Quantcast
Channel: Tudensia
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

Presentación do libro "Breve historia de Tui"

$
0
0

O pasado martes, 15 de xuño, celebramos na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, a presentación do libro “Breve Historia de Tui”. Este acto contou coa participación de Cristóbal Ramírez, xornalista especialista en turismo e no Camiño de Santiago, José Ramón Fernández e Isilda Salvador, do Instituto de Estudios Tudenses e vinculados profesionalmente á Catedral de Tui e ao Núcleo Museolóxico de Valença respectivamente, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co autor.


A obra, editada por Ediciones Accidentales e impresa por Gráfica Juvia de Tui, realiza unha visión panorámica do devir histórico da cidade de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade.

Existe unha ampla bibliografía, se subliña na introdución do libro, que estuda aspectos diversos da historia, da arte, das tradicións, do patrimonio tudense, pero moi escasas obras que fagan un achegamento xeral á súa historia. Este libro pretende encher ese oco na ampla produción de estudos e investigacións sobre a nosa cidade.

Achego unha reportaxe do desenvolvemento da presentación asi como as palabras que pronunciei no decurso desta presentación.

Prezados amigos

En primeiro lugar, expresar a miña inmensa gratitude a todos os que estades presentes neste acto de presentación desta  “Breve historia de Tui”. A vosa asistencia expresa, ante todo, a vosa amizade e a vosa xenerosidade cara a miña persoa, pero expresa tamén o voso interese pola nosa cidade, pola súa historia; expresa con rotundidade que falar da nosa historia, do noso pasado, da nosa traxectoria común como comunidade non é unha mera diversión diletante dalgúns escollidos, nin unha acción cultureta mais para autosatisfacción dunha elite intelectual...

En Tui esa afirmación tan repetida de que “non podemos ser outra cousa que o noso pasado e o coñecemento que nel adquirimos” ten plena vixencia. A vosa presenza demostra que Tui é unha cidade de fondas raíces, de prolongados camiños que serpean por séculos de vida común e compartida neste proxecto colectivo que é Tui. Os tudenses sentimos esta construción histórica como propia, como nosa, como ese ruxe ruxe do que non podemos, nen queremos, afastarnos, por que sabemos que esa é a nosa riqueza, a nosa identidade. A vosa presenza nesta presentación reafirma este meu convencemento.

Desculpas por non nomear un por un a tantos amigos que hoxe asistides a esta presentación. Gracias a todos por compartir este rato de calor. E gracias tamén a todos os tudenses, de hoxe e do pasado, sen eles este libro non sería posible, eles, vos, sodes os protagonistas desta obra, aos que este compilador so quere dar voz, presencialidade, protagonismo.

Unha gratitude que se concretiza nas persoas que me acompañan na mesa. A Cristobal Ramírez, acreditado xornalista de La Voz de Galicia, animador incansable dos camiños xacobeos, amigo entrañable que me ten aberto, nos poucos anos en que levamos coñecidos, as portas xenerosas da súa amizade, e que traballou abondo, xunto con Lalo Mayo, na preparación deste libro con entrega xenerosa que non poderei pagarlles.

Amizade e gratitude permanente, consolidada pola nosa común nacencia en San Bartolomeu -e eso, me desculparan todos, marca un grao de condición tudense-, lle debo a Jose Ramón Fernández, por compartir todos os seus moitos saberes sobre a historia, a arte e as xentes de Tui e aconsellar  e orientar, con tino e lucidez, a redacción desta obra.

Agradecemento tamén a amiga Isilda Salvador, valenciana das terras tudenses de Transmineo, que me ensinou, tantas veces, a coñecer e amar a historia de Valença e a superar a vella ponte da incomunicación que tantas veces afasta a ambas ribeiras do Miño. Gracias Isilda polo teu saber e pola túa amizade.

Gracias tamén ao noso Alcalde, Enrique Cabaleiro, por asistir a este acto, polas súas esaxeradas palabras coas que me ruborizo e que se deben a súa xnerosidade pero máis aló da súa digna condición persoal encarna, como alcalde, o obxectivo deste libro, animado polos tudense e feito para os tudenses.

Gracias a Juan Lima, con ese nome moitos non saberán a quen me refiro, a Juan de Juvia, propietario de Gráficas Juvia... sen él este libro non seria posible, el ten asumido a súa edición que poderemos compensarlle coa venda desta obra que non recibiu financiamento público de ningunha institución u organismo, pois creo que a sociedade civil ten capacidade dabondo sen precisar de continuo de axudas. Juan Lima mantén o facho dunha alongada tradición de impresores tudenses, que se prolonga dende hai xa dous séculos, cun traballo entregado e colaborativo, de xa corenta anos con Gráficas Juvia... que lle ven seguro da súa infancia en Santo Domingo.

E gracias moi especialmente a miña familia, a Coral e os meus fillos. A eles débolles o cariño e o tempo roubado para dedicarme a redacción desta obra e tamén polo seu elevado espírito crítico que tanto axuda a concretizar os meus escritos e moi especialmente esta obra.

Como sinalo na introdución, esta obra débelle o seu valor so foi ás innumerables achegas que tantos e tantos investigadores ao longo dos anos teñen aportado ao coñecemento do noso pasado. Este libro se nutre das súas obras e a elas remitimos para afondar no coñecemento do noso devir histórico.

É de xustiza pois lembrar hoxe a historiadores como Francisco Avila y La Cueva, Pascual Galindo Romero, Manuel Fernández-Valdés, José García Oro, Xosé María Álvarez Blázquez, Ernesto Iglesias Almeida, Aquilino G. Santiso, Suso Vila, Juan José Perles, Marta Cendón,Silvia González Soutelo Bieito Alonso e tantos e tantos outros nomes sen esquecer aos compañeiros e amigos do Instituto de Estudios Tudenses, varios deles aqui presentes. Sen eles non existiría esta obra, pois deles recollemos e documentamos as nosas páxinas. Poucas cidades como Tui poden gabarse de posuír unha nómina tan acreditada de estudosos que tanto teñen contribuído ao coñecemento do noso acervo, do legado recibido dos nosos devanceiros

Stefan Zweig nunha das súas obras expresa coa habelencia da boa escritura o seguinte: os libros se escriben para unir, por encima do propio alento, aos seres humanos.

Esta breve historia de Tui quere unir, unirnos co noso pasado, revitalizar a nosa memoria colectiva, asentar o orgullo de Tui, da súa historia, da achega dos tudenses que nesta terra, dende hai miles de anos, teñen traballado, rido e chorado, teñen amado e sentido; unha cidade que teñen construído coas súas mans, co seu esforzo, ilusión e cobiza por un mundo mellor. Este libro pretende que a nosa memoria sexa tamén como o granito da nosa cidade, permanente, e contribuír a recuperar nomes como Martín Muñiz e Paio Martínez, Pedro Menéndez, Fernando Soares e Pedro Pombo, lideres das revoltas medievais, ou Cándida Rodríguez, Joaquin Estevez Besada ou Venancio González Romero, os mártires de Sobredo, e tantos outros que agardan, ancorados no tempo, ser rescatados.

Nun fermosísimo libro que acabo de ler, “El infinito en un junco” de Irene Vallejo, gañador do Premio Nacional de Ensaio de 2020, Deixen este libro e lean esta marabillosa obra sobre “a invención dos libros no mundo antigo” pero que fala da actualidade. A autora na última paxina recolle unha cita dun poeta e viaxeiro, o zaragozano Fernando Sanmartín: el pasado nos define, nos da una identidad, nos empuja al psicoanálisis o al disfraz, a los narcóticos o al misticismo. Los que somos lectores tenemos un pasado dentro de los libros. Para bien o para mal.Un libro es siempre un mensaje”

E a miña mensaxe é sinxela, simple, os tudenses non precisamos nin psiconalise, nin mascaras (“mascaritas” dicimos en Tui), precisamos ollar ao noso pasado, ao noso excepcional pasado, e sentírmonos orgullosos dos nosos devanceiros, dos tudenses que nestes últimos dous milenios teñen creado co seu esforzo e ilusión, cos seus acertos e erros, unha cidade excepcional, pero nin mais nin menos que ningunha outra, dotada dunha traxectoria da que temos que considerarnos como continuadores e custodios.

Pero precisamos, como sociedade, unha pequena terapia, á que agardo este libro contribúa: compre rachar co “bucle melancólico” no que vive comodamente instalada unha boa porción da sociedade tudense, desbotar de nós ese continuo laio sobre o que fomos e agora non somos, sobre as glorias pasadas, as decrépitas vidas desta cidade levítica que diría Camilo Bargiela. O noso pasado non é un motivo de lástimosa saudade ou de morriña paralizante, senón un alento de esperanza, a testemuña da capacidade da sociedade tudense de se erguer de continuo. Ollar á nosa historia, que se expresa especialmente noso patrimonio, tanxible e intanxible, é comprobar que os tudenses fomos capaces, en medio de guerras, dificultades, tiranías, opresións, etc de construír xuntos unha fermosa cidade da que sentirnos orgullosos.



O xeito como unha cidade lembra a súa historia – coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias- reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, qué proxecto común quere construír.

Este libro non pretende ser unha rememoración que olla con nostalxia ao pasado senón unha afirmación das capacidades de Tui e as súas xentes para reposicionarse, para repensármonos como cidade.

A nosa historia, o noso amplo patrimonio cultural non é unha pesada carga coa que temos de resignarnos e tentar de liberarnos desa condena que impide o noso desenvolvemento. Con este libro querería contribuír a demostrar que no noso pasado está o noso presente e, moi especialmente, o noso futuro. Xa non somos praza de guerra, capital provincial, cidade episcopal, nin centro comercial.... Funcións que ao longo do tempo desempeñou a nosa cidade. Hoxe  gran riqueza de Tui é a nosa historia, o noso patrimonio, asi como a nosa posición estratéxica no territorio do noroeste peninsular de ponte entre Galicia e Portugal. Nunha axeitada e estratéxica xestión do noso pasado, da nosa historia, da nosa situación no mapa, están as oportunidade e as potencialidades de futuro de Tui, as novas industrias teñen que ver co aproveitamento sustentable do noso acervo cultural, coa promoción dun turismo diferenciado e de calidade (por que non Tui unha cidade slow?).

Este libro se nutre tamén especialmente da querenza pola nosa cidade recibida da miña familia e de tantos e tantos tudenses que, ao longo dos anos, ensináronme coas súas palabras e actos a querer a unha cidade e unha terra chea de beleza, de arte, de patrimonio, de vida... pero acostumada a permanecer silandeira, agochada.... pois, tantas veces, por un maldito complexo, non somos quen de comunicar o patrimonio tanxible e intanxible que nos singulariza e que expresa unha parte da historia e do espírito non xa de Galicia senón da vella Gallaeciae que une as terras do norte e o sur do río Miño. Agardo que coa axuda dos lectores desta Breve Historia de Tui poidamos facelo entre todos. Moitas gracias



 


Rafael García Sánchez, orixinal ilustrador tudense

$
0
0

O rico patrimonio que atesoura a nosa cidade non está cinguido unicamente aos elementos construídos que identifican a Tui, cómpre incluír neste concepto patrimonial, consubstancial á propia identidade tudense, outros aspectos, ás veces, considerados menores pero que son pezas necesarias na construción da nosa singularidade e na súa identificación por nós mesmos.

Non somos os tudenses moi dados a valorar con xustiza os nomes propios que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva coas súas achegas ou traxectorias. Recuperar estes nomes é un xeito de revitalizar o pulso dunha colectividade e reivindicar a aportación tudense á cultura e historia de Galicia.

Este pretensioso exordio serve para presentar neste post a un pequeno grupo de tudenses, integrantes dunha xeración que podemos situar, non sentido amplo, nas décadas entre o século XIX e o século XX e que conforman unha xeración de ilustradores de moi alto nivel artístico e que actualmente resultan case descoñecidos para a inmensa maioría dos nosos veciños.

A celebración no pasado mes de abril dunha exposición titulada “Estampas anagrámicas” de Rafael García Sánchez na Sala Municipal de Exposicións tudense, organizada pola concelleria de cultura do Concello de Tui, que recuperaba unha ampla colección de debuxos xa exposta en Tui no ano 1934 e puña de novo de actualidade a este grupo de ilustradores: Eduardo Padín Rodríguez (Tui 1886 – Vigo 1979), José Izquierdo Durán “Yzquierdo” (Tui 1890 – Madrid 1930), Guillermo Taboada Infante (Tui 1909 – Madrid 2006), José Castro Arines (Tui 1911 – Madrid 1997) xunto ao xa referido Rafael García Sánchez.

Sobre os tres primeiros nomes xa nos temos ocupado neste blog: Eduardo Padín: http://tudensia.blogspot.com/2009/01/trinta-anos-da-morte-de-eduardo-padn.html  ou http://tudensia.blogspot.com/2020/04/nova-pinga-de-humor-tudense-os-monos-de.html, igualmente de José Izquierdo: http://tudensia.blogspot.com/2011/12/yzquierdo-duran-ilustrador-tudense.htmle Guillermo Taboada: http://tudensia.blogspot.com/2011/12/guillermo-taboada-infante-pintor-e.html. Con todo, resulta necesario revisar, nun futuro próximo, estes post pois contamos con novas noticias e achegas que enriquecen aquelas aportacións.

Nos ocuparemos hoxe de Rafael García Sánchez recuperando as aportacións realizadas na xa citada exposición. Deste ilustrador son escasos os datos biográficos que coñecemos. Nace en Tui nos anos oitenta do século XIX. Foron seus pais Ignacio García e Generosa Sánchez e os seus irmáns José García Sánchez, afamado avogado tudense e correspondente do Faro de Vigo moitos anos, Manuel, médico militar, Ignacio, comisario de policía, e Purificación, casada co militar portugués Isidoro Pereira Padín. Rafael García Sánchez estivo solteiro.

En 1911 como empregado dunha casa industrial e traballando en Portugal foi detido en Régoa, acusado de conspiración contra a recentemente proclamada República portuguesa, e encarcerado en Porto e Lisboa durante once meses, liberado coa obriga de abandonar Portugal tras as xestións do ministro plenipotenciario na legación de España en Lisboa, Rodrigo de Saavedra y Vinent, II marqués de Villalobar.

Posteriormente na súa actividade profesional foi oficial de Facenda, adscrito a cidade de Tui, logo destinado, a petición propia, á Aduana de Behovía – Irun onte traballou ata a súa xubilación.

Dedicado dende novo ao mundo da ilustración, colabora en diversas publicacións como “Vida gallega” (1920), “Faro de Vigo” (1925) ou a revista tudense “La Semana” (1925). A participación como humorista gráfico en “Vida gallega” está relacionada, de seguro, coa presenza de Eduardo Padínque dende 1916 colabora nesta revista que se editaba en Vigo, da que chegou  ser subdirector desde 1924 ata 1927, mantendo a súa colaboración ata 1935.


Clodio González Pérez no seu estudo sobre “Aproximación á historia do humos gráfico galego” (Edicións do Castro, 1984)  cita que o crítico de arte, José Francés, dedicoulle unhas verbas moi gabanciosas en El mundo ríe. La caricatura universal en 1920 (Madrid, 1921).

Rafael García Sánchez cultivou tamén a “cisografia”, técnica consistente no debuxo de persoas ou escenas recortadas en cartolina negra colocadas sobre un fondo luminoso; realizando diversas exposicións con esta técnica.

A exposición de abril pasado foi realizada coa colección de 72 láminas tituladas “Estampas anagrámicas” que conservaba a familia Arean Pereira. Esta conxunto integraba a exposición do mesmo título inaugurada, por vez primeira, no “Lar Gallego” de San Sebastián coincidindo coa festa do apóstolo Santiago do ano 1932. En xuño do ano 1934 realizase de novo esta exposición no Casino de Tui, enviando a colección de estampas ao Presidente de la Liga de Amigos de Tuy, don Rosendo Troncoso Bugarín, para amenizar el programa de festejos de San Telmo. Habiamos admirado ya en otras ocasiones algunas de las sugestivas creaciones de este “verdadero artista” del lápiz y la pluma que le otorgaban con indiscutible derecho el titulo de gran dibujante sinala o correspondente de El Pueblo Gallego. No ano seguinte, nos meses de outubro e novembro de 1935, esta mostra foi presentada en Vigo nos salón de “Amigos del Arte”.


A orixinalidade destes debuxos, dedicado a unha persoa ou lugar,  está por ser realizados combinando as letras da cada palabra, pero asombrosamente esa combinación de letras logra reproducir ou a cara do personaxe ou o símbolo que identifica a cada lugar. Hai unha mestura de sinxeleza, de calidade no trazo e de modernidade logrando unhas imaxes que anticipan as técnicas de deseño contemporáneo.






Ao finalizar o noso agradecemento á familia Arean Pereira, tan vinculada a Tui, que soubo conservar esta colección e posibilitar a súa exposición pública, recuperando para Tui a figura de Rafael García Sánchez.




Novas visitas ao patrimonio tudense

$
0
0

Hai varios meses publicamos neste blog un breve listado de diversos elementos do noso patrimonio cultural ou natural que polo seu interese e significación pagaba a pena coñecer e, moi especialmente, visitar: http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html

Agora cando o tempo de verán anima ao paseo pode ser unha boa oportunidade para achegarse a novos bens integrantes do noso acervo patrimonial tantas veces escasamente coñecidos e valorados.


Cama do Santo

Rocha localizada no cumio do Aloia, denominada Cama de San Xiao, pois a tradición afirma que sobre esta pedra durmía o santo e foi onde repousou o corpo deste santo logo do seu martirio, e vincula esta “cama” coa fertilidade. As parellas que non lograban ter fillos acudían a este lugar e, tras xacer no mesmo, acadaban a ansiada descendencia.

A pedra inmediata a esta “cama” é identificada tradicionalmente como a almofada de San Xiao. En consecuencia, se vincula este lugar coa protección dos males da cabeza (migrañas, etc.). Os devotos pois tras rezar ao carón da “Cama de San Xiao” e antes de marchar dan tres corques coa testa para protexerse destes males.

Na web de “Galicia encantada” figura testemuña de Roberto Gómez González: dinos que a súa avoa contáballe que antigamente os romeiros que padecían de dores de cabeza ían a pé ata a Cama de San Xulián no Aloia cunha tella do país na cabeza durante todo o camiño. Unha vez chegados alí deixaban a tella no tellado da capela e ían á Cama de San Xulián, sentábanse de costas ao burato e daban tres veces coa parte de atrás da cabeza contra a pedra e así milagrosamente aliviaba San Xulián estas dores. Di que lembra facer isto ao chegar á Cama de San Xulián. 

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=18&id=2413



Pedra do acordo

Marco de pedra situado no Aloia, ao carón da estrada a Prado. Posúe unha forma pentagonal e sinala os límites de término de tres concellos: Tui, O Porriño e Gondomar, e de cinco parroquias: Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Morgadáns e Chenlo.

Cabe engadir que este lugar marca o límite de Tui e a súa xurisdición dende a concesión polos condes de Galicia, Don Reimundo e Dona Urraca, do couto de Tui ao bispo da cidade no ano 1095. Unhas lindes que como comprobamos neste lugar de referencia histórica mantivéronse dende aquela ata a actualidade.

Os interesados atoparan máis información no blog Ferruxadas: http://ferruxo.blogspot.com/2013/11/a-pedra-do-acordo-no-monte-aloia.html



Monumento a Rafael Areses

Localizado tamén no cumio do Aloia pero que pasa inadvertido para a maioría dos visitantes, pese a situarse a carón dos lugares mais transitados.

Este monumento esta rodeado de arbores e accedese a través de dezanove banzos. Foi realizado por iniciativa do Club Montañeros Celtas en setembro do ano 1956.

É obra do mestre canteiro tudense Francisco Gómez González, coñecido por Manteigada. É unha sinxela estrutura cun dintel en forma triangular onde figura a dedicatoria: “Testimonio de admiración y gratitud al ingenierio D. Rafael Areses”.




Igrexa de Santiago de Malvas

Na antiga vila medieval de Maloes de Jusaos, denominada Malvas dende inicios do século XVI. A súa igrexa parroquial pertenceu ao morgado da Picoña, por elo figuran as armas dos Troncoso de Lira no exterior da súa ábsida. É unha igrexa barroca do século XVIII, reaproveitando material da anterior igrexa románica. Na fachada conta cun nicho onde figura unha escultura pétrea de Santiago a cabalo.



Muíños de Paredes ou do río Deique

Conxunto de oito muíños no rio Deique neste barrio de Rebordáns e que forman parte do territorio do Parque Natural do Monte Aloia.

Son case todos de cubo rectangular e cuberta dunha auga, a maioría restaurados hai anos pero hoxe con evidentes sinais de grave deterioro por non existir unha conservación axeitada dos mesmos.

Non son únicos existentes neste río Deique, afluente do Louro, pois Ernesto Iglesias Alemida no seu documentado estudo sobre “Os muíños do Concello de Tui” recolle ata dezasete destas edificacións, con referencias documentais que podemos datar, nalgún caso, ata o século XVII. Un dos muíños, o muíño da Ponte Pequena, ten gravada na porta a data de 1791.


 

Fonte da Matanza

Na parroquia de Ribadeouro, preto da súa igrexa parroquial, atopamos esta fonte que conserva na súa denominación a lembranza dun feito histórico na Guerra da Independencia.

O 27 de marzo de 1809 o xeneral Lamartinière, que ocupaba a cidade e Tui, dende o 3 de febreiro, ordena a saída dun forte continxente de tropas, ao mando do comandante Chapuzetl, para auxiliar as tropas francesas que ocupaban a cidade de Viqo e que estaban sitiadas e son derrotadas ao día seguinte. Por tanto, este grupo enviado dende Tui non chega a entrar en combate e no seu retorno son atacadas en Ribadelouro ocasionándolle numerosas baixas.

Manuel Osuna Rey no seu libro sobre “Los franceses en Galicia” recolle o testemuño do párroco de Ribadelouro, Rvdo. Faustino Vázquez, no seu libro de defuntos no que relata o seguinte: En veintiocho de marzo de mil ochocientos nueve subieron por esta parroquia como unos cuatrocientos hombres de infanteria francesa en socorro de los que estaban posesionados de la villa de Vigo y mataron impunemente a Juan Besada, marido de Josefa Romero; Juan Ignacio Rodríguez; Juan González, marido de Antonia Fernández, mis feligreses; y a un militar español disperso y enfermo de tercianas, sin que se sepa su oriundez; a todos con la mayor crueldad, como que al Rodríguez lo pasaron a cuchilladas despues de haberle tirado cuatro balazos; al González haberle pasado la frente con un balazo y le cortaron la mano derecha, y al disperso le dieron hasta cinco balazos solo porque le encontraron comiendo un poco de pan; bien lo vengaron nuestros tiradores la vuelta de Vigo, que de los cuatrocientos franceses solo entraron de vuelta a Tuy, de catorce a quince sanos; quedaron en esta parroquia seis muertos, uno de los cuales auxilié del modo posible y está enterrado en el atrio de esta iglesia, tres prisioneros, dos heridos, uno con la pierna tronzada de un balazo, el otro con un muslo... 

Agradecemos a Christian Lago a cesión da fotografía..



Pazo e Capela do Pilar

Localizados na actualidade na zona urbana tudense, na confluencia entre as rúas Casal Aboy e Irmás Maristas.

A orixe do pazo non é coñecida, pero apunta ao século XVIII polo escudo que conserva na fachada lateral coas armas dos Lira, Castro, Aldao e Quiroga. Quizás fose o seu propietario Juan de Castro e Lira, rexedor de Tui en 1715. Segundo recolle Suso Vila en 1833 era propietario do mesmo D. José de Castro y Taboada.

No ano 1936 o pazo e os seus amplos terreos foron comprados polo industrial portugués radicado en Tui, Juan Alberto de Oliveira, que rehabilita a edificación cun proxecto do prestixioso arquitecto vigués Manuel Gómez Román que imprime o seu característico estilo neo-pacego que podemos apreciar especialmente na solaina e soportal que caracterizan a fachada deste pazo, cuxo deseño achegamos.

O escudo da fachada é contemporáneo coas armas dos Vieitez de Puga, familia oriúnda de Sela, á que pertencía a esposa de Juan Oliveira.

Pola súa parte, a capeliña do Pilar foi fundada a mediados do século XVIII polo cóengo da catedral tudense, Domingo Antonio de Castro e Lira, da familia fundadora da casa. Destacan a imaxe de Nosa Señora do Pilar no exterior e o retablo barroco do interior, onde se conserva o balcón sobre ménsulas para que os propietarios da casa asistisen aos oficios relixiosos sen saír da casa.




Estación de ferrocarril de Tui

Esta estación xorde coa apertura la liña Guillarei – fronteira portuguesa, que tiña como misión unir as redes ferroviarias de España e Portugal a través da ponte internacional inaugurada en 1886.

Esta pequena liña foi proxectada no ano 1880 e será a empresa MZOV (Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo abreviada por Medina a Zamora y de Orense a Vigo como MZOV) a encargada de construír esta liña e a estación tudense, inauguradas ambas o 1 de xaneiro de 1884. Naquela altura era unha estación provisional.

A actual estación de ferrocarril tudense foi proxectada por MZOV en 1890 como unha estación de 4ª categoría cun orzamento de 101.228 pesetas. Foi realizada polo contratista Victor Bibaltúa Olaveaga, oriúndo de Logroño e casado en Redondela. Será o seu fillo Apolinar quen remate a obra tras a morte do pai, e asine a liquidación da mesma en xaneiro de 1896.

Na actualidade o edificio, que sofriu diversas reformas e adaptacións ao longo dos anos, é testemuño das liñas de comunicación ferroviarias entre España e Portugal e carece practicamente de actividade o que non lle resta valor.

Xunto á estación se conserva un pequeno espazo axardinado con interesantes especies arbóreas, que reclama un acondicionamento.

Factum fuit hoc placitum apud Tudam in riva Minii, o Pacto de Tui de 4 de xullo de 1137

$
0
0

 No ano 2017 promovéuse a conmemoración do 880 aniversario da sinatura dun acordo ou pacto entre o futuro monarca portugués, Afonso Henriques, e o emperador Alfonso VII. Un pacto bautizado pola historiografía co nome da nosa cidade, o Pacto de Tui.

Afonso VII, o emperador. 

Ás veces este acordo é presentado como un fito nas relacións entre o nacente reino de Portugal e o reino de León e Castela, unha relación moi esaxerada que non responde á realidade histórica. O Pacto de Tui non deixa de ser un acordo entre o futuro rei portugués, Afonso Henriques e o monarca castelán-leonés, Alfonso VII, o “emperador”.  Non podemos afirmar que é “un dos acontecementos históricos máis importantes do século XII[1] pois, como veremos, foi un dos diversos pactos ou acordos asinados entre ambos monarcas no contexto das continuas tensións territoriais e das disputas dinásticas que caracterizan a eses tempos de conformación das entidades territoriais no norte da Península.

Para contextualizar axeitadamente este Pacto de Tui é necesario referirse ao proceso de independencia do condado de Porto, ou portucalense, de onde deriva o futuro nome de Portugal. Unha independencia que non é froito dun proceso de ruptura radical, de levantamento ou revolución, senón un proceso progresivo de afianzamento do poder político e militar que atopa na sinatura de tratados, acordos, etc. o instrumento válido para acadar un recoñecemento xurídico e político dea unha base ao futuro reino.

Botando unha ollada no tempo, Galicia, integrada na monarquía ástur-leonesa, estaba gobernada polo comes Gallaeciae que representaba ao monarca, pero na segunda metade do século XI noso territorio é o centro da loita política e a súas elites determinan  a vida política da monarquía. Á morte de Fernando I, o reino divídese entre os seus fillos tocándolle Galicia a Don García, que goberna un territorio, que chega ata o río Mondego, entre 1065 e 1070, ata que é deposto e apreixado. No ano 1090 é enviado como comes a Galicia Raimundo de Borgoña, casado cunha filla do rei Afonso VI, Dona Urraca, namentres que no 1096 o rei concede o condado portucalense a Henrique de Borgoña, casado con Dona Tereixa, irmá de Urraca.

Dona Urraca, no Tumbo A da Catedral de Santiago

Tras a morte de Raimundo de Borgoña en 1107 ábrese un crise política; unha parte da nobreza galega apoia a Dona Urraca e a súa idea imperial leonesa, namentres que outro sector liderado por Pedro Froilaz, conde de Traba, e Xelmírez, arcebispo de Compostela, apoia a Afonso Raimundez, fillo de Dona Urraca, marxinado do trono pola súa nai e os seus partidarios,  ata o punto de consagralo na catedral compostelá como rei de Galicia, pero os avatares políticos e familiares o converten logo en Afonso VII, como rei de León e Castela e imperator totius Hispaniae, vinculando definitivamente a boa parte da nobreza galega, ata daquela rebelde, na monarquía leonesa.

Paralelamente no condado portucalense asistimos a un proceso similar de intensas loitas políticas e familiares. Tras a morte do conde Henrique sucédelle a súa viúva, a condesa Dona Tereixa, que manterá unha política de achegamento ao Norte do Miño e por tanto unha postura vinculada a Afonso VII e a monarquía leonesa-castelán. O seu fillo, Afonso Henriques, pretende un forte poder condal como paso a un futuro reino independente, contando neste obxectivo co apoio do arcebispo de Braga, aposto ao ascenso de Santiago como sede metropolitana no seu detrimento, e diversos grupos aristocráticos. Ante tal situación o rei Afonso VII viaxou a Portugal sitiando a Afonso Henriques en Guimarães, até conseguir a súa promesa de fidelidade,

Dona Tereixa, 

Este Afonso Henriques, fillo do conde Henrique, proclamaríase, andando os anos, como primeiro rei de Portugal, logo de usurpar os dereitos que tiña a súa nai Dona Tereixa, que casa en segundas nupcias con Pedro Froilaz de Traba, establecéndose en Galicia. Pouco despois daquelas promesas de fidelidade, apenas uns meses, en 1128, ante o incumprimento de Afonso Henriques, as tropas de Tareixa e Fernando Pérez de Traba libran a batalla de San Mamede (1128), onde os portucalenses  de Afonso Henriques saen vitoriosas, asumindo o pleno goberno do condado. A súa nai, Dona Tereixa retírase a Galicia xunto co de Traba se instalan en Galicia, onde morrerá a condesa en torno a 1130.

Unha cita de Ramón Villares nos permite contextualizar este proceso:  esta aparición do reino de Portugal é difícil de explicar porque é máis complexa do que aparece na tradición historiográfica portuguesa fortemente nacionalista. Tamén, desde a perspectiva galega, este feito foi interpretado, desde a historiografía romántica, como unha secesión ou unha revolta da Galicia bracarense contra da lucense e, mais concretamente, contra a política anexionista protagonizada por Xelmírez. Nos propios “Anais de D. Afonso Henriques”, compostos a finais do XII, aparece a xustificación do paso dado por Don Afonso como unha revolta “contra a tentativa de dominación estrangeira, conduzida por galegos” (J. Mattoso). Pero o feito é, como sinala este historiador portugués, que en 1128 non hai reacción anti-galega, porque non só había e seguirá a haber, despois de 1128, grande permeabilidade entre a nobreza galega e portuguesa, senón  porque no mesmo bloco que apoia a Afonso Enríquez hai un importante núcleo nobiliario galego, da parentela dos Traba, que procuraba en Portugal o éxito que en Galicia se lle negaba.

A constitución do reino portugués obedece, por tanto, a causas complexas que remiten á propia diferencia existente, ao menos, desde a época romana, entre a rexión bracarense e a lucense; e obedece así mesmo á incapacidade da nobreza galega para se constituír en reino propio dende os tempos iniciais da reconquista. A expansión territorial cara ao sur e o desenvolvemento atlántico de Portugal correrá a cargo deste reino formado a partir da parte meridional da “Gallaecia”, mentres que a Galicia lucense, mais recollida en si mesma, ficou inserida excentricamente na monarquía castelá[2]

En consecuencia, a consolidación do futuro reino de Portugal por Afonso Henriques será un proceso máis de recoñecemento diplomático que de conquista militar, aínda que estas son as que garanten aquel e as diversas conquistas, reconquistas e escaramuzas varias son as que xustifican os acordos escritos.

Esta oscilación política derivada das alianzas conxunturais, tanto políticas como especialmente familiares, terá especial significación no territorio tudense que convértese no espazo de confrontación destes procesos, no intento tanto do futuro reino de Portugal como da monarquía leonesa-castelá de controlar este ámbito xeográfico, dunha diocese que recibe achegas de ambos sectores ao longo dos anos na procura da fidelidade do bispo que basculará nas alianzas con ambos monarcas. Sen esquecer  outra constante, a mobilidade das elites, tanto laicas como eclesiásticas, entre ambos territorios ao norte e sur do río Miño que neste tempo é permanente, pois é entendido como un mesmo espazo social.

Afonso Henriques, 

As circunstancia impuseram a diplomacia como uma frente imprescindível para dar significado político ao poder militar do Primeiro Afonso. Só o apoio do Direito poderia levar ao reconhecimento pontificio, exigindo criatividade e conhecemento às elites nacionais ns novidade requerida pela independência de um Reino na unidade política da Hispânia cristia do século XII, em combate contra o Islao[3]

Afonso VII foi coroado “emperador” o 26 de maio de 1135, nun acto no que non participa Afonso Henriques, o seu curmán. Ao tempo o herdeiro ao trono de Navarra, tras a morte de Alfonso O Batallador, García Ramírez, non presta vasalaxe ao emperador, que emprende unha campaña militar para someter ao navarro. Lograr este obxectivo é prioritario para ofrecer a imaxe dun emperador ao que se someten os reis da Península, na procura dun poder unitario nas monarquías cristiáns.

Sometido o navarro, Alfonso VII se dirixe a Galicia,  que fora ocupada por Afonso Henriques e os seus partidarios, os condes da Limia e de Turonio. Cómpre destacar o nome do conde Gómez Núñez, fillo do conde Nuno de Celanova, que desenvolve un papel privilexiado neste período histórico. Como sinala a Historia Compostelana posuía “un local forte, unha rede de castelos e unha inmensidade de cabaleiros e infantería” tendo a base deste poderío no val do Miño, no territorio tudense. Gómez Núñez é un exemplo desta nobreza que bascula, en función de conxunturas e intereses, entre o reino de León e Castela e o condado portucalense. Será comes ou conde de Tui en diversos momentos e chegará  a mordomo-mor de Afonso Henriques. Aliado de Dona Urraca, logo cambia de posición, apoiando ao seu fillo Afonso Reimundez, virando de novo como colaborador de Dona Tereixa, á que axuda, en 1125, na ocupación de Tui; entre 1129 e 1131 detenta a tenencia da terra de Turonio,  apoia a ocupación das terras tudense en 1136 por Afonso Henriques, en 1138 titúlase “comes tudensis” co aprobación de Afonso VII. Gómez Núñez apoiou tamén a ocupación de 1141 o que lle obrigou logo a exiliarse na abadía francesa de Cluny, a quen lle tiña entregado en 1126 o seu mosteiro de San Salvador de Budiño e as súas propiedades.

Naquel ano de 1136 Afonso Henriques, como xa apuntabamos, vence aos partidarios do emperador, Fernando Pérez de Traba e Rodrigo Veilaz, conde de Sarria, que son derrotados na batalla de Corneja, nas terras do Limia, consolidando así a ocupación de Tui e o territorio do Miño. Unha terra coa que tanto Dona Tereixa e o propio Afonso Henriques mantiñan unha estreita vinculación, como testemuñan as doazóns entregadas á sede tudense por ambos persoeiros ou a proclamación como cabaleiro de Afonso Henriques na catedral de Tui.

Pero este ataque ao Norte do condado de Porto anima aos musulmáns a unha ofensiva, en 1137, sobre Tomar e as localidades xunto ao río Nabào que obriga ás tropas de Afonso Henriques a desprazarse ao sur.

Afonso VII estava nessa altura em Palência (para outros autores en Zamora). Apesar da distância, mais de 300 quilómetros, marchando de dia e de noite, conseguiu chegar a Tui três dias depois e entrava na cidade sem combate.

Sem que haja, pois, notícia de qualquer combate, o facto é que o imperador se encontrou com seu primo (Afonso Henriques) na cidade de Tui, e aí firmou com ele um pacto de que existe ainda o texto (provavelmente parcial). Foi assinado no dia 4 de Junho de 1137. A evidente submissão que este acto representa é surpreendente, face à anterior vitória de Cerneja (...). Afonso VII devia estar disposto a deixar seu primo tranquilo, contanto que este lhe respeitasse a supremacia, lhe guardasse lealdade e jurasse auxiliá-lo no caso de ser atacado por algum inimigo. (…) Afonso Henriques, por sua vez, pressionado, talvez, por alguma incursão serracena, pode ter assinado o compromisso sem se preocupar demasiado com o seu futuro cumprimento[4]

O documento asinado se conserva na documentación do mosteiro leonés de Sahagún e o reproducimos textualmente

Hoc est placitum et convenientia quam facit Infans Portugalensis cum A. Ispanie Imperatore perpetuo mansuram in primis videlicet, ut sit bonus amicus eius, et fidelis bona fide et sine malo ingenio et facit ei securitatem de suo corpore, ne per se, vel suo consilio aliquo tempore sit mortuus, aut ingenido, aut preso et si alius homo hoc fregerit, quod ipse á bene rancure quomodo rancurare de suo corpore, et de suo filio, quem multum amaret.

Facit etiam illi securitatem de sua terra, quod non perdat illam, neque ingeniet, neque perse, neque per suos homines et si aliquis fecent, quod bona fide, et sine malo ingenio adiuvet illum rancurare, ut eam adquirere quomodo faciet, si sua propia esset si vero aliquis Rex Xptianorum, aut Paganorum per vim in terram imperatoris intrare volvent, ut adivet cum amparare bona fide, et sine malo ingenio, si ab illo adiutorium qusierit, et illi demandaverit.

Facit post hec illi securitatem, ut hoc placitum, et istam convenientiam teneat suis filiis imperatoris, illi sicilicet, qui in placito, et convenientia sui patris volverint stare, et permanere.

Si quis vero de hominibus Infantis in hoc placitum, et convenientiam ruperit, ut Infans pro suo posse emmendet, sicut laudaverit illi hominis Infantis, et Imperatoris, qui inter utrunque pacem, et concordiam volverit mitere.

Ad hoc etiam faciet illi securitatem, ut illum honorem quem modo illi dat, et dabit iratus, aut pacatus quocunque tempore volverit, illi reddat, aut suo filio per bonam fidem, et sine malo ingenio. Et Placitum firmet, et per iuramentum ipse cum L. C. suis bonis hominibus. SI vero infans hoc Placitum fregerit, sit periurus, et traditor.

Factum fuit hoc placitum apud Tudam in riva Minii sub Era Mª Cª LXXCª IIIIº Nonas julii. Hoc placitum fuit factum in presentia Domni Pelagij Braccarensis Archiepi, et Domni P. Secoviensis Epi, et Johannis Portugalensis Epi, et P. Tudensis Epi, et M. Auriensis Episcopi.”[5]

Pola súa banda, o profesor portugués José Antunes ofrece unha tradución ao portugués deste texto latino medieval que tamén reproducimos:

Este é o pacto e convenção que o infante de Portugal celebra com Afonso, imperador da Espanha e que permanecerá para sempre. Em primeiro lugar, evidentemente, que seja seu bom amigo e fiel, de boa fé e sem má intenção; garante-lhe segurança do seu corpo, de tal modo que nem por si ou pelo seu conselho seja, em qualquer ocasião, morto, ferido ou preso. E se outro homem infringir este compromisso que ele o defenda, de boa vontade, como defenderia o seu próprio corpo e do seu filho que muito ama.

Garante-lhe igualmente a segurança da sua terra para que não a perca, nem ardilosamente a liberte, quer por si, quer pelos seus homens. Porém, se alguém o atentar, que de boa fé e sem qualquer má intenção o auxilie a defendê-la, a fim de a reconquistar, como faria se fosse sua própria. Se, porém, algum rei dos cristãos ou dos pagãos quiser invadir pela força a terra do imperador, que o ajude a recuperá-la, de boa fé e sem má intenção, se nele procurar auxílio e lho pedir.

Além disso, garante-lhe a segurança de que este pacto e esta convenção, se manterá com os filhos do imperador, evidentemente com aqueles que quiserem guardar e continuar com este pacto e convenção.

Porém, se algum dos homens do infante violar este pacto e convenção, que o infante o corrija, na medida do possível, tal como louvará aqueles homens do infante e os do imperador que quiserem estabelecer a paz e concórdia entre ambos.

Além disto, garante-lhe também a segurança de que aquela honra que agora lhe dá a ele, e dará, quer esteja irado ou em paz, em qualquer tempo que ele quiser, lha preste a ele ou a seu filho, de boa fé e sem má intenção. E assina o pacto, e com juramento, ele próprio com 150 dos seus homens bons. Se, porém, o infante infringir este pacto, seja considerado como perjuro e traidor.

Este pacto foi celebrado em Tui na margem do Minho, em 4 de Julho de 1137. Este pacto foi celebrado na presença de D. Paio Arcebispo de Braga, de D. Pedro bispo de Segóvia, de D. João bispo do Porto, de D. Paio bispo de Tui e de D. Martinho bispo de Orense.[6]

No estudo citado do profesor Pinto, figuran as diversas consideracións que merece este Pacto de Tui. Así para o grande especialista portugués deste período, José Mattoso, este pacto ou tratado de Tui resulta unha típica homenaxe de vasalaxe por parte de Afonso Henriques a Afonso VII, cunha natureza xurídica similar a un pacto feudal. Unha liña interpretativa que xa fora apuntada pola medievalista Hilda Grassotti, discípula de Sánchez Albornoz. Outros autores insisten que se trata dun acordo bilateral, aínda que con certa inferioridade para Afonso Henriques, desbotando o pacto ou recoñecemento de vasalaxe por parte do portucalense.

A propia ambigüidade do texto, subliña Pinto, foi conscientemente procurada: o tratado será sempre, na hermenêutica da banda larga autorizada pola redacçao ambígua das suas cláusulas, uma coisa para os defensores do ponto de vista de Afonso VII e outra diferente para os partidários da perspectiva adoptada por Afonso Henriques[7].

O obxectivo deste tratado tudense é acadar a pax: A Historia Compostelana refere o tratado de Tui con o termo pax, na expressao “imperatorem pacem cum infante formasse er magna dilectione viate sua”. Tamén a “Cronica Adefonso Imperatore” e a “Chronica Gotorum” registram, respectivamente, “et facerunt pacem” e “Ut pacem bonam firmarent”[8]

Pinto recolle os argumentos de Rui de Azevedo que apunta a posibilidade de existir previamente un acordo verbal logo elevado a escritura coa correspondente formalización. Por último, quanto à forma, aceite a bilateralidade horizontal das partes e preenchimento típico de uma materialidade jurídico-política que legitima a Portugal como reino independente, os termos em que o acordo foi selenizado en Tui levam a concluir que se trata de un tratado.

Cómpre lembrar que Afonso Henriques non empregará o titulo de “rex” ata aproximadamente 1140, pois ata daquela se denominaba como “comes” ou “dux” dunha terra, Portugal.

Unha das consecuencia deste episodio é a doazón que o propio Afonso Henriques realizara ao ano seguinte, en 1139, para compensar á sede tudense polo dano que causei a aquela igrexa[9]. Tamén en 1142 Afonso VII asinará un importante documento para a nosa cidade, do que logo nos ocuparemos. Ambas decisión se inxiren nestas tensións e na procura de apoios e alianzas.

O Pacto ou tratado de Tui é, insistimos, un dos capítulos do proceso progresivo que leva ao recoñecemento da independencia do reino portugués emprendida por Afonso Henriques. Un proceso que terá un novo capítulo no encontro de Arcos de Valdevez, en 1140-41 e que se consolidará definitivamente na Conferencia de Zamora, o 4 e 5 de outubro de 1143, onde a presenza dun legado pontificio, o cardeal Guido de Vico, é un punto substancial. Ao aceptar este legado a vasalaxe directa de Afondo Henriques ao Papa, como rei de Portugal, coa aquiescencia de Afonso VII, significa un recoñecemento implícito por parte do emperador dun novo reino que só ten ao Papa como instancia superior de poder.

Tamén en diversas oportunidade se afirma que o Tratado ou Pacto de Tui marca a implantación da fronteira, asi Suso Vila afirma:  o tratado de Tui establece con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, sinalando así que o percorrido final do río Miño (aprox. 70 km.) forme a fronteira máis antiga de Europa. Neste senso remarcar que se formou unha fronteira política que dividiría en dous metades simétricas o territorio episcopal de Tui que non sería segregado definitivamente até a ratificación do papa Eugenio IV en 1444[10]

Sen embargo, como puidemos comprobar da lectura do tratado tudense en ningún epígrafe conservado existe referencia algunha a implantación dun límite territorial ou fronteira derivado deste acordo. A evidencia mais clara é que, ao pouco tempo, nos inicios do ano 1141 Afonso Henriques tenta de novo conquistar Tui e Turonio cunha expedición militar. Afonso VII, que estaba en Zamora, parte ao seu encontro e, junto do Castelo de Pena da Rainha, em Abedin-Monçao, os dois exércitos fican frente-a-frente. Mas nao ha batalha. A questao resolveu-se a través de um bafordo, uma especie de duelo con natureza xurídica de Juizo de Deus, conhecido como Bafordo de Valdevez (...) a derrota do campeao portugués determinou a entrega dos castelos conquistados por Afonso Henriques a Norte do Minho. Por tanto non é posible afirmar esta implantación ou deseño da fronteira estable dende o Pacto de Tui en 1137[11]

Haberá que agardar a 1143 para que Afonso Henriques renuncie explicitamente as súas pretensións estratéxicas sobre o territorio galego e máis concretamente as terras tudenses. En 1143 a aristocracia portuense, maiores natu Portugalensium, reunidos en Cúria recoméndanlle facer as paces co seu curmá, Afonso VII, renunciando pois á pretensión territorial no norte e dirixir a súa atención ao sur, á fronteira co Islam. E asi na conferencia de Zamora, en outubro de 1143, establecese a paz entre ambos, e as pretensións portucalenses sobre o territorio tudense se dilatan no tempo, pero en 1169 Afonso Henriques ocupa de novo o territorio tudense, con novas doazóns a favor do bispo. A derrota que sofre en Cedofeita e Badaxoz serviralle ao novo monarca leonés, Fernando II, para recuperar Tui e asentar, co documento asinado en Tui nas VIII kalendas aprili , 24 de marzo de 1170, un novo ciclo na nosa cidade.

Finalmente, este Pacto de Tui é un dos aspectos das dinámicas sociais que vivía a cidade tudense, que recibirá diversas doazóns tanto por parte de Urraca como de Tereixa que afirman o poderío territorial e xurisdicional do bispo ao que se suma o monopolio da pesca fluvial e o transporte de persoas e mercadorías no porto tudense. Afonso VII, dende que sucede a súa nai en 1126, continúa con esta política de promover este enclave urbano, onde estaban xa iniciadas as obras da catedral. Como sinala Fernando López Alsina[12], promove a construción dunha torre que reforce as defensas tudenses e simbolice o poder rexio na cidade. Esta denominada “Torre vella” suscita un debate na historiografía tudense, López Alsina como vemos adscribe esta torre á iniciativa de Afonso VII nunha razoable proposta, pola súa banda Ernesto Iglesias Alemida sinala que é unha obra de Fernando II en 1179[13], namentres que Suso Vila retrotrae a súa edificación ao ano 1126 pola condesa Tereixa de Portugal[14]


Afonso VII promove tamén o traslado da residencia episcopal onde esta torre, nas domus episcopina zona da Oliveira, establecendo o bispo Paio (1131-1156) unha canónica onde os cóengos poidan desenvolver a súa vida común e que xa está operativa en 1138.

Será nun importante documento datado en1142 cando Afonso VII ratifique os dereitos da igrexa tudense, confirmando o señorío episcopal sobre a cidade e o seu territorio, ratificando as concesión anteriores e cedendo a chamada “Torre vella” levantada na Oliveira ao bispo, ao que desta forma implica tamén na defensa da cidade. Conclúe López Alsina: el objetivo final es la defensa del reino, es decir, para Alfonso VII la concesión de amplísimas facultades señoriales al obispo de Tui sobre la ciudad y su fortaleza era una buena garantía de que el reino estará protegido en esta parte de la frontera con Portugal. Hacía tan solo cinco años que Alfonso Enríquez había ocupado la ciudad de Tui.[15]

Hai pois 884 anos que a nosa cidade foi escenario da sinatura deste acordo. Descoñecemos o lugar da sinatura deste acordo que contou coa presenza de diversos prelados como testemuñas do acordo e unha ampla comitiva que acompañaría a cada asinante. No ano 1137 a Catedral tudense posiblemente tivese xa completada a súa cabeceira e cruceiro románico e posiblemente a torre das campás. Estaba, por tanto, xa con uso litúrxico nos espazos habilitados ao efecto na ábsida do templo aínda que a Catedral continuaba no suburbio da cidade na igrexa de San Bartolomeu, que desempeñaba estas funcións dende 1067 cando o rei García restablece a diocese tudense co bispo Xurxo. Outros espazos existente daquela eran a igrexa de Santa María de Oliveira e inmediata a ela a “domus” episcopal e a canónica que en 1138 xa estaban en uso.

Este serían os lugares, no que Suso Vila denomina “burgo vello” na zona entre a Oliveira e a Catedral, onde previsiblemente se desenvolverían as cerimonias de sinatura do acordo entre Afonso VII e Afonso Henriques no que participarían os bispos asinantes do pacto e as respectiva comitivas que os acompañaban.

O Pacto ou Tratado de Tui do ano 1137 máis aló da súa transcendencia, como xa apuntabamos anteriormente, magnificada por diversos autores, é un episodio na evolución política do reino de León e Castela ou do condado de Porto no seu devir como reino, pero evidencia unha continuidade histórica no papel que xoga o territorio tudense, e moi especialmente a cidade de Tui, como gonzo ou bisagra entre as terras ao Norte de sur do río Miño, entre Galicia e Portugal.

A celebración desta efeméride, realizada co pulo do anterior alcalde, Carlos Vázquez Padín, máis aló do contido concreto do evento que non é obxecto deste post, reúne a valorización dos dous principais recursos que posúe a nosa cidade para o seu desenvolvemento: o seu patrimonio e historia e a súa posición estratéxica, tanto xeográfica como socio-cultural, entre Galicia e Portugal. En consecuencia, a lembranza deste Pacto de Tui pode contribuír moi eficazmente a recuperar un capítulo da nosa historia, como comunidade local pero tamén como galegos e portugueses, e a posicionar a Tui como punto clave da relacións entre ambos países.

 



[1] Rodríguez Vázquez, C. Javier: Pacto de Tui. 4 de xullo de 1137. Un acontecemento histórico.Tui, Levada libre, 2018. 24 pp.

[2]Villares, Ramón: A Historia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, 2. Vigo, Editorial Galaxia, 1984, pp. 83-84

[3]Pinto, Eduardo Vera-Cruz. “Os tratados inter-hispânicos na formaçao de Portugal como reino independiente” en Encuentros y desencuentros ibéricos – Tratados hispano-portugueses desde la Edad Media. Chaves Ferreira – Publicaóes SA – Lunwerg Editores, 1ª edición, 2006, pp. 23-34

[5]Escalona, R.: Historia del Real monasterio de Sahagún, sacada de la que dexó escrita el Padre maestro Fr. Joseph Pérez, Catedrático de Lenguas y de Matemática de la Universidad de Salamanca, Madrid, 1782, escritura CLXI, cax, 21, leg. 4.n.14. tomado de Vila, Suso: Informe Histórico.Tratado de Tui 1137. Concello de Tui, 2017. Accesibe unicamente na web: https://tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui-informe-historico-pacto-de-tui.pdf. Consultado 01.08.2021.

[6]Antunes, José: “A versão portuguesa do “Tratado” de Tui (1137). Uma interpretação diferente da de Paulo Merêa e de outros historiadores”. 2º. Congresso histórico de Guimarães, Actas do congresso, Vol. 4, Sociedade, administração, cultura e igreja em Portugal no séc. XII, pp. 36-37, Ed. Câmara Municipal de Guimarães e Universidade do Minho, Guimarães, 1996.

[7] Pinto. Op. Cit. P.30

[8] Pinto. Op. Cit. P.31

[9]Vila, Suso: A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Toxosoutos, 2009, p. 31. Outros moitos autores recollen esta doazón da vila de Vinea.

[10]Vila, Suso: Informe… Op. Cit.

[11]O propio Suso Vila neste informe nun paragrafo posterior sinala: As reivindicacións territoriais de Afonso Henriques sobre Tui non remataría coa Paz de 1137. En 1140 ocupa de novo a cidade aproveitando que Afonso VII estaba en campaña na conquista do castelo de Oreja (1139). Se hai reclamación territorial é que a fronteira non esta fixada ou asumida.

[12]“López Alsina, Fernando: “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157” en Tui. Presente, pasado y futuro. I Coloquio de Historia de Tui, 2004. Pontevedra, Deputación Provincial, 2006, p. 87.

[13] Iglesias Almeida, Ernesto: 2000 años de historia tudense. Tui, 2012, p. 59      

[14] Vila, Suso: Tui e Valença nos séculos XI a XV, os acontecementos históricos, sociais, artísticos e económicos. Tui, 2001, p.13.

[15] Op. Cit. P. 91.

León de Rosmithal, nobre de Bohemia, viaxeiro e peregrino en Tui hai 555 anos

$
0
0

 A peregrinación a Compostela é un fenómeno complexo que ven dende o século IX, pouco despois da “inventio” ou descubrimento dos restos do apóstolo Santiago polo eremita Paio en tempos do bispo de Iria, Teodomiro, e que chega ata os nosos días con un novo renacemento da peregrinación xacobea como comprobamos nestes últimos anos.

Practicamente dende os inicios do culto apostólico xacobeo será Portugal un lugar referencial na devoción santiaguista e da peregrinación á catedral compostelá. Lembremos que será a igrexa de Castelo de Neiva, nas proximidades de Viana do Castelo, o primeiro templo dedicado á memoria do apóstolo, que xa dende o século IX temos constancia de peregrinos portugueses, especialmente de varios dos seus monarcas...  De tal forma que a peregrinación dende as terras de Portugal congrega dende os primeiros tempos a un importante continxente de peregrinos. A inmensa maioría dos peregrinos non deixaron constancia perdurable no tempo do seu camiño e permanecen no anonimato, unicamente podemos documentar a aqueles cuxos datos figuran nos arquivos (por asistencia nos hospitais de pobres e peregrinos, polo seu falecemento ou outra circunstancia especial).

Un capítulo esencial na historia das rutas de peregrinación, e no caso que nos ocupa, o Camiño Portugués o conforma a chamada literatura odepórica ou os relatos que os propios peregrinos teñen escrito e publicado sobre o seu itinerario, documentando a súa ruta, as cidades polas que transitan e comentarios, mais ou menos amplos, sobre a súa viaxe.

Neste mes de agosto de 2021 cúmprese 555 anos do paso por Tui de León de Rosmithal de Baltna, nobre bohemio que, entre 1465 e 1467, realizou unha viaxe cortesán por Europa que inclúe unha peregrinación ata Santiago de Compostela. Rosmithal é un exemplo do costume ou moda dos mozos da alta aristocracia europea de realizar unha viaxe de coñecemento e de encomendas diplomáticas (cunha inevitable dose de aventura).

Francisco Suingul, un dos grandes expertos do fenómeno xacobeo, describe estas peregrinacións / viaxes aristocráticos: Los caballeros de origen noble, preparados ideológica y fisicamente para el combate, constituían una suerte de orden social de arrogante ideal. Su pasión por la acción bélica (...) era perfectamente compatible con el fervor religioso que les impulsaba a peregrinar a Compostela. De hecho, su ideología y su particular marco interpretativo inspiraron el culto de Santiago como “miles Christi”, soldado de Cristo. La sublimación de Santiago como guerrero celeste sirvió de ideal y modelo a este poderoso grupo social (...) Los miembros  de esta casta guerrera y aristocrática se sentían llamados a la batalla o al torneo por una obligación moral nacida de su particular visión del mundo. Pero además del honor y la fe, se sentían inspirados por la moda de las novelas de caballerías, en cuyo seno se evoca el mundo de las narraciones carolingias, con sus afanes heróicos y de aventuras.[1]

Rosmithal é un nobre de Bohemía, cuñado do rei Xurxo, que realiza un ha longa viaxe con encomendas políticas e diplomáticas diante de diversas cortes europeas pero sen desbotar unha dimensión espiritual ou de peregrinación en diversos momentos do seu itinerario.

Da súa viaxe conservamos dúas crónicas, unha realizada por un dos seus secretarios, Wenceslao Shaschek, e outra escrita en alemán polo patricio de Nuremberg, Gabriel Tetzel. A ambas temos que engadir a redactada por un dos seus paxes, Jaroslav,  descuberta posteriormente. A lectura destas crónicas é unha fonte de grande interese para o coñecemento do ambiente da época e, no que nos atinxe, da peregrinación xacobea e os avatares aos que se enfrontaban os peregrinos.

José Antonio de la Riera no artigo dedicado a Rosmithal na Xacopedia afirma que según Antonio María Fabié, el traductor y reproductor de la primera edición española, citado por García Mercadal, la relación de Shaschek, por mandato directo del príncipe y en forma de diario, es muy minuciosa en topónimos, distancias y en exhibición de las cartas y diplomas de los diversos soberanos, mientras la de Tetzel, que se unió a la comitiva en Ansbach a petición del propio barón, parece escrita en su vejez, para memoria y recuerdo de su viaje[2].

Rosmithal comeza en Praga o seu camiño cunha grade comitiva de máis de corenta persoas e cincuenta e dous cabalos. Cruzan Alemania ata Aquisgrán, viaxando logo a Gante e Bruselas, para chegar ata Inglaterra, nun segunda e dificultosa navegación. Na súa estadía na corte de Eduardo VI comparten a vida aristocrática; ao dirixirse a Francia son secuestrados por un grupo de piratas debendo aboar un rescate, pasando logo a disfrutar da acollida de René I de Anjou e do rei Luis XI. Tras visitar Tours e Burdeos entran na Península por Fuenterrabía.

Visitan Burgos e chegan a Salamanca, para visitar ao monarca español, onde son tamén amplamente agasallados, dende Salamanca inician a súa peregrinación a Compostela, desprazándose ata Braga e de alí proseguen polo Camiño Portugués.

Do relato de Shaschek recollemos a descrición do seu paso polas terras do Norte de Portugal e de Tui:

De Braga fuimos á Puente de Lima, ciudad que dista de aquella cinco millas y que está situada entre montes (...) está cercada de muros de cantería de torres cuadradas, y de este punto a Valencia de Miño hay cinco millas; esta ciudad, que no muy grande, se levanta en un collado entre montes y la riega el Miño.

Este río divide á Portugal de aquella parte de Galicia en que yace sepultado el glorioso Santiago, hasta que desemboca en el mar, y nosotros lo pasamos á la ida y á la vuelta; á la orilla opuesta está situada una ciudad con castillo, que se llama Tuy, y que pertenece á unos caballeros á los cuales tienen que pedir salvoconducto los que desean visitar el sepulcro de Santiago. Al salir de Valencia has que atravesar un monte (en nota indica que se llama Monte de Hoya) muy alto y pedregoso por donde no pueden ir los caballos y aún para los peones apénas es transitable; los caballos tuvieron que hacer un rodeo de dos millas de tan mal camino que no podía ser peor. En Tuy está sepultado San Pedro de Sala, que en otro tiempo resplandeció por sus muchos milagros y socorrió á muchos hombres que iban en peregrinación á visitar su sepulcro. Tuy dista cinco millas de Redondela, que es plaza de armas, no muy grande, situada entre montes cerca del mar[3]

A presenza en Galicia de Rosmithal coincide cun momento de grande inestabilidade social. No caso de Tui á referencia ao dominio nobiliario da cidade, testemuña a ocupación que realizaban a liñaxe dos Soutomaior que implicaba o control sobre este territorio, neste anos a cargo de Álvaro Paes de Soutomaior. Unha ocupación que implica abusos como é a necesidade de adquirir un salvoconduto que garanta a seguridade dos peregrinos e viaxeiros.

Os montes de Oia están á saída de Tui, en terras de Ribadelouro, e aínda conservamos hoxe este topónimo. O erro débese, de seguro, a unha equivacación nas notas ou na memoria do relator, ao igual que ao confundir a San Pedro Gónzalez Telmo como San Pedro de Sala.

Chegan a Santiago de Compostela a véspera da Asunción de Nosa Señora, 14 de agosto. Santiago vivía naquela altura os enfrontamentos violentos entre o arcebispo, Alonso de Fonseca, e cos nobres e cidadáns composteláns encabezado por Bernal Iañez de Moscoso. Se ven implicados nestas refregas chegando a ser excomungados por axudar un escudeiro do Barón ao Bernal Iañez que resultara ferido.

Sólo después de arduas negociaciones, sinala José Antonio de la Riera, los defensores consintieron que entrara la comitiva a adorar al Apóstol. Hubieron de hacerlo, eso sí, descalzos, humillados, en procesión y haciendo penitencia.

A súa peregrinación está chea de incidentes, por exemplo coas xentes de San Amaro ou cando perden ao seu cociñeiro ao tempo que deploran as deficientes condición de camiños e pousadas, etc.

Logo da visita á catedral compostelán, continúan ata Fisterra e de seguido a Padrón (ambos lugares emblemáticos das tradición xacobeas) e retornan polo Camiño Portugués, desprazándose ata Évora para visitar ao monarca luso.

Desde allí el grupo siguió a Mérida, Toledo y Barcelona, viviendo mil aventuras, siempre en el filo del agasajo cortesano y en el riesgo evidente de los caminos, para llegar a Milán. Tras dar un rodeo para evitar Hungría, llegan al fin a Praga, donde se les preparó un gran recibimiento. Así culmina una de las más deslumbrantes historias que ha llegado hasta nosotros, entre las muchas de peregrinos y viajeros de todas las épocas.

Lembrar os 555 anos do paso do barón bohemio León de Rosmital, por Tui no seu traxecto de ida e volta a Compostela é unha oportunidade para recuperar un episodio do noso pasado e ao tempo lembrar, fronte a invencións e falsidades actuais, que as vías de comunicación que unían as terras do Norte de Portugal e Galicia, e que eran as empregadas polos peregrinos e viaxeiros, confluían en Valença e tras tomar a barca para cruzar o río Miño entraban en Galicia pola cidade de Tui.

 

 



[1]Singul, Francisco: El Camino que vence al tiempo. La peregrinación a Compostela, Madrid, Europa Ediciones, 2020, p.343.

[3]Viajes por España de Jorge de Einghen, del Barón Leon de Rosmithal de Blatine, de Francisco Guicciardini y de Andrés Navajero ; traducido, anotados y con una introducción por Antonio María Fabié. Madrid : Librería de los Bibliófilos Fernado Fé ..., 1889, pp. 89-90.

Peregrinos por los caminos portugueses en la historia (La Voz de Galicia, 29.08.2021)

$
0
0

 O pasado 20 de agosto o xornal La Voz de Galicia publicaba un artigo titulado “Polémica en el Camino Portugués: ¿Va por Tui o por la costa?” asinado por Rebeca Cordobés (https://venagalicia.gal/noticia/2021/08/20/polemica-camino-portugues-va-costa-tui/00031629459513682757620.htm) que contén un cúmulo de inexactitudes e erros, froito do descoñecemento da historia e significación das rutas xacobeas no norte de Portugal que me levou a preparar unha breve nota, publicada onte domingo no mesmo diario, para clarexar unha realidade histórica que non é cuestionable por moitas noticias que se publiquen.

PEREGRINOS POR LOS CAMINOS PORTUGUESES EN LA HISTORIA

Publicaba el pasado sábado 21 de agosto este diario un artículo ciertamente sorprendente. Primero porque habla de una guerra en el Norte de Portugal sobre los caminos jacobeos evidenciando toda la crónica un desconocimiento de la situación. En el Norte de Portugal no existe ninguna duda, el Camino Portugués, central, que desde Oporto llega, a través de Barcelos y Ponte de Lima a Valença y entra en Galicia por Tui, coexiste con el Camino de la Costa, que también desde Oporto, a través de Viana do Castelo y Caminha, llega a Valença y Tui, donde las barcas de transporte garantizaban el paso de vecinos, viajeros y caminantes.

En este sentido, se ha presentado la solicitud de certificación de este último Camino a la Comisión establecida por el Gobierno de Portugal para la delimitación y oficialización de las rutas jacobeas en Portugal. Como bien enunció la Asociación de Amigos del camino de Viana supone el reconocimiento del trazado histórico de una de las rutas de peregrinación portuguesas a Compostela.

La presencia de peregrinos por el Camino Portugués está documentada desde los primeros tiempos de la peregrinación. Existe numerosa documentación que recoge los nombres y procedencia de los peregrinos, por ejemplo, los registros conservados de los hospitales de ciudades como Tui para el siglo XVII rescatando del anonimato a peregrinos de diversas nacionalidades.

Serán los relatos de los propios peregrinos los que documentan este Camino Portugués a lo largo del tiempo, nombres como la reina Santa Isabel de Portugal, a rainha Santa, en 1325, o el monarca D. Manuel I en 1502, como ejemplo de los diversos monarcas lusos que peregrinaron a Compostela.

Constancia de su paso por esta ruta de peregrinación, con indicación de las ciudades de paso, dejaron, entre muchos otros peregrinos, Nicolas Lanckmann y Jacobo Motz, embajadores del rey de Alemania que lo recorren en 1448; el noble bohemio León de Rosmithal de Baltna que llega a Compostela por este Camino en 1466; el polaco Nicolau Poielovo ou Popplau, de Silesia en 1484; o el geógrafo y astrónomo alemán Jeronimo Munzer en 1495;  de 1533 conservamos el relato de Fray Claude de Bronseval, secretario del abad del monasterio de Clairvaux, Edme de Salieu con quien peregrina por el Camino francés recorriendo luego el Camino Portugués hacia Lisboa;  de 1537 es el relato del humanista y gramático flamenco Nicolás Clenardo, preceptor de los infantes portugueses; de 1581 es el relato de Erich Lassota de Stevolovo (ou Von Steblau), noble polaco al servicio de Felipe II, cuando ocupaba los tronos de España y Portugal y también el de Bartolomé Bourdelot; en 1594 realiza esta peregrinación, con su posterior relato, Gian Batista Confalonieri, sacerdote italiano; a 1675 corresponde el relato del abad Giovan Battista Pacichelli; en 1699 recorre este camino Cosme de Médicis, príncipe heredero del Gran Ducado de Toscana, en una de las peregrinaciones más conocidas gracias a los dibujos de Pier María Baldi;  a 1691 corresponde el relato del peregrino italiano Domenico Laffi; en 1737 realiza esta ruta el salmantino Diego Torres Villarroel, o los relatos de las peregrinaciones en 1743 y 1745 de Nicola Albani…


Son algunos de los nombres y relatos de peregrinos que documentan como el Camino Portugués ha sido una realidad viva a lo largo de los siglos. Un trazado que desde Lisboa y Oporto (a los que muchos de los peregrinos no peninsulares llegaban o partían por vía marítima) continuaba por Barcelos, Ponte de Lima y Valença, entrando en Galicia a través de Tui. Igualmente, los que tomaban la ruta cercana a la costa que al llegar a Caminha remontaban el río Miño hasta Valença y Tui como hizo Cosme de Médicis y tantos otros peregrinos.

Y finalmente cabe recordar que en los años en que la peregrinación descendió especialmente, como fue el siglo XIX son los peregrinos portugueses los que mantuvieron su presencia como se acredita en los registros del Hospital Real de Santiago.

Por ello las declaraciones de Adelinne Rucquoi, una de las grandes expertas en la peregrinación con magnificas aportaciones al respecto, que figuran en este artículo resultan sorprendentes, al omitir este amplio bagaje de documentación que testimonia la historicidad del Camino Portugués, una realidad que no puede ser obviada o ignorada.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2021/08/29/peregrinos-caminos-portugueses-historia/0003_202108V29C8991.htm

Notas sobre o retablo de Nosa Señora do Rosario ou da Batalla de Lepanto de San Domingos de Tui

$
0
0

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense.


Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade do que logo falaremos.

Hoxe, 7 de outubro, conmemoramos o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 homes e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco e consecuentemente do Islam en Europa. Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario ampliándose de forma moi notable esta devoción mariana.

A pregunta é obrigada, por que existe esta representación da batalla de Lepanto neste retablo da igrexa de San Domingos de Tui, tallado case douscentos anos despois daquela épica vitoria militar?

Tentaremos respostalo brevemente neste post, ao tempo que nos congratulamos pola iniciativa do Concello de Tui de promover un ciclo de conferencias e un programa de visitas guiadas para valorizar este retablo e a igrexa dominicana tudense que, de seguro, ampliaran notablemente as notas que figuran neste escrito.

O templo e convento de San Domingos de Tui ten sido estudado con rigor e extensión pola investigadora Carmen Manso Porto que ten analizado a historia e o proceso de construción deste conxunto conventual na Baixa Idade Media e o importante papel que desenvolve a Casa de Soutomaior e outras liñaxes fidalgas do sur de Galicia así como os elementos burgueses da cidade na edificación deste templo, exemplo sobranceiro da arte gótica.

Nos séculos XVII e XVIII o impulso da reforma promovida polo Concilio de Trento, busca unha actualización da liturxia, unha maior formación dos eclesiásticos e promove a espiritualidade nos laicos especialmente a través de devocións que se expresan en Irmandades e Confrarías que comezan a fundarse en numerosas parroquias e igrexas.

Papel fundamental na extensión dos ditados tridentinos o teñan as ordenes relixiosas, entre elas a Orde de Predicadores fundada no século XIII por San Domingos de Guzmán e popularmente coñecidos como “dominicos”. Os frades do convento tudense percorreran as parroquias da diocese no seu labor apostólico e promoveran a fundación de novas confrarías que incentivan a participación da poboación nas practicas relixiosos e funcionan como unha entidade de apoio mutuo e axuda nos momentos de dificultade especialmente no falecemento.

Os dominicos impulsaran especialmente a fundación de Confrarías e Nosa Señora do Rosario, aínda que non son os únicos. O Rosario será a devoción máis estendida neste século XVII e XVII por toda Europa. Cómpre lembrar que a traidición recolle que foi a propia Virxe María quen lle ensinou o rezo do rosario a San Domingos de Guzman no ano 1208 e encargándolle a difusión desta práctica devocional que será sempre un sinal de identidade da orde dominicana.

O historiador Domingo González Lopo especialista nas devocións tudenses nos tempos do barroco sinala que un dos grandes alicientes destas confrarías era el crecido número de indulgencias que podrían alcanzar sus hermanos; sólo por rezar una parte del rosario se ganaban 60.000 mil años y 60.000 cuarentenas de perdón, y si era ante un altar de la Virgen de su título, a aquéllos se añadían cinco años, cinco cuarentenas y doscientos ochenta días. Las cofradías del Rosario además de una clara intención doctrinal defendiendo la maternidad virginal de María y su intercesión por los hombres, estimulaban también el culto a la Madre de Dios y el rezo cotidiano entre los fieles. Ser hermano del rosario obligaba a rezarlo completo semanalmente cristianizando así la jornada. Pero, además, su rezo contribuía a familiarizar a los fieles con los misterios de la salvación, los implicaba más intensamente en los actos misionales, durante los velatorios de cadáveres y hacía provechosa su asistencia a una misa que, oficiada en latín, no siempre eran capaces de seguir los fieles salvo con una manifestación de sobrecogida reverencia. También estas cofradías organizaban un acto solemne mensual e moi especialmente dúas ou tres festividades anuais, se encargaban de asistir ao confrade na súa morte e de realizar diversas misas de sufraxio pola alma dos confrades defuntos.

No convento dominico tudense foron fundadas diversas confrarías. A Terceira orde de San Domingos que xa existía en 1330, a Confraría do Corpo Santo, documentada en 1381, ou a Confraría de San Crispín e San Crispiniano, propia do gremio de zapateiros fundada en 1618.

Pero a principal das confraría deste convento de Tui era a de Nosa Señora do Rosario da que temos noticias dende 1595. Fr. Aureliano Pardo documenta a esta agrupación piadosa no século XVIII: Con fecha 5 de marzo de 1710 se hicieron nuevos estatutos de esta cofradía que fueron aprobados dos días después por la comunidad dominicana y firmados el 29 del mismo mes por el prior Fr. Bernado de Carrera. Sus cultos consistían en una misa cantada todos los sábados, por cuyo estipendio daba diez ducados a la comunidad dominicana, y otros cuatro por su asistencia a las funciones y procesiones. Celebraba dos fiestas anuales, el día de la Visitación de la Virgen (2 de julio) y el primer domingo de octubre. En el año 1751 se acordó hacer una sola fiesta el día 1º de octubre; y según el libro del Tumbo, quienes pagaban la fiesta del Rosario eran los mayordomos de la Cofradía que se renovaba cada año.

Temos pois unha Confraría de Nosa Señora do Rosario na igrexa de San Domingos de Tui fundada nos inicios do século XVIII e dotada, polas noticias que nos achega Fr. Aureliano Pardo de dinamismo para acometer importantes iniciativas. Unha confraría que chega a enfrontarse a mesa comunidade de frades no ano 1760 nun conflito que xorde pola posesión das alfaias e obxectos de culto da confraría que se custodiaban na sancristía conventual, ao posesionarse os confrades das chaves do armario non permitindo que os frades tivesen outra. O intervención do Prior acabou coas pretensións da Confraría, ficando o sancristán da Confraría cunha chave para o servizo do culto. Pero un reto destas características evidencia a forza cos que se sentían os confrades para retar así á propia comunidade conventual.

Por outra banda, estes séculos XVII e XVIII, en Galicia, os tempos do barroco, son unha época de unha moi favorable conxuntura agrícola onde xoga un papel moi importante a chegada e rápida extensión do cultivo do millo, que se adapta moi ben as condición climatolóxicas de Galicia, e posibilita unha incremento da produción agraria e por tanto dos ingresos, tanto dos campesiños como dos rendeiros que ven incrementadas notablemente as rendas que perciben (é o caso de moitos fidalgos e das institucións eclesiásticas que propietarias de boa parte do territorio incrementan o que perciben de foros, rendas, décimos, etc.). Esta favorable situación económica está na orixe do importante dinamismo que experimentara Galicia nestes séculos. No caso que nos ocupa, serán numerosas as igrexas reedificadas e/ou enriquecidas con novos retablos, enxovais, material litúrxico... gracias a este incremento de ingresos.

Neste contexto como informa Carmen Manso o conxunto conventual de San Domingos de Tui non fica alleo as obras e reformas, así durante los siglos XVI al XVIII se emprendieron obras de reforma y renovación en el edificio conventual y en la iglesia. Así, en 1765, cuando Flórez escribió el tomo dedicado a la diócesis de Tui, el convento había sufrido transformaciones importantes. Bajo sucesivos prioratos, fray Juan de Silva (1721-1739) acometió la magna obra de echar bóvedas de cantería a las naves central y del crucero (1726-1732). La nave de la iglesia, que tenía cuatro tramos, se redujo a tres por la fachada occidental entre 1728 y 1730, desapareciendo así la capilla de Santa Catalina, que se abría por el costado sur.

En 1730, concluido el abovedamiento del transepto y nave de la iglesia, se construyó la bóveda de sillería del coro, a la que sucedió la obra de la torre, que se alza sobre el costado norte de la fachada occidental. Por los años 1736-1739 se hizo la bóveda de la sacristía. Durante el priorato de fray Cayetano Coneso (1741-1744) fue preciso construir, entre el segundo y tercer tramos del costado sur de la nave, un robusto arco de descarga volteado sobre sendos contrafuertes para soportar los empujes de las bóvedas del interior de la iglesia.

Xunto a este impulso construtivo, ampliando e mellorando a fábrica da igrexa de San Domingos, desenvólvese tamén unha renovación da decoración do propio templo e dos altares existentes no seu recinto. O principal expoñente é o retablo da capela maior, encargado en 1745 ao mestre Antonio del Villar, outra excepcional obra deste singular tallista nado en Redondela.

No caso concreto da Capela do Rosario, Fr. Aureliano Pardo escribe que estaba, inicialmente, unida á sancristía. No seu documentado traballo sobre este convento sinala o seguinte: no podemos determinar a punto fijo su verdadera posición en la iglesia, que suponemos debía ser en el extremo del brazo izquierdo del crucero, donde se hallaba al ser trasladada en el año 1730 al extremo opuesto que actualmente ocupa. Según Avila y la Cuena el primer altar de la Virgen del Rosario estuvo adosado a la columna derecha del arco de entrada a la capilla mayor. El retablo actual fue construido después de 1730. Neste momento, que comentabamos anteriormente, é cando finalizan as obras de abovedamento de cruceiro e transepto e por tanto o intre de construír o retablo na cabeira sur do cruceiro.

Lamentablemente carecemos de noticia algunha sobre a autoría deste retablo de Nosa Señora do Rosario que promovido pola Confraría do Rosario, que recolle na súa iconografía boa parte dos motivos iconográficos vinculados a esta devoción. As imaxes corresponden a Nosa Señora coa Neno Xesús con seu colo,  acompañada a un lado polo seu esposo, San Xosé (cunha representación iconográfica moi escasa como é que a figura do patriarca San Xosé porte no seu colo ao Neno Xesús), e polo outro ao seu pai, San Xaquín.  Por riba, un pequeno camarín coa imaxe do Neno Xesús.


A figura de Nosa señora está flanqueada por  quince medallóns nos que están representadas as escenas dos quince misterios do rosario e coroando o retablo a espectacular representación desta batalla de Lepanto, coas tropas da Liga Santa comandadas por Juan de Austria e as tropas otománs, derrotadas, que capitaneaba o sultán Alí Pasha.

Separando ambas armadas figura a escena da oración do Papa Pio V, que como xa anotamos, forma parte da tradición arredor do Rosario. De tal forma que a vitoria naquela cruenta batalla foi atribuída dende o primeiro momento a intercesión de Nosa Señora na súa advocación do Rosario. Non virtus, non arma, non duces, sed Maria Rosarii victores nos fecit (Nin o valor, nin as armas, nin os caudillos, senón Nosa Señora do Rosario fíxonos gañadores) asi proclaman as tropas da Liga Santa ao remate da batalla. Unha tradición promovida intensamente dende aquel momento tan transcendental para a Cristiandade, ata daquela ameazada moi perigosamente polo avance do Islam.

Completa a representación iconográfica deste retablo outra escena moi querida polos frades dominicos. Unha tradición conta que a Virxe María quen en persoa aprendeu a San Domingos a rezar o rosario no ano 1208 dicíndolle que propagara esta devoción. Esta é a escena que culmina este grande retablo. 

Posteriormente foi engadida unha pintura ao fresco con diversos elementos decorativos barrocos xa na propia bóveda da igrexa que dota de maior presenza aínda a este retablo.

Todo o retablo, con especial mención ás vestiduras das imaxes da Virxe, San Xosé ou San Xaquín dotadas de pregues de alta calidade asi como o estafado co que foron dourados “a posteriori”, a intensa decoración do retablo con múltiples anxiños e as estípites barrocas e, como elemento mais salientable, a escena bélica maxistralmente representada, cunha ampla escenificación que patentiza a habelencia na talla dun mestre descoñecido pero que merece un lugar destacado na nómina de retablistas do Noroeste peninsular do século XVIII (pois podería ser galego ou mesmo portugués tendo en conta ampla comunicación de artistas que existía traballando a un lado ou outro do Miño).



Moitos aspectos fican sen comentar especialmente no que atinxe á dimensión artística do retablo que deixamos para especialistas na historia da arte, pero estas notas pretendían lembrar este excepcional retablo que todos os tudenses sentimos, con orgullo, como propio. O ciclo de conferencias e visitas guiadas a celebrar ao longo deste próximo mes de seguro que ampliaran o coñecemento desta singular obra barroca.

A visita a Tui do escritor portugués Fialho de Almeida en xullo de 1905

$
0
0

 

En diversas oportunidades temos dedicado post de Tudensia a recoller a imaxe que os viaxeiros teñen recollido da nosa cidade no seus escritos (Murguía, ) pero en poucas oportunidades estes textos son de autores portugueses.

Como sinala a investigadora Lourdes Carita forom relativamente poucos os intelectuais portugueses que, antes de 1886, visitaram a Galiza, mais a ponte internacional Valença – Tui nesse ano inaugurada veio simplificar, sen dúvida, as comunicações entre os dois países, permitindo que un número cada vez maior de viajantes atravesse o rio Minho.

Dende aquela o número de escritores portugueses interesados en coñecer Galicia aumentou de xeito significativo: Teixeira-Gomes. Ramalho Ortigão, Julio Dantas, e tantos outros. Entre eles está José Valentim Fialho de Almeida.

Este escritor portugués naceu en 1857 en Vilar de Frades, na rexión do Alemtejo. Nunha familia de escasos recursos, de moi novo vai para Lisboa a traballar nunha botica. Con grandes esforzos logra compatibilizar os estudos, chegando a licenciarse en Medicina, mantendo dende sempre un gran afán lector.

Exerceu por pouco tempo a profesión medica, que abandonou para centrarse na escritura. En 1881 publicou o seu primeiro libro “Cantos” colección de narracións dedicadas a Camilo Castelo Branco, e no ano seguinte a novela “La ciudad del vicio” posiblemente a súa mellor obra narrativa.

Foi, como sinala Miguel Angel Buil Pueyo, unha vida a de Fialho “en absoluto fácil, la de este agudo observador, que utilizó en ocasiones los seudónimos de “Valentim Demónio” e “Irkan”, radical antiburgués, crítico con el cinismo elegante de la aristocracia que todo, incluso las palabras, importaba del extranjero, y anticlerical que fue narrada por él mismo en “Eu. Autobiographia”, incluida en su libro Á Esquina [Jornal dum vagabundo] (1903).

En 1889 Fialho de Almeida acepta a proposta do editor portuense, Alcina Aranha, de publicar unha cronica (primeiro mensual e dado o éxito logo de periodicidade semanal) sobre a vida portuguesa. Relatos publicados, entre 1889 e 1894, baixo o título de “Os Gatos” cunha escrita panfletaria e provocadora, os seus artigos logran unha grande repercusión social que converteron a Fialho de Alemida nun referente do realismo, que, ás veces, pola súa permanente denuncia das eivas sociais é calificado de “decadentismo”.

Colaborou en numerosos periódicos e outras publicacións de Portugal e Brasil, con crónicas xornalísticas ou críticas literarias e teatrais. Narrador admirable deu á literatura portuguesa algunhas das súas páxinas máis significativas.

Publicou outras obras como “Pasquinadas” (1890), “Lisbõa galante” (1890), “Vida irónica” (1892), “El País de las uvas (1893) e “Esquina” (1903). Casou cunha parenta provinciana, dende 1893 retirouse de Lisboa ao seu Alemtejo natal onde levou unha existencia de pequeno propietario rural. Póstumas apareceron otras obras como “Barbear, Pentear” (1911) e outras coleccións da súa mellor producción periodística.

Lourdes Carita apunta que Fialho de Alemida deixou 14 cadernos de apontamentos, maioritariamente tomados in loco, da viagem que em 1905 fez á Galiza (...) os cadernos, manuscritos a lápis por Fialho, foram despois recobertos a tinta pelo seu autor. Alem do texto, todos eles incluem belos desenhos, quase todos feitos à pena e algúns a lápis, muito pormenorizados e referentes a monumentos, tipos de casas ou detalhes de construção que chamaram a atencção do autor e que ele non considerou suficiente descrever.

Poucas vezes, O Fialho combativo e sarcástico das “pasquinadas” ou de “Os Gatos”, mais frequentemente, o pintor pleno de humanidade de “Mater dolorosa”, que nos desvela toda a sua sensibilidade e o faz com a arte, a criatividades, a riqueza lingüística e força da paixão, a que sempre nos habituou. O sentimento que mais claramente nos domina, despois da lectura destes cadernos, é a imensa ternura, o encantamento e paixão que a Galiza, com as súas misérias e grandezas, com a súa beleza ou fealdade, como a alegria ou tristeza dos suas gentes, foi capaz de despertar neste homem do sul, nestre grande artista da palavra.


Lourdes Carita editou no ano 1996 estes cadernos de viaxe na editorial galega Laiovento co titulo de “Cadernos de viagem. Galiza, 1905” reeditado logo en Portugal en 2001 co simple título de “Galiza, 1905”  nunha edición a cargo de O Independente. Do traballo de edición de Lourdes Carita extractamos agora o texto referente á nosa cidade de Tui.

 

Tui 1905 por Fialho de Almeida


Dende Caminha cheguei a Tui de carruagem, domingo 4 de julho às 2 e meia da tarde.

Catedral de Tui – Por dentro românica – três naves, com arcos de capitéis românicos. Foi necessario, por causa dun terramoto, fortalecer as paredes e ligaram-nas por arcos que destruíram muitos capitéis. Os que se vêem são simples e típicos (...) Tem un cruzeiro com duas entradas laterais. A nave central é obstruída pelo coro que é mau e do pior da Galiza, e por dois órgãos de talha má.

A opinión desfavorable aos valores artísticos da Catedral tudense que expresa Fialho corresponden co gusto da época que condena a arte barroca como unha arte antiga e de escaso valor, que tamén atribúe ao coro, daquela aínda instalado no medio da nave central do templo, realizado por Francisco de Castro Canseco ou os dous órganos suituados sobe o propio coro, cuia caixa tallou Domingo Rodríguez de Pazos. Esta valoración negativa é moi estendida en autores do século XVIII e XICX, haberá que agardar á segunda métade do século XX para un cambio nesta opinión cosonte á unha nova valoración do patrimonio.

Toda a talha das capelas é ordinária, e de mau gosto, e o altar-mor mui pobre. Só o edificio de pedra é venerável, românico, e está ao que parece, à parte os suportes dos arcos, bem conservado. Nos arcos que separam a capela-mor das naves laterais, houve alteração e conserto moderno. Aos lados da capela-mor as naves laterais recebem luz por dois rozetões sem vidreiras. Todo o chão das naves é de sepulturas. Nas paredes, à direita da capela-mor e braço direito do cruzeiro, há nichos de bispos. Apende ao lado direito da nave lateral direita da capela-mor, uma grande capela cuja arquitectura parece ser do tempo dos reparos dos arcos ca capela-mor.

                 Refírese á capela de San Telmo ou das reliquias.

O “trascoro” é moderno do tempo dos consertos. Tudo isto seriam reparações que sofreu a Sé, aquando o tal terramoto a demoliu (o de 1755). Aos lados dos “trascoro” e vindo ter às naves laterais, ha portas de grades que dão para capelas, que têm abóbadas góticas, talhas péssimas. A esquerda tem dois edículos ogivais, caiados, com figuras jacentes de bispos. Retábulos estragados, grande pobreza.

(...) A Sé é do século IX. A capela de Torquemada tem 3 séculos e 27 anos. Os consertos da Sé datam de 1755. O terramoto tambén aqui se sentiu e fizeram-se as reparações.

Asume Fialho tamén a errónea tradición de que os arcos que cruzan a nva central da catedral tudense foron consecuencia do terremeto de Lisboa de 1751, cando na realidade son anteriores.

Tem um claustro românico do tempo que tinha uma galeria superior, mas as obras e reparos estragaram essa galeria ignoblemente, e hoje vê-se uma fila de janelas dos palácio do bispo. Fazendo esse corpo superior ressalto, e apoiando-se sobre pilastras grosseiras inferiores, de celeiro, e vemdo-se no fundo a arcada românica primitiva, de pavimento térreo, toda à volta. Nas lajes do chão do claustro, como no templo, há sepulturas. O claustro ajardinado.

Ese era o aspecto que presentaba o claustro tudense, ata os anos sesenta do pasado século, cun edificio que albergaba as dependencias da diocese e a súa curia e que ocultaba, en boa medida, o aspecto do claustro.

(...) Fora, no alpendre da entrada principal, na abóbada, faltan pedras. Esse alpendre e pórtico é realmente venerável. De cada banda do pórtico, sobre colunas delgadas, e por entre essas colunas estão quatro figuras de apóstolos e profetas, quatro por banda.

Por cima da porta há un baixo-relevo, representando em tríptico a cena da maternidade. Tudo ingénuo e tosco, mais cheio de fé.


Para fazerem a entrada do palácio do bispo, estragaram o arco ogival que ficava do lado deste. O alpendre, porem, é venerável com os seus dois grandes arcos ogivais dando para o exterior, sobre escadarias, e apoiados en feixe de colunelos românicos. O alpendre é torreado e dentado, fazendo baldaquino sobre a escadaria, e à frente da grande massa das torres dentadas e muros da fortaleza, de aspecto terrível e rude.

Como é ben coñecido o arco sur da portada da catedral tudense era o acceso ao pazo do bispo e as dependencias diocesanas que existían sobre o claustro. Este arco foi de novo liberado tras a demolición deste edificio nos anos sesenta do pasado século XX.

A fachada primitiva dá sobre a plazoleta de São Fernando. A fachada lateral abre para um adro moderno, e para ela dão os campanários dos sinos. Há à esquerda um pórtico românico, baixo; por cima deste dois arcos; logo un arco grande, acima deste uma rosácea; logo a torre dos sinos, onde em baixo e no alto se vêem algumas janelas românicas; e logo, da esquerda para a direita, a grande torre dentada que se vê no postal diz “Plaza Consistorial” e onde avultam, em baixo, duas janelas ogivais e lá cima duas janelas rectangulares como as da câmara de D. Manuel, de Viana do Castelo. Circunscrevo um pouco o edificio e vejo, no meio de remendos modernos, e betesgas infames de lajedo, cheias de lixo e de merda, restos de muros veneráveis, góticos, românicos, com frestas e brasões. Numa betesga, junto dum arco sinistro, com escadas que descem, há un cruzeiro românico caricato, e no muro fronteiro uma fachada tosca de igreja em terra onde, no muro, inscrições e datas celebram não sei que invocação e culto.

Da roca da catedral, a cidade agrega-se, acumulando vielas e casas, compactamente.

Por debaixo do arco vejo, em vinheta, Valença desenrolada entre verduras. Desço a escada tosca, por debaixo do arco, e vejo o río e a margem portuguesa, verde, pintada de casais, onde nas serras as névoas pardas se esfarrapam.

Por este lado a catedral é cintada de um grande muro de pedra, que tem por cima parreiras, e sería a muralha da cidade. Asenta en rochedos a muralha, e à roda, e por baixo, é um barrio de casebres miseráveis, como os eidos do Minho e Beira, povoado de gente pobre.

O autor está percorredo a rúa Entrefornos e confunde o muro que pecha os terreos do entorno catedralicio coas murallas da cidade.

Muitos dos cubelos e muralhas da cidade, perdida a importância táctica, começaram a ser muros de terraços e quntais e mirantes de jardins. Assim os vemos contornar as alturas e grandes cuestas da cidade, acercar-se das estradas formando, se são públicos, plazoletas ou eirado arborizados; se são particulares, jardins de parreiras.

De um desses eirados públicos, Paseo de la Portilla, ao cabo da calle Elduayen, onde fica o meu parador de Carmen, vejo a vega del Louro, espraiada até o rio ao que faz uma curva larga e flexuosa, entre salgueiros e freixos separando as margens e as serras dos últimos planos que de ambos os lados são alterosas, mas do lado espanhol  se alteram mais, o socovam e recortam, fazendo fitas e panos de roqueiros.

A rúa Elduayen era o nome do actual Paseo da Corredoira e Calvo Sotelo, onde xa en 1905 estaba a pensión “Generosa” (nome lamentablemente cambiado hai escaso tempo polo novo propietario do establecemento) onde residía Fialho. O Paseo de la Portilla é o actual Paseo Familia Álvarez Blázquez. Este nome lembra a portilla de San Francisco da muralla do século XVIII que existía na zona da actua Glorieta de Vigo. Este paseo resulta de aproveitar a muralla do secúlo XVIII, tras a perdida da súa función militar, como espazo público de lecer, nunha iniciativa do Concello tudense en torno a 1850 e que ten permitiu a conservación da muralla tudense e os seus baluartes neste ámbito. Poucos casos hai en Galicia de conservación dun tramo de muralla de época moderna de tal extensión.


Esses campos, nos primeiros dias de Junho, chuvoso, de inverno, são admiráveis de verde vivo, desde o verde seco das cevadas, que são poucas, até ao pálido dos milhos nascentes nas baixas, às orlas do verde espumoso dos parreirais, e do bronze escuro das árvores. A meio são casas bracas, igrejotas de granito escuro, casarões, tectos de passadeiras de cal, brilhantes, latadas em fitas de postes de pedras, e nos longes algum cerro calvo ou algum monte de casas de granito escuro apertado entre os pâmpano, entre algum grande castanheiro ou ciprestre colossal. Com as brumas que esfarrapam a serra, e discriminan os longes e fazem brilhar no verde as manchas de casas muito brancas, a paisagem é maravilhosa e tocada de mimos. Quando as chuvadas passam, os verdes brilham, a áuga do rio, de pardo pálido e cor de chumbo, passa a azul de aço, reflectindo as franjas das árvores. Tocam sinos melancólicos a vésperas. Longe ouvem-se bombas e tiros ee músicas de alguma festa distante, e sempre, sobre o cimo das serras da Espanha, azul-ferrete, vão passando e esfarrapando-se as névoas pluviosas, com uma difaneidade de teatro, e filas de raparigas em cabelo, trança caída, as saias apanhadas, apesar da cuva, e fitas de garotos dando-se as mãos, vão seguindo rente ao terraço, caminho do sítio onde provavelmente a festa tem lugar. Já isto não é Portugal -os garotos são mais e fazem mais barulho. Pela estrada que desce do terraço ao quartel, os soldados de calça encarnada, horríveis e esqueléticos, acompanham mulheres em cabelo que apanham as saias con donaire. Uma grande paz reina no ar, e o rio é verdadeiramente, em baixo, uma obsessão laurenta que há-de ser necessário, tarde ou cedo, suprimir.

O contraste entre a negativa impresión da Catedral e a súa contorna coas impresións da paisaxe da Veiga do Louro e do val do Miño resulta chamativa.

Cá de baixo é que se vê que a massa da catedral está, para assim dizer, dentro do âmago da cidadela, no alto do monte, destacando-se os dentes da fortaleza românica e crestería dos acrescentos góticos, fortificando e defendendo esse castro de baluartes isolados e cintas de muros com cubelos, incorporados na cidade, como disse.

Do Paseo de la Portilla vem uma estrada arborizada em talude, alta, descendo entre campos de milho, até un novo jardim, maior, que contorna en ferradura, já pouco sobranceiro ao rio, o recinto do quartel arranjado mum convento velho e negregão. É um passeio como o de Pontevedra e Vigo, mas en começo, plantado de acácias e mal tratado. É um recinto onde soldados e sopeiras, ou quer que seja, vão facer amor nos banco, e sabe Deus, de noite, se mais alguma coisa, que o sítio é propício a tudo. É ainda num segundo piso baixo ou contraforte da grande montanha onde está Tui.

Fialho de Almeida descreba agora a Alameda, a antiga horta do convento de San Domingos, integrada no sistema defensivo da cidade. En 1905 as dependencias conventuais estaban ocupadas por un destacamento militar que tiña transformado substancialmente o vello convento dominico. A presenza dos soldados en Tui foi, con algun parentese, unha constante na vida local ata o ano 1963 en que as últimas unidade militares abandoaron o cuartel de San Domingos.

Em baixo o rio largo e encrespado, entre salgueiros verdes que parecen imóveis. Os comboios silvam, o cuco canta, as rãs coaxam, e no recinto do quartel os soldados sem meias, vestidos de linho vão dando os restos do rancho à pobralhada. Agora, algumas névoas no poente da tarde abriram-se para deixar ver, entre blondas loiras, fundos de vapores anil, lilás e áuga de rocha. Que sossego! Que paz! Este domingo triste há-de lembrar-me com pena para toda a vida!

A igreja do quartel [convento de Santo Domingo] deve estar profanada: por fora vèem-se ainda alguns vitrais partidos, uma porta lateral românica, com um tímpano de figuras já irreconhecíveis, uma ponta de transept onde havia uma grande rosácea, e enfim ábsides triplas (um lóbulo já não existe, o do centro maior) e frestões ou janelões oblongos, entre congtrafortes góticos e toscos.

Da bocada desse jardim, junto mesmo do rio, vê-se ao fundo um panorama de serras portuguesas – Valença da esquerda, entre muralhas; a ponte e a casaria de Tui, acumulada. Todo esse fundo de serrania agora é violeta, e por ela passam vapores leves, cor de cinza de charuto, rápidos no vento.

Domingo.- Na calle de Elduayen, que é a melhor e a mais ancha da cidade (Corredera) passan rapazes, soldados con sopeiras, muito graves e desembaraçados, absorvidos, sem se importarem dos que se riem deles, e militares; e separados deles, padres, de sotaina, fivela, chapeuzinho de pêlo, desabado, aos grupos de três, falando discretamente.

O relato recolle a vella tradición tudense do paseo, especialmente, dominical pola Corredoura, dando voltas en grupos de amigos e coñecidos, en animosa charla. A zona do seminario marcaba o limite dos paseos, pois cara ao norte paseaban os seminaristas evitando asi unha mestura coas xentes de Tui, especialmente coas mozas. Hoxe a Coredoura xa non é tanto un lugar de paseo como unha zona de estadía nas terrazas que ocupan boa parte da súa supeficie, expresando como mudan os tempos e os costumes.

A cidade é toda feita na montanha, onde a população se comprime en ruelas e betesgas estreitas. Algumas são intermináveis e tortuosas, todas cheias de casuchas de granito, umas de varanda ao centro, outras com uma alpendrada superior, cobrindo uma varanda, como as da Beira e Guimarães. Há no meio disto alguma casitas muito velhas, de fachadas góticas, como en Alvito (localidade do Alemtejo limítrofe con Cuba, lugar de residencia de Fialho de Alemira), e outras pequenas, do tipo da casa que en Santiago de Compostela está defronte das Platerias, mas em pequeno. Nas encostas decobertas, sobranceiras ao río, jardins de grades com canteiros de rosas, laranjeiras e mirantes donde a vista do río e da Vega é supreendente. Muitas casas modernas, à espanhola, nas calles boas, com miradores envidraçados e grande asseio. O gosto é em geral superior ao da banda portuguesa.

Tui alem disso alarga-se pelo monte abaixo, ao longo das “carreteras”, na meia encosta da sua montanha vêem-se construções novas e em começo, grandes remoções de pedra de talha pelas ruas, para as casas em construção. O pintoresco é a montanha da cidade velha, as ruas trepando por escadas intermináveis ou rampas de lajedo com aberturas ou respiro a indicar por onde passa o cano, e ruas transversais cruzando estas e circuitando o monte irregularmente, o que dá origem a recantos, pontos de vista, “trouvailles” de becos pintorescos e “callejuelas” que parecem inventadas e à noite deven ser sinistras. Nas ruas deste bairro há uma lomba de lajedo ao centro, para passadeira, o resto são pedras toscas de calçada. As igrejas que vi são quase todas más e pobres, como arquitectura e como adornos. A Sé parece-me pobríssima. O melhor altar que é um do cruzeiro, “xurrigueresco”, é horroroso, e as imagens, nenhuma presta. Nos edículos tumbais as estátuas dis bispos que disse, são toscas e primitivas como as da Sé de Ourense.

Não vi de preto a de Torquemada, por estar a grade fechada e haver pouca luz. Cónegos fodedores. O que Mota (nota da editora: Provavelmente, o amigo António de Almeida Pinto da Mota, oficial de engenharia, eleito deputado em várias legislaturas e natural de Valença) conta da hipocrisia das viúvas e dos canónigos.

O ar da cidade. Por que se tem Tui desenvolvido e Valença não? Tui vive do contrabando para Portugal e já do emigrante um pouco.

Na Calle Colón, já no arrabalde, estão facendo un edificio de pedra enorme, gótico românico, com uma grande rosácea ao centro, e um campanário por cima, e tres corpos, sendo um central, o do campanário, que deve ser destinado a algum asilo ou casa de educação.

O trabalho da fachada é perfeito e mesmo rico. Há um grande terreno de roda. A grande serra que se vê por detrás de Tui, rochosa, com um marco no alto, ou coluna, é San Julian.

O grande edificio da Calle Colón, em construção, é um hospital de povo, ou hospicio para velhos e crianças (e asilo também?). Foi feito a expensas do capital de uma senhora rica -não chegou, agora esperam que morra um homem rico e sem filhos que, dizem, deixará todo para a conclusão. O tal homem vive nunha grande casa à entrada da cidade.

Recolle a construción do novo hospital da cidade (hoxe Edificio “Francisco Sánchez”, antiga Área Panorámica). Na súa edificación foron de gran relevancia tanto o legado de Rosa Vaamonde (filla do político e xurista tudense Florencio Rodríguez Vaamonde) e posteriormente do comerciante Felix Rodríguez González.

Sobranceira à Calle Elduayen há uma Calle Ordoñez, onde está um coberto do mercaco de “abastos”. Aí achei este título duma tenda de modas chinfrim “El cielo”, que depois vi se repetia pela Galiza, em mercearias e confeitarias.

Ruas lajeadas no bairro da montanha onde está a catedral: ruas íngremes em rampas e escadas, abrindo às vezes diante de certos edificios religiosos ou pios, en “plazoletas” microscópicas e acanhadas. Outras, essas transversais, circuitando o monte e lajeadas, e com o piso feito da própia rocha da montanha. Essas ruas são intermináveis, dão voltas, feitas de casitas velhas e pequenas, outras consertadas, todas com un ar humilde e simpático, algumas arranjadas com um certo conforto. Algumas muito velhas, do século XV e XVI, como as góticas de Alvito, mas de dois pisos ou de sobrado, outras do século XVII singulares e de cantarias recortadas, algumas avançando balcões e prato, outras com varandas superiores e cobertas de tejadilho, onde charlan as mulheres. Nestes encontros das empinadas com as transversais há todas as séries de recantos e becos, com escadóses, antros de pobres, pátios de garotos. De manhã cedo, pelas “calles” vêem-se, vestidas de preto e de mantilha de merino, mulheres velhas e novas que v$ao a caminho das igrejas. E assim à tarde, à catedral, de livro e olhos baixos.

Sinos lentos tocando à oração pela manhã. Às 9 horas da manhã de segunda-feira 5 de junho, saio para A Guarda e Baiona, na “carrilana” ou coche que estaciona mesmo defronte da “pozada” de Carmen, na Calle Elduayen.

Esta Calle Elduayen é a grande artéria e sai e prolonga-se pela estrada que vai ao longo do Paseo de la Portilla, e vai a Guillarey para onde há “carrilana”. Carros carregados passam por alí, a três de fundo, e uma mula adiante, todos soando guizos, con fracaso. A Tui vem de Valença criadas e gente a fazer compras, até soldados de caçadores, com grande cabazes, lá vi, de manhã, vindo ao mercado.

Na catedral, tod’à volta da nave central e o cruzeeiro, por cima dos arcos das naves e capela-mor, vai uma galeria de arquitos de ogiva e capitéis bizantinos que atrás disse. Alguns desses arcos são cheios, outros abertos, conforme. As grades de ferro forjado são muito más e sem valor. Na manhã em que lá estive dizia-se missa em seis capelas ao mesmo tempo (3 padres as diziam nos altares da capela de Torquemada). Nesta, o edículo onte está a estátua orante de Torquemada, é gémeo com outro, e neste está um altar. Ambos os fundos dos oratórios são pintados e horrivelmente. A estátua é tosca, tem a mitra sobre a cochim, no chão. Por baixo, na barriga da arca ou urna fúnebre, há uma incrição borrada, dizendo “aqui están los huesos de Don Diego de Torquemada, o bispo que fué desta santa iglezia”. A capela é longa, como a igreja da Sé -tem uma cúpla no “transept”; dois retábulos de talha doirada, de mau gosto; dois púlpitos; e no corpo del, em correspondência com uma porta de grades, à direita, é que estão os dois ediculos toscos, num dos quais estão os restos do inquisidor (nota da editora: Lapso de Fialho. O famoso Torquemada inquisidor era Tomás).

Saio para A Guarda, 9 de manhã, “carrilana” com 5 cavalos pequenos, que o cocheiro incita “iá! Iá! Panadero! Caballo!” Paisageem minhota, vinhas de enforcado, bordando campos, milhos nascentes e recém-nascidos, couvais, batatais, muros de lousas de granito espetadas na terra, ou sebe de arame vedando à beira da estrada, campos, ou pequenos muros de pedra solta. Casas térreas com parreiras à porta, a propiedade atrás, murada de sebes ou muros. Nos currais gente consertando carros, galinhas, rapazitos. Nos pequenhos pinhais pequenos rebanhos de cabras e ovelhas, ou dois bois pastando, levados por uma mulher ou outra que vai dando, nos taludes da estrada, de comer a uma vaca pacífica.

Da banda poprtuguesa grandes serras como o riominvisível, em baixo, altas, pedregosas, semeadas de pedras, de pinhais e de casais.

 


O Balneario de Caldelas, a propósito da exposición do seu arquivo fotográfico

$
0
0

 Na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense podemos contemplar ata o vindeiro 8 de xaneiro unha exposición de fotografía antiga que co título de “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” recolle unha escolma de 77 imaxes procedentes do arquivo fotográfico do Balneario de Caldelas que gracias a unha feliz iniciativa de Ana Rodríguez, xerente do establecemento e continuadora da empresa familiar que leva máis dun século xestionando este lugar de termalismo, de recuperar progresivamente o acervo de imaxes que custodian.

Esta mostra, que xa puideron contemplar os clientes do Balneario ao longos das fines de semana do verán, está agora na céntrica sala tudense para que todos os interesados tanto polas técnicas fotográficas como polas imaxes históricas de Tui e a súa contorna. Ao tempo que recomendamos a todos os seguidores de “Tudensia” a visita a esta magnifica exposición, esta colección nos permite achegármonos a outros dous aspectos a reivindicar. Por unha banda, o valor do Balneario de Caldelas, escasamente valorado e aínda menos coñecido, entre os tudenses e, tamén o valor da fotografía como documento histórico.

Para unha aproximación á historia do Balneario de Caldelas posiblemente a mellor obra ata agora publicada é o capítulo dedicado ao establecemento termal tudense no libro de Luis Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar Rodríguez : “O lecer das augas : historia dos Balnearios de Galicia 1700-1936” editado por Galaxia no ano 2011. Con todo, esta obra ofrece ampla referencia sobre todo ao século XIX e moito máis reducida á evolución deste “balneario familiar” (este é o título do capítulo a él dedicado) no século XX.

Xa o topónimo Caldelas revela a antigüidade das augas termais nesta ribeira do río Miño. A primeira mención na documentación escrita de Caldelas data de finais do século XIII cando Sancho IV cede como dote a súa filla Violante, para a súa voda con Fernando Ruiz de Castro, entre outras propiedades, a igrexa e vila de Caldelas, que ao pouco, en 1301, este entrega ao bispo tudense, Xoán Fernández de Soutomaior, como compensación polos danos causados á igrexa tudense polo seu pai na guerra.

A primeira referencia que coñecemos das augas termais de Caldelas figura nunha obra monumental publicada polo médico e hidrólogo ilustrado Pedro Gómez de Bedoya que chegara a Santiago de Compostela, en 1754, como médico do Cabido da Catedral, conseguindo ao ano seguinte, a primeira Cátedra de Anatomía e Cirurxía da Facultade de Medicina de Santiago. No 1762 edita por conta do Cabido compostelán o primeiro dos cinco tomos que compoñían o seu proxecto da Historia Universal de las fuentes minerales de España. Trátase dun ambicioso traballo no que estuda 217 augas. Os informes acadáraos Bedoya a través de máis de tres mil cartas que dirixe aos médicos e boticarios de toda España. Por diferenzas, esta vez, co Cabido e co marqués da Ensenada, ministro de Estado, que non remite o diñeiro prometido, só se editaron os dous primeiros tomos. O percorrido por orde alfabético remata na letra “F”, nas augas de Furraqueira do concello de Ribadeo. A obra quedou incompleta.

Nesta obra de Bedoya atopamos a primeira referencia a esta augas de Caldelas, ao recoller que o capitán xeneral de Galicia, Leopoldo Adriano José de Rifflart y Vooght, conde de Itre, solicita aos médicos de Tui un informe sobre se as augas de Caldelas eran axeitadas para atender a doenza reumática da súa esposa (Joaquina de Aguilera, filla dos condes de Casasola del Campo, en Salamanca, con quen casara en 1745 logo de enviuvar de María Bernarda Correa y Sarmiento, filla dos marqueses de Mos, da que non tivera sucesión). O médico tudense, doutor Silva, di no seu informe o seguinte:

La fuente de Caldelas está a orillas del Rio Miño , y acia la parte del Levante. Los naturalas del pais cavaron al derredor de ella, haciendo un pozo, que tendrá de circuito poco mas de veinte pies, y de profundidad algo mas de media vara. En todo el recinto inmediato, si se cava, se descubren manantiales de la misma naturaleza que el principal: y aunque que este está manifiesto de bastante tiempo, no ha tenido nombre, ni sus virtudes se han experimentado hasta cerca del año de 1750 (…) o componen una agua maravillosa, como lo dicen los prodigios , y prontos efectos, que cada día se notan en los enfermos, que a porfia, con distintos achaques concurren a ella.

Non recollemos as descricións das compoñentes destas augas por no ser obxecto do noso post unicamente indicar que pese as limitacións técnicas e de coñecemento o informe do médico tudense é de valor, ao que se engade unha análise por evaporación realizada polo médico da vila de Redondela, Pablo Antonio González, e mesmo a opinión de catedráticos da Universidade de Salamanca que comparan as augas termais de Caldelas coas de Ledesma, en Salamanca, onde no ano 1749 tomara as augas a referida señora. Completa o informe ao Capitán Xeneral que recolle Bedoya con dous casos clínicos dun soldado e un frade que atoparon remedio nestas augas de Caldelas.

Pero en contraste con estas positivas consideración Gómez de Bedoya sinala tamén a precariedade das condicións do lugar, afectado periodicamente polas enchentes do Miño e concluíndo:

No es menester más para conocer lo apreciable que es a la salud humana el agua de la fuente de Caldelas; pero es digna de ponderar la miseria y mala comodidad que tiene los enfermos que se refugian a ellas; pues, cada uno, para estar a cubierto, necesita fabricarsse una choza y llevar, o comprar, todos los utensilios o trastos precisos para su uso; desdiccha, que fuera tolerable, si solo en esta fuente sucediera.

Francisco Ávila y La Cueva recolle na súa “Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado” que na noite do 18 de agosto de 1788 se incendiaron y quemaron todas las barracas o chozas de los baños de Caldelas, y aunque perecieron en medio de sus llamas varias alhajas de los que las ocupaban no peligró persona alguna, pero habiendo vuelto a incendiar en la noche del 21 de setiembre de este mismo año salieron cinco personas muy maltratadas por el fuego y una señora de Pontevedra murió de sus resultas. Entonces las barracas eran todas hechas de paja, colma o centeno. Para evitar en lo subcesivo males iguales mandó la Justicia y Ayuntamiento de esta ciudad que de aqui en adelante se hiciesen las barracas de tablado y teja y por ningún pretexto de paja, y asi se hace en nuestros días (en torno a 1850 que é cando redacta a sua obra Ávila y La Cueva).

Os baños de Caldelas dispuxeron de médico oficial dende 1817 en que foi creado o corpo facultativo en España, sendo o primeiro médico director oficial José Sanjurjo y Mosquera, sendo apartado do posto polas súas ideas liberais e substituído polo doutor Victor González Esteban. Este director médico atendía aos pacientes e receitar o tratamento a recibir e, entre outras encomendas, elaboraban unha memoria anual que informa da súa actividade e nos fornece de abondosa información.

Estas casetas ou chozas se montaban cada ano polos propietarios do terreo, en torno a 20 veciños do lugar, pero en condicións, moi deficientes e mesmo insalubres polo que o médico González Esteban promove a construción de novas casetas, máis afastadas do río Miño, realizándose un total de 24 con zócalo de pedra de tres cuartas de altura e paredes laterais branqueadas no seu interior, todas con fiestras e cociña independientes. Estas barracas, cun mínimo de mobiliario, eran ocupadas polos auguistas de maior capacidade económica (pagando ata 5 reais de vellón ao día) namentres que as antigas chozas eran ocupadas por enfermos aloxados de cinco en cinco por un real de vellón diario.

No estudo de Alonso, Lindoso e Vilar lemos: a xornada de tratamentos organizábase da maneira seguinte: a partir das oito da mañá empezaban a entrar os homes no pazo, onde permanecían arredor dun cuarto de hora. Despois da quenda de homes limpábase o pozo e volvíase encher, proceso que non duraba mais de media hora. A continuación entraban as mulleres e nunha terceira quenda os enfermos contaxiosos e con enfermidades repugnantes. Unha vez completado o proceso, o pozo pechábase ata as once da mañá, hora en que se empezaban a administrar os tratamentos en bebida. Dende as catro da tarde volvíase repetir o proceso, extracción de auga para as bañeiras das barracas, baño de homes, mulleres e contaxiosos e o subministro de doses orais. Algún enfermos pertencentes a familias acomodadas de Tui e outros lugares cercanos enviaban aos seus criados en carros con pipas que enchían de auga para tomaren baños nas súas casas coas comodidades doméstica da época.

Un paso importante na evolución deste enclave termal sucede en febreiro de 1858 cando o veciño de Tui, Antonio Enríquez e Graña, adquiriu a varios propietarios de Caldelas, Porto e Entenza o manancial que correspóndelles por antiquísimos, xustos e lexítimos titulos hereditarios así como o terreo contiguo e unha caseta de pedra tellada e amadeirada. O papel do novo propietario foi decisivo para garantir unha mellora substancial nestas termas de Caldelas e iniciar un aproveitamento das súas potencialidades, usando esta auga mineral en bebida, en chorro e por inhalación. Antonio Enriquez era un acadalado propietario comoprador de numerosos fotos tras a Desamortizaciñon que consolidan a sñua riqueza.

O novo propietario, comentan Alonso, Lindoso e Vilar, tratou primeiro de asegurar o manancial para que a corrente e avenidas do Miño non puidesen descompoñelo nas súas crecidas. Con este fin (...) No ano 1863 levantouse a cada lado do manancial un barracón portátil de táboas capaz de albergar ata once camas e destinado aos enfermos impedidos das clases necesitadas. Dentro dun deles, nun cuarto independente, instalouse un baño de chorro descendente e de regadeira (...) pola mesma época tamén foron reformadas as 32 barracas situadas a cen pasos do manancial, colocadas en liña recta formando dúas rúas incompletas, bautizadas co nome de “Esperanza” e “Carmen”, e con capacidade cada unha delas para dous enfermos cos seus respectivos asistentes. Ademais coñecida a necesidade de dispor dunha fonda con servizo completo no recinto, Enríquez comprou un pequeno terreo onde comezou a construír unha casa-fonda de dous pisos en 1865, con servizo de comidas e cuartos de bañeira de folla de lata vernizada para vinte hóspedes ao prezo de 20 a 22 reais diarios.

No ano 1869 as augas de Caldelas foron recoñecidas como auga mineiro-medicinais e declaradas como de utilidade pública.

Aínda que Antonio Enríquez tentou mercar novos terreos para ampliar e mellorar as instalacións, os propietarios daquelas casetas nin as vendían nin as amañaban, mantendo unhas condicións precarias nas instalacións; como titular do manancial asumía integramente as cargas fiscais. Desilusionado por estas circunstancias a mediados dos anos setenta A. Enriquez puxo á venda o manancial, mais non atopou ningún comprador porque ademais das limitacións do terreo estableceu un prezo demasiado elevado.

A gran novidade nestes anos foi a chegada do ferrocarril que favoreceu o acceso as termas de Caldelas, primeiro a través de Portugal chegando a Valença por vía férrea. Posteriormente en 1878 foi aberto o traxecto ferroviario Vigo-Tui-Caldelas- Salvaterra e, posteriormente, o 30 de maio de 1881 a prolongación da liña ata Ourense.

En setembro de 1882 visitou Caldelas o militar retirado Antonio Oliver y Rubio decidindo vender parte das súas propiedades en Madrid para adquirir, no mes de novembro, o manancial e algúns terreos inmediatos. Oliver inicia un intenso proxecto de aproveitamento médico e hoteleiro que modernizará e consolidará este enclave termal. En primeiro lugar encarga ao arquitecto José Alfaia a reforma do balneario que inclúe un hotel e novas instalacións para os tratamentos para o que tivo de mercar diversas parcelas. As obras non puideron comezar ata 1885 inaugurándose a nova casa de baños en 1886, afastada máis de 100 do río, cunha superficie construía de 460 m2 (distribuídos entre salón de descanso, salas de tratamento, dirección facultativa e un amplo vestíbulo) e contaba cun sistema de transporte da auga dende o manancial. Con este fin construíuse arredor do abrollo de auga mineral nun muro e unha plataforma de pedra de 1,70 m de altura con amplitude suficiente para colocar tres departamentos destinados a tomar inhalacións, descansar e colocar unha máquina de vapor locomovible. Esta forza movía unha bomba aspirante que conducía a auga ao establecemento (...) sobre os bordos do manancial principal inseriuse unha campá de zinc para concentrar os gases da auga mineral. Á súa vez, colocouse encima da arquita do manancial unha mesa modesta con taboleiro de mármore na que se emprazaron catro tubos de bronce que conducían os gases a través da referida campá de zinc. Todos estes servizos, manancial, arqueta e fonte, mesa con inhaladores e máquina de vapor estaban protexidos por un barracón de madeira que había que desarmar cada temporada a principios de novembro a causa das crecidas naturais do río Miño.


Paralelamente á compra no manancial, Antonio Oliver encargou unha nova análise das augas ao doutor en farmacia e recoñecido químico o tudense Juan Areses Alonso logrando importantes avances no coñecemento da súa composición e propiedades.

Neste anos tamén se amplía a oferta de aloxamentos en Caldelas coa aparición de diversos establecementos: Hotel Europa ou de Santero, a Hospedería de Juan, Fonda de Joaquín ou a Hospedería de Genoveva, xunto a Fonda fundada por Antonio Enríquez. As facilidades de comunicación por vía férrea, a mellora do balneario e a moda das estadía en establecemento termais promoven un importante crecemento no número de auguistas na década de 1880.

O proxecto de Antonio Oliver continuou coa construción do Gran Hotel, cuxa primeira pedra foi colocada o 13 de xullo de 1889 inaugurándose o 26 de xullo de 1890. Contaba con catro plantas e capacidade para douscentos hospedes. Aínda hoxe nunha visita ao Gran Hotel de Caldelas podemos coñecer parte destas instalacións que se conservan e testemuñan a calidade das mesmas e como mudou definitivamente as condicións desta localidade termal. Caldelas, aínda que sen competir directamente cos grandes establecementos termais, realizaba unha oferta modesta pero en liña con aqueles tempos e comezou a ampliar o ámbito xeográfico dos seus clientes.


https://www.europeana.eu/es/item/2022719/arpadweb_bib_ADGD160463877

Ata o seu falecemento o 12 de xaneiro de 1900 Antonio Oliver non deixou de promover melloras no balneario, no hotel e no manancial, ao que dota dun elegante quiosco en lugar do barracón de madeira. O seu temperá falecemento, ao 57 anos de idade, frustra os seus proxectos que, con esforzo e dedicación, os continúa a súa viúva, Cruz Echazarreta completando as obras en curso. Anos mais tarde o seu fillo Manuel, enxeñeiro de minas, asume a dirección do negocio familiar que logo continuará a súa sobriña Cruz Ruíz, que amplía e renova as instalacións en torno a 1972. Hoxe, mantendo a continuidade familiar na propiedade e dirección do balneario e do hotel, a súa filla Ana María Rodríguez Ruíz. Cómpre pois un recoñecemento a esta empresa familiar que continua, logo dun século, coidando do manancial e da oferta terapéutica e de aloxamento ligada a estas augas termais. Como tantos outros establecementos termais, o Balneario de Caldelas logo do esplendor daqueles tempos a cabalo entre o século XIX e XX viviu tempos de decadencia ata as últimas décadas onde asistimos a un “revival” do termalismo valorizado como unha referencia de saúde e lecer.

No caso de Caldelas cómpre destacar que na súa evolución xoga un papel fundamental os sectores burgueses da sociedade que apostan por investir, caso de Enriquez e Oliver, ou utilizar os seus servizos. Pero xunto a esta distinción social, Caldelas e outros establecementos balnearios galegos, tiveron sempre un gran favor popular, cun gran número a auguistas de clases populares que foron a principal clientela tantos dos balnearios como das pousadas e fondas. Esta dimensión popular das augas medicinais de termas e caldas, en palabras do historiador Ramón Villares, é tamén un bo indicador do fácil encaixe que tivo o termalismo nunha cultura de raíz campesiña como a galega. Porque aínda que gran parte do éxito dos balnearios estaba na súa capacidade para “curar o espírito” dos seus visitantes a través do descanso, do contacto coa natureza, das relacións de sociabilidade e mesmo da practica do hixienismo tamén era evidente a súa funcionalidade curativa das doenzas do corpo. E para unha mentalidade agraria na que o corpo era ferramenta esencial para o traballo, as augas eran claramente un benfeito e non unha escusa propia de filisteos que gustasen do “sport” e do coidado do corpo por razóns estéticas e non propiamente terapéuticas.

Foi esta combinación entre distinción social e a condición de centros de sociabilidade entre os sectores burgueses (no caso de Caldelas cunha notable presenza de clientes procedentes de Portugal) que proporcionaban os hoteis dos balnearios a que deulle prestixio ao mundo termal. Pero paralelamente a procura de saúde de sectores mais modestos socialmente ou mesmo populares foi seguramente a quen permitiu a continuidade de establecementos como o de Caldelas ao longo de moitas décadas do pasado século XX, máis modestos nas súas instalacións e ofertas que as grandes referencias que todos temos en mente (Mondariz, A Toxa ou Cabreiroá).

O Balneario de Caldelas escasamente coñecido polos tudenses constitúe unha referencia para o noso municipio e, na actualidade, un importante recurso que singulariza e mellora a oferta turística de Tui.

Xunto a esta breve referencia á evolución deste enclave termal, o segundo motivo deste post era recoñecer o valor da exposición da que falabamos ao inicio, “A nosa auga, a nosa terra e a nosa xente” que escolma unha parte dos fondos fotográficos que custodia o Balneario de Caldelas, imaxes en cristal realizadas polo primeiro propietario Antonio Oliver como polo seus fillos nas últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX e que gracias unha feliz iniciativa da actual propietaria, Ana Rodríguez Ruíz, podemos coñecer recuperando asía parte da nosa memoria.

As fotografías, máis aló do seu valor artístico, posúen una valor como documento histórico que nos axudas a ilustrar parte da memoria colectiva. A fotografia captura un instante, conservando asi a realidade dun momento temporal concreto, converténdose nun documento histórico, nunha testemuña visual e gráfica dun territorio, dos seus costumes. Velaí o singular valor que posúe esta exposición que hoxe podemos contemplar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui.

Unha colección de imaxes que abrangue a vida diario do Balneario e as súas instalacións, por exemplo a montaxe e desmontaxe anual do barracón creado por Antonio Oliver no manancial, ou as cociñas do hotel, así como imaxes da familia propietaria ou dos clientes do establecemento termal.

Imaxes tamén da evolución da localidade de Caldelas xurdida arredor das súa Carmen e Esperanza, que xa documentamos no século XIX, cos establecementos hostaleiros, a estación do ferrocarril ou a capela do Carme (cuxa construción se inicia en 1903 e que promoven a propietaria do Balneario, Cruz Echazarreta, xunto ao arcediando de Santiago, Luciano Fontán Illas, e que se consagra en 1914). Tamén podemos ollar diversas imaxes do río Miño, entre elas unha fermosa imaxe da pesca onde figuran tamén dous mariñeiros do Destacamento da Armada existente en Caldelas naquela altura, ou do acueduto do Puntillón (testemuñando así a súa antigüidade e singularidade que reclama que no maís breve prazo se repoña integramente no lugar logo da agresión que ten sufrido nas obras promovidas pola Confederación Hidrográfica) ou paisaxe de Lapela, Entenza ou da propia cidade de Tui.



 

Bo Nadal 2021

$
0
0

 Neste blog temos recollido en diversas oportunidades a importante riqueza que atesoura a nosa cultura tradicional e popular en relación co denominado ciclo do Nadal. Tanto no gastronómico, con especial mención ao boleardo como doce típico destas datas festivas (http://tudensia.blogspot.com/2019/12/reivindicacion-do-boleardo-de-nadal.html) e que lamentablemente temos perdido como referencia singular da nosa doceria, ou aos cantos de nadal, os “aguinaldos”, e moi especialmente de Reis que tanta populares foron ao longo dos tempos na nosa contorna (http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html).

Detalle do retablo de Nosa Señora do Rosario (Batalla de Lepanto) da
igrexa de San Domingos de Tui. Século XVIII.

Costumes e lendas que percorreron séculos para conmemorar estas datas de Nadal e aninovo fican hoxe no esquecemento fronte á presión comercial que nos uniformiza esmagando a ampla diversidade de expresións festivas características destas festas navideñas.

Un fermoso libro “Anécdotas e vivencias de Tui e comarca – II” editado, no ano 2002, pola Asociación de Amas de casa e consumidores de Tui, dando continuidade a unha publicación anterior, de 1998, resulta toda unha alfaia que recompila moitos elementos da nosa cultura popular (lendas, tradicións, vivencias, refráns, cantigas...) recollidas dos beizos das persoas maiores por Lino J. Pazos.

Nesta publicación figuran uns versos lembrados por Alberto Romer que expresan de forma sinxela e fermosa o contido destas xornadas. Manter a súa memoria é conservar un anaco da nosa cultura e a nosa identidade e nos serven para desexar a todos os lectores de Tudensia un feliz Nadal que nos abre á esperanza e ao encontro

 

Os anxos da gloria

cantas cousas de agradare.

Veñen pastores de lonxe

correndo sen se cansare.

 

Falade ben baixiño,

petade pouquiño

para que non esperte

o noso meniño.

 

Deitadiño está nas pallas

o Neno Deus no portal

a Virxe pura María

moitos biquiños lle da.

 

Falade ben baixiño,

petade pouquiño

para que non esperte

o noso meniño.

 

Nova reivindicación dos "Bandos ou ranchos de Reis"

$
0
0

En varias oportunidades dende Tudensia temos recollido unha vella tradición do Nadal tudense como son os “Bandos de Reis”, tamén chamados “Ranchos”, que coa súa vistosa indumentaria e as súas sinxelas coplas percorrían nestas datas, arredor da festa da Epifanía, tanto os camiños das nosas parroquias como as rúas empedradas da cidade na procura dun “aguinaldo”, propina en metálico ou en especie.

Rancho de Reis de Guláns - Ponteareas, circa 1920

O interesado pode revisar estes post de anos anteriores: http://tudensia.blogspot.com/2021/01/non-deixemos-de-cantalos-reises.html e tamén http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html ou anteriormente  http://tudensia.blogspot.com/2008/12/un-nadal-tudense-con-boleardos-e-bandos.html

Cómpre seguir reivindicando, nunha nova ocasión, aos “Ranchos de Reis”. Cando estamos contemplando como se deturpa a tradición do Nadal coa introdución de novas expresións navideñas alleas por completo á nosa historia (caso do chamado “Apalpador” incluso con recibimento público) e cun exceso de comercialización completamente desaforado, paralelamente deixamos esmorecer aquelas expresións do Nadal que conservan a nosa identidade, que custodian un acervo de tradición oral de grande riqueza como é o caso dos “Ranchos ou Bandos de Reis” e as expresións populares asociadas ao ciclo do Nadal.

Nunha cidade e concello que ten no patrimonio cultural a súa principal expresión de vida colectiva e de orgullo de pertenza e, por conseguinte, un dos seus principais recursos para as dinámicas socio-económicas, resulta pertinente, como xa temos manifestado noutras oportunidades a través de “Tudensia”, a necesidade de promover a recollida e documentación destes cantos de Reis e do ciclo do Nadal así como de apoiar ás entidades culturais das parroquias que realizan este labor e organizan ranchos de reis ou rondallas.

Medidas que supoñen tamén unha forma conservación do noso patrimonio cultural que nos identifica, pois se trata dunha tradición que se mantivo especialmente no sur de Pontevedra, no territorio da antiga provincia e diocese tudense (especialmente en lugares como Guláns ou As Cortellas, de Ponteareas, Riofrío en Mondariz, Salceda... no caso de Tui con referencias especialmente a Pexegueiro, Randufe ou Malvas). Cómpre non cinguir o noso concepto de patrimonio unicamente aos bens inmobles pois é moito máis amplo, e consecuentemente rico, no que afecta aos bens mobles e ao patrimonio inmaterial ou intanxible.

A creación dun evento que reúna, en Tui, aos grupos tradicionais dos “Ranchos de Reis” é unha vella aspiracións das moitas da xentes que traballan no ámbito da cultura popular e contribuiría a dignificar estas expresións da cultura popular, incentivar a súa conservación e a súa difusión entre a veciñanza e amosar a ampla diversidade das tradicións musicais da nosa terra.

Hai xa décadas que houbo dende o Concello tudense accións para a promoción dos “villancicos de Reyes”. No ano 1947 por acordo da Corporación Municipal convocouse unha “competición de agrupaciones que canten los Villancicos de Reyes, como se hizo en años anteriores”. Foi designado un xurado integrado por Faustino Temes Dieguez, profesor de música e Servando Bugarín Domínguez, director da Polifónica tudense xunto ao alcalde, Rosendo Bugarín Domínguez. Tras a celebración do certame no Palco da Música foron concedidos os seguintes premios: primeiro, de 250 pts., á agrupación de Rebordáns, dirixida por Serafín Fontán Rodríguez; segundo, de 150 pts., á agrupación de Randufe, dirixida por Obdulio González Lago, e terceiro premio concedid “exaequo” a sendas agrupacións tamén de Randufe dirixidas, respectivamente, por Angustia Lago Areal e Manuel Gómez Diz, con 50 pts a cada unha.

No ano 1949 foi de novo convocado o concurso, estando o xurado integrado por Servando Bugarín Domínguez, mestre de capela da S. I. Catedral, o músico da Banda Municipal, Manuel González Fernández, e o concelleiro, daquela chamados “gestores”, Celestino Pérez Martínez. Nesta ocasión o certame fracasou pois segundo o fallo do xurado: no habiendo concurrido a esta competición más Grupos de concursantes que los dirigidos por D. Manuel Diz Torres, vecino de Randufe, no caben otros méritos, por lo cual se propone para esta agrupación el primer premio” que se mantiña nas 250 pesetas.

Posteriormente houbo outros certames promovidos polo Frente de Juventudes, organización xuvenil da Falange Española, xuntamente co Centro de Iniciativas y Turismo conxuntamente co Concello organizan no ano 1960, como recolle o Boletín de Información do CIT. Un certame de “Bandos de Reis” na tarde do 5 de xaneiro de 1961, como acto previo á Cabalgata “para renovar esta antigua tradición (...) el primer premio de 500 pesetas destinado a la mejor comparsa quedó desierto. El segundo, de 300, fue adjudicado al rancho local “Aires do Miño” simpático conjunto de jóvenes de ambos sexos con el típico traje regional, su actuación no fue más que discreta, por escasa preparación, pero tiene buenas voces y no dudamos que si se lo proponen conseguirán renovar los laureles de la Polifóbica “Padre Salvado” y otras anteriores agrupaciones musicales. El importe de este premio fue entregado, en un magnífico gesto de estos muchachos, al Asilo de Ancianos. El tercer premio de 100 pta. correspondió al Bando de Reyes de Salvatierra de Miño y el cuarto de consolación, para el Bando infantil de Sobrada- Tomiño”.

De novo no ano 1961 o CIT xunto co Frente de Juventudes convoca o “Concurso de agrupaciones y Bandos de Reyes” para “el resurgimiento de este relicario folklórico de la ciudad”, convocatoria que se repite no ano 1962.

Adoración dos Magos, retablo de Nosa Señora do Rosario 
(ou da batalla de Lepanto) na igrexa de San Domingos de Tui, sec. XVIII

Dende aquela non houbo novos certames sobre os “Bandos ou ranchos de Reis”, aínda que a súa presenza se mantivo esporadicamente nas vésperas da Epifanía polas terras de Tui. Moita máis continuidade tiveron e teñen as “rondallas”, especialmente nos últimos tempos a de Pexegueiro.

Rematamos estes comentarios, facendo votos pola revitalización desta vella tradición, reproducindo un destes cantos de Reis rescatándoo do esquecemento:

 

Esta noche celebra la Iglesia

la Epifanía de los Santos Reyes

de Oriente salieron diciendo

el Verbo encarnado que el mundo amanece

                    Que Viva y que reine

                    que viva y que reine

                    el Verbo encarnado

                    el Rey de los reyes

Una estrella le sirvió de guía

que bajó rompiendo su color celeste

tan brillante que no tiene cielo

lucero de noche más resplandeciente.

                    Que Viva y que reine…

Reyes Magos prosiguen

a Belén llegaron y allí les oscurece.

salió un rayo tan brillante

un cielo estrellado y un sol que parece.

                    Que Viva y que reine…

En el portal de Belén

parió la Virgen María,

las estrellas y la luna

se cubrieron de alegría.

                    Que Viva y que reine…

En el portal de Belén,

un poquito más adentro.

En el portal de Belén,

allí fue su nacimiento.

                    Que Viva y que reine…

Estrellita reluciente,

quítame de esta agonía,

llévame a las capitales,

en compañía de María.

                    Que Viva y que reine…

Pregunta Herodes a los adivinos, pregunta si saben,

ese Niño donde ha nacido

Belén de Judea por las profecías

que así lo declaran.

                    Que Viva y que reine…

Asustado se quedó Herodes

con estas noticias y todas sus gentes

pues se teme que el Rey de los cielos

usando grandezas a la tierra venga.

                    Que Viva y que reine…

Mientras tanto Herodes

despacha ministros por todo su reino

que a los niños dos años abajo

sin quedar ninguno, a todos degüellen.

                    Que Viva y que reine…

De rodillas hincados le adoran,

y de sus ricos tesoros le ofrecen

oro, incienso y mirra,

pues no en vano dicen, sus misterios tienen.

                    Que Viva y que reine…

Le adoran al hermoso Niño

la Virgen, su madre, que en brazos le tiene,

le contempla José que de gozo

su ternura dice que lágrimas vierte.

                    Que Viva y que reine…

Concluyo señores

y todos pedimos con nuestras canciones

que este Niño que hoy ha nacido

por siempre reine en nuestros corazones.

                    Que Viva y que reine…

 

(Recollido de Remedios Domínguez Gómez no libro “Anécdotas e vivencias de Tui e comarca – II”, Asociación de Amas de Casa e Consumidores “Rias Baixas” de Tui, 2002)

Para todos o noso desexo que ¡cantemos ben os Reis!

 

Os selos sobre Tui e o Grupo Filatélico tudense

$
0
0

A filatelia é unha afección dedicada a coleccionar e clasificar selos, sobres e outros documentos postais. Dende a edición do primeiro selo postal, en Inglaterra o 6 de maio de 1840, no caso de España o 1 de xaneiro de 1850, comezou paralelamente o coleccionismo destes gravados. Nos selos podemos contemplar parte da historia e da cultura dun país ao recoller nas súas emisións imaxes de persoeiros, monumentos, pinturas, acontecementos destacados, flora, fauna... en definitiva, un amplo abano da realidade de cada país emisor.

A afección polas coleccións de selos conta con numerosos seguidores e aínda que os cambios nas comunicacións, concretamente as epistolares, parecen cuestionar mesmo a súa continuidade segue gozando dun amplo número de seguidores.

En Tui temos unha agrupación local de dilatada historia, con sesenta anos de traxectoria -que cumpre este ano-, e que reúne a un amplo fato de coleccionistas. O Grupo Filatélico e Numismático de Tui foi creado no ano 1962, deste xeito no vindeiro mes de novembro esta agrupación cumprirá 60 de existencia. O xermolo deste colectivo estaba nas xuntanzas que diversos afeccionados realizaban no “Centro Portugués” pero moi especialmente no bazar, localizado no Paseo da Corredoira, de Alberto Estévez de Figueirido, “Albertito”, gran afeccionado filatélico.

Alli, animados por los éxitos que mundialmente estaba consiguiendo el filatelista tudense José González García, decidieron constituirse en una sociedade filatélica. Fueron ellos los señores Ildefonso Baquero Fortes, a la sazón primer teniente de alcalde de Tui; el antes nombrado, José González García; José Luis de la Peña y Aznar, cónsul de España en Valença do Minho; Abraham da Costa Seixas, Alberto Estévez Piña, Pilar Saracho Urtiaga, Luis Rodríguez Silva, Miguel Angel Vidal Álvarez, Javier Vila Garcia, Juan Álvarez Caramés y Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Excusó su asistencia por motivos profesionales Alberto Estevez de Figueirido (Albertito). El Sr. González García hace constar sus deseos de que figuren entre los socios fundadores sus hijos José Manuel, Carlos, Miguel, Joaquín y Manuel González Troncoso. Los mismos deseos, con referencia a sus hijos, los hace el Sr. De la Peña y Aznar.

Se nombra una comisión gestora que preside Ildefonso Baquero Fortes, como secretario, Carlos Pérez-Fonterosa, y vocales Abraham da Costa Seijas, Miguel Ángel Vidal Álvarez, Luis Rodríguez Silva y Alberto Estévez Piña. Sería una asociación sin ánimo de lucro y “con la finalidad de fomentar en la ciudad de Tui y sus contornos la noble aficción, bella y cultural que es el coleccionismo de sellos”. No se había incluido en aquellas fechas la sección numismática.

O primeiro presidente falece ao pouco tempo ocupando a  presidencia deste colectivo a Carlos Pérez-Fonterosa, que segue hoxe sendo un dos directivos deste Grupo (dos seus escritos espallados por diversos catálogos das exposición filatélicas tudenses tomamos moitos datos para este post).

De inmediato, organizan na sede do Club Náutico “San Telmo” a primeira exposición filatélica, con expositores de madeira entregados polo concello tudense que presidía José Casal Aboy. Hubo una sección de honor, en donde estuvieron expuestos una representación de los sellos de D. José González García y de la de D. José Luis de la Peña y Aznar, con sus importantes colecciones (…) además recuerdo que pasaban de 20 los expositores que nos mostraban  sus magnificas colecciones, entre ellos, los señores Da Costa e Seixas, Vidal Álvarez, Rodríguez Silva y Estévez Piña, además de Javier Vila García todos miembros de la gestora. A este último, le fue concedido por el jurado el Gran Premio de la muestra. Los responsables de las valoraciones, fueron los conocidos filatelistas y publicistas, D. Manuel Lago García y D. José María Álvarez Blázquez (…) pocos días después se divulgó la noticia de que D. José González García había conquistado en Estambul (Turquía) la Medalla de Oro y el Gran Premio de Honor de la “Istambul 63” con sus colecciones de Portugal y las colonias, como las mejores del mundo.

A figura de José González é básica no ámbito da filatelia, pois acadou un amplo recoñecemento internacional as súas colección de selos de Portugal e as súas colonia. A relación de premios en exposicións e certames filatélicos é excepcional entre finais do anos cincuenta e os setenta do pasado século. Invitado a numerosas convenciones, impartió asimismo conferencias ilustradas sobre las primeras emisiones de sellos de Portugal. Podríamos  citar, entre otros, colectivos, la ofrecida en el Colletors Club de Nueva York o en el The Royal Philately de Londres, clubs de reconocido prestigio y que le sirvieron para figurar en el Rol internacional de filatelistas distinguidos. En recoñecemento a súa traxectoria o goberno de Portugal nomeouno “Cabaleiro da orden do Infante don Henrique” no ano 1971. El Club Filatélico de Portugal acuñó sendas medallas de plata y bronce con su efigie, hoy en día muy buscadas por los coleccionistas.


Da vitalidade que logrou este grupo tudense da testemuña o feito de que o 17 de abril de 1966 foi creada, en Tui, a Federación Gallega de Sociedades Filatélicas con once entidades filatélicas fundadoras: O Barco de Valdeorras, A Coruña, A Estrada, A Guarda, Noia, Ourense, Pontevedra, Ribadavia, Santiago, Vigo e Ponferrada.

Este Grupo filatélico promoveu en Tui cerca de corenta exposicións e outros tantos mataselos conmemorativos concedidos por Correos. O primeiro para a exposición do ano 1964 coa imaxe do brasón da cidade, coa media lúa e as tres estrelas. Dende aquela son numerosos os mataselos concedidos á agrupación tudense cunha ampla gama de motivos relacionados coa nosa cidade.

Cabe destacar ao abordar esta traxectoria que no ano 2000 o colectivo tudense recibe a “Medalla de ouro ao mérito filatélico” por su historial, difusión de cultura filatelica y gestión  protocolaria entre las instituciones de Galicia y Norte de Portugal. O grupo tudense valora tamén a aceptación por membros da Casa Real da presidencia de honra de diversas exposición filatélicas celebradas en Tui: en 2002 é o daquela Príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, en nos anos 2004 e 2012 serán SS. MM. D. Juan Carlos e Dona Sofía.

Pero un dos principais obxectivos do Grupo Filatélico de Tui foi, de sempre, conseguir un selo sobre a nosa cidade, pero houbo que esperar trinta e cinco anos. E así gracias ao seu empuxe e iniciativa foi editado no ano 2001 o primeiro selo de Correos dedicado a Tui, en concreto a unha imaxe do pórtico da nosa catedral de Santa María. Como afirma Carlos Pérez-Fonterosa, el acontecimiento constituyó un hito para nuestro Grupo y la ciudad de Tui fue la emisión, por primera vez en la historia de la filatelia española, de un sello dedicado a nuestra catedral (…) después de 152 años de efectos postales en España sin solo sello de nuestra histórica ciudad.

Este selo foi emitido o 14 de maio de 2001 e presentado nun acto no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela co Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, e  Director General de Correos. Contou cunha tirada de 1.200.000 exemplares.

Para o segundo selo que contase cunha ilustración relativa a Tui non foi preciso esperar moito; do ano seguinte, 2002, data un selo dedicado ao centenario da Escola de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid e que conta cunha ilustración da ponte internacional Tui – Valença.

O selo foi presentado en Tui, o 4 de abril de 2003, por Alberto Núñez Feijóo daquela xa conselleiro de Política Territorial da Xunta de Galicia e que anteriormente ocupara a Presidente de Correos, que recibiu as insignias de ouro do Concello de Tui e do Grupo Filatélico tudense.

A seguinte edición de selos que atinxen á nosa cidade corresponden ao ano 2013, comezando a súa posta en circulación o 4 de xullo no que foron presentados no concello tudense. Foi unha tirada de 300.000 exemplares da serie “Personajes”. Neste caso con dous selos, dedicado un á figura do noso patrón, San Telmo, coa imaxe da Catedral tudense como fondo e outro dos selos recolle á figura do tudense Rosendo Salvado Rotea, fundador da Abadía de Nova Nursia en Australia onde foi pioneiro no recoñecemento dos dereitos e dignidade dos aborixes daquel continente.


Dende hai cerca dunha década Correos promove novos tipos de emisións filatélicas máis aló dos programas do seu servizo filatélico e das emisións para o franqueo postal. Trátase de emisión de selos personalizados, segundo as indicacións do cliente, con tiradas máis curtas en número pero que amplían enormemente o abano dos motivos filatélicos editados. Recollemos os promovidos pola asociación tudense o que non desbota a existencia doutras emisións deste tipo que recolla algunha referencia á nosa cidade.

A este tipo de emisións “baixo demanda” corresponde dous selos editados no ano 2016 e promovidos novamente lo Grupo Filatélico de Tui. Con data 19 de xullo de 2016 foi editado un selo que leva impreso o escudo e a bandeira de Tui.

Este selo válido para franqueo sen embargo non se distribuía nas oficinas de Correos senón unicamente a través do Grupo Filatélico tudense. Lamentablemente a imaxe do escudo de Tui con corresponde nin coa que naquel momento posuía o Concello de Tui nin co escudo que posteriormente aprobou a Xunta de Galicia.

No mes de outubro do mesmo ano 2016 foi editado outro selo, de tipo personalizado, dedicado neste caso á Eurocidade Tui-Valença e tamén promovido polo colectivo filatélico tudense. O deseño desta estampilla é a imaxe de Tui e Valença realizada en torno a 1510 polo escudeiro portugués Duarte D’Armas e que corresponde ao encargo realizado polo rei D. Manuel para que fixera un informe e valoración das defensas do reino de Portugal. Esta ilustración é a imaxe máis antiga que conserva das nosa cidades e posibilita un coñecemento pormenorizado das defensas de ambas cidades.

A edición deste selo coincidiu cunha nova exposición filatélica organizada polo Grupo de Tui, neste caso dedicada ao 75 anos da Brilat, a brigada aerotransportable do Exército de Terra con base en Figueirido – Pontevedra e que mantiña e mantén estreitos lazos coa nosa cidade.

Nestes anos Correos tiña comezado un amplo traballo en torno aos camiños xacobeos na súa oferta de servizos e na súa promoción de imaxe corporativa. Entre as numerosas iniciativas que promove está a edición dunha tarxeta filatélica dedicada ao Camiño Portugués no ano 2018 que inclúe diversos selos con imaxes representativas das diversas localidades que percorre esta ruta xacobea, entre elas, a cidade de Tui. O imaxe do selo sobre Tui reproduce á ponte internacional, proxectada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo e inaugurada o 25 de marzo de 1886 e quen conforma a entrada en Galicia dos camiños portugueses.

O Camiño Portugués é tamén a temática que aborda a nova emisión filatélica dedicada a Tui. Editado a inicios do ano 2019 trátase dun selo co lema “Tui, puerta del Camino Portugués” e conta cunha ilustración a plumiña da fachada da catedral tudense realizada polo debuxante Martín Rodríguez, natural de Tui e residente nas illas Canarias.

En abril de 2019 en colaboración coa Federación Española de sociedades filatélicas (FESOFI) e co patrocinio de Correos, o Colexio Maristas de Tui acolleu unha exposición sobre "El mundo de los sellos", que pretende familiarizar aos escolares coas posibilidades do selo como elemento de cultura e diversión, asi como diversas actividades como talleres de filatelia, de escritura, etc. Entre as propostas realizadas estivo un concurso para a elaboración dun selo da nosa localidade, sendo a gañadora a alumna de 3º de Primaria, Celia Bargiela Morales. Selo editado por Correos nesas mesmas datas.

Finalmente, o último editado por Correos referente a Tui foi posto en circulación nos primeiros días deste ano 2022 e corresponde á serie filatélica “12 meses 12 provincias” que neste mes de xaneiro está dedicado á provincia de Pontevedra escollendo a imaxe do claustro da catedral tudense como símbolo da nosa provincia.

Un total de dez selos, que son dez fitos na traxectoria do Grupo Filatélico e Numismático de Tui, hoxe presidido por José Manuel González Troncoso e no que continúan varios dos seus fundadores, entre eles Carlos Pérez-Fonterosa e Pilar Saracho. Sesenta anos de promoción do coleccionismo filatélico en Tui e por extensión de dinamizadores da vida social e cultural da nosa cidade coa súas permanentes actividades que teñen o seu mellor expoñente nestas emisións de selos que contribúen á divulgación de Tui e os seus recursos patrimoniais e turísticos. A celebración deste aniversario, ao longo desde ano 2022, ben merece o noso recoñecemento e gratitude.

San Xulián do monte Aloia, devocións e tradicións

$
0
0

Este xoves, 27 de xaneiro, a cima do monte Aloia celebra a súa principal festa ao seu padroeiro, a San Xulián ou Xián. O Aloia é un lugar referencial, ao longo dos séculos, para un amplo territorio que se asenta nas súas abas e que concorría tradicionalmente ás celebracións que anualmente congregaban as xentes da contorna o 27 de xaneiro, festa de San Xulián ou o primeiro domingo xullo na romaría de Nosa Señora das Angustias. Sobre esta última festividades xa nos temos ocupado neste blog recollendo a súa descricións nos escritos de Manuel Fernández-Valdés e de Xosé María Álvarez Blázquez, dúas testemuñas directas do contido desta romaría anual: http://tudensia.blogspot.com/2010/06/romeria-de-nosa-senora-das-angustias-no.html

Esta condición referencial do Aloia ven dada tamén polo papel que historicamente desempeñou esta cima na nosa historia colectiva; máis aló da posible consideración deste monte como o mítico Mons Medulio onde as últimas trapas galaicas resistiron, ata o sacrificio final, fonte as tropas invasoras das lexións romanas.

Aparece mencionado por vez primeira na documentación nun diploma do ano 1095 cando os condes de Galicia, Ramón de Borgoña e Urraca o citan como un dos límites do couto de Tui: ad montem aloi ubi fuit civitas antiquitis condita et ubi sunt reliquie sancti Juliani repositer (o monte aloia onde foi fundada a antiga cidade e onde repousan as reliquias de San Xulián).

Non é obxecto deste post analizar este antigo asentamento que cita este documento de finais do século XI e a súa relación coa impresionante muralla pétrea que circunda a cima do monte Aloia e que resulta toda unha incógnita aínda sen clarexar polas investigacións, documentais e arqueolóxicas realizadas.

Frei Prudencio de Sandoval e con él outros moitos historiadores posteriores sinalan que os tudenses se refuxian no Monte Aloia para escapar das invasións, especialmente da musulmán, ficando na actualidade como testemuña a muralla ciclópea que rodea o seu cume, cunha extensión de máis de 3 quilómetros e 30 Ha. de superficie. Os traballos arqueolóxicos realizados neste monumento pétreo permiten determinar que este recinto non foi un lugar de residencia, pois se carece de restos de utensilios domésticos, nin hai sinais de accións bélicas, sendo imposible, polo de agora, definir a súa funcionalidade aínda que polas súas características habería que datala entre os séculos V e IX; pese a súa monumentalidade a súa factura non é de calidade. Un recente estudo do arqueólogo Martín Fernández Pereiro insiste nesta cronoloxía e nunha posible dobre ocupación, no século V e posteriormente no século VIII, coincidindo co períodos de crise derivados da desintegración do imperio romano e do reino visigodo, respectivamente. Subliña que trátase dun recinto fortificado dun tamaño extraordinario e pouco común no noroeste peninsular. Veremos logo como existen diversas tradicións orais que falan desta condición do Aloia como refuxio dos tudenses en tempos de perigo.

Un documentado traballo de Domingo Cameselle Bastos sobre “San Julián del Monte Aloia” (publicado en “Tui. Museo y Archivo Histórico Diocesano. VII, Tui, 1994,pp. 159-196) recolle que a capela do Aloia estivo sempre, e segue, baixo dependencia do Cabido da Catedral tudense que no ano 1652 contrata a súa ampliación co mestre de cantería de Baiona, Antonio Martínez, contratando posteriormente en 1664 o retablo. Neste último contrato figura a existencia dun ermitán, Bernabé de Guntín, que atendía o referido lugar. A presenza de ermitáns no Aloia aparece intermitentemente na documentación, ás veces ligadas á orde dos eremitas de San Antón, pois deben acordar co Cabido as condicións da súa estadía no lugar.

A actual fábrica da capela de San Xulían data do século XVIII. Asi en 1713 reformouse o presbiterio e a casa do Cabido existente no recinto inmediato. En 1730 e 1731 traballa na obra de San Xulián os irmáns canteiros Lorenzo e Pedro Serrapio. No ano 1746, documenta Cameselle Bastos no seu artigo, o organista da Catedral no seu testamento determina que se pinte o altar colateral dedicado a San Xoán Bautista a xogo co xa existente de Nosa Señora das Dores ou Angustias y que lo pinte Ignacio Álvarez de Lara, un acreditado artista que pintou e dourou, entre outros, o impresionante retablo de Santa Mariña do Rosal. No 1757 rematan as obras no interior e realiza o retablo maior o escultor Juan Suárez Ozores, natural de Tameiga e residente en Tui.

No ano 1900, nunha das periódicas reformas da capela foi derrubado o muro interior que separaba e dividía á nave da capela, trasladando o escudo existente para a fachada. Esta pedra de armas corresponde ao bispo Antonio Fernández Angulo que estivo na sede tudense entre 1666 a 1669. Como ben apunta Cameselle Bastos: el escudo de grandes proporciones no parece que estuviera antes en la capilla por sus medidas desproporcionadas para el sitio. Quizás estuvieran puestas en la casa y en estas obras se trasladasen allí por ser un sitio más vistoso.

Tomado de "Fotografias antiguas de Tui"

Pero neste post o dedicado a San Xulián, compre clarexar o seguinte: ¿De que San Julián se trata? Porque el martirologio romano señala treinta y cinco con el mismo nombre sinala Domingo Cameselle no seu artigo sen achegar unha resposta definitiva. Sobre esta advocación temos un documentado traballo de Domingo L. González Lopez (“La devoción a San Julián en Galicia: raíces populares de una hagiografia confusa”) publicado na revista “Castellum Tyde” vol. VI (2017-2020) do Instituto de Estudios Tudenses.

González Lopo analiza as numerosas figuras de San Xulián. Concretamente, San Xulián de Antioquia mártir no Baixo Imperio romano (casado con santa Basilisa) que xa figuran no calendario hispano dende o século VII con celebración o 7 de xaneiro. Ambos foron fundadores de mosteiros que logo rexen, polo que o seu culto aparece ligado especialmente aos mosteiros dúplices (como é o caso de Samos). Outra advocación é San Xulián o Hospitaleiro que terá un enorme éxito popular dende o século XII, aínda que é un santo sen localización ou reliquias, que pese as reticencias sobre a súa figura na liturxia tridentina, a devoción popular o manterá vivo como protector dos viaxeiros e camiñantes e aparecerá o seu culto en moitos lugares vinculados ao Camiño de Santiago. Con ambas advocacións, sinala González Lopo, haberá un proceso de asimilación.

La imagen de San Julián del Monte Aloia es extraña, sinala Domingo González Lopo no seu traballo; una escultura pétrea, tal vez del siglo XIII o principios del XIV, de factura popular, tal como se refleja en sus irregulares proporciones: cabeza y manos excesivamente grandes para un cuerpo y unos pies muy pequeños. Con sus manos sujeta un libro sobre su pecho; no es un detalle anodino, en realidad ese libro nos está indicando mucho más de lo que parece, pues de hecho nos está  remitiendo al origen del culto en el Aloia: San Julián de Antioquia. El libro, que representa la regla monástica, es símbolo que acompaña frecuentemente al santo junto con la espada y la palma, símbolos del martirio, como puede verse en varias de la imágenes ligadas al monasterio de Samos.  Sin embargo, el resto nos indica que tampoco éste se escapó de su asimilación con el santo cazador y hospitalero, porque de hecho la imagen citada nos muestra  a una persona vestida con unas ropas cuya elegancia han conservado los repintes modernos, a los que sin duda sirvió de inspiración la antigua policromia, y que no casan con las ropas talares del monje antioqueño. El corte de su pelo remite también a modelos cortesanos que quedan realzados con la rica capa y la gola de encaje con que se adorna la imagen los días de fiesta, incluso el libro tiene pintados unos broches dorados, que remiten a un ejemplar lujoso. Estamos pues ante un modelo iconográfico de transición al san Julian, elegante caballero del siglo XVIII.

Son varios os estudosos que recollen os conflitos que xorden en varios momentos entre o Cabido e os devotos, polo intento de substituír a imaxe do santo, aínda que finalmente arredor de 1849 foi realizada unha nova talla en madeira tomando como referencia o relevo de San Xulián do cadeirado do coro da catedral, pero aínda en 1856 había resistencias ao seu uso polo devotos.

Paralelamente á iconografía, a tradición oral nos informa tamén da irrupción do novo santo. Alberto Romero no seu fermoso libro “Aloianos” recolle e sintetiza diversos relatos populares sobre a figura de San Xulián do monte Aloia, que de seguido transcribimos:

No barrio de Barreiro, pertencente á parroquia de Peitieiros (Gondomar) contan os máis vellos que alí se atopaba a casa de San Xulián. Din que os seus bisavós lle contaban que a casa era pequena pero fermosa e que estaba feita de cachotes atopados no monte (...) naquel pequena casa vivía san Xulián, os seus pais, a súa muller e mais un irmán, que eran moi humildes e vivían con poucos recursos por daren sempre esmola aos seus veciños, a cambio levábanlle millo para que fixeran pan para comer (...) San Xulián era pescador e cazador e contan que sempre que saía sempre traía algo para comer para casa. Un día de inverno de moito frío e choiva cando san Xulián marchou cazar de mañá cedo, xa preto do xantar na súa casa os seus pais sentíronse mal e foron ámbolos dous para a cama, para polo menos estar quentes. A sorpresa foi que ao volver san Xulian, este ollou unha muller e un home metidos na cama e pensou que era a súa muller e outro home, aos que cheo de rabia pegoulles un tiro a cada un, cando para a súa sorpresa nese preciso instante entra pola porta a súa dona co balde auga na cabeza, decatándose pois que acabara coa vida dos seus pais. Nervioso e sen saber o que facía colleu un petelo de pan que había no forno e fuxiu para o Aloia. Días despois foron veciños na súa busca para facelo entrar en razón pero non o atoparon.

Así pois fuxido, escapado, facía vida monte dentro, sen relacionarse con ninguén polo sentimento de culpabilidade, polo medo e vergoña do que fixera. Como él outras persoas escapadas da xustiza vivían agochadas en chabolas nas que gardaban ovellas e millo que roubaban nos arredores para sobrevivir, algunha das chabolas incluso tiñan forno para quentarse e facer pan co millo roubado.

Os pastores a miúdo levaban o gando ao monte comentaban que as veces vían un home no monte pero que sempre se mantiña a distancia ou marchaba ao decatarse da súa presenza, que algunha vez conseguiran preguntarlle quen era e que facía no monte pero que non lles respondeu. E despois de deixalo de ver por longo tempo volveron atopalo e puideron falar con él, preguntándolle por onde estivera e díxolles que fora a Portugal coa intención de conseguir o perdón polo pecado que cometera había un tempo pero que non llo concederon. Pasado o tempo volvérono atopar, xa mais ledo, e díxolles que xa lle habían concedido a indulxencia na Guarda e que sentía moita pena e remordemento.

Un día volveu á casa e atopouse co seu irmán. Colleu as súas pertenzas gardounas nun baúl e deulle a chave a seu irmán para que a tirara ao mar e díxolle que cando o baúl fora aberto el xa se atoparía ao lado de Deus.

San Xulián volveu para o Aloia e fíxose amigo dalgúns rapaces, reuníase con eles e intentaba difundirlles boas ideas para sacalos da mala vida e para que deixasen de roubar. Cando os pais deses nenos souberon que os seus fillos se xuntaban con San Xulián foron onda el e ameazárono de morte se non se afastaba deles, pero el non fixo caso as ameazas e seguir xuntándose cos nenos, ata que un día os pais rapaces collérono e metérono non forno que estaba aceso pero non morreu. Asi pois con este acontecemento aínda afianzou mais a confianza dos nenos e dalgúns dos pais, aínda que outros volvérono coller e levárono ata preto da “Pedra do Acordo” e alí atárono a dous cabalos fortes que o arrastraron e deron fin a súa vida. Ao día seguinte apareceu o seu corpo enriba dunha rocha, hoxe chamada “Cama do Santo”. Din que ese mesmo día unha muller cando abriu unha pescada atopou unhas chaves que resultaron ser as do baúl de San Xulián.

Resulta sorprendente o alto paralelismo entre as tradicións sobre a vida de San Xulián o Hospitaleiro (tamén asasinato involuntario dos pais, fuxida, sentimento de culpa, redención atendendo naquel caso a camiñantes e peregrinos...) e a lenda que acabamos de recoller con algunha diverxencia pero que evidencia a chegada desta devoción tamén a estas terras do finisterrae peninsular.

Pola súa parte, Vítor Vaqueiro, na súa “Guía da Galiza máxica” recolle outra tradición: existe nese lugar unha crenza que se vencella ás tradicións dos campos dos mártires. A lenda da por certo que, cando se produciu a invasión da Galiza polos mahometanos, os moradores da cidade fuxiron ao monte cos seus parentes e as propiedades que puideron levar. Entre as cousas que levaban figuraban o corpo e as reliquias de San Xulián, así como as reliquias de santo Epitacio, primeiro bispo de Tui e doutros santos. Por iso afirma a lenda que aquel lugar esta ateigado de corpos santos que aínda non se descubriron. Un diploma da catedral do ano 1095 (et ubi sunt reliquae sancti Juliani repositae) e unha escritura do rei Afonso de Portugal, do ano1169, recollen esta tradición. Outra liña do relato di que os mouros mataron ali anacoretas que eran discípulos de San Xulián, chegándose asegurar que o propio santo sufrira alí martirio. Foron tantos os mortos que, di a tradición, se se apartara aquela terra botaría sangue. Isto confírmao o rito que se levaba a cabo durante as romerías de San Xulián, na que os romeiros subían os banzos da escalinata que vai da fonte á capela e en cada banzo rezan un avemaría, xa que se cría que debaixo de cada un xacía soterrado un mártir.

Nestas dúas narracións orais recolles a transición na advocación a San Xulián no Aloia, de aqueles anacoretas “discípulos de San Xulián”, neste caso o de Antioquia que como apuntabamos anteriormente foi fundador de centros monásticos que tiveron continuidade no tempo, ao relato que recolle Alberto Romero na contorna do Aloia onde resulta evidente a introdución da nova advocación referida a San Xulián o Hospitaleiro. Ambas devocións se mesturan como sucede en cultos con séculos de continuidade. Tamén hoxe xunto a tradicional imaxe pétrea de San Xulián que lembra ao culto chegado do Oriente, temos outra imaxe máis recente, realizada nos anos corenta do pasado século para que figurase da procesión vespertina de San Telmo que se inicia no ano 1944. Se lo representó, entonces con un arco en la mano y un ciervo a su lado. La imagen era portada, significativamente, según informa Suso Vila, por los cazadores que lo adoptaron por patrono y se guardaba también en la capilla del monte Aloia.

O culto a San Xulián no monte Aloia ten lugar anualmente o 27 de xaneiro no capela homónima, coa celebración de diversas misas e logo da misa maior a procesión coa imaxe do santo que da a volta arredor da ermida. Acudían xentes de toda a contorna que participaban nesta xornada, acompañadas polos respectivas cruces parroquias. Se realizaban esmolas e se achegan produtos que logo eran vendidas, nas tradicionais puxas, antes de introducir de novo a imaxe de San Xulián, e a Virxe das Angustias que tamén forma parte do cortexo procesional, na capela. Había a poxa das nadas, “pao por pao”, e de seguido das ofrendas realizadas (pezuños, ovos, etc.) hai décadas se ofrecían a San Xulián polos e galiñas de cor negro, que tamén eran poxados.

Sinala Domingo Cameselle Bastos que a San Xulián se le invoca para remediar los males de la cabeza, son típicas las “troupadelas”, tres golpes que los devotos dan con el “peto” o cepillo del santo en la cabeza para aliviar estos males. Un costume ou tradición que segue aínda vixente.

Hai outros dous espazos no cume do Aloia ligados á devoción a San Xulián. Por unha banda, a chamada “Cama do Santo”, un amplo penedo, cunha fendedura ao pé, lugar no que non medra herba, e onde a tradición sinala que vivía o santo e onde apareceu depositado o seu corpo logo do seu martirio. Os devotos achéganse a este lugar para rezar ao noso santo e antes de marchar darán tres croques para protexerse dos males da cabeza, dos que San Xulián é avogado. Unha variante desta tradición e deitarse no referido oco para remediar as enfermidades como migrañas e dores nas cervicais.

Existen outras tradicións que ligan este lugar a ritos de fertilidade: esta cama de pedra, como tantas outras que hai polo país adiante, ten a virtude de favorecer a fertilidade de quen o precise. As parellas que non logran ter descendencia acoden a este lugar e fan o que é mester para reproducirse. Xunto ao burato hai unha pedra independente que sirve de almofada para tal fin.

Roberto Gómez Gonzalez dinos que a súa avoa contáballe que antigamente os romeiros que padecían de dores de cabeza ían a pé ata a Cama de San Xulián no Aloia cunha tella do país na cabeza durante todo o camiño. Unha vez chegados alí deixaban a tella no tellado da capela e ían á Cama de San Xulián, sentábanse de costas ao burato e daban tres veces coa parte de atrás da cabeza contra a pedra e así milagrosamente aliviaba San Xulián estas dores. Di que lembra facer isto ao chegar á Cama de San Xulián (https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=18&id=2413)

O segundo espazo ligado ao noso santo é a chamada “Fonte do santo” e conta con cen chanzos que os devotos subían de xeonllos namentres rezaban. A tradición, como xa apuntamos anteriormente, sinala que baixo cada un dos chanzos está soterrado un mártir. Conservase unha copla sobre esta fonte:

Fonte de San Xiao

auga milagreira

tomei un trago dela

e subín mellor as escaleiras

Alberto Romero no seu libro informa que esta fonte foi arranxada no século XIX co diñeiro obtido dunha xunta de becerros que don Manuel García Maceira aboou á Virxe das Angustias. García Maceira foi deputado e industrial contando cunha das maiores fortunas da comarca na mediados do século XIX.

A romaría se completaba cun xantar nos arredores da capela sempre que o tempo o permitise, pois nos últimos días de xaneiro era habitual a chuvia e mesmo a neve neste cume do Aloia.

Finalmente hai outra tradición amplamente documentada en relación con San Xulián do Monte Aloia. Unha tradición secular dos tudenses ten a San Xulián como intercesor para rogar pola chuvia, en tempos de seca, ou contrariamente polo bo tempo, nos períodos de inclemencia, que garantan, en definitiva, as colleitas no campo. Eran rogativas populares que tiñan un ritual escrito de detallado no cerimonial do cóengo Alcova no ano 1652. Case todos os anos as xentes de Tui e contorna solicitaban, a través das autoridades municipais de Tui, permiso ao Cabido para sacar a san Xulián en procesión para rogar chuvia ou calor que asegurase as colleitas, base da súa economía de subsistencia.

A procesión se iniciaba na Catedral e con diversos rituais (que logo veremos) chegaba ata a capela do monte Aloia, onde tras a misa maior e o descanso do xantar acudían en procesión  coa imaxe do santo ata unha pedra, orientada cara oeste dende se ollaba o mar (“pedra da chuvia”) se pedíase chuvia ou outra pedra cara o nacente (“pedra do sol”) se imploraban calor. A pequena imaxe pétrea de San Xulián era colocada polos devotos sobre a pedra correspondente.

Estas rogativas están documentadas dende a metade do século XVII e chegaron ata o século XX, aínda que no século XVIII o bispo e o Cabido lograron, non sen conflitos e reticencias, un cambio substancial no itinerario desta rogativa que deixou de acudir ás pedra do sol ou da chuvia, ao entender que eran ritos supersticiosos, para achegarse a procesión onda un cruceiro próximo á capela no cume do Aloia.

A estas procesións e rogativas, informa Cameselle Bastos, concorrían ata 19 cruces das seguintes parroquias: San Bartolomeu, Areas, Guillarei, Paramos, Sobrada, Soutelo, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Santa Comba de Ribadelouro, Caldelas, Currás, Amorín, Piñeiro, Entenza, os dous Budiños (O Salvador e Santo Estevo) e Tui.

O historiador tudense Suso Vila recolle no seu libro “Antiguas fiestas, romerías y procesiones del Bajo Miño” (2003) describe o ritual destas rogativas públicas: La justicia y el regimiento de Tui (tal y como se llamaba antiguamente al Ayuntamiento) enviaba un representante (bien podía ser un regidor o el propio juez) al Cabildo para pedirle la salida de la procesión con el santo. El Cabildo estudiaría si la necesidad era suficientemente grave como para necesitar la ayuda del mártir. Si la decisión era positiva, dos canónigos y dos racioneros (los más jóvenes por cuestión de fortaleza física) harían los preparativos de la procesión fijando la fecha del evento. También serían escogidos diez capellanes y dos mozos de coro, por cuestión de cantar durante el recorrido.

Desde que salen de la catedral se comienza a cantar letanías, cantándolas dos canónigos hasta el fin de la Corredera y de allí serían dos racioneros los que continuasen hasta llegar a los molinos de D. Morguete Rodríguez en Pazos de Reyes. Desde este punto, cuando el camino se endurece, los prebendados seguirían a caballo para llegar al pie del alto (a un kilómetro del santuario) lugar señalado por un cruceiro.

Desde aquí proseguía la marcha con la letanía hasta llegar a la ermita, hecho que se producía con tres vueltas alrededor de la capilla del santo, para luego dar paso a las misas voluntarias de algunos abades, clérigos y capellanes y llegado el tiempo se hacía la misa mayor, que era la obligatoria para estos casos.

(...) Finalizada la comida, se recomponían todos para proceder con la procesión para la vuelta a la ciudad, no sin antes acercarse con la imagen del Santo a la piedra del Sol o a la piedra del Agua (según la necesidad) ubicadas al norte o al vendabal de la capilla, esto es en el mirador de González Paramos (que ve al mar) y en las peñas ubicadas sobre el actual restaurante (que ven hacia la salida del sol) lugares suficientemente cercanos como para luego proceder con las tres vueltas a la capilla, proceso que se hacía igualmente cantando. Del mismo modo seguiría cantando la procesión hast la llegada al cruceiro que está al pie del alto, para volver hasta Tui.

El Cabildo sería avisado de la llegada de la procesión, para así en su totalidad esperarla en la Corredera y acompañar desde aquí a la procesión hasta la Catedral.

Temos realizado un amplo achegamento ás tradicións relacionadas coa devoción e culto a San Xulián no monte Aloia, que testemuñan a ampla riqueza da nosa cultura popular e tradicional que cómpre lembrar, documentar e revitalizar para no perder estes costumes e rituais que tanto teñen contribuído ao longo dos séculos á cohesión social e a identidade territorial dos tudense e as xentes da contorna.

Nunha cidade cun amplo abano de bens inmobles e mobles de carácter patrimonial, estes elementos inmateriais ou intanxibles son moito menos valorados pola sociedade, pero son tamén parte inseparable do noso acervo patrimonial.

Rematamos este post cunha cita de D. Basilio González Domínguez, cóengo maxistral da Catedral tudense e responsable do santuario do Monte Aloia, dende 1965 ata o seu falecemento en 1985, que recolle tamén unha vella tradición popular arredor do noso santo en “Tuy, publicación do Instituto Laboral” nº 3 de xullo de 1953:

La intervención de san Julián en la agricultura comarcal podíamos iluminarla a todo color con las referencias del Magistral de Tuy Dr. Armida y Puga y con los papeles del 1600 que escribió el Maestro de Ceremonias, Licenciado Francisco de Alcova.

Pero preferimos ahora otro documento que no duerme en el protocolo notarial. Nos referimos a la copla, a la cantiga religiosa que es de todos como el aire en que anda suelta; y que en tonos menores o vibrantes aún se canta, gracias a Dios, en una “esfollaca” de nuestra comarca, o subiendo la montaña agreste que la inspiró:

Noso pai San Xulián

Ten unha escopeta d’ouro

Para matar é as pombas

Que’andan n-a Veiga d’o Louro

 

Historia da eurocidade, a veciñanza de tudenses e valencianos no tempo

$
0
0

O 10 de febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença, representado polos seus rexedores daquela Moisés Rodríguez e Jorge Mendes, asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase, tamén no nivel institucional, o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, que posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas das súas diversas adscricións institucionais que sinala a fronteira que nos limita.

Un concepto este de fronteira ligado para a xeneralidade ao concepto de “límite”, de “excentrididade”, mesmo de afastamento. Especialmente asentado este concepto nos estados centralistas –característicos dos últimos séculos tanto en España como en Portugal, e que mesmo chegaron a prohibir no caso tudense o asentamento de industrias en previsión posibles ocupacións-.  Pero para os que vivimos na fronteira este é un lugar de mestura, de intercambio, de contactos permanentes... os tudenses e valencianos non nos chamamos “fronteirizos” senón raianos, pois é unha “raia” –identificada co río Miño- o que nos separa. É unha raia é sempre un límite fraco, arbitrario, doado de superar.

Formamos parte, e así o sentimos, dun mesmo espazo xeográfico; existe unha continuidade paisaxística e mesmo urbana entre as nosas cidades de Tui e Valença, pois a trama de ocupación do territorio, de urbanización, achégase, en ambos casos, ata o bordo mesmo do lugar físico da antiga fronteira, sen existir baleiros espaciais, convertendo á vella ponte metálica nunha rúa máis dun mesmo ámbito urbano.

Para afondar nesta vida compartida dende Tudensia achegamos unha breve historia desta eurocidade (completando diversos post publicados ao longo dos anos) onde sinalaremos os principais acontecementos do seu devir temporal, aínda que dun xeito en exceso resumido o que implica, en moitos casos, unha simplificación dos acontecementos e unha renuncia explícita a unha análise polo miúdo.


Historia eurocidade Tui-Valença

O territorio enmarcado polo val do río Miño e os seus afluentes posúe unhas axeitadas condicións para o desenvolvemento da vida humana e facilitará, ao longo dos tempos, a continuidade na ocupación deste territorio.

A tradición sinala que foi un heroi grego, Diomedes, que logo de participar nas guerras de Troia, realizou unha longa travesía que o levou ata estas terras onde fundo en homenaxe ao seu pai, o rei de Etolia, Tydeo, unha cidade, “Tyde”. A fundación grega de Tui é xa referida por algúns historiadores romanos e recuperada no século XVI e posteriores nun proceso, amplamente estendido en numerosos lugares da Península, de procurar nestas tradicións clásicas, mais próximas á lenda que a historia, un maior prestixio local. O certo é que testemuñas arqueolóxicas desta presenza grega non existen ata actualidade.

Os primeiros habitantes de Galicia se teñen documentado en lugares moi próximos a Tui, no xacemento das Gándaras de Budiño ( O Porriño), ou mais recentemente, nas estacións de O Cabrón (Arbo) e Porto Maior (As Neves), aproveitando as boas condicións naturais para o asentamento humano. Tamén encontramos restos materiais paleolíticos en Baldráns, Guillarei, Rebordáns, Ribadelouro, Pexegueiro, Areas ou Randufe  e tamén en lugares de Valença vinculados coas terrazas fluviais do río Miño que evidencian unha ocupación humana desta comarca  naquela época.

Andando los séculos o home se sedentariza e convertese en agricultor, no que se coñece como proceso de “Neolitización”, que no Noroeste se asocia á cultura megalítica, caracterizada pola construción de enormes monumentos de pedra de carácter funerario. Estes monumentos figuran na toponimia con nomes como mámoas, medorras…  con exemplos como Anta, en Areas, onde apareceron no camiño do Viveiro forestal varios machados pulimentados. “As Inquirições de D. Afonso III” tamén aluden a edificacións do tipo dolménico en Valença. Testemuño desta época é o machado de Carrasqueira (Paramos) cunha cronoloxía de tres milenios antes de Cristo.

A aparición da metalurxia abre unha nova etapa no desenvolvemento da sociedade humana, especialmente importante é a Idade do Bronce (1900 a.C. ata o século VI a. C.) que acadou grande importancia no Noroeste Peninsular pola súa riqueza mineira. No territorio da eurocidade hai importantes achados correspondentes a este momento histórico, destacando o casco de bronce (chamado “celta”) atopado no leito do Miño na zona de Caldelas así como diversas hachas da mesma época y lugar. Estes obxectos podemos contemplalos no Museo Diocesano. Quizás a manifestación máis coñecida desta época son os chamados petróglifos ou gravados rupestres, insculturas realizadas ao aire libre. Son representacións de variadas formas, desde deseños xeométricos a antropomorfos que tamén encontramos no noso municipio, desde os de “Rozacús” en Randufe ou “Carneiras” en Baldráns e en diversos xacementos das freguesías de Valença, onde destacan Tapada de Ousao e Monte de Fortes, nas abas do monte Faro.

Esta cultura dos metais ten unha última fase, a idade do ferro, que no Noroeste Peninsular se corresponde coa cultura castrexa. Nas fontes clásicas Tui aparece citada como capital dos grovios, grupo xentilicio que ocuparía o territorio arredor do curso final do río Miño. A este período histórico corresponden diversos xacementos arqueolóxicos tudenses; entre outros, Cabeza de Francos, A Guía, e incluso a acrópole tudense, evidenciando unha continuidade no hábitat nesta área da cidade desde épocas remotas, namentres que en Valença hai varios enclaves como Castelo da Furna, en Boivao, etc.

Sen dúbida, que é Cabeza de Francos -coñecido tamén como Alto dos Cubos- o mellor estudado dos xacementos castrexos. Situado nun esporón nas abas do monte Aloia, na parroquia de Pazos de Reis, este castro foi escavado en diversas oportunidades e recentes investigacións o sitúan como o principal referente deste territorio en época prerromana.

O paso por esta zona do Cónsul romano Décimo Junio Bruto, no 137 a. C., que tras cruzar o río Limia –o famoso río Lethes ou do Esquecemento- conduciu ás súas tropas ata o río Miño acampando, segundo algúns, na freguesía de Gandra supón a incorporación deste territorio ao proceso de romanización. A recente documentación dun posible amplo campamento militar romano en Campos, xunto a San Pedro da Torre, abre novas vías de investigación á conquista deste territorio.

As fontes clásicas falan dun “castellum” de Valença namentres que no caso tudense apreciamos dous núcleos de asentamento nesta época: o “Castellum Tyde” localizado na cima do outeiro tudense, e outro no barrio de San Bartolomeu (chamado tamén na documentación como Santa Eufemia) no que se documentan numerosos restos arqueolóxicos, dúas necrópoles, un taller de vidro, etc. que formaban parte da “Mansio” (núcleo con pousada, substitución de animais de transporte, etc.) da Vía XIX, do Itinerario de Antonino.

Esta vía XIX cruzaba o río Miño no noso territorio e conservamos, actualmente no interior da fortaleza de Valença, un miliario dedicado a Tiberio Claudio, marcando XLIII millas dende Bracara Augusta. Este miliario, usado como pelouro, foi traslado a este lugar dende a súa localización orixinal no lugar de “Airinhos” na ribeira do Miño, que algúns autores localizan fronte o antigo porto tudense de Lavacuncas, na actual zona da Mariña.

A medida que avanzamos na historia do Imperio romano o núcleo tudense, que abrangue ambas ribeiras do río Miño, vaise configurando como un importante centro militar, relixioso, administrativo e de comunicacións, como testemuñan as importantes evidencias arqueolóxicas atopadas.

Como comprobamos, dende os tempos máis remotos, a ocupación humana deste territorio, que se articula dende a cidade tudense abranguendo una amplo espazo entre os río Verdugo e Limia, que patentiza unha complementariedade, onde o Miño non afasta senón que aproxima, e que terá continuidade no futuro.

A partir da chegada dos suevos (século IV) Tui será un dos principais enclaves do seu reino, asi xunto con Lugo será unha das capitais de Galicia no reinado de Rekiamundo. Testemuño da importancia tudense nesta época é a existencia dunha ceca, para a cuñar moeda. Así co rei Rekiamundo (458-463) figura o nome desta ceca en varias moedas. Salienta unha siliquia do Emperador Anastasio acuñada en Tui, sendo a primeira deste tipo que aparece co nome dunha ceca hispana. Tui figura tamén en moedas dos monarcas godos; Recaredo, Witerico, Sisebuto, Recaredo II, Chindasvinto e Recesvinto.

Pero a principal contribución desta época é a extensión do cristianismo e a súa organización eclesiástica. Tamén con carácter lendario considérase a San Epitacio -segundo a tradición discípulo de Santiago Apóstolo- como primeiro bispo de Tui. A sede tudense, cun ámbito a ambas marxes do Miño, aparece por vez primeira documentada no ano 572 cando o bispo Anila asiste ao segundo concilio bracarense, xa anteriormente en 569, baixo o reinado de Teodomiro, realízase nun concilio a división parroquial de Galicia, é o famoso Parrochiale Suevum, que lle concede á diocese tudense 17 parroquias, unha das de maior número evidenciando que posúe unha estrutura organizativa do territorio moi desenvolvida. Son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que proveñen desta época: Guillarei ou Gondomil por citar dous exemplos.

Pero sen dúbida, a noticia máis coñecida entre os tudenses desta época é a fixación na cidade da corte do rei Witiza, asociado ao trono polo seu pai, entre os anos 697 e 701, na parroquia de Pazos de Reis, onde construíu un palacio e outros edificios no lugar que aínda hoxe se chama Monterreal, cuxas ruínas perduraron até o século XVIII.

A primeira invasión árabe data do ano 716: o Emir Abdelaziz entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui. Estas invasións non significaban a presenza permanente das tropas musulmás. A monarquía asturiana asume a tarefa “reconquistadora” e ocupa Tui e o seu territorio no ano 739 co rei Alfonso I. Posteriormente Ordoño I “repoboa” Tui no ano 850 e en 915 Ordoño II restaura a sede episcopal.

Pero Galicia e Tui sufrirá a presenza dos normandos, que son un constante azoute das zonas costeiras e tamén de poboacións interiores como Tui. No ano 844 arrasaron a cidade, volveron a principios do século X, onde as súas desfeitas obrigan ao bispo tudense Naustio a refuxiarse no mosteiro de Labruxa. No ano 970 Gunderedo encabeza unha outra expedición e de novo o bispo debe refuxiarse noutro lugar, agora en Ribas de Sil. Pero a máis afamada expedición normanda é do ano 1014 encabezada por Olaf Haraldsson que ademais de saquear e destruír Tui, levou cativo ao bispo e o seu clero. A influencia da presenza normanda na nosa zona quedou presente a través das propias barcas de navegación do Miño, o bote anguleiro ou carocho, cuxa técnica construtiva é indubidablemente nórdica.

Pola súa banda, as incursións ou “razzias” das tropas musulmás afectan á nosa comarca como foi o caso da realizada por Almansor -Ao  Allah - nome de guerra do Emir Ben Abi Amir- que no ano de 997, no seu camiño para Santiago de Compostela, destruíu, segundo as crónicas, numerosos enclaves, incluído o Mosteiro de Ganfei e Tui.

A consolidación de la monarquía leonesa permite que no ano 1071 o rei Don García e a súa esposa Dona Urraca restauran de novo a sede episcopal tudense co  bispo Xurxo que se instala no  mosteiro de San Bartolomeu. O apoio rexio se traduce no 1095 na concesión ao bispo do señorío temporal da cidade de Tui e o seu couto, que abrangue ambas ribeiras do río Miño, en boa medida o actual territorio da Eurocidade.

O nacemento do reino de Portugal establece unha nova dinámica. Os intentos de ambos monarcas por controlar o territorio tudense provocará que, durante varios séculos, este espazo xeográfico sexa escenario de sucesivos episodios bélicos. Con todo, o río Miño se consolida como unha fronteira permeable entre ambos reinos –a fronteira máis antiga que existe na actualidade en Europa- que non impide a vida común entre as súas poboacións e que a diocese tudense, ata o século XV, se estenda dende o Verdugo ao Limia.

A figura de San Teotonio, primeiro santo portugués e conselleiro de Afonso Henriques ilustra esta permeabilidade. Nacido cando Ganfei era territorio tudense e morto en Coimbra, onde fundou a orde dos cóengos do mosteiro de San Cruz, de onde procederon posteriormente diversos bispos tudenses.

Asi en 1121 y 1126  Dona Teresa, raíña de Portugal, ocupa Tui sendo rexeitada primeiro pola súa irmá a raíña Dona Urraca e posteriormente polo seu fillo Afonso VII. De novo en 1131 e 1137 Afonso I de Portugal invade Tui, asinándose entre este monarca y Afonso VII o 4 de xullo de 1137 a chamada Paz de Tui, que é un dos precedentes do recoñecemento definitivo da independencia do reino de Portugal.

Unha nova ocupación lusa en 1169 rexeitada por Fernando II leva a este monarca a que en 1170 conceda á cidade de Tui os seus foros e ordene levantar unha muralla, tratando de crear un núcleo fortificado e fiel fronte ás pretensións portuguesas ao que decide chamarlle “Buenaventura” aínda con escaso éxito.

De novo en 1186, D. Sancho I toma a cidade de Tui, á que concédelle importantes doazóns para garantir a súa fidelidade. Aos dez anos estallan novas hostilidades entre D. Sancho y Afonso IX. O monarca luso acoutou unha nova poboación, Contrasta, estratexicamente situada fronte a Tui para garantir o control ou, ao menos a vixilancia, do Miño e o seu paso. Entre 1186-1197 acouta esta poboación entregándolla a Paio Carramondo coa obriga de poboala e organizala. En 1213 o rei Afonso II concedeu a carta foral a Contrasta, que alcanza a categoría de vila o 11 de agosto de 1217, tempo no que o rei confirma os foros concedidos polo seu pai e ordena reforzar as murallas ou cerca que defendía esta nova vila afirmando o seu carácter de enclave fronteirizo namentres que con diversas regalías tentaba atraer novos habitantes.

Será en 1262, por diploma de 2 de Agosto, cando D. Afonso III confirme o foral outorgado a favor de Contrasta polo seu pai, pero cambiándolle o nome por Valença. Esta denominación traduce xa as dúas principais funcións desta cidade ao longo dos séculos: comercial e militar. O monarca alarga o tecido urbano de Valença cunha nova muralla de forma oval.

Tui, pola súa banda, se consolida como un importante núcleo urbano e centro económico e comercial cun dinámico porto fluvial. Os burgueses tudenses se rebelaran en varias ocasións contra o poder temporal de bispo: xa no propio ano 1170 houbo conflitos, en 1211 e finalmente en 1248 que resolve o rei Fernando III en 1250 cunha sentenza que condena ambas partes,  tanto o bispo como os lideres burgueses, e restablece os foros de 1170. Se repetiran estas loitas concellís en 1286 (preito das chaves)

Se no século XII a fidelidade do bispo tudense basculaba entre as dúas coroas, na seguinte centuria estamos xa diante dunha decida aposta castelá. No século XIV, aproveitando a crise política que vive o reino de Castela, as tropas portuguesas intentaran a conquista de Tui en diversas oportunidades. Nas loitas pola sucesión de Afonso XI entre partidarios de Enrique de Trastámara (a quen apoia o bispo) e de D. Pedro I os tudenses se suman a este partido que ao ser derrotado apoian  as pretensións ao trono do monarca portugués Fernando I que en 1369 recibiu unha entusiasta acollida polos tudenses. A vitoria dos “enriqueños” reforzará o papel do bispo como señor da cidade ata o punto que xa non haberá más conflitos cos burgueses tudenses.

Estas loitas políticas se unen a unha profunda crise motivada por las malas colleitas que provocan fame e a chegada da peste, cuxa presenza témola documentada en Valença en 1348. Na segunda metade deste século  XIV e o seguinte serán momentos de crise e dificultades para Tui e de consolidación do papel de Valença na organización da monarquía portuguesa, que reforza as súas estruturas defensivas, en tempos de D. Dinis, con altas torres con balcóns, portas e barbacás.

A raíz do chamado “Cisma de Occidente” que enfronta ao Papa Clemente VI, refuxiado en Avignon, con Urbano IV que está en Roma, o monarca luso Joao I anima a un grupo de cóengos tudenses, partidarios deste último pontífice, para fundar, co apoio real e dos arcebispos “rebeldes” de Braga e Compostela, a Colexiata de San Estevo de Valença, iniciándose o chamado “cisma de Valença” ou dos “chamorros”. Haberá que esperar a 1444 cando o monarca portugués consegue a aprobación papal definitiva para a separación do territorio da diocese tudense en terras de Portugal atribuíndollo á recen creada diocese de Ceuta, dependente daquela do reino de Portugal.

A perdida da metade do territorio e das súas rendas supón un durísimo golpe para a diocese e para a sede tudense que agrava a crise que se vive nestes anos de cabalo entre os séculos XIV e XV. Dende comezos do século XV a vida deste territorio estará protagonizada pola liñaxe dos Soutomaior, grupo nobiliario asentado no sur de Galicia e norte de Portugal, que moven habilmente as súas bazas no xogo de fidelidades entre a monarquía castelá e portuguesa (en 1398 Joao I de Portugal conquista Tui permanecendo no seu poder máis de catro anos), e aproveitando a debilidade episcopal ocupan como “encomendeiros” a cidade de Tui.

Será Paio Sorreda de Soutomaior, cara a finais do XIV, quen inicie o control da cidade sucedéndolle o seu sobriño Fernando Eans de Soutomaior e a éste, Álvaro Paes de Soutomaior, que, como sinala o cronista Vasco de Aponte, “tiña no seu poder a cidade de Tuy, como a tiña o seu pai, e da renda do bispo tomaba o que quería”. A mellor expresión deste poderío é cando non permite que o novo bispo, Luís de Pimentel, dunha das grandes casas do reino como era a de Benavente, tome posesión da sede, impedíndollo mesmo polas armas. Este clima de abuso por parte dos nobres unido á crise política e social xunto ás periódicas “fames negras” provoca o estalido da revolución “irmandiña”. O Cabido e o Concello tudense son dos primeiros en adherirse o 14 de marzo de 1467 á Santa Irmandade; aínda que non sabemos a data, as crónicas recollen que máis de 5.000 irmandiños ocuparon a cidade de Tui, respectando as súas fortalezas, e morrendo naquel lance Álvaro Paes de Soutomaior.

A reacción señorial encabézaa o medio irmán de Álvaro, Pedro Álvarez de Soutomaior “Pedro Madruga”, aínda que Tui resiste até 1471; desde entón Pedro Álvarez domina practicamente o territorio do bispado tudense e comeza un prolongado enfrontamento co bispo Diego de Muros que ocupa as últimas décadas do XV, que suporá o encarceramento e escarnio público, por dúas ocasións de propio bispo, nunha delas pechado nunha gaiola de ferro en Valença. O Soutomaior, nomeado Conde de Caminha polo monarca luso, ten un amplo dominio territorial tamén nas terras do Miño portugués. Tras a morte de Enrique IV e a consecuente disputa sucesoria entre os partidarios de Isabel de Castela e de Juana “a Beltraneja”, apoiada por Portugal, Pedro Madruga cesa o seu xogo alternativo de alianzas entre ambos os reinos, para converterse no gran valedor da causa de Juana e por tanto das pretensións lusas ao trono de Castela. Será Tui o gran baluarte das forzas pro-portuguesas, aínda despois da vitoria e subida ao trono de Isabel, casada con Fernando de Aragón (os Reis Católicos), ao continuar en mans dos partidarios de Soutomaior que tiranizan á poboación, cabido e até o propio bispo.

Os novos monarcas inician un labor de pacificación, ampliando en 1478 as funcións do corrixidor de Baiona a todo o bispado tudense. Aínda que Pedro “Madruga” tentará varios golpes de estratexia, acaba sendo derrotado, pese ao apoio do monarca portugués evidenciado no acordo de paz cos Reis Católicos, morre en Alba de Tormes buscando o perdón real.

Desta forma recupera o bispo Diego de Muros o señorío da cidade -que seguirá en mans episcopais até o século XIX-, e xunto ao seu sucesor, Diego de Avellaneda, reorganizan a vida diocesana, convocando sínodos, e tamén a vida municipal cunhas novas ordenanzas de ríxido control episcopal. É momento de facer obras na Catedral, mellorar o equipamento público (camiños, pontes, etc.) e instituír a cátedra de gramática e de canto na cidade tudense. Pero a Coroa resérvase o control aduaneiro e o alfolí (ou almacén) do sal, de gran importancia no ámbito galego. O sal procede especialmente de Portugal e será un dos grandes produtos do comercio entre ambos territorios e que os vincula estreitamente.

Di o historiador Carlos Barros que esta fronteira mantivo un carácter medieval, non tanto pola súa conformación no século XIII, senón porque sempre conservou unha mobilidade social, cultural e económica, similar á existente na Galicia altomedieval. Unha condición que, con avatares diversos, temos conservado ata os tempos contemporáneos. Moitos exemplos poderiamos aportar como ao longo dos séculos perdurou esta intensa comunicación entre os miñotos galegos e portugueses. Cabe citar aquí a figura do egrexio médico e filósofo Francisco Sánchez, principal expoñente do humanismo europeo do século XVI. Nacido en Tui, a súa nai, Filipa de Sousa vinculada familiarmente a Valença, e o seu pai, o médico Antonio Sánchez, traballa en terras galegas e portuguesas ata que a presión provocada pola súa ascendencia xudía obriga a familiar a marchar a Burdeos.

Sen embargo, as políticas xa de carácter “nacional” que promoven as monarquías de Castela e Portugal, levan a que en 1455 o rei lusitano Afonso V ordeáselle ao Marqués de Valença e ao Conde de Ourém que dispoñan gardas fiscais que impidan a entrada en Portugal de mercancías prohibidas como era  caso do gando, cabalos, armas, moedas, etc.

As protestas das vilas das ribeiras do Miño conseguiron que aos poucos anos, en 1462, o mesmo monarca conceda á cidade de Tui e as vilas galegas da fronteira do río Miño a posibilidade de comprar e vender nas feiras de Caminha, Cerveira, Valença... sen pagar tributos, como se fosen portugueses... Así o outorga o propio rei Afonso V na súa visita a Valença, do 30 de xuño ao 3 de xullo de 1462, permitindo a comercialización do pan, carne, viño e peixe procedente de Tui, confirmando un privilexio que, afirman os valencianos, era un costume xa antigo. Son as chamadas cartas ou costumes de veciñanza que o monarca lusitano concede ás vilas da ribeira do Miño, que intentan deste xeito subtraerse da presión dos axentes fiscais da Coroa, aínda que sen moito éxito.

Xa no ano 1459 o procurador de Vila Nova de Cerceira, Lourenço Guilham, proclamaba nas Cortes de Lisboa: “Senhor vosa alteza (saberá) que antre os moradores desta villa e termo com os galegos ha o rrio en meyos conversamos huus com os outros como irmaaos seendo casados huus com outros”.

No ano 1464 o rei Afonso V de Portugal crea o condado de Valença que entrega a Henrique de Meneses, concesión que en 1499 Manuel I realiza agora a Fernando de Meneses, segundo marqués de Vila Real, e curmá do anterior.

Esta conciencia dunha mesma identidade, dunha mesma condición está contida, por exemplo, no documento do acordo asinado en 1485, superados os difíciles tempos da “ocupación” dos Soutomaior sobre a cidade de Tui e das guerras de sucesión, sobre as barcas de pasaxes entre ambas cidades. Neste documento sinalase como “estrangeyro o (que) non seia vezinio da dita cidade nen vasalo do dito Sr. Obpo. nen vizinio de Valença nen do seu termo (...pois...) compre a boa vezinages de uns e dos outros”.

Por encargo de Manuel I o escudeiro Duarte D’Armas elabora o “Livro das fortalezas” que recolle os debuxos das fortificacións portuguesas da fronteira arredor do ano 1509, entre elas a fortaleza de Valença e a inmediata de Tui. A nosa eurocidade conta pois cunha imaxe de inicios do século XVI que ilustra as súas defensas, pero tamén a súa vida comercial a través do Miño, como testemuñan as embarcacións recollidas na referida ilustración.

Amonarquía lusa segue promovendo o carácter fortificado de Valença e en 1512, o Rei D. Manuel fomenta o seu poboamento, mandando reparar as súas murallas e concédelle un novo foro.

A cidade tudense será capital dunha das provincias nas que se divide o Antigo Reino de Galicia desde os inicios do século XVI e que chegarán até a reforma de 1833. En 1623 recibe do rei Felipe IV o título, que aínda hoxe conserva, de “Moi nobre e moi leal cidade”.

Un novo escenario na historia tudense e valenciana aparece tras a proclamación de Filipe II como rei de Portugal en 1580. Esta unión de ambas monarquias, que se realizou coa oposición armada dalgúns sectores, chega até 1640 cando os lisboetas levántanse contra Filipe IV iniciándose a “Guerra de Restauración” portuguesa, que non finaliza até 1668 cando se recoñece a plena independencia de Portugal.

Agora se inicia a construción da Obra Coroa (o que hoxe chamamos Coroada valenciana) a cargo de D. Rodrigues de Vasconcelos, 1º Conde de Castelo Melhor, seguindo o deseño de Michele de Lescole, estando concluídas a mediados do século XVIII, cando se dá forma ao Recinto Maxistral, seguindo o deseño do mariscal Vauban, o principal enxeñeiro militar de Europa naquel momento, construíndo baluartes, revelíns, falsas bragas... converténdose nunha das principais prazas fortes de Portugal.

Paralelamente tamén a cidade tudense mellora os seus defensas neste tempo, aínda que sen chegar á amplitude da obra valenciana. O novo recinto supera con amplitude a muralla medieval, que fora reforzada a finais da Idade Media, coa construción da falsa braga para adaptarse mellor aos novos requirimentos bélicos, derivados dos usos da artillería. E convértese nunha praza de armas acollendo as milicias provinciais e outros corpos do exército, construíndose o Hospital do Rei na Corredoira.

Pero a guerra supón tamén o inicio dun momento de crise para ambas cidades que sofren numerosos danos e se estabiliza o crecemento das súas poboacións. A mediados do século XVIII Tui contaba con 962 veciños e non chegaba aos 4.000 habitantes. Como afirma Ofelia Rei para Tui pero que en boa medida podemos atribuír tamén a Valença “consideramos que a súa situación fronteiriza e de enclave militar prexudicouna durante a guerra con Portugal, pero máis a prexudicaron a prolongada situación de paz durante o XVIII, que a fai perder a súa importancia estratéxica, e o crecente atractivo das vilas costeiras”, caso especialmente de Vigo, onde se centra a actividade comercial e incluso estratéxica pois a fronteira marítima adquire maior protagonismo que a terrestre. Similar é o caso de Valença que a partir do século XVIII irá perdendo peso defensivo fronte a Viana do Castelo.

A esta época corresponde unha singular peza literaria, a primeira obra teatral en lingua galega, que narra as desavinzas entre os pescadores de Caldelas e de Friestras:  “Entremés famoso en que se contén a contenda que tubieron os labradores da feligresia de Caldelas cos portogueces sobre a pesca do rio Miño. Ano de 167(3)”. Esta obriña lustra as intensas relacións, ás veces conflitivas -como en calquera colectividades que convive-, que existían entre ambas as ribeiras miñotas.

A ocupación francesa, en 1809, afectou ás dúas cidades, colaborando dende o primeiro momento a través das Xuntas constituídas tanto en Valença como en Tui. O 3 de febreiro chegan as tropas napoleónicas a Tui, que ocupan sen resistencia, con intención de invadir Portugal. Ao non poder cruzar o Miño, Soult decide avanzar por terra deixando en Tui un forte continxente militar e boa parte da súa artillería. O 10 de abril unha división francesa dirixida polo xeneral Heudelet chega con 4000 homes ás portas de Valença e consegue a súa rendición, pois as súas forzas xa foran derrotadas días antes en Ponte de Lima. A superioridade francesa é entón tan grande, ao controlar as prazas fortes de Tui e Valença, que se levanta o cerco de Tui, onde colaboraban tropas portuguesas. Ábrese un breve período de forte represión (queiman o barrio de Urgeira e o convento de Ganfei ou na zona tudense Guillarei, Paramos, Randufe e Pazos de Reis ) e o xeneral Lamartiniere impón ao Cabido e ao Concello un forte rescate económico. O 16 de abril as tropas napoleónicas abandonan Tui e Valença en dirección á conquista de Porto, deixando un desolador balance que se agudiza coa presenza da peste.

O século XIX se caracterizara polos continuos enfrontamentos, tanto en Tui como en Valença, entre as forzas defensoras da monarquía absoluta e os elementos liberais que preconizan a limitación do poder rexio, mediante unha constitución, e progresivamente adoptaran principios de carácter democrático.

No caso tudense, son as dinámicas entre absolutistas e liberais que se abren tras o retorno de Fernando VII reimplantando o absolutismo, rematando o período de vixencia da Constitución de Cádiz de 1812. En 1820 comeza o trienio liberal ao que seguirá o retorno a un réxime realista coa década ominosa. Tras a morte do rei, en 1833, ábrese a loita pola sucesión entre o Infante D. Carlos, sendo os seus partidarios, “os carlistas”, os novos representantes da tradición absolutista provocando as chamada “guerras carlistas”, e Sabela II que terá de apoiarse nos liberais e que ocupara o trono ata 1868. Neste ano a crise da monarquía desemboca no chamado “sexenio democrático” que remata coa procura dunha nova dinastía, con Amadeo de Saboia, e tras o seu fracaso coa proclamación da I República en 1873. A restauración democrática en 1874 con Alfonso XII abre un período de estabilidade na vida política.

Similares dinámicas existen en Portugal e afectarán moi especialmente a Valença. En Portugal tras a ocupación napoleónica a familia real se despraza a Brasil, retornando Joao VI en 1821 xurando a primeira constitución portuguesa de carácter liberal. O seu fillo Pedro, de ideas liberais, promove a independencia de Brasil en 1822. A morte do rei en 1826 Pedro I renuncia ao trono para seguir como emperador de Brasil, abdicando en favor da súa filla, María II cun réxime constitucional. Se embargo, o seu irmá Miguel asume a rexencia, pola minoría de idade de María derrogando a constitución e declarándose como rei, Miguel I. Ábrese así unha confrontación armada entre liberais e absolutistas. Neste contexto Valença estará seis anos en poder dos “miguelistas”. A finais de marzo de 1834 as tropas do almirante Carlos Napier, co apoio de tropas españolas comandandas polo coronel tudense Pedro Telmo Piñeiro e Cardenas toman Valença en poucos días. En setembro se proclama raíña a María II pero a conflitividade segue entre “cartistas”, liberais moderados, e os “setembristas”, liberais radicais defensores da Constitución de 1822.

En 1837 Valença no decurso das chamada revolta dos mariscais, “cartistas”, un dos líderes o Barón de Leira tras iniciar a revolta en Ponte da Barca, acaba refuxiándose na fortaleza de Valença, entre xullo e setembro en que cede ao sitio da cidade. O asedio provoca unha importante destrución da vila valenciana.

Ao cabo de dez anos, na guerra civil chamada Patuleia, que enfronta de novo aos “cartistas”, co apoio da raíña, e unha coalición coxuntural entre “setembristas” e “miguelistas”. A guerra remata, aos dez meses, coa vitoria “cartista” tras a intervención de forzas británicas e españolas. Valença será tomada polos “miguelistas” e liberada por unha división hispana que dirixía o xeneral  Méndez-Vigo. A estabilidade a Portugal chegará co golpe do duque de Saldanha, en 1851, que instaura un liberalismo rexeneracionista cun bipartidismo que alterna no poder.

Nos diversos avatares destes enfrontamentos haberá mutuas colaboracións entre as forzas de ideoloxía similar. Os membros da Xunta apostólica tudense contarán con apoio dos “miguelistas” nos seus intentos de aprovisionamento de armas para unha nunca lograda sublevación como posteriormente as partidas “carlistas”. Logo os liberais lusos, como xa vimos, contarán co apoio español para levantar o cerco de Valença. De novo as sinerxías e colaboración entre ambas localidades agroman, favorecendo tamén os negocios de aprovisionamento como os que promove a familia tudense dos Maceira que incluso organizan un transporte fluvial Tui – Valença a Caminha.

O século XIX significa para Tui a perdida da súa condición de capital provincial e a creación dun concello democrático logo da supresión do señorío episcopal. Valença amplía o seu territorio en 1836 coa incorporación do couto de San Fins. Os procesos desamortizadores en ambos países potencian a un sector fidalgo e pequeno burgués que se converte en receptor de rendas que, por outra banda, e promoven o desenvolvemento urbanístico de ambas cidades, perdendo definitivamente Tui o seu carácter militar e reducíndoo Valença que aínda en 1899 mantiña a súa condición de praza de guerra.

A chegada do ferrocarril ao territorio da Eurocidade -a liña do Miño entre Porto e Valença é inaugurada en 1882- permite que aparezan os primeiros proxectos industrializadores. En Gandra Francisco Manuel Duraes promove unha fábrica de tecidos e molienda, namentres en Tui se instalan diversas serrarías ou a fábrica de galletas, promovida polo empresario luso Joao Alberto de Oliveira en 1911. Aparece así un primeiro movemento obreiro que celebra, no Teatro Principal de Tui en xaneiro de 1901, o primeiro congreso obreiro galego-portugués.

Un acontecemento marcará para sempre a Eurocidade será a construción da ponte internacional para as comunicacións ferroviarias entre Portugal e Galicia inaugurada o 25 de marzo de 1886. A ponte internacional xorde como unha necesidade de comunicación por vía férrea entre ambas ribeiras do Miño nun momento histórico en que o ferrocarril era un símbolo, case universal, de progreso e modernidade.

Tras os correspondentes acordos internacionais será en 1879 cando se decida o seu emprazamento; no mesmo ano é redactado o proxecto de construción desta ponte polo enxeñeiro Pelayo Mancebo e Agreda (Calahorra, 1845 – 1912), autor de numerosas obras de enxeñería nas últimas décadas do século XIX. Aínda que atribuída, en numerosas oportunidades, a Gustave Eiffel, este só participará no concurso celebrado, en maio de 1881, para a construción da ponte tudense, aínda que a súa oferta non resultou gañadora fronte á presentada pola empresa belga “Braine le Comte”, representada en Portugal por Eugène Rolin.

En xuño de 1882 comezan os traballos de cimentación das pías da ponte. Serán os enxeñeiros construtores belgas Eugène Rolin e o seu irmá Ernest, que axiña foi substituído por Auguste Cazaux, xunto ao enxeñeiro inspector, o galego Andrés Castro Teijeiro, os encargados de dirixir esta obra.

O acto de inauguración oficial tivo lugar o 25 de marzo de 1886, festividade litúrxica da Anunciación de Nosa Señora, sendo bendicida a ponte polo bispo tudense Fernando Húe Gutiérrez. Amañeceu un día de chuvia e as locomotoras “Alfonso XII” e “Valença” trasladaron ás autoridade de ambos países ao centro da ponte, onde tiveron lugar os saúdos protocolarios. Asistiron, segundo os cronistas da época, ata 20.000 persoas.

Aínda que a apertura da ponte suscitou unhas expectativas de desenvolvemento de Tui e a súa contorna que nunca chegaron, non é menos certo que promoveu os intercambios de todo tipo entre os territorios galego e portugués, e reforzou a centralidade de Tui e Valença como principal punto de comunicación entre Galicia e Portugal. Pero sobre todo, a ponte estrutura a unión  urbana entre Valença e Tui ao converterse nunha rúa máis de ambas localidades que organizan os seus propios viais para esta comunicación. A ponte consegue que a unión se desenvolva urbanisticamente cunha continuidade urbana que carece de parangón.

Unha intensa vida social alterada periodicamente polos brotes epidémicos, especialmente de cólera, que supoñen o establecemento de medidas sanitarias que limitan o paso fronteirizo con peche do tránsito ou limitacións ao mesmo. Os raianos tentarían paliar estes inconvintes coa ironía e mesmo con sarcasmo. Así o 18 de xaneiro de 1885 se estrea en Vigo no Teatro-Circo Tamberlick unha obriña de teatro, un apropósito, titulado “El Lazareto de Valença” con letra de Hipólito León e música do tudense Prudencio Piñeiro, que voltou representarse de novo en Pontevedra o 2 de febreiro. A peza foi editada co seguinte título “El Lazareto de Valença. Apropósito cómico-lírico hispano-portugués” pola Tipografía de Lema e Hijos, na rúa do Príncipe 21 da cidade olívicaEn setembro de 1931 esta peza é representada no Teatro Principal tudense, asi se recolle no xornal El Pueblo Gallego de 20 de setembro. Descoñecemos a razón de recuperar esta obra logo de case medio século. A función está organizada pola Agrupación Artística Tudense e logra tal éxito que aínda hoxe as súas coplas permanecen namemoria colectiva de moitos tudenses e valencianos.

Este evento expresa a intensa relación que houbo, especialmente tras a apertura da ponte, entre ambas cidades que compartian múltiples actividades: bailes, festas, celebracións oficiais, etc ata o punto que mesmo, na segunda métade do pasado século, as limitacións fronteirizas eran suprimidas nas xornadas que coincidían coas festas patronais tudenses de San Telmo.

O século XX estará determinado, en Portugal, pola caída da monarquía tras un período de crise institucional e social coa proclamación da República en 1910. Os problemas sociais agravados pola participación lusa na Primeira Guerra Mundial desembocan na instauración dun réxime militar no que se apoia Antonio Oliveira Salazar para crear o Estado Novo, unha ditadura que chegara ata a revolución dos "cravos" en 1974 que logra a instauración dun réxime democrático. Pola súa parte, Tui será escenario dos avatares políticos que tras a crise do réxime da Restauración que culmina coa ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera en 1923 e posteriormente coa proclamación da II República en 1931. Este intento democratizador non logra consolidarse e conduce á guerra civil, entre 1936 e 1939 que remata coa implantacion da ditadura de Francisco Franco que mantense no poder ata a súa morte en 1975, abrindo o proceso de “Transición” democrática.

As ditatura salazarista e franquista reforzan o papel da fronteira, pola súa propia ideoloxía nacionalista e mesmo autárquica, e por tanto o papel secundario do noso territorio, pero nunca lograron diminuír a intensa comunicación e mesmo cohabitación que as xentes de Valença e Tui tiveron de sempre.

A fronteira, pese aos intentos estatais, mantivo sempre a permeabilidade histórica e foi sempre un incentivo ás relacións comerciais, tanto as legais como as ilícitas, o chamado “contrabando” ou “trapiche”. Contrabando é un término moito mas amplo e definitorio dun tránsito comercial que pretende subtraerse dos aranceis fiscais. Un fenómeno constante neste territorio de fronteira que está inxerido na propia identidade dos raianos. Pero actualmente na construción do imaxinario colectivo é ás veces reivindicado e asumido cunha aureola de certo romanticismo nostálxico. Cómpre lembrar que, na realidade, o contrabando fai referencia a dúas realidades contrapostas. Por unha banda, é un fenómeno que atopa a súa explicación, e mesmo xustificación, nunha economía de subsistencia que imperaba nos pobos da ribeira do Miño, cunha poboación que vivía na miseria, tantas veces con “fome”, que impulsa a que os nosos labregos e, especialmente, as súas mulleres, se dediquen a este tráfico ilícito de varios quilogramos de café, de peixe, de fariña, de aceite... arriscando a súa propia persoa e integridade para achegar ao fogar un pouco de diñeiro que mitigase as dramáticas condicións de vida nas que tantas familias miñotas vivían en tempos pasados.

Pero o contrabando foi tamén unha fonte de riqueza, ás veces de moita riqueza, para outros sectores da poboación, de carácter vilego ou urbano, que comerciaban ilegalmente a grande escala, ás veces explotando a moitos “pequenos” contrabandistas, e que amasaron grandes fortunas sen arriscar e, nalgunhas oportunidades, incluso en connivencia con determinadas autoridades. Tanto en Tui como en Valença este comercio ilegal supuxo unha importante achega económica para as economías locais en determinados momentos do noso pasado.

O feito mais significativo das últimas décadas na Eurocidade é a desaparición da fronteira entre España e Portugal dende o ano 2001 ao abeiro da integración de ambos países na Unión Europea, acontecida no ano 1993. Esta supresión ten impulsado enormemente a comunicación entre Galicia e o Norte de Portugal, convertendo a Tui-Valença no lugar con maior tráfico de persoas e vehículos en toda a fronteira hispano lusa.

Un proceso culminado no ano 2012 coa creación da eurocidade Tui-Valença que abre expectativas inéditas de cooperación e desenvolvemento conxunto entre dúas cidades que conforman un único núcleo urbano, un caso único en toda a fronteira.


Epílogo

Este percorrido suscinto e abreviado por esta historia compartida non é mais que un esbozo desta veciñanza que ao longo dos séculos compartimos nun mesmo territorio as xentes das cidades de Tui e Valença. Ata agora nunca se escribiu unha historia común, foron sempre historias locais, tantas veces de costas á realidade de máis aló do Miño, e por tanto non se ten reflexionado abondo sobre esta vivencia compartida e os múltiples paralelismos que existen máis aló da historia académica ou "nacional" que non pode traducir esta identidade construída polas nosas xentes que sempre viviron por encima de fronteiras superficiais. Este post é pois un incentivo para abordar pausadamente unha aproximación á nosa historia local que recolla os ciclos históricos propios da nosa eurocidades e que nos teñen conformado como valencianos, como tudenses, en definitiva, como miñotos.



Remexendo nas augas do acueduto do Pontillón

$
0
0

No pasado ano o Balneario de Caldelas organizou unha excelente exposición cunha escolma da súa colección de fotografías antigas, titulada “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Entre as fotografía que puidemos contemplar nesta exposición figuraban diversas imaxes de interese relacionadas co acueduto do Pontillón e os muíños do curso do río Caselas, de alto valor etnográfico, e que acreditan a importancia destes elementos do patrimonio cultural da nosa comarca. Resulta evidente, por conseguinte, o valor histórico desta construción que os veciños do curso do Caselasviñas usando tradicionalmente.


Os lectores de Tudensia han lembrar como foi neste blog onde en agosto do ano 2020 dimos a voz de alarma ante o derrube do acueduto existente nese lugar sobre o río Caselas realizado no decursos dunhas obras promovidas pola Confederación Hidrográfica Miño – Sil. (http://tudensia.blogspot.com/2020/08/derrubado-o-acueduto-do-pontillon-en.html).

A intervención do Concello de Tui non foi quen de evitar esta desfeita agás recoller os restos do derrube para ser depositados en dependencias municipais á espera dunha posible restauración deste acueduto. Tampouco as protestas veciñais lograron nin paralizar as obras esnaquizadoras nin unha solución a esta desfeita.

Xa daquela sinalabamos:Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero omite, esperemos que non deliberadamente senón por desafección ou descoñecemento, a conservación dos valores do patrimonio cultural de carácter popular ou antropolóxico.Ver: http://tudensia.blogspot.com/2020/08/derrubado-o-acueduto-do-pontillon-en.htm


Logo de dezaoito meses a demanda de reposición deste ben do noso patrimonio cultural ficou enredada nunha maraña de resolucións administrativas que fixo agromar diversos erros de tramitación administrativa e as deficiencias da planificación urbanística e da protección patrimonial. Un proceso, impulsado polo movemento asociativo da Caldelas, no que teñen intervido as administracións municipais ou a Xunta de Galicia, pero no que non consta, ao menos nos medios de comunicación, unha resposta da entidade responsable deste derrube que é a Confederación Hidrográfica.

Cómpre non esquecer que a xestión en materia de augas, segundo o texto refundido da Lei de Augas, debe contemplar a compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio e a conservación e protección do medio ambiente. A conservación dos bens patrimoniais, cabe recordar, está dentro dos parámetros da ordenación territorial.

Estado actual do acueduto

O que non ten dubida, moito mais agora coas fotos centenarias que acompañan a este post, é alto o valor patrimonial desta construción, deste acueduto do Pontillón localizado sobre o curso do río Caselas, entre os municipios de Tui e Salvaterra de Miño. Por tanto a obriga que como sociedade temos de conservar este acervo patrimonial recibido.

As solucións a esta desfeita resulta evidente que non virán fácilmente dos procedementos administrativos que a lexislación vixente establece para o noso patrimonio cultural, pois, por mágoa, esta construción non figura nin no catálogo de elementos patrimoniais do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Tui nin, moito menos, na inexistente normativa urbanística do Concello de Salvaterra que se rexe aínda pola Normas Subsidiarias provincias. Por tanto carece de amparo normativo que obrigue a unha intervención da administración municipal e que esixa á entidade promotora da desfeita, a Confederación Hidrográfica Miño – Sil, proceder á reposición deste elemento patrimonial. 

Estado actual do acueduto

Tampouco ata agora é coñecida unha intervención a prol da conservación deste acueduto, ou cando menos dos restos aínda existente no lugar, por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia que posúe a competencia exclusiva en materia de protección do patrimonio. A propia Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, do ano 2016, establece na súa disposición adicional décimo primeira que A dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural poderá ordenar a suspensión da demolición ou destrución total ou parcial de bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia non catalogados ou declarados de interese cultural, que lles será comunicada aos concellos no territorio dos cales se atopen aqueles. A suspensión non poderá durar máis de dous meses, dentro dos cales a mencionada consellaría deberá proceder á incoación da declaración de ben de interese cultural ou da súa catalogación, agás que antes se emita resolución favorable á continuación das obras

Imaxe tomada de "Faro de Vigo", 05.02.2021

Existe, sen dúbida, cobertura legal para calquera intervención que proceda, de oficio, á catalogación deste acueduto ou, por ser mais concretos, dos restos que fican do mesmo., A non catalogación previa dun ben do patrimonio cultural non pode ser motivo para un desamparo tan absoluto do mesmo, como sucede no caso do acueduto do Pontillón. 

Estamos nun caso referencial que mide a sensibilidade cara ao noso patrimonio, á conservación dun acervo cultural expresado neste caso na arquitectura e nas construcións de carácter popular ou etnográfico que expresan a nosa identidade, á nosa cultura, a nosa forma de existir en relación co noso territorio.

Que teña transcurrido ano e medio sen albiscar unha solución que implique a reposición do acueduto do Pontillón por parte da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, está manifestando non xa a súa nula sensibilidade polo patrimonio cultural que forma parte da nosa paisaxe, senón unha irresponsabilidade impropia dunha administración pública ao servizo do interese colectivo.

A propia Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, do ano 2016, establece que todos temos a obriga en relación aos bens culturais de a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

Imaxe do acueduto anterior ao derrube

As fotos da exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” manifestan como ao longo dos tempos o acueduto do Pontillón formaba parte da paisaxe do río Caselas e convivía equilibrada e sustentablemente con este curso fluvial e coa fauna fluvial existente, non alterando o paso das diversas especies piscícolas polo curso do Caselas. O seu desuso, motivado polo abandono do medio rural, non é motivo para desinteresarse da súa conservación senón motivo que fai máis apremiante aínda a súa custodia e valoración de cara a súa catalogación e reposición.

Dende Tudensia agardamos que as recentes visitas de representantes das diversas forzas políticas que forman parte do Parlamento de Galicia para coñecer a desfeita realizada co acueduto do Pontillón abran, nunca mellor dito, canles para que non se demore unha solución a esta agresión patrimonial e que de novo as augas poidan circular por este acueduto do Pontillón.



Na morte dun tudense de "vocación", Luis H. de Larramendi

$
0
0

 Hai escasos días ollando un xornal dixital sobresaltoume a noticia da morte de Luis Hernando de Larramendi o pasado 11 de febreiro en Madrid. De seguro que a maioría dos nosos lectores descoñecen a esta figura senlleira no panorama empresarial de España (conselleiro de Mapfre e Vicepresidente da Fundación Mapfre como principais referencias e tamén avogado especializado en temas de propiedade industrial e intelectual) pero que traemos hoxe a este post polo que nos atinxe, por que Luis H. de Larrramendi mantivo unha estreita relación coa nosa cidade.

Nos numerosos obituarios publicados nestes días na prensa os interesados poden achegarse á súa inxente traxectoria empresarial, pero tamén a súa clara conciencia, na liña aberta polo seu pai Ignacio Larramendi o refundador da aseguradora Mapfre, que dende a empresa existe o que hoxe se denomina “Responsabilidade social corporativa” que debe devolver á sociedade parte dos beneficios que a propia empresa recibe desa mesma sociedade. Un convencemento que o levou, nos últimos anos, a ocupar a presidencia de “Acción Social Empresarial” coa que recorreu España promovendo a doutrina social da Igrexa no ámbito da empresa.

Esta conciencia levouno a implicarse en múltiples iniciativas de todo tipo, canalizadas especialmente a través da Fundación Ignacio Larramendi  promovendo numerosas iniciativas relacionadas coa conservación e difusión do patrimonio cultural e intelectual español, hispanoamericano, portugués e brasileiro, mediante o uso das novas tecnoloxías, que ten o seu principal expoñente na “Biblioteca Virtual de Polígrafos”. Porque a Luis H. de Larramendi todo lle interesaba e apaixonaba pois tiña un amplo concepto da cultura como expresión da riqueza da sociedade

Como navarro era carlista convencido e a súa aposta pola investigación desta corrente política na historia de España a través de múltiples proxectos, moitos a través da Fundación Ignacio Larramendi, é unha das súas achegas máis queridas.

Pero a miña lembranza agarimosa ven dada pola relación que mantivo con Tui, dende a súa voda con Mercedes Varela. Dende a residencia familiar en Paramos Luis H. Larramendi converteuse nunha ávido coñecedor desta terra, dotado dun interese e unha curiosidade inacabables que o converten nun tudense de “vocación”, que o levaron a implicarse en diversos proxectos vinculados á vida tudense. Nas últimas décadas Luis H. Larramendi ten realizado importantes achegas a prol da nosa cidade que merecen ser coñecidas e tamén recoñecidas polos tudenses. Citarei unicamente aquelas coas que tiven persoalmente algunha relación e que me permitiron admirar a Luis H. de Larramendi.  

Promoveu que a Fundación Ignacio de Larramendi incluíse á figura do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez na “Biblioteca Virtual de polígrafos hispanos” creando un microsite denominado “Biblioteca Virtual Francisco Sánchez” (http://www.larramendi.es/francisco_sanchez/es/micrositios/inicio.do), dixitalizando a totalidade da obra sancheciana e numerosos estudios sobre a mesma, cunha ampla introdución a cargo dun dos principais estudosos da filosofía hispana, Rafael L. Orden. Hai un antes e un despois no coñecemento da obra de Francisco Sánchez tras o traballo de documentación realizado por un equipo encabezado por Xavier Agenjo, un dos mais prestixiosos bibliógrafos  do noso país. O entusiasmo de Luis H. de Larramendi por este proxecto é merecedor, na nosa condición de tudenses, de gratitude e admiración.

Pero incansable nas súas iniciativas non deixou de organizar e promover múltiples actividades na nosa cidade, como foi a presentación en Tui da biografía de José Calvo Sotello, de Alfonso Bullon de Mendoza, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade CEU San Pablo e Director do Instituto CEU de Estudios Históricos, no ano 2013 reunindo en Tui, con tal motivo, a un amplísimo grupo da familia Calvo Sotelo encabezado pola súa filla, Enriqueta Calvo-Sotelo Grondona.

Promoveu, a través da Fundación I. Larramendi, a edición do libro-catálogo dos cantorais da Catedral tudense, obra que foi dirixida polo musicólogo ourensán, Manuel Rey Olleros, co título de «La música de los libros cantorales de la Catedral de Tui. Catalogación e interpretación».

Pero tampouco as cousas pequenas eran alleas ao seu entusiasmo e implicación, así podemos lembrar como impulsa a recuperación do cruceiro do “Cristo da Torta” en Paramos, próximo á residencia familiar, ou o seu apoio á compra dunha nova campá para a capela de San Xián do Monte Aloia.

Gardo unha grata lembranza dos café compartidos na Corredoira onde chegaba Luis H. de Larramendi dende Paramos nunha vella Vespa coa que se desprazaba pola Veiga do Louro ata Tui. Dotado de gran simpatía, de animada conversa, sempre ocurrente, sempre elucubrando novas iniciativas, interesándose polas pequenas minucias tudenses ou polos temas relacionados co Camiño de Santiago, que como bo navarro sentía con paixón.

Pequenas palabras e lembranzas arredor da inconmensurable figura de Luis H. de Larramendi, tudense de “vocación”, cuxa figura merece moito máis que esta sinxela homenaxe de gratitude.

Cos sentimentos de pesar para súa viuva, Mercedes, os seus fillos e familia e coa nosa oración.

 

Rafael Sánchez Bargiela

"María Tydeska", o seudónimo da descoñecida poeta tudense María Gloria Pereira García

$
0
0

A historia é un proceso sempre incompleto, aberto a novas interpretacións, a novas perspectivas, e, moi especialmente, a novos descubrimentos que amplían o noso coñecemento do pasado, próximo ou remoto, enriquecendo a nosa memoria.

Nas últimas décadas a investigación ten orientado as súas pescudas ao mundo das mentalidades, da vida cotiá, dos sectores desfavorecidos, e, moi especialmente, no que atinxe á mulleres e ao feminino.

Unha das lagoas que en numerosas oportunidades temos recollido neste mesmo blog é a reducida presenza da nosa cidade no ámbito literario e tamén a limitada nómina de escritores tudenses que coñecemos, dos que moitos nomes son completamente descoñecidos para a maioría dos tudenses.

Un destes nomes repetido en diversas oportunidades era dunha autora tudense chamada María Tydeska. Un nome certamente evocador da súa ascendencia pero do que se carecía doutros datos máis aló da súa mención.

No ano 2012 a investigadora na Universidade de Vigo, Amparo Solla González, publicou un traballo titulado “Maria Tydeska, poeta descoñecida no “Faro de Vigo”, concretamente na obra: Sementar para os que veñan: homenaxe a Camiño Noia / María Camino Noia Campos, Xosé Bieito Arias Freixedo, Xosé María Gómez Clemente e Gabriel Pérez Durán, Universidade de Vigo, 2012, pp. 305-320.

Nese artigo, Amparo Solla, analiza os poemas publicados por María    Tydeska entre 1930 e 1936, con especial asiduidade no ano 1931. O primeiro foi publicado na edición do xornal vigués correspondente ao 25 de maio de 1930 e o derradeiro ao 37 de xullo de 1936, completando un total de 25 poemas, doce deles en lingua galega.

Malia as miñas pescudas, sinala esta investigadora, ben pouco sei da autora que se agocha baixo este exotizado sobrenome, pero Maria Tydeska foi, moi probablemente, natural da histórica Tui, onde naceu e onde deberon  transcorrer os primeiros anos da súa vida, tal e como se reflicte non só na escolla do seu pseudónimo, alusivo ao antigo nome da vila (Tyde ou Tude) ou na sinatura da primeira das súas achegas poéticas ó Faro de Vigo (Anduriña Tudense) senón nos seus propios versoscon varios poemas dedicados á cidade miñota ou con referencias aos seus lugares máis representativos.

Tras sinalar que dos seus poemas se deduce que era unha muller profundamente católica, con numerosos versos de carácter místico, chea de saudade ao residir lonxe da súa terra... conclúe que Maria Tydeska foi unha muller culta e unha incansable lectora dos clásicos galegos e españois, como se reflicte no dominio do verso, no emprego de múltiples variedades estróficas, na coidada selección de figuras retóricas e literarias e, sobre todo, na destreza con que manexa os topos poéticos dos grandes escritores de sempre. No que atinxe a súa actitude lingüística, a autora (...) maniféstase claramente diglósica no emprego do galego e do castelán: o español é a lingua de verso culto, elaborado, requintado e o galego resérvase, con algunha excepción, para o verso popular e a expresión do intimismo sentimental cunha especial influenza de Rosalía de Castro tanto na composición como na temática dos seus versos.

Esta era o coñecemento que posuíamos da poeta tudense, ata que a vida, como en tantas outras oportunidades, actúa coma unha urdidoira dos fíos dunha trama que paseniñamente nos alcanza.

Así nas pasadas festas de San Telmo, do ano 2021, no decurso da inauguración da exposición “Estampas anagrámicas” de Rafael García Sánchez falabamos coas doantes desta colección de debuxos do ilustrador tudense, Gloria e María Paz Arean Pereira. Na conversa sobre lembranzas familiares dos García Sánchez, tan estreitamente vinculados a Tui, xurdiu un comentario sobre “tamén nosa nai compuña poemas que asinaba como María Tydeska”.

Abrollaba dende as sombras do tempo, dende a memoria familiar, dende o anonimato.... a identidade de María Tydeska. Xa era posible poñerlle nome a esta singular poeta tudense e recuperar do esquecemento unha obra literaria ata agora completamente descoñecida.

Xurdía así María Gloria Pereira García como a identidade, tanto tempo roubada e agochada, de María Tydeska. Unha memoria conservada con cariño no ámbito familiar pero que resultaba completamente inadvertida para todos, dende os estudosos ao público xeral.

María Gloria Pereira García nace na nosa cidade, no céntrico Paseo da Corredoira, o 15 de agosto de 1903, filla do portugués Isidoro Pereira Pimenta de Castro Padín, que residente en España realiza carreira como militar, e de Purificación García Sánchez. A nai pertencía a unha coñecida familia tudense onde o máis afamado era o seu tío, o avogado e rendeiro, José García Sánchez, correspondente do “Faro de Vigo” na nosa cidade durante moitos anos e que estaba casado con Delia Rodríguez Sarmiento e residían na casa dos Sarmiento Zelaya, construída na segunda metade do século XIX sobre a muralla medieval onda a Porta da Pía. Outro dos seus tíos foi o ilustrador Rafael García Sánchez.

Unha ascendencia tudense que Maria Tydeska recolle en varios dos seus versos:

“Salve ¡Oh Miño! Cristal en el que austera

se contempla con digna majestad,

la antañona e histórica ciudad,

donde por dicha vi, la luz primera.”

Noutro poema, titulado “O meu curruncho”, escribe lembrando de novo a súa orixe:

D’a Galiza aquel curruncho

onde’eu nascin e morei

os doce anos d’infanza

¡d’a infanza que xa morreu!

Serán o vinculo coa súa avoa tudense, Generosa, á que evoca en varios dos seus poemas e a quen lle dedica un sentido poema “No te perdí”, xunto coa lembranza da infancia e as súas paisaxes e vivencias,  imaxes e sentimentos aos que recorra con frecuencia na súa obra literaria.

A vida profesional do seu pai como militar, chegou a coronel de infantería, tendo o seu último destino no Rexemento Canarias nº 39, no ano 1936, levouna a residir en diversas localidades tanto da Península, como nalgunha praza española de Africa e ata en tres períodos distintos en Canarias (entre elas en La Orotava, vila da illa de Tenerife, onde María Gloria era coñecida pola súa beleza, dedicándolle as súas amizades daquela vila un dos seus poemas).

Aínda que a súa familia comenta que publicou poemas na prensa dende os vinte anos, o certo é que non coñecemos poemas editados por María Gloria Pereira antes de 1930. Concretamente o 23 de maio de 1930 publica os seus primeiros versos en “Faro de Vigo” co pseudónimo de “Anduriña tudense”. Nos seguintes versos publicados no xornal vigués, o 28 de setembro do mesmo ano, asina xa coa denominación de “María Tydeska” (aínda que o xornal publica erroneamente Vydeska). Os dous pseudónimos certifican a súa vinculación con Tui pola escolla do lendario nome da cidade “Tyde” para o seu nome literario.

Sabemos que o emprego deste pseudónimo era debido a oposición, dos seus pais, a que publicase os seus versos, que viña escribindo dende a mocidade. Podemos aventurar que quizais na publicación en “Faro de Vigo” tivo relación a condición de correspondente en Tui deste xornal, ao longo de varias décadas, do seu tío o avogado José García Sánchez, que lle facilitaría o acceso ás páxinas do “Faro” e tamén os contactos doutro dos seus tios, o ilustrador Rafael García Sánchez, na redacción do periódico vigués.

Neste xornal, como recolle Amparo Solla González, edita un total de 25 poemas entre 1930 e 1936, tanto en galego como en castelán. Os poemas figuran, ás veces, na sección “Lira femenina” na mesma portada do diario vigués. Comparte esta sección con nomes como Carmiña Pomares, Mecedes Viso, etc.

A súa familia editoulle, aínda en vida da nosa autora, en 1993, un libro titulado “Tornasol” que recolle un total 72 poemas pero que non abrangue a totalidade da súa obra, pois ata 15 dos poemas editados en “Faro de Vigo” non están publicados en “Tornasol”.

Na dedicatoria desta obra Gloria Pereira escribe: en los albores de mi juventud y animada por un gran poeta español, estuve a punto de imprimir un pequeño tomo de mis primeros trabajos poéticos (...) Pero vicisitudes de la vida, todo se quedó en proyecto.

Como relata nesta mesma dedicatoria contaba cun pequeno saúdo enviado dende Varsovia, en setembro de 1933, pola escritora galega Sofia Casanova para esta publicación en proxecto: los versos de “María Tydeska” que da al público en este libro, poseen para mi, con su valor poético, el doble encanto de su galleguismo espiritual. En cada una de sus estrofas, ora canten amorosas ilusiones, puro patriotismo o ardientes pasiones dramáticas de Andalucia, las alumbra y las anima la sensibilidad del agarimoso lirismo gallego. Así debe ser la poesía de la juventud, confiada, palpitante de fe y esperanzas. Yo deseo a la joven e inspirada poetisa da miña terriña, cuanto ella misma anhela, más aún... ¡Que las rosas del triunfo no claven en su frente las espinas!. ¡La gloria es una pérfida amiga de la mujer!

“María Tydeska” estaba pois inxerida no panorama literario do seu tempo, con relacións epistolares con persoas salientables no ámbito cultural como Sofía Casanova, que xa naquela altura gozaba dun enorme prestixio como escritora, poeta e xornalista.

Casa aos 29 anos co industrial conserveiro Guillermo Areán Estévez, pero a guerra civil, a dureza da postguerra, agravada, no seu caso, ao quedar viúva con cinco fillos: Guillermo, José Carlos, María de la Paz, María Gloria e Jaime... a afastaron definitivamente da presenza pública dos seus poemas. Pero nunca deixou de escribir versos... son sinceros y profundos sentires de mi alma, sugerencias del camino (camino de mujer espinoso y florido como una sensitiva) guardados largos años como un punible secreto de amor... ellos fueron para mi, como una prolífera nidada de tiernos pajarillos, a los que después de cuidarlos con amor por tanto tiempo, al fin he dado suelta echándolos a volar. Asi se expresaba a propia autora na dedicatoria no seu libro “Tornasol”.

Quen subscribe non é crítico literario e renuncio pois a calquera análise da obra de “María Tydeska” unicamente apuntar a catro aspectos dos seus versos que contribúan ao coñecemento da súa figura e da súa transcendencia poética.

Unha das constantes nos versos de Gloria Pereira é o sentimento de dor, de sufrimento, de tristura... nunha liña que lembra en numerosas oportunidades a Rosalía de Castro, á que admiraba intensamente, e que atopa na poesía unha canle de expresión

Por más que duro y fiero

me hieras sin piedades, y constante

con tu afilado acero

¡oh dolor lacerante!

Lejos de maldecirte soy tu amante

Noutro poemas escribe

D’unha mágoa sin nome, negra e fonda

nasceu a miña Musa

Como xa recollemos anteriormente, a obra de María Tydeska expresa o seu coñecemento do mundo literario da súa época pero tamén da tradición popular cos seus ritmos:

¿Que foy d’aquelas rias cristaíñas?

¿que fou d’aquel brincar d’o corazón?

D’aquelas loucas puras alegrias

¿que foy? ¿que foy...?

Tui, a súa cidade de nacemento e refuxio en moitos momentos da súa vida, é tamén -ao menos nos poemas editados en “Faro de Vigo”- un das constantes da súa obra. Residiu escasos anos da infancia en Tui, pero voltaba periodicamente e sentía como unha referencia indeleble:

Onde a ponte gigantesca

c’a súa metá española

y-a outra d’alá lusitana

feiticeira... encantadora

sobr’o río soberán

dispriciando ambiciós tolas

duas vidas hirmáns enlaza

qu’os dunha banda i os d’outra

hirmáns ó fin todos somos

fillos d’a terra meigosa

qu’o Atlántico namorado

bica c’as suas brancas ondas

Tamén nestoutro poema, enviado co gallo das festas patronais tudenses do ano 1934:

Por iso nestes días

melancólica, triste acongoxada,

ao non poder doente

acodir a chamada...

pra ti meu “anaquiño” tan fermoso

e mais pr’o teu Patrón

todal-as mañanciñas moi celmoso

levame bris de bicos unha nube

e alá cabo d’o Miño rube, rube...

pra q’Aurora m’a pinte de mil cores

e dend’o seu balcón

m’a emborque toda, convertida en flores

Finalmente, outras das constantes na súa expresión poética, é a súa fe, con versos de temática relixiosa ou devocional (poemas para circunstancias como, por exemplo, a ordenación sacerdotal dos seus fillos Guillermo e José Carlos) e poemas que nos lembran unha oración sentida:

Del alma que tiene hambre,

del alma que está sedienta,

del alma que en este mundo,

no se sacia ni alimenta.

Porque del cielo bajó

y como paloma herida,

sin poder remontar,

se debate entristecida

Tamén dos momentos iniciais da súa traxectoria literaria coñecemos un artigo xornalístico asinado por María Tydeska no ano 1931 e publicado en “El Compostelano” diario vespertino da cidade do apóstolo titulado “El obrero compostelano artista por naturaleza” e do que reproducimos algúns párrafos:

Con el corazón palpitante por la emoción mística que indefectiblemente produce la contemplación de la belleza cuando esta se presenta mágica y sublimemente realizada, recorre el turista absorto y embelesado estas evocadoras rúas compostelanas; escudriña de los templos soberbios el tesoro incalculable; visita museos, exposiciones, bibliotecas, magníficos edificios, preciadas ruinas... Y cuando una vez admirado tan ensoñador conjunto de maravillas abandona estas tierras, lleva en lo más íntimo de su alma, un imperecedero, al par que emocionante, recuerdo, de esta reina del arte, de esta incomparable Compostela.

Ha ahí lo único, que la mayoría de los visitantes de esta bruja ciudad de ensueño logra descubrir a su paso por Santiago. No obstante y con ser esto tanto, existen ocultos o injustamente ignorados lugares en los que, sin ostentaciones atrayentes, se rinde un culto apasionado, constante y fervoroso a la artística tradición de esta bella ciudad santificada con las cenizas de un tan grande Apóstol. Me refiero a esos humildes talleres donde desconocidos, anónimos genios, con su cotidiano trabajo dan forma, pulimentan y coronan felizmente, concepciones de una tan insuperable belleza que ya las quisieran para suyas ciertos afamadísimos artistas cuyos nombres vemos de continuo en periódicos y revistas de gran circulación. Y es que el obrero compostelano es artista por naturaleza, lo mismo hoy que hace siglos. Admiraba yo con deleite el otro día una preciosa obra recientemente rematada en uno de esos talleres y al acercarme para analizar cierto acabadísimo detalle, alguien dijo a mis espaldas: “¿ve usted?, eso es obra de los chiquillos”. Asi es como se va perfeccionando esa inclinación natural de estos habilísimos artífices. Con el cultivo de sus aptitudes desde la más tierna edad. Y el arte en cuyo regazo viven, al tiempo que idealiza sublime los sudores y fatigas de su trabajo, les proporcionaba un grado de cultura del que por desdicha carecen los demás obreros de otras muchas poblaciones. Porque si bien son fruto de selectos espíritus  los temperamentos artísticos, nada pule tan admirablemente, nada eleva el nivel cultural del hombre, nada en fin lo acerca tan próximo a Dios, como esta reina medio pagana, medio divina que los mortales hemos dado en llamar “arte”.

¡Arte! Nombre que en esta ciudad se pronuncia con veneración y respeto, porque ella significa algo muy suyo, muy intimamente ligado a su tradición. Después de haber morado unos días en esta Compostela sin rival, se explica clarisimamente el singular comportamiento de la clase trabajadora de ella, ante las dolorosas y escarnecedoras jornadas que han manchado con indeleble borrón tantas y tan bellas ciudades españolas alguna... ¡que pena dá tener que consignarlo!  de nuestra meiga región.

¿Qué importa que existan diversidad de ideas y criterios? Si la cultura está sólida y firmemente cimentada en su pueblo ¡nunca! se registrarán en él salvajadas como las que de un modo tan desconsolador nos han desprestigiado recientemente ante el extranjero. ¡Ah! si todas las ciudades fueran como Santiago! entonces... no sería aventurado el augurar para el mundo un resurgimiento floreciente, una nueva era de felicidad y bienestar.

Y no es que la venenosa semilla “voleada” desde lejanas tierras se detuviese por milagro y no cayera sobre esta como sobre otras tantas ciudades ibéricas, no; desgraciadamente ha caído y quizás haya germinado con tanta fuerza como en ellas; pero el freno de la cultura, cuyo yunque aquí es el arte, detiene siempre el carruaje que arrastra el caballo desbocado de las bajas pasiones. Por eso en Compostela aunque exista por parte de algunos la indiferencia religiosa o prenda el escepticismo  y hasta aún la impiedad reinante; ¡siempre!, ¡siempre! existirá en ella el dique de la cultutra, hija querida del arte, del arte que por ser tradición es religión y es Patria,

Mª TYDESKA

Compostela, 1931 (El Compostelano, viernes 7 de agosto de 1931)

María Gloria Pereira García residirá, como tantos tudenses, na cidade de Vigo, onda os seus fillos e netos, ata o seu falecemento o 19 de marzo de 1994.

Sirvan estas notas para unha primeira achega á figura da poeta María Gloria Pereira García, María Tydeska. Destaca por ser das escasas figuras literarias orixinarias da nosa cidade pero tamén por ter unha obra sólida, xurdida con tenacidade fronte a oposición social e familiar, nun tempo en que non era habitual que a voz feminina participase na vida cultural. A obra de Maria Tydeska agroma pois como unha referencia literaria, dotada de personalidade de seu na paisaxe cultural tudense daqueles anos, erma da presenza de figuras femininas pero afortunadamente, aínda que sexa nun momento xa serodio, a recuperamos para o noso coñecemento, para a nosa memoria colectiva. Pero a figura de María Tydeska e o seu temperamento creativo levouna tamén a achegarse a outro ámbito artístico, a pintura, á que se dedicou tamén con paixón. Pero deste capítulo nos ocuparemos noutra oportunidade.

Remata este post cun anexo no que se relacionan as obras poéticas que ata agora coñecemos de María Tydeska, de María Gloria Pereira García. 

Con agradecemento especial a Gloria e a Paz Arean Pereira polas súas achegas e a María del Carmen Areses Vidal pola súa colaboración.



Poemas publicado no libro “Tornasol” (edición non venal)

-        “Mi fiel amigo” (Faro Vigo 1/2/1931)

-        “Canción de cristal”

-        “Mortaja de luna”

-        “Rebeldía”

-        “Mi nao” (Faro de Vigo 28/9/1930)

-        “De Camino”

-        “Caracolita”

-        “Como la alondra”

-        “Oh dolor” (Faro de Vigo, 28/10/1931)

-        “Inquietudes”

-        “Imagen” (Faro de Vigo 19/12/1930)

-        “Capitán de mis batallas”

-        “Fuente de poesía” (Faro de Vigo 28/03/1931)

-        “Soledad” (Faro de Vigo2/02/1932)

-        “Crisalida”

-        “Al viento”

-        “Olvida”

-        “Añoranza”

-        “Recogimiento”

-        “Buenos días tristeza”

-        “Incertidumbre”

-        “Como la violeta”

-        “La chavala del cortijo” I-VIII

-        “No te perdí. A la muerte de mi querida abuela” (Faro de Vigo 21/05/1931)

-        “Jardines de España”

-        “Reina afortunada. A mis buenas amistades de La Orotava, cariñosamente”

-        “Paraiso en calma (en tres sonetos)”

-        “Vega miñota”

-        “Súplica a la Santísima Virgen. Recitado po Mª Paz, momentos antes de recibir su Primera Comunión”

-        “Tu misa primera. A José Carlos con amor (1959)”

-        “Tu corona. A mi hijo Guillermo con amor”

-        “Santa Teresaza”

-        “Eucaristia”

-        “Glorias de María (triptico): Inmaculada, Mater Ecclesiae, Mater Dei”

-        “Reflejos de nuestra historia. Cruzadas 1935”

-        “No llores madre. 1935”

-        “Flores para el mártir. Ante la muerte de Calvo Sotelo 17 de junio de 1936” (Faro de Vigo, 14/07/1936)

-        “Resurrectio. 18 julio 36”

-        “Consumatum est. Ante la destrucción del monumento del Cerro de los Ángeles 1937”

-        “Caminos de España. 1937”

-        “¡Cautivos!”

-        “Mater Dolorosa. A las madres de la nueva España con unción”

-        “Mi tesoro. Al Caudillo de la nueva España con veneración. 1938”

-        “En el día de la unidad. 1938”

-        “Fecha negra. Romance poético de la abuelita. 20 de noviembre de 1975”

-        “Naufragio. Después de la fecha negra 1976”

-        “Reflejos de hoy”

-        “Dame una tregua Señor...”

-        “Hastio”

-        “De nuevo la serpiente”

-        “El Cristo del escaparate”

-        “Muerete poeta”

-        “Misterioso talismán”

-        “El ateo”

-        “Invocación”

-        “Unisexo”

-        “Terrible carcoma”

Da nosa terra

-        “O meu curruncho” (Faro de Vigo, 03/04/1932 e tamén en El Compostelano, 09/05/1932)

-        “O mixiricos” ou “Canta paxoriño” (Faro de Vigo 23/05/1930, asinado por Anduriña Tudense)

-        “¿Qu’ei facer?” Faro de Vigo 23/05/1930, asinado por Anduriña Tudense)

-        “Vaites”

-        “Como tremen as estrelas” (Faro de Vigo. 01/01/ 1932)

-        “Nin siquera un codeliño”

-        “Aquel saudosa carreiro”

-        “Ofrenda e prego. Año 1931. En honor del grande Santo de su nombre, con singular cariño a mi hermano” (Faro de Vigo 25/07/1931)

-        “Miña Praya de Panxón. A los queridos hermanos Estevez Cambra expresivamente”

 

Publicados en Faro de Vigo e non recollidos en “Tornasol”

-        “á morte da viuva de Cánova” (Faro de Vigo 28/09/1930)

-        “Filla da mágoa” (Faro de Vigo 21/12/1930, publicado tamén en El Compostelano 27/12/1930)

-        “A pior fame” e “Tiña tudo” (Faro de Vigo 01/02/1931)

-        “Coitado d’aquel que soña” (Faro de Vigo 26/02/1931)

-        “Augusta soberanía” (Faro de Vigo 01/04/1931)

-        “Meditación” (Faro de Vigo, 02/06/1931)

-        “A maldición d’a Fortuna” (Faro de Vigo, 25/07/1931)

-        “Canción de plata, día do Cristo da Vitoria” (Faro de Vigo, 03/08/1931)

-        “Cativeces” (Faro de Vigo, 04/08/1931)

-        “Amor libre” (Faro de Vigo, 16/12/1931)

-        “Ella es todo” (Faro de Vigo, 24/12/1931)

-        “Suplica” (Faro de Vigo,25/03/1931)

-        “Memorias de una fecha” (08/05/1932)

-        “A Tuy en sus fiestas patronales, Anaquiño”” (Faro de Vigo, 15/06/1934)

 

Dúas esculturas de Xoán Piñeiro en Tui

$
0
0

Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez.

Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro.

A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda da Concordia, onda os restos do baluarte da muralla do século XVIII.

Xoán Piñeiro (Nerga – O Hio, Cangas 1920 – O Porriño, 1980) é un dos grandes escultores de Galicia na segunda metade do século pasado.

Retreto de Xoán Piñeiro por J. Vieira

Tomamos uns párrafos do estudoso Carlos L. Bernárdez: a formación do noso escultor vai producirse nos anos corenta cando, debido á Guerra Civil e a dura posguerra, o panorama cultural é desolador e non dará probas de mellora até avanzados os anos cincuenta. Prodúcese un constante éxodo de artistas que perante a pobreza do medio galego non teñen mais alternativa que a marcha en especial a Madrid co consecuente empobrecemento do espazo artístico galego. No caso de Xoán Piñeiro vai formarse como imaxineiro en Santander  e logo en Madrid  para recalar finalmente en Vigo e traballar desde Goián.

A obra de Piñeiro dos corenta e cincuenta  é marcadamente académica e no ámbito das encomendas públicas e, como non podía ser doutra forma, moi mediatizada polo contexto social e político. A partir dos sesenta vai afastarse algo mais destes presupostos con formas figurativas ou abstractas en que predominan os ritmos sinuosos, organicistas, aínda que non é infrecuente que os seus traballos remitan á liña do Movemento Renovador da Arte Galega da preguerra, nomeadamente a Eiroa, para chegar a formas en que xoga co oco e a curva. Nesta liña Xoán Piñeiro consegue tirar partido duns materiais con enormes posibilidades expresivas e de longa tradición, como son a pedra e o bronce.

O proceso de construción en Tui, como localidade natal, dun monumento á memoria de Calvo Sotelo era unha vella aspiración das autoridades locais e das forzas vivas do réxime franquista que xa pretenderan realizar nos inicios da Guerra Civil. Xa no propio ano 1936 la “Liga de Amigos de Tuy” realizou unha subscrición popular cunha ampla recadación. Sen embargo a erección do Monumento Nacional a Calvo Sotelo en Madrid, frustrou daquela o obxectivo tudense que entregou a súa recadación á obra madrileña.


Placa na casa natal de J. Calvo Sotelo na rúa do seu mesmo nome

Nova placa colocada no ano 1937 na fachada da casa natal de J. Calvo Sotelo

O 1 de agosto 1961 ao cumprirse 25 anos do asasinato de Calvo Sotelo foi retomada a idea, creándose unha Comisión organizadora pro-monumento a D. José Calvo Sotelo integrada polo Alcalde de Tui, Ramón Peñarredonda Fernández, como Presidente xunto con:

-        Alberto Ballesteros Ballesteros, representante do Club Náutico

-        Ildefonso Baquero Fortes, por el Racing Club de Fútbol

-        José Casal Aboy, polo Centro de Iniciativas y Turismo

-        Rvdo. Servando Bugarín Domínguez, polo Instituto Laboral

-        Juan José Oliveira Vieitez, Presidente da Cámara de Comercio

-        Manuel Rodríguez, Delegado Sindical Comarcal

-        Manuel Cela Diz, polo Liceo Casino

-        Alejo Núñez Pascual, tenente de alcalde e tesoureiro da Comisión

-        Carlos Sistiaga Múgica, secretario do Concello e da Comisión

Na sesión de 30 de agosto de 1961 esta Comisión acorda iniciar a campaña para a erección deste monumento adoptando as seguintes medidas tendentes a realizar unha homenaxe de toda Galicia á figura do político tudense:

-        Creación dun Comité de honra integrado polo Cardeal-arcebispo de Santiago de Compostela, os Gobernadores Civís das catro provincias galegas, o Presidente da Audiencia Territorial da Coruña, o Reitor da Universidade de Santiago, os presidentes das Deputacións Provinciais, os Delegados de Facenda en Galicia asi como polos alcaldes de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

-        Acordase tamén elaborar unha circular dirixida as Deputacións, concellos e entidades culturales, artísticas, recreativas, deportivas de Galicia e igualmente a todos los gallegos presentes y ausentes y, en general, a todos los simpatizantes de este noble propósito para que en la medida de sus fuerzas y posibilidades presten el máximo calor y apoyo a esta iniciativa.

-        Finalmente noméase unha comisión executiva integrada polo Alcalde xunto co secretario e tesoureiro aos que acompañan José Casal Aboy, do C.I.T. e Juan José Oliveira Vieitez, da Cámara de Comercio.

Con data 12 de outubro de 1961 foi impresa a circular que inclúe una fotografía da maqueta que en colaboración con el arquitecto tudense, D. Calixto del Barrio, ha ofrecido espontánea y generosamente a la Comisión Pro-Monumento el escultor Sr. Piñeiro, como ante proyecto del mismo.

No anverso da circular se amplía a información do proxecto escultórico: la mayor parte de las piedras que constituirán este monumento proceden de los más heróicos lugares de nuestra Cruzada y de nuestra Historia y han sido cuisadosamente seleccionadas y conservadas desde el primitivo proyecto para ahora dar vida al que se levantará con motivo del 25 aniversario de su muerte: son piedras de la catedral de Santiago y el Pilar de Zaragoza, del sepulcro de los Reyes Católicos, del glorioso Alkázar de Toledo, de la Alhambra de Granada, de la Mézquita de Córdoba, de las murallas de Ávila, de Santa María de la Cabeza, del Cuartel de Simancas, de Belchite, etc., etc. cuya “impronta” se grabará debidamente.

O monumento foi inaugurado o 7 de setembro de 1963 cun amplo programa presidido polo Ministro de Facenda, Mariano Navarro Rubio, acompañado de numerosas autoridades civís e militares, asi como unha ampla representación da familia Calvo Sotelo, encabezada polos seus fillos: José, Luis Emilio, Enriqueta e Concepción e os seus irmáns Luís, Joaquín e Pilar.

"El Pueblo Gallego" de 8 de setembro de 1963

Como curiosidade lembrar que nesa mesma xornada, á tardiña, unha explosión do material pirotécnico nos baixos da casa reitoral de Randufe, nas vésperas das festas da Guía, deixou dous mortos e un ronsel de conmoción e lembranza que chegou aos nosos días.

No Boletín de Información do CIT tudense de setembro de 1963 figura un artigo sobre a descrición do monumento do que recollemos varios aspectos. En primeiro lugar, parece que o bosquexo deseñado polo arquitecto tudense Calixto del Barrio da obra foi substituído polo dos arquitectos vigueses Pérez Llorente e Ulloa que consta de varios planos superpuestos comunicados por una escalinata, que permite el acceso circular a la estatua y la cercana visión de las piedras históricas engarzadas en la artística verja del fondo.


O conxunto escultórico de Piñeiro está formado por tres pezas: a estatua, o grupo de broce e o escudo de Galicia. La estatura esculpida en piedra blanca de Mañufe, mide unos tres metros y medio de altura; lo representa vestido de amplia toga, bajo la cual, ocultos los brazos aparece portando un libro en el izquierdo.

Pola súa banda, o grupo escultórico en bronce (que hoxe conta cun menor espazo ao reducirse por unha ampliación da inmediata rúa Betanzos) está constituido por un matrimonio, cuya esposa ofrece al marido -el guerrero que retorna y descansa apoyado en el escudo imperial de Carlos V -procedente de las ruínas del Alkázar toledano- el hijo deseado, que simboliza el renacer de la nueva España (...) También de irreprochable factura es el escudo de Galicia, cincelado en durísima piedra verde de Parga (Lugo) de una sola pieza, con características de auténtico pórfiro.


Completa o conxunto escultórico, ao outro lado da figura de Calvo Sotelo, un vello escudo da cidade de Tui, con coroa real, procedente, segundo algunhas informacións, da inmediata vivenda do fotógrafo Gonzalo Gutierrez (derrubada para a construción do actual Liceo Casino) e que pola súa localización ben podería proceder da antiga porta de San Francisco, da muralla do século XVII – XVIII.

Seguindo as directrices expostas Piñeiro concibiu o monumento a partir de dous grupos, tanto no que respecta á técnica como ao material. No plano máis elevado, ergueuse a estatura pétrea de Calvo Sotelo. O político presentábase ataviado cunha toga con dobras xeométricas que apenas permitían intuír a anatomía, con excepción da perna esquerda, un pouco adiantada, insinuando un lixeiro movemento. No rostro -do que se conserva unha réplica en bronce propiedade da Deputación Provincial- plasmou todos os seus trazos fisionómicos, manténdose fiel á súa tendencia por unha representación verosímil. O outro grupo, o da familia, realizouse en bronce, un material que axiña dominou o artista. Nel representouse unha escena na que unha muller está ofrecendo o seu fillo ao marido, que regresa da guerra (...) desde o punto de vista estilístico e formal, existe un gran contraste entre os dous conxuntos. Na familia optou por unha concepción moito máis figurativa, mentres que na estatura do homenaxeado amosou unha preferencia cara a simplificación de volumes, adiantando a experimentación formal que desenvolveu plenamente na década seguinte.

Certamente a escultura de Calvo Sotelo é dunha gran forza expresiva lograda a través da simplicidade das formas, cunha concepción case abstracta e que adquire maior relevancia ao contrastar coa veracidade do rostro, de formas sinxelas pero realistas e identificativas extraídas do granito, e a figuración clásica do conxunto escultórico en bronce.

Resulta ata certo punto sorprendente que nos inicios do anos sesenta un encargo oficial do réxime franquista, dedicado a homenaxear a un dos grandes heroes da propaganda e da mitoloxía da ditadura deixase espazo á iniciativa de Xoán Piñeiro que escapa dun tratamento clasicista da figura de Calvo Sotelo, para presentar un tratamento moi contemporáneo desta escultura. Posiblemente unha das esculturas públicas de Tui mais innovadoras e que, logo de sesenta anos, segue resultando actual.

 

No outono de 1966 se constitúe na nosa cidade unha comisión cidadá para erixir un monumento ao bispo Lago González. O Boletín do CIT de outubro de 1966 informa que a Dirección General de Arquitectura non autorizou a proposta para a súa instalación na Praza de San Fernando, polo que nos seguintes números desta revista se recollen diversas opinións de destacados tudenses sobre a localización deste monumento: xunto á Glorieta de Vigo ou os xardíns de “Rosendo Troncoso” xorde tamén a súa instalación na rúa Ordoñez, onde a Praza da Verdura.

Esta comisión avanza no seu propósito e organiza en agosto de 1967 un acto no pazo de San Xosé ou Vista Alegre, tan ligado á figura de Lago González, que contou cunha nutrida afluencia. Foi presentada tanto a maqueta do monumento, realizada polo escultor Xoán Piñeiro, como a edición dun libro sobre a vida e obra do bispo Lago editado na colección “Bibliofilos Gallegos” realizado por José Filgueira Valverde. Neste evento contouse coa presenza do alcalde tudense, José Casal Aboy, do bispo, Fr. José López Ortiz, o Presidente da Real Academia Galega, Sebastián Martínez-Risco, e diversas personalidades como Domingo García-Sabell ou Felipe Fernández Armesto (Augusto Asía), etc. O acto estivo patrocinado polos propietarios do pazo, Rodolfo Lama e a súa esposa Carlota Lago, sobriña do noso bispo.


En pouco tempo foi creada unha comisión de honra e un comité executivo para lograr erguer este monumento no paseo da Corredoira. O comité executivo estaba integrado polo alcalde tudense, o arcediano do Cabido, o reitor do Seminario, o párroco de Tui, un representante do CIT (Julio Bugarín), un representante do Concello (Juan Manuel Areses) e os correspondentes locais do “Faro de Vigo” e “El Pueblo Gallego”, acordando abrir unha subscrición popular para sufragar os gastos.

O bosquexo presentado, e que corresponde basicamente co actual monumento, era descrito do seguinte xeito polo alcalde tudense José Casal Aboy: Para un monumento a Lago, cuyo escudo episcopal está formado a partes iguales por el de Tui y el de Galicia, había que buscar algo que fuese común denominador de nuestra tradición religiosa, de nuestra geografía urbana y campesina, de Tui, de Santiago, de su propio Pazo; en fin, de toda Galicia. Y estas peculiares y exigentes características creímos encontrarlas en nuestro clásico crucero, con la imagen del Apostol peregrino en su fuste. Sentado dignamente en las gradas del crucero, cerca del Apostol y bajo Cristo y María -sus devociones predilectas- y mirando a la Corredera (naquela altura era a localización prevista), con la pluma y un libro en las manos -sus pasiones favoritas.

Pero diversas circunstancias, que descoñecemos, impediron a continuidade desta iniciativa. Se retoma o proceso para a construción deste monumento a Manuel Lago González coa dedicación do Día das Letras Galegas de 1973 ao egrexio tudense. En novembro de 1974 o Pleno do Concello acorda designar co nome de Arcebispo Lago ao novo Colexio Nacional nº 2 de Enseñanza General Básica.

Celebración do Día das Letras Galegas en Tui no ano 1973 dedicado a Manuel Lago González
Foto en "El Pueblo Gallego" 19.05.1973

Pero o pleno do Concello tudense en sesión de 28 de maio de 1975 reactiva o proceso e aprobou por unanimidade unha proposta do alcalde, Alejo Núñez Pascual, que recollen do seguinte xeito as actas plenarias:

Comienza la presidencia rindiendo un cálido elogio a la excepcional figura de nuestro arzobispo poniendo de relieve su universal prestigio y destacada personalidad. Añade que la Corporación anterior acordó erigirle un monumento en reconocimiento público a su memoria. Indica que probablemente esta idea no llegó a realizarse por falta de un marco adecuado para la realización del proyecto. Sin embargo, ahora desaparecido el antiguo mercado de la fruta, se ha transformado la plaza en un lugar de gran encanto y belleza, perfectamente adecuado para erigir el monumento (...) se acordó por unanimidad atribuir a este homenaje carácter popular, realizándolo mediante suscripción difundida y organizada en forma, a fin de que nadie sea excluido en este acto público de adhesión y fervor a nuestro Ilustre Prelado

Pero o proceso continua dilatándose, así na sesión plenaria de 29 de abril de 1976 acordouse, de novo, asumir o proxecto de anteriores corporacións de realizar un monumento ao bispo Lago, engandindo que el Sr. Piñeiro tiene ya hace años terminada la escultura y debido a ello se precisa construir la base cuanto antes. Indica que tratándose de ordenar la antigua Plaza de la Verdura (...) encaja perfectamente la aplicación a esta importante obra de ordenación el premio de 150.000 pesetas adjudicado a Tuy el pasado año por embellecimiento de pueblos. O desagregación desta achega é a seguinte:

-        100.000 pestas ao proxecto do aparellador municipal de construción da base do monumento segundo maqueta do propio escultor

-        50.000 pts sobrantes para os bancos de pedra laterais, iluminación do monumento e ornamentación da praza

Nun novo Pleno acordase, o 31 de maio de 1976, unha achega de 100.000 pesetas á subscrición popular, aínda que carecemos doutras noticias ao respecto; será a mesma que a iniciada no ano 1967?. Pero a repentina morte do escultor, no ano 1980 nun accidente de tráfico, deixou sen culminar o proceso de realización da escultura, que posteriormente completou para a súa venda e instalación en Tui o colaborador de Xoán Piñeiro, o tamén escultor de Tomiño José Antúnez Pousa.

O proceso de novo se dilata e haberá que agardar ao 24 de setembro de 1983 cando o alcalde, Angel Álvarez Durán, nomea unha comisión especial para adquisición da estatura do bispo Lago, obra do falecido escultor Piñeiro, integrada polo alcalde, o presidente da Comisión de Gobernación, Juan Miguel Diz Guedes, de Urbanismo, Alfonso Pérez Piñó, de Cultura, Ramón Areses Gándara, e de Facenda, Manuel Crisóstomo Rodríguez.

Froito das xestións realizadas, o Concello acaba aprobando no Pleno de 31 de xullo de 1984 a adquisición do expresado monumento e así o recolle a acta deste pleno: El monumento al Arzobispo Lago fue encargado por una comisión de la ciudad que se disolvió al morir el escultor, autor de la obra. Sigue el Sr. Alcalde diciendo que la viuda del escultor se dirigió a este Ayuntamiento ofreciendo la estatua. Tras un breve debate sobre se a obra está aínda inacabada e tras garantir que a obra se entregará rematada, acórdase adquirir a obra á viúva de Xoán Piñeiro por un  importe de 2.000.000 de pesetas. O contrato foi asinado con data 1 de outubro de 1984 entre Carmen Álvarez Carrera, viúva de Xoán Piñeiro, e Angel Álvarez Durán, alcalde de Tui.

En xaneiro de 1985 se estudia de novo a posible localización do monumento, centrándose o debate en tres posibles localizacións:

-        A praza da rúa Ordoñez xa escollida por anteriores Corporacións aunque sería necesario desplazar la actual base en la nueva remodelación que se efectue de la misma al derribar el edificio municipal

-        En la Glorieta de Vigo

-       En la antigua Plaza del Arco, hoy José Antonio. Este lugar al pasar a denominarse Plaza de la Marina, no parece el más adecuado.

O 29 de xaneiro de 1985 o pleno do concello acordou a instalación deste monumento na praza da rúa Ordoñez “al lado del edificio que se va a derribar, por ser una zona de mucho tránsito de turistas hacia la Catedral. Tras o correspondente debate e a proposta dos concelleiros Gómez Núñez e Diz Guedes queda o asunto pendente ata que se produza o derrube do edificio comentado, que ata aquela altura era a oficina de arbitrios municipais que ocupaba o antigo solar da Praza do Comestible edificada no século XVIII e que, ao longo do tempo, foi lugar de localización dos bombeiros, da escola e banda de música, etc.

O acto de inauguración tivo lugar o 25 de xuño de 1985 nun acto presidido polo alcalde tudense, Juan Miguel Diz Guedes.

Recentemente este monumento con motivo da reforma desta praza da rúa Ordoñez foi reubicado neste espazo urbano da cidade, nunha intervención que pretendía valorizar o tramo de muralla asi como os escasos restos do antigo edificio da Carnicería do século XVIII.

O monumento se articula sobre unha peana na que a figura de Manuel Lago González, realizada en granito cunha concepción figurativa moi clásica, se presenta sentado ao pé dun cruceiro, conseguindo un triplo obxectivo: resaltar a condición de relixioso de Lago, a súa identidade galega - simbolizada pola presenza do cruceiro- e a súa proximidade á xente, ao ser representado sentado, case á altura do espectador.

O máis interesante deste conxunto escultórico é o calvario que culmina o cruceiro, obra directa de Piñeiro, onde novamente expresa a súa habelencia co cicel sobre o granito procurando unha simplicidade de formas que logra unha alta expresividade. O tratamento dos volumes, a sinxeleza das formas levemente intuídas e expresadas converten a este calvario nunha peza de grande forza expresiva.

Documentar estas dúas esculturas de Xoán Piñeiro que enriquecen o noso conxunto patrimonial agardamos contribúan á valorización de ambos monumentos e animen aos nosos responsables públicos para achegar novos elementos escultóricos que doten de maior valor aos espazos públicos da cidade.

Un artigo de Alvaro Cunqueiro sobre Tui, ano 1951

$
0
0

A figura de Alvaro Cunqueiro suscita entre todos o recoñecemento a un egrexio escritor e xornalista que nos ten legado algunha das paxinas mais fermosas e creativas da nosa literatura contemporánea.

O seu amplo coñecemento humanístico e o seu estilo fabulador están sempre na base dos seus escritos. Achegamos hoxe un breve artigo de Alvaro Cunqueiro sobre a nosa cidade publicado no xornal “Faro de Vigo”, no que comeza a colaborar en 1948, se traslada dende o seu Mondoñedo natal a Vigo no ano 1960 pasando a ser redactor de plantilla do xorrnal vigués en 1961, subdirector de 1964 a 1965 e director entre 1965 e 1970.

Alvaro Cunqueiro estaba ligado por lazos familiares á cidade de Tui pois unha irmá da súa muller, Elvira González-Seco Seoane, residía en Tui. Falamos de Paulina González-Seco Seoane que chega a Tui xunto ao seu esposo o médico compostelán, José Casal Aboy, que dende 1960 ocupa a praza de médico titular na nosa cidade. Casal Aboy desenvolverá na nosa cidade, xunto á súa dedicación profesional, unha intensa actividade social e de promoción de múltiples iniciativas, ocupando a alcaldía dende 1965 ata 1969, en anos decisivos, especialmente no que atinxe ao patrimonio e ao turismo (declaración de Tui como conxunto histórico, obras de rehabilitación da Catedral e da cidade medieval, inauguración do Parador, etc).

De certo, que esta relación familiar con Tui (que evocou no seu día o fillo de Alvaro Cunqueiro, o notario Cesar Cunqueiro González-Seco, no seu pregón das festas de San Telmo) está na orixe do pregón de San Telmo que Álvaro Cunqueiro pronunciou no ano 1964.

Neste ano, dende o Liceo Casino tudense, que contaba cun novo grupo directivo, no que está como director artístico Alberto Estévez Piña, se promove a celebración dun festival de apertura das festas patronais que comprende a proclamación e coroación da “raíña das festas”, a lectura dun pregón e unha actuación musical.

Nese ano 1964 o Teatro Principal tudense acolle este gala na que se proclama como raíña á moza Angela María Ruibal Sobral, que é presentada por Alberto Estevez. De seguido intervención del ilustre escritor y miembro de la Real Academia Gallega, D. Alvaro Cunqueiro, que con insuperable maestría, pronunció el tradicional pregón. Lo inició con un poético canto a la Reina y su Corte, al que siguió otro original y bellísimo a la ciudad -varias veces interrumpido por el selecto y nutrido público que le escuchaba con atención- para terminar con otro no menos sugestivo e impresionante a nuestro patrono San Telmo.  Completou este acto a Coral Casablanca de Vigo cun concerto. E finalmente houbo un baile nos salóns do Liceo Casino ofrecido pola raíña das festas.

Pregón San Telmo 1964 no Teatro Principal. Fotografía de Jesús Vila.
Publicada no libro "O Teatro de Tui" de Suso Vila (2019)

Estas galas para abrir as festas patronais continuarían nos anos seguinte ocupando a tribuna do pregón nomes como Celso Emilio Ferreiro ou José Filgueira Valverde.... manténdose esta celebración, segundo informa Suso Vila no seu libro “O teatro de Tui” ata 1971.

Moitas outras foron as estadías de Álvaro Cunqueiro na nosa cidade que recolle en diversas publicacións, tanto xornalísticas como literarias. Reproducimos de seguido posiblemente a primeira publicación xornalística dedicada a Tui que asina Álvaro Cunqueiro; figura no xornal “Faro de Vigo” de 15 de marzo de 1951 e foi recollida no libro “Álvaro Cunqueiro. El pasajero en Galicia” selección e prólogo de César Antonio de Molina, editado por Tusquets Editores en 1989.

Son unhas liñas plenas dese estilo cunqueiriano tan característico e que resultan unha fermosa achega, cuasi literaria, á nosa cidade e os seus recursos e atrativos patrimoniais e, tamén, gastronómicos.


Tuy

 

Si Tuy estuviese, de verdad, entre las polis griegas, yo, cual joven Anacharsis viajando el país -¿dónde va mi abad Barthelemy, guardián del gabinete de medallas y piedras grabadas, mi mentor de antigüedades griegas?-, no dejaría de hacer el elogio de Diomedes de Etolia o de repetir, con don Manuel Murguía, la salutación de Ulises a la isla de los feacios, tal como viene en el alegre y viejo Homero. Especialmente diría con todo el énfasis que posible me fuera el verso: “Escúchame, ¡oh río!, cualquiera que sea tu nombre…”. El río es mi Miño lucense, que aquí pone punto final a su largo y sonoro camino. Puesto en griego, más o menos imitando a Rohde, diría de él, del Miño, que nace en la Grecia continental, en la tierra de los labriegos beocios y de los burgueses terratenientes, en una provincia cerrada, que no sabe nada ni quiere saber de la navegación y de las vías que nos conducen a países remotos y nos acercan lo de afuera. Nace en Beocia para morir en la ribera ática. Nace en el norte, al pie del abedul – “unha ondeante manteliña verde”- y muere en el sur, donde florece el limonero. (¿Y será verdad lo que Eugenio Montes dice, que no ha de poder ir al Cielo? Me gustaría, Miño, que tu fueses uno de los cuatro ríos del Paraíso, aquel que viene en Patinir; más lejano, coronado de niebla, al pie de colinas donde el otoño dora la noble cabeza del roble…). Pero hay que olvidar la antigüedad griega de Tuy, los versos homéricos y el viaje del joven Anacharsis. Tengo que olvidarlo, aunque en una libreta de notas conserve la noticia de un largo amenísimo paseo con don Manuel Fernández Costas, por la calle de Tyde y del cantón de Diomedes… Menos mal que en la misma página guardo el elogio de la lamprea.

Habíamos pasado la mañana en Santo Domingo, en la iglesia y en el claustro, subiendo a un púlpito de piedra para predicar la cruzada contra la testarudez albigense, o contemplando los bajorrelieves. Y en viendo las armas de los Soutomayor, hablando de don Pedro Madruga, la palma y flor… Desde Santo Domingo se oye al Miño cantar su pausado y grave gregoriano y uno se imagina que como en la historia de lord Dunsany, los espíritus de las aguas pueden venir silenciosos hasta la iglesia a sumergirse en la pila de agua bendita y asi librarse de pecado. Dejamos Santo Domingo, y por la calle del santo y la plazuela del Arco y luego subiendo unas escaleras, hacia la catedral y los franciscanos, dimos con la lamprea que nos estaba esperando. No era “una lamprea”: era “la lamprea”, física y metafísicamente hablando: era el Miño submarino, negro y untuoso, cocinado en la chata tartera de barro. La lamprea es el poso que dejan las aguas del Miño al cabo de un recorrido de 340 kilómetros. Y aquel mediodía de mayo el albariño de Arbo, blanquiverde, ligero, fresco, frutal, reinaba como un verano en nuestro corazón, y los mundos luminosos de antaño y hogaño se confundían ante nuestros ojos en un brillante prisma mágico. Yo le explicaba a Jesús Suevos cuán razonadamente la influencia misteriosa de los fermentos había sido para los antiguos la revelación de la divinidad.

Nos anocheció en San Bartolomé de Rebordáns. San Bartolomé me recordó mi San Martin de Mondoñedo, con el que tiene en común, además, historias de depredaciones normandas. Por aquí dicen que anduvo espada en mano San Olaf, señor de los vientos del Norte, caudillo de los latimani. Si mi señor San Gonzalo estuviera de obispo en Tuy, bastaría que asomara a una almena o subiera al Alhoya, y en tres avemarías veríamos al normando huir. Quedará Tuy en paz, envuelto en el silencio, abriendo sus labios de piedra a la menuda lluvia primaveral. Y en la noche el silencio se haría profundo y tenso, y cualquier ruido lejano se clavaría en él como una aguja en la carne. (Rondábamos la catedral, ese enorme castillo, Elsinor para Hamlet o qué sé yo qué torre para qué fantasma. Se fue la lluvia y la luna iluminaba la ciudad, la pintaba en azul. La pintaba intensamente, con esos azules sordos, carnosos -pero con una carne de antes de la carne humana-, de seda, por veces de hiedra o musgo, de la época azul de Picasso.)

En Rebordáns, arrimado a la puerta de la iglesia, yo escribía en una de mis consabidas libretas de entonces unos versos en los que Herminia Limón rimaba con Tabagón, y haciendo el camino de regreso a Tuy los canturreaba a media voz, salmodia amorosa y sensual. Ahora, si recuerdo a Tuy, si escribo estas líneas recordando a Tuy, a la memoria y a la boca me vienen aquellos versos; también recuerdo la lamprea y la luna, y todo se confunde en mi memoria hasta obtener una lamprea azul, de un azul picassiano, que se enrosca a la catedral, y canturrea conmigo y con el Miño:

                    Nun limoeiro de Tabagón,

                    nacéu redonda Herminia Limón

Feliz día de San Telmo, co pregón das festas de 1963 por José Casal Aboy

$
0
0

 Dende “Tudensia” queremos facer chegar aos nosos lectores e a todos os tudenses os nosos votos por unha feliz xornada de San Telmo, o patrono da nosa cidade e diocese.

San Telmo, retablo no Alcazar de Sevilla. Autor: Alejo Fernández, sec. XVI

A celebración desta festividade é, xunto á devota celebración do patrocinio e intercesión que sobre a nosa cidade e persoas exerce con agarimo Frei Pedro González, unha rememoración do noso espírito colectivo que dende hai case oito séculos ten nestas festas a súa expresión máis requintada, nestas datas pascuais revitalizamos anualmente as xentes de Tui as nosas esencias comúns que, como fíos dunha urda, nos entrelazan e ligan, coa historia e co presente, creando un fermoso tapiz, que entre tecemos e que envolve a nosa existencia colectiva.

Recuperamos, neste ano 2022, un vello texto do pregón das festas de 1963 realizado polo médico José Casal Aboy e que foi publicamos no Boletín Informativo do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui (ano II, nº 31 de abril de 1963).

José Casal era natural de Santiago de Compostela, onde nacera en 1908, casado con Paulina García-Seco Seoane, natural de Mondoñedo (cuñada de Álvaro Cunqueiro), con quen tivo dous fillos, Mercedes e José Carlos.

Chega a Tui ocupando a praza de médico titular de asistencia pública domiciliaria dende o ano 1960, atendendo tamén na consulta que tiña no seu domicilio na rúa Ordoñez, cunha sala se espera cun acuario que sorprendía especialmente aos máis pequenos.

Dende o primeiro momento se implica na vida tudense, coa sintoniza de modo moi intenso, participando en numerosas iniciativas. É un dos fundadores do Centro de Iniciativas e Turismo tudense en 1961 e que pronto presidirá. Dotado de ampla cultura publica no Boletín do CIT un amplo traballo por entregas sobre a igrexa de San Bartolomeu e posteriormente sobre o claustro da Catedral. Publica na revista “Bracara Augusta” un documentado traballo sobre a “Estancia de san Fructuoso en Tuy”.

Tamén se incorpora á vida municipal, sendo nomeado concelleiro en 1961 con Ramón Peñarredonda como alcalde. Tras o cese deste, Jose Casal Aboy ocupa a alcaldía de Tui entre o 19 de xullo de 1965 e o 22 de marzo de 1969, en que dimite por motivos de saúde, falecendo o 2 de xullo dese mesmo ano.

O seu mandato como alcalde é un dos máis lembrados polos tudense pois nese período se culminaron importantes obras que transformaron á nosa cidade: declaración de Tui como conxunto histórico, se remata a rehabilitación da Catedral e do conxunto histórico, implantación do bacharelato superior masculino e elemental feminino, inauguración do Parador de Turismo, creación dun grupo escolar en Tui (o que hoxe é o CEIP nº 1) e outro en Guillarei, se inicia o novo cemiterio tras impulsar a nova ordenación urbanística do antigo campo da feira e cemiterio, etc. No seu mandato tivo lugar a única visita do Xeneral Franco a Tui, o 22 de agosto de 1968.

A súa pegada na vida tudense foi altamente significativa como queda acreditado ao ser o único alcalde que ten dedicada unha rúa co seu nome. Recibiu tamén a Cruz de Caballero de la Orden de Cisneros, unha distinción civil creada no réxime franquista para distinguir a quen prestase relevantes servizos ao engrandecemento de España.

Con este texto recuperado de Casal Aboy reiteramos os nosos desexos dunha feliz xornada de San Telmo neste ano 2022.


San Telmo, por Urbano Lugrís. Ano 1974. Colección Afundación.


FESTAS DE SAN TELMO – PREGON (*)

 

Vi claramente visto o lume vivo

Que a maritima gente tem por santo,

En tempo de tormenta e vento esquivo,

De tempestades escura e triste pranto”

Camoens. “Os Luisiadas”, canto V

 

De las brumas del siglo XI, que disipó una infanta cabe el Miño, surge esplendorosa, sobre la vieja acrópolis, la estructura recia del Tuy medioeval.

Colma pronto la urbe el núcleo de la ciudadela y mansa se desborda hacia su camarada el río, donde baña su belleza en el cristal de sus aguas en un incomparable marco de fina orfebrería. Alzanse nueva murallas y almenados torreones, y se perforan túneles, bajo las antiguas, como escondidos abrazos. Blasones y labras nobiliarias de varias estirpes florecen sobre balconadas y portones, mientras las esquinas se abren con románicos santos dentro de hornacinas. Herrajes artesanos filtran la iluminación de austeros recintos, donde el obispo D. Lucas escribe sus cronicones. Y la luz, incansable, juega el claroscuro por bellos rincones y ocultos pasadizos.

Alcanza Túy en el siglo XIII gran relieve urbano, es hito fundamental del “camino portugués” a Santiago, y envidiada plaza fuerte del santo rey D. Fernando.

Desde la distancia, sobre la ciudad y triples defensas, destaca imponente el águila pétrea de su altivo Alkázar que, en las alturas, dicta normas de estrategia a la escolta lancera de su atenta crestería.

Bajo un dosel de estrellas, velado en parte por el brillo deslumbrante de las galaxias propias -poetas y artífices, guerreros y obispos, santos y mártires-, culmina la fiesta de la consagración solemne de la Catedral – Fortaleza, una noche novembrina de 1225.

En esta escena y ambiente medio episcopal y medio guerrero, poco después, quiebra el silencio de recogidos templos y empinadas calles el dulce caminar de un Santo. Llámanle unos el Predicador, San Pedro González; otros, segundo Apóstol San Pablo. Más tarde todos lo conocerán con muy popular nombre, “O Corpo Santo”.

Esbelta es su figura y viste de hábitos blancos. Es su vida viva estela de elocuencia y milagros. Conquista, solo en presencia, tierras y costas, islas y mares. Patrocina mareantes y su imagen, con la vela y el barquito, truécase en segura brújula del navegar inseguro sobre olas tenebrosas.

Todos los nautas lo invocan, y al divisar sus luces –“o lume vivo e santo” del lusitano poeta-, unánimes cantan y rezan: “Misericordia, Sant-Elmo ¡Salve Corpo Santo!”

Muere en Túy el 14 de abril de 1246 y se entierra el lunes de “pascuilla” en la Catedral, cerca de su Pórtico. Agonizando, otorga a la ciudad y comarca entera, el precioso legado de su eterna protección y patronazgo. Por ello es secular tradición celebrar su festividad el lunes de “pascuilla” – siguiente al de Pascua-.

Venid, pues, devotos y peregrinos desde los remotos confines de Galicia y Portugal, rendidle vuestro culto y homenaje, besad sus reliquias y luego postraos a los pies del Santo que, en el relicario de Túy, os espera, muy abiertos los brazos.

Y cuando oyéreis el canto que rezaban Bolandos:

Señor San Pedro González

De navegantes piloto

Libradnos de terremotos

Y defiéndonos del males”.

Como los portugueses de antaño, contestad:

Misericordia Sant-Elmo!

Salve Corpo Santo!

Amén!

 

Túy, abril de 1963

José Casal Aboy

 

(*) Mantemos a grafía do autor.

 

 

 

Viewing all 229 articles
Browse latest View live