un colegio lo más cerca posible de la raya, proyecta el monte de Santa Tecla su agorera sombra. La blanca ermita que corona las sienes del promontorio no basta a limpiarle de cierto aspecto siniestro que induce pensar que los misterios de un culto primitivo. Antes, de fijo, que Santa Tecla, anduvieron por allí Endobélico y Teutates.

A la banda opuesta del agua, dilatase el territorio de Portugal, que ni por la forma de iglesias y granjas, ni por la índole del cultivo y la vegetación, se diferencia en nada del territorio gallego. Grandes lanchones de vela cuadrada y oscura descienden a filo de la corriente, y hacia la desembocadura de ésta cabalga sobre la línea espumosa de la barra del puerto de Caminha. A una y otra margen del río, guardinhas y carabineros hacen entender a quien lo cruza que el pueblo de la derecha y de la izquierda constituyen dos diversas naciones y dos familias rivales. Pero de orilla a orilla van y vienen a cada momento los pájaros que en las dos entonan los mismos cantares y picotean las mismas frutas. Así pasan en doble corriente continua las almas y los corazones. En vano les advierte la política que son distintos los de acá y los de allá; la naturaleza les demuestra, riéndose de la razón de Estado, que todos son unos.

Cuando se encuentran bordo a bordo en medio del Miño, pan amarillo truecan y en idéntico idioma se saludan el pescador o el contrabandista gallego y el pescador o contrabandista lusitano. A principios del siglo XVIII, no faltó mucho para que la provincia de Pontevedra fuese cedida a Portugal, y a mediados del propio siglo estuvo a punto de sufrir o lograr análoga suerte de la de Tuy, pues los Borbones proyectaron darla a los Braganzas, en cambio de la isla del Sacramento. No por ello guarda rencor a Castilla la región helénica que, en las guerras con el país vecino acreditó sobradamente su adhesión inquebrantable a la nacionalidad española; pero tampoco puede considerar ni considerará nunca como gente extraña, a sus hermanos de la otra parte del río. Por conducto suyo, se verificará algún día ya que no la unión política, seguramente irrealizable, la federación mercantil e intelectual a que aspiran ambos pueblos. Para entonces no será el viaducto internacional que da paso a las locomotoras, sino la provincia de Pons veteris, que tal vez por designio providencial lleva este simbólico nombre, la que sirva de medianera y de puente entre Portugal y España.

“Viaje al interior” publicado en “La Temporada de Mondariz” de Alfredo Vicenti

Viewing all 229 articles
Browse latest View live